don alfonso Álvarez cáccamo

9
Alfonso Álvarez Cáccamo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952) ten publicado poesía (Na flor do vento // Sebes contra o vento), mais polo que máis é coñecido é polo seu labor narrativo, xa for en relato curto en obras como Xente de mala morte (Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa)... xa for en narrativa longa con obras como As baleas de Eduardo Reinoso (Premio Xerais de Novela, 1990), O espírito de Broustenac (Premio de Novela Manuel García Barros, 1996)... A súa última novela en ver a luz foi Os Gotten. martes 17 de noviembre de 2015

Upload: asnosasletras

Post on 21-Jan-2018

286 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: don Alfonso Álvarez Cáccamo

Alfonso Álvarez Cáccamo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952) ten publicado poesía (Na flor do vento // Sebes contra o vento), mais polo que máis é coñecido é polo seu labor narrativo, xa for en relato curto en obras como Xente de mala morte (Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa)... xa for en narrativa longa con obras como As baleas de Eduardo Reinoso (Premio Xerais de Novela, 1990), O espírito de Broustenac (Premio de Novela Manuel García Barros, 1996)... A súa última novela en ver a luz foi Os Gotten.

martes 17 de noviembre de 2015

Page 2: don Alfonso Álvarez Cáccamo

O ambiente familiar influíu, está claro. Non eramos unha familia adiñeirada e o meu pai, que fora sancionado polas súas ideas políticas coa perda do seu posto de traballo como mestre, facía mil traballos para manter economicamente á familia, pero tiñamos a riqueza dos libros e unha boa colección de cadros na casa. O meu pai era propietario dunha libraría de vello, e eu gozaba rebuscando libros curiosos naqueles andeis. Os meu pai e a miña nai lían moito, e ese exemplo cunde. Con todo, eu creo na arte innata, na facilidade que un pode ter para determinadas artes. Tamén influíu en min unha excelente profesora que tiven no Instituto Santa Irene de Vigo, onde estudei todo o bacharelato. Aquela profesora de Lingua e Literatura, apelidada Castro, soubo motivar aos alumnos na lectura dunha forma extraordinaria e en min deu cun campo fértil pois gocei sempre lendo e escribindo.

Alfonso Á. Cáccamo

1.- Á hora de comezar a escribir supoñemos que se cruzaron circunstancias abondas (herdanza cultural familiar, sociedade da época, arte innata...). Que foi o que marcou a arte literaria de don Alfonso Álvarez Cáccamo?

2.- E como, vivindo no seu dunha familia tan inmiscida na nosa cultura, a súa obra -cando menos a nivel de publicación- foi un tanto tardía, ou non tanto?

Comecei a escribir de neno. Teño poemas, modestia aparte, dunha madureza sorprendente para aquela idade, e xa escribía contos desde os oito anos. Os meus profesores/as de Lingua salientaban a beleza das miñas redaccións. Os de Matemáticas non salientaban ninguna beleza miña como alumno. Aos catorce anos gañei o Premio de Narrativa da Deputación de Ovieu ao que se presentaran escolares de toda Asturies, cun conto titulado “El crímen de la carnicera”. Visto agora, desde a distancia, non considero que fose tarde comezar a publicar aos trinta e tantos anos.

3.- Realmente os seus comezos literarios foron para lectores de idades máis temperás? Hoxe a nosa literatura infantil e xuvenil está nun momento moi importante, pero como estaba daquela cando Vostede comezou a producir?

Eu só escribín dous contos para nenos aínda que inventei centos deles para durmir aos meus fillos. Un deses contos recibiu o premio da “Asociación Cultural O Facho” en 1985. Despois centreime na literatura para adultos. A Literatura infantil e xuvenil en Galiza está nun momento esplendoroso, daquela todo era máis difícil e precario.

martes 17 de noviembre de 2015

Page 3: don Alfonso Álvarez Cáccamo

A miña primeira novela, Peito de vímbio, escribina só un ano despois de ter gañado o Premio da Asociación O Facho cun conto titulado “Historia de Fertolpo”. Daquela xa sabía eu que o meu mundo literario estaba na narrativa para adultos/as e na poesía.

Alfonso Á. Cáccamo

4.- E que o levou a se mergullar a continuación nun mundo literario para outras idades e non continuar con este tipo de literatura tan gratificante e normalizador?

5.- Dende logo que dando unha ollada aos premios por Vostede acadados, impresiona... Que supón para un escritor un premio... un impulso para seguir a producir, un respecto para seguir ou simplemente un fondo recoñecemento ao traballo ben feito?

Os premios literarios foron para min un importante estímulo e, obviamente animáronme a seguir escribindo porque moitos deles levaban incluída a publicación da obra. Sen embargo, co tempo fun sabendo que non todas as obras premiadas son boas e que, pola contra, a maioría das excelentes novelas ou relatos que teño lido non acadaron ningún premio. Presentarse a un premio literario é un pouco como xogar á lotaría. Gañar un premio anima, pero non gañalo non debe desanimar a ninguén. O mellor estímulo para min, que son autocrítico, é o traballo constante e saber que, co tempo, a miña obra gusta. Desde 1998, cando gañei o Premio Manuel Murguía, decidín non presentarme máis a concursos literarios. Hai que abrir o campo á xente nova.

6.- E falando de premios, aquí na Estrada acadou un dos maiores recoñementos que un narrador pode recibir a nivel galego, o “Premio de novela Manuel García Barros” coa obra O espírito de Broustenac... Que supuxo este premio e esta novela para Vostede?

Foi moi emocionante porque é un premio de grande prestixio. Leveino ex aequo con Xavier Queipo pola súa novela O paso do Noroeste. Fixémonos amigos desde aquela e até o día de hoxe. O Espírito de Broustenac e A Revolución dos globos son, para min, as dúas mellores novelas miñas. Tivo unha excelente acollida e unhas críticas moi boas. Ademais coincidiu nunha das épocas da miña vida na que máis necesitaba crer en min mesmo como escritor.

Portada: “Xente de mala morte”

martes 17 de noviembre de 2015

Page 4: don Alfonso Álvarez Cáccamo

Non, afortunadamente, e probe daquel autor/a que teña como medida da súa “consagración” a de ter acadado un par de premios literarios. Os ingleses, moi afeccionados a catalogar todo, din que só é escritor/a aquel que teña publicado sete libros. Nin esa parvada nin a estupidez de caer no erro de crerse un premio Nobel de Literatura por ter sorte nos premios. O malo é que hai escritores/as en Galiza e en España que si o cren. Cómpre sernos máis modestos, menos fachendosos e, polo tanto, máis intelixentes.

Alfonso Á. Cáccamo

7.- Claro que este premio xa foi un digno colofón para un narrador xa que antes acadara o “Premio Xerais” con As baleas de Eduardo Reinoso...Cando un narrador se fai acredor de dous premios coma estes xa está plenamente convencido de que é un narrador medianamente consagrado?

8.- Outro apartado importante na súa vida foi o ensino... Que supuxo estoutra circunstancia para don Alfonso Álvarez Cáccamo?

Comecei a dar clase aos 23 anos e xubileime aos 60. Foron trinta e sete anos de profesión, un 61´666 por cento da miña vida, bastante máis da metade dela. Desfrutei moito dando clase, e aprendín moito dos alumnos e alumnas cos que tiven sempre unha excelente relación. Con eles/as apliquei sempre a Pedagoxía do “Logro” fronte á habitual Pedagoxía do “Ogro”. Sen ánimo de presumir, direi que aprenderon moito coas miñas clases relaxadas pero esixentes, nas que o humor e o rigor compartían espazo. Bótoos de menos e, estou seguro, eles/as a min. No ano 2012 xa era o tempo de retirarme. Comprobo tres anos depois que un xamais deixará de ser profesor.

9.- Estes días tivemos nas nosas mans un artigo -para o comentario de textos- que Vostede publicara en “Faro de Vigo” “A imposibilidade de vivir en castelán en Galiza”, un artigo totalmente irónico que tamén recibiu unha máis que inocente resposta... Como se postula Vostede perante o conflito lingüistico actual aquí no noso país?

A Lingua Galega está marxinada. Padece un claro ataque por parte das institucións, da Xunta e dos medios de comunicación. Produce dor ver como corre un claro perigo de extinción. Aquí non hai conflito lingüístico, porque os conflitos se producen entre rivais de talla semellante, de par a par. Aquí hai esmagamento lingüístico, calculado e frío. En que país se consintiría que o seu presidente, neste caso Feijóo, falase horriblemente a língua da súa nación e non se preocupe por aprendela? Que dirían os españois se Rajoi falase de “el leche” “el miel” ou colocase todos os pronomes ao revés? Esta transposición idiomática que poño como exemplo é a mostra do desprezo e o desleixo que teñen os dirixentes de Galiza pola súa lingua e, ao cabo, pola súa terra.

Foto: Alfonso Á. Cáccamo

martes 17 de noviembre de 2015

Page 5: don Alfonso Álvarez Cáccamo

Alfonso Á. Cáccamo

10.- E que futuro lle agarda ao noso idioma coas perspectivas actuais?

Se seguen así as cousas, o futuro para a Lingua Galega está moi negro.

11.- Cando da súa vida persoal e de todo o que rodeou hai nas súas obras? Pode un autor ser alleo a si mesmo, á súa vida?

12.- Foi, e é, Vostede un asiduo colaborador xornalístico... Dende logo que o galego no noso xornalismo anda un tanto esquecido, non? Pode ser o xornalismo dixital unha saída ou axuda a esta circunstancia?

É imposible ser alleo aos sucesos que cadaquén vive, tanto na literatura como na propia existencia. Todo o que escribo é a realidade que me arrodea, aínda que eu teña a posibilidade de deturpala, ironizala, mesturala ou disimulala.

O Galego non só anda esquecido no noso xornalismo senón que sofre un continuo acoso na nosa vida cotíá. O xornalismo dixital semella ser máis libre e de grande cualidade pero chega a un reducido número de lectores/as.

Foto: Alfonso Á. Cáccamo

martes 17 de noviembre de 2015

Page 6: don Alfonso Álvarez Cáccamo

14.- Na súa familia tamén estivo presente o mundo editorial (“Edicións Castrelos”). Como xulga Vostede o mundo editorial galego actual?

Alfonso Á. Cáccamo

Naqueles tempos que unha modesta editorial como Edicións Castrelos sobrevivise só puido ser posible pola inmensa sabedoría e un coñecemento sen fendas da nosa literatura que tiña o meu pai. Hoxendía, ademais de estarnos nunha democracia con liberdade de publicación (agás certos exemplos como o da intocable monarquía), os medios técnicos e económicos son moi superiores. Sen embargo, esa falta de axudas institucionais están provocando serias dificultades ao mundo da edición en galego.

13.- E falando deste xornalismo... a desaparición dun xornal como era “A Nosa Terra” tivo que significar ben máis que a simple desaparición dun xornal, non?

A desaparición de “A Nosa Terra” é a mostra do acoso contra a nosa Lingua. “A Nosa Terra” sobreviviu mentres recibiu axudas. Esas axudas que reciben os xornais como “La Voz de Galicia” polo seu teimudo peloteo ao PP, con columnistas reaccionarios. A Prensa en galego deixou de recibir axudas porque non interesa que o Galego medre. O colectivo de ensinantes, en xeral, somos o grupo social que estamos á cabeza na defensa da nosa Lingua. As propias familias van caendo no seu desuso e a xuventude pérdeo pinga a pinga até que se produza a desangramento e o Galego pase a ser un idioma de museu. O meu avó era italiano (Cáccamo), a miña avoa era austriaca, a miña nai madrileña, pero eu falo sempre en galego porque na miña familia fixéronme ver que tiñamos un tesouro que cumpría protexer e mimar.

Portada: “As baleas de Eduardo Reinoso”

15.- E non podiamos rematar sen lle preguntar cómo se sentiu Vostede cando viu recoñecido o importante labor do seu pai co “Día das Letras Galegas”...

Sentín unha inmensa ledicia e un alivio ao comprobar que a xustiza da memoria literaria se cumpría. Xosé María Álvarez Blázquez foi un home sabio que amou a Galiza e que fixo un traballo inmenso a prol da nosa cultura, e foi un gran narrador e un excelente poeta.

martes 17 de noviembre de 2015

Page 7: don Alfonso Álvarez Cáccamo

CUESTIONARIO

martes 17 de noviembre de 2015

Page 8: don Alfonso Álvarez Cáccamo

O Monumento á

Transparencia, de

Olafson Mokk.

Un monumento

salientábel?

Rosalía de Castro e Cantares

Gallegos e toda a obra de Valle

Inclán que aínda que está escrita

en castelán, é galega..

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Admiro a unha longa lista de artistas de todas as artes, homes e mulleres, de todas as nacións e de todas as épocas. De fóra de Galiza non admiro a ningún políitico. De

Galiza admiro a figura irrepetible e valente de Alexandre Bóveda.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Amacord, O

llos negros

, Xulia, pero, sobre t

odo

Novecento, de B

ertolucci. A

ctualmente g

ústanme

moito as pelíc

ulas nas que interv

én como actor

Ricardo Darín

.

Unha película de cine?

Ás veces identifícome co profesor Franz de

Compenhague do TBO, pero normalmente

abóndame con identificarme comigo

mesmo..

Un personaxe literario co que

se identifique?

Todo o que me arrodea e vivo, a memoria dos feitos que vivín, e as historias que soño mentres durmo.

Cal é a súa fonte de inspiración

É moi difícil escoller un só, hai tantos e tantas… Dostoiesky, Thomás Mann, García Márquez, Irene

Nemirowski. Na miña infancia a miña lectura foron os tebeos, que tamén son literatura, moito máis importante do que cremos. Nos cómic coñeces aos primeiros personaxes de ficción aos que colles simpatía, antipatía, ou que espertan tenrura, compaixón, carraxe… Na miña mocidade lin toda a obra de Xulio Verne e considero que foi importantísima

para a miña formación como escritor, pero, ao tempo disfrutaba lendo as comedias bárbaras de Valle Inclán que o meu pai tiña no seu despacho. Hoxe sigo disfrutando coa lectura dos clásicos pero tamén lendo as novelas de Stieg

Larsson, Benjamin Black ou de Mankell.

Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros?

Unha obra teatral?

Cinco horas con Mario, de Delibes.

martes 17 de noviembre de 2015

Page 9: don Alfonso Álvarez Cáccamo

¡Teño tantos! Entre os mais

sinxelos de realizar, unha tarfea á

que non me poño por falta de

tempo, é aprender a tocar o

saxofón, un instrumento que

chora e ri.

Un anceio por realizar?

Son feliz onde vivo, en Oia, entre a montaña e o mar.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Fáltanme por coñecer moitos países. Soño con visitar Arxentina. O meu lugar preferido

para descansar é Cabeza de Manzaneda.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?A proclamación da

II República española.

Un feito histórico?

A república galega

socialistaUnha utopía?

Na miña casa, sobre todo pola noite.

Un lugar axeitado para a lectura?

Gústame todo tipo de música, agás o rap, pero

especialmente escollo a música clásica. Unha

peza musical que sempre me emociona é o Ma

penssiero, o coro dos escravos da ópera Nabucco,

de Verdi. Tamén me emociona escoitar cantar,

sexa o que sexa, a Alfredo Krauss, o mellor

tenor de todos os tempos. Tamén me gustan moitísimo os tangos.

Un tipo de música? Unha canción?

Con todas e todos os escritores/as galegos que non tomen o nome de Galiza en van.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Pintar, debuxar, tocar o piano ou o acordeón, cantar,

ler, escoitar música, viaxar...

Outro entretemento ademais da lectura?

martes 17 de noviembre de 2015