ACTIVIDADES TEMA 3. NOME E APELIDOS:
1) Define os seguintes termos de forma breve e concisa:
Cunca fluvial, estiaxe, marisma, laurisilva, maquis, vexetación clímax e vexetación antrópica.
2) Cita o nome dos ríos que aparecen marcados cun número no mapa:
3) Neste mesmo mapa, localiza os seguintes ríos e, a continuación, clasifícaos por cuncas e vertentes no
cadro correspondente:
4) Analiza correctamente as seguintes figuras xeográficas (de acordó coas orientacións que tes no blog):
Tipoloxía da imaxe (sistema de representación e tipo de información)
Modelos concretos que representan os dous gráficos (determina a qué réxime se corresponde cada
un deles), características de ámbolos dous (localización xeográfica), relación coa diversidade natural
de España, relación cos grandes tipos de réximes fluviais españois.
Conclusións: o seu posible aproveitamento económico. Problemas que pode acarrear o réxime fluvial
correspondente.
5) Completa o seguinte cadro sobre os réximes fluviais españois:
6) Comenta a seguinte cliserie seguindo o modelo do blog de Xeografía e atendendo ás seguintes
orientacións:
Define o que é unha cliserie e indica a que sistema montañoso corresponde a presente.
Explica a que se debe a variación de formacións vexetais en función da altura e, se procede, da
orientación a barlovento ou a sotavento do vento dominante; ou, na aba, do solleiro ou do avesedo.
Determina os pisos de formacións vexetais que se aprecian (bosque, matogueira e prado), indicando os
límites de altitude que ocupa cada un.
Caracteriza as formacións vexetais que se suceden en cada piso (dende a base ata o cumio): aspecto,
condicións ecolóxicas e posibles aproveitamentos económicos.
En caso de que proceda, fai constar as diferenzas entre ámbalas dúas vertentes en canto á altura á que
se atopa a mesma formación vexetal ou en canto ás distintas especies existentes.
7) Utilizando a informaci ón do teu libro, identifica correctamente as grandes formacións vexetais de
España. Indica en cada unha delas as características fundamentais (formas representativas de
bosque,matogueira e prados, e principais especies vexetais das mesmas):
8) Completa o seguinte cadro comparativo cos tipos de solo en España: