Download - Asústate Merche Fina Casalderrey
GUIÓN DO TRABALLO
1. Analiza os personaxes da novela a través da descrición das súas características e de exemplos das súas palabras, actitudes e accións. Cales che parecen máis interesantes (razoa a túa resposta)?
2. Describe o trazado da súa viaxe por media Europa e sinala aqueles lugares que che pareceron máis atractivos para visitar.
3. Comenta as reflexións e as ideas que van xurdindo ao redor de:- As relacións entre homes e mulleres.- As relacións entre as diferentes xeracións: adultos e mozos; avós, pais e
fillos.
4. No libro van aparecendo diversos temas de actualidade. Recolle algún, explica que posicións se dan arredor deles e expresa a túa opinión.
5. Imaxina a vida de Auria anos despois do acontecido.
6. Que opinión che merece a novela? (imaxina que tes que elaborar unha crítica para ser publicada, arguméntaa!).