BOLETÍN INFORMATIVO Nº 2 – NOVEMBRO 2012
SÉGUENSE SUMANDO NOVAS SOCIAS E SOCIOS AO BANCO DO TEMPO!
BENVIDAS!
QUEREMOS CONTINUAR MEDRANDO!
Actualmente o Banco do Tempo conta con 26 membros (22 mulleres e 4 homes), pero queremos continuar medrando!
Se coñeces a alguén que estea interesada/o en participar...
Que acuda á oficina do Banco do Tempo, localizada no Centro de Información á Muller (1º andar no Concello), onde realizará unha breve entrevista para poder ser dada/o de alta.
Para calquera consulta ou suxestión, contactar vía correo electrónico: [email protected] ou chamando ao teléfono 986 59 01 51.
As tres cousas máis difíciles nesta vida son: gardar un segredo, perdoar un agravio e aproveitar o tempo
(Benjamin Franklin)
ACTIVIDADES REALIZADAS
Obradoiro de informática
O pasado día 11 de outubro celebrouse nas instalacións de A Estrada Dixital un intercambio grupal que consistiu nun obradoiro de informática (nivel básico). Foi impartido por Beatriz, unha das socias que é técnica superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas. Recibiron este servizo 6 membros do Banco do Tempo.
Sesión de risoterapia
O 31 de outubro tivo lugar no Teatro Principal unha sesión de risoterapia impartida pola técnica do Banco do Tempo, na que participaron persoas adscritas ao mesmo e usuarias do Centro de Información ás Mulleres, que permitiu pasar un momento distendido e divertido.
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
Obradoiro “Aprendendo a reutilizar”
Intercambio de servizos grupal, impartido pola socia Mariel. Consiste na elaboración dun portamóbiles a partir de materiais de plástico.
Xoves 8 de novembro, das 18 ás 19.30 horas nas Aulas Ocupacionais Municipais.
Sesión de relaxación
Intercambio de servizos grupal que consiste nunha sesión de relaxación, impartido pola socia Sandra.
Venres 16 de novembro, das 18 ás 19.30 horas na sala de exposicións do Teatro Principal.
Reunión de socias e socios
Reunión de socias e socios o día 28 de novembro ás 19 horas nas Aulas Ocupacionais Municipais.
O cometido desta xuntanza, na que vos convidaremos a unha merenda, é valorar os intercambios realizados, así como facer propostas de dinamización futuras.
ADEMAIS...
Sendeirismo: ruta de Ximonde
O Concello da Estrada organiza, ao abeiro do programa Goza do Ulla, unha ruta de sendeirismo o 18 de novembro, a ruta de Ximonde.
Anímovos a todas e todos a participar para poder gozar do contorno que nos rodea, facer exercicio, ademais de permitir que, como membros do Banco do Tempo, sigades compartindo tempo xuntas/os e vos continuedes coñecendo.
• Día: 18 de novembro
• Saída: campo da festa de Paradela
• Hora: ás 10 h.
• Distancia: 13 km.
• Duración: 4 h.
• Dificultade: baixa.
• Inscricións ata o 14 de novembro en [email protected] ou tlfo.: 986 57 00 30.
• Descrición: ruta polo tramo final do río Liñares e polo río Ulla. Comeza en Paradela e inclúe a visita ao couto salmoneiro de Ximonde e a súa ponte colgante. Percórrense as ribeiras dos dous ríos e xa de volta a visita ao castro de Barbude.
Novembro
16
Novembro
8
Novembro
28
CATÁLOGO DE SERVIZOS (05/11/2012)
Ofertas
Tarefas relacionadas coas novas tecnoloxías:• Informática
Educación e formación:• Alfabetización de adultos• Apoio escolar• Axuda para a ESO• Técnicas de estudo• Educación vial/nocións de condución• Linguaxe administrativa• Lingua de signos• Idiomas: galego, catalán (básico), francés
(básico), inglés (básico), conversas en inglés
Tarefas e reparacións domésticas:• Cociña• Costura• Limpeza• Planchar• Albanelaría, electricidade, fontanaría, mecánica
e pintura• Axuda en tarefas da horta, recollida de froita,
poda de viña e árbores• Facer leña• Desbrozar• Xardinaría e arranxos florais• Coidados de animais• Nocións de restauración de mobles• Nocións de tapizado
Actividades de lecer:• Andar en bici, correr e sendeirismo• Artes marciais• Baile moderno e salsa• Conversa• Calceta, ganchillo, nocións básicas de bordado• Debuxo• Manualidades• Pintura artística• Ximnasia para maiores• Xogar ás cartas
Labores de coidado e acompañamento:• Acompañamento e coidado de nenos/as• Levar nenos/as ao colexio• Acompañamento e coidado de persoas con
discapacidade• Acompañamento e coidado de maiores• Acompañamentos en xeral• Asesoramento no coidado de persoas con
pouca mobilidade
• Nocións básicas sobre coidados a persoas dependentes (psicoloxía, comunicación, técnicas de modificación de conduta...)
Outros:• Asesoramento sobre estética• Asesoramento na compra de billetes de viaxes• Maquillaxe• Body paint• Ir por mediciñas á farmacia• Mediación en resolución de conflitos• Traslados a Santiago• Traslados a hospital• Técnicas de busca de emprego
Demandas
Tarefas relacionadas coas novas tecnoloxías:• Internet• Informática nivel intermedio e alto
Educación e formación:• Axuda para preparar a ESO• Linguaxe de signos• Idiomas: galego, francés, idiomas agás inglés
(vasco, francés...), inglés (básico e intermedio), conversas en inglés
Tarefas e reparacións domésticas:• Cociña• Costura• Albanelaría, electricidade, fontanaría, pintura e
mecánica• Restauración (mobles, aparellos de ferro...)• Arranxos florais
Actividades de lecer:• Andar en bici, camiñar e sendeirismo• Baile• Conversa• Fotografía• Guitarra• Labores (calceta, bordado...)• Ioga• Taichi• Manualidades• Iniciación ao debuxo• Pintura artística• Risoterapia• Técnicas de defensa persoal
Outros:• Asesoramento sobre estética• Masaxes • Costumes e coñecementos da Estrada• Ir de compras• Traslados a Santiago• Técnicas de busca de emprego• Coidado de nenos e maiores
RECORDA! Para solicitar algún dos servizos que precises chama ao 986 59 01 51 e poñémoste en contacto coa persoa que o ofrece!