Download - Caderno agricultura ecolóxica 2014
Organiza:
Asistencia técnica, deseño e textos:
www.ventos.es
Horta urbana
Deseño e textos: Ventos Estudos Ambientais
Ilustracións: Manuel Domínguez (Ventos), agás portada (Abraldes)
Feito en papel reciclado, aforrando madeira, auga e enerxía
CONTIDO
Por qué Agricultura Ecolóxica 3
Que é a Agricultura Ecolóxica? 4
Manexo do solo 5
Fertilización e compostaxe 6
Uso do compost 9
Outros abonos 10
Organización da horta 11
Manexo da cuberta vexetal 12
Os acolchados 13
Asociacións e rotacións de cultivos 14
Enfermedades e coidados 15
Preparacións 16
Para saber máis… 18
Para saber máis...
Aubert, C. El huerto biológico. (4° Ed). Ed. Integral. Barcelona, 1997.
Bueno, M. El huerto familiar ecológico. Ed. Integral. Barcelona, 1999.
Caballero de Segovia, G.; Mtnez, T. El huerto ecológico escolar y familiar. Ed. AFAE-
Prensa Universitaria. Palma de Mallorca, 1999.
Del Val, Alfonso. El libro del reciclaje (3ª Ed.). Ed. Integral. Barcelona. 1997.
Guérin, H.P. El balcón de las plantas medicinales. Ed. Daimón. Barcelona, 1981.
Mainardi, F. El cultivo biológico de hortalizas y frutales. De Vecchi. Barcelona, 2003.
Pouliquen, Xan. Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo. Col. Baía
Verde. Ed. Baía. A Coruña, 2005.
Seymour, J. La vida en el campo. Ed. Blume. Barcelona, 1991.
Soto, M. e outros. A compostaxe. Col. Adega Cadernos. Ed. ADEGA, 1998.
VARIOS AUTORES. Guia de compostatge. Guies d´educació ambiental. Ajuntament
de Barcelona. 1998.
Revista La Fertilidad de la Tierra. Apdo. 115. 31200 Estella (Navarra).
948 539216 8, [email protected]
Revista Savia. Apdo. 10. 31300 Tafalla (Navarra). 948 755404
Asoc. Agroecoloxía Alberte Rodríguez Pérez. Apdo. 336. 27080 Lugo.
Na rede
Asociación Galega de Horta Urbana www.hortaurbana.info
Revista Integral. www.larevistaintegral.com
Revista Ecohabitar. www.ecohabitar.org
Asociación Vida Sana. C/ Clot, 39. 08018 Barcelona. ( 93 2450661 www.vidasana.org
Fundación Ecología y Desarrollo. www.ecodes.org
Portal Terra.org www.terra.org
Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). www.craega.es
UE http://ec.europa.eu/agriculture/qual/organic/index_es.htm
Compostaxe:
www.todoverde.com
www.compostadores.com
www.hortadaformiga.com
18
Maceración de follas de tomate: macerar dúas cuncas de brotes/follas nun litro
de auga por 48h; coar, e engadir ouitro litro de auga. Aplicar sobre chan e plantas.
Maceración de aquilea (Achillea millefolium): macerar flores en auga (20g/l), pulveri-
zar diluído ao 10%.Preventiva contra bacterias e fungos. Coa mesma fin, purín de
artemisa (Artemisia absinthium): talos e follas en auga (150g/l en fresco, 15 g/l en
seco), e deixar macerar 12 días.
Leite desnatado: reforza as defensas das plantas e axuda a prever ataques de insec-
tos. Aplicar diluído ao 10%.
Auga xabonosa: xabón de potasa, ou caseiro, ou “Lagarto”. 5 – 10g /l. Útil contra
cochinillas e pulgóns, tamén axudando a outros preparados.
Terra fina: pasar terra pola peneira ou coador, quedando coa fracción fina (limos e
arxilas). Pulverizar cun fol pola mañá, cando as follas aínda teñen orballo, ou logo
dun tratamento líquido. Incomoda a pulgóns e cochinillas, e dana as mandíbulas dos
mastigadores (eirugas, escaravellos...).
Caldo bordelés: 500g de sulfato de cobre diluídos en 12 l de auga; noutro recipien-
te apagar 300 g de cal viva en auga. Mesturar logo, removendo, ata 100 l.
Trampas cromáticas. Láminas ou bandexas de plástico (marelas para pulgóns e
mosca branca, azul para trips), impregnadas con aceite de cociña. Colocalas á altura
das plantas.
Por que Agricultura Ecolóxica?
A produción agrícola convencional está a causar:
– Contaminación por fertilizante, afectando ás augas de consumo.
– Contaminación por pesticidas en terra, auga e aire.
– Redución da biodiversidade (por variedades e especies foráneas, implanta-
ción de grandes monocultivos, organismos xeneticamente modificados... )
– Erosión e perda de solo fértil por mala práctica de laboreo e cultivo.
Isto leva, en conxunto, a un modelo cada vez máis impactante sobre o contorno,
con plantas e animais cada vez menos equilibrados e nutritivos, dependente de insu-
mos alleos á explotación (producidos por un oligopolio cada vez máis concentrado),
e con graves efectos a medio e longo prazo para a saúde e o medio.
As técnicas agrícolas ecolóxicas son aquelas que aplican a ciencia ecolóxica á agricultu-
ra, tratando á horta coma un ecosistema en equilibrio. Os obxectivos ou criterios
que debe cumprir son:
– Producir suficientes alimentos, con alta calidade nutricional.
– Traballar cos sistemas naturais (non pretendendo dominalos). Poténcianse os
ciclos biolóxicos dos microorganismos, flora e fauna.
– Manter e aumentar a fertilidade do solo.
– Traballar nun sistema pechado: reutilízase a materia orgánica sobrante da
colleita.
– Evitar todas as formas de polución da agricultura convencional.
– Manter a diversidade xenética (variedades xa adaptadas á zona).
– Asegurarlles aos agricultores un ambiente de traballo seguro, satisfacción
3
Manexo do solo
O solo non é un simple soporte, senón que é un medio vivo, que se interrelaciona
co noso cultivo. A formación e maduración do solo dependen de: rocha, clima, tem-
po, seres vivos e o relevo da zona..
Os seres vivos teñen unha gran influenza na fertilidade. Algunhas plantas teñen nas
súas raíces nódulos con colonias de bacterias fixadoras de Nitróxeno. De aí a capa-
cidade fertilizante de trevos, o emprego de toxo no estrume e na corrección do
compost, o manexo de legumes nas rotacións, etc.
Do noso solo deberemos vixiar a súa estrutura (evitando a compactación), textura
(que non sexa demasiado areoso nin arxiloso), acidez e contido en materia orgánica.
Os nosos solos teñen un grande contido de aluminio, que dificulta a absorción de
nutrientes (Ca, Mg) nas raíces; para evitar isto, recoméndase engadir calizas, mellor
acompañadas dun abono orgánico.
4
Preparacións
Maceración, caldos: deixar a planta en auga 1 – 2 semanas, removendo de cando
en vez. O resultado será un líquido escuro.
Infusión: botar as plantas trituradas sobre auga fervendo (co lume apagado), e dei-
xar arrefriar nela.
Decocción: deixar amolecer a planta en auga, e logo ferver 15 – 20 min.
Purín de ortiga: deixar 200g de ortigas secas (1 Kg se son frescas) en 10 l de auga,
e deixar repousar unha semana; filtrar, pulverizar logo sobre a planta, diluído ao
10%. Reforza as defensas da planta, previndo ataques de fungos e algúns animais. Co
mesmo fin, infusión de macela: 50g flor seca por litro.
Purín de sabugueiro (Sambucus nigra): macerar follas e flores (50 g / l) un par de
semanas. Pulverizar sen diluír. Para repeler ratos e toupas.
Decocción de fento común (Pteridium aquilinum).
Botar 50 g de frondes ("follas") secas de fento nun litro de auga, e deixar macerar
24 horas.Ferver entón durante 10 minutos, e diluír con 9 litros de auga, aos que se
lle pode engadir media cullerada de xabón de coco ou de tipo "lagarto". Eficaz con-
tra ácaros e diversos insectos (en especial pulgóns).
Decocción de equiseto (Equisetum arvense): 15-20 g de planta seca por litro. Mace-
rar 2 días, ferver logo 20 min. Prevén de fungos, ácaros e pulgóns.
Infusión de allo: 50g de allo triturado nun litro de auga, e deixar tapado. Pódese
engadir un chisco de xabón. Aplicar diluído ao 20%.
17
16
Planta Sementeira/
plantación
Terra,
abono Coidados Recolleita Obs.
Amorodo (Fresa)
Fragaria vesca
Rosáceas
Estolóns, planta-
dos en ago – set
cada 30cm
Require bte
materia org
Lugar abrigado e
soleado.
Leituga
Lactuca sativa
Asteráceas
(Ext) Sem. Marzo
a setembro.
Só abono
maduro.
Rego no verán, ou
grelarán.
Escalonada, segun-
do tamaño.
Macela Matricaria chamomilla
Asteráceas
Na primavera.
Tamén por
división das
matas.
Chan seco,
ben drena-
do.
Orientación soleada.
Recoller os capítu-
los florais e secalos
inmediatamente.
Prop. dixesti-
vas, antiinfla-
matorias e
cicatrizantes.
Menta
Mentha sp
Labiadas
Plant. en prima-
vera ou outo-
no.Tamén por
división da mata.
Húmido e
rico en
materia
orgánica.
Orientación semisolea-
da.
Recoller as follas
antes da floración.
Propiedades
dixestivas.
Millo
Zea mays
Poáceas
Abril a xuño,
cada 20 cm.
Require bte
materia org,
chan sen
compactar
O cavado non debe ser
tardío, para non danar
as raíces superficiais.
Consumo direc-
to:antes de que o
gran estea comple-
tamente maduro.
Serve de titor
para legumes
e cabazas.
Papoula
Papaver rhoeas
Papaveráceas
Na primavera –
comezos do
verán.
Pouco
esixente. Pouco esixente.
Recoller os pétalos,
deixar madurar a
cápsula coas se-
mentes.
Pétalos en
infusión, comba-
ten a tose e o
insomnio.
Pataca
Solanum tuberosum
Solanáceas
Plant. Patacas
xermoladas
(varias semanas
nun lugar aireado
e iluminado).
Febreiro-abril,
separadas 40cm
Atura relati-
vamente ben
o abono
fresco.
Require bte
materia org
Xudía e liño nos bor-
dos prevé ao escarave-
llo. Tamén berenxena
como planta-trampa.
Chícharos medrando
entre elas semellan
previr enfermidades.
Cando seca a folla.
Tamén se pode
escalonar.
Asocian ben
con legumes,
millo e coles.
Pementos
Capsicum annuum
Solanáceas
Sem. a cuberto,
dende marzo.
Plant. Maio (antes
a cuberto).
Deixar 35 cm
entre plantas.
Atura ben o
abono
fresco.
Require bte
materia org
(pero ollo
co exceso
de N)
Cubrir con terra fina
ante vermes ou pul-
góns.
Escalonada.
Impte rotar
(non repetir
na mesma
parcela antes
de 3 anos)
Remolacha
Beta vulgaris
Quenopodiáceas
Abril – maio.
15-20 cm de
separación.
Terras non
compactas,
con bte
abono org
Acolchado.
En tempo seco.
Sacar as follas e a
punta da raíz para
que se conserven.
Tomate
Lycopersicum escu-
lentum
Solanáceas
Sem. Abril –
maio
(Antes se é a
cuberto)
Plant. Abril -
xuño
Require bte
materia org,
pref. madura
(anque ature
a fresca)
Acolchado. Entitorado.
“Capado” dos brotes
axilares, en tempo seco
e cálido.
Rega por baixo para
previr fungos.
Cando maduros. A
final de temporada,
quitar as follas
baixas para acelerar
a maduración.
Contra fungos:
caldo de equise-
to ou ortigas.
Cravar un fío de
cobre na parte
baixa do talo.
Trampas marelas
contra minador
das follas e
mosca branca
Xarxa, salvia
Salvia officinalis
Labiadas
Sem. nrimavera,
plant. no verán. Tamén transplante.
Solo ben
drenado. Orientación soleada.
En primavera e
outono.
Cicatrizante.
Contra afeccións
dixestivas e
sudoración.
Xudía
Phaseolus vulgaris
Fabáceas
Abril a xullo ext.
Marzo a cuberto.
Só abono
maduro.
Evitar exce-
so de humi-
dade.
Entitoralos a paus,
canas... Gradual
Máis afectada
polo frío que
outras legu-
mes.
5
Fertilización e compostaxe
Os abonos que empregaremos serán sempre orgánicos (principalmente compost, e
outros como complemento), ou minerais (calizas...) con moderación. Nunca empre-
garemos abonos sintéticos (agroquímicos).
O compost é un substrato equilibrado, que mellora as propiedades do solo:
achega nutrientes
favorece a asimilación doutros abonos
favorece a inmunidade das plantas
mellora a estrutura e evita a compactación do chan
evita a erosión e retén auga
aumenta a temperatura do chan
O compost é un abono feito a partir da fermentación aerobia de materiais orgánicos
(follas, palla, restos de comida e de colleitas…), en dúas fases:
Descomposición (2 - 3 semanas), na que os microbios comezan a desfacer os
compoñentes da materia. Nesta fase aumenta a temperatura, o cal permite
hixienizar a mestura ao eliminar patóxenos e inactivar sementes e parasitos.
Maduración (3 a 6 meses), ata conformar unha masa escura e estable, con
aspecto de terra de bosque.
A compostaxe poderá facerse nun montón nunha esquina da horta (directamente
sobre o chan) ou, se queremos acelerar o proceso, empregar un composteiro.
Sempre que sexa posible, o composteiro estará en contacto co chan, facilitando a
chegada de miñocas e microbios (unha rede evitará o paso de ratos). estexa aireada
e sen compactar.
En calquera caso, colocarase nun lugar protexido do vento e sol excesivos.
Para que o compost sexa equilibrado, deberá ter unha relación C/N equilibrada: debe-
mos combinar materiais ricos en carbono (palla, serraduras e labras, follas…) con
materiais ricos en nitróxeno (plantas novas, esterco, restos de comida…). Estes
restos mesturaranse cun pouco de terra, que achegará os microbios fermentadores.
Debe remexerse de cando en vez para evitar apelmazamentos, e regar o conxunto
sen encharcar (o compost non deberá ficar seco nin pingar auga) de xeito que entre
o osíxeno.
É recomendable tapar o composteiro ou montón, protexéndoo da choiva ou calor
excesivos.
Restos “verdes”
Ricos en nitróxeno
C/N = 1 - 25
Proporción equilibrada
C/N = 25-40
Restos “marróns”
Ricos en carbono
C/N = 40 - 1000
Esterco de galiñeiro
Esterco fresco
Céspede fresco
Legumes
Restos vexetais frescos
Pousos de café
Restos de cociña, alimentos
Esterco de ovella, cabra
Esterco de cabalo
Herba seca
Follas de froiteiras
Labras e serraduras
Papel, cartón
Palla
Leña, Ramas de poda
Follas de carballo,
castiñeiro...
6 15
Planta Sementeira/
plantación
Terra,
abono Coidados Recolleita Obs.
Acelga
Beta vulgaris
Quenopodiáceas
Abril a xuño.
Finais de verán.
Atura ben
compost
fresco.
Deixar 35 cm de sepa-
ración entre cada
planta.
Gradual, recollen-
do as follas ou
plantas máis desen-
volvidas.
Sementar con
lúa minguante.
Allo
Allium sativum
Liliáceas
Plantar dentes
coa punta cara
arriba, 2-3 cm
no chan
Só compost
moi maduro.
Plantar os dentes cada
10-12 cm.
Evitar o exceso de
humidade.
Xullo – agosto, en
tempo seco. Dei-
xar secar 2 días ao
sol.
Non cultivar
con legumes.
Alfádeg(“albahaca”)
Ocimum basilicum
Labiadas
Sem. en marzo,
plantación en
maio.
Ben drenada,
sen exceso
de humidade.
Zonas soleadas.
Rego frecuente.
Fins do verán,
outono.
Apio
Apium graveolens
Apiáceas
Sem. marzo-abril
(cuberto)
Maio-Xuño (ext)
Plant. Maio - ago
Só abono
moi maduro.
Manter a humidade
mediante acolchado.
Gradual, a medida
que a planta vai
branqueando.
Sementar con
lúa minguante.
Berenxena
Solanum melongena
Solanáceas
Sem. a cuberto,
dende marzo.
Plant. Maio (antes
a cuberto).35 cm
entre plantas.
Atura ben o
abono fresco.
Require
bastante
materia org
Require calor.
“Capado” das ramas
axilares, coma no
tomate.
Cabazas
Cucurbita sp
Cucurbitáceas
Sem. abril – maio. Atura ben o
abono fresco.
Acolchado o antes
posible.
Cabaza: coa planta
seca.
Cabaciña: antes de
madurar completa-
mente o froito.
Cantroxo, lavanda
Lavandula sp
Labiadas
Multiplicación
por sementeira
ou por división
das matas.
Chan seco
(drenado). Orientación soleada.
Flores: cando
estean totalmente
abertas.
Infusión das
flores dixestiva e
alivia irritacións
resp orias.
Cebola
Allium cepa
Liliáceas
Case todo o ano,
atura ben o frío.
Só compost
moi maduro.
Evitar o exceso de
humidade.
Cando a folla estea
seca para conser-
var longo prazo.
Sementar con
lúa minguante.
Cenoria
Daucus carota
Apiáceas
Prexermolar:
deixar uns días
en auga; secar e
sementar.
Na primavera (en
xuño variedades
de inverno)..
Só abono
moi maduro.
Quere chan
solto, non
compacto.
Aclareo.
Acolchado con com-
postas ou fento.
Recalce para que a raíz
non se poña verde.
--
Asocia moi
ben con
cebolas e allos
Tamén con
leitugas.
Coles
Brassica oleracea
Brasicáceas
Depende da
variedade.
Atura ben
abono fresco.
Require
bastante
materia org
Evitar a seca: no verán,
rega frecuente e som-
bra. Acolchado.
Gradual.
Asocialas con
tomate pre-
vén das eiru-
gas.
Chícharo
Pisum sativum
Fabáceas
Case todo o ano,
agás xullo e
agosto (cultivo
dificultoso no
verán).
Só abono
maduro.
Evitar o
exceso de
humidade.
Entitoralos a paus,
canas... Gradual.
Non cultivar
con allos e
cebolas.
Espinaca
Spinacia oleracea
Quenopodiáceas
Marzo – abril.
Agosto - outubro
Só abonos
maduros.
Acolchado.
Evitar a seca: no verán,
rega frecuente.
Gradual, respectan-
do o grupo central.
Amorodo (Fresa)
Fragaria vesca
Rosáceas
Estolóns, planta-
dos en ago – set
cada 30cm
Require
bastante
materia
orgánica.
Lugar abrigado e
soleado.
Enfermidades e coidados en agricultura ecolóxica
O tratamento baséase na prevención, mantendo un solo vivo e san no cal poidan
medrar plantas equilibradas. Regas pouco abondosas, e sen tocar a parte aérea, axu-
darán a previr os ataques de fungos. O emprego de tratamentos farase como último
recurso, e sen abusar dos preventivos.
Buscaranse potenciar a resistencia natural das plantas: variedades adaptadas e boas
condicións de cultivo. Buscaremos o control das pragas, non o exterminio total.
Procuraremos manter un sistema variado: as pragas espállanse mellor nos monoculti-
vos. Así, intercalaremos os cultivos (respectando as asociacións e rotacións xa vis-
tas), coa fin de que os cultivos se protexan. Allos, cebolas e plantas aromáticas
(menta, ourego, romeu) repelen diversas pragas de varios cultivos.
14 7
Uso do compost
O tempo de elaboración do compost variará segundo o material de partida, o tipo
de composteiro ou montón, o manexo... En xeral, o compost fresco obterase logo
de 4 a 10 semanas, e o maduro a partir de 3 meses. Unha compostaxe ben realizada
elimina patóxenos e parasitos, e non produce cheiros molestos.
Pode ser moi útil peneirar o compost, devolvendo os anacos maiores e pouco des-
compostos á mestura.
Compost fresco: Sobre cultivos que o aturen sen problemas (pataca, tomate, millo,
cabazas e cogombros). Tamén como cobertor de outono, logo das colleitas, ou
sobre chans nus, queimados, usos forestais, etc.
Compost maduro: con menor poder fertilizante que o fresco, pero válido para
todo tipo de cultivos e momentos. Preferiblemente, reservarase para cultivos que
non aturen o compost fresco: cobertura en sementeiros, leitugas e verduras, chícha-
ros, remolachas, cereais, cenoria, allo e cebola.
Varios exemplos de composteiros
8 13
Asociacións e rotacións de cultivos
Cada especie vexetal ten unhas necesidades de nutrientes, sol, auga... Na horta
plantaremos varios cultivos preto, por iso é importante coñecer as “relacións diplo-
máticas” das plantas, para seguir o “protocolo” de cultivo.
En xeral, non se deben plantar xuntas hortalizas da mesma familia: patacas con to-
mates, nin chícharos con xudías, etc. Tamén evitaremos xuntar cultivos dos que se
aproveite a mesma parte: non xuntar dous cultivos de raíz, dous cultivos de folla,
etc.
Este mesmo criterio serve, en xeral, para as rotacións de cultivos: evitar cultivar
unha legume despois doutra na mesma parcela, etc.
Un bo manexo de asociacións e rotacións permitiranos mellorar o rendemento e
saúde dos cultivos, e mesmo aforrar en fertilizante: a raíz das legumes fixa nitróxeno
do aire, polo que o solo estará enriquecido logo do cultivo delas, óptimo para to-
mates, coles, remolacha… O abono verde a base de trevo baséase neste mesmo
principio.
O acolchado ou “mulching”
Consiste en cubrir o chan con material diverso, con varias funcións:
– Evita a desecación no verán, e a erosión en días de fortes choivas.
– Limita o medre de herbas ventureiras.
– Aumenta a temperatura do solo no inverno, reducindo os efectos das xeadas
e aumentando os procesos biolóxicos do solo.
Malla téxtil. Resulta cara. Nunca debemos empregar plástico laminado, pois non per-
mite transpirar ao solo, proliferando fungos non interesantes.
Palla: Ao igual que as labras e serraduras de madeira, pouco recomendable para cul-
tivos que precisen moito N. Pode substituírse por frondes de fentos (moi recomen-
dable baixo de cabazas, fresas... para evitar que podrezan en contacto directo co
chan). Tamén follas de hortalizas e herba cortada (sen sementes, en capas finas)
Compost: o maduro será válido para a maioría dos cultivos; o compost novo non é
ben aceptado por algunhas plantas (a leituga, por exemplo).
Follas de árbores. As de castiñeiro e nogueira teñen efectos alelopáticos, limitando o
medre de ventureiras. As de carballo son bastante empregadas.
Casca de piñeiro e candeas (arume): de descomposición moi lenta, e ricas en lignina,
farán o solo máis ácido, o que non é moi recomendable para horta. A súa función
decorativa fai moi interesantes estes materiais para acolchados en xardinería.
12 9
Outros abonos
As achegas de nitróxeno faranse, en xeral, na sementeira ou plantación.
Esterco de galiñeiro: C/N = 6-10. Rico en K, P e Ca. É moi concentrado, e
deberá aplicarse con moderación.
Esterco de vaca: C/N = 15-30. Rico en K e P. É un abono equilibrado.
Algas: moi ricas en N, K e oligoelementos. Melloran a estrutura do terreo e faci-
litan a absorción de nutrientes polas plantas.
As achegas minerais deben empregarse só en terreos con carencias.
Emendas calizas: para reducir a acidez e desprazar ao aluminio do complexo
de cambio. Para os nosos solos recoméndase, unha dose de 0,3 Kg/m2 cada 2 – 3
anos, cando menos. Se a caliza é dolomita, previremos carencias de magnesio.
Aso
c. Vid
a San
a
Organización da horta
Neste deseño influirán moitos factores: tipo de chan, presenza de cursos de auga,
zonas de sombra, orientación... De modo xeral:
Se a finca ten moita inclinación (pendente), o deseño debe axudar a realizar os
traballos e laboreos no sentido contrario á pendente (é dicir, seguindo as curvas
de nivel), evitando así a erosión; se a pendente é moi forte, será moi conveniente
instalar bancais. Se a finca conxuga unha certa pendente con orientación ao Nor-
te, teremos limitacións para moitos cultivos.
Se hai árbores rodeando a finca, mellor que non sexan demasiado altos. Son moi
interesantes para protexer dos ventos fríos do N e NE.
Un feche de sebes rodeando á finca reduce a influenza das parcelas veciñas
(tratamentos químicos...), ademais de servir como base para un exército de come-
dores de insectos e ratos: paxaros, donicelas, ourizos...
Diversificar: as froiteiras mobilizan nutrientes e acollen predadores das pragas; as
plantas aromáticas atraen polinizadores e repelen insectos prexudiciais; as herbas
ventureiras nas marxes da finca acollen a inimigos das pragas (as estrugas acollen a
parasitos do pulgón) ou poden ser “plantas trampa” para as pragas; valados ou
moreas de pedras acollerán a réptiles, paxaros insectívoros...
10 11
Manexo da cuberta vexetal
Non hai “malas herbas”. As herbas ventureiras non son “malas” en si mesmas, e a
miúdo poden ter efectos beneficiosos sobre a horta: acollen a depredadores ou
parasitos das pragas, evitan a erosión e o lavado de nutrientes en momentos sen
cultivos, poden ter usos (medicinal, corrector do compost, abono verde...). Así pois,
non buscaremos o seu exterminio, senón o manexo e control para evitar que che-
guen a “afogar” aos cultivos. Algunhas medidas preventivas son:
Facer un manexo correcto do solo. Algunhas herbas ventureiras dispáranse con
exceso de fertilizante rico en N. Un laboreo no verán, deixando as partes sub-
terráneas ao sol, axuda a controlalas (e, de paso, aos ovos de insectos nocivos).
Facer un manexo correcto do compost. A calor que acada a pila ao compostar
destrúe moitas sementes das herbas; se non acada a calor suficiente, o compost
resultante podería espallar sementes de herbas. Controlar a rega, aireación e
mesmo engadir activador (p.ex. estrugas).
Plantar en lugar de sementar. Poñer plantiñas xa medradas sobre a terra labrada
dálle ao noso cultivo semanas de vantaxe sobre as herbas.
Plantar un cultivo de cobertura: plantar fresas baixo froiteiras, ou xudías entre o
tomate ou o millo (tamén cabazas, neste último caso). Así pódese ter unha
produción “extra”.