Download - Célula maría casares
1. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
En 1674 Leuwenhoek observou hematías, espermatozoides, protozoos e mesmo describiu unha bacteria. Todo elo grazas a un microscopio de maiores aumentos fabricado por él.
Esquemas dos microorganismos
obsevados por Leeuwenhoek
1. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
A teoría celular está vencellada á invención das lentes e á construcción dos microscopios que permitiron ter unha visión moi ampliada destas estructuras, podendo observar características totalmente imperceptibles ó ollo humano.
En 1838-39 Schleiden e Schwann enuncian a primeira teoría celular segundo a cal, a célula é a unidade estructural e funcional dos seres vivos, capaz de manter unha existencia propia e independente
1. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
1858 Virchow completa o postulado anterior afirmando que todas as células se orixinan a partir dunha preexistente.
A TEORÍA CELULAR
A teoría celular resúmese nos seguintes puntos:
a) A célula é a unidade estrutural dos seres vivos
b)A célula é a unidade funcional de todos os seres
vivos.
c) Toda célula procede doutra preexistente.
d)A célula contén o material xenético dun ser vivo.
A TEORÍA CELULAR
Sen embargo, a
universalidade da
teoría celular non
foi completa ata que
Santiago Ramón y
Cajal demostrou a
individualidade das
neuronas.
Agora si podíamos dicir que todos os tecidos están formados por células!
2. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Son os distintos graos en que se organiza a materia.
Niveis Abióticos:
• Nivel subatómico: formado polas partículas subatómicas (protón,
neutrón...)
•Nivel atómico: constituído polos átomos (H, Li, Fe...)
•Nivel molecular: referido ás moléculas (unión de átomos). Podemos falar
de moléculas orgánicas e inorgánicas. Orgánicas: glícidos,
lípidos.../Inorgánicas: auga, sales minerais...
As moléculas que forman parte da materia viva denomínanse biomoléculas .
A este nivel pertencen tamén as macromoléculas (unións de moléculas:
amidón, triglicéridos...), os complexos supramoleculares (unión de
macromoléculas de distinta natureza: glucoproteínas, virus...) e os
orgánulos celulares (asociación de complexos supramoleculares: R.E.,
lisosomas...)
2. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Niveis Bióticos:
• Nivel Celular: o das células. Unidade básica de vida. A este nivel pertencen os organismos
unicelulares. É habitual que os unicelulares formen colonias (agrupación de células que
manteñen a independencia).
• Nivel Pluricelular: inclúe a todos los organismos constituídos por máis dunha célula
(organismos pluricelulares); neles as células non son independentes, hai especialización.
Dentro deste nivel hai distintos graos de complexidade:
- Tecidos: conxunto de células que realizan unha función. P.e. tecido nervioso.
- Órganos: asociación de tecidos para levar a cabo un acto concreto. P.e. corazón.
- Sistemas: conxunto de órganos parecidos, nos que hai un tecido predominante, que se
asocian para realizar unha función. P.e. sistema circulatorio.
- Aparellos: conxunto de órganos que poden ser moi diferentes, pero cuxos actos están
coordinados para levar a cabo unha función máis xeral que nos sistemas. De feito,é
frecuente que inclúa varios sistemas. P.e.: aparello circulatorio: sistema circulatorio e
linfático.
2. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
- Nivel de poboación: conxunto de individuos dunha mesma especie que son coetáneos.
- Nivel de comunidade: conxunto de poboacións (comunidade ou biocenose).
- Nivel de ecosistema: biocenose que vive nun determinado lugar (biotopo) e as súas interrrelacións.
- Ecosfera: todolos ecosistemas do planeta.
NIVEL MOLECULAR: TIPOS DE MOLÉCULAS
Como dixemos as moléculas que forman parte da materia viva denomínanse
biomoléculas. Hainas orgánicas e inorgánicas.
• Biomoléculas Inorgánicas:
- Existen na materia viva e na inerte.
- Non conteñen C ou é moi escaso.
- Non son enerxéticas.
- Son : auga, sales minerais e gases respiratorios (O2 , CO2).
• Biomoléculas Orgánicas:
- Existen exclusivamente na materia viva.
- Son ricas en C.
- Son enerxéticas.
- Son: glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.
3. NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
Todas as células
teñen en común:
- Membrana
plasmática
- Citoplasma
- ADN que contén
a información
xenética da célula
3. NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
A partir disto a diferenciación máis básica das células establece dous niveis de organización: célula procariota e célula eucariota.
Características procariotas:
• Carecen de verdadeiro núcleo.
• Apenas posúen orgánulos (ribosomas)
• Son bacterias e similares. Reino Moneras.
• Unicelulares ou colonias.
Características eucariotas:
• Posúen verdadeiro núcleo, con envoltura nuclear.
• Numerosos orgánulos.
• Poden ser uni ou pluricelulares.
• Conforman os reinos restantes: Protoctista, fungo, vexetal e animal.
ESTRUTURA DUNHA CÉLULA PROCARIOTA
• Menor tamaño (1-10 micras)
• Máis sinxelas
• Presentan:
- Parede bacteriana: envoltura grosa e ríxida formada por glícidos e proteínas que
confire forma a célula. Algunhas bacteria posúen unha capa máis externa denominada
Cápsula bacteriana.
- Membrana plamática: Por dentro da parede. Formada por unha bicapa lipídica con
proteínas. Controla a entrada e saída de substancias e intervén no metabolismo
(respiración) e na duplicación do ADN.
- Cromosoma bacteriano: unha molécula de ADN circular dobre localizada nunha
rexión que non posúe membrana denominada nucleoide.
- Ribosomas: pequenos orgánulos onde se produce a síntese proteica.
- Flaxelos: prolongacións citoplamáticas que interveñen no desprazamento. Non
aparecen en todas as bacterias.
- Fimbrias: estruturas curtas e numerosas que son mecanismos de anclaxe.
ESTRUTURA DUNHA CÉLULA EUCARIOTA
• Derivan das procariotas.
• Maior tamaño (10-100 micras).
• Maior complexidade estrutural.
• Presentan:
- Membrana plasmática: bicapa lipídica con proteínas que dá forma a célula. Regula o
intercambio de substancias.
- Citoplasma: Citosol + orgánulos
O citoplasma é a rexión comprendida entre a m.pl. e o núcleo. Está formada por un medio
acuoso chamado citosol e numerosos orgánulos (mitocondrias, aparello de Golgi...). Nel
tamén atopamos o citoesqueleto (fibras proteicas que interveñen nos movementos e na
división) e o centrosoma (rexión que controla a organización das fibras do citoesqueleto).
- Núcleo: nel reside a información xenética (ADN). Separado do resto da célula pola
envoltura nuclear (dobre membrana).
• Hai dous modelos de eucariotas: célula vexetal e célula animal.
ESTRUTURA DUNHA CÉLULA EUCARIOTA
Orgánulos dunha célula eucariota:
Retículo endoplamático: formado por un conxunto de sacos aplanados e condutos
tubulares. Hai dous tipos: rugoso e liso.
O R.E.R. continúase coa envoltura nuclear, posúe na súa cara externa numerosos ribosomas
adosados e a súa función é a síntese proteica.
O R.E.L. carece de ribosomas e a súa principal función é a síntese de lípidos.
Aparello de Golgi: formado por un conxunto de cisternas aplanadas nas que se acumulan
as substancias procedentes do R.E.; éstas son segregadas a través de vesículas e
distribuidas as partes da célula que o precisen.
Ribosomas: pequenos orgánulos cuxa misión é a síntese proteica.
Mitocondrias: orgánulos esféricos de dobre membrana que constitúen a “central
enerxética” da célula; xa que nelas realízase a respiración celular para obter enerxía.
Posúen ADN propio.
Lisosomas: vesículas membranosas con enzimas dixestivos que permiten a hidrólese de
moléculas complexas. Máis abundantes en animais.
ESTRUTURA DUNHA CÉLULA EUCARIOTA
Orgánulos dunha célula eucariota:
Vacúolos: vesículas membranosas fundamentalmente con función de
almacenamento (auga, pigmentos, refugallos...). Característicos das vexetais: nun
principio pequenos e numerosos e co paso do tempo fusiónanse para formar un gran
vacúolo que ocuopa practicamente todo o interior.
Cloroplastos: orgánulos de dobre memebrana exclusivos das células vexetais. No
seu interior hai un sistema de membranas (tilacoides) que contén a clorofila.
Realizan a fotosíntese. Posúen ADN propio.
DIFERENZAS CÉLULA ANIMAL-VEXETAL
CÉLULA ANIMAL CÉLULA VEXETAL
Non posúe cloroplastos Posúe cloroplastos
Vacúolos pequenos e
pouco numerosos
Vacúolos numerosos que
tenden a fusionarse nun
só vacúolo grande
Posúen centriolos Non posúe centriolos
Sen parede celular Con parede celular
4. O NÚCLEO CELULAR
Estrutura voluminosa das células
eucariotas. Nel atópase a gran
maioría do ADN celular.
4. O NÚCLEO CELULAR
• Localización: posición central nas células animais e desprazado nas vexetais polos vacúolos.
• Adoitan ser un por célula, pero hai células binucleadas (hepatocitos), plurinucleadas (musculares estriadas) e incluso sen núcleo (eritrocitos).
• Compoñentes do núcleo:
- Envoltura nuclear: dobre membrana, externa e interna, separadas polo espazo intermembranoso. A externa conectada ao R.E.R. Posúe poros nucleares aao seu través prodúcese o intercambio de substancias.
- Nucleoplasma: medio interno acuoso. Nel acontece a replicación do ADN.
- Nucléolo: corpúsculo esférico carente de membrana só observable en interfase. Forma os ribosomas e pode haber máis dun por núcleo.
- Cromatina: constituída por ADN en diferentes graos de condensación asociado a proteínas.
Cando a célula se vai dividir as fibras de cromatina organízanse e condénsanse para formar os cromosomas. Hai tantas fibras como cromosomas.
5. CROMOSOMAS
• Son estruturas filamentosas que aparecen na división celular.
• Constitúen o máximo grao de condensación (moi enrolado) do ADN.
• Distribúen o material xenético da célula nai ás células fillas.
• Formados por ADN condensado unido a distintas proteínas.
• Cada cromosoma está constituído por dúas cromátides unidas por un punto
denominado centrómero.
• Unha cromátide contén unha molécula de ADN e a outra posúe outra molécula de ADN
idéntica resultado da replicación.
• As dúas cromátides dun cromosoma son as cromátides irmáns.
• Cada cromátide presenta dous brazos.
NÚMERO DE CROMOSOMAS
• O número de cromosomas é característico de cada especie.
• Atendendo a isto podemos falar de:
- Organismos haploides: un xogo de cromosomas (n).
- Organismos diploides: dous xogos de cromosomas (2n; un do pai e outro da nai) nas
células somáticas. As parellas de cromosomas denomínanse homólogos e portan
información para os mesmos caracteres.
• Tipos de cromosomas:
- Metacéntricos: centrómero no medio; brazos iguais.
-Submetacéntricos: centrómero desprazado. Barzos lixeiramente desiguais.
- Acrocéntricos: centrómero moi desprazado. Brazos desiguais.
- Telocéntricos: centrómero nun extremo. Só visible un brazo.
6. CARIOTIPO
• O cariotipo é o conxunto de cromosomas característico dunha especie.
• No cariotipo humano diferenciamos dous tipos:
Heterocromosomas ou cromosomas sexuais: Diferentes, determinan o
sexo na nosa especie. Un chámase X e outro Y. As mulleres son XX e os
homes XY.
Autosomas: son o resto de cromosomas e son iguais en ambolos dous
sexos.
• As persoas posuímos 46 cromosomas, 22 pares de autosomas e un par de
heterocromosomas.
• O estudo do cariotipo permítenos detectar anomalías no número de
cromosomas ou na forma dos mesmos.
Observa o seguinte cariotipo:
Que é un home ou unha muller?
Observas algunha diferenza importante co que vimos na diapositiva
anterior?
7. O CICLO CELULAR
• A maioría das células reprodúcense xerando novas células.
• O tempo que tardan é variable.
• Hai células que non se dividen nunca, como os eritrocitos ou as musculares
estriadas e outras que tardan moi pouco en facelo coma as do epitelio intestinal
ou as da nosa pel.
• A reprodución celular ten lugar mediante a división celular, que na maioría das
células sucede a través dun proceso denominado mitose.
• O ciclo celular é a secuencia de procesos que sofre unha célula dende a súa
formación ata que se divide. A súa duración depende do tipo celular e das
condicións ambientais (temperatura, nutrientes…).
• No ciclo celular das células eucariotas podemos diferenciar dúas fases: interfase
ou fase de non división e fase de división ou fase M.
7. O CICLO CELULAR
INTERFASE
Fase de longa duración na que se pode observar
claramente o núcleo (núcleo interfásico). Nesta
fase a célula non está inactiva: crece, sintetiza
proteínas, duplica o seu ADN antes da división,
produce orgánulos…
A duplicación ou replicación do ADN antes da
división permite que as dúas células fillas
reciban a mesma cantidade de ADN que tiña a
célula nai.
FASE DE DIVISIÓN (FASE M)
De curta duración, nela o núcleo desaparece e
fanse visibles os cromosomas. Consta da división
do núcleo (Mitose) e a do citoplasma
(Citocinese)
8. DIVISIÓN CELULAR EN EUCARIOTAS
Na fase M a partir dunha célula nai orixínanse dúas células fillas con idéntico número de
cromosomas ca proxenitora.
Comprende dous procesos: Mitose e Citocinese
MITOSE
Antes da Mitose o ADN xa foi duplicado na interfase. Ao inicio da Mitose duplícase o
centrosoma, e os centríolos se a célula é animal.
A mitose é un proceso continuo, pero podémolo dividir en varias etapas:
PROFASE: A cromatina condénsase e fanse visibles os cromosomas. Desaparece a
envoltura nuclear e o nucléolo e aparece o fuso mitótico.
METAFASE: Os cromosomas perfectamente visibles xa dispóñense no centro da
célula formando a placa ecuatorial e únense polo centrómero as fibras do fuso.
ANAFASE: Sepáranse as cromátides irmáns de cada cromosoma e diríxense cada
unha a un polo da célula; cada cromátide pode ser xa considerada un cromosoma.
TELOFASE: Reaparece o nucléolo e a envoltura nuclear que rodea aos novos
cromosomas que se descondensan e forman a cromatina. Desaparece o fuso.
8. DIVISIÓN CELULAR EN EUCARIOTAS
CITOCINESE
Consiste na división do citoplasma e ocorre simulatáneamente ás últimas fases da
mitose. Hai diferenza entre células animais e vexetais:
Animais:
Prodúcese un estrangulamento na zona media da célula nai que permite a separación das
dúas células fillas.
Vexetais:
Fórmase un tabique de separación, o fragmoplasto, na zona media da célula nai.
Comeza a desaparecer a
membrana nuclear
Empezan a visualizarse os
cromosomas Os centriolos duplicados van ós polos opostos
da célula
Empézase a constituir o
fuso mitótico
As cromátidas irmáns de cada cromosoma sepáranse, cada unha vai a un polo. Poden xa considerarse cromosomas
A célula comenza
a estrangularse
(nas células animais)
ou se orixina o
Fragmoplasto (tabique
de separación nas
células vexetais)
PROFASE METAFASE ANAFASE TELOFASE
Resumindo: MITOSE
Ver vídeo
Citocinese
9. A MEIOSE
A meiose é un tipo de división reducional, xa que a partir dunha célula nai
diploide (2n) fórmanse 4 células fillas haploides (n), é dicir, coa metade do
contido de ADN da célula proxenitora.
Nos Vertebrados prodúcese nas gónadas (testículos e ovarios) e as células
orixinadas chámanselle gametos.
Na meiose hai dúas divisións sucesivas que orixinan catro células fillas, todas
diferentes xenéticamente a célula nai.
As fases son:
PROFASE I: Condénsanse os cromosomas e fanse visibles. Desaparece o
nucléolo e a envoltura nuclear. Os cromosomas homólogos (un do pai e outro
da nai) emparéllanse e intercambian fragmentos de ADN (Sobrecruzamento
que provoca a recombinación xenética) asegurando que todas as células
fillas sexan distintas a proxenitora).
9. A MEIOSE
METAFASE I: os cromosomas homólogos en parellas colócanse no
ecuador da célula.
ANAFASE I: arrastrados polo fuso meiótico os cromosomas homólogos
sepáranse e cada un vai a un polo da célula.
TELOFASE I e CITOCINESE: fórmanse 2 células fillas coa metade de
cromosomas que a célula nai
PROFASE II: sen interfase, vólvese a formar o fuso e cada cromosoma
formado por dúas cromátides móvense cara o ecuador da célula.
METAFASE II: os cromosomas atópanse no ecuador.
ANAFASE II: sepáranse as cromátides irmáns e cada unha vai a un
extremo da célula.
TELOFASEII e CITOCINESE: orixínanse 4 células haploides distintas
da célula nai.
INTERFASE (duplicación del
ADN)
1. PROFASE I (Condensación dos
cromosomas)
2. METAFASE I (Os cromosomas
dispóñense en parellas
no ecuador da célula
(cromosomas homólogos))
3. ANAFASE I (Separación dos
cromosomas)
4. TELOFASE I e
CITOCINESIS
5. PROFASE II (vólvese a formar o fuso)
Células fillas
6. ANAFASE II (Separación de
cromátides)
7. TELOFASE e
CITOCINESIS
MEIOSIS I (separación de cromosomas
homólogos)
MEIOSE II (separación de cromátides irmáns)
SOBRECRUZAMENTO
MEIOSE I (separación de cromosomas homólogos)
Ver vídeo
9. A MEIOSE
10. COMPARACIÓN MITOSE-MEIOSE
MITOSE MEIOSE
Prodúcese nas células somáticas Só se produce nas células nai dos gametos
Non hai emparellamento de cromosomas, polo que sucede tanto en haploides como
diploides
Precisa células diploides porque hai emparellamento de cromosomas
O núcleo divídese unha vez O núcleo divídese dúas veces
Non hai sobrecruzamento Na profase I hai sobrecruzamento entre cromosomas homólogos
Na anafase sepáranse cromátides irmáns Na anafase I sepáranse cromosomas homólogos e na anafase II cromátides
irmáns
Orixínanse dúas células fillas idénticas á nai (só variación por mutacións)
Orixínanse catro células fillas distintas á nai (variabiliadade por mutación e por
recombinación xenética)
11. SIGNIFICADO DA MITOSE E DA MEIOSE
Son dous mecanismos de división celular cun significado biolóxico diferente:
Nos pluricelulares, a mitose supón crecemento a partir da célula ovo ou
zigoto, e renovación e reparación de tecidos.
Nos unicelulares, a mitose supón xerar descendencia (reprodución asexual)
idéntica ao proxenitor.
A meiose, permite formar gametos haploides que o fusionarse
(fecundación) orixinan un cigoto diploide. Posibilita, por tanto, manter un
número constante de cromosomas nos organismos con reprodución sexual.
Ademais, asegura a variabilidade xenética (recombinación xenética e
segregación independente).
11. SIGNIFICADO DA MITOSE E DA MEIOSE
FORMACIÓN DOS GAMETOS
Os gametos son as células reprodutoras producidas nas gónadas mediante
meiose.
O proceso de formación de gametos denomínase gametoxénese,hai dous tipos:
Espermatoxénese: formación dos espermatozoides nos testículos. Cada
célula nai diploide produce 4 células haploides diferentes que por
diferenciación orixinaran os espermatozoides (dous cun cromosoma X e
outros dous cun Y)
Ovoxénese: formación dos óvulos nos ovarios. Cada célula nai diploide
produce 4 células haploides, unha delas orixinará un óvulo, as outras tres
formarán os corpúsculos polares que dexenerarán. Todos os óvulos levan un
cromosoma X.
12. CICLOS BIOLÓXICOS
Un ciclo biolóxico son as distintas etapas que atravesa un organismo ao
longo da súa vida dende que se forma o cigoto ata que alcanza a madurez
sexual e produce gametos para perpetuar a especie.
Diferenciamos tres tipos:
CICLO HAPLONTE: o típico de individuos adultos haploides. O cigoto é o
que sofre meiose.
CICLO DIPLONTE: característico de adultos diploides. Son os gametos
os que sofren meiose.
CICLO DIPLOHAPLONTE: presentan alternancia de xeracións de adultos
haploides (gametófito) e diploides (esporófito). Son as esporas as que
sofren meiose.
Ciclo haplonte
En algas
e fungos
unicelulares
HAPLOIDE DIPLOIDE
Cigoto
(2n)
Fecundación
Meiose Célula (n)
Gametos (n)
Fusión de gametos
Ciclo diplonte
En casi todos
os animales
HAPLOIDE DIPLOIDE Fecundación
Cigoto
(2n)
Gametos (n)
(2n) MEIOSE
Ciclo diplohaplonte
En plantas e en
algunhas algas
e fungos
Gametos (n)
HAPLOIDE
DIPLOIDE
Fecundación
Meiose
Esporas (n)
Cigoto
(2n)
(n)
(2n)
FONTES-LIGAZÓNS DAS IMAXES:
•biologiaperiodistica.blogspot.com
•biología.edu.ar
•blatner.com
•concienciaeco.com
•e-ducativa.catedu.es
•labitacoradelbuho.blogspot.com
•lacelula1erodesecundariaadeu.blogspot.com
•paperblog.com
•Presentación “La Célula” 1º Bacharelato IES Otero Pedrayo-Ourense.
• www.profesorenlinea.cl
•www.taringa.net
•wikis.engrade.com