PROGRAMA ESPECÍFICO EN COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE MANZANEDA E DA POBRA DE TRIVES DAS ACTUACIÓNS PARA AS QUE SE SOLICITA A SUBVENCIÓN
I.1.CONTEXTUALIZACIÓN DO PROGRAMA DE COLABORACIÓN DE DESENROLO LOCAL ENTRE OS CONCELLOS DE MANZANEDA E DE TRIVES
Neste documento reflectimos a Programación de Colaboración Específica que se
realiza entre o Concello de Manzaneda e mailo Concello da Pobra de Trives en canto a
paseos e infraestruturas de uso público para o Desenrolo Local entre os dous concellos.
Presentamos adxunto o Programa Específico da colaboración dos concellos, da planificación
conxunta e coordinada para a prestación en común de obras, servizos e actividades das súas
competencias, dirixidas á dinamización e desenrolo de ambos concellos, en canto a
recuperación de paseos de uso público, restaurando e acondicionando lares de valor cultural
do percorrido e prazas de transvase xeracional entre os máis novos e os máis cativos das
dúas localidades.
Os obxectivos do Progama de Colaboración entre os Concellos de Manzaneda e mailo
da Pobra de Trives en canto ao Desenrolo Local son
- Recuperar paseos de uso público no seu trazado orixinal.
- Adecuación de prazas de valor cultural e que permitan unha maior
interpretación do seu valor histórico-cultural
- Crear espazos dedicados á infancia que señan espazo de convivencia e
xuntanza dos máis maiores cos máis novos en prol de que os cativos coñezan
tradicións, xogos e cultura tradicional.
- Integración de diferentes actividades socio-culturais e oferta de servizos
turísticos dos Concellos.
- Incidir no desenrolo rural do Municipio a través da creación de postos de
traballo relacionados directa o indirectamente co proxecto
- Recuperar valores culturais de carácter local que aporten valor ao proxecto e á
vida rural en xeral.
Neste senso ámbolos dous Concellos: Concello de Manzaneda con CIF P 32045000-G, e
enderezo Ronda da Cabarca nº10 CP 327281 Manzaneda e o Concello da Pobra de Trives
con CIF P 32-064000 H, e enderezo r/ Paseo de San Roque nº4 1º CP 32708 A Pobra de
Trives, redactamos, planificamos e asinamos un Plan de Colaboración,para o Desenrolo
Local dos nosos respectivos ámbitos de poboación.
Todas as accións propostas de colaboración, enfócanse no carácter dinamizadores da
área rural, co gallo de conseguirdes un territorio de excelencia que se identifique cunha imaxe
diferenciada de calidade e conservación do medioambiente e da biodiversidade. Apostamos
pola posta en valor de recursos naturais rurais dentro dun territorio arraigo a natureza, a
paisaxe e as tradicións máis fortes. Asomade buscamos garantir un equilibrio no noso
territorio, que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio e que os nosos
habitantes, teñan unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de
residencia, potenciando o apoio e a prestación de servizos por parte dos dous concellos.