Download - Coplas dos maios
5º
e 6
º d
e E
P
Co
pla
s d
os
Ma
ios
- 2
01
2
CE
IP S
ac
o e
Arc
e -
To
én
5º curso
O maio chegou
Entrou por Fondón
Todos o recibimos
Con flores e cancións
Os nenos de Toén
Xa estamos aquí
Cantámosche coplas
Para facerte rir
O maio chegou
A toda présa
Cargado de chuvia
Foi unha gran sorpresa
Chegou o maio
Con cara de inverno
E está moi asustado
Con este goberno
Os recortes chegaron
Tamén á educación
Haberá para o ano
Cartos para calefacción?
Recortes por aquí
Recortes por alá
Recortes pola noite
Recortes pola mañá
Na biblio do cole
Está o esquío Efrén
Cada día disfrazado
De mil cousas á vez
A primavera chegou
E ben que se nota,
Andan alporizadas
Todas as hormonas
No mes de maio
A Lucía operaron
Xa move a man
Os dedos curaron
O Madrid, este ano
Foi un gran campión
E deixou ao Barça
Sen adestrador.
O Barça perdeu
O Madrid gañou
Pep se cabreou
Mou se alegrou
O profe Pepe
É o noso titor
Deberes e exames
Pon un montón.
O Entroido, este ano
Foi algo distinto
¡Pasámolo xenial
Co noso gran circo!
E un ano mais
O maio fixemos
Con xestas e flores
E moito empeño.
En quinto e sexto
Non temos paría
Dámoslle á sen óso
De noite e de día
Maio maíño
¡que ben que chegaches!
O inverno marchou
E a primavera traes
6º Curso
Maio, maíño
Estamos moi contentos
Porque cando ti chegaches
Foise o inverno.
Fai un frío que pela
nesta primavera
non florecen as flores
e os froitos non medran
Maio, maíño
Estamos estudando
Tantos exames
Estannos matando.
Maio, maíño
No deporte escolar
O noso cole
Volveu a gañar
O souto dos laretas
é o noso blog comentamos a prensa
cada vez mellor
Facemos traballos
de cidadanía
dereitos humanos
e tamén de alternativa
Os profes de 6º
estannos a marear non deixan de dicir
que non sabemos redactar
Este ano a crise
din que vai fatal e debe ser certo
porque imos cara atrás
Acábase o cole
Chegan as vacacións
Para algún é unha festa
E pra outros unha dor.
Para os de sexto
É o ultimo Maio
Imos pro instituto
¡Xa imos medrando