Download - Galicia
COMUNIDADE AUTÓNOMA
DE GALICIA
Características, institucións e
símbolos.
CARACTERÍSTICAS DA NOSA
COMUNIDADE
• O estatuto de autonomía.
• O territorio.
• A capital.
• As linguas oficiais.
• As competencias autonómicas.
• As institucións.
• Os símbolos.
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA.
• O Estatuto de Autonomía de Galicia, é a lei que regula a vida e a convivencia dos cidadáns de Galicia.
• Aprobouse no ano 1981 en el se establecen as seguintes cuestións: o territorio, a capital, as linguas oficiais, as competencias autonómicas, as institucións que gobernan e os símbolos de Galicia.
O TERRITORIO DE GALICIA
• Galicia está formada por catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
• Cada unha destas provincias se divide en comarcas e concellos e os concellos están formados por parroquias.
• Nós estamos en Ponte Sampaio, que pertence ao concello de Pontevedra. Este concello está á súa vez na provincia de Pontevedra.
SANTIAGO DE COMPOSTELA:
CAPITAL DE GALICIA.
• A capital da
comunidade
autónoma de
Galicia é a cidade
de Santiago de
Compostela.
AS LINGUAS OFICIAIS :
GALEGO E CASTELÁN.• O galego é, xunto co
castelán, a lingua oficial de Galicia.
• O galego é unha lingua románica, que tamén se fala en territorios limítrofes.
• Está emparentada co portugués, coa que formou unidade lingüística, o galaico-portugués, lingua desenvolvida durante a Idade Media na provincia romana da Gallaecia.
AS COMPETENCIAS
AUTONÓMICAS
• Son os asuntos sobre os que decide a
comunidade coma por exemplo a
sanidade, a educación, os transportes ou
a pesca.
AS INSTITUCIÓNS (1)
• Son os órganos que
gobernan na nosa
comunidade.
• En Galicia son: o
Parlamento, o
Presidente da Xunta
e a Xunta de Galicia.
AS INSTITUCIÓNS (2):
O PARLAMENTO• Elabora as leis e elixe ao Presidente.
• Está formada por parlamentarios (deputados autonómicos) que son elixidos polos cidadáns nas eleccións autonómicas.
• Ten a súa sede na rúa do Hórreo en Santiago de Compostela.
AS INSTITUCIÓNS (3):
O PRESIDENTE DA XUNTA.
• É elixido polos membros do parlamento e encárgase de formar a Xunta ou Goberno de Galicia.
• Dende a aprobación do estatuto houbo varios presidentes
Xerardo
Fernández Albor
(1981-1986)
Fernando
González Laxe
(1987-1990)
Manuel Fraga
Iribarne
(1990-2005)
Emilio Pérez
Touriño
(2005-2009)
Alberto Núñez
Feijoo
(2009- )
AS INSTITUCIÓNS (4):
A XUNTA
• Está formada polo
presidente e os
conselleiros.
• Cada conselleiro
está ao fronte dunha
consellería.
OS SÍMBOLOS DE GALICIA (1)
• A nosa comunidade autónoma ten uns
símbolos que a identifican e a representa.
• Estes símbolos son a bandeira, o escudo
e o himno.
SÍMBOLOS DE GALICIA (2):
A BANDEIRA
• A bandeira de Galicia é,
segundo recolle o
Artigo 6 do Estatuto de
Autonomía, "branca
cunha banda diagonal
de cor azul que a
travesa desde o ángulo
superior esquerdo ao
inferior dereito".
SÍMBOLOS DE GALICIA (3):
O ESCUDO
• O escudo de Galicia
presenta, sobre un campo
azul, un cáliz de ouro
cunha hostia de prata e
sete cruces recortadas do
mesmo metal.“ Ten unha
coroa na parte superior
que representa a
monarquía.
SÍMBOLOS DE GALICIA (3):
O ESCUDO
• O himno galego conxuga o
poema “Os pinos” de Eduardo
Pondal cunha composición
musical de Pascual Veiga.
• O nome de Galicia non figura
no poema, sendo substituído
por fogar de Breogán. Foi
interpretado por primeira vez
en 1907 na Habana, Cuba.
SÍMBOLOS DE GALICIA:
O HIMNOHIMNO GALEGO
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.