Máis vale previr que lamentar
Boletín MensualNº 75 / Maio 2019
O teu corredor de seguros sempre te informa... Se non estás seguro, búscanos
Notre Dame non tiña seguroCalculan que a súa reconstrución custará máis de 1 000 millóns de euros. Os poten-tados do país doaron 850 millóns, pero No-tre Dame non tiña contratada unha póliza de seguro. A catedral pertence ao Estado francés que é o responsable de manter e renovar estes edificios que se prestan gra-tuitamente á Igrexa.
A investigación determinará quen é o cau-sante do incendio. Varias empresas inter-viñan nos traballos de restauración. Todas elas contan cun seguro de Responsabilida-de Civil. Se se demostra a súa neglixencia, as aseguradoras deberán indemnizar ata o límite contratado, aínda que, probable-mente, sexa insuficiente para sufragar os cuantiosos danos. Non obstante, algunhas obras de arte si contaban cunha póliza es-pecial.
Hai que ter en conta que as Igrexas e Mes-quitas son edificios e como tales asegúran-se cun multirrisco e responsabilidade civil, pois teñen as mesmas necesidades de pro-tección que calquera edificio. Non obstan-te, hai coberturas que si hai que destacar como a rotura de cristais... Este suposto é moi importante posto que, en moitas oca-sións, debe restaurarse unha vidreira con gran valor histórico e artístico. Para estes elementos contrátanse as chamadas co-berturas reforzadas. Ademais, este tipo de seguros tamén protexen as cúpulas, azulexos, artesoados... que forman parte do noso patrimonio cultural. E un suposto moi especial para as Igrexas é que tamén se aseguran especialmente contra os raios, xa que, ao ser edificios altos, e en moitas ocasións o máis alto, os raios fixan os seus campanarios como principal obxectivo.
“A saúde está no zapato e no prato”
Estamos de acordo, pero que pasa se o teu son as alerxias alimentarias? En España hai 14 millóns de persoas que padecen algún tipo de alerxia, e destas 1,3 millóns son aler-xias a alimentos , as froitas son o principal causante na poboación xeral. Na poboación infantil entre un 4 e un 8% padece alerxia alimentaria, e é con máis frecuencia o ovo, o leite, os froitos secos, o peixe e o marisco, os legumes e, cada vez máis, as froitas.
As alerxias son unha resposta esaxerada do sistema inmunolóxico ao contacto, á inxes-tión ou á inhalación; provocan desde reac-cións leves como erupcións, urticaria, tose, comechón, diarrea ou vómitos; ata reac-cións moi graves , como dificultade respira-toria, asma, hipotensión, opresión torácica, mareos, mesmo shock anafiláctico con risco de morte.
Hai persoas que nacen con elas, outras que as desenvolven ao longo da súa vida e outras que co paso do tempo ven como as súas alerxias se van reducindo, mesmo chegan a desaparecer. En todas estas situa-cións, débense ter controladas. E o mellor é
acudir regularmente ao profesional especia-lista, en Aparato Dixestivo ou en Alergoloxía, que determinará as probas oportunas, así como o tratamento que se debe seguir.
En España aplícase a normativa europea que obriga a dispoñer de información ali-mentaria relacionada con 14 substancias alerxénicas de declaración obrigatoria na etiquetaxe de alimentos envasados, tamén nos non envasados, a granel e de venda a distancia. Esta lexislación tamén afecta a lo-cais de hostalaría, restauración, hospitais e comedores escolares.
E que pode facer o teu Seguro ao respec-to? O primeiro é encontrar un seguro cun servizo de Saúde adecuado tendo moi cla-ro tanto as coberturas como as exclusións, pois as alerxias poden considerarse como enfermidades preexistentes, polo que sem-pre é necesario indicalo na póliza. Por iso o importante é contratalo cando estás ben.
E, antes de que digas “achís”, nas nosas oficinas podes encontrar todo o asesora-mento que necesites.
SIMON & SIMON ECONOMISTES, S.L. - Grazas por lernos! Estamos encantados de recibir os teus comentarios e as túas suxestións.BALMES, 243 4t - 4a , 8006 - BARCELONA
Tf: 932 370 202 Fax: 932 372 584 | Email: [email protected]
www.simonsimon.cat
Twitter: @SimonSimonEcon
Máis vale previr que lamentarRede Nacional de Corredores de Seguros
Dep
ósito
Leg
al M
-415
89-2
012
Edita
: E2K
Glo
bal B
usin
ess
Solu
tions
, S.A
.
Fallas, tracas, petardos, lumes artifi-ciais... Por San Xosé, San Xoán, roma-rías, festas dos pobos, dos barrios... Días para pasalo ben, pero con precau-ción e moito coidado.
Os materiais pirotécnicos só deben com-prarse en establecementos autorizados e debemos respectar as instrucións in-dicadas en cada artigo. Por exemplo: non gardes un petardo no peto, non o acendas e o suxeites coas mans, non o lances a outra persoa e non o metas dentro de botellas ou ladrillos.
As cacharelas non poden prenderse a menos de 15 metros dunha fachada, dun aparcadoiro de vehículos ou baixo liñas eléctricas ou telefónicas. O chan protexerase con area e, se estamos no campo, hai que retirar ramas e maleza para que non prenda. Teremos manguei-
ras, caldeiros de auga ou calquera outro medio efectivo de extinción.
E se pasa algo?
O mellor é contratar un seguro de Res-ponsabilidade Civil. Custa moi pouco e, pola contra, calquera incidente pode ser moi elevado en custo.
As fallas en Valencia asegúranse e as súas actividades pirotécnicas. As pólizas cobren as probas, os danos que poi-da sufrir calquera persoa, os gastos de bombeiros, a RC por danos materiais, entre outras.
Cos petardos que lanza a rapazada é máis sinxelo. O seguro Multirrisco do Fo-gar ampara a responsabilidade civil. Xa sabes que os danos causados por me-nores recaen nos pais ou titores.
“Tres, familia é”A Asemblea Xeral da ONU instituíu en 1993 o día 15 de maio como o Día Internacional da Familia. Esta conmemoración reflicte a importancia que a comunidade internacional lle confire á familia, como unidade básica da sociedade á marxe de como estea compos-ta. E promove a adopción de medidas ade-cuadas para axudar a cada familia a asegurar o benestar e a dignidade de todos os seus membros.
En 2018, O Día Internacional da Familia estivo centrado nas familias e sociedades inclusivas, resaltando a necesidade de construír socie-dades pacíficas e inclusivas para lograr un desenvolvemento sostible.
O concepto de familia foi evolucionando ao longo dos anos de acordo coas tendencias mundiais e os cambios demográficos. Pode-mos encontrar familias con 2 mamás, dous papás ou monoparentais, compostas por máis avós e avoas, con mascotas, familias numerosas, sen descendencia... e todas son familias onde o punto común é o amor.
Afortunadamente, a industria do seguro tamén evoluciona xunto coa sociedade, pro-texendo a todos os membros da unidade familiar, independentemente da súa composi-ción, e é que existen tantas formas de protec-ción como tipos de familia.
Os imprescindibles do autónom@Se es autónom@, podemos darche a mellor solución ao mellor prezo :
1. RC Profesional.
2. Multirrisco empresa para protexer o teu patrimonio de calquera incidente do negocio.
3. Baixa laboral cuxos cobramentos son compatibles cos da Seguridade So-cial.
4. Vida que inclúa a incapacidade permanente e absoluta.
5. Saúde para que a túa atención sanitaria sexa rápida.
Estudamos as túas necesidades? Consúltanos.
Quen xoga con lume...
Inve
stig
ació
n
Reco
men
daci
ón
Enviámosche este Boletín Informativo en calidade de cliente de SIMON & SIMON ECONOMISTES, S.L., coa finalidade de informarte sobre distintos aspectos relacionados co sector dos seguros.
Se non queres recibir a partir deste momento o Boletín, pregámosche que nos envíes un correo electrónico coa palabra "Baixa" ao seguinte enderezo: [email protected]
Cla
ve A
dmin
istr
ativ
a: J
164G
C