Download - O bosque de ribeira do Río Miño
ESTUDIO REALIZADO DENTRO DO
PROXECTO COMENIUS POLO DEPARTAMENTO DE
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
MAPA E PUNTOS DE MOSTRAXE
VEXETACION ARBÓREA:
RIPISILVA
BOSQUE CADUCIFOLIO ATLÁNTICO
FICHA DE ESPECIES
FISIQUICO-QUIMICOS
VEXETACIÓN ÁRBOREA DAS MÁRXES DO RÍO MIÑO
O Río Miño , o máis importante de Galicia discorre polas proximidades da cidade de Lugo. A maioría da cidade está situada na marxe esquerda do río. O vello barrio de San Lázaro e algunhas vivendas modernas atópanse na marxe dereita.Ao longo de todo o río obsérvase unha primeira liña de vexetación formando unha estreita franxa de árbores en ámbalas dúas marxes. Esta formación vexetal correponde á ripisilva ou bosque de ribeira. Nembargantes, a vexetación autóctona do bosque caducifolio atlántico que debería ter moitas zonas de contacto co bosque de ribeira, prácticamente está desaparecido.
RIPISILVA
A presencia deste bosque de ribeira está uncida tanto ao nivel de encharcamento dos solos como á acción mecánica do río nas súas crecidas. No tramo do río estudiado as especies clasificadas foron:
Alnus glutinosa, ameneiro
Salix atrocinerea, salgueiro
Fraxinus excelsior, freixo
Populus nigra, chopo negro
Sambucus nigra, sabugo
1/2
Algunhas das funcións que os bosques de ribeira realizan son as seguintes:Tódalas especies nombradas, pero
particularmente os ameneiros, posúen sistenas radicais que protexen as beiras do río da
erosión.
Os ameneiros establecen relacions simbióticas con bacterias fixadoras de nitróxeno
aumentando así a fertilidade dos solos de ribeira.
Forma unha pantalla vexetal sobre o río que evita a entrada da luz e amortigua os cambios
de temperatura.
Algunha das árbore de estos bosques de riveira teñen unha alta productividade por tratarse de
especies de alto porte e gran diámetro.O valor estético dos bosques de riveira e
innegable.
BOSQUE CADUCIFOLIO ATLÁNTICO
Non é o obxectivo principal deste traballo, nembargantes, en algunhos puntos nos que estudiábamos a vexetación de ribeira pudemos observar como a ripisilva se unía co bosque planocaducifolio.Esto ocorre na carballeira do polígono das augas férreas e nun meandro pronunciado situado na zona de Meilán. Por esta razón figuran tamén breves descripcions das seguintes árbores:
Quercus robur, carballo
Quercus pyrenaica, rebolo
Castanea sativa, castiñeiro
Betula alba, bidueiro.
NOME CIENTIFICO : Alnus glutinosa L.
NOME GALEGO : Ameneiro, amieiro, abeneiro
NOME CASTELÁN : Aliso
É unha árbore duns 20 a 30 m coas raíces pouco profundas. A codia é lisa de cor pardo-verdoso ou gris escuro con muitas lenticelas1.As follas son moi características, redondas co borde aserrado é con nervios prominentes polo envés. As frores son unisexuadas masculinas e femininas sobre a mesma planta (especie monoica2) e están agrupadas en amentos3.
A madeira é branda e lixeira, púdrese pronto cando está ao aire pero é moi resistente sumerxida na auga por iso se utiliza na construción de pontes e muíños. En Galicia utilizouse para facer zocas por ser lixeira e un bo illante .
NOME CIENTÍFICO: Salix atrocinerea (Brot)
NOME GALEGO : Salgueiro
NOME CASTELÁN : Saúce
Árbore de entre 10 e 12 m de altura, follas alternas e oblongolanceoladas de dúas a tres veces máis longas que anchas, lixeiramente dentadas e tomentosas4 polo envés.
A floración ten lugar no mes de febreiro,as flores son unisexuadas en pes diferentes(especie dioica5) e agrupadas en amentos.
As flores masculinas teñen estambres que sobresaen largamente as femininas teñen un piscilo moi piloso.
NOME CIENTÍFICO: Fraxinus excelsior (?)
NOME GALEGO : Freixo
NOME CASTELÁN : Fresno
Árbore moi alto de ata 40 m o tronco erguido.A súa codia é agrietada e gris con ramas verde grisáceas.Follas opostas de 25 a 30 cm de lonxitude compostas, imparipinnadas6 de 7 a 11 foliolos 7 ovado – alongados, verde escuros na súa cara superior e máis claro pola inferior e os seus bordes aserrados.
A especie Fraxinus angustifolia que tamén está presente diferénciase por ter os foliolos mois estreitos.As frores son pouco vistosas e se presentan en pequenos grupos de cor violeta ou vermello escuro. Aparecen en abril ou maio, antes que as follas, poden se masculinas, femininas ou hermafroditas.O fruto é alado de 2.5 a 5 cm de lonxitude e lancolado.
NOME CIENTÍFICO: Populus nigra (L)
NOME GALEGO : Lamagueiro, chopo negro
NOME CASTELÁN :Chopo negro
É unha árbore alta e ben proporcionada de ata 30 m de altura co tronco curto e as polas estendidas e ascendentes, codia parda, rugosa e con avultamentos redondeados característicos.As follas son romboidales ou ovaladas e largamente acuminadas10 , serradas e coa marxe translúcida.As flores están dispostas en amentos , os masculinos de 3 a 9 cm de largo e os femininos de 7 a 15 máis delgados que os masculinos.Os frutos son tipo cápsulas e as pequenas sementes están cubertas de pelusa algodonosa. Ao igual que outros chopos vive en lugares húmidos como as veiras dos ríos. É de crecemento rápido pero pouco lonxevo.
A madeira é de pouca clidade pero dibido á súa grande produción, úsase en carpinteria lixeira e para a fabricación de pasta de papel.
NOME CIENTÍFICO: Sambucus nigra (L)
NOME GALEGO : Sambugueiro, sabugo, bieiteiro...
NOME CASTELÁN :Saúco
Arbusto de 2 a 10 m que aparece formando pequenas agrupacións.
Ramas coa cédula esponxosa branca. Follas opostas de ata 30 ca, compostas, imparipinnadas cos folíolos ovalados ou lanceolados en número de 5 a 7 co borde serrado.
As flores son brancas, hermafroditas, fragrantes e agrupadas en infrorescencias moi apretadas chamadas: corimbos8.
Os frutos son baias9 de cor escuro con 3 ou 4 sementes. As flores e os frutos teñen propiedades mediciñais.
NOME CIENTÍFICO: Quercus robur (L)
NOME GALEGO : Carballo
NOME CASTELÁN :Roble
É unha árbore de 20 a 40 m de altura de forma irregular e ramas moi grosas. A súa codia é gris escura e está profundamente agrietada.As súas follas son alongadas de 5a 10 cm con 3 a 6 lóbulos irregulares ou redondeados a cada lado e co peciolo curto.Florece entre abril e maio. As flores son unisexuadas, as masculinas con 5 a 8 estambres agrupadas en amentos; as femininas provistas de 3 estilos11 soldados na base.
Os frutos dispóñense en grupos numerosos, teñen cúpula leñosa de cor marrón.A árbore é de crecemento lento pero pode pode chegar ata os 1000 anos.Produce excelente madeira que posúe múltiples aplicacións . Os frutos foron utilizados polos celtas na súa propia alimentación. Facían unha fariña coa parte central do fruto.
NOME CIENTÍFICO: Quercus pyrenaica (L)
NOME GALEGO : Cerquiño e rebolo
NOME CASTELÁN :Roble
É unha árbore de 20 a 25 m que, en ocasións non pasa de ser un arbusto. Posúe un potente sistema radical cun eixo central profundo e moitas raíces horizontais. A súa codia é grisáceo parduzca grosa e agrietada.
Rebolo
Carballo
As follas semellan as do carballo pero máis profundamentes fendidas e tomentosas polo envés. As flores son unisexuadas con 6- 12 estambres agrupadas en amentos e as femininas posúen 3 estilos. Florece entre maio e xuño e a polinización, como no carballo, acontece gracias ao vento.
O fruto é un aquenio12 de cor castaño situado sobre un corto pedúnculo. A súa cúpula é leñosa e con escamas empizarradas.
NOME CIENTÍFICO: Betula alba (L)
NOME GALEGO : Bidueiro
NOME CASTELÁN :Abedul
Árbore de ata 20 m de tronco dereito, codia lisa, branca que co tempo se escurece e agrieta, sobre todo na parte baixa do tronco.
Follas de entre 3 e 5 cm, caedizas, simples 13, alternas, pecioladas, romboidais ou ovaladas, irregularmente dentadas, de ápice agudo e cor verde, máis escura na cara14 que no envés15.
As súas flores son unisexuadas, amarillentas ou verdosas en amentos masculinos e femininos no mesmo pe.Floración entre abril e maio. Os amentos masculinos están formados dende o outono anterior.
O seu froito é de 3 a 4 mm , comprimido lateralmente e de cor pardo.A madeira é moi clara e usabase para facer zocas, culleres e outros utensilios de cociña.
NOME CIENTÍFICO: Castanea stiva (Miller)
NOME GALEGO : Castiñeiro
NOME CASTELÁN :Castaño
Árbore de ata 30 m de altura cun sistema radical moi extenso e robusto.Tronco groso, dereito e nos exemplares vellos, oco. Codia lisa mentras a árbore é nova, cando pasa o tempo pasa a castaño escuro e van aparecendo as fendas en sentido vertical.As follas son oblongo-lanceoladas, serradas con dentes rematados nunha arista, son caedizas, simples e alternas e de cor verde lustroso polo haz.As flores son unisexuadas, as masculinas forman amentos erectos que son amarelos na floración. As femininas posúen de 6 a 8 estilos. Florece entre maio e xuño e a súa polinización é entomógama16 .O fruto, a castaña, é un aquenio17 globoso de cor castaño brillante, que se agrupa en número de 1 a 3 nunha cúpula con largas espiñas.Foi alimento base en Galica, ata que se apareceu a pataca. A súa madeira é de gran interés económico.
BIBLIOGRAFÍA
NOME GALEGO : Castiñeiro
NOME CASTELÁN :Castaño
Árbore de ata 30 m de altura cun sistema radical moi extenso e robusto.Tronco groso, dereito e nos exemplares vellos, oco. Codia lisa mentras a árbore é nova, cando pasa o tempo pasa a castaño escuro e van aparecendo as fendas en sentido vertical.As follas son oblongo-lanceoladas, serradas con dentes rematados nunha arista, son