Download - O Casal (Estacas)
O CASAL (ESTACAS)
MÓNICA CAMPOS REBOREDO 3ºA
O CASAL
Esta fotografía pertence ao Casal.
Cremos que lle puxeron ese nome
debido a que Casal significa
pequeno grupo de casas.
Nesta aldea o que mais abunda son
as árbores, as veigas e os hórreos. A
maioría das casas teñen hórreo.
Aquí viven arredor de 100
habitantes. Non hai moita ganderia,
só alguns veciños se dedican á
agricultura e a maioría ten traballos
lonxe das súas , na construción, nos
servizos ou na industria. Aquí non
hai traballo, e a maioría da xente
marcha desta aldea para outros
lugares, e cada vez hai menos novos
e máis xente maior.
Aquí non hai ruido, respírase
tranquilidade. Este seria un lugar
perfecto para pasar uns dias
descansando.
A IGREXA DA PARROQUIA DE ESTACAS
A esta igrexa veñen os veciños de O Casal,
de Magán, Vilameán, Bragaña e da Torre, a
escoitar misa. Anque os de Magán teñen
unha igrexa ali, debido a que o cura non
podía dar misa nos dous lugares decidiuse
que seria aquí onde darían misa.
Esta entre o cemiterio e unha carballeira
onde se celebra unha festa todos os anos o
29 de xullo. Non ten moito valor artístico. O
seu campanario, como todos, está pegado á
igrexa. Antigamente a sacristán tiña que
subir ao campanario por unhas escaleiras de
caracol nas que non se vía nada e había ata
morcegos. Agora limpouse e non hai bechos.
A ESCULTURA DE SANTA BÁRBARA
Esta é unha escultura de Santa Bárbara. Non sei de que ano é, pero está aí desde que teño memoria.
Está situada encima da porta da igrexa, feita de granito. Non se sabe quen foi o escultor. Nunca sufriu un altercado nin se tivoo que reparar.
Esta escultura tense que limpar a man por iso os veciños utilizan un escada pois esta nun sitio que sen ela non se podería acceder.
Esta é a única escultura que hai fóra da igrexa. Dentro da igrexa hai moitas máis.
UN CRUCEIRO ANTIGO
Este cruceiro é o máis antigo do lugar. Fíxose entre 1800 e 1810. Está situada nunha carballeira a carón da igrexa, da que antes falamos. Aquí celébrase a misa de Ramos.
Este cruceiro límpase todos os anos para o Día dos Defuntos. Ocúpanse de facelo os veciños.
Está rodeado de carballos e en outono moitas veces non se ve a base de tan cheo de follas das árbores que está.
Tivo que repararse unhas cuantas veces debido a que o vento o rachou xa hai bastante tempo. O muro que se percibe detrás é o da reitoral da que falaremos máis tarde, é o muro de adiante é da igrexa. Esta cheo tamén de flores que os veciños plantaron para embelecer o lugar.
A REITORAL
Na casa reitoral vive o sacerdote da
parroquia. Nesta casa dábase
catequese, hoxe dáse na igrexa.
O hórreo é enorme e detrás hai un
pombal. O hórreo ten sete claros e é
o máis grande do Concello,
amosándonos o poder económico
que tiña a Igrexa. Tamén destaca
por estar construído en pendente.
Nesta casa rodáronse varias
escenas dunha pélicula onde os
veciños foron extras e só tiñan que
facer que choraban.
Na horta teñen todo tipo de árbores
froiteiras, como maceiras, pereiras,
nogueiras, etc. Tamén teñen
animais coidados polo sacerdote e
o sacristán. Na casa ten que haber
polo menos unhas vintecinco
habitacións. Ten dous portais para
entrar. Está situada ao sur da
igrexa.
A CARBALLEIRA DE ESTACAS
Esta é unha das dúas carballeiras que
hai en Estacas. Esta a carón da
igrexa, e aquí onde fan a festa do
Santo Cristo o 29 de xullo.
As mesas de pedra son xa antigas,
estan aí desde que teño memoria.
Ao lado hai un palco onde o día
de Ramos, o sacerdote, tras
pasar polo cruceiro di a misa.
Unha das árbores que máis me gusta
é o da dereita. Aquí e onde se
poñen as orquestras o día da
festa. Ao fondo hai unha costa
que é unha das subidas ao
calvario, un lugar elevado donde
se dá a misa ao Santo Cristo.
Esta rodeado por árbores e pola
igrexa.
O CALVARIO
• Este é o calvario donde se celebra
todos os anos o Santo Crito, unha misa
en honor a San Fins de Estacas.
• Nese mesa ponse o sacerdote da
parroquia e dous máis. Esa mesa
previamente adórnase con centros de
frores e un mantel. O corredor que hai
diante tamén se adorna con flores de
facendo debuxos coma cruces,
persoas… Este traballo realízano uns
días antes os veciños aos que lle
toque, cada ano tócalle a veciños
diferentes. Na festa canta o coro da
parroquia que esta formado por
veciñas de toda Estacas. E
acompáñaas unha banda que é
contratada. Esta rodeada de
eucaliptos moi antigos.
EUCALIPTOS CENTENARIOS
Estes eucaliptos están situados xunto ao calvario. Son moi antigos, segundo os anciáns teñen polo menos uns cen anos. Hai polo menos uns cincuenta e son moi altos e grosos.
Os eucaliptos son utilizados máis para dar sombra que para outra cousa. Decidin poñelos porque me parecen moi bonitos. O día da Santo Cristo os veciños utilizan as súas follas parta realizar os traballos.
CARBALLEIRA DO CASAL
Este e o lugar de encontro de maiores maís que de moz@s, debido a que non hai moitos e os poucos que quedan reúnense no meu ‘curruncho favorito’, unha mesa da Serreira.
Aquí celebrabase o San Xoan. Os mais pequenos veñen a xogar aquí. A esquerda da fotografía, aínda que non se aprecia, está a parada do autobús onde de luns a venres o esperamos os alumnos do Casal.
Os bancos non son moi antigoos, terán como moito uns cinco anos. A canastra do fondo esta rota. Os columpios puxéronse canda os bancos. O cruceiro que aparece é aínda máis recente que os bancos.
O MEU CURRUNCHO FAVORITO
•
Este é o meu curruncho favorito porque é tranquilo e non está moi alto. Tamén hai arbores. A mesa e os bancos puxéronse hai pouco tempo, haberá uns catro anos.
Antes sentabámonos nunhas pedras que había. Aquí reunímonos os rapaces, tanto do Casal como doutras aldeas que veñen onda nós. É un sito bastante tranquilo, para reflexionar.
Ao fondo e a dereita hai casas. A esquerda, tras baixar unhas escaleiras atópase un sitio onde antes xogabamos ao fútbol, agora imos a un campo que hai detrás da carballeira. En outono as follas dos carballos invaden o chan impedindo ver o que hai debaixo das numerosas follas de carballo.
UNHA CASA BONITA
Esta casa paréceme bonita porque é unha das máis antigas. Fíxose polo ano 1930, obra dun emigrante que tivo que ir a Arxentina para conseguir diñeiro para facer a casa.
Aínda que por dentro foi modificada, no exterior non se tocou a penas nada. Na súa horta hai un hórreo e un pozo artesán que foron reformados. A lareira non se cambiou, pero tívose que trasladar a outro lado da eira por non haber sitio no interior da casa. Está nun cuberto.
Na horta hai árbores que se plantaron canda a casa. Hai animais coma o que se ‘colou’ na foto, hai máis pero non se ‘coaron’.
OUTRA CASA BONITA
Esta é outra das casa que me parece bonita. Esta casa, ao contrario ca outra, foi reformada tanto por dentro coma por fóra.
Nesta casa, por desgraza, xa non vive ninguén, pois a súa dona faleceu hai un ano. Na reforma puxeron o muro mais a cancela, antigamente por aí entraba o carro.
Na fotografia non se ve, pero está pegada a outra casa polo lada esquerdo. Esta non ten nin lareira, nin pozo. O que ten en común coa outra é que na súa horta tamen hai un montón de árbores froiteiras.
UNHA CASA MENOS BONITA
Esta vai ser a única casa que non me gusta, porque o resto de casas que hai no Casal gústanme todas. Elixina porque unha parte da casa que se ve na fotografía está construída con ladrillos á vista. Non se integra co resto das casas e co lugar.
A fachada tamén está feita cuns poucos ladrillos e pedras. O seu dono non vive todos os días nela, só os fins de semana e nas vacacións. Nesta casa tampouco hai pozo nin lareira. Non é moi antiga.