1
PLAN ANUAL DE LECTURA 2019/20
IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
2
ÍNDICE
Obxectivos………………………………………………………......................................Páx. 3
Actividades……………………………………………………........................................Páx. 3
Persoa responsable ……………………………………………..................................Páx. 4
ACHEGAS DOS DEPARTAMENTOS AO PLAN ANUAL …………………………..Páx. 5
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
Departamento de Grego
Departamento de Filosofía
Departamento de Matemáticas
Departamento Lengua Castellana
Departamento de Lingua Galega
Departamento de Xeografía e Historia
Departamento de Inglés
Departamento de E. Física
Departamento de Economía
Departamento Tecnoloxía
3
OBXECTIVOS Como desenvolvemento do Proxecto Lector do centro, o I.E.S. Losada Diéguez
elaborou un Plan Anual de Lectura no que se plasman todas as actuacións que os
distintos departamentos didácticos pretenden realizar coordinadamente ao longo do
curso para conseguir os obxectivos propostos no citado proxecto.
Estes son os obxectivos:
1.- Incrementar e estimular os hábitos de lectura de toda a comunidade educativa.
2.- Favorecer a comprensión lectora e a lectura fluída e expresiva.
3.- Contribuír a mellorar a súa competencia na expresión oral e escrita.
4.- Desenvolver as habilidades no proceso de busca de información tanto nos soportes
tradicionais como nas novas tecnoloxías.
5. - Fomentar a creatividade.
ACTIVIDADES
ACTIVIDADES PARA TODO O CURSO
CLUB DE LECTURA
O club de lectura, ‘RETELLADORES/AS DO GALIÑEIRO’ comezou hai oito anos e
continuou sen interrupción a súa actividade ata o día de hoxe. Forma parte, por tanto,
das actividades ofertadas polo centro e consolidadas co paso dos anos, debido á boa
acollida que ten por parte do alumnado.
Grupos club de lectura:
o Alumnado de 1º e 2º de ESO
o Alumnado 3º ESO
o Alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BACH
o Alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BACH. Lecturas Científicas
o Grupo adultos ESA M3/M4
COÑECE A CONTORNA
Para o curso 2019-2020, desde o equipo da Biblioteca vólvese a propoñer como tema
a tratar en todos os trimestres e de maneira interdisciplinar Coñece a contorna. Os
departamentos implicados e a Biblioteca tratarán este tema nas súas actividades
lectoras. A Biblioteca proporcionará os recursos necesarios (en función do orzamento)
e fará propostas de actividades aos departamentos e á comunidade educativa en xeral.
Continuaremos compartindo este proxecto no blogue onde se irán subindo recursos de
interese sobre o tema, tanto os recollidos en fontes alleas, como os materiais que
vaian elaborando os distintos departamentos e a propia Biblioteca. Trataremos
aspectos como a figura de Manuel García Barros tanto como escritor como
4
represariado político. Tamén coñeceremos a parte artística e paisaxística que rodeou a
esta figura.
HORA DE LER
Neste curso, como xa ven sendo habitual, imos facer a HORA DE LER. Trátase de
fomentar o hábito lector pero dunha maneira diferente a como facemos na aula ou no
club de lectura. É unha lectura en silencio e de maneira reflexiva, con textos adaptados
a idade de cada grupo e a madurez de cada alumno. Farase na Biblioteca seguindo un
calendario establecido. A lectura será de unha hora semanal para todos os cursos da
ESO. Ao remate da actividade farase unha enquisa para coñecer o grao de satisfacción
do alumnado e as propostas de mellora.
ACTIVIDADES PUNTUAIS
ACTIVIDADES DE FOMENTO DA LECTURA (contacontos, representacións
teatrais, visita de escritores/as, obradoiros…)
REALIZACIÓN DE GUÍAS DE LECTURA
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS E CREACIÓN DO GRUPO DE VOLUNTARIADO
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 24 Outubro
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
ACTIVIDADES PARA COMBATIR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES 25N
CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS HUMÁNS
CURSO E TORNEO DE XADREZ
CELEBRACIÓN DO DÍA DE CASTELAO
CONCURSO DE MICRORELATOS E MICROPOEMAS CONVOCADO POR
DINAMIZAESTRADA
DÍA DA PAZ 30 X / DÍA DO HOLOCAUSTO 31X
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA 24 F
CONMEMORACIÓN DO COMEZO DA IIº GUERRA MUNDIAL E A
PARTICIPACIÓN ESPAÑOLA NELA
DÍA DAS MULLERES 8M
DÍA DA POESÍA 21 M
DÍA DO TEATRO 27 M
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS
FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRADA
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
PERSOA RESPONSABLE A persoa responsable do equipo é María Inés López Nodar , que conta cun equipo de
profesores/as de apoio. A coordinador ten 5 horas de dedicación exclusiva e o
profesorado de apoio 10. En todos os recreos hai sempre dous profesores de garda.
5
Non dispomos dunha hora de reunión semanal e as reunións hai que facelas nun
recreo ( 15 minutos de reunión)
ACHEGAS DOS DEPARTAMENTOS AO PLAN ANUAL
1. DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
Programación de actividades para o fomento de hábitos de lectura. Considérase que a
aprendizaxe significativa de cada área só pode realizarse a través da lectura
comprensiva dos seus textos xa que ésta é imprescindible para que os alumnos
entendan, asimilen e recorden os conceptos de cada unha delas. Polo tanto é
necesario:
-Seleccionar lecturas tendo en conta os diferentes niveis de dificultade no contido e
no vocabulario.
-Proporcionarlle ao alumnado unhas técnicas de lectura claras e sinxelas que se
adapten aos diferentes textos, tendo en conta non só os niveis de dificultade senón
tamén a finalidade da lectura.
-Aproveitar as oportunidades lectoras que se presenten na clase -Contaxiar a paixón
pola lectura, como fonte de lecer, de información e coñecemento. -Contar feitos,
historias, experiencias, contos, etc. para que o alumnado os escoite nas línguas que se
traballen.
-Ler textos de todo tipo e en todos os soportes e en varias linguas, como modelo
lector.
-Reservar un tempo cada día, nas aulas, para ler “ sen pedir nada a cambio”.
-Apoiar o traballo de aula con libros de información e de ficción, atractivos ,
interesantes, actualizados e adaptados a cada idade. O mesmo se pode facer con outro
tipo de soportes.
-Recomendar libros científicos-tecnolóxicos dende as aulas para que o alumnado os
descubra e os lea.
-Promover o intercambio de opinións entre o alumnado, recomendando libros,
música, películas que lles gustaron e lles foron útiles.
Dende o Departamento de Ciencias Naturais tratamos de cumplir co exposto no
párrafo anterior,da seguinte maneira:
*Accións de tipo xeral:
6
-traballar a lectura en todo momento sen adicarlle sesión fixas, de modo que cando
aparezan textos, enunciados de problemas, etc, farase unha lectura en voz alta
tratando de corrixir ao alumnado os seus defectos de entoación e ritmo. Isto
alternarase coa lectura silenciosa noutras ocasións, facendo sempre fincapé no
vocabulario científico empregado.
*Outras accións:
-Empregar os fondos web para ampliar o seu vocabulario, e a búsqueda de
información
-Lectura de biografías de científicos e científicas
-Lectura de fragmentos e artigos de libros ou novelas de contido científico
-Lectura de revistas científicas entre as que cabe destacar “Cómo funciona?” que o
propio departamento costea.
DESENVOLVEMENTO DO PLAN LECTOR
a) 1º ESO :
- Lectura de revistas elixidas para o nivel : Reportero Doc (Editorial Bayard) e ¿Cómo
funciona?
-Libros: “Puff vaia peido…seres sorprendentes con nomes ben ocurrentes” Luisa
Martínez Lorenzo e “O home que prantaba árbores” de Jean Giono
b) 3º ESO/4º ESO
- Artigos de revistas e periódicos
- Páxinas de libros de divulgación científica:“¿Por qué mi hijo se parece a su abuela? ,
“Vida” e “El ADN dictador”
c) 1º BACH/2º BACH
• Lectura diaria de artigos de revistas e periódicos de divulgación científica.
Documentos en web –internet, os documentos atópanse na Aula Virtual.
• Artigos de libros de divulgación científica: “Comer cerezas con los ojos cerrados”
“Cazadores de microbios” , “La vida en cuatro letras”e “El ladrón de cerebros”
2. DEPARTAMENTO DE GREGO
Sobre a animación á lectura, este departamento pretende fomentar o
desenvolvemento de actividades que estimulen o interese e o hábito da lectura e da
expresión oral. Nese sentido, formarán parte da rutina diaria a lectura en voz alta de
textos (orixinais e traducidos), as recomendacións de libros adecuados aos intereses e
7
madurez dos estudantes, a exposición oral de traballos ante o grupo, e cantas
actividades se propoñan polo centro para reforzar estes aspectos.
Por outra banda, as lecturas para cada curso son a seguintes:
GREGO 1º DE BACHARELATO:
- Arturo Pérez: `La Civilización Griega' (cap. 2 e 3)
- R. López Melero: `Así vivían en la Grecia Antigua' (cap 3,4)
- Eurípides, Electra
LATÍN 1º BACHARELATO
Textos orixinais adaptados de Fedro e César e lectura voluntaria dalgún dos seguintes
textos:
- Concha Romero: Así aman los dioses
- Fernando Lillo: Un salmantino en Roma
- Antonio Sánchez Escalonilla: Ana y la sibila
- Asterix en Hispania
LATÍN 2º BACHARELATO
Textos orixinais de Eutropio e Fedro.
- Horacio: Odas ( antoloxia)
- Plauto: Os xemelgos
- Virxilio: A Eneida (cantos I e IV)
LATÍN 4º ESO
- Plauto: Os xemelgos
- Asterix e Cleopatra
- Concha Romero: Así aman los dioses
CULTURA CLÁSICA 3º ESO
- Ovidio: algúns episodios das Metamorfoses
- Antonio Sánchez Escalonilla: Ana y la sibila
- Sauro Marianelli: Unha historia na historia
8
3. DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA
Valores Éticos (1º, 2º, 3º e 4º ESO)
Ernst Tugendhat, Ernst, López, Celso e Vicuña, Ana María (2001), O libro de Manuel e
Camila, Barcerlona: Gedisa.
Savater, Fernando (2003), Ética para o meu fillo, Barcerlona: Ariel.
Saint-Exupery, Antoine (2008), O principiño, Santiago de Compostela: Galaxia.
Cultura Clásica (3º)
Textos pertencentes as obras Teodicea e Os traballos e os días de Hesíodo e a Odisea e
a Ilíada de Homero.
Filosofía (4º ESO, 1º Bach) e Historia de Filosofía (2º de Bach) [tanto presencial como
semipresencial]
Textos pertencentes a filósofos, especialmente de Platón, Aristóteles, Tomé de Aquino,
Descartes, Locke, Hume, Kant, Marx, Nietzsche e Ortega & Gasset.
Tamén se ofrecerá a posibilidade de ler libros ou partes de libros para subir nota en
torno os cales se realizarán actividades como cuestionarios ou resumos. Entre eles, A
apoloxía de Sócrates, de Platón; O discurso do método de Descartes varios capítulos de
2º Tratado do goberno civil, de Locke; e O manifesto comunista, de Marx e Engels.
4. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
Tendo en conta que a lectura é a ferramenta fundamental de calquera actividade
sexa de tipo propiamente lingüístico ou científico, desde o departamento de
Matemáticas tratarase de facer actividades que conduzan a unha maior
desenvolvemento desta capacidade entre o alumnado.
A linguaxe matemática (numérica, gráfica, xeométrico e alxébrica) é un vehículo de
comunicación de ideas que destaca pola precisión nos seus termos e pola súa
capacidade para comunicar grazas a un léxico propio de carácter sintético, simbólico e
abstracto.
Este curso, con carácter institucional dedícase a Biblioteca e Matemáticas e polo
tanto cobra especial interese para os membros do departamento de Matemáticas do
IES Antón Losada facer actividades diversas en colaboración cos demais
departamentos do centro e co equipo de dinamización da Biblioteca.
As medidas que se propoñen para colaborar no plan de fomento da lectura, son as
seguintes:
ACCIÓNS DE TIPO XERAL:
• O departamento colaborará nas propostas que faga o equipo da biblioteca.
9
• Trátase de traballar a lectura en todo momento e non dedicar sesións fixas á
comprensión lectora, para iso utilizaremos diversas estratexias de lectura.
• Cando aparezan textos, enunciados de problemas, explicacións teóricas, etc,
farase unha lectura en voz alta, tratando de corrixir os defectos de entoación e
ritmo. Alternarase coa lectura silenciosa.
• Farase fincapé no vocabulario utilizado.
OUTRAS ACCIÓNS:
• En tódolos cursos se tratará, co nivel adecuado, o tema da resolución de
problemas, tratando de fomentar así a comprensión e expresión oral e escrita
• Utilizar material de diferentes páxinas Web: Busca de información, obtención e
tratamento de datos.
• Lecturas relacionadas coa historia das matemáticas, biografías, ...
• Realización de xogos matemáticos que melloren a comprensión e a busca de
estratexias para a súa resolución
• Lectura de libros de tipo científico e mesmo de novelas que teñan como
argumento as matemáticas, a ciencia ou aspectos relacionados con elas. En
cada curso da ESO incluirase un libro como lectura voluntaria:
1º ESO: El señor del cero. Mª Isabel Molina.
Ed. Alfaguara Juvenil. Serie azul. ISBN: 9788420464930
2º ESO: El asesinato del profesor de matemáticas. Jordi Sierra i Fabra.
Ed. Anaya. Colección Duende verde
3º ESO: O curioso incidente do can a media noite. Mark Haddon
4º ESO: La fórmula preferida del profesor. Yoko Ogawa.
Ed. Funambulista
Outras lecturas recomendadas
PRIMEIRO CICLO DA ESO
Malditas matemáticas: Alicia en país de los números. Carlo Frabetti
Editorial: Alfaguara Juvenil. Colección: Serie Azul. ISBN:9788420464954
Matecuentos. Cuentos con problemas. Joaquín Collantes, Antonio Pérez Sanz
Editorial: Nivola
Matecuentos 2. Cuentos con problemas. Joaquín Collantes, Antonio Pérez Sanz
10
Editorial: Nivola
Matecuentos 3. Cuentos con problemas. Joaquín Collantes, Antonio Pérez Sanz
Editorial: Nivola
Cuentos del cero. Luis Balbuena
Editorial: Nivola. ISBN: 978-84-96566-18-7
Los diez magníficos. Anna Cerasoli
Editorial: Maeva. ISBN: 978-84-96231-27-6
La sorpresa de los números. Anna Cerasoli
Editorial: Maeva. ISBN: 978-84-96748-03-3
Mister Cuadrado. Anna Cerasoli
Editorial: Maeva. ISBN: 978-84-92695-09-6
El misterio de la isla de Tökland. Joan Manuel Gisbert
Editorial: Planetalector. Colección: Cuatrovientos +12. ISBN: 978-84-08-09080-9
El crimen de la Hipotenusa. Emili Teixidor
Editorial: Planeta (planetadelibros - Infantil y Juvenil). Colección: Narrativa
Juvenil - Cuatrovientos +12. ISBN: 978-84-08-09060-1
Alicia en el país de las adivinanzas. Raymond Smullyan
Editorial: Cátedra. ISBN: 84-376-0479-6
SEGUNDO CICLO DA ESO
El gran juego. Carlo Frabetti
Editorial: Alfaguara. Colección: Serie roja
Los crímenes de Oxford (o Crímenes Imperceptibles). Guillermo Martínez
Editorial: Destino. Colección: Áncora y Delfín
El diablo de los números. HANS MAGNUS ENZENSBERGER
Editorial: Ediciones Siruela
Un cuento enmarañado. Lewis Carroll
Editorial: Nivola
Lee a Julio Verne: el amor en tiempos de criptografía.Susana Mataix
Editorial: Rubes Editorial. Colección: Matematica
11
Andrés y el dragón matemático. Mario Campos Pérez
Editorial: Laertes SA
El hombre que calculaba. MALBA TAHAN
Editorial: Del Nuevo Extremo
Cuentos de Matemáticas. Juan Carlos Hervás y otros
Editorial: Proyecto Sur
Alicia a través del espejo. Lewis Carroll
Editorial: Juventud
BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS
El tío Petros y la conjetura de Goldbach. Apostolos Dioxadis
Editorial: Ediciones B. Colección: Tiempos modernos. ISBN: 8440694903
El teorema del loro: Una novela para aprender matemáticas. Denis Guedj
Editorial: Anagrama. Colección Panorama de narrativas. ISBN: 978-84-339-6908-
8
La incógnita Newton. Catherine Shaw.
Editorial: Roca editorial. ISBN: 84-96284-74-3
El matemático del rey. Juan Carlos Arce
Editorial: Planeta. Colección: Autores españoles e iberoamericanos.
ISBN: 8408035266
El libro infierno. Carlo Frabetti
Editorial LENGUA DE TRAPO. Colección Nueva Biblioteca. ISBN 978-84-8381-030-
9
Los Jardines Cifrados. Carlo Frabetti
Editorial LENGUA DE TRAPO. Colección Nueva Biblioteca. ISBN 8496080218
La ciudad rosa y roja. Carlo Frabetti.
Editorial LENGUA DE TRAPO. Colección Nueva Biblioteca. ISBN 8489618356
El número de Dios. José Luis Corral Lafuente
Editorial: Edhasa. ISBN: 8435061116
La medición del mundo. Daniel Kehlmann
12
Editorial: Maeva. ISBN: 84-96231-97-6
El contador de arena. Gillian Bradshaw
Editorial: Salamandra. ISBN: 9788498380323
Crímenes pitagóricos. Mijailidis, Tefcros
Editorial: ROCA EDITORIAL DE LIBROS, S.L. ISBN: 9788492429455
El teorema. Adam Fawer
Editorial: Planeta. ISBN: 8408060961
La Hermandad invisible (Los hermanos invisibles). Kurt Aust
Editorial: Destino. 2008 ISBN: 9788423340309
Raíces cuadradas. Nikita Lalwani
Editorial: Planeta. 2008. ISBN: 9788496580343
Matemáticas es nombre de mujer, Mataix, Susana
Cuentos con cuentas. Miguel de Guzmán
NIVOLA; ISBN: 84–95599–56-X
PROBLEMAS DE ALMOHADA. Pensados en las horas pasadas despierto Lewis Carroll
A ciencia no punto de mira. Jorge Mira
5. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLA O fomento da lectura e o interese polo libro como fonte de recreo, desfrute e
coñecemento é cardinal durante o ensino secundario obrigatorio e no bacharelato.
O alumnado deberá ler prensa e obras literarias, interrelacionando os contidos das
lecturas cos aportados polo ámbito, aportando novidades e visións persoais.
Por iso, todas as semanas adicarase un módulo temporal á lectura silenciosa e
individual, que posteriormente se fará colectiva mediante unha posta en común,
para o que contamos tanto coa biblioteca do centro, a literatura en rede de
internet e os exemplares dos xornais da biblioteca.
Valórase, tamén, de xeito moi positivo a lectura voluntaria de libros acordes ao
nivel que estea cursando o alumnado.
1º ESO.
Ademais, ao longo do curso o alumnado deberá ler tres libros, un por
avaliación, de acordo coa seguinte selección:
13
- Selección de relatos extraídos de libros da biblioteca do instituto e da rede de
internet que ofrecerá a profesora.
- Un título de poesía elixido de entre os libros de lectura que proporá a
profesora.
- Miguel Mihura: Tres sombreros de copa.
2º ESO.
O alumnado deberá ler tres libros ao longo do curso, un por avaliación. Os
títulos elixidos son os seguintes:
Carmen Valera: El juego de conocerse.
Antología poética: La rosa de los vientos. Antología poética [colección Cucaña)
Antonio Skarmeta: El cartero de Neruda.
3º ESO.
Ao longo do curso o alumnado deberá ler tres libros, un por avaliación. Os
títulos que se proponen son os seguintes:
- Maite Carranza: Palabras envenenadas.
- Luis Sepúlveda: Un viejo que leía novelas de amor.
-Wenceslao Fernández Flórez: El bosque animado.
4º ESO.
Neste curso o alumnado deberá ler un libro cada avaliación. Os títulos
propostos son os seguintes:
- José Luis Sampedro: La sonrisa etrusca.
- Miguel Delibes: Las ratas.
- Julio Llamazares: Luna de lobos.
1º BAC.
Ao longo do curso o alumnado deberá ler os seguintes libros:
- Alberto Méndez: Los girasoles ciegos.
- Camilo José Cela: La colmena.
- Mario Vargas Llosa: La tía Julia y el escribidor.
14
2º BAC.
Neste curso o alumnado lerá os catro libros que marca a Comisión
Universitaria:
- Antonio Buero Vallejo: La fundación.
- Gabriel García Márquez: Crónica de una muerte anunciada.
- Federico García Lorca: Romancero gitano.
- Almudena Grandes: El lector de Julio Verne.
6. PLAN DE LECTURA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
O libro de texto será completado con material moi diverso e en distintos soportes:
A lectura obrigatoria por avaliación dunha obra literaria que se axeite aos
intereses do alumnado e aos obxectivos xerais do curso, e da que se fará un
control, oral ou escrito, de lectura. Da proposta ofertada de lectura obrigatoria,
a maiores das tres lecturas obrigatorias, poderán facerse lecturas voluntarias
que terán tidas en conta na avaliación.
Fichas de traballo e cadernos de traballo e comentarios guiados.
Presentacións dixitais preparadas pola profesora/profesor ou polo propio
alumnado.
Fontes bibliográficas diversas, como dicionarios enciclopédicos, coleccións de
historia de Galiza e de historia universal, coleccións de arte, atlas xeográficos,
libros de divulgación...
Vídeos en DVD ou na Rede.
Páxinas Web e blogues sobre aspectos literarios, históricos ou sobre temas de
actualidade.
Selección de artigos de prensa impresa ou dixital ou de documentos referidos á
actualidade.
Selección de textos literarios (poéticos, narrativos e teatrais) para a súa lectura
e análise fornecidos polo profesor.
Murais temáticos.
Lecturas obrigatorias
O Departamento acordou pór tres libros de lectura obrigatoria, un por avaliación, para
cada curso. Con finalidade de lles tirar o máximo rendemento, serán usados como
procedementos para acadar os obxectivos correspondentes aos desenvolvementos
15
curriculares de cada curso: tanto para afondar nos aspectos léxico – semánticos, como
nos gramaticais, textuais, etc.
Realizarase unha proba ou traballo sobre o libro de lectura obrigatorio. Dita proba
integrarase en cada curso dentro dos instrumentos de avaliación participando nun 10%
da cualificación correspondente aos bloques de expresión oral e escrita.
Así mesmo os alumnos terán a opción de escoller algún libro de lectura de acordo cos
seus gustos e afeccións e serán, ao igual que os outros, tidos en conta polo profesorado
na avaliación até un 10% da cualificación. Hai polo tanto un especial interese por parte
deste departamento en reforzar o hábito lector.
A proposta de lecturas para este curso é:
1º ESO:
o Contos por palabras de Agustín Fernández Paz
o O neno can de Francisco Castro e Fina Casalderrey
o Escarlatina de Ledicia Costas.
2º ESO
o Corredora de María Reimóndez
o A expedición ao Pacífico de Marilar Alexandre
o Europa Express de Andrea Maceiras
3º ESO
o O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas
o Mecanuscrito da segunda orixe de Manuel de Pedrolo
o Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
1º FPB
o O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas
o Noite de voraces sombras de Agustín fernández Paz
4º ESO
o Noite de voraces sombras Agustín Fernández Paz
o O ouro das lúas de Beatriz García Turnes
o Memoria do silencio de Eva Mejuto
1º Bacharelato
o Maxina de Marcial Valladares ou Xente na barreira de Carvalho
Calero
o Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz
o Todo é silencio de Manolo Rivas
2º Bacharelato
o Scórpio de Carvalho Calero
o A esmorga de Blanco Amor
16
o O sol do verán de Carlos Casares ou O Lapis do carpinteiro de
Manolo Rivas
Algúns dos libros recomendados para as lecturas voluntarias en 3º e 4º ESO:
Un monstruo vén a verme de Patrick Ness ( tradución ao galego
Corredora de María Reimóndez
O violín de Auschwitz de Maria Àngels Anglada ( tradución ao galego)
A expedición ao Pacífico de Marilar Alexandre
Quérote de Ursula Heinze
Quen matou a Inmaculada da Silva de Marina Mayoral
Poderosa de Sergio Kein ( tradución ao galego)
Vento ferido de Carlos Casares
Escola de menciñeiros de Cunqueiro
Xente de aquí e acolá de Cunqueiro
Historias de emigrantes de Neira Vilas
Memorias dun neno labrego de Neira Vilas
O crepúsculo e as formigas de Méndez Ferrín
Reo de Xesús Fraga
Unha estrela no vento de Ledicia Costa
O inferno de Marta de Pascal Alapont
Os nenos da varíola María Solar
O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro
O curioso incidente do can a media noite de Mark Haddon
Aire negro de Agustín Fernández Paz
7. DEPARTAMENTO XEOGRAFÍA E HISTORIA
A lectura é unha parte indispensable das materias do departamento, sendo
imprescindible unha boa comprensión lectora para acadar os obxectivos mínimos das
materias impartidas. As lecturas que forman parte do temario e as obrigatorias están
especificadas na programación anual de cada materia, polo que non imos repetilas
aquí. En todo caso é obvio que nas clases se desenvolverán constantes lecturas de
textos relacionados cos contidos, tanto en voz alta (lectura compartida orientada e
explicada polo profesorado), como en silencio para a análise individual. As lecturas
obrigatorias realizaranse na casa, sendo despois comentadas na aula e, acotío, o
alumnado deberá responder a un cuestionario sobre as mesmas.
Co mesmo proceso de lectura, as imaxes (mapas, fotografías, obras de arte...) e os
materiais audiovisuais (documentais, filmes, vídeos, radio...) terán un papel destacado
na tarefa educativa ao longo de todo o curso.
17
Por outra banda, ademais de libros, material gráfico ou audiovisuais, os artigos
xornalísticos tamén estarán presentes acotío nas nosas clases. Analizar e comprender a
realidade do presente é un obxectivo fundamental das nosas materias, polo que
debemos recorrer á lectura da prensa diaria, ou a artigos de revistas de información
xeral ou especializadas en temas de historia, xeografía ou arte.
Á hora de seleccionar as lecturas os aspectos relacionados cos temas transversais terán
un peso fundamental, xa que consideramos que o seu tratamento nas aulas é
imprescindible para acadar unha verdadeira educación do alumnado, como cidadáns
conscientes dos seus dereitos e da súa capacidade para contribuír a un futuro mellor. A
escola ten un papel fundamental na loita contra a discriminación sexual, contra as
actitudes xenófobas ou racistas, contra a destrución do medio ambiente, contra a
violencia e contra calquera tipo de desigualdade social e económica. E isto
plasmarémolo no traballo diario da aula, no que as lecturas de todo tipo de
documentos serán unha ferramenta esencial.
HORA DE LER
O Departamento colabora e participa no programa Hora de Ler, asumindo a
organización da actividade nunha das súas sesións.
Este tempo de lectura desenvolverase preferentemente na Biblioteca e cos materiais
da mesma, e permitirase que o alumnado lea o documento que queira, aínda que o
profesor guiará e orientará, buscando que a lectura lles agrade e teña un mínimo de
calidade. A implicación do alumnado será avaliada polo profesor, como calquera outra
actividade de aula.
COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA
Os membros do Departamento formamos parte do equipo da Biblioteca e mesmo a
coordinadora da Biblioteca é membro do Departamento, polo que a participación nas
actividades organizadas pola mesma está asegurada.
Desenvolveremos unha charla-coloquio co alumnado para conmemorar o Día do
Holocausto (27 de xaneiro), coa participación do autor de Os campos de concentración
do Franquismo, Carlos Hernández.
Por outra banda, ao longo do curso, o Departamento elaborará unha guía comentada
de documentos da Biblioteca, ao igual que se fixo o curso pasado de cómics. Neste
caso de libros e/ou material audiovisual.
Finalmente, seguiremos colaborando na compra de materiais para a Biblioteca, tanto
usando os fondos propios como facendo suxestións de compra a cargo dos fondos
xerais.
18
CLUB DE LECTURA: Cómics e Historia
Desde o Departamento proporase a creación de dous grupos dentro do Club de
Lectura 'Retelladores do Galiñeiro' do IES. Neste curso, un será un grupo de lecturas
variadas para alumnado de 4º ESO e 1º e 2º Bach ademais de algún profesor. E o outro
será un grupo destinado ao alumnado da ESO para adultos, realizará diversas lecturas
ao longo do ano, coa finalidade fundamental de fomentar o hábito da lectura.
LECTURAS E ACTUACIÓNS POR CURSO E MATERIA
1º da ESO
A diversidade de alumnado esixe diversidade de materiais para poder responder
en consonancia co principio de individualización do ensino. No que á selección de
materiais se refire, trátase de escoller aqueles que interesen aos alumnos e de elixir
contidos relevantes, ademais de propiciar actividades favorables ás novas
aprendizaxes tecnolóxicas. O centro ofrece unha ampla gama de materiais e recursos
didácticos como medios audiovisuales, aula de informática e, sobre todo, relacionada
coa nosa materia, unha biblioteca.
Materiais impresos: empreganse os libros de texto Obradoiro Santillana de
Xeografía e Historia de 1º da ESO disponibles no centro, ademais de material
complementario normalmente fotocopiado. A cartografía (mapas e planos, fotografía
aérea e imaxes satélite) ocupará un papel esencial ao longo do curso.
Materiais audiovisuais: Usarase preferentemente o canón da aula para a
proxección de imaxes e videos tendo en conta os tempos óptimos para a visualización
e comprehensión.
Prensa: Os mércores contamos con prensa gratuita (La Voz de Galicia).
Realizaranse diversos traballos a partir da diferenciación entre información, opinión e
publicidade.
Libro dixital: No presente curso o alumnado de 1º de ESO incorpórase ao
proxecto E-Dixgal. Desde a nosa materia realizaremos una incorporación paulatina sen
seguir una única editorial das tres que se ofrecen. Aproveitaremos actividades,
exercicios de autoavaliación, enlaces etc. A posiblidade de conexión a internet
facilitará a realización de actividades transversais, obrigatorias ou voluntarias,
programadas polo profesor ou que poidan xurdir a partir de intervencións orais (por
exemplo, estamos a falar de fusos horarios e una alumna fai referencia aos reloxos do
Pasatempo…O alumnado é invitado a indagar onde está Betanzos, cando e por que se
construiu…). O tempo de pantalla ocupará unha parte da sesión, a principal finalidade
residirá na motivación e autoaprendizaxe.
2º da ESO
19
Neste curso utilizaremos como libro de texto o libro Xeografía e Historia da Editorial
Santillana, proxecto Facer Saber. Este libro ten unha versión adaptada para alumnos
con NEE. Tamén utilizaremos textos adaptados para facer a lecturas de aula. Contamos
con recursos da biblioteca do centro.
O Departamento conta con recursos que utilizaremos na aula: mapas murais, mapas
mudos, libros, etc.
Como as aulas contan con ordenador e pizarra dixital, utilizaremos recursos como os
mapas interactivos, museos virtuais, páxinas especializadas como a do CNIG etc.
Tamén participaremos no programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia, que nos
facilitará ter a prensa diaria para traballar na aula diversos aspectos da materia e das
transversais.
Os obxectivos da lectura na aula son potenciar a habilidade lecto-escritora, a
capacidade reflexiva e, sobre todo, potenciar o gusto pola lectura.
A lectura será en voz alta e levará consigo a explicación tanto de termos como de
situacións históricas.
Cada unidade didáctica ten un apartado de lectura obrigatoria. Normalmente son
fragmentos seleccionados dos que logo se traballa a comprensión lectora e outras
cuestións diversas.
Ademáis, adicaremos un tempo semanal para a lectura común dunha obra literaria
relacionada coa materia. No caso de 2º ESO a lectura programada será El señor del 0.
Adicarémoslle uns 10 minutos semanais.
3º ESO
Neste curso usaremos como material de aula o libro de texto da editorial Vicens-Vives
para esta materia, así como os materiais elaborados e postos a disposición do
profesorado polo Proxecto Terra. En concreto, comezaremos o curso traballando
Pagus, Galicia un país de paisaxes; e no segundo trimestre, antes de viaxar a Allariz,
traballaremos coa Unidade de Arquitectura Popular. Tamén procuraremos ler o cómic
de Miguel Anxo Prado: A mansión dos Pampín.
Ao longo de todo o curso o alumnado, de forma individual ou en grupo, realizarán
traballos nos que é fundamental a lectura crítica, nos seus distintos formatos. Trátase
de que aprendan a buscar, seleccionar e analizar a información que poñen a súa
disposición os distintos medios.
A prensa, en formato dixital ou en papel, tamén terá unha presenza importante na
aula, sobre todo para analizar o tratamento dos distintos medios ante os conflitos
bélicos ou medio ambientais que se manifestan no Planeta.
20
Queremos resaltar tamén que a lectura de mapas e imaxes (obras de arte, paisaxes,
fotografías satéite, audiovisual, etc.) está ligada a vida cotiá na aula, sendo
fundamentais na formación do alumnado aprender a interpretalas, a saber lelas e tirar
a información que nos proporcionan, sempre desde unha perspectiva crítica.
O alumnado realizará diferentes lecturas a viva voz contidas no libro de clase ou
noutros documentos, procurando unha correcta dicción, pero sobre todo a realización
dunha lectura comprensiva dos textos.
4º ESO
Como material básico de lectura aproveitaremos os libros da editorial Vicens Vives
dispoñibles no departamento. En determinadas ocasións, facilitaránselle ao alumnado
fotocopias sobre temas concretos que se consideran relevantes para a realización de
comentarios de texto en equipo. A selección de imaxes documentais (fotografía e
video) correrá a cargo do profesor. Tamén se poderán usar outros recursos didácticos:
prensa, páxinas web, libros, bandas deseñadas, etc.
1º DE BACHARELATO: Historia do Mundo Contemporáneo
O Plan de lectura ten unha importancia fundamental para mellorar a competencia
lingüística e para tratar os temas transversais. En Bacharelato a comprensión lectora xa
está moi traballada e non adoita ser un problema. Traballaremos termos e situacións
históricas.
Cada unidade didáctica leva unha parte de lectura obrigatoria. Pero ademais faremos
unha lectura duns 10 minutos semanais.
Actuacións:
Procederemos a ler de maneira común e en voz alta os seguintes libros: El violín de
Auschwitz; Congo; A nova Nursia.
1º DE BACHARELATO: Antropoloxía
Ao seren un grupo pequeño, intentaramos levar adiante unha metodoloxía activa
baseada na autoaprendizaxe que respete o ritmo persoal. As exposicións orais,
debates, avaliación do grao de comprensión dos conceptos traballados ocuparan una
parte importante no desenvolvemento das clases. Á motivación para indagar mediante
pequenos proxectos de investigación seguirá a adquisición dunha terminoloxía
científica.
O punto de partida será normalmente o plantexamento de cuestións ou problemas a
partir de textos, imaxes ou sucesos que nos cheguen a través dos medios de
comunicación e que nos inviten a buscar respostas na antropoloxía. Servirémonos
especialmente do libro de texto de Eva Garea (editorial Xerais). O profesor fomentará a
lectura de pequenos textos ou capítulos de Marcial Goldar, Ted Lewellen, Marvin
21
Harris, entre outros. Estas lecturas individuais comunicaranse oralmente ao grupo
indicando as aportacións que ofrece, o grao de complexidade, etc.
Contaremos tamén con documentos audiovisuais etnográficos (“Nuestros orígenes”,
“Otros pueblos” etc.). Desta última, facilmente asequible a través de RTVE a la carta,
cada alumno escollerá un capítulo e realizará a presentación, explicación do
vocabulario específico e guiará o posterior debate en grupo. Textos literarios e filmes
de ficción servirán para plantexar cuestións que atinxen principalmente a antropoloxía
filosófica. O traballo individual alternarase co traballo en equipo.
2º BACH – Historia da Arte
Recomendamos como libro de texto base o editado por Vicens-Vives para 2º curso de
Bacharelato.
De tódolos xeitos, na aula estarán presentes como material de consulta os textos
doutras editoriais.
Moitas das explicacións do profesor estarán apoiadas en material fotocopiado (textos,
gráficos, imaxes,…).
As clases do alumnado semipresencial impártense na aula específica de Xeografía e
Historia o que facilita a utilización de materiais axeitados para a nosa asignatura
(mapas históricos, taboeiro para exposicións, etc.). Con este grupo intentaremos
organizar as clases do xeito máis eficaz posible incidindo nos prazos e estratexias a
seguir para unha autoaprendizaxe eficaz.
Para o pequeño grupo de diurno contamos con dúas aulas dotadas con cinco
ordenadores persoais con conexión internet que facilitarán as consultas puntuais e a
realización de traballos.
En todas as aulas o profesor dispón de ordenador e canón de proxección.
Os alumnos, tamén poderán acceder a información da Biblioteca do centro que servirá
como apoio das explicacións e lugar de búsqueda para os traballos optativos que
poderán realizar o longo do curso.
2º BACH – Historia de España
Usaranse con frecuencia fragmentos da serie documental 'Memoria de España'.
Animarase ao alumnado e premiarase na nota a lectura de libros e cómics, e o
visionado de películas, sobre os contidos da materia, cos que contamos na biblioteca.
Por exemplo: La Voz Dormida (libro e película), Bienvenido Míster Marshall, La
Colmena, O lapis do carpinteiro, A noite branca, Los surcos del azar, Paracuellos, 36-39
malos tiempos, As serpes cegas, División Azul, Triloxía da Guerra de Cuba, El arte de
volar, Las guerras silenciosas, etc.
2º BACH – Xeografía de España
22
Na aula traballarase acotío con noticias de prensa relacionadas cos contidos da
materia.
As explicacións acompañaranse en moitas ocasións de fragmentos da serie
documental 'España desde el aire'.
Debido ao apertado dos contidos non poderán usarse máis recursos que aos
apuntamentos e materias complementarios moi seleccionados e 'racionados': mapas,
gráficas, textos...
8. DEPARTAMENTO DE INGLÉS O alumnado da ESO lerá dous libros de lectura, un no segundo trimestre e outro no
terceiro trimestre. En Bacharelato so terá libros de lectura obrigatorio 1º Bacharelato,
xa que o departamento considerou que 2º de Bacharelato traballaría na aula cun
abano amplo de lecturas diversas para ter un maior coñecemento cara os exames de
ABAU.
Este curso mantemos os títulos do curso anterior para non gravar a economía das
familias. A falta de exemplares suficientes na biblioteca obriga a que non se poda
ofertar a todo o alumnado a posibilidade de escoller lecturas diferentes e cada nivel
lerá os mesmos libros.
Os títulos escollidos son:
1º ESO:
- Lost in the jungle. Editorial: Burlington Books.
- The ghost teacher.Editorial: Burlington Books
2º ESO:
-British and American festivities. Editorial:Big Apple.
3º ESO:
- All about Ireland. Editorial: Burlington Books.
- The ghost of Featherstone Castle. Editorial: Burlington Books.
4º ESO:
-The secrets of Silver Lake. Editorial: Burlington Books.
- Channel to the future. Editorial: Burlington Books.
1º Bacharelato:
- The Murders in the Rue Morgue and other stories . Editorial: Burlington Books.
- The secret diary of Adrian Mole. Editorial: Burlington Books.
Libros recomendados para cada nivel:
1º ESO:
- All about Britain. Editorial: Burlington Books.
- The Mummy’s Secret. Editorial: Burlington Books.
- Tarzan of the Apes. Editorial: Burlington Books
23
- The adventures of Tom Sawyer. Editorial: Burlington Books.
- Gulliver’s Travels. Editorial: Burlington Books.
- Witches and Wizards. Editorial: Burlington Books.
2º ESO:
-All about Scotland. Editorial: Burlington Books.
- The Abandoned House. Editorial: Burlington Books.
- A Ghost Collection. Editorial: Burlington Books.
- Shopping for Trouble, (level 2). Editorial Richmond-Santillana
- Queen Arthur. Editorial: Burlington Books.
- All about the USA. Editorial: Burlington Books.
- The Canterville ghost. Editorial: Burlington Books.
3º ESO:
- Vampire tales. Editorial: Burlington Books.
- A Sherlock Holmes Collection. Editorial: Burlington Books.
- Madame Doubtfire. Editorial: Burlington Books.
- A Dream Come True. Editorial: Burlington Books.
- Recipe for Success. Editorial: Vicens Vives.
- All about Wales. Editorial: Burlington Books.
- The Jungle Book. Editorial: Burlington Books.
4º ESO:
- London. Editorial: Black Cat.
- Dracula. Editorial: Burlington Books.
- Caring for our planet. Level 6. Editorial: Oxford University Press
- People Who Changed the World. Editorial: Burlington Books.
- Dracula. Editorial: Burlington Books.
- Dr. Jekyll and Mr. Hyde. Editorial: Burlington Books.
- Moby Dick. Editorial: Burlington Books.
1º Bacharelato:
- A foreigner in Britain. Editorial: Burlington Books.
- The Fruitcake Special and other stories. Editorial: Cambridge University Press.
- The English-speaking world. Editorial: The Black Cat.
- Women who made a difference. Editorial: Burlington Books.
- The Importance of Being Ernest. Editorial: Burlington Books.
- Jane Eyre. Editorial: Burlington Books.
- The Hunchback of Notre Dame. Editorial: Burlington Books.
2º Bacharelato:
24
- Oscar Wilde Short Stories. Editorial: Burlington Books.
- The birds and other stories. Editorial: Burlington Books.
- American Cities. Editorial: The Black Cat.
- Slumdog Millionaire. Editorial: MacMillan.
- A foreigner in New York. Editorial: Burlington Books.
-Frankenstein. Editorial: Burlington Books.
- The Growing Pains of Adrian Mole. Editorial: Burlington Books.
Na Biblioteca do noso centro, sección Departamento de Inglés, hai variedade de títulos
para todos os niveis, non só para o alumnado se non tamén para o persoal docente e
non docente.
9. DEPARTAMENTO E.FÍSICA
O Departamento de E. Física propón neste curso como lectura o libro Plomo en los
bolsillos de Ader Izaguirre de Libros de K.O.
10. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA
É un obxectivo fundamental da materia acostumar aos alumnos a ler artigos de
prensa, comentarios e libros con contidos económicos, empresariais e tecnolóxicos.
Son varios os motivos:
Melloran a motivación do alumnado favorecendo, traballando con
contidos e actividades adaptados ao nivel real de posibilidades.
Permiten empregar metodoloxías didácticas máis activas e motivadoras,
nas que o máis importante é o traballo autónomo do alumnado, tanto de
maneira individual como en grupos pequenos, e aproveita estas
situacións para dar unha mellor resposta á diversidade dentro do propio
grupo.
Establece relacións entre os contidos das distintas materias tanto do
mesmo ámbito como de ámbitos distintos, como forma de conseguir
unha aprendizaxe máis significativa e máis útil para a vida.
Promove aprendizaxes máis prácticas, reais e funcionais vinculando as
actividades de aprendizaxe co contorno, potenciando as actividades de
investigación, etc.
Neste apartado recóllense a planificación do traballo para o fomento da lectura
co que esta materia pretende contribuír a mellorar a coñecemento técnico e a
acadar os seguintes obxectivos:
Espertar e aumentar o interese do alumnado pola lectura.
Formar lectores competentes.
25
Potenciar a comprensión lectora en galego e castelán.
Fomentar que o alumnado a lectura como fonte de lecer.
Fomentar o uso da biblioteca tanto no ámbito escolar como de ocio.
Axudar na atención á diversidade.
En xeral, o proceso metodolóxico seguirá as seguintes pautas para acadar estes
obxectivos:
Breve exposición do profesor sobre o tema obxecto de estudio. Na
maioría dos casos ilustrarase a presentación do tema cunha lectura
motivadora en voz alta (por parte do profesor ou do alumnado). O libro de
texto proposto dispón de lecturas e noticias en tódalas unidades.
Lectura do tema do libro de texto por parte do alumnado.
Exposición do tema por parte do profesor.
Preguntas e comentarios sobre a exposición e as lecturas.
Realización de exercicios, actividades e traballos.
Cando se entregue material de prensa ou revistas, o alumnado deberá ler,
resumir e comentar.
Farase recomendación de lecturas, tanto para a actividade académica como
para o tempo de lecer para consolidar o aprendido.
Indicarase as fontes de información axeitadas para os contidos.
Insistirase sobre a necesidade de expresarse con corrección a nivel oral e
escrito, empregando da forma máis precisa o vocabulario técnico propio
da materia. Nas correccións de probas e traballos o profesor incluirá un
apartado de valoración da expresión escrita.
Fomentarase as preguntas públicas na clase sobre os textos que non se
entenden, evitando que os alumnos se sintan cohibidos.
Para acadar os obxectivos segundo as orientacións metodolóxicas anteriores,
no Departamento intentaranse levar a cabo as seguintes actividades:
Explicación dos fondos da Biblioteca do centro.
Periodicidade: Unha vez, no primeiro trimestre. Debido a falta de recursos na
biblioteca do centro, o departamento buscará como mellorar esa dotación.
Informarase ao alumnado das novas incorporacións ao longo do curso.
A prensa do día (comentando noticias de actualidade)
O obxectivo desta experiencia é que o alumno se interese pola actualidade e
aprenda a interpretar a información. Consiste en distribuír un artigo de prensa
entre os alumnos para comentalo e relacionalo co que se estea a estudar nese
momento.
Periodicidade: Semanal, por quendas entre o alumnado.
26
Elaboración dun vocabulario da materia.
Anotando nun caderno ou nun arquivo informático os termos específicos e
novos que vaian xurdindo ao longo do curso.
Periodicidade: Con cada tema.
Lectura individual por parte do alumnado de textos de contido económico,
incluíndo textos legais. Posteriormente o alumnado interpretará o texto facendo
un comentario de textos e/ou elaborará esquemas que lles axuden a estruturar
os temas, servindo estes como ferramenta de aprendizaxe.
Periodicidade: Con cada tema.
Pautas para o comentario de texto:
Comprender globalmente: poñer un título que recolla a esencia
do texto (capacidade para identificar a idea principal do texto).
Obter información: facer un resumo de non máis de 10 liñas:
(capacidade para extraer información do texto).
Reflexionar sobre o contido do texto e relacionar cos contidos vistos na
materia.
Reflexionar sobre a estrutura dun texto (capacidade de relacionar a forma
do texto coa súa utilidade e función).
Analizar o vocabulario, sinalando as palabras que non se comprenden e
acudir a un dicionario para descubrir o seu significado.
Lectura en voz alta por parte do alumnado e/ou profesor.
A lectura en voz alta forma parte das actividades cotiás. Esta realízase sobre
fragmentos do libro de texto (contidos teóricos e lecturas), sobre textos que
se proporcionan aos alumnos, sobre artigos xornalísticos que se levan á aula,
sobre artigos de revistas especializadas, etc.
A esta actividade lectora úneselle a actividade comprensiva do que se le. O noso
departamento cre que tan importante é ler ben como entender o que se le.
Por iso, e tamén de forma sistemática, os alumnos realizan, de forma oral ou
escrita, comentarios
de texto, esquemas, exposicións orais e resumos dos fragmentos lidos. Se é
necesario, a lectura é seguida pola explicación do profesor.
Periodicidade: Case tódolos días
Actividades de busca de información en Internet. É un dos contidos mínimos da
materia. Periodicidade: Dependendo do tema, frecuente.
27
Uso de dicionarios.
Habituar ao alumnado a que busque o significado dun termo cando se descoñeza.
Pódense empregar dicionarios en liña. É importante que os alumnos saiban
atopar o significado técnico dun termo.
Periodicidade: Ocasional
Recomendación de lecturas.
Estas lecturas poden ser ensaios, artigos de revistas ou de xornais,… Entre as
lecturas recomendadas, o Departamento destaca os libros de texto, lecturas de
actualidade relacionadas con cada tema publicadas na Aula Virtual e os libros dos
fondos da biblioteca, artigos e libros na rede e revistas e prensa especializada de
interese xeral que están a disposición do alumnado na páxina web do
Departamento no sitio do centro.
Periodicidade: A principio de curso.
Realización de traballos de investigación sobre dos distintos contidos da
materia; (textos ou multimedia).
A través destas pequenas investigacións foméntase a lectura de diversas fontes,
a súa análise, a súa síntese e a súa presentación, de forma escrita ou oral. A
presentación oral poderá ser aos compañeiros da clase ou a tódolos alumnos
do centro nos recreos na Biblioteca. Tamén pódense redactar entradas nos blog
das materias. Periodicidade: Ocasional.
Escribir un artigo con percorridos por Internet
O obxectivo desta experiencia é que o alumno aprenda a atopar datos.
Cada alumno debe entrar nunha páxina web sobre as TIC (organismos
internacionais, grandes empresas, ministerios, organismos,...) e describir a súa
experiencia: vantaxes e inconvenientes que se atopou, facilidade ou dificultade de
atopar información,..
Periodicidade: Esporádica.
Centros de interese e dúbidas (one-minute paper)
Consiste en pedir ao final da clase que, en só 1 minuto (ou 2-3 minutos) cada
alumno indique: a) o máis interesante que aprendeu nesa clase; b) o que lle quedou
menos claro. (O exercicio é obrigatorio). O profesor empeza a clase seguinte
resolvendo dúbidas, sempre respondendo ás preguntas de forma anónima.
Periodicidade: Ocasional.
11. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA
28
Tecnoloxías 2º e 3º ESO
Elaboración da documentación necesaria para presentar a Memoria do proxecto
técnico desenvolvido en cada avaliación.
Realización de resumos e esquemas das unidades.
Procura de información en Internet.
Procura de información en catálogos.
Exposición oral, ante o resto de compañeiros, das prácticas desenvolvidas en cada
avaliación (explicación do funcionamento utilizando a terminoloxía adecuada,
descrición dos problemas xurdidos e as solucións adoptadas, explicación de
posibles aplicacións reais)
Utilización con soltura de vocabulario técnico.
Manexo e comprensión das Fichas Técnicas de características.
Lecturas diversas.
Tecnoloxía 4º ESO
Elaboración da documentación necesaria para presentar a Memoria do proxecto
Técnico desenvolvido para cada unha das prácticas.
Exposición oral, ante o resto de compañeiros, das prácticas desenvolvidas en cada
avaliación (explicación do funcionamento utilizando a terminoloxía adecuada,
descrición dos problemas xurdidos e as solucións adoptadas, explicación de
posibles aplicacións reais)
Lecturas diversas, sobre a prevención de accidentes laborais relacionados con este
campo de traballo.
Procura de información en Internet.
Procura de información en catálogos.
Utilización con soltura de vocabulario técnico.
Tecnoloxía industrial 1º Bach
Lectura e interpretación de artigos actuais, relacionados cos diferentes bloques
temáticos (novos materiais, sistemas de control, sistemas neumáticos, electrónica,
ensaio de materiais)
Utilización con soltura de vocabulario técnico.
Manexo e comprensión da Fichas Técnicas Características.
Elaboración de diversos documentos ou arquivos, dos diferentes programas cos
que se vai a traballar, documentos de texto, follas de cálculo, bases de datos,
presentacións electrónicas
29
Lecturas diversas, sobre o impacto social e económico derivado do uso das TIC, no
quefacer cotián.
Á HORA DE LER
Recomendamos ás seguintes lecturas para os distintos cursos:
Título Curso
recomendado
Xénero Temática
La invención de
Hugo Cabret
2º-4º ESO Novela Autómatas,
narración visual
O xogo de Ender 2º-3º ESO Novela Resolución de problemas
(estratexias),Traballo engrupo
Flores para Algernon 2º ESO Novela ¿Que fai á unha persoa humana?
Estela 2º ESO Cómic A xestión dos recursos
A illa misteriosa 2º ESO Novela Aprendizaxe e aproveitamento de
recursos
La vuelta al mundo
de un forro polar
rojo
3º ESO Produción industrial, plásticos,
redes de transportes, consumismo,
medio ambiente,...
El nombre del
mundo es bosque
3º-4º ESO Novela Ecoloxía
Chernóbil- La zona 3º ESO Cómic Enerxía nuclear
La era del diamante 4º ESO Novela Educación no século XXI
Snowcrash 4º ESO Novela Mundo dixital, redes
2044+Teoría do
tempo imaxinario
4º ESO-1º
BACH
Novela Realidade virtual
Cita con Rama 4º ESO Novela Enxeñería inversa, exploración
tecnolóxica
The road 4º ESO Novela Distopía(mundo sen tecnoloxía)
El tercer testamento 4º ESO Novela Inteligencia artificial
Spam 4º ESO Novela A sociedade diante das novas TIC
Contact 4º ESO Novela Telecomunicacións
Entrevista 4º ESO Cómic Futuro
Día de mercado 4º ESO Cómic Revolución industrial
Criptonomicón Bacharelato Novela criptografía
Luminoso Bacharelato Novela Ciencia e tecnoloxía actual
Microsiervos Bacharelato Novela Mundo laboral, TIC
30
V de Vendetta Bacharelato Cómic Medios de comunicación
Ghost in the
machine
Bacharelato Cómic Inteligencia artificial, realidade
virtual
Á HORA DE VER
Recomendamos as seguintes películas, series e documentais para os distintos cursos:
Título Curso recomendado Temática
Minority Report 4º ESO - Bacharelato Evolución da tecnoloxía,
televixilancia
Black Mirror Temp. 1, cap
1
Bacharelato Medios de comunicación
Black Mirror Temp. 1, cap 2 Bacharelato TV
Black Mirror Temp. 1, cap 3 Bacharelato Hiperconectividade, vida dixital
Black Mirror Temp. 2, cap 1 4º ESO - Bacharelato Vida artificial e virtual
Black Mirror Temp. 2, cap 2 Bacharelato Ética, redes sociais
Black Mirror Temp. 2, cap 3 Bacharelato Política e información
Black Mirror Temp. 3, cap 1 4º ESO - Bacharelato Redes sociais
Black Mirror Temp. 3, cap 3 Bacharelato Seguridade en internet
Black Mirror Temp. 3, cap 6 4º ESO - Bacharelato Redes sociais
Black Mirror Capítulo
especial: Blanca Navidad
Bacharelato Tecnoloxía e sociedade
Black Mirror Temp. 4, cap 2 Bacharelato Política do medo
Black Mirror Temp. 4, cap 6 Bacharelato Tecnoloxía e relacións persoais
El show de Truman Bacharelato TV, privacidade
The surrogates (los
sustitutos)
4º ESO Robótica
Eva 3º - 4º ESO Robótica
Robot&Franck 3º - 4º ESO Robótica
31
Silicon Valley (serie) Bacharelato Mundo laboral TIC, economía TIC
Cube 4º ESO Resolución de problemas,
traballo en grupo, modelización
matemática
V de vendetta Bacharelato Medios de comunicación
Historia Prohibida 18: El
genio de Nikola Tesla
3º ESO- 4º ESO-
Bacharelato
Electricidade e sociedade
Obsolescencia programada 4º ESO - Bacharelato Tecnoloxía e sociedade
La noche temática: La
trama del amianto
Bacharelato Materiais e sociedade
12. DEPARTAMENTO DE MÚSICA
Nas clases de música realizaranse ao longo do curso lecturas variadas en clase, ben de
poemas de distintas épocas e idiomas, ben de libros especificamente musicais ou ben,
simplemente, de entretemento musical.
En 2º da ESO, por exemplo, traballarase con fragmentos de: “
c ” de urt Pahlen. En 3 de ESO leranse fragmentos do libro de ernando
Argenta sobre distintos compositores clásicos e algunha ópera adaptada da editorial
Kalandraka co fin de podelas dramatizar. En 4º de ESO traballaremos co libreto de “
c ” de W.A Mozart. En 1º de Bacharelato a obra a traballar é "Porgy and
Bess" de Gershwin na editorial Kalandraka tamén. Por último, en 2º de Bacharelato
leranse fragmentos de teóricos musicais e reflexións de distintos compositores e comp
ositoras sobre algún feito relevante para a Historia da Música.
Ademais, recomendaráselles algún/-s libro/-s de entretemento musical dos que hai
moi poucos na biblioteca. Aproveito para solicitar neste curso, se é posible, a merca
dalgúns exemplares que podo recomendar.
A Estrada, 22 de Outubro de 2019