escultura cinquecento

11
Miguel Ángel. Virxe da escaleira, c. 1491-93 Imita á “Virxe do Leite” de Donatello, pero apunta xa formas de grande corpulencia. Bota man da técnica do schiacciato (relevo aplanado) para resaltar as figuras mediante o contorno. Resalta o volume. Non ten relación co Neno. Na parte de atrás están dous anxos co sudario, nunha previsión da morte de Cristo. A súa tipoloxía pode relacionarse co motivo das nais lactantes das estelas funerarias romanas. Miguel Ángel como escultor: - adopta o “schiacciato” - Pon en prática tamén o “non finito” - Dota as súas figuras da terribilitá - Na súa obra evoluciona dende a busca da beleza ideal (clasicismo renacentista) ata o incremento da expresividade e a expresión dunha Idea, achegándose así ao manierismo.

Upload: masinisa

Post on 01-Jul-2015

422 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Escultura cinquecento

Miguel Ángel. Virxe da escaleira, c. 1491-93

Imita á “Virxe do Leite” de Donatello, pero apunta xa formas de grande corpulencia. Bota man da técnica do schiacciato (relevo aplanado) para resaltar as figuras mediante o contorno. Resalta o volume. Non ten relación co Neno. Na parte de atrás están dous anxos co sudario, nunha previsión da morte de Cristo. A súa tipoloxía pode relacionarse co motivo das nais lactantes das estelas funerarias romanas.

Miguel Ángel como escultor:

- adopta o “schiacciato”

- Pon en prática tamén o “non finito”

- Dota as súas figuras da terribilitá- Na súa obra evoluciona dende a busca da

beleza ideal (clasicismo renacentista) ata o incremento da expresividade e a expresión dunha Idea, achegándose así ao manierismo.

Page 2: Escultura cinquecento

Miguel Anxo. Combate dos centauros e lapitas. 1490. Casa Buonaroti, Florencia.

Page 3: Escultura cinquecento

Miguel ÁngelMiguel Ángel. Baco cun sátiro. 1496.

Trátase dun grupo que non ofrece ninguna posición frontal posto que estaba destinado a un xardín. A composición está dominada por unha grande curva. A súa iconografía, a súa postura, o seu modelado, resulta dunha asombrosa novidade nos últimos anos do século XV, precisamente polo que demostra do coñecemento dos modelos antigos.Insinuada, máis que afirmada, a sabiduría anatómica do artista. (destaca o carácter vagamente hermafrodita de Baco).

Page 4: Escultura cinquecento

Contido: represéntase o intre posterior á crucifixión, no que o fillo morto descansa no colo da súa nai. En contra da tradición, o artista decidiu darlle un aspecto xuvenil á Virxe (“a nai tiña que ser nova, máis nova que o Fillo, para mostrarse eternamente Virxe”; mentres que o Fillo, incorporado á nosa natureza humana, debía aparecer como un home calquera nos seus restos mortais”).

Trátase da única estatua asinada polo autor, quen se sentiu profundamente orgulloso do seu traballo. Cincelou a inscrición na cinta que cruza o peito da Virxe.

As dúas figuras conforman unha pirámide pechada. O corpo de Cristo está encadrado dentro do contorno debuxado polo corpo de María, o que fai énfase na unión íntima entre nai e fillo. A Virxe, que mantén a mirada baixa, acolle cunha man ao seu fillo, mentres que coa outra semella convidarnos a adoralo. O seu vestido equilibra a composición e actúa como base da pirámide.

Page 5: Escultura cinquecento

Miguel Ángel. David (4,34 m). Museo da Academia. Florencia. 1501-04

Page 6: Escultura cinquecento

Miguel Ángel. Resultado final do proxecto para o sepulcro de Julio II

Page 7: Escultura cinquecento

Miguel Ángel. Capela dos Medicis: Sepulcro de Lourenzo. 1524-27. Basílica de San Lourenzo, Florencia.

Page 8: Escultura cinquecento

A figura de Perseo eríxese sobre un pilar de mármore cuadrangular decorado con pequenas estatuas de bronce dentro de hornacinas. Aínda que pensaba que unha estatua debía poder ser contemplada desde oito puntos de vista diferentes, o seu Perseo produce un maior efecto dramático se se observa desde o seu lado dereito, desde o cal gañan protagonismo a espada e a cabeza da Medusa (o corpo inerte xace aos pés do heroe grego). O casco coas ás de Mercurio que cobre a súa cabeza destaca pola súa minuciosidade. Perseo personifica a Cosme I de Médici, comitente da obra, quen tamén triunfou sobre os seus adversarios.

Page 9: Escultura cinquecento

GiambolognaGiambologna. O rapto das Sabinas, mármore, 4,10 m

Page 10: Escultura cinquecento

Giambologna, Mercurio

Page 11: Escultura cinquecento

Miguel ÁngelMiguel Ángel, DavidDonatelloDonatello, David VerrochioVerrochio, David