estudo econÓmico para a licitaciÓn dos servizos e ...€¦ · 2 a) antecedentes: por encarga da...
TRANSCRIPT
ESTUDO ECONÓMICO PARA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS E
PRESTACIÓNS NECESARIOS PARA A “FESTA DO DEPORTE”
EDICIÓN 2019
Concellería de Deportes – Concello de Santiago de Compostela
ATLANTIC PONTE 2000 S.L.U. R/ San Lázaro, nº36, 15707, Santiago de Compostela
1
ÍNDICE:
A) ANTECEDENTES
B) DATOS ANALIZADOS
C) CARACTERÍSTICAS DO EVENTO
D) DURACIÓN DO SERVIZO
E) CRONOGRAMA DO SERVIZO
F) MÉTODO DE CÁLCULO DO ORZAMENTO DE LICITACIÓN
G) CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN SERVIZOS PERSOAL
H) RESUMO DO ESTUDO ECONÓMICO
ANEXO I: ESTUDO DESAGREGADO
2
A) ANTECEDENTES:
Por encarga da Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela elabórase este estudo
económico, no que se valoran os custes asociados á contratación dos servizos e prestacións necesarios
para a realización do evento “Festa do Deporte” na súa edición de 2019, para poder así, a partir deses
cálculos fixar o orzamento base de licitación da contratación.
O obxecto desta licitación será o servizo prestación e dotación de infraestrutura, loxística, persoal e
sinalética necesarios para o desenvolvemento do evento deportivo denominado “Festa do Deporte”, que
terá lugar inicialmente os días 29 e 30 de setembro de 2019 na cidade de Santiago de Compostela. Todas
elas están descritas no Prego de Prescricións Técnicas que servirán de base á licitación e posteriormente
ao contrato, e baixo a dirección e control do Departamento Municipal de Deportes.
Este evento xa foi organizado nos anos 2017 e 2018 polo Concello de Santiago de Compostela, polo que
se pode ter acceso ao “knowhow” e á experiencia e información sobre o proxecto que permita a
elaboración deste estudo dun xeito máis preciso.
B) DATOS ANALIZADOS:
✓ Aportados pola Concellería de Deportes do Concello de Santiago de Compostela:
- Datos de edicións anteriores
- Memoria técnica do proxecto
✓ Estudo económico da edición 2018
✓ Orzamentos solicitados para os servizos precisos
✓ Información de empresas do sector
C) CARACTERÍSTICAS DO EVENTO:
A duración da Festa do Deporte será de 2 días, e celebrarase concretamente os días 29 e 30 de setembro
de 2019. As actividades e intervencións principais da mesma teñen como obxectivos principais a
organización na cidade de un evento deportivo singular, de carácter aberto e eminentemente
3
participativo, que congregue a maior número posible de entidades locais así como centros educativos de
cara a poñer en valor o mundo do deporte compostelán.
A localización escollida para a celebración do evento será nesta ocasión exclusivamente o entorno do
Parque Público de Galeras e Instalacións deportivas de Santa Isabel.
Os horarios previstos para o evento “Festa do Deporte” é o seguinte:
Domingo 29 de setembro de 2019 dende as 11:00 ata as 14:30 horas.
Luns 30 de setembro de 2019: 10:30 a 14:00 horas
D) DURACIÓN DO SERVIZO:
En canto á duración estimada dos servizos e actuación que deberá levar a cabo o adxudicatario prevese
que abarque dende o día de formalización do contrato, previsiblemente sobre o día 20 de setembro, e
dende o cal se levarán a cabo labores de coordinación, ata o día 2 de outubro no que se finalizará co
transporte e devolución de estruturas ou equipamentos. Esta duración ven definida no cronograma no
que se establece o cómputo de tempo de prestación de servizos do persoal vinculado ao contrato, que
segue a continuación.
E) CRONOGRAMA DO SERVIZO:
DÍA ACTIVIDADE HORARIO
APROX. 20/09 COMEZO DAS LABORES DE COORDINACIÓN E
PLANIFICACIÓN DO EVENTO SEGUNDO NECESIDADE
XOVES 26/09 TRASLADO E ACOPIO DE MATERIAIS. SEGUNDO NECESIDADE
VENRES 27/09 TRASLADO DE MATERIAIS E INICIO DA MONTAXE
PREVIA. XUNTANZAS DE COORDINACIÓN CO PERSOAL. SEGUNDO NECESIDADE
SÁBADO 28/09 TRASLADO DE MATERIAIS E LABORES DE MONTAXE.
XUNTANZAS DE COORDINACIÓN CO PERSOAL. MONTAXE FINALIZADO ANTES
DAS 24:00 H.
DOMINGO 29/09 LABORES DE MONTAXE E DESMONTAXE ADAPTADOS Á
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO EVENTO. SEGUNDO NECESIDADE
LUNS 30/09 LABORES DE MONTAXE E DESMONTAXE ADAPTADOS Á
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO EVENTO. DESMONTAXE FINALIZADA
ANTES DAS 24:00 H.
4
MARTES 01/10 ACOPIO E/OU DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS E
EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS ESPECÍFICOS ÁS
ENTIDADES SEGUNDO NECESIDADE
MÉRCORES 02/10 DATA LÍMITE DE DEVOLUCIÓN DE TODO O MATERIAL
CEDIDO POLOS PARTICIPANTES. SEGUNDO NECESIDADE
F) MÉTODO DO CÁLCULO DO ORZAMENTO DE LICITACIÓN:
Realízase un estudo pormenorizado dos custes asociados ao proxecto e ás prestacións que o adxudicatario
deberá levar a cabo en relación cos gastos realizados anterior edición organizada polo Concello. Con isto,
sen chegar a ser un estudo por custes unitarios, aínda que si se fai de algunhas partidas, fíxase en outras
o presuposto a tanto alzado.
Igualmente obtéñense prezos unitarios, daquelas partidas que si o permiten, tendo en conta prezos xerais
de mercado e observando deste xeito o establecido no artigo 100 da Ley 9/2017, de 8 de novembro, de
Contratos del Sector Público
Desagrégase o estudo económico en varios subgrupos por tipoloxía de actuación para o cálculo dos custes:
1. Custes de persoal
2. Custes de alugueiro de infraestruturas e loxística
3. Custes de sinalética, comunicación e publicidade
4. Custes de xestión e produción do evento
Os custes de cada subgrupo son cuantificados segundo a súa propia natureza, e como se pode comprobar
sen engadirlle o IVE, que será engadido no resumo final que leva a establecer o orzamento total da
contrata.
En canto aos custes xerais nos que a empresa adxudicataria podería incorrer estímase que ao non ser un
servizo baseado especialmente na man de obra estrutural da empresa nin nas infraestruturas da empresa,
imputándose o alugueiro das mesmas, un porcentaxe do 4 por cento sería xustificable como axeitado.
No capítulo de beneficio industrial impútase un 6 por cento do orzamento.
5
G) CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN SERVIZOS PERSOAL:
CANTIDADE CONCEPTO PARÁMETROS CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN TOTAL
1 Coordinador Dende a data estimada de adxudicación do
contrato 20/09/2019 ata o día 03/10/2019. Media xornada laboral. Sen horas nocturnas.
76
3 Persoal Atención ao Público
Dende 1 hora antes do comezo do evento ata 1 hora despois da finalización do mesmo os días
29/09/2019 e 30/09/2019. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.
33
6 Persoal Atención Sedes Dende as 9:00 horas ata as 16:30 horas do
29/09/2019. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.
45
18 Persoal Atención Sedes Dende as 8:30 horas ata as 16:00 horas do
30/09/2019. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.
135
1 Locutores/as Xornada laboral normal. Horario do evento. Sen
horas nocturnas. 7
1 Técnico de Son
Dende a xornada anterior ao comezo do evento para a montaxe dos equipos de son ata 4 horas
despois da finalización do mesmo para a desmontaxe dos mesmos. Xornada laboral normal.
Sen horas nocturnas.
20
3 Persoal de montaxe e loxística Dende o día 26/09/2019 ata o día 02/10/2019.
Xornada laboral diaria con horario irregular. Días 26/27 e 02 (8 horas) 28/29/30/01(10 horas).
192
4 Persoal de montaxe e loxística Dende o día 28/09/2019 ata o día 01/10/2019.
Xornada laboral diaria (10 horas). 160
2 Vixiante Seguridade s/arma
Dende as 22:00 horas do 28/09/2019 ata as 10:00 do 29/09/2019, dende as 15:00 do 29/09/2019 ata as 09:00 do 30/09/2019. Horas nocturnas. Horas
nocturnas non laborables.
60
▪ Coordinador Xeral:
A empresa adxudicataria deberá nomear unha persoa que actuará como interlocutor co Departamento
de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, que realizará funcións de coordinación, e que terá
total dispoñibilidade para o evento, tanto nas xornadas previas de montaxe e coordinación, os propios
días da actividade, coma na xornada posterior de desmontaxe debendo estar localizado en todo
momento.
A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte
cálculo:
6
Dende a data estimada de adxudicación do contrato 20/09/2019 ata o día 3/10/2019. Media xornada
laboral. Sen horas nocturnas. Horas totais de prestación de servizos: 76 horas.
• 20/21/22/23/24/25/26 de setembro e 1 e 2 de outubro (4 horas)
• 27/28/29/30 de setembro (10 horas)
A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións
culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese
co grupo profesional II.
Segundo a RESOLUCIÓN de 16 de abril de 2019, de la Secretaría General de Empleo, por la que se dispone
la inscripción en el registro y la publicación, en el Diario Oficial de Galicia, del acuerdo de la comisión
paritaria del Convenio colectivo autonómico de eventos, servicios y producciones culturales de Galicia,
pola que se actualizan las tablas salariales de los años 2017, 2018 y 2019, publicada no DOG de
13/05/2019, o prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 16,17€/hora.
▪ Persoal Atención ao Público:
Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante a celebración do evento:
• Recepción dos cidadáns e participantes, a fin de proporcionarlles a orientación e asistencia
que necesiten no momento inicial da súa visita e, en particular, sobre a localización das sedes.
• Orientación e información, proporcionando as aclaracións e axudas prácticas para que os
asistentes que o requiran podan participar e beneficiarse da Festa do Deporte.
• De xestión, en relación cos procedementos específicos nos que incluirá a recepción da
documentación inicial que sexa precisa, así como, determinar as solucións de cuestións que
requiran dunha resposta inmediata.
• De recepción das iniciativas, queixas e/ou suxestións feitas polos cidadáns ou polas propias
entidades colaboradoras co fin de mellorar a calidade do evento.
• De traslado das indicacións e avisos emitidos polos responsables do evento, debendo existir
unha comunicación permanente co coordinador xeral.
• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu
ámbito de competencia.
A cantidade de persoal de este tipo que se require é de 3 persoas.
7
A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte
cálculo:
Dende 1 hora antes do comezo do evento ata 1 hora despois da finalización do mesmo os días 29/09/2019
e 30/09/2019. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas. Horas totais de prestación de servizos: 33
horas.
A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións
culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese
co grupo profesional IV. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o
prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 13,07 €/hora.
▪ Persoal Atención Sedes:
Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante a celebración do evento:
• De control e supervisión das necesidades de cada unha das sedes en base ao establecido pola
organización.
• De orientación e asistencia aos participantes segundo necesidade.
• De dinamización de espazos de actividades segundo necesidade.
• De información, asesoramento e colaboración cos monitores e/ou adestradores responsables
das sedes de actividade e/ou entidades deportivas responsables.
• De atención as iniciativas, queixas ou suxestións feitas polos cidadáns ou polo propio persoal
técnico de cada sede co fin de mellorar a calidade do evento.
• De apoio nas labores elementais de montaxe e desmontaxe dos elementos propios das sedes
(por exemplo, movemento de colchonetas, recolocación de vallas, reubicación de mesas, etc)
• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu
ámbito de competencia, especialmente todas aquelas que teñan que ver co deseño e
desenvolvemento das actividades deportivas.
Polas características especias que concorren neste posto, as persoas que realicen esta función deberán
dispoñer de titulación académico deportiva (preferentemente formación profesional grado superior).
A cantidade de persoal de este tipo que se require é de 6 a 18 persoas.
8
A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte
cálculo:
- 6 persoas dende as 9:00 horas ata as 16:30 horas do 29/09/2019. Xornada laboral normal.
Sen horas nocturnas.
- 18 persoas dende as 8:30 horas ata as 16:00 horas do 30/09/2019. Xornada laboral normal.
Sen horas nocturnas.
Horas totais de prestación de servizos: 180 horas.
A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións
culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese
co grupo profesional II. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o prezo
por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 16,17 €/hora.
▪ Locutor/a:
Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante a celebración do evento:
• De dinamización e animación á participación na festa do deporte durante os días propios do
evento.
• Realización de entrevistas a deportistas, participantes, presidentes de clubs colaboradores,
responsables políticos, …,durante os días do evento.
• Locución e dinamización in situ nas diferentes sedes do parque público de Galeras, Praza Roxa
e nas instalación deportivas de Santa Isabel.
• Locución e dirección dos actos de entrega de agasallos, inauguración e clausura da Festa do
Deporte.
• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu
ámbito de competencia.
Polas características singulares que concorren neste posto, a persoa que realice esta función deberán ter
experiencia previa en eventos de natureza semellante.
A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte
cálculo:
9
Xornada laboral normal. Horario do evento. Sen horas nocturnas. Horas totais de prestación de servizos:
7 horas.
A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións
culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese
co grupo profesional III. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o
prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 14,40 €/hora.
▪ Técnico de Son:
Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante o horario completo do evento:
• Coordinar o uso e dispoñibilidade en correcto estado de funcionamento dos equipos de son
que se distribuirán ao longo das sedes.
• Estar presente durante os principais actos do evento, garantizando que os equipos, micros,
etc., se atopan nas debidas condicións.
• Dimensionar a acústica de cada equipo as necesidades da actividade.
• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu
ámbito de competencia.
Polas características singulares que concorren neste posto, a persoa que realice esta función deberán ter
experiencia previa e a formación oportuna.
A estimación do cómputo do tempo de prestación de servizos de este posto correspóndese co seguinte
cálculo:
Dende a xornada anterior ao comezo do evento para a montaxe dos equipos de son ata 4 horas despois
da finalización do mesmo para a desmontaxe dos mesmos. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.
Horas totais de prestación de servizos: 20 horas.
A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións
culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese
co grupo profesional III. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o
prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 14,40 €/hora.
▪ Persoal de montaxe e loxística:
10
Para o desenvolvemento desta función estímase a necesidade de dispoñer de entre 3 e 7 persoas, que
serán as encargadas do traslado de equipamentos e da montaxe e desmontaxe de toda a infraestrutura
necesaria para o desenvolvemento da Festa do Deporte. Este persoal deberá estar dispoñible segundo o
cronograma que posteriormente se detalla, dende o día 26 ata o 2 de outubro para poder realizar os
traslados, almacenamento de materiais, montaxes necesarios e posterior desmontaxe de todo o
operativo, que se definirán nos días previos en función da programación que finalmente se elabore.
A efectos orientativos, tomando como referencia o ano anterior, está previsto unha media de 40 sedes
de actividade que poderán requirir da montaxe e traslado de diferente material, tanto o específico-
deportivo tipo colchonetas, dianas, vallas de atletismo, obstáculos, tapices de rítmica, canastras de
baloncesto, porterías de fútbol sala, etc., así como, o de carácter xeral e loxístico como vallas e cinta de
separación, conos, elementos identificativos, carpas, bancos, megafonías, sinalética, etc.
Pode ser preciso que parte do material deportivo sexa necesario trasladarse doutras cidades da provincia
dada a súa singularidade e especificidade, labor que deberá ser atendida polo adxudicatario.
CRONOGRAMA DE NECESIDADE DO PERSOAL DE MONTAXE:
DIAS MÍNIMO DE PERSOAS
Dende o 26 de setembro ao 2 de outubro 3 persoas
Dende o 28 setembro ao 1 de outubro (a maiores das anteriores) 4 persoas
A este posto seralle de aplicación o Convenio Colectivo autonómico de eventos, servizos e producións
culturais de Galicia (DOG 14/04/2015). Segundo o contemplado en este convenio o posto correspóndese
co grupo profesional V. Polo tanto, e conforme ao establecido na Resolución anteriormente citada, o
prezo por hora para o ano 2019 correspondente a este grupo profesional é de 14,40 €/hora
▪ Persoal de seguridade:
Este persoal desenvolverá a lo menos as seguintes funcións durante os horarios e días que figuran
determinados máis adiante:
• Vixiar e protexer os bens mobles, equipamentos e inmobles que se instalen no parque de
Galeras.
• Evitar a comisión de infraccións en relación co obxecto da súa protección.
11
• Realizar roldas periódicas a través dos distintos espazos das instalacións ubicadas no parque
público de galeras, con especial atención naqueles lugares de maior risco.
• Calquera outra función encomendada pola dirección e coordinación do evento, dentro do seu
ámbito de competencia de protección e vixilancia
A cantidade de persoal de este tipo que se require é de 2 persoas.
O horario do persoal de vixilancia será como mínimo o seguinte: Dende as 22:00 horas do 28/09/2019 ata
as 10:00 do 29/09/2019, dende as 15:00 do 29/09/2019 ata as 09:00 do 30/09/2019. Horas nocturnas.
Horas nocturnas non laborables. A localización do persoal de seguridade será o Parque público de Galeras.
Para o cálculo do custe de este persoal acudiuse a prezos de mercado de empresas do sector, xa que o
máis probable é que este servizo sexa externalizado polo adxudicatario.
H) RESUMO DO ESTUDO ECONÓMICO:
CUSTES ACUMULADOS
PERSOAL 10.378,15 €
INFRAESTRUCTURA E LOXÍSTICA 14.008,00 €
SINALÉTICA, COMUNICACIÓN E PUBLICIDADE 5.393,46 €
XESTIÓN E PRODUCIÓN 3.650,00 €
SUBTOTAL 1 33.429,61 €
Gastos Xerais (4%) 1.337,18 €
Beneficio Industrial (6%) 2.005,78 €
SUBTOTAL 2 36.772,57 €
IVE 21 % 7.722,24 €
TOTAL ORZAMENTO 44.494,81 €
12
Este estudo foi elaborado por persoal cualificado de Atlantic Ponte 2000 S.L.U..
En Santiago de Compostela a 10 de xullo de 2019.
Asdo. Xosé Ares González
13
ANEXO I: ESTUDO DESAGREGADO
SUBGRUPO 1: GASTOS DE PERSOAL
CÓDIGO CANTIDADE UD CONCEPTO PREZO SUBTOTAL IMPORTE
CUSTES LABORAIS MOCOR 76 hora Man de obra Coordinador 16,17 € 1.228,92 € 1.228,92 € MOATEN 33 hora Man de obra Atención Público 13,07 € 431,31 € 431,31 € MOATENSED 180 hora Man de obra Atención Sedes 16,17 € 2.910,60 € 2.910,60 € MOLOC 7 hora Man de obra Locutores 14,40 € 100,80 € 100,80 € MOTECSON 20 hora Man de obra Técnico de Son 14,40 € 288,00 € 288,00 € MOMON 352 hora Man de obra Montaxe e Loxística 12,12 € 4.266,24 € 4.266,24 € MOVIX 16 hora Man de obra Vixiante Diurna nonlab 14,10 € 225,60 € 225,60 € MOVIXNNL 44 hora Man de obra Vixiante Nocturna nonlab 16,97 € 746,68 € 746,68 €
CUSTES INDIRECTOSMOUNIF 30 unid Uniforme (Polo/Chaleco) (1 por persoa) 6,00 € 180,00 € 180,00 €
SUBTOTAL 10.378,15 €
SUBGRUPO 2: ALUGUEIRO DE INFRAESTRUCTURA E LOXÍSTICA
CÓDIGO CANTIDADE UD CONCEPTO PREZO UD SUBTOTAL DÍAS IMPORTE
ALUGUEIRO MATERIAL INFRAESTRUCTURA INFTRUS 1 unid Truss entrada rotulado. Tamaño mínimo 8x3,50m (s/ montaxe) 350,00 € 350,00 € 2 700,00 € INFESC6 1 unid Escenario de medidas mínimas 6,25x6,25x0,70m (s/ montaxe)(Moqueta ignífuga+rampa) 650,00 € 650,00 € 2 1.300,00 € INFMOST 4 unid Mostradores brancos pechados e rotulados 40,00 € 160,00 € 2 320,00 € INFMAST 30 unid Mástiles en forma de T (2m de altura + travesa 80 cm+ sistema fixación chan) 40,00 € 1.200,00 € 1 1.200,00 € INFGELEC50 1 unid Grupo electróxeno insonorizados de a lo menos 50 kva 100,00 € 100,00 € 2 200,00 € INFGELEC5 1 unid Grupo electróxeno insonorizado de a lo menos 5,5 kva 50,00 € 50,00 € 2 100,00 € INFTRANGE 1 unid Transporte Grupos electróxenos 200,00 € 200,00 € 1 200,00 € INFNEV 5 unid Neveiras tipo barra 40,00 € 200,00 € 2 400,00 € INFCAR 12 unid Carpas brancas de tamaño 3x3 m con sistema de anclaxe e/ou contrapesos 90,00 € 1.080,00 € 2 2.160,00 € INFCARROT 2 unid Carpas laranxa de tamaño 3x3 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. Rotuladas (SUMINISTRO) 250,00 € 500,00 € 500,00 € INFCARROT 3 unid Carpas brancas de tamaño 3x3 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. Rotuladas 90,00 € 270,00 € 2 540,00 € INFCAD 116 unid Cadeiras 2,00 € 232,00 € 2 464,00 € INFMES 37 unid Mesas cun tamaño mínimo de 1,80 x 0,75 x 074 cm 8,50 € 314,50 € 2 629,00 € INFASEOS 3 unid Aseos portátiles (Feminino, masculino e adaptado) 60,00 € 180,00 € 2 360,00 € INFCARGRAN 1 unid Carpa branca de tamaño 10x8 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. s/rotulación inchable 200,00 € 200,00 € 2 400,00 € INFRAMPACC 2 unid Rampas acceso Galeras 40,00 € 80,00 € 2 160,00 €
ALUGUEIRO MATERIAL SONINFSONCAI 4 unid Caixas de son PA autoamplificadas de 400W (Espazo Información) 50,00 € 200,00 € 2 400,00 € INFSONMES 1 unid Mesa de mesturas(Espazo Información) 40,00 € 40,00 € 2 80,00 € INFSONUSB 1 unid Reproductor de música con USB (Espazo Información) 30,00 € 30,00 € 2 60,00 € INFSONMIC 1 unid Micrófono inalámbrico (Espazo Información) 30,00 € 30,00 € 2 60,00 € INFSONDIA 1 unid Micrófono inalámbrico de diadema (Espazo Información) 30,00 € 30,00 € 2 60,00 € INFSONCOM 2 unid Combo caixa son/reproductor/micrófono inalámbrico 15" (Tipo IBIZA SOUND) 50,00 € 100,00 € 2 200,00 €
ALUGUEIRO MATERIAL SINALIZACIÓN E BALIZAMENTOINFSINVALD 50 unid Vallas deportivas inclinadas (s/ colocación) 4,00 € 200,00 € 2 400,00 € INFSINVAL 100 unid Vallas (s/colocación) 2,50 € 250,00 € 2 500,00 € INFSINCON 100 unid Conos diferentes medidas 1,95 € 195,00 € 2 390,00 € INFSINCIN 3500 m Cinta balizar rotulada (SUMINISTRO) 0,05 € 175,00 € 175,00 €
ALUGUEIRO LOXÍSTICA INFLOXFUR 1 unid Furgonetas con condutor con capacidade de carga útil de cómo mínimo 10m3 (c/combustible) 60,00 € 60,00 € 7 420,00 € INFLOXCAM 1 unid Camión con conductor (PMA aprox. 18Tm) (c/ combustible) 400,00 € 400,00 € 3 1.200,00 €
OUTRO MATERIALINFPEQMAT 1 unid Pequeno material de montaxe (cinta americana, bridas, corda…) 100,00 € 150,00 € 1 150,00 € INFEPIS 7 unid Epis Persoal Montaxe (Casco, calzado, guantes, arnés…) 40,00 € 280,00 € 1 280,00 €
14.008,00 € SUBTOTAL
SUBGRUPO 3: SINALÉTICA, COMUNICACIÓN E PUBLICIDADE
CÓDIGO CANTIDADE UD CONCEPTO PREZO SUBTOTAL IMPORTE
SUMINISTRO SINALÉTICA E IMAXE
IMPRLON3 3 unid Lona 300x150 cm con ojales según deseño 99,00 € 297,00 € 297,00 €
IMPRLAN 200 unid Lanyard según deseño (c/ mosqueton e funda) 2,00 € 400,00 € 400,00 € IMPRSEL 20 unid Selos redondos de 25 mm de diámetro según deseño 6,00 € 120,00 € 120,00 € IMPRVINT 30 unid Vinilo con traseira gris 25x75 cm 4,00 € 120,00 € 120,00 € IMPRLONMAP 2 unid Lonas mapas 250x250 cm 137,50 € 275,00 € 275,00 € IMPPULS 1800 unid Pulseiras tela según deseño 0,20 € 360,00 € 360,00 € IMPREV 2500 unid Revista informativa (cor/ 180x297 mm/ 4 páxinas) 0,50 € 1.250,00 € 1.250,00 € IMPGLOB 3 unid Globos latex rotulados 1 tinta 1 m diámetro (+ pp helio) 60,82 € 182,46 € 182,46 € IMPPVC4 5 unid Paneis PVC 40x70 cm impresos a cor 40,00 € 200,00 € 200,00 € IMPPANCAR 300 metros Pancarta cubrevalla impresa 2 caras 80 cm altura según deseño (+ Cliche) 1,33 € 399,00 € 399,00 €
ALUGUEIRO ESTRUCTURAS PUBLICITARIASESTPUBMAP 2 unid Estructuras para montar mapas 250x250 cm 100,00 € 200,00 € 200,00 €
COMUNICACIÓN E AUDIVISUALCOMVID 1 unid Cobertura audiovisual do evento (vídeo profesional) 1 cámara e operador 2 días 500,00 € 500,00 € 500,00 € COMREP 1 unid Edición e mestura reportaxe (duración aprox.3 / 4 min.) 500,00 € 500,00 € 500,00 € COMFOT 1 unid Cobertura fotográfica profesional do evento. 1 Fotógrafo 2 días 250,00 € 500,00 € 500,00 € COMSGAE 1 unid Cota SGAE 90,00 € 90,00 € 90,00 €
SUBTOTAL 5.393,46 €
SUBGRUPO 4: XESTIÓN E PRODUCIÓN EVENTO
CÓDIGO CANTIDADE UD CONCEPTO PREZO SUBTOTAL IMPORTE
ALM 1 unid Almacenaxe e acopio 300,00 € 300,00 € 300,00 € LOXINTER 1 unid Loxística e transportes dentro do termo municipal 150,00 € 150,00 € 150,00 € SEGRC 1 unid Seguro RC (Prorrateo) 200,00 € 200,00 € 200,00 € SEGACC 1 unid Seguro Accidentes 3.000,00 € 3.000,00 € 3.000,00 €
SUBTOTAL 3.650,00 €
CANTIDADE CONCEPTO PARÁMETROS CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN TOTAL UD CÓDIGO PARTIDA PREZO/HORA GRUPO CONVENIO
1 CoordinadorDende a data estimada de adxudicación do contrato 20/09/2019 ata o día
03/10/2019. Media xornada laboral. Sen horas nocturnas.76 hora MOCOR Man de obra Coordinador 16,17 € II
3 Persoal Atención ao Público
Dende 1 horas antes do comezo do evento ata 1 horas despois da finalización
do mesmo os días 29/09/2019 e 30/09/2019. Xornada laboral normal. Sen
horas nocturnas.
33 hora MOATEN Man de obra Atención Público 13,07 € IV
6 Persoal Atención SedesDende as 9:00 horas ata as 16:30 horas do 29/09/2019. Xornada laboral
normal. Sen horas nocturnas. 45 hora MOATENSED Man de obra Atención Sedes 16,17 € II
18 Persoal Atención SedesDende as 8:30 horas ata as 16:00 horas do 30/09/2019. Xornada laboral
normal. Sen horas nocturnas. 135 hora MOATENSED Man de obra Atención Sedes 16,17 € II
1 Locutores/as Xornada laboral normal. Horario do evento. Sen horas nocturnas. 7 hora MOLOC Man de obra Locutores 14,40 € III
1 Técnico de Son
Dende a xornada anterior ao comezo do evento para a montaxe dos equipos de
son ata 4 horas despois da finalización do mesmo para a desmontaxe dos
mesmos. Xornada laboral normal. Sen horas nocturnas.
20 hora MOTECSON Man de obra Técnico de Son 14,40 € III
3 Persoal de montaxe e loxísticaDende o día 26/09/2019 ata o día 02/10/2019. Xornada laboral diaria con
horario irregular. Días 26/27 e 02 (8 horas) 28/29/30/01(10 horas).192 hora MOMON Man de obra Montaxe 12,12 € V
4 Persoal de montaxe e loxísticaDende o día 28/09/2019 ata o día 01/10/2019. Xornada laboral diaria (10
horas).160 hora MOMON Man de obra Montaxe 12,12 € V
2 Vixiante Seguridade s/arma
Dende as 22:00 horas do 28/09/2019 ata as 10:00 do 29/09/2019, dende as
15:00 do 29/09/2019 ata as 09:00 do 30/09/2019. Horas nocturnas. Horas días
non laborables.
16 hora MOVIX Man de obra Vixiante Diurna nonlab 15,67 €
44 hora MOVIXNNL Man de obra Vixiante Nocturna nonlab 16,97 €
29/09/2019 11:00 a 14:30
30/09/2019 10:30 a 14:00
HORARIO DO EVENTO:
CÓMPUTO TEMPO PRESTACIÓN SERVIZOS PERSOAL
MOCOR Man de obra Coordinador
MOATEN Man de obra Atención Público
MOATENSED Man de obra Atención Sedes
MOLOC Man de obra Locutores
MOTECSON Man de obra Técnico de Son
MOMON Man de obra Montaxe e Loxística
MOVIX Man de obra Vixiante Diurna
MOVIXN Man de obra Vixiante Nocturna
MOVIXNNL Man de obra Vixiante Nocturna nonlab
MOUNIF Uniforme (Polo/Chaleco) (1 por persoa)
INFTRUS Truss entrada rotulado. Tamaño mínimo 8x3,50m (s/ montaxe)
INFESC6 Escenario de medidas mínimas 6,25x6,25x0,70m (s/ montaxe)(Moqueta ignífuga+rampa)
INFMOST Mostradores brancos pechados e rotulados
INFMAST Mástiles en forma de T (2m de altura + travesa 80 cm+ sistema fixación chan)
INFGELEC50 Grupo electróxeno insonorizados de a lo menos 50 kva
INFGELEC5 Grupo electróxeno insonorizado de a lo menos 5,5 kva
INFTRANGE Transporte Grupos electróxenos
INFNEV Neveiras tipo barra
INFCAR Carpas brancas de tamaño 3x3 m con sistema de anclaxe e/ou contrapesos
INFCARROT Carpas laranxa de tamaño 3x3 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. Rotuladas (SUMINISTRO)
INFCARROT Carpas brancas de tamaño 3x3 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. Rotuladas
INFCAD Cadeiras
INFMES Mesas cun tamaño mínimo de 1,80 x 0,75 x 074 cm
INFASEOS Aseos portátiles (Feminino, masculino e adaptado)
INFCARGRAN Carpa branca de tamaño 10x8 m con sist. de anclaxe e/ou contrap. s/rotulación inchable
INFSONCAI Caixas de son PA autoamplificadas de 400W (Espazo Información)
INFSONMES Mesa de mesturas(Espazo Información)
INFSONUSB Reproductor de música con USB (Espazo Información)
INFSONMIC Micrófono inalámbrico (Espazo Información)
INFSONDIA Micrófono inalámbrico de diadema (Espazo Información)
INFSONCOM Combo caixa son/reproductor/micrófono inalámbrico 15" (Tipo IBIZA SOUND)
INFSINVALD Vallas deportivas inclinadas (s/ colocación)
INFSINVAL Vallas (s/colocación)
INFSINCON Conos diferentes medidas
INFSINCIN Cinta balizar rotulada (SUMINISTRO)
INFLOXFUR Furgonetas con condutor con capacidade de carga útil de cómo mínimo 10m3 (c/combustible)
INFLOXCAM Camión con conductor (PMA aprox. 18Tm) (c/ combustible)
INFPEQMAT Pequeno material de montaxe (cinta americana, bridas, corda…)
INFEPIS Epis Persoal Montaxe (Casco, calzado, guantes, arnés…)
IMPRLON3 Lona 300x150 cm con ojales según deseño
IMPRLAN Lanyard según deseño (c/ mosqueton e funda)
IMPRSEL Selos redondos de 25 mm de diámetro según deseño
IMPRVINT Vinilo con traseira gris 25x75 cm
IMPRLONMAP Lonas mapas 250x250 cm
IMPPULS Pulseiras tela según deseño
IMPREV Revista informativa (180x297 mm e 4 páxinas)
IMPGLOB Globos latex rotulados 1 tinta 1 m diámetro (+ pp helio)
IMPPVC4 Paneis PVC 40x70 cm impresos a cor
IMPPANCAR Pancarta cubrevalla impresa 2 caras 80 cm altura según deseño (+ Cliche)
ESTPUBMAP Estructuras para montar mapas 250x250 cm
COMVID Cobertura audiovisual do evento (vídeo profesional) 1 cámara e operador 2 días
COMREP Edición e mestura reportaxe (duración aprox.3 / 4 min.)
COMFOT Cobertura fotográfica profesional do evento. 1 Fotógrafo 2 días
COMSGAE Cota SGAE
ALM Almacenaxe e acopio
LOXINTER Loxística e transportes dentro do termo municipal
SEGRC Seguro RC (Prorrateo)
SEGACC Seguro Accidentes
LISTAXE PARTIDAS