experiencia sensible

25
1 Que podo coñecer? Os procesos básicos do coñecemento.

Upload: eva-garea-traba

Post on 13-Jun-2015

7.801 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Experiencia sensible

1

Que podo coñecer?Os procesos básicos do

coñecemento.

Page 2: Experiencia sensible

O CEREBRO UNHA FERRAMENTA EVOLUTIVA

• O cerebro humano pesa aproximadamente 1300-1500 gramos. A súa superficie (a cortiza cerebral), extendida, cubriría unha superficie de 1800-2300 centímetros cuadrados. No seu interior hai uns 22,000 millóns de neuronas.

2

Page 3: Experiencia sensible

3

Page 4: Experiencia sensible

A asimetría do cerebro

• especialización de cada unha das rexións cerebrais para distintas funcións:– hemisferio esquerdo Relaciónase coa capacidade analítica:

• control do aparato fonador e funcións lingüísticas • manexo lóxico da información• control do tempo• planificación, execución e toma de decisións• tamén á memoria a longo prazo • pensamento hipotético dedutivo.

– O hemisferio dereito se relaciona coa capacidade intuitiva:• elabora e procesa a información (sons, imaxes, olores ou

sensacións) • Integra nun todo. • Dirixe as habilidades visuais, artísticas e musicais

• A especialización determina:– uso dominante da man dereita (rexida polo hemisferio esquerdo) – o cruce dos hemicampos visuais de ambos os ollos.– Supón unha diferenza no modo de interpretar información– permite a creatividade e a invención.

Page 5: Experiencia sensible

5

Page 6: Experiencia sensible

O CEREBRO UNHA FERRAMENTA EVOLUTIVA

6

ÁREAS DA CORTIZA CEREBRAL

Page 7: Experiencia sensible

7

PERO, CÓMO REPRESENTAMOS O MUNDO NA NOSA MENTE?:

– O que facemos é detectar a enerxía física do ambiente que nos rodea e codificala en sinais de tipo nervoso. Este proceso denóminase:

SENSACIÓN.

– A sensación é o proceso cerebral primario procedente dos nosos sentidos principais, é dicir:

• VISTA,• TACTO, • OLFATO, • GUSTO • OÍDO.

Page 8: Experiencia sensible

8

CÓMO FUNCIONA A SENSACIÓN?

A SENSACIÓN COMEZA CANDO UN ESTÍMULO (enerxía) afecta un terminal nervoso nos órganos dos sentidos e transforma a enerxía en menxases nervosos (transducción sensorial)

• Umbral absoluto: hai unha estimulación mínima necesaria para detectar un estímulo específico. Por debaixo deste umbral o estímulo non é detectado.– O Umbral non é o mesmo para todo o mundo, inflúe nel a experiencia,

expectativas, fatiga e capacidade sensorial..

– Exemplo: Cando esperamos que chegue algúen á casa escoitamos con máis claridade os pasos ou o ruído do ascensor, que cando non o esperamos e baixa o nivel de atención.

– Os estímulos subliminais son aqueles que captamos sen decatarnos por debaixo do umbral absoluto

– A adaptación sensorial: disminución da sensibilidade como consecuencia dunha estimulación constante.

– Exemplo cando cheiras moitotempo un perfume, xa non o sintes.

Page 9: Experiencia sensible

9

A VISTA

• A transducción sensorial permite converter a enerxía luminosa en imaxes.

QUÉ É A ENERXÍA LUMINOSA?

– información electromagnética que o noso sistema visual interpreta como cor.

– O espectro electromagnético é máis amplo do que o noso sistema visual nos permite percibir.

– Cada especie é sensible a diferentes rangos do espectro.– As características físicas da luz que definen a nosa experiencia visual

son a lonxitude e a amplitude de onda.

cor

intensidade

Page 10: Experiencia sensible

10

A VISTA

– A luz entra no ollo a través da córnea, posteriormente pasa á pupila, o iris encargase de regular a cantidade de luz que ingresa. Detrás da pupila está o cristalino que se encarga de enfocar os raios de luz sobre la superficie sensible a la luz, invirtiendo a súa curvatura no proceso de acomodación. A superficie interior sensible á luz sobre que se proxectan os raios é a retina.

Page 11: Experiencia sensible

11

A VISTA

• Unha vez chegaron os raios á retina atravesan a primeira capa ata chegar aos bastóns e os conos (células receptoras encargadas de convertir a enerxía luminosa en sinais nerviosas mediante cambios químicos).

– os conos: están agrupados aoredor da fóvea. Permiten la percepción de los colores, pero precisan moita iluminación. (3 tipos de receptores da cor:vermello, verde e azul)

– os bastóns: situados na periferia da retina permiten detectar o negro, o blanco e o gris. Son esenciais na visión periférica e con pouca luz.

Page 12: Experiencia sensible

12

A VISTA

• As sinais nervosas activan as células bipolares que, a a súa vez activan as células ganglionais. Os axóns da rede de células ganglionares configuran o nervio óptico, que encarga de transportar a información al cerebro.

Page 13: Experiencia sensible

13

A AUDICIÓN

• Como na visión, as propiedades das ondas acústicas son as que estimulan o noso sistema auditivo.

– Lonxitude de onda: distancia entre o vértice dunha onda ata o vértice da sequinte onda. Implicada na tonalidade.

– Amplitude de onda: a distancia existente entre o vértice e a súa base. Implicada na intensidade.

Page 14: Experiencia sensible

14

A AUDICIÓN

• O ouvido é o órgano encargado de permitir a audición, convirte as ondas sonoras en actividade neuronal.

– O ouvido externo canaliza as ondas auditivas a través do conducto auditivo externo ata o tímpano. O oído transmite as vibracións causadas polo tímpano (a través do martelo, bigorna e estribo) ata cóclea (situada no ouvido interno). As vibracións na cóclea provocan unha serie de ondas na membrana basilar onde a súas células ciliadas desencadean impulsos na fibras contiguas que converxen para formar o nervo auditivo. Desde onde se enviaran as mensaxes nervosas á cortiza auditiva situada no lóbulo temporal.

Page 15: Experiencia sensible

15

A AUDICIÓN

CÓMO DETECTAMOS A DISPARIDADE DE TONS?:

– Teoría do lugar de Helmholtz: relaciona o ton co lugar da membrana da cóclea na que se produce a estimulación.

– Teoría da frecuencia: o ritmo dos impulsos nervosos que viaxan polo nervo acústico corresponde a frecuencia dun ton.

CÓMO LOCALIZAMOS DE ÓNDE PROVÉN UN SON?:

– As ondas sonoras golpean un ouvido antes que ao outro e con máis intensidade. O noso cerebro interpreta esa información e usaa para ubicar a orixe do son.

http://tresdimension.es/

Page 16: Experiencia sensible

16

O GUSTO

• É un sentido químico.• Funciona a través dunha serie de receptores específicos para que se rexeneran

cada dúas ou tres semanas• Inclúe catro sensacións básicas: doce, acédo, salgado, amargo. (da súa interacción

xurden outros gustos)• O envellecemento e o abuso de sustancias producen dexeneración das papilas

gustativas.

• O sentido do gusto interacciona con outros sentidos (vista e olfato).

• Non recoñecemos o sabor dalgúns elementos (proteinas ou grasas) pero podemos sentir aversión por eles a través do olfato.

Page 17: Experiencia sensible

17

O ULIDO

• É un sentido químico.

• Cinco millóns de células receptoras parecen identificar os olores de forma individual.

• As moléculas (transportadas no ar) chegan á nosas células receptoras (5 millones) situadas na parte superior da cavidade nasal percibimos o ulido.

• O sentido olfativo está vinculado ao recordo de experiencias

• Hai unha conexión directa entre a cortiza sensorial olfativa e o cerebro límbico (asociados coa memoria e a emoción).

Page 18: Experiencia sensible

18

O TACTO

• O órgano encargado de captar os estímulos táctiles é a pel, que recubre a totalidade do noso corpo: fundamental na construcción dos mapas corporais.

• O sentido do tacto é a mestura resultante de, como mínimo, catro sentidos epidérmicos distintos: presión, calor, frío e dor.

– só se coñecen os relacionados coa presión.– As variacións nestes sentidos producen nalgúns casos dor.– É unha función dos sentidos e do cerebro

¿Por qué sentimos dor?Teoría da porta de control de Melzack y Wall (1965, 1983):

A médula espinal conten “portas” nervosas que bloquean os sinais de dor ou permiten que cheguen ao cerebro. A “porta” abrese pola actividade dos sinais de dor que ascenden polas fibras nervosas curtas A “porta” pechase grazas á actividade das fibras nervosas máis longas ou pola información que provén do cerebro.

Page 19: Experiencia sensible

19

PERCEPCIÓN

• Os datos dos sentidos recóllense nas diferentes cortizas sensoriais.Datos do sentido externo: producto dos obxectos exteriores

Datos do sentido interno: producto dos estados do noso corpo (sentido cinestetico, estado das visceras…): MAPA CORPORAL.

SENSACIÓN: datos que surden na cortiza sensorial a partir dos estímulos recibidos polos órganos dos sentidos.É un proceso inconsciente.PERCEPCIÓN: organización e interpretación dos datos dos sentidos para producir coñecemento.É un proceso consciente.Inclúe na interpretación as experiencias y as expectativas (estados previos do corpo)

Non se poden separar sensación e percepción. Mesturánse nun proceso continuo.

Page 20: Experiencia sensible

20

TEORÍA DA GESTALT

CÓMO ORGANIZA A NOSA MENTE AS PERCEPCIÓNS?• A TEORÍA DA GESTAL:

• Considera que o ser humano, recibe as sensacións e organizaas nunha “gestalt” (conxunto ou forma).

• Afirma que a percepción do conxunto (gestalt) supera a suma das partes do mesmo. • O principio que rexe a percepción é a tendencia a reunir os estímulos en formas

completas, este proceso inclúe o proceso de sensación e o de percepción.• Describe os principios de organización que seguimos os humanos para organizar as

sensacións en percepcións.

A PERCEPCIÓN DA FORMA:

Figura e fondo.

Agrupación:

Principio de proximidade.

Principio de semellanza.

Principio de continuidade.

Principio de conexión.

Principio de peche.

A PERCEPCIÓN DA PROFUNDIDADE:

a pista binocular. as pistas monoculares:

Tamaño relativo.Interposición.Claridade relativa.Gradiente de textura.Altura relativa.Movemiento relativo.Perspectiva lineal.Luces e sombras.

A CONSTANCIA PERCEPTIVA:as constancias da forma e o tamaño.a constancia da luminosidade.

A PERCEPCIÓN DO MOVEMENTO:

Fenómeno phi.

Page 21: Experiencia sensible

21

A PERCEPCIÓN DA FORMA

QUÉ FAI A NOSA MENTE PARA PERCIBIR E DIFERENCIAR FORMAS?:

• Figura e fondo: temos que percibir un estímulo en contrate cun fondo que o rodea- Pero podemos revertir a relación fondo-figura. (isto proba a existencia de diferentes percepción de un mesmo estímulo)

• Agrupación: Unha vez separada la figura del fondo, debemos organizar a figura en formas que teñan sentido.

Principio de proximidade: Agrupamos as figuras que están máis próximas.Principio de semellanza: Agrupamos as figuras que son similares.Principio de continuidade: Percibimos mellor os trazos continuos que os discontinuos.Principio de conexión: Cando as manchas, líñas ou áreas son uniformes e están unidas, percibimolas coma se fosen unidades.Principio de peche: Tendemos a encher os espaczos para crear un obxecto completo e unido.

Page 22: Experiencia sensible

22

PERCEPCIÓN DA PROFUNDIDADE

QUÉ FAI A NOSA MENTE PARA CALCULAR A DISTANCIA AOS OBXECTOS?

•A retina capta imaxes en dúas dimensións que organizamos en percepcións tridimensional (permite calcular a distancia á que se atopan os obxectos)

• O experimento do precipicio visual (Gibson e Walk) demostrou que esta capacidade é, en parte, innata.

PISTA BINOCULAR: serve para captar a profundidade (require os dous ollos)Disparidade retiniana: separación dos ollos 6 cm produce diferentes imaxes rexistradas que son unha pista sobre a distancia relativa dos obxectos. A converxencia: xurde a partir do xiro cara o interior que se produce ao mirar un obxecto cercano; o cerebro observa o ángulo de converxencia e a partir de aí pode calcular a distancia do obxecto percibido.

PISTA MONOCULAR: (so un ollo) Tamaño relativo: Se supoñemos que dous obxectos teñen un tamaño similar, percibimos máis afastado o que produce a imaxe máis pequena. Interposición: Se un obxecto tapa parcialmente a outro, percibímolo como máis próximo.Claridade relativa: percibimos os obxectos borrosos como máis afastados que os obxectos claros.Gradiente textura: O cambio gradual dunha textura rugosa a unha textura fina, confunde as sinais aumentando as distancias.Altura relativa: Percibimos máis afastados os obxectos máis altos no campo de visión.Movemento relativo: Cuando nos movemos, puede parecer que os obxectos estáticos se moven.Perspectiva lineal: As líñas paralelas parecen converxer na distancia.Luces e sombras: Os obxectos próximos reflicten máis luz.

Page 23: Experiencia sensible

23

PERCEPCIÓN DO MOVEMENTO -

CÓMO LOGRA O NOSOS CEREBRO PERCIBIR O MOVEMENTO?:

• O cerebro calcula o movemento en función do suposto de que os obxectos que se afastan, diminuen de tamaño e os que se achegan, aumentan de tamaño.

• O cerebro interpreta como movemento continuo unha serie de imaxes que se presenten de manera continuada e a elevada velocidade (movemento estroboscópico).

• Cando pasamos a vista entre dous estímulos similares dunha forma rápida e continúa, vemos só un estímulo que se move dun lado ao outro. (efecto phi)

Page 24: Experiencia sensible

24

ILUSIÓNS PERCEPTIVAS

• Unha ilusión xurde polo conflicto entre a información visual e sensorial que se resolve, por norma xeral, porque a mente humana acepta os datos visuais de forma prioritaria. (preponderancia visual)

• A preponderancia visual fainos máis as ilusións visuais. O noso sentido dominante visualiza algo que, en principio, non pode explicarse.

Page 25: Experiencia sensible

25

INTERPRETACIÓN PERCEPTIVA

A PERCEPCIÓN, NON SÓ DEPENDE DAS LEIS DE PERCEPCIÓN – Na percepciónn inflúen as experiencias previas que transmiten unha

constancia perceptiva baseada en coñecementos anteriores e expectativas.

– Tamén inflúe a información contextual.