exposición os volcáns

13

Upload: guest778221

Post on 24-May-2015

451 views

Category:

Education


2 download

DESCRIPTION

Aprendendo sobre os volcáns

TRANSCRIPT

Page 2: Exposición  os volcáns

Erupción dun volcán en ISLANDIA

Las cenizas del volcán Eyjafjalla se elevaron en una nube de 10

kilómetros

Page 3: Exposición  os volcáns

Os volcáns

• Estes días estamos un pouco

asustados porque oímos que

non poden voar os avións por

culpa da erupción do volcán

EYJAFJALLA en Islandia.

• Pero…, que é un Volcán ??

E…. por que pode facer tanto

mal??

• Os nenos de 2º puxémonos a

investigar.

Page 4: Exposición  os volcáns

Que é un volcán?

Por que se produce? Partes dun volcán Tipos de volcáns

Page 5: Exposición  os volcáns

Que é un volcán?

• Un volcán é unha abertura na

Terra pola que saen gases,

lava, e materiais sólidos como

as bombas volcánicas, lapilli ...

• Algúns volcáns producen

explosións moi fortes. Lanzan

polo aire cinsas e rochas

ardendo que sepultan e

queiman todo o que hai

arredor.

• O magma que sae polo cráter

pode chegar moi lonxe.

Page 6: Exposición  os volcáns

Por que se producen os volcáns?

• O interior da terra está

formado por rochas

derretidas nas que flotan as

placas tectónicas .

(Continentes)

• Cando chocan as placas ,

rompe a codia terrestre e

sae a lava, cinsas,… que

forman o volcán.

• Hai moitos millóns de anos

había moitos volcáns na

terra e deron lugar a

atmósfera, aos mares e as

montañas.

Page 7: Exposición  os volcáns

Partes dun volcán• Magma: rochas fundidas

que saen ao exterior

• Cráter: boca ou burato

por onde sae ao exterior

a lava e os gases.

• Chimenea: Fendedura

por onde sube o magma

dende a cámara

magmática.

Cinsas: anacos pequeniños de rochas mesturados con gases que saen ao exterior.Cámara magmática:Bolsa onde está o magma incandescente no interior da terra.Fumarolas: gases que saen ao exterior por pequenas fendeduras da terra.

Page 8: Exposición  os volcáns

Tipos de volcáns.• Segúndo a forma :

• Submarino: Son os que

abren debaixo da auga.

Poden chegar a formar illas.

• Cónicos: Son os que botan

lava moi espesa que cando

seca forma unha montaña

moi alta.

• En escudo: Botan lava moi

líquida que se estende

moito antes de arrefriar.

Page 9: Exposición  os volcáns

• Segundo a erupción :• Hawaiano : Bota moita lava

e poucos gases.• Estromboliano: fai

explosións cada pouco tempo e forma grandes conos volcánicos. Bota moitos gases.

• Vulcaniano: Desprende moitos gases e moita cinsa. E fai explosións moi fortes.

Page 10: Exposición  os volcáns

Curiosidades.

Perigos dun volcán

• Que a lava chegue a unha poboación e a destrúa como pasou en Pompeya (Italia)

• Que as cinsas cubran moito espacio e non deixen pasar a luz do sol, contaminen o aire e non se poida respirar

• Que produzan olas xigantescas co risco de inundacións.

Page 11: Exposición  os volcáns

• Beneficios dun volcán:

• As rochas volcánicas úsanse

para pulir, para fregar, revestir

fornos,…

• As augas termais para curarnos.

• As cinsas serven de abono para

as leiras.

• Hai uns 1.500 volcáns activos

en todo o mundo. Se non

houbese terremotos e volcáns

poderíase acabar a vida sobre a

terra.

 

Page 12: Exposición  os volcáns

Volcáns famosos

Nevado del Ruíz . Colombia. Fuji-Yama. Japón Etna. Italia

Teide . Canarias Santa Helena (Estados unidos) Vesubio (Italia)

Page 13: Exposición  os volcáns

Bibliografía

La voz de Galicia.

es.wikipedia.org/wiki/Volcán

Toda esta información e as imaxes son usadas exclusivamente con fins educativos. Se algunha estivera protexida con dereitos de autor , rogamos no lo comuniquen para retirala.

centros3.pntic.mec.es/cp.valvanera/volcanes/.../quesn.html

El universo de los jóvenes. ¿Qué es? Grijalvo

El universo de los jóvenes. ¿Dónde? Grijalvo

Nuestro planeta Tierra. Edelvives