facultade de filosofÍa...josé luis abellÁn: historia del pensamiento español. de séneca a...
TRANSCRIPT
FACULTADE DE FILOSOFÍA
Grao en Filosofía
FILOSOFÍA ESPAÑOLA E GALEGA
Guía Docente
2016-17
Guía Docente
1. Datos descritivos da materia
Código: G5031223
Carácter: Obrigatoria
Convocatoria: 2º semestre
Créditos: 6 teórico-prácticos
Profesorado:
Marcelino Agís Villaverde
Catedrático de Filosofía,
Tlf. 8818 12520 ; E-mail: [email protected]
Titorías: luns, martes e venres: 9:00 h a 11:00 h.
Lugar: Despacho D-207, Facultade de Filosofía, 2º andar
Oscar Parcero Ouviña
Profesor facultade de Filosofía
Despacho D-213
Tlf.: extensión 12518 - email: [email protected]
Titorías: Martes e xoves de 10 a 13 h.
Idioma no que se imparte: Castelán/Galego
2. Situación, significado e importancia da materia no ámbito
da titulación.
2.1. Módulo ao que pertence a materia no Plan de Estudos.
Materias coas que se relaciona.
As filosofías española e galega reúnen a aqueles autores, filósofos,
ensaístas, literatos –nalgún caso- que teñen contribuído á historia da
filosofía universal dende a particular circunstancia española e galega.
Completan a visión que se ofrece ao longo do grao da historia e
correntes actuais da Filosofía.
2.2. Papel que xoga este curso nese bloque formativo e no
conxunto do Plan de Estudos.
Impártese no segundo curso do grao para que o estudante poida ir
coñecendo en paralelo as achegas filosóficas realizadas polos autores
clásicos da historia da filosofía universal e da historia do pensamento
galego e español.
2.3. Coñecementos previos (recomendados/obrigatorios) que
os estudantes deben posuír para cursar a materia.
Malia non ser obrigatorio, é moi recomendable que o estudante teña
cursado as materias do primeiro curso do Grao en Filosofía, en
particular as que lle ofrezan unha perspectiva histórica da Filosofía.
3. Obxectivos da aprendizaxe e competencias a alcanzar polo
estudante coa materia.
3.1. Obxectivos da aprendizaxe.
• Familiarizar aos estudantes coas principais concepcións das
filosofías española e galega.
• Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
• Adestrar na capacidade para interpretar os textos filosóficos
dos autores máis sobranceiros, a través dos seus xéneros literarios
especificos.
• Enmarcar a disciplina entre as correntes actuais da Filosofía.
• Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita.
• Posibilitar a análise crítica da información e mensaxes da
sociedade actual.
3.2. Competencias xerais.
• Capacidade para ler de xeito comprensivo un texto filosófico
pertencente ás tradicións española e galega.
• Capacidade para identificar os principais autores de ambas
tradición.
• Capacidade para estudar e aprender de forma autónoma.
• Capacidade para presentar de forma oral e escrita un traballo
de iniciación á investigación.
3.3. Competencias específicas.
• Coñecer os alicerces doutrinais da disciplina: principais
conceptos e a súa evolución.
• Utilizar os procedementos de análise do texto filosófico para
comprender o pensamento dos autores españois e galegos.
• Achegar aos estudantes aos momentos máis relevantes do
pensamento español e galego.
3.4. Competencias transversais.
• Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na
discusión de problemas.
• Habilidade para obter información tanto de fontes primarias
como secundarias, incluíndo a obtención de información on-line.
4. Contidos do curso
4.1. Epígrafes do curso
Tema 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso español e
galego.
Tema 2: Das orixes á Idade Media.
Tema 3: A Ilustración española y galega
Tema 4: O século XIX: a descuberta da identidade.
Tema 5: O século XX no pensamento español e galego
4.2. Bibliografía recomendada
BÁSICA E COMPLEMENTARIA
A bibliografía específica, tanto en el que atinxe ás fontes como á
literatura secundaria, facilitarase nas clases ao finalizar a exposición
dos correspondentes temas.
Para una primeira orientación e axuda no terreo bibliográfico dos
temas del Programa, pódese consultar as seguintes obras.
a) Pensamento Español
José Luis ABELLÁN: Historia del pensamiento español. De Séneca a
nuestros días. Madrid, Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 1996.
Guillermo FRAILE: Historia de la Filosofía Española (2 vols.), BAC,
Madrid.
Alan GUY: Historia de la Filosofía Española. Barcelona. Anthropos,
Barcelona 1985.
Manuel MACEIRAS FAFIÁN (Editor y coordinador) y AA.VV.:
Pensamiento Filosófico Español. Volumen I. De Séneca a Suárez.
Volumen II. Del Barroco a nuestros días., Editorial Síntesis, Madrid,
2002.
Manuel SUANCES MARCOS: Historia de la Filosofía Española
Contemporánea.. Editorial Síntesis, Madrid 2006.
b) Pensamento galego
Marcelino AGÍS VILLAVERDE: Crónica viva do Pensamento Galego,
IGESCO/ Ed. galaxia, Vigo 2001.
José Luis BARREIRO BARREIRO (coord.): O pensamento galego na
Historia, Servizo de Puiblicacións da USC, 1999.
AA.VV: Diccionario Enciclopédico do Pensamento galego, Ed.
Xerais/Consello da Cultura Galega, Vigo, Santiago, 2008.
TEMA 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso
español e galego.
1. Sentido do tema (Introdución)
Na expresión “filosofía española” así como na expresión
“pensamento galego”, formúlase un problema inicial: que
entendemos por filosofía/pensamento. É un asunto que está
intimamente relacionado co desenvolvemento histórico de ambos
ámbitos temáticos. Segundo o que entendamos por “filosofía” e por
“pensamento” formarán parte uns autores ou outros da historia do
pensamento ou da filosofía de ambas tradicións (española e galega).
Cómpre reflexionar sobre a dimensión dos tres termos implicados nas
expresións “Historia da Filosofía Española e Galega”
2. Epígrafes do tema.
A). ¿Que entendemos por Filosofía?
B) Filosofía española e galega: o problema das filosofías nacionais
3. Bibliografía
ABELLÁN, J.L.: Historia crítica del pensamiento español, Ed. Espasa-
Calpe, Madrid, vol. I, 1979.
AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do pensamento galego, Igesco,
Vigo 2001 (Introducción).
-----------: Historia do pensamento galego contemporáneo.
Contribucións da Filosofía á cultura actual, Deputación de A
Coruña, 2016.
-----------: Voz “Filosofía”, en Gran Enciclopedia Galega Silverio
Cañada, vol. XVIII , Lugo 2003.
-----------: “Filosofía Galega” en AA. VV.: 23 Letras para un país, Ed.
Compostela, Santiago 199 .
-----------: El pensamiento filosófico en Galicia, Revista Gavieiro,
Buenos Aires, nº 3, dic. 2008.
BALIÑAS FERNÁNDEZ, C.A.: Pensamento Galego I, Ed. SEPT, Vigo
1977 (Limiar).
-----------: “Epílogo”, en AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do
pensamento galego, (citado).
BUENO, G. "Sobre el concepto de historia de la filosofía española", El
Basilisco, n.º 10, 1991
FRAILE, G.: Historia de la Filosofía Española, BAC, Madrid 1971 (vol.
1: Introducción. El problema de la Filosofía española, pp. 3-
30).
GARCÍA CAMARERO, Ernesto y Enrique: La polémica de la ciencia
española, Madrid, Alianza Editorial, 1970.
GAOS, J.: Pensamiento de la Lengua española, México 1954.
GUY, A.: Histoire de la philosophie espagnole, Toulouse, Publications
de L'Université de Toulouse-Le Mirail, 1985 (Trad. esp.:
Historia de la Filosofía española, Ed. Anthropos, Barcelona
1985).
GUY, A.: Filósofos españoles de ayer y de hoy, Ed. Losada, Buenos
Aires 1966.
REGUEIRA, R.: "A Filosofía e a Filosofía Galega", en BARREIRO
BARREIRO, X.L. (coord.): O pensamento galego na Historia
(Aproximación crítica); Serv. Publicaciones de la Universidad
de Santiago de Compostela, 1990.
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentacións teóricas por parte do profesor, os
estudantes realizará un comentario de texto sobre o problema das
filosofías nacionais, con especial referencia ao caso español e galego.
TEMA 2. Das orixes á Idade Media.
1. Sentido do tema (Introdución)
Establecido que existe un saber chamado filosofía, todo o
problemático que se queira, falta por descubrir se existe una filosofía
española y gallega, comenzando pola Antigüidade. Trátase de saber,
en primeiro lugar, se existiron filósofos ou, de forma máis xenérica,
pensadores en España e en Galicia desde a Antigüidade; e, en
segundo lugar, se as súas obras filosóficas ou de pensamento teñen
un carácter propio e distintivo con respecto a de pensadores doutros
países.
2. Epígrafes do tema.
A) O pensamento Hispano-romano: Séneca
B) A antigüidade na Galaecia: Paulo Orosio
3. Bibliografía
A) Sobre Séneca
A) FONTES
SÉNECA, Obras Completas, Ed. Aguilar, Madrid 1966.
B) BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA
ABELLÁN, J.L.: Historia crítica del pensamiento español, Editorial
Espasa-Calpe, Madrid, Vol. 1, 1979.
MAESTRE SÁNCHEZ, A.: “La Hispania Romana y la Corduba patricia:
la filosofía de Lucio Anneo Séneca”, en MACEIRAS FAFIÁN, M.
(editor): Pensamiento filosófico español. Vol.1. De Séneca a Suárez.
Editorial Síntesis, Madrid, 2002.
MENÉNDEZ PELAYO, M.: “Escuelas filosóficas españolas: senequismo,
averroísmo, maimonismo, lulismo, suarismo, vivismo”, en La Ciencias
Española, I, 212-226.
___________: “La España romana: Séneca”, en Historia de las Ideas
estéticas, I, pp. 205-213.
ZAMBRANO, M.: Pensamiento vivo de Séneca, Cátedra, Madrid, 1987.
B) Sobre Paulo Orosio
1) Fontes
OROSIO, Paulo: (1982). Historias. Obra completa. Madrid: Editorial
Gredos.
1. Volumen I: Historias: Libros I-IV. Madrid: Editorial Gredos.
1982.
2. Volumen II: Historias: Libros V-VII. Madrid: Editorial Gredos.
1982..
OROSIO, Paulo (2008). Historias contra los paganos. Prensas
Universitarias de Zaragoza
2) Secundaria:
AGÍS VILLAVERDE,M.: Crónica viva do pensamento galego, Igesco,
Vigo 2001.
FUENTES DE LA ROSA, María Luisa, Orosio y su tiempo, 1ª Edición,
Madrid: Editorial de la Universidad Complutense de Madrid, 1990.
TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro, Paulo Orosio. Su vida y sus obras, 1ª
Edición, La Coruña: Fundación Pedro Barrie de la Maza Conde de
Fenosa, 1985, pp. 15-84.
CORTESAO, Armando, “Paulo Orósio :presbítero bracarense, criador
do estudo da geografía e da história na idade média”, en Memorias da
Academia das Ciências de Lisboa Nº 10, 1966.
FABBRINI, Fabrizio, Paulo Orosio: uno storico, 1ª Edición, Roma:
Edizioni di Storia e Letteratura, 1979.
LÓPEZ BARJA DE QUIROGA, Pedro, “El Poder en la "Gallaecia"
romana: Hidacio e Orosio”, en Semana Galega de Historia Nº 7, 1999,
pp. 61-72.
MORESCHINI, Claudio, “Orosio”, en MORESCHINI, Claudio y NORELLI,
Enrico, Historia de la literatura cristiana antigua, griega y latina, 1ª
Edición, Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 2006, pp. 470-473.
PEREIRA FERNÁNDEZ, Juan Marcial, “Paulo Orosio, un galego
universal, entre a caida do Imperio Romano e a chegada dos
bárbaros”, en Cadernos para a distancia Nº 3, 1995, pp. 63-70.
VILELLA, Josep, “Biografía crítica de Orosio”, en Jahrbuch für Antike
und Christentum. – Jahrg Nº 43, 2000, pp. 94-121.
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os
estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica un texto
entresacado das obras de Séneca e Paulo Orosio.
TEMA 3. A Ilustración española e galega
1. Sentido do tema (Introdución)
A Ilustración (s. XVIII) presente característas diferenciadas no
contexto español e galego. Os ilustrados galegos non buscaron unha
transformación radical na orde económica, social ou política (no caso
español, con autores como Jovellanos o Cabarrús, esta cuestión cobra
máis relevancia), senón que a súa loita ía dirixida máis ben contra a
ignorancia e la necesidade de instruír ao pobo, mergullado na
ignorancia. Era preciso atopar novos camiños, novas institucións. Por
este motivo, empezaron a articularse as Sociedades Económicas de
Amigos do País e a xurdir centros como o Real Consulado da Coruña,
entre outros. Os autores máis importantes desta etapa son o Padre
Feijoo e o Padre Sarmiento.
2. Epígrafes do tema.
A) Fr. Benito Feijoo
B) Fr. Martín Sarmiento
3. Bibliografía
a) Fuentes:
FEIJOO, B. J.: Apología del escepticismo médico (1725)
Teatro crítico universal (1726-1740)
Satisfacción al Escrupuloso (1727)
Respuesta al discurso fisiológico-médico (1727)
Ilustración apologética al primero y segundo tomo del
Teatro Crítico (1729)
Suplemento del Teatro Crítico (1740)
Cartas eruditas y curiosas (1742-1760)
Justa repulsa de inicuas acusaciones (1749)
Adiciones a las Obras del muy ilustre y reverendísimo Padre
Maestro D. F. Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (1783)
Obra selecta, (Prólogo y selección de textos por Eduardo Blanco
Amor), Ed. Sálvora, colección “Biblioteca de Autores Gallegos”,
Santiago de Compostela 1984.
SOBRE SARMIENTO (disponibles en red)
Demostración Critico-Apologetica del Theatro Critico Universal (1732)
Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1741-45)
Catálogo de algunos libros curiosos y selectos (1748)
Apuntamientos para un discurso sobre la necesidad que hay en
España de unos buenos caminos reales y de su pública utilidad
(1757)
El porqué si y el porqué no (1758)
Discurso crítico sobre los maragatos
Reflexiones Literarias para una biblioteca Real (1743)
Coplas gallegas
Notas al Privilegio de Ordoño y Reflexiones sobre Archiveros
Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado
antiguamente en España
Cartas (1739 agosto 5-1768 xaneiro 2)
De caminos (175-?) manuscrito]
b) Bibliografía Secundaria:
ABELLÁN, J.L: Historia del pensamiento español. De Séneca a
nuestros días, Madrid, Espasa-Calpe, S.A., 1996.
AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do Pensamento Galego,Vigo,
IGESCO/Ed.Galaxia, 2001.
ÁLVAREZ DE MORALES, Antonio: La Ilustración y la reforma de la
universidad en la España del siglo XVIII; Ed. Pegaso, Madrid 1985 (3ª
edición).
BARREIRO BARREIRO, J.L.: O pensamento galego na Historia,
Servicio de publicaciones de la USC, 1999.
BLANCO AMOR, E.: “Prólogo” em Obras Completas, Biblioteca de
Autores Gallegos, Citada.
GUY, A.: Historia de la filosofía española, Barcelona, Anthropos,
Editorial del hombre, 1985.
MACEIRAS FAFIÁN, M. (Editor y coordinador) y AA.VV.: Pensamiento
filosófico español. Vol. I. De Séneca a Suárez. Vol. II. Del Barroco a
nuestros días. Ed. Síntesis, Madrid, 2002.
MARTÍNEZ LOIS, A.: El padre Feijoo, naturaleza, hombre y
conocimiento, Publicacións Diputación Provincial de A Coruña, 1989.
MENÉNDEZ PELAYO, M.: Historia de los heterodoxos españoles, CSIC,
Madrid 1962.
OTERO PEDRAYO, R.: El padre Feijoo. Su vida, doctrinas e influencias,
Instituto de Estudios Ourensanos, Ourense, 1972.
PARDO BAZÁN, E.: Examen crítico de las obras del Padre Feijoo,
Madrid 1877.
SOBRE MARTIN SARMIENTO
Álvarez Giménez, Emilio (1884). Biografía del R. P. Fray Martín
Sarmiento y noticia de sus obras impresas y manuscritas.
Pontevedra: Imprenta de José Millán.
Álvarez Lires, María (2002). Sarmiento, científico da segunda
Ilustración. Santiago: Universidad de Santiago
Allegue Aguete, Pilar (1993). A filosofía ilustrada de fr. Martín
Sarmiento. Vigo: Xerais.
Avalle, Anselmo (1773). Oración Fúnebre que el M.R.P.M. fray
Anselmo Avalle dixo (...) a la buena memoria de fr. Martín Sarmiento.
Madrid: Pérez de Soto.
Costa Rico, Antón (2002). Sarmiento. Vida e obra. Vigo: Xerais.
Filgueira Valverde, José (1994). Fray Martín Sarmiento. A Coruña:
Fundación Barrié de la Maza.
López Peláez, Antolín (1895). El Gran Gallego. La Coruña: Andrés
Martínez.
Monteagudo, Henrique (2002). Martín Sarmiento, Sobre a lingua
galega. Antoloxía. Edición, notas e índices. Vigo: Galaxia.
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (2002). Fray Martín Sarmiento,
el amador de la verdad. A Coruña: Diputación Provincial.
Pensado Tomé, José Luis (1972). Fray Martín Sarmiento, testigo de
su siglo. Salamanca: Universidad de Salamanca.
Reguera Rodríguez, Antonio (2006). La obra geográfica de Martín
Sarmiento. León: Universidad de León.
Santos Puerto, José (2002). Martín Sarmiento. Ilustración, educación
y utopía en la España del siglo XVIII. 2 vols. A Coruña: Fundación
Barrié de la Maza.
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os
estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica dous
textos correspondentes ao Padre Feijoo e ao Padre Sarmiento.
TEMA 4. O século XIX: a descuberta da identidade
1. Sentido do tema (Introdución)
En gran parte de Europa, as revoluciones nacionais están
relacionadas coas liberales. Estas reivindicacions espertaron durante
a época da revolución e o imperio napoleónico, espoleadas por un
sentimiento de unidade fronte ao invasor extranxeiro e unha
simplificación nacional que será a base dunha nova conciencia. Xurde
así, tanto en Espala como en Galicia, o concepto de nación tomado
principalmente da filosofía romántica alemana (Volkgeist).
2. Epígrafes do tema.
A) O krausismo en España
B) O rexurdimento: provincialismo e rexionalismo en Galicia
3. Bibliografía
A) Fontes
MURGUÍA, M.: Historia de Galicia Tomo I, Soto Freire, Lugo, 1865;
Tomo II, Soto Freire, Lugo, 1866; Tomo III, Librería de Andrés
Martínez, A Coruña, 1888; Tomo IV, Impresión y Librería de Carré, A
Coruña, 1891; Tomo V, Ferrer, A Coruña, 1913.
BRAÑAS, A.: El regionalismo, Fundación Alfredo Brañas, Santiago
PÉREZ GALDÓS, B. : Episodios Nacionales, Trafalgar. Volumen I,
Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.114
PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, El 19 de marzo y el 2 de
mayo. Volumen II, Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.160
PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, La campaña del
Maestrazgo. Volumen XIII, Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.166
PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, Cánovas. Volumen XXIII,
Navarra: Espasa Calpe, 2008, pp. 360,382
B) Bibliografía secundaria:
ABELLÁN, J. L.: Historia crítica del pensamiento español, Ed. Espasa-
Calpe, Madrid, vol. IV, 1979.
AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do pensamento galego, Igesco,
Vigo, 2001.
BARREIRO BARREIRO, X. L.: O pensamento galego na historia, Ed.
Universidade de Santiago de Compostela, Imprenta Universitaria,
Pavillón de Servizos, Campus Universitario, 1990.
BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.: Manuel Murguía, Ed. Xerais, Vigo, 2013.
PAREDES ALONSO, F. J. : Historia contemporánea de España: Siglo
XIX, Barcelona: Editorial Ariel, 2004, pp. 141-149
VILLARES, R.: Historia de Galicia, Ed. Galaxia, Vigo, 2004.
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os
estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica textos de
Murguía e San del Río.
TEMA 5. O século XX no pensamento español e galego
1. Sentido do tema (Introdución)
No século XX atopamos o pensamento español e galego maduro, con
representantes da talla de Unamuno, Ortega, Zubiri, no pensamento
español; e con nomes como Castelao, Risco, Otero Pedrayo ou
Ramón Piñeiro, no caso do pensamento galego. Xa que logo, cómpre
coñecer as características e representantes máis sobranceiros deste
período para comprender a auténtica dimensión de ambas tradicións
de pensamento e a súa influencia no presente.
2. Epígrafes do tema.
A) Miguel de Unamuno
B) A Escola de Madrid: José Ortega y Gasset
C) Da Xeración Nós á Xeración Galaxia
3. Bibliografía
Unamuno, Miguel. Del sentimiento trágico de la vida. Espasa Calpe,
Madrid, 1983.
Unamuno, Miguel. En torno al casticismo. Madrid: Espasa Calpe, 1991.
Unamuno, Miguel. Vida de Don Quijote y Sancho. Madrid: Espasa
Calpe, 1975.
Unamuno, Miguel. Ensayos y artículos: selección de “Esto y Aquello”.
Buenos Aires: Centro Editor de América Latina, 1969.
Álvarez Gómez, Mariano. Unamuno y Ortega: la búsqueda azarosa de
la verdad. Madrid: Biblioteca nueva, 2003.
Marías, Julián. Miguel de Unamuno. Madrid: Espasa Calpe, 1971.
Sánchez Barbudo, Antonio. Miguel de Unamuno. Madrid: Taurus,
1974.
Serrano Poncela, S. El pensamiento de Unamuno. México: Fondo de
cultura económico, 1978.
Ortega y Gasset, J. Obras Completas, Alianza Editorial o Ed. Taurus
Madrid.
Abellán, J.L. y Mallo, T., La escuela de Madrid. Un ensayo de filosofía.
Madrid: Ed. Asamblea de Madrid, 1991.
Cerezo Galán, P., La voluntad de aventura. Barcelona: Ed. Ariel
filosofía, 1984.
Cerezo Galán, P., José Ortega y Gasset y la razón práctica. Madrid:
Ed. Biblioteca Nueva. Colección el arquero, 2011.
Lasaga Medina, J., José Ortega y Gasset (1883-1955) Vida y filosofía.
Madrid: Ed. biblioteca nueva, fundación José Ortega y Gasset, 2003.
Marías, J. A cerca de Ortega. Madrid: Ed. Revista de Occidente. El
alción, 1971.
Bibliografía Xeración Nós Marcelino AGÍS VILLAVERDE: Crónica viva do Pensamento
Galego, IGESCO/ Ed. galaxia, Vigo 2001. José Luis BARREIRO BARREIRO (coord.): O pensamento galego
na Historia, Servizo de Puiblicacións da USC, 1999. AA.VV: Diccionario Enciclopédico do Pensamento galego, Ed.
Xerais/Consello da Cultura Galega, Vigo, Santiago, 2008. Anxo GONZÁLEZ: O espírito e a lama das formas. A filosofía de
Nós: Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Col. Cadernos do pensamento nº 9. BAÍA Ed. Santiago de Compostela. 2008
Carlos Baliñas: Pensamento galego I. Cadernos Populares. Ed. SEPT
Enciclopedia Galega. Voces: Nos, xeración, Nos, revista.
Seminario de estudos galegos. Irmandades da fala. Revista Nós. Sobre o pensamento galego da Xeneración Nós. Ramón Piñeiro.
Boletín auriense.-- T. 5 (1975) ; p. 31-35 Importancia decisiva da Xeneración Nós. Ramón Piñeiro. Grial.-
- T. 16, n. 59 (xan.-marzo 1978) ; p. 8-13 A Ideoloxía da Xeneración Nós. Carlos Baliñas. Cuadernos de
estudios gallegos.-- T. 47, fasc. 112 (2000) ; p. 303-324 A Construcción da moderna cultura galega : Nós.Maria Cuquejo
Enriquez. Casa da gramática. N. 11 (mar. 2001) A Xeneración Nós na cultura galega. Fernandez del riego. Grial.-
- T. 3, n. 7 (xan.-marzo 1965) ; p. 75-85.
Bibliografía de Vicente Risco
· RISCO, Vicente Teoría do nacionalismo galego, Edición crítica de Justo Glez. Beramendi. Publicación de Santiago de Compostela: Fundación Vicente Risco: Sotelo Blanco, D.L. 2000
· Nós, os inadaptados · VVAA O pensamento galego na historia, Servizo de
Publicacións da USC, 1999 “Nacionalismo versus universidade” de Mariano Luis Rodíguez, pp.327-329
· RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, MANUEL Risco e o pensamento filosófico, Artigo de Grial, T.21, nº 80 (abril-xuño, 1983); Vigo; pp. 131-141
· AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO Crónica viva do pensamento galego, IGESCO/Ed. Galaxia, Vigo, 2001; pp. 185-191
· VARELA PUÑAL, RAMÓN Nacionalismo Dispar, Otega- Julián Marías versus Vicente Risco-Castelao: bases filosóficas do pensamento nacionalista. Director Carlos Baliñas Fernández Tese da USC. Facultade de Filosofía
· VVAA Diccionario Enciclopédia do Pensamento Galego, de. Xerais/Consello da Cultura galega, Vigo; Santiago, 2008
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os
estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica dous
textos correspondentes a José Ortega y Gasset e Castelao.
Bibliografía de Castelao
Castelao: cuadernos para el diálogo, edición en homenaxe a
Xesús Alonso Montero, 1999, Santiago de Compostela.
AGÍS, M.: "Castelao educador", artigo na Revista Galega do
Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 30 - Febreiro 2001
El primer Castelao. Biografía y Antología Rotas, Durán, J.A., ed.
Siglo XXI de España Editores, 1999, Madrid.
La filosofía y sus márgenes. Homenaje al profesor Carlos
Baliñas Fernández; Vences Fernández, Sergio; Ed. Univerdad
de Santiago de Compostela, 1997, Santiago de Compostela.
Castelao, A., Cousas. Vigo: Ed. Galaxia, 2005
Castelao, A., Sempre en Galiza. Vigo: Ed. Galaxia, 2004
5. Indicacións metodolóxicas e atribución de carga ECTS
5.1. Atribución de créditos ECTS
TRABALLO
PRESENCIAL NA AULA
HORA
S
TRABALLO PERSOAL
DO ESTUDANTE
HOR
AS
Clases teóricas (con
participación dos
estudantes)
24 Seguimento do curso
(Lecturas,
documentación,
prácticas, etc.)
45
Clases interactivas 24 Traballo escrito 29
Titorías 3 Estudo 25
Total 51 99
5.2. Actividades formativas na aula con presenza do profesor
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O
profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e
informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos
en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do
programa, construídos a partir da bibliografía seleccionada para
cada tema. A asistencia a estas clases é básica para ter unha
visión panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente
o seguimento destas por parte dos estudantes.
B) Seminarios: Clases interactivas na que analizan e traballan en
grupo textos e documentos, entregados previamente polo
profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente
nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao
profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc.
O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda
que os estudantes non os manexarán en clase. A participación
nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia
regular dos estudantes.
C) Titorías: É o tempo que se reserva para que o/a estudante
poida solicitar documentación e información bibliográfica ao
profesor. Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas,
tanto sobre ou contido das sesións como sobre outros aspectos
da materia (metodoloxía, avaliación, etc.).
5.3. Recomendacións para o estudo da materia
a) É moi importante asistir ás clases expositivas, aos seminarios e
ás titorías.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas
recoméndase ler algunha das obras propostas na bibliografía
básica.
c) Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos
importantes dos libros/artigos manexados, asegurándose de
coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) A resolución de problemas é clave para a aprendizaxe desta
materia. É importante resolver os problemas formulados polo
profesor antes da súa resolución nas clases de seminario e nas
titorías.
e) A asistencia aos seminarios e titorías debe ser activa, é dicir, é
moi importante participar e discutir co profesor e outros alumnos
sobre a materia presentada nas clases expositivas.
5. Indicacións sobre a avaliación
6.1. Procedemento de avaliación
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua,
contemplándose a posibilidade dun un exame final, caso de que o
estudante non siga as pautas da avaliación continua ou non a supere.
A avaliación continua farase valorando a asistencia e participación
nas sesións na aula e nas titorías. Porén, a avaliación apoiase
principalmente na realización dun traballo final escrito que o
estudante expoñerá de maneira oral na aula nas últimas semanas de
clase.
A cualificación final do estudante distribúese nos seguintes
apartados:
TIPO DE ACTIVIDAD PORCENTAXE
NA NOTA
FINAL
Asistencia e participación nas sesións 5%
Titorías 5%
Entrega de catro traballos escritos
correspondentes ás clases interactivas
(comentarios de texto, etc.)
40% (10% cada
un)
Lectura e recensión de dous libro
seleccionados da bibliografía da materia
10% (5 e 5%)
Traballo final elaborado individualmente polo
estudante, exposto na aula na sesión finais do
curso e entregado por escrito
40 %
Exame, caso de non participar ou non superar
a avaliación continua
6.2. Recomendacións para o estudo da materia
1) Coñecemento de linguas modernas.
2) Boa disposición para a lectura e a comprensión de textos
filosóficos.
3) Capacidade para traballar en equipo.
4) Manexo da información a través das canles informáticas habituais.
6.3. Recomendacións de cara á avaliación
O alumno/a debe elaborar os traballos escritos citando as fontes
bibliográficas, consonte ás normas internacionais aceptadas. Debe
incorporar ademais reflexións propias e orixinais. Para elaborar o
esquema do seu traballo pode aconsellarse co profesor. Aqueles
estudantes que atopen dificultades importantes á hora de traballar
nas actividades prácticas propostas deben acudir nas horas de titoría
do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e
axudarlles a resolver as súas dificultades. É moi importante levar o
traballo ao día e entregar as prácticas logo de ter realizado a posta
en común na aula. Non se admitirá que se entreguen os traballos das
prácticas todos xuntos ao final do semestre.
6.4. Recomendacións de cara á recuperación
O profesor analizará con aqueles estudantes que nos superen con
éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades
atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén lles
proporcionará material adicional (lecturas, exercicios, exemplos, etc.)
para reforzar a aprendizaxe da materia.