festival atlántica | 1 · festival atlántica | 2 u n ano máis (e van cinco!), despregamos as...

19
Festival Atlántica | 1

Upload: others

Post on 17-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Festival Atlántica | 1

Page 2: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Festival Atlántica | 2

Un ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa

non sabemos se somos o barco, a auga ou a xente que atopamos nas beiras dos mares que sucamos. Tanto ten, o importante son os encont(r)os de cada viaxe, o botín de historias coas que regresamos de cada singradura, a volta á casa cos ollos brillantes coma follas novas de carballo.

Non é unha aventura doada. Ten un algo como de artellar meigallos: un pelo de porco bravo por acó, un pouco de auga nova por acolá e un tempo de repouso baixo a lúa. E malia a non ser doado, Atlántica segue a camiñar porque ten os pés e, sobre todo, os oídos de tantos amigos feitos de contos. A todos eles, grazas por facer realidade Atlántica.

Este ano –dixen xa que celebramos as cinco edicións?- medramos moito porque hai que festexalo ao grande. Botamos a áncora por toda Galicia e levamos historias a Santiago, á Coruña, a Ourense, a Vigo Ferrol, Lalín e Teo. Contadores do país e contadores de fóra, que veñen de Madeira, dos Azores, Brasil, Alemaña, Tras os Montes, Alacante e Uruguai. Todos con contos para grandes e cativos, que se escoitarán nas escolas, nos teatros, nos bares, nas bibliotecas… en calquera sitio onde o rito da palabra poida darse e que vén sendo calquera lugar onde alguén fale e outro escoite.

Queda só un mes para o comezo de Atlántica e estamos como a parella do cartel, amañando as redes coas imos botar ao mar entre o 15 e o 19 de marzo e non podedes nin imaxinar o fermoso que é o labor.

Saber que a cada puntada estamos máis preto dese tempo de encont(r)o.

Soledad Felloza

Directora do Festival Atlántica

Page 3: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Festival Atlántica | 3

ÍNDICE

Que é Atlántica? 4

Atlántica 2017

Atlántica para adultos………………………

Atlántica nas escolas……………………….

Atlántica para os cativos…………………...

4

4

4

5

Os artistas (en orde alfabética)

Ana Carreira…………………………………

Avelino Gonzalez……………………………

Candido Pazó……………………………….

Celso Sanmartín…………………………….

Charo Pita……………………………………

Christian Atanasiu…………………………..

Claudia Fonseca………………...................

Fátima Fernandez…………………………..

Fátima Villamel……………….....................

Pablo Albo…………………………………...

Paula Carballeira……………………………

Quico Cadaval………………………………

Raquel Queizás……………………………..

Sofía Maul……………………………………

Soledad Felloza……………………………..

Valter Péres………………………………….

Vitor Fernándes…..…………………………

6

7

7

8

8

9

10

11

12

12

13

14

14

15

15

16

17

17

Page 4: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Festival Atlántica | 4

QUE É ATLÁNTICA?

Festival de historias oceánicas.

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista.

Trátase dun ambicioso encontro artístico que xunta en Galicia a un amplo abano de narradores e narradoras de diferentes países do mundo con ribeiras no Océano Atlántico, máis un convidado “doutro” mar.

O obxectivo do festival é indagar nas raíces comúns das historias do Océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar.

Atlántica está organizado por un grupo de profesionais do espectáculo e da xestión cultural dirixidos pola actriz e narradora Soledad Felloza. É unha iniciativa con financiamento das billeterías e das achegas de entidades públicas é privadas, que procura unha programación cultural da máxima calidade posible mesmo nestes tempos de dificultades económicas.

Dende os comezos levamos realizadas preto de 200 representacións en colexios de Compostela, Teo, Brión, Oleiros e Vigo e 34 representacións para adultos.

ATLÁNTICA 2017

Para a edición de 2017, que se celebra entre o 13 e o 20 de marzo, Atlántica xa está a traballar para manter o nivel do ano anterior e ampliar a súa oferta en diferentes trazos.

Os participantes proveñen nesta ocasión de Brasil, Portugal, Alemaña, Alacante, Uruguai e Galicia.

Segundo o público, pódese estruturar a programación de Atlántica 2017 en tres apartados: Atlántica para adultos, Atlántica nas escolas e Atlántica para os cativos.

Atlántica para adultos

No ano 2014 naceu na edición de Atlántica Compostela, a Rede de Festivais do Atlántico, coa finalidade de dar a coñecer o xeito único da narración oral das nacións Atlánticas.

Encontros, obradoiros e xuntanzas vénse desenrolando dende aquela para facer posible o soño dunha Casa dos Contos Atlánticos.

Para iso estamos a traballar non só no eido dos espectáculos senón tamén, na recopilación da tradición oral, contando coa valiosísima colaboración de Galicia Encantada, Memoria Media de Portugal e o Centre Artúrico da Bretaña Francesa.

Os contos non son só cousa de nenos e nenas, de feito ata non hai moito non tiñan idade e diso trata a nosa programación de voltar aos tempos no que ao carón do lume, nas invernías; o da lúa nos verán, as historias fiaban o tempo.

Atlántica nas escolas

Os narradores convidados desprazaranse as escolas e institutos da cidade polas mañás para ofrecer espectáculos adaptados ás distintas idades e dando a posibilidade de escoitar contos en galego, castelán, o portugués.

As principais vantaxes para os centros escolares que contraten espectáculos a través do Festival, son que os narradores habituais ofrecen unha tarifa reducida e a oportunidade de coñecer narradores de fóra das nosas fronteiras ao mesmo prezo reducido.

No dossier achéganse descricións dos distintos espectáculos e artistas que os centros poden contratar así coma información das idades máis axeitadas para cada un.

Page 5: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Festival Atlántica | 5

Atlántica para os cativos

Non só nos centros escolares haberá a posibilidade de asistir a espectáculos infantís, senón que Atlántica, na súa programación fixa, tamén abre as súas portas para eles:

Ante o éxito rotundo das sesións de contos para bebés (0-3 anos), este ano abrimos unha vez máis un espazo exclusivo para eles. Ademais, o público infantil e xuvenil terá presenza no Festival a través de programas especiais como a sesión en Lingua signada o día 18 de marzo no Museo do Pobo e nos diferentes Centros Socio Culturais da Cidade. Ademais, cómpre destacar que as actividades que se desenvolverán nos centros socioculturais van ser gratuítas grazas á colaboración dos propios centros.

O prezo das entradas para estes programas serán de 5 €, mais existe a posibilidade de adquirir bonos de dez entradas a 40 €. Estes bonos, ao non ser nominais, foron pensados para grupos de pais e nenos.

O centro escolar do que máis nenos asistan a estes programas será recompensado cunha sesión gratuíta nas súas instalacións ao remate do festival.

Page 6: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Festival Atlántica | 6

OS ARTISTAS

Page 7: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 7

ANA CARREIRA (GALICIA)

Titulada Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia pola ESAD de Galicia, entra en contacto co mundo teatral da man de Achádego Teatro e da Aula de Teatro da USC. Complementa estas experiencias cunha ampla formación tanto no eido da interpretación como na narración oral e a dramaturxia.

Como actriz ten participado en numerosos espectáculos con compañías como Ubú Teatro ou Escénate. Como narradora oral posúe unha extensa

experiencia en moi diversos ámbitos: festivais e ciclos de narración oral, programas de televisión, campañas escolares, itinerarios culturais, campañas de

animación á lectura e rotas literarias.

Posúe tamén unha grande experiencia como pedagoga teatral en diversos CEIPS, IES e Centros Socioculturais. Tamén exerce a docencia sobre narración oral no Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do Concello de Vigo.

Como escritora publicou o libro infantil O vixilante dos soños, en Editorial Galaxia, e A Inefable desventura dun devorador de libros, dentro do volume Dez anos, Dez historias, publicado por Galaxia, Trama, Tristán e Blades comunicación.

No ano 2014 recibe o IV Premio “Varela Buxán” de Dramaturxia, pola súa peza Un intre antes do solpor.

Tres eran tres (público familiar)

A través dos contos recupérase a maxia tradicional do número tres. Tres irmáns saen da casa. Tres desexos para escoller. Tres probas que superar. Tres historias para divertirse.

AVELINO GONZÁLEZ (GALICIA)

É actor, contador, tradutor e director. Traballou en teatro, televisión, cine e bares. En compañías como Ollomoltranvía, en espectáculos como Commedia, en películas como Heroína ou Gallego, en series de televisión como Padre Casares, Cuéntame, Hopital Central… e o seu labor teatral foi recoñecido con varios Premios María Casares.

Cos contos xa percorreu Europa (Polonia, Alemaña, Suíza…) saltou o Atlántico (Cuba), e toda a península. Fixo dous espectáculos de contos para

teatros. Un deles, Vento mareiro, foi o espectáculo máis representado en Galicia no 2005 e recibiu o Premio María Casares a Mellor Música Orixinal.

Avelino González pódese atopar en teatros ou bares, na gran pantalla e na pequena (a da tele, e tamén a do ordenador). Pode parecer moita cousa e moi distinta pero en realidade é a mesma cousa: contar ou axudar a contar as de outros en distintos formatos.

Historias tenras e canallas

As historias están aí, con nós. Son historias que cando as vivimos non lles damos importancia, pero cando nolas contan… Historias tenras e canallas. Como somos calquera de nós, e tan ridículos… cando nos poñemos serios!

Page 8: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 8

CANDIDO PAZÓ (GALICIA)

En directo, en radio e televisión, desde a Guarda a Ribadeo, desde Zamora a Alacante, Cándido Pazó é un asiduo dos locais onde se programan todo tipo de espectáculos orais: historias, contos, humor, monólogos, narracións…

Presente en numerosos eventos e festivais internacionais de oralidade de España, Portugal, Polonia, Alemaña, Bélxica, Croacia, Suíza, São Tomé e Príncipe, Colombia, Venezuela, Uruguai, Chile, Cuba, Brasil e Arxentina.

Foi seleccionado polo Fórum Barcelona 2004 para facer temporada no seu espazo dedicado á oralidade.

É autor da maior parte das súas historias (aínda que tamén as recolle da tradición e da literatura) e ten querencia polo chamado conto tabernario ou de tertulia: enfiados de anécdotas, sucesos e personaxes dos que demostran que a realidade supera á ficción.

Candideces

Esas historias, eses contos, esas lerias… que de tanto acompañalo a un acaban por se converter en cerne do teu ser falante, clásicos do teu repertorio conteiro.

CELSO SANMARTÍN (GALICIA)

Contar é un oficio que todos temos. Levo recollendo contos e historias inconscientemente toda a vida, coma calquera. Pero desde hai anos véñoas recollendo e reacomodándomas, coa intención de contalas de cara a distintos públicos.

Escoitar, conversar, colleitar, destilar, contar, convivir…

Empecei por casualidade e oportunidade. Continúo porque é unha actividade de amor, sentido e paixón: pola lingua, pola oralidade, pola

comunicación, por pensar que non se perda un verdadeiro tesouro de historias e contos, e ir por aí mostrándoo e ofrecéndoo coa boca aberta e coa boca chea, falando ademais bencísimo del, que é coma falar dunha das nosas posibilidades de relación e cultura máis ricas e admirables.

A miña devoción son as persoas maiores, culturalmente refeitas na oralidade. Entre elas hai moitas que son contadoras intuitivas e intelixentes e atentísimas a todo. Devoción polo vivo interese que poñen nas historias, nos contos e nas memorias que contan. Devoción porque saben “elaborar un momento”: A partir dunha miga de tempo que se preste* ou inesperadamente. Aínda hai de momento en calquera lugar a onde un vaia, persoas maiores que teñen a virtude de atraer a atención e mantela cunha(s) historia(s) pertinente(s) que, por acerto e valor específico, prenderá(n) entre os nosos recordos perennes, frescos coma da primeira hora.

*(Hoxe por hoxe, as migas de tempo, os momentos que se prestaban a contar, perderon bastante os seus “espazos naturais”: no día a día, en datas sinaladas, en épocas do ano… Temos outros enredos no seu sitio, outra medida do tempo. Fómonos deixando dese “costume natural”. Dese falar, contando ben contado e por contar)

O meu fardo ou repertorio está composto basicamente por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, na que temos arte e parte, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre. E cun toque contemporáneo, para apalparlles que tamén son actuais, que aquí as están e non coma pezas de museo. Tamén invento historias e contos, coma calquera.

Ás nenas e nenos, e á xente grande, intento contarlles ademais, que o que se conta non é unha cifra exacta-exacta, e que a lingua non se pode deixar que se poña de trapo.

Page 9: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 9

Marzo pelarzo (público infantil)

Andiven busca que te busca, buscando esta palabra no dicionario de galego e non a dei topado. Só na boca de miña avoa a escoitei, e parecíame que non dicía nada bonito de marzo, pero nunca llo preguntei… Ela falaba moi ben e sabía moito.

mar·zo~zo·ar~ar·te·sa~sa·po~po·ta~ta·ra·be·lo~lo·bo~bo·la~la·pis~pis·ca~ca·la·mi·da·de~de·ta·llis·ta~ta·ma·rin·do~do·ce~ce·pa~pa·rir~rir.

Todas estas palabras, sobra dicilo, foron encadeadas silábicamente. A min a palabra sílaba sempre me recordou a outra: asubiar. Propóñovos o exercicio de asubiar cada palabra da lista, xa veredes que ben o ides pasar.

Escoitar o asubío dos paxaros e traducilo en palabras, sabíase facer antes… e contestarlles arremedandolles o asubío, facíase por falar con eles, que seguen falando con nós por pouco caso que lles fagamos.

Vivan os contos que paxarean e non pelarcean!

CHARO PITA (GALICIA)

Chámanme Charo Pita. Nacín á idade de seis anos cando rematei de ler o meu primeiro libro. Desde ese día a miña idade foise adaptando ata facerme sentir contemporánea de todo o mundo.

Resulta difícil dicir algo sobre min agás que sempre estou a medio camiño: nin adulta nin nena, nin gorda nin fraca, nin rubia nin morena, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin de alá, unha salvaxe tranquila, entre o po da viaxe

e a modorra dunha butaca vella, unhas veces coa palabra na boca, outras coa música.

Levo narrando dende o ano 1994. O meu traballo como narradora abarca diversas áreas do fabuloso, conto tanto para nenos como para adultos. Tamén imparto obradoiros de narración e levo publicado máis dunha decena de libros.

Contos de amor, erotismo e morte

A ollada, o silencio e, como non?, a palabra son os protagonistas destas historias que van dende a creación do mundo ata a morte perfilada dende o seu lado máis tenro, máis cómico, máis vital, máis erótico… Relatos de tradición oral e da propia autora para gozar deses personaxes que só se atopan en momentos de fábula. Se o seu nome fose o Severino e estivese na procura da morte, onde a atoparía? Coñecen a historia de Zorbas, o único ser humano que estivo a piques de alcanzar a vida eterna grazas ao seu talento como donjuan? Ou a daquel rapaz que o que máis desexaba no mundo eran os figos?... Non? Pois estas historias e moitas outras irán desenvolvéndose como un nobelo nesta sesión de contos. Se a morte é o destino irremediable da vida, quizá ambas as dúas non sexan tan distintas porque, díganme, antes de vivir, que había?

A tres millas de Sligo

Non hai dúbida, Irlanda e Galicia comparten moito: miran ao mesmo océano; caracterízanse pola chuvia e o verdor das súas paisaxes; as rías irlandesas confórmanse de xeito similar ás galegas; as gaitas resoan polos seus outeiros… En resumo, ambas as dúas son terras bravas, húmidas, fértiles e graníticas, terras que miran a poñente, cuxos cantís apertan as augas do Atlántico. Un abrazo lento e fondo o que as une, que abrangue desde a súa memoria mítica ata a súa singularidade céltica.

Con este espectáculo, queremos renderlles unha homenaxe conxunta. A historia de Brian O´Brian, o home que non sabía narrar, servirá de fío condutor desta sesión. Contos irlandeses narrados desde unha voz e un imaxinario galegos.

Page 10: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 10

Espectáculo infantil (nenos de 5 a 9 anos)

Un grupo de amigos, cadaquén con cadansúas particularidades e xeitos de seren e estaren no mundo viven unha serie de aventuras. Historias que falan da diferenza tanto estética como funcional poñéndoa en valor. Contos onde a cegueira, unha cadeira de rodas ou o autismos non son barreiras senón que forman parte da vida cotiá e se integran naturalmente no decorrer dos días potenciando a imaxinación e a maneira de mirar, recrear e inventar todos os mundos posibles.

CHRISTIAN ATANASIU (ALEMAÑA)

Berlinés nado en 1955, aos seus estudos en Belas Artes foi engadindo outras disciplinas como Pantomima, iniciándose con Ella Jaroszewizc en París, e mimo e arte dramática, nos que se licenciou finalmente no Instituto de Teatro de Barcelona. Ten no seu haber diversos cursos de especialización: dende danza contemporánea ou estudos de voz, ata commedia dell’ arte, improvisación teatral, clown ou teatro-danza.

Traballou dende ben novo en espectáculos itinerantes con compañías europeas de renome: Circus Rigolo (Francia), Theaterhauffen Ouweya

(Alemaña) e Teatro Deszu (Polonia). Recalou finalmente en Barcelona, onde participou cunha moi boa acollida en Mira mira, do Teatro Estrany, e, máis tarde, xa coa súa propia compañía, Martí Atanasuu, acadou un grande éxito por toda Europa con obras como Boxtrot, Inuit-las personas e Hipnosis F.

Asemade, participou en proxectos de La Fura dels Baus (Accions) e a Compañía Vol-Ras (Flight e Pssssh), sen deixar de abrir novas portas ao cine e á TV, onde formou parte do elenco da serie da TV3 Tres estrellas, con El Tricicle; para TVE, con Antonio Mercero (La habitación blanca); e en varias curtas, medias e longametraxes, con directores de prestixio como Gerardo Vera ou Pere Portabella.

A súa especialización en clown e o seu bo facer levouno a se embarcar en novos proxectos de asesoramento en humor xestual, máscaras e técnicas de clown, nos que colaborou en labores de dirección e mesmo de creación.

Como docente ten impartido numerosos cursos de expresión corporal, teatro xestual e máscaras e de mimo e clown en diferentes países de América do Sur e Europa, sen descoidar nunca os seus traballos fixos no Instituto do Teatro de Barcelona, a ESADIB (Escola Superior de Arte Dramática das Illas Baleares) nin as colaboracións en cursos intensivos, coma os de posgrado en Arte Dramática na USC ou no Festiclown de Vigo.

Os premios ao seu bo facer chegaron con QUEmexpliQUE?!, INUIT e El dOn de dOn dÓnde, con recoñecementos dos Premios FAD, do Festival Internacional de Humor Comedy Arts 98 de Moers (Alemaña)e o Premio de les Artes Escénicas de Lleida. En 2010, Acorde, espectáculo de circo da Cía. Sebas, creado e dirixido polo propio Christian Atanasiu, recibiu o premio ao mellor Espectáculo 2010, no Festival Luiglio Bambino, Campi Bizonzi (Italia).

Con esta extensa bagaxe, Christian Atanasiu recala no porto do Atlántica para impartir unha clase maxistral, un xogo teatral cheo de creatividade.

Xoglar coas palabras

Un espectáculo que recolle textos de anteriores traballos, creando un xogo teatral pouco frecuente, espido e cheo de creatividade, malabares coa linguaxe, chimpos na lóxica común, cun humor absolutamente excéntrico, tolo e absurdo

Page 11: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 11

CLAUDIA FONSECA (BRASIL)

Cláudia Fonseca naceu no Rio de Xaneiro, máis ten as súas raíces no nordeste do Brasil e de alí venlle a súa voz narradora. Mora en Portugal dende o 1992, país onde estudio a carreira de psicoterapeuta e se fixo contadora de historias.

Investigadora do IELT (Instituto de Estudos de Literatura Tradicional), prepara o doutoramento en Estudos Culturais, traballando entre a

psicanálise e a narración. Partilla a vida profesional entre a clínica e a narración, desenvolvendo innumerables actividades no ámbito dos contos,

mediación de lectura e programación cultural, en contextos moi diversos.

Participa en encontros e festivais, dentro e fora de Portugal. É programadora dos Cacharoletes de Contos, noites de contos en Lisboa. Co-organiza o Terra Incógnita - Festival Internacional de Contos de Lisboa.

A súa bagaxe está chea de historias de moitos lugares e tempos, contos tradicionais e de autor, cantigas, e historias de familia e casos.

As minhas tias

As minhas tias-avós formavam uma trupe inacreditável de mulheres loucas e sábias que encheram de mil histórias os meus anos de menina. Nascidas e criadas no nordeste do Brasil, viveram vidas longas, difíceis, mas nunca perderam o bom humor nem a capacidade de sonhar.

Nesta sessão trago algumas das histórias que me contaram. Não se sabe bem quais, pois nunca se sabe o que me sopram ao ouvido quando me visitam numa noite de contos...

Contos eróticos e outros sussurros poéticos

Contos bem temperados com pimenta e, claro, orégãos!

Levo algumas das histórias que mais gosto de contar e vocês de ouvir, levo sussurradores, e convido a quem quiser trazer seus contos, cantos e poemas para uma noite muito conversada, cheia de alegria e sensualidade!

Graças e desgraças

Contos que parecem histórias de vida, histórias de vida que dão contos... com muita graça, desgraça e às vezes um bocadinho de drama bem ao estilo faca-e-alguidar... como gostamos!

Contos e Cantos nordestinos

O imaginário do Nordeste brasileiro povoa esta sessão onde andamos pelas histórias de família, os casos, os contos maravilhosos e os de arrepiar, tudo à mistura com cantigas que vêm de longe…

Cantadas - contos do amor e do desejo

Quem não gosta de levar uma boa cantada? Quem não dá? Segundo o Dicionário do Aurélio da Língua Portuguesa, cantada é "sedução por palavras ou maneiras aliciantes". Cantadas na voz de Cláudia e na viola de Miguel são boas histórias e cantigas de homens e mulheres, que nos falam de encontros e desencontros, de chegadas e partidas, daquilo que nos une e separa, de tudo o que dá cor à vida… sempre com muita conversa, humor e sensualidade!

Contadinhas (cativos a partir dos 18 meses)

Cantigas, contos cantados e pequeninas histórias com e sem livro, adaptadas aos mais pequenos.

Cantadinhas (cativos a partir dos 7 anos)

Vamos falar das diferenças entre meninos e meninas com muitas histórias, brincadeiras e músicas. Sessão para crianças que os pais adoram!

Page 12: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 12

Canto de colo ( cativos de 0 aos 3 anos)

Dirixido a pais, nais, avós e nenos dos 0 aos 3 anos, Canto de Colo é um espazo de encontro e conciliación de saberes e experiencias, de xogos e cantares, onde relaxármonos dunha forma lúdica e pracenteira.

Está pensado para saber máis sobre o bebé e o neno pequeno: competencias, estados e desenvolvemento; experimentar prácticas de concienciación corporal, respiratoria e vocal; aprender e practicar interaccións lingüísticas a utilizar cos pequechos. E tamén para relembrar, aprender e cantar cancións tradicionais, de roda, apracibles, xogos vocais e nanas.

FÁTIMA FERNÁNDEZ (GALICIA)

Pilar fundamental da Semana da Oralidade de Lugo, Fátima Fernández, fundadora e membro activo do grupo de teatro infantil “Matapiollos”, ven exercendo con gran profesionalidade como contadora de contos desde o ano 88 en escolas, institutos e feiras de libros. Asemade, participa en actividades de animación á lectura por bibliotecas de toda Galicia, dentro da programación do Ler conta moito e ten coordinado diferentes eventos de ocio e tempo libre, e mesmo traballado en campañas de educación vial coa

DXT e a Cruz Vermella.

Compaxina os seus labores de dirección nun centro de maiores coas actividades de narración oral, conseguindo transmitir a sabedoría dos máis vellos e a candidez dos máis novos; honrando a memoria da xente, alimentando a fame de contos, referindo a quen a ouvir ducias de historias que lle foron confiadas; e sempre imprimindo forza e sentimento coa súa palabra.

Usando frases curtas e sinxelas implica activamente aos cativos coa súa voz pausada e animosa, ata se veren mergullados en mundos de cores, cestiños de contos e caixas de zapatos.

Aos máis entrados en anos achéganos historias senlleiras, aclara que non sempre as risas deveñen en choros e danos explicacións case máxicas a situacións cotiás. Sempre sabe que contar e como contalo.

FÁTIMA VILLAMEL (GALICIA)

As historias estiveron dende sempre rebulindo polas miñas orellas ata que os ventos alisios dunha pequena illa no medio do Atlántico leváronas ata a miña gorxa, traguei, fixen unha longa dixestión e botei unha boa sesta. Espertei de novo en Galicia, espreguiceime e din de fociños co CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo). Alí comecei a fiar palabras e a tecer contos coas máis xenerosas das teceláns, Ana Carreira, Paula Carballeira e Raquel Queizás axudáronme a urdir e tramar, a

destecer os contos para volver a tecelos. E nesas sigo, aprendendo.

Mira! (público infantil)

Os contos non só se pasean polas nosas orellas e pola lingua, tamén se atopan nos ollos, no peito, na cintura, nos pés... Agora os contos saltaron tamén ás miñas mans, porque hai tantas formas de contar coma de escoitar. Os contos son de tod@s e para tod@s. Mira!

Page 13: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 13

PABLO ALBO (ALICANTE)

É narrador oral de profesión pero antes naceu en Alacante en 1971. Foi ao colexio como todos os nenos do seu barrio. En sétimo de EXB, segundo lembran, gañou o concurso de relatos da súa clase. Déronlle un balón de goma e un xogo magnético. Sóubolle a pouco, mais deu as grazas e quedoulle dentro o verme das letras.

Non deixou de escribir historias e en 1994 comezou a contalas de viva voz. Daquela xa rematara BUP e COU e estudaba traballo social na universidade

de Alacante. Nunca chegou a exercer, aínda que si a diplomarse. Xa antes de acabar sentiuse tentado pola farándula e conciliou os estudos devanditos cos de

animación sociocultural.

Levado polo indómito impulso da mocidade fundou xunto a dous amigos, Félix Albo e Antonio Mira, o grupo Albo, que tantas satisfaccións lles proporcionou nos máis de dez anos que durou. Agora segue en solitario dedicado ao oficio de contar historias usando só palabras e xestos. Participou en case todos os festivais de narración e en practicamente todas as provincias deste país e nalgún outro como Cuba, Suíza, Italia, Grecia, Australia, Brasil, México, Venezuela, Bélxica e Francia.

Publicou trinta e seis libros infantís e participou en cinco libros de contos para adultos. Foi traducido ao inglés, alemán, francés, italiano e portugués. Recibiu os premios Lazarillo nas súas dúas modalidades: creación literario en 2008 e álbum ilustrado en 2013; o Ciudad de Alacante en 2003, Villa dÍbi en 2008; Leer es vivir en 2009 e tres dos seus libros apareceron no The White Ravens, a lista dos 250 mellores libros do mundo que realiza cada ano a Internationale Jugendbibliothek (Biblioteca Internacional da Mocidade) con sede en Munich. Máis información en www.pabloalbo.com.

Como lle encanta a radio, colaborou coa Cadena Ser Alacante recomendando libros infantís bos e coa Cadena Ser Noroeste contando un conto cada quince días. Actualmente participa no coloquio Barra Libre de Murcia Cadena Ser os sábados.

Agora vive entre o seu Alacante natal e o seu Albacete de adopción, pero para pouco en ambas as dúas. Anda sempre de acá para acolá polas estradas coa vista posta no horizonte rumiando entre dentes as palabras da súa vindeira historia.

Contos pouco edificantes

É unha sarta de trolas que non teñen intención de te enganar. É unha sesión de contos, pero non traias os teus fillos. Historias que se suceden para arrepiar ou para facer rir… ou para vai ti a saber. Facer unha sesión de contos pouco edificantes é doado:

Mestúrese unha presada de historias cunha manchea de sal e pementa.

Réguese todo con salsa de humor e listo.

As historias que sexan desas canallas, ou sinxelas, ou un pouquiño eróticas (pero coidado, non te pases).

Métanse nun auditorio sen présa e con orellas, e a ver que sae.

Non sei se poderán comer, pero rir, riremos.

Contos de medo que dan risa (público infantil)

Pablo Albo, o incrible paroleiro. Pasen e vexan. Unha persoa capaz de facer aparecer monstros dentro da nosa propia imaxinación, usando só a súa voz, os seus xestos e a súa mirada. Aínda que semellen verdadeiros fenómenos irreais, non se alarmen, ninguén sairá malferido. El é quen de domalos co poder das súas palabras. Endexamais se lle escapou un mal becho dunha historia.

Contos de monstros peludos, de papóns devoradores de netas, de casas perigosas e horribles. Os pelos de punta deixarán paso ás gargalladas. Se non o cren, pasen e vexan.

Nota: Confírmase a presenza de cazadores e leñadores de garda por motivo de seguridade.

Page 14: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 14

PAULA CARBALLEIRA (GALICIA)

Paula Carballeira naceu en Maniños, foi estudar Filoloxía a Santiago de Compostela, foi contar historias como profesional da narración oral por toda Galiza e parte do estranxeiro (Europa, América do Sur, África), foi representar obras de teatro coa compañía Berrobambán e con outras compañías alí onde se requerise a súa presenza como actriz ou directora, foi traballar na Televisión de Galicia en programas e series de ficción. Actualmente, segue contando historias, insiste en facer teatro, e leva máis

de vinte libros publicados, máis de vinte libros escritos e moitos máis de vinte libros imaxinados.

Contos de dragóns e de leóns

De cando en vez, un dragón esperta do seu sono. Pode saír de dentro da terra ou de debaixo do mar, pero o máis seguro é que esperte con fame, así que prepárate para ser máis listo ou máis lista ca el. Cos leóns, non hai que perder a calma. Polo xeral, só viven en África, pero hai quen ten topado leóns na China, coma aquel vello leñador que ten unha fermosa historia…

Contos para perder os medos

Primeiro hai que saber como é o medo, se é grande ou pequeno, se só aparece na escuridade ou tamén te colle por sorpresa. Despois, abonda con mirar o medo de fronte e rir, rir ben forte. Estas tres historias recollidas da tradición galega, africana e do leste de Europa contan como a miúdo a tenrura e o humor son as mellores armas contra o que nos asusta.

QUICO CADAVAL (GALICIA)

Nado em Ribeira, na Ria de Arousa, onde Deus apoiou o dedo anular no seu dia de descanso (o sétimo). O feliz natalício teve lugar no ano quatro a.m.M.M. (antes da morte de Marilyn Monroe) numa taberna, na que medrou. Na sua infância conviveu com marinheiros que extraiam magicamente bacalhaus salgados das suas calças, quincalheiras que revelavam a berros a origem da vida mentres devoravam carne asada e anciãs que eram quem de mejar de pé com precisom de cirurgiã.

Polo jeito que tem de falar de si próprio semelha que nom tem avó, mais sim a teve e nota-se-lhe muito.

Foi educado por um mestre entusiasta dos castigos físicos e da escritura barroca, na atualidade cronista da vila de Ribeira. Na sua época universitária descuidou os seus estudos de arte para flirtear com o amor, a política e a droga.

Recebeu muitas críticas dos seus amigos ‘yonkis’ polo consumo imoderado de drogas brandas e mostos fermentados.

Dirigiu espetáculos de teatro com a presença de quincalheiras, viúvas de carpinteiro, traficantes de toneis, palilheiras-macho, imigrantes ilegais e ciganas vingativas. Escreveu peças de teatro protagonizada por traficantes mudos, deusas, piratas (sexo feminino), ociosos, aristocratas pintores, músicos ambulantes e vendedoras de amor polo miúdo.

Por se isto fora pouco, é omnívoro.

Page 15: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 15

RAQUEL QUEIZÁS (GALICIA)

Raquel Queizás é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1998). Cursou estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal, bufón, commedia dell'arte, danza teatro, mimo, voz e canto, acrobacia, manipulación e fabricación de monicreques, etc.) en diferentes centros ou encontros de formación.

Entre os seus mestres atópanse: Roberto Salgueiro, Cristina Domínguez, Carlos Neira, José Campanari, Eric de Bont, Pablo Pundik, Joseph Estela,

Nestor Muzo, Javier Alman, Gabriel Molina, German Caro, Piris, Fabio Mangolini, Jordi Bertrán, Freddy Artiles, Pablo Vergne, Leo Bassi, Santiago Alonso, Paco García del Águila, Jango Edwards, Neville Tranter...

Cunha traxectoria de mais de dez anos adicada a narración oral profesional, mantén en cartel case unha ducia de espectáculos de contacontos, de diferentes temas e adaptados a diversas idades, dende bebés ata adultos. O que lle apaixona é crear historias novas... Crea contacontos exclusivos para os temas que interesen o público.

SOFÍA MAUL (MADEIRA, PORTUGAL)

O meu nome é Sofía Maul e son unha contadora de historias bilingüe que vive en Madeira. Nacín aquí, nesta fermosa illa, e tiven a sorte de medrar oíndo as historias que os meus catro avós, todos de orixe diferente, me contaban (inglés, alemán, sueco e californiano).

Tiven unha infancia chea de andainas nas montañas e mergullos no mar, tenis e natación e observación de aves en abundancia. Pasei unha

tempada na universidade de Coimbra estudando Letras (inglés e alemán) para ser tradutora e, deseguido, cambiei de rumbo para poder axudar as

persoas (despois de dous anos como voluntaria na Cruz Vermella); trasladeime a Lisboa e fíxenme terapeuta da fala, traballando principalmente con cativos xordos e plurilingües.

En 2004, despois de asistir a una tarde de contos, comecei un ciclo de formación con actores e narradores de historias profesionais na Biblioteca Municipal de Oeiras, que, en 2006, deu como resultado a creación dunha asociación cultural sen ánimo de lucro: Os Contabandistas, un grupo de cinco narradores de historias todos de diferentes orixes moi activos na promoción da narración oral como forma de arte performativa contemporánea. Organizamos por primeira vez en 2012 o Terra Incógnita, Festival Internacional de contos de Lisboa, que vai pola súa cuarta edición e presenta narradores convidados nacionais e internacionais con máis de mil asistentes ao longo dunha fin de semana chea de historias.

En setembro de 2016 organicei coa asociación musical e cultural Xarabanda o primeiro festival de narración oral de Madeira, EVA, Era uma vez no Atlántico, integrado nunha rede de festivais de narración de ámbito atlántico que inclúen o Atlántica en Galicia o Terra Incógnita en Lisboa, o Conto Contigo na Praia na Terceira e Rencontres de l´Imaginaire na Bretaña.

Coordino desde marzo de 2015 unha xuntanza de cantigas tradicionais semanal onde todos son benvidos para cantarmos xuntos reforzando así o espírito de comunidade e memoria compartida que a lembranza colectiva e o intercambio de afectos proporciona.

Conto historias en bibliotecas, escolas, feiras de libros, castelos, bares, festivais, prazas, campos de golf, restaurantes, teatros, terrazas, aeroportos, grutas e praias por todo o país e mesmo fóra, en festivais internacionais de storytelling en Alemaña, Irlanda, Inglaterra, Italia, Bélxica, España e Polonia.

As miñas historias veñen de preto e de lonxe, pero as que gusto máis de compartir son as que veñen da pequena illa no medio do Atlántico, lugar a onde volvín despois de 20 anos de vivir fóra, para apertar familia e amigos, para contar e recoller historias e tamén para plantar dragos e fotografar moito.

Page 16: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 16

Contos (des)amorosos

A explicação do amor é que amores há muitos. Todos diferentes e todos com uma história para contar.

O meu avô alemão namorou por carta em segredo a minha avó durante quatro anos, poupando dinheiro na Madeira para ir ter com ela a Londres no dia em que ela fez vinte e um anos. Casaram-se quatro dias depois. Foi essa avó inglesa que me contou histórias de amor de todo o mundo, incluindo algumas que ela escutou na cozinha das conversas entre a cozinheira, a engomadeira e o poeta que regava as bananeiras da vizinhança.

Contos da Illa do Medio do Mar (público familiar)

No medio deste noso Atlántico hai unha illa. Unha illa pequena con milleiros de verdes e flores e fervenzas. Unha illa onde medran dragos e por onde pasaron mariñeiros dos catro recantos do mundo. Aqueles que pasaron e aqueles que ficaron trouxeron e viviron historias que nos amosan o grande e marabilloso que é o mundo, tanto o real como o imaxinario. Contos de viaxes reais e fantásticas que veñen deste bonito pero minúsculo puntiño no mapa. Contos para pensar, viaxar, rir e medrar.

SOLEDAD FELLOZA (URUGUAI- GALICIA)

Nacín na beira dun río que en lingua guaraní quere dicir de paxaros pintados, Uruguai.

As madreselvas aroman a miña infancia e acubillan os meus amores primeiros. As rúas anchas de terra esconden as primeiras letras que esborranchei e baixo o areeiro da praza Bela Vista enterrei un día as miñas miradas tortas e funme polo mundo a contar as miñas mentiras máis

verdadeiras.

Facendo contas, débenme de quedar por vivir 54 anos, aínda que preferiría que fosen 68 ou 72. Así e todo, algunhas cousas teño feitas. Algunhas que me enchen de orgullo, outras que se fose máis clariña de pel, ruborizaríanme.

Actuei e contei contos en Festivais de Uruguai, Arxentina, Chile, Bolivia, Venezuela, Cuba, Alxeria, Perú, Francia, Italia,Portugal, Holanda. Contei contos en toda España, menos en Cantabria.

Namórome cada vez que me subo ao escenario e sufro cando baixo. Aínda non contei o mellor conto, pero se sinto que me achego, ese día collerei a miña Nikon e quedareime en Corrubedo ou Cabo Polonio para sempre. Mentres tanto, aquí vou, esta son ou intento ser.

CV resumido

Conta contos desde fai 25 anos. Docente, actriz, fotógrafa,escritora de LIX e dramaturga, cunha ampla formación no campo do teatro e a narración oral. Recibiu o Premio Europeo ao mellor conto para nenos e nenas por A Cociñeira do rei (Editorial Oqo). Dirixe obradoiros de expresión, teatro e narración en escolas infantís e de primaria, nas bibliotecas do seu país, Arxentina, Perú, Venezuela e España.

Traballa en programas de radio e televisión e é columnista invitada en diferentes publicacións literarias. O seu programa de radio “La Casa Disparatada” foi declarado por UNESCO de interese, polo seu aporte á difusión dos dereitos dos nenos e nenas. Ten editados discos de contos para nenos baixo o titulo “De Tin Marín”, esgotados neste momento.

Dirixiu obradoiros e cursos de narración Oral na Universidade de San Juan, Alacante, na Jaume I de Castellón, na Miguel Hernández de Elche, na Universidade de Carabobo de Venezuela e en diferentes centros de formación docente de Uruguai, Cuba e España.

Ten presentado seus espectáculos en Montevideo, Bos Aires, La Paz, Asunción del Paraguai, Santiago de Chile, Santiago de Cuba, La Habana, Lima, Cuzco, Caracas, Barquisimeto, Lisboa, Madrid, Zaragoza, Guadalajara, Barcelona, Valencia, Cádiz, Alacante, Sevilla, Salamanca, Zamora, Logroño, Vitoria, Pamplona, Lugo, A Coruña, etc.

Page 17: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 17

De Tin Marin (espectáculo infantil)

Ninguén pode ter dúbidas ao redor da capacidade máxica dos contos. Porque os contos son máxicos, oh!

E todo o mundo sabe que para que veñan, hai que facer maxia. Entón a hora no que se achegan é unha hora máxica. O problema é canto non sabemos como facer maxia. Pensemos, que imos a necesitar? Mans? Temos? Siii. Estreliñas máxicas? É cousa de atopar. Palabras máxicas? Todos coñecemos algunha. E si non funcionan, se están cansas e marcharon de vacacións? Pois haberá que atopar outras. Que tal unhas moi sinxelas que eu aprendín de nena, coa miña avoa. Podémolas aprender nun intre, velas aquí.

Detinmarinquedopinuépúcaramácaratíterefue!

Entón os contos aparecen. É como eu son unha contacontos moi viaixeira, os contos poden vir do norte, do sur, o vai ti a saber de onde. Contos sen fronteira, contos co arrecendo do mar, das sereas e dos papaventos. Contos para camiñar polo lado azul do mundo.

VALTER PÉRES (OS AZORES, PORTUGAL)

Valter Peres é unha voz no medio e do medio do Atlántico. Azoriano de orixe comeza a contar aos 18 anos contos e lendas en escolas de ensino primario. A partir do 2003, no ámbito do ARt&Manhas, Encontro de artes, organizou as primeiras Serôes de contos (Tardes de contos) que se fixeron nas Azores.

O seu traballo como narrador oral desenvólvese non só para rapaces e raparigas en bibliotecas, senón tamén en espectáculos de contos para

adultos. Participou en diversos festivais de Portugal, no Alentejo, Lisboa, Madeira...

É un dos organizadores do Conto contigo na praia, Festival internacional de contistas das Azores, así como divulgador infatigable da tradición oral desas illas que foron dende sempre berce de lendas forxadas na boca de viaxeiros que ían a outra beira do mar a faceren realidade os seus soños de aventura, a apañaren tesouros e realizaren descubertas.

Contos con/de mulleres

O seu espectáculo é unha canasta chea de contos que lle contaron e contan nas festas, nos velorios, nas tabernas o na base militar americana da Illa, as mulleres e homes que saben que o tempo e a memoria é cousa de muller.

VITOR FERNÁNDES (TRÁS-OS-MONTES, PORTUGAL)

Natural de Trás-os-Montes, é licenciado en Historia. De neno pasaba o tempo escoitando as historias que lle contaban súa nai e súa avoa. Un día, por cuestións profesionais ou mesmo por destino, tropezou nos contos e relembrou a súa infancia e todo o tempo pasado a escoitar historias. Pero como contar e que contar? Buscou e atopou respostas na Escola de Narração Oral Itinerante de Clara Haddad e comezou se formar con Paula Carballeira, Thomas Bakk, Rodolfo Castro, Lenice Gomes, Wayqui Cesar

Villegas, Joxemari Carrere e António Torrado. E seguirá a facelo porque ten a certeza do pouco que sabe e quere aprender canto poida.

Narrador que busca manter a forza da tradición, o seu repertorio está repleto de contos de amor, humor, vivacidade, astucia e emoción da tradición oral portuguesa. É un dos integrantes do grupo Contos na Eira, un proxecto enraizado nas memorias dos avós e vivo no corazón dos netos, que pretende avivar os

Page 18: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Os artistas

Festival Atlántica | 18

momentos de convivencia dos tempos de outrora a través da transmisión oral de contos populares portugueses, lendas e cancións tradicionais.

É o contador nato, non precisa de títulos nin de luminarias, alí onde hai quen de escoitar o Vitor vai contar. Contos politicamente incorrectos, dos que se contan nas casa dos pobres que gozan facendo brincadeiras cos ricos, cos curas, co que sexa.

A súa voz leva ao público a terreos do prohibido, do inocente, do pecado e todo dende a mirada dun contador que olla o mundo coma se aínda fose un neno. Conta sen tempo e fora do tempo, conta na atemporalidade da vida narrada nun recuncho do mundo que está tras os montes.

Page 19: Festival Atlántica | 1 · Festival Atlántica | 2 U n ano máis (e van cinco!), despregamos as velas do Festival Atlántica, e a forza de navegar xa non sabemos se somos o barco,

Festival Atlántica | 19

CONTACTO: Soledad Felloza

635 95 28 20 [email protected]

festivalatlantica.com www.facebook.com/festivalatlantica

@FestAtlantica