fonte do outeiro
TRANSCRIPT
A FONTE DO OUTEIRO
Nós investigamos sobre a fonte do
Outeiro. Fai uns días fomos andando ata a
fonte para saber o lugar no que se atopa
Cremos que é importante coñecela, valorala e coidala, xa que, forma parte da
nosa vida.
A FONTE DO OUTEIRO
A FONTE DO OUTEIRO
Está situada na aldea de Cariño. Nun lugar chamado OuteiroDende o Colexio, pasando pola igrexia do Castro, ata a fonte hai aproximadamente 1 km.
Visita á fonte do Outeiro
O martes, 20 de abril, fomos visitar a fonte acompañados por tres monitores da Cruz Vermella, ensináronnos a analizar a súa auga que ten 12º de temperatura e é potable. Nós bebemos e gustounos.
Entrevistas na fonte do Outeiro
Chámome Yeray, estou aquí para decirvos que, o 28 de abril, fun cun equipo de grabación polas fontes da Parroquia. Estiven na fonte do Outeiro entrevistando a dona Maruxa e ó señor Pepito que viven a carón da fonte. Dixéronme que a fonte é moi antiga, xa os seus avós non recordan facela, que a súa auga usábase para levar para as casas e para beber o gando, tamén para regar algunha horta. Que o manantial está entre as pedras do outeiro, que no verán disminúe o seu caudal. Que lles gustaría que a coidaran e estivese sempre limpa, xa que, forma parte do pasado e do presente do lugar.
Partes da fonte do Outeiro
PÍACANO
Utensilios nos que se transportaba a auga da fonte
SENLLA BALDE
PORRÓNBAÑEIRA
RECOPILACIÓN DALGÚNS REFRÁNS
A auga pasada non move muiño. A auga corrente non mata á xente. A auga de febreiro fai o palleiro. A auga de abril enche o carro e o carril. A auga en maio, o pan para todo o ano. A auga de maio non fai dano. A auga no outono, mata ó seu dono.
RECOPILACIÓN DALGÚNS DITOS
Caer a auga a cántaros. Chover moito.Afogarse nun vaso de auga. Aflixirse sen motivo.
Facerse a boca auga. Desexar unha cousa moito.Estar coa auga ó pescozo. Estar apuradísimo.
Estar coma un peixe na auga. Estar comodamente.
Enchérselle os ollos de auga. Virlle a un as bágoas.
Non digas nunca desta auga non beberei.Ninguén está libre de que lle suceda o que a outro lle pasa.
Fonte do Outeiro,que na aldea de Cariño naces,que as plantas regas,que a sede quitas.NUNCA NÓS FALTES!
FIXEMOS POESÍAS
Lara
POESÍA DE ROSA
Na fonte do Outeiro, E ese reflexo,todas as noites, tan marabilloso,hai un reflexo sae dun outeiroque da boa sorte. que é moi frondoso.
Na fonte do Outeiro,todos os días,hai un reflexoque trae alegría.
Cando ía pola aldea de Cariño,na fonte do Outeiro,
vin beber un paxariño,no seu regueiriño.
Meu bo amigote,
a miña auga coida ben,
non me contamines,
non me deixes lixos,
pois a túa sede podo quitar.
Que pasaría
se chegara a secar?