funcións da linguaxe

24
Lectura. Ruthie, a de Edna Expresión oral. Pedir información persoal Lingua e texto. Funcións da linguaxe Léxico. Hixiene e coidado persoal / Campo semántico Gramática. A lingua e a súa organización Ortografía. Acentuación (I): regras xerais Lingua e sociedade. Historia da lingua (I): orixe da lingua galega Literatura. Literatura galega. Xéneros literarios Contidos Unidade 1

Upload: ngokhuong

Post on 07-Jan-2017

249 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Funcións da linguaxe

Lectura. Ruthie, a de EdnaExpresión oral. Pedir información persoalLingua e texto. Funcións da linguaxeLéxico. Hixiene e coidado persoal / Campo semánticoGramática. A lingua e a súa organización Ortografía. Acentuación (I): regras xeraisLingua e sociedade. Historia da lingua (I): orixe da lingua

galegaLiteratura. Literatura galega. Xéneros literarios

Contidos

Unidade

1

Page 2: Funcións da linguaxe

10

Lectura1

5

10

15

20

Sandra Cisneros (Chicago, 1954). Novelista e poeta estadounidense de orixe mexicana. Traballou como directora da área de Lite-ratura do Centro de Artes Culturais Guadalupe de San Antonio, Texas.

Ao longo da súa carreira ten recibido un importan-te número de galardóns e de recoñecementos, en-tre eles a prestixiosa bolsa MacArthur.

A casa de Mango Street, onde relata experiencias próximas ás da súa propia infancia, é a súa obra máis coñecida, traducida a máis dunha ducia de linguas. O seu poemario Muller ceiba (Xerais, 1997) tamén foi traducido ao galego.

A autora

Ruthie, muller alta e delgada, de beizos encarnados e pano azul na cabeza, un calcetín azul e outro verde porque non se deu conta, é a única persoa maior que coñecemos á cal lle gusta xogar. Vai pasear co seu can Bobo e ri soa, así é Ruthie. Non necesita rir con ninguén, simplemente ri.

É a filla de Edna, a dona do edificio grande do lado, tres apartamentos, adiante e atrás. Todas as semanas Edna rifa con alguén e todas as semanas alguén se ten que mudar. Unha vez botou unha muller preñada porque tiña un pato… e iso que era un pato bonito. Mais Ruthie vive alí e Edna non a pode botar porque Ruthie é a súa filla.

Ruthie seica chegou un día de ningures. Ángel Vargas estaba tentando apren-dernos a asubiar. Entón ouvimos alguén asubiando tan ben como o reiseñor do Emperador, demos a volta e era Ruthie.

Ás veces imos de compras e levamos a Rutie connosco, mais ela nunca entra nas tendas e se o fai non para de ollar ao seu redor como un animal salvaxe que entra nunha casa por vez primeira.

Gústanlle os caramelos. Cando imos á tenda do señor Benny dános cartos para que llos merquemos. Di que nos aseguremos de que sexan dos brandos porque lle doen as moas. Entón promete que irá ao dentista a próxima semana, mais cando chega a próxima semana non vai.

Ruthie ve cousas bonitas en todas as partes. Podo estar contándolle un chiste que ela me interrompe e di: A lúa é fermosa coma un globo. Ou alguén pode estar cantando e ela sinala as nubes: Olla, Marlon Brando. Ou unha esfinxe chiscando un ollo. Ou o meu zapato esquerdo.

Ruthie, a de Edna

Page 3: Funcións da linguaxe

11

Lectura 125

30

35

40

Unha vez viñeron de visita unhas amigas de Edna e preguntáronlle a Ruthie se quería ir con elas ao bingo. O coche estaba en marcha e Ruthie agardaba na escaleira decidindo se ir ou non. Vou, Ma? Preguntoulle á sombra gris de detrás da cortina do segundo andar. Tanto me ten, di a cortina, vai se queres. Ruthie ollou para o chan un momento máis. Ti que pensas, Ma? Fai o que queiras, que queres que che diga? Ruthie ollou para o chan outro pouco máis. O coche que estaba en marcha esperou quince minutos e despois arrancou. Cando aquela noite sacamos a baralla de cartas para xogar, deixamos que Ruthie repartise.

Ruthie podería ser moitas cousas se ela quixese. Non só sabe asubiar moi ben, senón tamén cantar e bailar. De moza tivo moreas de ofertas de traballo, mais rexeitounas. No canto diso, casou e instalouse nunha bo-nita casa dos arredores. O único que non podo entender é por que Ruthie vive en Mango Street se non ten necesidade, por que dorme nun sofá no salón da nai se ten unha casa de seu, mais ela di que só está de visita e que a próxima fin de semana vai vir o seu home para levala á casa. Mais as fins de semana veñen e van, e Ruthie segue aquí. Non importa. Estamos contentas porque é a nosa amiga.

Gústame mostrarlle a Ruthie os libros que collo na biblioteca. Os libros son marabillosos, di Ruthie, e pásalles a man por riba como se fose quen de lelos en braille. Son marabillosos, marabillosos, mais eu xa non podo ler. Dóeme a cabeza. Teño que ir ao oculista a semana que vén. Antes escribía contos para nenos, sabes?

Unha vez aprendín de memoria o poema “A Morsa e o Carpinteiro” porque quería recitarllo a Ruthie. “O sol relucía no mar, relucía con toda a súa forza…”. Ruthie ollaba o ceo e, por veces, os ollos enchíanselle de bágoas. Por fin cheguei ás últimas liñas: “Mais alí ninguén respondeu, o que non era raro, porque os come-ran a todos…”. Estivo un bo cacho ollando para min antes de abrir a boca e entón dixo: Tes os dentes máis bonitos que vin na miña vida, e foi para dentro.

Cisneros, Sandra (2014): A casa de Mango Street (Cangas do Morrazo: Sushi Books).

Tradución de Alicia Meléndez.

Page 4: Funcións da linguaxe

12

Lectura1Actividades

1. Procura no dicionario o significado destes vocábulos. A seguir, constrúe un enunciado con cada un deles.

rifa (l. 6), asubiar (l. 11), esfinxe (l. 22), chiscando (l. 23), moreas (l. 31), braille (l. 37)

2. Substitúe os termos en negra por un sinónimo.

n Ruthie, muller alta e delgada, de beizos encarnados e pano azul na cabeza, un calcetín azul e outro verde porque non se deu conta, é a única persoa maior que coñecemos á cal lle gusta xogar.

n Todas as semanas Edna rifa con alguén...

n O coche estaba en marcha e Ruthie agardaba na escaleira.

n O sol relucía no mar, relucía con toda a súa forza…

3. Identifica no texto tres locucións adverbiais. Poderías substituír algunha delas por outra locución de igual ou semellante significado?

4. Ordena cronoloxicamente os seguintes acontecementos.

n A Ruthie gústanlle os libros aínda que non pode ler.

n Ruthie non se sente cómoda dentro dos comercios.

n De moza, Ruthie tivo oportunidade de levar unha vida diferente.

n Ruthie dubida se pode ou non saír de casa e pídelle permiso á nai.

5. Responde ás seguintes cuestións sobre a lectura.

n Por que cres que deixan que Ruthie reparta as cartas da baralla?

n Cal pensas que é o motivo polo que Ruthie di que só está de visita e que o seu home vai vir bus-cala nuns días?

n Como supós que é a relación de Ruthie con súa nai? Por que consideras que é así?

6. Cales das seguintes calidades cres que predominan na protagonista? Posúe algunha calidade máis?

serenidade inxenuidade cobiza solidariedade timidez rancor

simpatía necidade teimosía empatía rabia fachenda

7. Cres que nesta historia predomina a narración ou a descrición? Explica por que.

8. Que tipo de voz narrativa conta a historia? Utiliza exclusivamente o estilo indirecto? Xustifica a túa resposta con fragmentos do texto.

9. Que recurso estilístico se emprega na afirmación A lúa é fermosa como un globo? Achega tres exem-plos máis desta mesma figura retórica.

10. A casa de Mango Street é unha novela en que se retrata a vida dunha familia chicana que consegue comprar unha casa, aínda que para Esperanza, unha das fillas e narradora da historia, é pequena e fea, moi afastada da idea que se tiña forxado. Explica detalladamente como sería a túa vivenda ideal e achega información sobre a casa e a veciñanza.

Page 5: Funcións da linguaxe

13

Expresión oral 1Pedir información persoalTrata de saber algo máis sobre os teus compañeiros e compañeiras recabando os datos solicitados embaixo sen formular máis dunha pregunta a cada persoa. Gaña o xogo quen consiga a información contida en catro celas en liña (horizontal, vertical ou diagonal).

Localiza alguén que…

Viaxase en avión no último ano

Teña un animal na casa

Xogue á consola

Fale varios idiomas

Toque un instrumento musical

Desfrute coa lectura

Sexa alérxico/a

Non teña irmáns/ás

Gañase algunha vez un concurso

Sexa coleccionista

Saiba cociñar

Queira ser artista

Coñeza un/unha persoa famosa

Teña vivido noutro país

Faga teatro

Forme parte dalgunha asociación

ou dalgún club

1

5

9

13

3

7

11

15

2

6

10

14

4

8

12

16

Page 6: Funcións da linguaxe

14

Lingua e texto1

1. Funcións da linguaxeO/a emisor/a transmite a súa intención comunicativa a través das funcións da linguaxe, que permiten enfa-tizar un ou varios elementos do proceso comunicativo (mensaxe, canle etc.).

Podemos distinguir seis funcións da linguaxe, que adoitan aparecer combinadas no discurso, pois normal-mente unha mensaxe encerra máis de unha intención comunicativa.

Funcións da linguaxe

1.1. Función representativaPor medio da función representativa, informativa ou referencial, o/a emisor/a pon de relevo o contex-to, pois o que lle interesa é transmitir información obxectiva a respecto do mundo extralingüístico.

Os enunciados en que subxace esta función acostu-man presentar unha linguaxe clara, sinxela e concre-ta e unha entoación neutra.

O telexornal abriu coa noticia do accidente. As plantas realizan a fotosíntese.

1.2. Función expresivaCoa función expresiva ou emotiva destácase a fi-gura do/da emisor/a, que mostra a súa opinión ou a súa actitude perante unha determinada realidade, poñendo de manifesto a súa subxectividade.

Nos enunciados en que predomina esta función é frecuente a entoación exclamativa, os pronomes e as formas verbais de 1.ª persoa, as interxeccións, as expresións como meu deus, miña nai...

Esta función aparece habitualmente na conversa es-pontánea, na correspondencia persoal, na literatura, nos artigos xornalísticos de opinión etc.

É a última vez que cho digo!Meu deus, como me amarga ter que saír agora!

1.3. Función apelativaA función apelativa ou conativa está centrada no/na destinatario/a, de quen o/a emisor quere conse-guir algo (aconsellalo/a, influír sobre el/ela etc.).

Esta función, moi recorrente na linguaxe publicita-ria, evidénciase por medio dos pronomes e das for-mas verbais de 2.ª persoa, do imperativo, do vocati-vo e das expresións exhortativas e de cortesía.

Mariña, obedece o teu avó!Por favor, escóitame un momentiño...

1.4. Función fáticaA función fática ou de contacto fai fincapé na canle, xa que lle serve ao/á emisor/a para iniciar, manter, comprobar ou interromper a interacción co/coa destinatario/a.

Son característicos desta función os enunciados bre-ves e repetitivos e as expresións pobres de contido (non?, claro, xa, eh, hum etc.).

Si? Diga? Escoita?Mmm... De acordo, está ben!

1.5. Función metalingüísticaA función metalingüística está presente nas men-saxes que teñen como finalidade reflexionar sobre o código lingüístico; predomina na escrita das gramá-ticas, dos dicionarios e dos ensaios lingüísticos.

Un recurso que revela a presenza desta función é o uso de termos sen ambigüidades.

Axiña é un adverbio de modo.Despois de punto escríbese maiúscula.

1.6. Función poéticaA función poética ou estética prevalece nos enun-ciados cuxo principal obxectivo é empregar a lin-guaxe dunha maneira artística; o/a emisor/a quere que o/a destinatario/a centre a súa atención na bele-za e na orixinalidade da mensaxe.

Esta función predomina nos textos literarios e pu-blicitarios e nas cancións, que se caracterizan polo uso criativo da linguaxe, pola utilización de recur-sos estilísticos, xogos de palabras, expresións con sentido figurado...

VISIÓNTeña_unha.

Cada mes no quiosco

Page 7: Funcións da linguaxe

15

Lingua e texto 1Actividades

1. Liga cada función da linguaxe co elemento da comunicación que pon en destaque.

Función fática

Función poética

Función representativa

Función apelativa

Función expresiva

Función metalingüística

Emisor/a

Contexto

Código

Mensaxe

Canle

Destinatario/a

2. Preenche a tabela coa información que falta.

EnunciadoFunción da

linguaxeCantos anos tes?Artur, Artur... Imos, non? Imos logo?Moito riso, pouco siso.Non invente! Compre no Continente.Como me alegro de verte!Na nosa lingua existen tres conxugacións.

3. Cal é a función lingüística predominante nos textos embaixo?

4. Identifica as funcións lingüísticas representadas nas seguintes imaxes.

EstE cuarto parEcE un cortEllo!

A mAnifestAción pArtirá dA prAzA dA princesA ás

12:30 h dA mAñá.esperámosvos!

Ai, como me doe o xeonllo!

Hum... QuE calor vai HoxE, non si?

si, si. unHa calorHorríbEl, EH? uf!

Page 8: Funcións da linguaxe

16

Léxico1Hixiene e coidado persoal

Actividades

1. Ordena as imaxes anteriores nunha secuencia temporal lóxica e describe oralmente o que están a facer estas persoas en cada unha delas.

2. Agrupa as palabras seguintes nas categorías que corresponda.xabón, secador, xampú, diadema, delineador, cepillo do cabelo, pau de algodón, lazo, corrector, crema suavizante, sombra de ollos, tinte, xel, esponxa, toalla, barra de labios, colorete, máquina de barbear, rímmel, peite, iluminador

Hixiene persoal Peiteado Cosmética

3. Liga cada termo da columna esquerda co seu antónimo da columna dereita.

elegante

corpulento/a

limpo/a

atractivo/a

desleixado/a

cativo/a

curioso/a

repulsivo/a

sucio/a

charramangueiro/a

4. Explica o significado das expresións marcadas en letra negra.n Desde que botou moza anda feito un abril.

n Traballa tanto e dorme tan pouco que está como a sardiña pola punta do rabo.

n Estás bo para o coitelo, André!

n Coñézoa desde hai moitos anos e sempre me encheu o ollo.

Page 9: Funcións da linguaxe

17

Léxico 1Campo semántico Definimos campo semántico como o conxunto de palabras que partillan un trazo semántico. Así, batedor, espremedor, lavadora, microondas, neveira, torrador… pertencen ao mesmo campo semántico porque designan electrodomésticos.

Os vocábulos dun mesmo campo semántico teñen a mesma categoría gramatical, mais non posúen o mes-mo lexema.

Alén disto, un mesmo termo pode formar parte de diferentes campos semánticos segundo a realidade á cal se re-fira. Por exemplo, laranxa pertence ao campo semántico das cores, mais tamén ao campo semántico das froitas.

Actividades

1. Cal destas series forma un campo semántico? Por que?

empanadapanpanadaríapanadeiropanciño

apartamentocabanacasachaléchoupana

cochefrear multarsemáforotránsitoveloz

2. Das palabras do cadro, algunhas están relacio-nadas co sentido do gosto e outras co sentido do olfacto. Clasifícaas correctamente.

insípido/a fragrante fétido/a salgado/a

eslamiado/a doce oloroso/a acedo/a

aromático/a agre picante amargo

fedorento/a cheiroso/a pestífero/a recendente

3. Cada un destes vocábulos pertence a varios campos semánticos. A cales?

radio w rosa w abrigo w cadro

4. Clasifica os seguintes verbos en dous campos semánticos: amizade e inimizade.

confraternizar agradaraborrecer adorardetestar aborrecerconxeniar repugnargustar repeler

Amizade Inimizade

5. Os termos embaixo correspóndense co campo semántico dos fenómenos atmosféricos. Úneos coas súas definicións.

Furacán Chuvia miúda.

Neve Auga que cae das nubes en forma de pinga.

Orballo Fenómeno atmosférico que se produce cando se dan temperaturas inferiores a cero graos e se conxela a auga.

Sarabia Auga conxelada que cae das nubes en forma de folerpa.

Tormenta Tempestade forte caracterizada por un vento moi violento.

Treboada Chuvia intensa, súbita e normalmente breve, que pode ir acompañada de vento.

Xeada Perturbación violenta da atmósfera, con vento, chuvia, tronos e lóstregos.

Chuvia Chuvia en forma de pequenas pedras de xeo.

6. En pares, e coa axuda dun dicionario, elaborade estes campos semánticos:

Cereais Sentimentos Utensilios cociña Asentos Bailes

Page 10: Funcións da linguaxe

18

Gramática1A lingua e a súa organización 1. A lingua e a súa organizaciónOs seres humanos comunícanse a través da combinación da linguaxe non verbal (xestos, sons, olores, sabo-res etc.) e da linguaxe verbal, que é a facultade biolóxica mediante a cal estes poden transmitir información por medio de signos lingüísticos e que se acostuma manifestar no uso das diferentes linguas.

Chamamos lingua ao código utilizado por unha comunidade para se comuni-car. Este código está constituído por un sistema de signos lingüísticos (orais e escritos) relacionados entre si por medio dunha serie de regras para dar lugar a un número ilimitado de mensaxes.

Pola súa parte, as regras que determinan a combinación dos signos lingüísti-cos nun idioma, atendendo á forma, á función e ao significado, constitúen a gramática dese idioma. Así, segundo o seu obxecto de estudo, a Gramática estrutúrase en varias disciplinas, nas cales encontramos unidades cada vez máis complexas: Gramática do son e do fonema, Gramática do morfema e da palabra, Gramática da frase, da cláusula e da oración e Gramática do texto.

2. Gramática do son e do fonemaNo nivel fónico da lingua podemos diferenciar dúas unidades mínimas: o son e o fonema.

O son é a unidade lingüística mínima da lingua. Cando un determinado son permite diferenciar palabras recibe o nome de fonema. Por exemplo, os sons [e]-[] conforman dous fonemas /e/-// porque podemos diferenciar as palabras pe ‘letra’ / pé ‘extremidade’.

As disciplinas lingüísticas que se ocupan do son e do fonema son, respectiva-mente, a Fonética e a Fonoloxía.

2.1. Sistema vocálico e sistema consonánticoO sistema vocálico do galego, que consta de sete fonemas vocálicos ou vogais, caracterízase pola presenza da oposición aberta/fechada nas vogais medias, o cal permite distinguir pares de palabras (bóla/bola). Estas vogais medias abertas tamén se rexistran noutras linguas románicas, como o cata-lán (coll), o francés (mèr) e o italiano (vento), e mesmo en linguas xermánicas como o inglés (horse).

O sistema consonántico, pola súa vez, está formado por dezanove fonemas consonánticos ou consoantes.

Cada signo lingüístico é

resultado da asociación

arbitraria e convencional

dun significante (que

consta dunha impresión

acústica –son– e dunha

imaxe visual –grafía–)

cun significado (ou con-

cepto) para designar un

referente (que constitúe

o obxecto particular, real

ou virtual).

Significante(grafía + son:

árbore [])

Significado(concepto: ‘planta grande’)

RefeRente

ifechadas

Fechadas

Palatais centrais Velares

abertas

Medias

abertas

e

a

o

u

Bilabial Labio-dental Inter-dental Dental Alveolar Palatal VelarXorda/Sonora x s x s x s x s x s x s x sOclusiva /p/ /b/ /t/ /d/ /k/ //

Fricativa /f/ // //

Africada //

Nasal /m/ /n/ //

Lateral /l/ //

Vibrante simple //

Vibrante múltipla /r/

Page 11: Funcións da linguaxe

19

Gramática 13. Gramática do morfema e da palabraO morfema e a palabra son as unidades gramaticais existentes no plano morfolóxico da lingua. Do seu estu-do ocúpanse a Morfoloxía (a través da forma) e a Semántica (por medio do significado).

A palabra, que vén delimitada na escrita por un espazo en branco no inicio e outro na fin, é o conxunto de sons dotados de significado e pode estar constituída por un ou varios morfemas, que son as unidades mínimas con significado lexical ou gramatical.

3.1. Tipos de morfemasSegundo a estrutura interna dunha palabra, o morfema pode clasificarse en morfema radical, morfema afixo flexivo e morfema afixo derivativo.

Tipos de morfema Definición Exemplos

Morfema radical ou lexema

Achega o significado léxico da palabra. rapaz-a-s, est-a-ba-n, quen

Morfema afixo flexivo Informa sobre o xénero, o número, a persoa, a conxugación, o tempo, o modo ou o aspecto.

rapaz-a-s, est-a-ba-n

Morfema afixo derivativo

Prefixo Colócase antes do radical completando o seu significado. des-facer, re-venderSufixo Aparece após o radical para modificar o seu significado. marabill-oso, facil-mente

3.2. Tipos de palabrasAtendendo á súa estrutura, distinguimos entre palabra simple, derivada e composta.

Tipos de palabra Definición Exemplos

Palabra simple Consta dun único morfema radical e, opcionalmente, de morfe-mas flexivos.

alto, alta, altos, altas; ler, les, leses; este, esta, isto

Palabra composta Conta con dous ou máis morfemas radicais. máquina de escribir, pa-raugas, histórico-social

Palabra derivada

Por prefixación Presenta un prefixo, afixo anteposto ao radical. rexurdir, supermercadoPor sufixación Posúe un sufixo, afixo posposto ao radical. claridade, mariñeiroPor parasíntese Está formada pola unión simultánea dun prefixo e dun sufixo,

sen que exista unha palabra intermedia.alongar, endurecer

3.3. Categorías gramaticaisAs palabras que partillan trazos morfolóxicos, sintácticos e semánticos comúns agrúpanse en categorías gra-maticais ou clases de palabras, que poden ser variábeis e invariábeis conforme flexionen en xénero, número e/ou persoa. Así, diferéncianse sete categorías:

Categoría gramatical Definición Exemplo

Variábel

Substantivo Nomea seres animados ou inanimados, accións, estados, sentimentos e calidades.

muller, xirafa, Ulla, zoca, maldade

Adxectivo Designa unha calidade atribuída a un ser, a un obxecto ou a un concepto.

fácil, baixo/baixa, dificilísimo

Verbo Expresa accións, estados ou procesos, situados nun tempo, nun modo, nun número e nunha persoa determinados.

ser, comprabamos, trouxo, lambiches

Variábel / Invariábel

Pronome Carece de significado concreto; para precisarmos o seu signifi-cado necesitamos coñecer o contexto.

eu, esa, voso, a, outro, al-guén, vixésimo, quen, onde

Invariábel

Adverbio Indica circunstancias de lugar, de modo etc. relativas a unha acción, a unha calidade ou a un estado.

acolá, antonte, así, quizais

Preposición Introduce frases ou cláusulas. a, até, desde, tras

Conxunción Conecta frases, cláusulas ou oracións. e, xa que, nin, se

Page 12: Funcións da linguaxe

20

Gramática14. Gramática da frase, da cláusula e da oraciónAs palabras poden combinarse en tres unidades superiores, que son obxecto de estudo da Sintaxe: a frase, que está conformada por unha ou varias palabras organizadas á volta dun núcleo; a cláusula, que presenta un verbo principal ou varios verbos subordinados; e a oración, que se compón de dúas ou máis cláusulas situadas no mesmo nivel xerárquico.

4.1. Tipos de frases, cláusulas e oraciónsAs frases divídense en seis tipos: frase substantiva, frase nominal, frase adxectiva, frase verbal, frase adverbial e frase preposicional.

Pola súa parte, as cláusulas poden ser simples e complexas.

E finalmente, as oracións clasifícanse en compostas e bipolares.

5. Gramática do textoAs unidades sintácticas (frases, cláusulas e oracións) organízanse, no nivel textual da lingua, para crear un enunciado ou varios, que á súa vez se poden combinar con outros formando un texto.

O texto, que é a unidade máxima da comunicación, defínese como unha secuencia discursiva, oral ou escrita, que debe cumprir as propiedades de adecuación, coherencia e cohesión.

A Gramática do texto é a disciplina que se centra no nivel textual.

5.1. Modalidades do enunciadoPor modalidades do enunciado entendemos as diferentes maneiras de expresar un enunciado segundo a actitude e a intención do/da falante. Desde este punto de vista, diferenciamos entre sete modalidades:

Modalidade Definición Exemplos

Enunciativa Informa obxectivamente de algo, afirmándoo ou negándoo. Roi (non) come moito.Interrogativa Serve para preguntar. Que fas?Exclamativa Expresa sentimentos e emocións (admiración, sorpresa...) Vaia coche mercaches!Imperativa ou exhortativa Indica consello, petición, orde ou prohibición. Senta e escoita.Desiderativa Expresa un desexo. Oxalá aprobe este exame.Dubitativa Transmite unha dúbida. Talvez compre ese.De posibilidade Denota posibilidade ou probabilidade. Deben ser as dúas.

5.2. Marcadores discursivosAs unidades que garanten a cohesión entre as distintas partes do texto denomínanse marcadores discursivos ou conectores.

Funcionan como marcadores discursivos as conxuncións e locucións conxuntivas (non obstante, porén, porque, ou), os adverbios e as locucións adverbiais (agora, a seguir, finalmente, non?), os adxectivos (ben, claro), os verbos (escoita, desculpe), os substantivos (home, lume), as preposicións e as locucións prepositivas (co obxectivo de, á diferenza de), as interxeccións (eh, bah), certas expresións (en primeiro lugar, por outra parte, como xa indicamos) etc.

O problema proposto foi dificilísimo, mais conseguín

resolvelo en media hora. Así, gañei a olimpíada de Física

que se celebrou en Noia.

Oración

Cláusula principalOraciónEnunciado 1

Frase preposicionalrelator (prep.) + termo (fr. subst.)Enunciado 2

Enunciado 2Cláusulasubordinada

Sons: []Fonemas: //

Palabra: ‘moi difícil’ (adx.)Morfemas: dificil - ísim - o

Page 13: Funcións da linguaxe

21

Gramática 1Actividades

1. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras (P) ou falsas (O).

P OA linguaxe verbal é o único sistema de comunicación dos seres humanos.O conxunto de signos lingüísticos que se relacionan entre si mediante unha serie de regras recibe o nome de lingua.A lingua galega consta de vinte e seis fonemas.

A secuencia de sons aptcr constitúe unha palabra.

Paragüeiro é unha palabra parasintética.

A cláusula complexa é aquela que presenta dous verbos principais.

O enunciado é a unidade mínima da comunicación.

2. Diferencia o significante e o significado destes vocábulos.

caderno w globo w tesoirastelevisor w alegría

3. Ordena de menor a maior as unidades lingüísti-cas e agrúpaas nas disciplinas correspondentes.

cláusula enunciado fonema

frase morfema oración

palabra son texto

4. Le en voz alta as grafías marcadas en negra e define os fonemas que representan. A seguir, consulta o Dicionario de pronuncia da lingua galega (http://ilg.usc.es/pronuncia/) para es-coitar a realización estándar.

póla terra xurelo algunha

ollo ávrego chousa verde

5. Completa o seguinte trabalinguas e repara na pronuncia correcta dos fonemas /∫/ e /s/.

Unha pexa, rexa, mexa, salfexa,salfexorda, descontramiñada e xorda,díxolle a outra pexa, rexa, mexa, salfexa, salfexorda descontramiñada e xorda:“Eu cando era pexa, rexa, mexa, salfexa,salfexorda, descontramiñada e xorda,coidaba os meus pexos…"

6. Segmenta os morfemas destas palabras e cla-sifícaas en simples, derivadas ou compostas.bailen, hábil, alemán, calquera, tradutoras, imaxinabades, estes, parabrisas, remollar, en-tristecidos

7. En pares, recoñecede as diferentes categorías gramaticais no texto.

Este día,estas vinte a catro parcelas de silencio,estas vinte e catro cámaras nupciaisque un vento ferido arrasa,estas vinte e catro elas de agonía,estará condenado a ser sempre este díae eu moradora del,viaxeira nas salas da colmea.estará condenado a ser nada máis que este díapois que nunca,xa nunca,será véspera da próxima ocasión en que te ame.(O noso amor morreu. Sobre unha rúaxacen as asas pálidas dun anxo)

Pilar Pallarés, Sétima soidade.

8. Explica se os enunciados embaixo conforman un texto.n Despois de chegar ao campus, fun ao meu

cuarto e desfixen a equipaxe. Nunca souben por que os meus pais compraron aquel coche. Finalmente, metinme na cama e durmín.

n Hai varias ideas que se defenden no libro. A globalización é un dos temas que se to-can.

n Mañá celebramos o aniversario de Román no cinema, así que temos que comprar as entra-das hoxe. Poderías acompañarme, por favor?

n Señoras e señores, moitas grazas por vi-ren. Nesta lexislatura imos de cu...

9. O enunciado Ti cantas ben está expresado na modalidade enunciativa. Poderías transforma-lo nas outras seis modalidades existentes?

Page 14: Funcións da linguaxe

22

Ortografía1Acentuación (I): regras xerais

ACENTÚANSE NON SE ACENTÚAN

Palabras agudas

n Palabras con máis de unha sílaba que terminan en:-Vogal: irmá, xampú-n: catalán, canón-s: estás, avós-ns: comúns, xabóns

n Palabras monosílabas (salvo as diacríticas): dei, gas, vinn Palabras finalizadas en consoante diferente de -n, -s ou

-ns: amor, anzol, andaluzn Palabras acabadas en ditongo decrecente ou en tritongo

(seguido ou non de -n ou -s), ou en ditongo homoxéneo: ademais, bebeu, cantou, renunciei, actuais, escribiu

Palabras graves

n Palabras acabadas en:-Consoante distinta de -n ou –s: útil, cráter-Grupos consonánticos diferentes de -ns: telefax, tríceps-Ditongo decrecente: posíbeis, hóckey

n Palabras terminadas en:-Vogal: confortabelmente, rapaza-n: dixeran, comen-s: lapis, rapazas-ns: canons, dolmens

Palabras esdrúxulas e sobresdrúxulas

n Todas: lóstrego, roubáronllelo, cóxe-gas, árbores...

3. Algunhas precisións sobre as regras xerais de acentuaciónAs regras xerais de acentuación anteriores tamén se cumpren nos seguintes casos:

n Nas letras maiúsculas: RÚA ILLAS CÍES, Óptica Castro.n Nas palabras compostas ligadas sen trazo, en que o acento de intensidade re-

cae na última sílaba tónica da palabra: baloncesto, benestar, xordomudo, ignífugo, radiografía, telescopio.

n Nas palabras compostas ligadas con trazo ou con constituíntes separados, que levan o acento de modo independente: político-social, máquina de coser, azul mari-ño, sala de estar.

n Nos vocábulos acabados en -mente: cientificamente, rapidamente, facilmente, timidamente.n Nos estranxeirismos e nos latinismos adaptados: anorak, iceberg, iglú, boicot,

samurai; accésit, álbum, béisbol, sándwich; bádminton, déficit.n Nos pronomes interrogativos como, cando, onde, canto, por que…, que non se

acentúan salvo en enunciados interrogativos indirectos ambiguos: Dime que acentúo ben. Dime qué acentúo ben.

Segundo a posición da sílaba tónica no interior da palabra, diferenciamos entre:

Agudas:can ción

Graves:a len to

Esdrúxulas:o xí xe no

Sobresdrúxulas:mér ca no lo

1. AcentoO acento de intensidade é a maior forza con que pronunciamos unha sílaba a respecto doutras. Neste sentido, podemos diferenciar entre sílabas tónicas, nas cales recae este acento, e sílabas átonas, que non se pronuncian con tanta enerxía.

Así, tamén é posíbel distinguir entre palabras tónicas (substantivos, adxectivos, adverbios e a maior parte dos pronomes), que presentan un acento propio, e pala-bras átonas (pronomes persoais átonos, artigos, algunhas preposicións e conxun-cións), cuxa pronuncia se apoia no vocábulo seguinte ou no anterior.

2. Regras xerais de acentuaciónA sílaba tónica pode levar acento gráfico (´); porén, non todas as sílabas tónicas se acentúan graficamente.

Repara na acentuación gráfica destas palabras:

Palabras agudas:alfil, chofer, cepelín, radar, saharauí, sonar.

Palabras graves: acne, argon, atmos-fera, bérber, ciclope, flúor, medula, mísil, neon, téxtil, traquea.

Palabras esdrúxulas: alvéolo, cardíaco, dé-catlon, dínamo, éncli-se, olimpíada, próclise, rubéola, tríatlon.

Page 15: Funcións da linguaxe

23

Ortografía 1

Actividades

1. Localiza neste texto dez palabras tónicas e subliña nelas a sílaba tónica. A seguir, clasifícaas en agu-das, graves e esdrúxulas.

As beiras do Volga, salpicadas polo ronsel do buque, coroábanse con numerosas bandadas de parrulos salvaxes que foran escorrentados lanzando berros enxordecedores. Un pouco máis lonxe sobre aquelas secas chairas bordeadas de ameneiros, salgueiros e tileiros, esparexíanse algunhas vacas de cor rubia escura, rabaños de ovellas de la parda e mandas de porcos brancos e negros.

Xulio Verne: Miguel Strogoff.

2. Marca o acento gráfico nos vocábulos embaixo e xustifica por que se acentúan ou non.

ademaisalguentextiltemperacortes

Anxelavozlevaronnum.biceps

avionaticoresponsabelduplexCaucaso

tonelcafeestoxotenazmentesi

estaductilcanonsresponsabeisfixerono

tipicoGomezvaterponinfantis

3. Acentúa as palabras compostas cando for necesario.

decimo oitavoRiotortocaracolautomobil

lobishomehistorico-politicobalomanmediodia

maquina de escribirlexico-semanticaporco teixoarco da vella

lucecufranco-provenzalbotafumeirogalego-portugues

paraugasautobusbranquiazulaugamar

4. Os seguintes termos son estranxeirismos ou latinismos. Acentúaos cando corresponda e procura o seu significado no dicionario.

albumbumerangtabusoftware

radarchoferhabitatgangster

liderbeisbolboicotchandal

parkinsonrelaxsamuraipenalti

olimpiadapizzaquimonotriatlon

5. Revisa a acentuación nestes enunciados.n Quen e ese rapaz de ai? Quero sabelo porque este xa sei quen e.n Deixate de lerias e dame unha explicacion convincente.n Dime que me queres porque, se non, marcho xa.n Guillerme propuxonos unha magnifica idea. Que vos parece?n Ainda non sabes canto lle custou.

6. Escribe un enunciado para cada par de vocábulos.

agora-ágora campa-campá cantara-cantará pais-país

7. Coa axuda do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa) [dispoñíbel en http://www.realacade-miagalega.org/recursos-volg] acentúa as seguintes palabras.

sonar atmosfera parasito alveolo cardiaconeon acne fluor medula misil

n Nos verbos seguidos de pronome persoal átono, que se acentúan como se fosen un único vocábu-lo: traerá + a > traeraa, dixo + o > díxoo.

n Nas abreviaturas: ár. (‘árabe’), al. (‘alemán’), páx. (‘páxina’), fol. (‘folio’).

Page 16: Funcións da linguaxe

24

Lingua e sociedade1

1. Formación da lingua galegaA lingua galega ten a súa orixe no latín vulgar, isto é, no latín falado pola poboación romana. Este latín vulgar vai sufrir mudanzas fonéticas e léxicas por causa das linguas prelatinas e recibirá achegas léxi-cas coas invasións xermánicas e árabes posteriores.

Para comprender a evolución da lingua galega, cóm-pre revisar os feitos históricos máis relevantes na súa formación.

As tropas do imperio romano chegan á Península Ibérica no ano 218 a. C., mais demoran en conquis-tar a zona noroeste por mor dos diversos pobos que a habitaban. A derrota final do pobo galaico chega na famosa batalla do Monte Medulio no ano 25 a. C.

A partir deste momento, iníciase a romanización da Gallaecia, que foi un lento proceso de asimilación e de incorporación dos pobos prerromanos á forma de vida, aos costumes e á lingua latinas e que fixo des-aparecer as linguas autóctonas.

A fin do imperio romano prodúcese no século V coas invasións de distintos pobos xermánicos. Así, os suevos fundaron en Braga no ano 411 o primeiro reino da Europa medieval e, posteriormente en 585, foron invadidos polos visigodos.

Pola súa parte, no ano 711 os árabes desembarcan na Península Ibérica e rapidamente invaden o territorio visigodo. Non obstante, a súa presenza no noso país –e a súa pegada na nosa lingua– foi moi escasa, pois este axiña fica libre do dominio musulmán.

2. Estratos lingüísticos: substrato, superestrato e adstratoA lingua galega está constituída fundamentalmen-te por un estrato latino con influencias dun subs-trato celta e precelta, dun superestrato xermá-nico e árabe e dun adstrato composto por outros idiomas (que veñen enriquecendo o galego desde o seu nacemento até a actualidade pola vía do préstamo).

Estes diversos estratos deixaron sobre o latín pega-das no léxico común, na onomástica (toponimia e antroponimia) e, nalgún caso, na fonética.

Estratos lingüísticos Achegas lingüísticas

Adstrato Outras linguas(ss. ix-xxi d. C.)

cheminea (francés), chocolate (linguas amerindias), pallaso (italiano), pub (inglés)…

Superestrato

Árabe(s. viii d. C.)

Léxico común: aceite, algodón, oxalá…Onomástica: Rábade, Sada…

Xermánico(s. v d. C.)

Léxico común: frecha, orgullo, roca, roupa…Onomástica: Afonso, Elvira, Fernández, Suevos…

EstratoRomano/

Latino(s. ii a. C.)

Practicamente todo o léxico, onomástica, fonética, morfo-loxía e sintaxe.

SubstratoCelta e pre-

celta (milenio i a. C.)

Léxico común: berce, croio, lama, rodaballo, virar…Onomástica: A Coruña, Barallo-bre, Laxe, Miño…Fonética: -cl-/-pl-/-fl- > ch- (cla-vem > chave); perda do -n- e do -l- (lunam > lúa; dolorem > dor) etc.

3. Galego-portugués, lingua románicaAs invasións xermánicas tiveron unha influencia decisiva no proceso de fragmentación lingüística da Romania. Por tanto, do século V ao século ix con-fórmanse os trazos lingüísticos fundamentais das actuais linguas románicas ou romances, que xa se diferencian do latín a finais do século Viii. Así, por volta deste século nace o galego-portugués, que se estende por Galiza e o norte de Portugal, e as outras linguas románicas peninsulares (catalán e español, entre outras) e europeas (francés, italiano, romanés etc.).

Historia da lingua (I): orixe da lingua galega

Gale

go Leonés Éuscaro

Franco-Provenzal

Árabe e mozárabe

Linguas de oïl

Catalán

Occitano

Aragonés

Cast

elán

Mapa das linguas peninsulares. Ano 1000.

Page 17: Funcións da linguaxe

25

Lingua e sociedade 1

Actividades

1. Consulta no dicionario a procedencia das seguintes palabras e clasifícaas segundo o estrato ao cal pertencen.

abur alfil amorodo arroz billa garaxe camiño camisa cifra gándaraguerra helmo laranxa luva pizza roubar iate toalla tortilla xadrez

2. A partir dos étimos latinos, tenta indicar os resultados nas diversas linguas románicas coa axuda de varios dicionarios bilingües.

LatínGalego-

portugués Catalán Español Francés Italiano Romanés

cattum gatoficum ficolactem laitlunam lunaterram terraplovere llover

uProba agora coas equivalencias en inglés. Existe algunha similitude?

3. Completa esta liña do tempo coas etiquetas que faltan.

137/

136

218

1925 411

476

585

711

400 300 200 100 a. C. 100 200 300 400 500 600 700 800 900d. C.

batalla do Monte Medulio w caída do imperio romano de occidente w campaña de Décimo Xuño Bruto w campaña de Xulio César w conquista dos visigodos w inicio da conquista da PI w invasión xermánica w invasión árabe w fin da conquista de Hispania w nacemento das linguas románicas w formación do reino suevo

4. Le o seguinte texto e responde ás seguintes cuestións embaixo.

Coa romanización terá lugar unha auténtica transformación tecnolóxica. Por un lado, a presenza romana traerá un novo tipo de asentamento urbano e moitos castros serán abandonados pola forza ou por pactos, aínda que algúns deles subsistirán até ben entrado o medievo.

A actividade mineira será o principal obxectivo económico da metrópole e a extracción sistemática de ouro, ferro e estaño farase con adiantados métodos de enxeñaría, conseguindo unha alta ren-dibilidade para Roma. Alén disto, as actividades mercantís servirán para abrir unha diversificada rede viaria que una os centros principais polo interior e por vía marítima e que comunique Gallae-cia co resto da Península.

Basilio Cegarra: Guía e rutas da arte. Épocas e estilos.

uCales son as causas polas cales os romanos tiñan tanto interese en conquistar a Gallaecia prerromana?uQue consecuencias trouxo consigo a romanización? A nivel lingüístico, que provocou este proceso

histórico?

4. Etapas da historia da lingua galegaO galego é unha lingua histórica, un vehículo de comunicación interpersoal e un sinal de identida-de dos/das falantes propios/as. Podemos distinguir tres etapas:

n Galego-portugués ou galego antigo: Baixa Idade Media (ss. xii-xV).

n Galego medio: Séculos Escuros (ss. xVi e xVii) e Ilustración (s. xViii).

n Galego contemporáneo: Idade Contemporánea (s. xix - actualidade).

Page 18: Funcións da linguaxe

26

Literatura1

1. A literatura galegaA literatura galega está conformada polo conxunto de obras narrativas, poéticas e teatrais escritas en galego.

Cando falamos de literatura galega cómpre termos en conta que se trata do desen-volvemento literario dunha lingua que non está normalizada, o cal ten consecuencias no estabelecemento dos diferentes períodos literarios. Así, o galego vai pasar de vivir normalizado durante o período medieval a ser un idioma minorizado en situación diglósica a partir do século xVi. Porén, desde as primeiras décadas do século xx a so-ciedade galega vai esforzarse por superar o conflito lingüístico a través dun proceso de normalización lingüística en que aínda estamos inmersos/as.

Esta é a liña temporal que sintetiza os principais períodos da historia da literatura galega:

Todas as literaturas teñen a súa propia historia e, aínda que poidan presentar ca-racterísticas comúns, cada unha mantén unha estreita relación cos acontecementos históricos do territorio en que se desenvolve.

Os escritores e as escritoras máis salientábeis de cada período conforman o canon literario, isto é, o conxunto de autores/as e obras imprescindíbeis para nos achegarmos á historia literaria dun determinado pobo. Aproximármonos a esa historia literaria implica achegármonos tamén a un modo de ver, de analizar e de entender o mundo.

2. Xéneros literariosOs xéneros literarios son o resultado de constatar a existencia dunha serie de características formais e temáticas comúns a un conxunto de textos literarios. Os xéneros literarios son catro: xénero lírico, xénero narrativo, xénero dramático e xénero didáctico.

A terminoloxía con que se designan os xéneros na actualidade procede de Aristóte-les, que só considerou tres: a lírica, a épica e a dramática. Porén, os xéneros literarios non permaneceron estáticos ao longo do tempo, senón que foron evolucionando e deron lugar a diferentes subxéneros.

Por outra parte, non debemos confundir subxénero con tema; os subxéneros son estruturas textuais, mentres que os temas dependen do asunto tratado na obra. Así, un mesmo tema –como o amor, por exemplo– pode ser abordado desde diferentes subxéneros: novela, conto, égloga, canción, comedia, ópera etc.

Literatura galega. Xéneros literarios

Idade Media (desde finais do século xii até finais do século xv)

Idade Moderna (s. xvi, xvii e xviii)

Período de esp

lendor

(1200-1350)

Sécu

los Esc

uros

(s. xv

i e xv

ii)

Prerre

xurd

imento

(1808-1863)

Decadencia

finisecu

lar

(1891-1914)

Literat

ura de finais

do sécu

lo xx

Período de deca

dencia

(1350-1500)

Ilustr

ación (s

. xviii)

Rexurd

imento

(1864-1891)

Posguerra

(1936-1

975)

Pregu

erra (1

914-1936)

Literat

ura ac

tual

Idade Contemporánea (desde o século xix até a actualidade)

Neste curso estudare-mos a literatura galega desde a Idade Media até o inicio da Idade Contemporánea.

O dramático é un dos catro xé-neros literarios.

Page 19: Funcións da linguaxe

27

Literatura 1

2.1. Xénero líricoO xénero lírico caracterízase por primar a expresión subxectiva do autor ou da autora, é dicir, o seu modo de ver, sentir e comprender o mundo.

A maior parte dos textos que conforman este xénero son poemas, mais tamén debemos ter en conta que existen poemas narrativos e textos líricos en prosa.

Pertencen ao xénero lírico a canción, a égloga, a elexía, o epigrama, o himno e a oda.

Subxéneros Características Exemplos

Canción Composición poética destinada a ser cantada. “Cántiga”, de Manuel Curros Enríquez, en Aires da miña terra (1880).

Égloga Poema lírico en que un grupo de pastores e pastoras falan de amor nun lugar idealizado (locus amoenus).

“Égloga de Belmiro e Benigno” (1951), de Nicómedes Pastor Díaz.

Elexía Poema lírico cuxo tema é o lamento por unha morte. “Elexía da ausencia fonda”, de Pura Vázquez, en Desmemoriado río (1997).

Epigrama Composición breve de tipo satírico que ten a súa orixe nos textos que na Grecia clásica se escribían nas tumbas.

Fábulas y epigramas (1892), de Amador Montenegro y Saavedra.

Himno Poema de tema relixioso, patriótico ou deportivo composto para ser cantado en grupo.

“Os pinos”, de Eduardo Pondal, en Queixumes dos pinos (1886).

Oda Composición poética de tema xeralmente serio e elevado.

“Oda aos mariñeiros de cangas”, de Bernardino Graña, en Profecía do mar (1966).

2.2. Xénero narrativoO xénero narrativo abrangue obras en prosa e poemas narrativos que presentan unha voz narrativa encargada de expor a acción desenvolta por un/unha ou varios personaxes nun espazo e nun tempo determinados.

n Xénero lírico

Hai cidades que teñen dúas vidas.

Unha, a máis longa, é silenciosa,

íntima e chea de segredos

que garda pudorosamente para ela.

Outra, tan breve que só dura o verán, está [chea de voces, de luces

e de cancións alegres que non lembran

a vida que deixou atrás.

Fran Alonso

n Xénero narrativo

Esta cidade é alucinante. Moita luz. Moita xente mo-véndose a toda hostia polo trazado perfecto. Xente que pelexa. Comecei as aulas. Todo está cheo de enerxía, información, novidade. Síntome moi pe-quena, ás veces moi grande. Ven pronto aquí.

Rexina Vega

n Xénero dramático

alcaldesa: Como pode ver, este concello dispón de contedores específicos para cada tipo de residuo.

dióxenes: Vexo, vexo.

alcaldesa: E, ademais, dispomos dunha planta de reciclaxe recén inaugurada, que nos vai per-mitir recuperar gran parte destes residuos.

Fernando González Graña

n Xénero didáctico

Durante a plena e baixa Idade Media a cidade erixiu-se en centro de poder da sociedade feudal. Nun mundo de asentamento disperso e fragmentado, ela puido facer valer a súa potencia e coherencia demográfica, o nivel económico dos seus habitan-tes e a solidez da súa organización política.

Anselmo López Carreira

Page 20: Funcións da linguaxe

28

Literatura1Dentro do xénero narrativo existen os seguintes subxéneros: conto, epopea, fábula, lenda e novela.

Subxéneros Características Exemplos

Conto Texto en prosa que reúne todas as características do xénero narrativo e que se singulariza pola súa brevidade. Os contos de orixe popular acostuman ser anónimos.

Dos arquivos do trasno (1926), de Ra-fael Dieste.

Epopea Composición épica en prosa ou en verso que presenta un he-roe ou heroína como protagonista dunha serie de aventuras.

Os Eoas (2005), de Eduardo Pondal.

Fábula Composición en prosa ou en verso en que os personaxes prin-cipais son animais e que encerra unha ensinanza moralizante, polo que pode ser considerada un subxénero didáctico.

Fábulas y epigramas (1892), de Amador Montenegro y Saavedra.

Lenda Texto en prosa, xeralmente breve e anónimo, que recolle elementos fantásticos ou míticos.

Lenda da cova da serpe.

Novela Obra en prosa de grande extensión que cumpre todas as características propias do xénero narrativo.

Merlín e familia (1955), de Álvaro Cunqueiro.

2.3. Xénero dramáticoO xénero dramático presenta, ao igual que o narrativo, uns/unhas personaxes que actúan nun tempo e nun espazo concretos. Non obstante, o xénero dramático dife-rénciase do narrativo pola utilización do diálogo en lugar da voz narrativa.

Os subxéneros dramáticos, que poden estar escritos en prosa ou en verso, son a comedia, o entremés, a ópera, a traxedia e a traxicomedia.

Subxéneros Características Exemplos

Comedia Composición teatral que pretende provocar o riso. O achado do castro (1983), de Manuel Núñez Singala.

Entremés Peza teatral breve de ton burlesco e personaxes populares que se intercala nos entreactos de obras máis amplas.

Entremés famoso sobre da pesca do río Miño (1671), de Gabriel Feijoo de Araújo.

Ópera Composición dramática na cal os/as intérpretes cantan o texto en lugar de recitalo.

O Mariscal (1923), de Eduardo Rodrí-guez Losada-Rebellón.

Traxedia Peza longa de ton elevado en que interveñen personaxes obrigados/as a loitar contra o seu destino.

O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958), de Álvaro Cunqueiro.

Traxicomedia Peza en que se mesturan elementos da comedia e da traxedia.

Os vellos non deben de namorarse (1948), de Castelao.

2.4. Xénero didácticoAgrúpanse no xénero didáctico aqueles textos en prosa cuxo obxecto é a divulga-ción dun tema concreto.

Como subxéneros da didáctica podemos citar a biografía, a crónica, o ensaio e a oratoria.

Subxéneros Características Exemplos

Biografía Texto que recolle os principais acontecementos da vida dunha persoa.

Residente privilexiada (1980), de María Casares.

Crónica Compilación de feitos presentados cronoloxicamente. Crónica xeral (finais do século xiii, principios do xiv).

Ensaio Estudo científico que analiza ou interpreta un tema concreto. Sempre en Galiza (1944), de Castelao.

Oratoria Discurso oral caracterizado pola súa elocuencia. “Fálalles de nós” (1959), de Ramón Suárez Picallo.

Page 21: Funcións da linguaxe

29

Literatura 1Actividades

1. Le o seguinte texto e responde a estas cuestións.Pertenzo a un pobo que conta cunha historia que vén de moitos séculos atrás, de tempos inmemoriá-beis en que o meu país era un reino, o Reino de Galiza, que xa se comunicaba nesta mesma lingua que estou a empregar agora contigo, unha historia propia que atravesou épocas moi diferentes e mesmo difíciles que, non obstante, foi quen de superar felizmente.

Descubrín que todos os meus devanceiros, todos os homes e mulleres do pasado que foron facendo o país, empregando como lingua de comunicación e de cultura o galego, deixaron por escrito innumerá-beis obras literarias que abranguen os máis variados xéneros (poesía, narrativa, relato curto, teatro, ensaio etc.), inspirados en milleiros de temas ben diferentes, desde os máis frecuentes e comúns a todos nós (o amor, a soidade, a emigración etc.) até os máis científicos e especializados: antropoloxía, etnografía, xeografía e historia... Son moitos os nomes propios que podería citar e inacabábel a lista de títulos que ficaron escritos, conformando a nosa memoria literaria.

En primeiro lugar, debo admitir que o feito de coñecer a evolución histórica e idiomática galega me axudou moito, pois serviu para me decatar de que a historia da literatura galega é o produto resultante do noso devir histórico irregular; quero dicir, que en épocas de máximo esplendor e hexemonía como pobo, a nosa cultura e literatura tamén se converteu nun produto que gozaba de prestixio a nivel euro-peo, e, pola contra, cando a nosa entidade se pretendía precarizar, a literatura tamén se viu resentida e minorizada, se ben nunca completamente anulada.

Mercedes Queixas Zas: Breve historia da literatura galega.

n A que situación histórica alude a autora?n A literatura galega abrangue calquera xénero literario e calquera tema?n O repertorio de autores e autoras que conforman a nosa literatura é amplo ou reducido?n Que outro elemento resulta indisociábel da literatura galega? Por que? n Cando goza a literatura galega de maior prestixio dentro de Europa?

2. Repara nestas liñas temporais correspondentes á literatura catalá, española e portuguesa até finais do século xix.

n Que liñas temporais se parecen máis entre si?n Cal destas liñas garda máis semellanza coa da literatura galega?n Que relación existe entre os períodos literarios e a situación sociolingüística de cada territorio?

Literatura cataláxii xiii xvixv xvii xviii xixxiv

Idade Media (s. xii-s. xv) Ilustración (s. xviii)

Renaixença (s. xix)

Período de transición (ss. xvi e xvii)

Literatura españolaxii xiii xvixv xvii xviii xixxiv

Idade Media (s. xii-s. xv) Renacemento (s. xvi)

Barroco (século xvii)

Neoclasicismo (s. xviii)

Romanticismo (principios do s. xix)

Realismo e Naturalismo (mediados e finais

do s. xix)

Literatura portuguesaxii xiii xvixv xvii xviii xixxiv

Idade media (s. xii-s. xv) Renacemento (s. xvi)

Barroco (século xvii)

Neoclasicismo (s. xviii)

Romanticismo (principios do s. xix)

Realismo e Naturalismo (mediados e finais

do s. xix)

Page 22: Funcións da linguaxe

30

Literatura1

3. Cales destas obras pensas que forman parte do canon literario galego? Procura información sobre a súa autoría e sobre o xénero literario e o período histórico a que pertencen.

O señor dos aneis - Os outros feirantes - Follas Novas - Veladas indecentes - O vixía no centeo - Crónica

Troiana - O lobo da xente - O diario de Ana Frank - Morgana en Esmelle - O señor das moscas - Cantares

Gallegos - Cumios borrascosos - O mariscal - De catro a catro - Cartas de inverno - Moda galega reloaded -

Os biosbardos - Unha primavera para Aldara - Cousas - O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio

e feminismo - Longa noite de pedra - A illa misteriosa - O lapis do carpinteiro - Mutacións xenéticas -

Con pólvora e magnolias - Saxo tenor - Historia da literatura galega contemporánea

Título Autor/a Xénero Período

4. Atendendo ao cadro realizado na actividade anterior, responde ás preguntas embaixo.n A partir de que período hai máis escritoras? Cal cres que é o motivo principal?

n Cal é o xénero máis cultivado no século xix?

n Na literatura actual predomina algún xénero?

5. Sinala a que xénero e a que subxénero pertencen os seguintes fragmentos.

“Versión oficial”

E cando aquel rapaz, máis inxenuo ou máis valente, comezou a berrar no medio da multitude que en realidade o rei ía espido, apareceron as forzas e os corpos de seguranza do Estado e mallárono a paus.

Non fose ser que, por unha vez, a realidade estragase a versión oficial.

Manuel Núñez Singala: Instrucións para tomar café.

No punto que faguía o sagro xuramento,

unha luz de miragre tremelou no apousento

e abatéronse as portas e pareceu no estrado,

onde o asento baleiro, Galahaz, o Esperado.

Sin espada nin casco, nin espora ni escudo,

ten a gracia dun neno, mais o porte barudo.

como espigas do trigo os cabelos doirados,

a cor como de rosas, os ollos azuados

e a cruz sagra, vermella como aberta ferida,

na brancura do traxe, sobre o peito garnida.

Ó ver o cabaleiro e o fermoso craror

todos quedan suspensos e louvan a El Señor.

Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida.

“Un consolo”

Toliño polo fútbol

morreu o probe Olegario

dun infarto coronario

cando meteron un gol

os do conxunto contrario.

E o seu amigo Casais,

facendo o pranto da morte,

decía antre tristes ais:

—Aínda tiveches sorte,

que nos meteron tres máis.

Xosé María Álvarez Blázquez: Poesía galega completa.

Page 23: Funcións da linguaxe

31

Literatura 1

“Ecodeseño”

Que significa realmente iso do ecodeseño? Un produto deseñado con criterios ecolóxicos, un obxecto froito do ecodeseño, é aquel no cal se incorporaron aspectos que reducen o impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida, desde que se extraen do medio as materias primas até que é xestionado como residuo. Dous cartafoles poden ser idénticos no seu aspecto mais diferentes no deseño; un deles pode estar feito con cartón reciclado e o outro con pasta virxe de papel. Outro exemplo é o da bolsa para botar restos orgánicos, que pode ser de plástico ou de fécula de pataca. Co cartafol do primeiro exemplo evitamos extraer unha nova materia prima do medio e transformala e co segundo reutiliza-mos un residuo.

Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá.

6. Selecciona un destes tipos de texto –co seu correspondente tema– e trata de crear un texto literario.

Himno Lenda Entremés Crónica

TemaLoubanza a un equipo deportivo.

Misterio nunha casa abandonada no centro da vila.

Posíbel situación cómica nunha veciñanza.

A fin do verán.

GloriaA nosa compañía desfaise hoxe, aquí.Eu decidín ficar. Ti podes despegar.

LabartaSen ti non penso ir a ningures.

GloriaSó unha cousa che pido, no entanto.

LabartaCal?

GloriaPecha a xanela, que refresca.

LabartaA xanela?

GloriaO mundo ten xanelas e é por eses resquicios que se coaa ilusión da vida que nos mata.Eu non quero escoitar máis que esa música, soñar paraxes que non hai nin flores que non poden darse.Agora a miña música é un silencio precedendo outro silencio.

Manuel Lourenzo (texto) / Juan Durán (música): O arame.

“O xurelo e o golfiño”

Un brancoazul xureliño

ao fuxire san un día

dos dentes dun arroaz qu’o xa engulía,

no mar perto está da foz do Miño,

falaba desta maneira:

—Este mar de Galiza é o máis fermoso;

é fermosa entre todas a ribeira,

mais a min, peixe probe e pequeniño,

engúleme o máis grande e podentoso.

Emigremos pra achar mellor a sorte:

ireime pra a América do Norte.

Asín falaba e marchou,

mais logo ao tempo de chegar, ao probe,

a golecha balea o engulipou!

José Rubinos: Cantigas, fábulas e outros poemas (escolma poética).

Page 24: Funcións da linguaxe

Rc

32

Reforzo de competencias

Clave de competenciasL Comunicación lingüística; M Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; D Competencia dixital;A Aprender a aprender; S Competencias sociais e cívicas; I Sentido de iniciativa e espírito emprendedor; C Conciencia e expresións culturais.

1. Cal é tema principal do artigo? LA

2. Procura un sinónimo para cada unha das seguintes palabras. LA

desembolsan w fenda w imposto w alboroto w tentear w castigue

3. Concordas coa opinión manifestada pola xornalista no último parágrafo? Por que? LS

4. O colectivo francés Georgette Sand toma o seu nome de George Sand, o pseudónimo adoptado pola escritora Amandine Aurore Lucile Dupin. En pares, investigade sobre a súa figura e explicade por que se viu obrigada a publicar baixo un pseudónimo. LDASC

5. O uso de pseudónimos é frecuente nas literaturas de todo o mundo. En pares, indagade que escritores/as da literatura galega empregaron pseudónimos e coloca os seus nomes nunha liña temporal. LDAC

6. Procura información sobre os seguintes aspectos. LMDAS

n Salario mínimo en España, en Francia e nos Estados Unidos.n Media salarial neses mesmos países.n Diferenzas entre a media salarial dos homes e das mulleres.

u A seguir, recolle nunha gráfica os datos obtidos.

7. Escribe un artigo de opinión sobre un tema social en que se poida apreciar calquera tipo de desigual-dade. LASI

8. En pequenos grupos, debatede sobre a muller e o mundo laboral tratando de tocar os seguintes puntos: LASI

n Poden as mulleres realizar os mesmos traballos que os homes? E ao contrario?n É xusto que as mulleres cobren menos por faceren o mesmo traballo que os homes?

María Viñas, 10 de marzo de 2015

Tres días antes do Día Internacional da Muller, a Organización Internacional do Traballo (OIT) facía públicas as conclu-sións do seu informe Fenda salarial de xé-nero e fenda salarial por maternidade; as mulleres españolas cobran un 17 % menos que os homes por faceren o mesmo traballo e as que teñen fillos, un 5 % menos que as que non os teñen. Esta fenda salarial entre home e muller ascende até o 19 % se falar-mos de Europa e a un elevadísimo 36 % se ollarmos os Estados Unidos.A metade do mundo está formado por homes; a outra metade son mulleres. Con todo, os datos da ONU revelan que

o bando feminino só posúe o 1 % da ri-queza mundial. Aínda así, elas pagan máis que os homes polo mesmo produto. A culpábel deste abismo é a denominada taxa rosa, un imposto invisíbel que grava as versións femininas dun produto.Cando o pasado verán a revista Forbes publicou que as mulleres estadouniden-ses chegan a pagar por ano 1.300 dólares máis que os homes por produtos simila-res, o colectivo feminista francés Geor-gette Sand mergullou nunha concienciu-da comparación de prezos. Cando termi-nou a súa análise, tiña importantes datos que revelar: as mulleres chegan a pagar até un 75 % máis polo mesmo produto. Polo mesmo cepillo de dentes, mais de

cor rosa. Polo mesmo desodorizante e da mesma marca situado no estante de cosméticos femininos. Polas mesmas luvas de fregar en tallas máis pequenas. O alboroto do colectivo puxo en alerta as autoridades francesas e no pasado no-vembro o Ministerio de Economía galo emprendeu un investigación propia para tentear o fenómeno.Na actualidade non existe ningunha nor-ma internacional que castigue este tipo de desequilibrios, de exclusións discretas, aceptadas, maquilladas. En caso de que o salto de cifra afectase a individuos de dife-rentes razas, a disparidade na caixa rexis-tradora, pensémolo, estaría seguramente máis que atada en curto e regulada.

A taxa rosa, o imposto que só pagan as mulleresNon só cobran menos, senón que ademais desembolsan un importe maior que os homes polo mesmo produto. En palabras da secretaria de Estado polos dereitos da muller en Francia: É o rosa a nova cor do luxo?

La Voz de Galicia LMS