gastronomía galega
TRANSCRIPT
O noso pobo é coñecido en todo o mundo pola súagastronomía, elemento que forma parte da nosacultura galega.
Son tempos difíciles e as nosas familias teñen quefacer malabares á hora de preparar os menús decada día para poder chegar a fin de mes.
É a hora da creatividade gastronómica e cociñeiros ecociñeiras teñen que sorprender con pratos sinxelose económicos realizados ,coma neste caso, cossobrantes dos alimentos doutros xantares.
Estas tres receitas son a mostra de que somos quende acadar pratos sabedores en tempos de crise.
RECORTES DE POLBO (ENTRANTE)
Ingredentes:
-1 cebola.
-2 dentes de allo.
-1 tomate mediano.
-Sal.
-Aceite (o fondo da tixola, podemos aproveitar o de fritir patacas).
-½ vaso de viño branco.
-Restos de polbo cocido (cabezas, puntiñas dos tentáculos).
Preparación:
1º.- Nunha tixola faise o sofrito ( aceite,
cebola e o allo picadiño).
2º.- Engadimos o polbo troceado e deixamos
uns dous minutos, logo botamos o viño e
deixamos reducir.
3º.- Por último botamos o tomate en
cachiños e deixamos cocer uns dez minutos.
Salgamos a gusto da persoa e... listo para
xantar!
ROUPA VELLA (PRATO PRINCIPAL)
Ingredentes:
-Todo tipo de carne cocida (chourizo,
xamón, polo...)
-Repolo.
-Garavanzos casteláns.
-Patacas..
-Tomate fritido
-Ovos.
Preparación:
1º.- Depenicamos a carne sacándolle a graxa e
os ósos.
2º.- No caldo da carne dáselle unha fervedura á
carne e aos garavanzos.
3º.- Quentamos tamén o repolo xa picadiño.
4º.- Fritimos patacas cortadas en toros finiños.
Podemos aproveitar as patacas cocidas e fritilas
deste xeito.
5º.- Nunha bandexa fonda, como se fixeramosunha lasaña, poñemos unha primeira base de patacas fritidas, logo outra capa de carne e garavanzos e como terceira engadimos o repolosobre o que botaremos o tomate fritido.
6º.- Repetiremos todo o proceso das capas e remataremos con patacas fritidas salpicadas de tomate.
7º.- Rematamos o prato engadindo un ovo fritidopor persoa (opcional).
PUDIN DE PAN (SOBREMESA)
Ingredentes:
-Unha barra de pan reseso.
-1 litro de leite.
-5 culleradas de azucre.
-4 ovos.
O espírito do pobo galego sempre foi a loitae a superación por saír adiante en todos oseidos do noso existir.
Estes son exemplos sinxelos de que conalgúns dos alimentos típicos da nosa terraseguimos a manter unha culturagastronómica tentando non perder asnosas orixes, aínda que sexan tempos durose difíciles para tod@s.
TRABALLO REALIZADO
POR: ESPERANZA
VÁZQUEZ DOPICO