gobernar para a cidadanía psdg-psoe fene

20
COA CIDADANÍA FENE

Upload: distrito-xermar

Post on 21-Jul-2016

227 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

TRANSCRIPT

Page 1: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

COA CIDADANÍA

FENE

Page 2: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

ANTÓN NOCEDA CANDIDATO DO PSdeG-PSOE Á ALCALDÍA DE FENE

Page 3: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

_Por que quere ser alcalde de Fene?_Porque despois de levar 20 anos naAdministración local, de coñecer o funcionamentodos concellos, sobre todo dos pequenos emedianos, e de tropezar coa cantidade de xenteque forman parte dunha corporación durante catroou oito anos e non sabe como funciona un sódepartamento ou como se fai unha retención decrédito, creo que tería moito que aportar. Ademais,despois da experiencia de ser concelleiro coñezoben o Concello de Fene, como funcionan as áreas,as debilidades e as fortalezas. Pero á parte desesaspectos máis técnicos, máis puros de xestión,estou convencido de que as cousas en políticateñen que cambiar e de que hai formas de traballarque teñen que cambiar. Conseguíramos consolidarunha serie de servizos e prestacións moiimportantes que o PP está a desmantelar nosúltimos anos.

_Por onde empezará?_As administracións locais non poden quedar copapel de meros xestores dos baches, das farolas,de dar un certo apoio á educación, á sanidade ou áseguridade, senón que teñen que ir moito máis alá,

porque hoxe a xente ten problemas moi serios, quepasan, en primeiro lugar, por atender as súasnecesidades básicas, que hai uns anos a ninguén selle ocorrería dicilo pero que empezan polaalimentación, por garantir que todo o mundo teñaun teito, por ter acceso real á sanidade e por teracceso real á educación. Hoxe, todas estas cousasque hai uns anos viñan dadas non están nin moitomenos garantidas, e menos en condicións dedignidade.

_Que papel deben cumprir os concellos ante estasituación?_As entidades locais, que son as máis próximas aocidadán, teñen que ter un papel de vangarda ensolucionar ese tipo de problemas, porque,ademais, economicamente somos capaces. Élamentable que en todos estes anos de crise non sefixera nada para adaptarnos ás circunstancias.Aínda que cambien as cousas, que ogallá cambien,a situación que temos de fractura social vaisemanter anos, e mentres tanto hai que darsolucións. Por iso creo que a Administración localten que actuar no ámbito dos servizos sociaisdunha forma moi diferente á que se actuaba ata

Antón Lois Noceda Carballo ten unha ampla experiencia política, xa que leva 12 anos como secretarioxeral do PSdG-PSOE en Fene, formou parte do goberno municipal durante dous anos e leva os últimoscatro defendendo dende a oposición outra forma de xestionar o Concello, máis eficaz e próxima aosveciños e veciñas. A súa é unha voz autorizada, xa que leva 20 dos seus 47 anos traballando naAdministración pública coma xestor cultural, en contacto coa cidadanía.

Page 4: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍAagora, que hai que reformar en profundidade osservizos sociais, e no noso concello especialmente,porque ademais unha das carencias que hai noactual goberno do PP é que seguimos tendo osmesmos servizos sociais que antes da crise cando asituación que temos é completamente diferente.

_En que aspectos considera preciso actuar?_Creo que hai que cambiar a política fiscal parafacela máis adaptala á esa nova realidade social. Ensegundo lugar, as administracións públicas nonpodemos conformarnos con que unicamente sexadende a sociedade civil dende onde se atenda áxente que non ten nada para comer, senón que haique seguir a senda daquelas administracións locaisque xa dende hai uns anos actúan decoordinadores das entidades públicas e privadasque loitan contra a pobreza e a marxinación eactuar conxuntamente para ser capaces de reuniros recursos necesarios para atender as demandasque se xeran e facelo en condicións de absolutadignidade para esas persoas. E temos un problemagrave tamén de acceso á educación e á sanidade,de mozos e mozas que non poden acceder aomaterial escolar ou aos estudos universitarios e demaiores ou enfermos crónicos que non podenpagar os medicamentos.

_Ten capacidade o Concello para intervir nesescampos?_Non estamos falando de imposibles, porque hai

exemplos de concellos que decidiron non deixartirados aos seus cidadáns e hoxe aportan solucións.Hai concellos que crearon bancos de alimentos encolaboración coas entidades sociais onde seatenden todas as emerxencias, hai concellos quecrean as súas propias bolsas de vivenda para poderofrecer aloxamento nunhas condicións asumiblesaos cidadáns que quedaron sen elas por culpa dacrise... E, por tanto, ese ten que ser o primeiro pilarde calquera persoa que queira encabezar ungoberno no noso concello: que estea disposto agobernar a cidadáns que vivan en condicións dedignidade. Isto que hai dez anos que parecíagarantido hai que volver a pelexalo, e no nosoconcello máis ca en ningún, porque nos últimoscatro anos non se fixo absolutamente nada enningún deses campos.

_E unha vez atendidas esas necesidades básicas?_Un dos temas que máis me preocupan da nosasociedade, á parte da situación dramática derivadada crise, son os abusos das grandes corporacións,grandes empresas e multinacionais sobre apoboación, abusos e tomaduras de pelo daseléctricas, telefónicas, mineiras... Dende asAdministracións locais pódense facer cousas paraevitalas. Nese sentido dende o PSOE empezáronsea introducir nalgunhas Administraciónsdeterminadas condicións éticas nas contratacións,por exemplo, as condicións nas que teñen aos seustraballadores as empresas que subministran. Eu

Page 5: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍAcreo que hai que dar un paso máis alá e non sómirar iso, senón tamén mirar en que condiciónsatenden aos usuarios, e que saiban que se unhacompañía eléctrica ou unha de telefonía estáabusando dos cidadáns en Fene, vai ter máis difícilcontratar co Concello. A Administración ten queactuar de exemplo para que todo o mundocumpra.

_Fronte a iso, cal é a situación actual en Fene?_Acúsannos de alarmismo cando falamos desupostas irregularidades en obras ou servizos.Tampouco era nada o 3 % de Cataluña... Nestemandato estamos fartos de ver no noso Concellocontratos onde non se cumpren as condiciónspactadas na adxudicación, e iso obviamente éinxusto e supón un engano á cidadanía. O gobernodo PP primou a entrada de multinacionais endetrimento das empresas locais que viñanprestando os seus servizos. E que empresasentran? Empresas coma Eulen, que ten comoxerente en Galicia a unha familiar directa dopresidente da Xunta, á parte das relaciónshistóricas desta empresa co PP.

_Como conciben os socialistas a xestión dosservizos?_Queremos construír un pobo onde teñamos osservizos que todos necesitamos para a vida cotiá:servizos de saneamento que progresivamente sevaian estendendo a todas as parroquias e a todos

os lugares, igual que o abastecemento de auga, unservizo de recollida de lixo que responda aosproblemas existentes nas distintas parroquias donoso concello, e que todo isto se faga contransparencia e equidade. Por iso propoñemos algotan sinxelo como facer un censo con todas as zonasque aínda están sen abastecemento de auga e sensaneamento e a partir de aí establecer, de formanegociada coa cidadanía, as prioridades para cadaano. Sabemos que non imos solucionar en catroanos os problemas que ten o Concello de Fene,pero si saber o que se vai facer e cando, e coatecnoloxía que hai hoxe todo iso pode facersedunha forma transparente nun documento queestea dispoñible para todos os cidadáns.

COA CIDADANÍA

Page 6: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

39compromisos paraGOBERNAR COA CIDADANÍA

Page 7: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

1O goberno de Fene renderá contas anua-mente ante a cidadanía. Os socialistas com-prometémonos a dar conta da xestión

municipal ante a cidadanía en xuntanza anualaberta a todos os veciños e veciñas.

2Todas as facturas do Concello de Fene seránpúblicas. Os socialistas faremos públicas e ac-cesibles á cidadanía todas as facturas que se

aproben no Concello xunto co responsable que asteña autorizado. Todos os veciños e veciñas de Fenepoderán saber que merca o Concello, a que prezo ea quen llo compra, e quen é o responsable políticoque autoriza o gasto.

3O alcalde nunca cobrará máis que no seutraballo anterior. Os socialistas cremos que ápolítica hai que ir con vocación de servizo á

cidadanía e non para vivir dela. Os nosos compro-misos son :

1) No caso de ser elixido alcalde, ocandidato dos socialistas percibiráunha remuneración que nunca serásuperior aos ingresos que tivera nasúa actividade anterior.

2) Conxelaremos durante os 4 anosde mandato as remuneracións porasistencias a plenos e comisións.

3) En ningún caso poderán incre-mentarse os niveis salariais para oscargos políticos con dedicación ex-clusiva.

4Defenderemos á cidadanía fronte aos abu-sos das empresas. Os socialistas poremos enmarcha no Concello de Fene un servizo de

atención ao consumidor pioneiro e integral, queestará do lado dos veciños e veciñas fronte aosabusos das corporacións enerxéticas, a banca, asempresas de comunicacións, etc...

5Nas contratacións valoraremos o compro-miso ético das empresas. A calidade e oprezo non serán os únicos factores á hora de

contratar obras e servizos. O Concello de Fenetamén valorará nas súas licitacións o trato queprestan empresas aos seus empregados e aosclientes.

COmPROmIsOs DE RExENERACIóN éTICA

Page 8: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

6Os socialistas de Fene estamos convencidosde que das dificultades se sae mellor co es-forzo de todos e todas, por iso crearemos

fórmulas para a participación permanente da cida-danía.

7Planificaremos a política cultural de cadaanualidade no seo do Consello da Cultura, noque poderán participar todas as entidades

culturais, escritores, actores, músicos, artistasplásticos, etc.

8Definiremos a política deportiva no seo doConsello do Deporte, onde poderán partici-par todos os clubs e asociacións deportivas

do noso concello.

9Deseñaremos un novo modelo de servizossociais adaptado á realidade socioeconómicaactual contando con todas as entidades que

traballen neste ámbito.

10Concretaremos os orzamentos do Con-cello e as obras a realizar cada anocoas achegas das asociacións veciñais

e impulsaremos mecanismos de participación parao conxunto da cidadanía.

UN CONCELLO ABERTO A TODOs E TODAs

Page 9: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

11O Concello de Fene non deixará a nin-gún veciño/a desamparado/a. A ali-mentación, a vestimenta, a vivenda, a

educación e a sanidade son dereitos de todas etodos. É responsabilidade das institucións garanti-las en condicións de dignidade.

12Os socialistas definiremos un novomodelo de xestión dos servizos sociaisadaptado á nova realidade social. Non

podemos permitir que membros da nosa comuni-dade queden na cuneta desta crise económica.

13Promoveremos un Centro de Recursossociais de ámbito comarcal, cun cen-tro operativo en Fene, e xestionado

conxuntamente por todas as entidades sociais paragarantir a cobertura das demandas básicas (ali-mentación, vestimenta, mobiliario, etc.) dos máisdesfavorecidos pola crise económica.

14Crearemos un Fondo de vivenda deAluguer social co obxecto de dar alter-nativas ás familias que sufriron desafiu-

zamentos e outros colectivos en situación deprecariedade.

15Incrementaremos as axudas en educa-ción para que ningún mozo ou moza deFene teña dificultades para o aceso aos

libros, o transporte e o material escolar.

16Complementaremos as axudas ao es-tudo universitario. Ningún mozo/a deFene quedará sen ter as oportunidades

do ensino universitario polos efectos da crise eco-nómica.

17Facilitaremos o acceso aos medica-mentos aos maiores con pensiónsmáis baixas e ás familias sen ingresos

por mor da situación socioeconómica.

18Crearemos un Fondo municipal de Ga-rantías de servizos Básicos que inter-veña garantindo o subministro de

servizos básicos como a auga, a luz e o gas ás per-soas sen recursos do concello.

19Axilizaremos a concesión de axudas deemerxencia social establecendo unprazo máximo de 15 días para a súa

concesión.

20Impulsaremos a creación dun servizode Atención a Nenos e Nenas con Di-versidade Funcional en colaboración

con outros concellos, institucións públicas e entida-des sociais.

COmPROmIsOs COs mENOs FAvORECIDOs

Page 10: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

21Crearemos unha mesa polo empregocon empresarios, sindicatos e entida-des sociais para implicar a todos os

sectores e traballar conxuntamente pola creaciónde emprego.

22Impulsaremos a ampliación do Polí-gono de vilar do Colo. Cando saiamosda crise económica Fene debe ter os

equipamentos necesarios para a facilitar a creaciónde emprego.

23Defenderemos a viabilidade do sectornaval no concello e na comarca, acarga de traballo e as infraestruturas

necesarias para o seu desenvolvemento. En ningúncaso renunciaremos a dispoñer dun dique das di-mensións axeitadas para competir nos mercadosinternacionais.

24Potenciaremos as escolas taller e osobradoiros de emprego e a formaciónocupacional como mecanismos de in-

tegración laboral dos mozos/as e das persoasdesempregadas do noso concello. Nos orzamentosmunicipais, que elaboremos coa participación dosveciños e veciñas, reservaremos os fondos sufi-cientes para contratar durante períodos de 6meses a persoas desempregadas de Fene que tra-ballarán ao servizo do Concello.

O EmPREGO, UN OBxECTIvO COmPARTIDO

Page 11: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

25Fene merece unhas infraestruturas euns equipamentos mellor coidados. Anosa prioridade será o correcto mante-

mento de rúas, pistas, alumeado, xardíns, parquesinfantís, etc... Crearemos plans anuais de conserva-ción das infraestruturas e os equipamentos exis-tentes con dotación orzamentaria suficiente.

26Os servizos básicos (vías, auga, sumi-doiros e iluminación) serán os investi-mentos prioritarios. Planificarémolos

da man das entidades veciñais e a cidadanía.

27Desbloquearemos o Plan xeral de Or-denación municipal, que posibilitaránovas oportunidades para o desenvol-

vemento de Fene.

28Restableceremos a xestión pública doservizo da auga e sumidoiros no hori-zonte do ano 2017, en canto remate a

concesión de viaqua, para conseguir un servizo efi-caz e de calidade no que os veciños e veciñas pa-guen o xusto.

29Impulsaremos a apertura do cauce dorío Cádavo entre as vivendas sindicaise as vivendas de Astano para dar unha

solución definitiva aos problemas de inundacións.

30Iniciaremos a dotación dos parques doconcello de elementos accesibles paraos nenos e nenas con diversidade fun-

cional.

31Eliminaremos as barreiras arquitectó-nicas en todas as instalacións públicas.

UN ENTORNO URBANO PARA TODOs E TODAs

Page 12: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

32Promoveremos que a mocidade quedeen Fene incentivando o emprego dosmáis novos a través de:

Incentivos fiscais para as empresas que contratena persoas de entre 16 e 30 anos.

A redución de taxas e a implantación de incenti-vos fiscais para emprendedores durante os pri-meiros anos de actividade.

A creación unha ventá única para asesorar a em-prendedores e fomentar o autoemprego.

33Crearemos aulas de estudo con ho-rarios flexibles e nocturnos adapta-dos aos estudantes que precisen

destes espazos públicos.

A xUvENTUDE, O FUTURO DE FENE

A IGUALDADE, UN OBxECTIvO PERmANENTE

34No seo da mancomunidade propo-remos a creación dunha oficina per-manente para a prevención e

atención ás vítimas da violencia machista naque se implique financeiramente a Xunta de Gali-cia. Promoveremos a recuperación do convenio coaAsociación ALMAT para atención ás mulleres mal-tratadas.

35Potenciaremos e facilitaremos a conci-liación da vida familiar, laboral e profe-sional, adoptando medidas que

impliquen a adaptación dos horarios de atencióncidadá das oficinas públicas municipais de Fene.

36Dende as áreas de educación e ser-vizos sociais impulsaremos, en colabo-ración cos centros escolares,

itinerarios formativos en temáticas de educaciónen igualdade, violencia machista e educación se-xual e reprodutiva.

Page 13: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

37Promoveremos unha reforma de todasas ordenanzas fiscais co obxecto deadaptalas á situación económica e pro-

moveremos unha redistribución impositiva que re-duza as cargas aos colectivos máis desfavorecidospola crise económica.

38Iniciaremos a redución da presión fis-cal nesta lexislatura co horizonte amedio prazo de volver a situala nos ni-

veis anteriores á crise económica.

39No marco da reforma fiscal, definiraseun tratamento específico para as so-ciedades parroquiais de Fene.

UNHA POLÍTICA FIsCAL xUsTA E EQUITATIvA

COA CIDADANÍA

Page 14: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

1. Antón Lois Noceda Carballo. Militante socialista. Secretario Xeral do PSdeG-PSOE deFene. Mestre e educador social. Técnico superior en Ani-mación Sociocultural. Traballa dende hai 20 anos na ad-ministración pública, os últimos 15 como responsabletécnico do Departamento de Educación e Cultura doConcello de Malpica.

CANDIDATURA

Page 15: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

2. Claudia Patricia García Escobar.Independente. Recoñecida polo seu activismo social. Foi fundadora da Plataforma de Afec-tados pola Hipoteca (PAH) en Ferrolterra, entidade que presidiu dous anos e da que segue aformar parte na actualidade.

3. Joaquín Julián Ayala Garrido.Militante socialista. Membro da executiva local do PSdeG-PSOE. Mestre de Educación Pri-maria e licenciado en Ciencias da Educación na especialidade de Intervención Socioeduca-tiva. Traballa dende hai 31 anos no ensino público. Exerceu 12 anos como director no CEIPA Laxe e dende hai catro anos é orientador educativo no CEIP Cruceiro de Canido.

4. Amalia García Balado Militante socialista. Membro da executiva local do PSdeG-PSOE. Veciña de San Valentín,onde rexenta unha libraría. Foi concelleira os últimos oito anos. Durante o goberno socia-lista estivo ao cargo da Concellería de Medio Ambiente.

5. José Rico Rodríguez Militante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Traballador de NavantiaFene dende hai máis de 40 anos na rama eléctrica. Na actualidade é secretario da secciónsindical MCA-UXT de Navantia Fene.

Page 16: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

6. Natalia Alvariño RomeroMilitante das Xuventudes Socialistas de Fene. Na actualidade está cursando o último anoacadémico do Grado de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

7. Yosua López PereiroSecretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Fene dende 2013. Membro da Executivalocal do PSdeG-PSOE. Diplomado en enfermería, profesión que exerce na actualidade.

8. matilde Castro GarcíaMilitante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE de Fene. Poeta e membroda directiva do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene.

9. Cosme varela PenaMilitante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Foi traballador en Endesa eactualmente está xubilado.

Page 17: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

10. victoria maría Ayala Fraga Independente. Licenciada en Ciencias Económicas e Máster en Auditoría de Contas polaUniversidade de Santiago de Compostela. Colexiada nº 3.957 do Colexio de Economistas deA Coruña e Auditora de Contas, inscrita no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC)de España co nº 21.871. Na actualidade exerce como asesora de PYMES e autónomos enFerrolterra como empresaria autónoma.

11. Jaime Balsa valeMilitante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Moi ligado ao movementoasociativo, é recoñecido polo seu activismo veciñal.

12. Tamara Pico López Ligada ao partido desde a súa militancia nas Xuventudes Socialistas. Moza emprendedora,rexentou varios negocios en Fene. Na actualidade traballa no sector do comercio.

13. José Carlos Rey GarcíaMilitante socialista. Técnico Superior en Química Ambiental. Traballa no Servizo de Preven-ción e Extinción de Incendios do Concello de Ferrol. Foi promotor e presidente da Plata-forma de Bombeiros de Galicia.

Page 18: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

14. Cristina Cillero Laborde Militante das Xuventudes Socialistas de Fene. Na actualidade traballa como axente comer-cial.

15. José Antonio López Rodríguez Militante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Licenciado en Farmacia,profesión na que traballa na actualidade. Foi concelleiro os últimos oito anos e durante ogoberno socialista de Fene estivo ao cargo da Concellería de Obras e Servizos e foi tenentede alcalde.

16. maría verónica Calvo Caaveiro Independente. Auxiliar de Enfermería. Na actualidade traballa no sector da alimentación.

17. manuel Allegue González Militante socialista. Militante histórico e presidente da Agrupación Socialista de Fene, ondemilita dende hai 42 anos. Foi traballador do sector naval e na actualidade está xubilado.

Page 19: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA

1. marina Pérez Freire Militante socialista. Traballou coma administrativa e secretaria. Na actualidade é empresa-ria e rexenta un negocio de hostalería no barrio de San Valentín.

2. manel martínez ArnosoMilitante socialista. Traballador do sector naval. Sindicalista convencido, defendendo sem-pre os intereses dos traballadores, foi delegado sindical da UXT.

3. Isabel López Castro Independente. Traballou durante anos no sector servizos.

sUPLENTEs

Page 20: gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

COA CIDADANÍA