guía de novas tecnoloxías para artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en...

136
Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns

Upload: others

Post on 11-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

Guía deNovas Tecnoloxías

para Artesáns

Page 2: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 3: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

Guíade novas

tecnoloxíaspara artesáns

Page 4: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

4

Edita:

Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

© Asociación Galega de Artesáns

Camiño da Igrexa 38 · 15009 A Coruña

T 981 293 688 · F 981 133 569

[email protected]

todolos dereitos reservados

Realización técnica:

Oficio y arte, Organización de los Artesanos de España

www.oficioyarte.org

Textos:

Pablo Blanco

Tradución ó galego:

Isabel Cornes Rios

Deseño e maquetación:

Iván Alonso · www.ivanalonso.com

Page 5: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

5

As novas tecnoloxías, tamén chamadas TICs (tecnoloxías da

información e a comunicación) son responsables de enormes

cambios na nosa forma de vivir e, moi especialmente, no

mundo empresarial e comercial. O seu uso adecuado é hoxe

un factor determinante de competitividade.

Non obstante, as TICs aínda se presentan excesivamente

complexas para moitos traballadores e pequenos empresa-

rios, especialmente no que se refire á nova linguaxe técnica.

Esta realidade supón un obstáculo para a súa implantación

nos talleres artesáns, onde a utilización das TIC ten un grande

potencial e promete interesantes oportunidades.

Esta Guía “traduce” e ordena o vocabulario informático, os

novos conceptos e siglas, procurando facelos comprensibles.

Trátase dunha guía de iniciación que serve de porta de entra-

da ó mundo das novas tecnoloxías para usuarios que come-

zan ou para os que aínda teñen algunha dúbida.

introdución

Page 6: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 7: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

7

os equiposordenador . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

impresora . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23

escáner . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

cámara dixital . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 33

soportes de almacenamento . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43

programas e ficheirosprogramas informáticos de uso xeral . . . . . . . . . . . . . . . . . . 51

programas informáticos especializados para artesáns . . . . 61

formatos de arquivos (pdfs, jpgs, tiffs, .doc, etc ). . . . . . . . 67

formatos de fotografía dixital . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 75

internetinternet, o correo electrónico e a web . . . . . . . . . . . . . . . . . 83

tipos de conexión . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 93

banca electrónica . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 103

comercio electrónico . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 109

a túa presenza en internetdominios . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 119

aloxamento . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 123

deseño web . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 129

índice

Page 8: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 9: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

9

ordenadorÉ o dispositivo central, o "corazón" desde o quese controla e xestiona todo o relacionado coasnovas tecnoloxías.

os equipos

Page 10: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

10

A modo de exemplos, o ordenador permítenos:

· escribir documentos: cartas, orzamentos, facturas, etc.

· deseñar unha tarxeta ou folleto.

· levar a administración e xestión do taller.

· almacenar, modificar e imprimir fotos dixitais.

· consultar a conta bancaria, facer transferencias, etc.

· conectarse a Internet para recibir e enviar correos electróni-

cos a clientes e amigos ou para visitar páxinas web de pro-

vedores ou de temas de interese.

Os compoñentes básicos do ordenador son: unidade central,

teclado, rato e monitor.

A unidade central, tamén chamada "torre" ou "CPU", contén

todos os compoñentes electrónicos que fan que o ordenador

funcione: placa base, fonte de alimentación, microprocesa-

dor, memoria, disco duro, tarxeta gráfica, tarxeta de son, etc.

Teclado, é un dispositivo para a entrada manual de datos ó

ordenador ou desde o que se lle proporcionan diferentes ordes.

Rato, é o instrumento co que lle indicamos ó ordenador o

que queremos facer e desde o que manexamos de forma áxil

os programas que dispoñen de presentación gráfica na pan-

talla.

A pantalla ou monitor, é o dispositivo que amosa a informa-

ción que produce o ordenador.

Algúns ordenadores como o iMac de Apple teñen integradas

a unidade central e a pantalla no mesmo volume. Nos portá-

tiles, tamén van incorporados o teclado e un rato "táctil".

unidade centralA capacidade e calidade dos ordenadores están definidas por

unha serie de parámetros asociados ós compoñentes que

integran a unidade central:

�� ordenador persoal

�� Apple iMac (integrado)

Page 11: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

11

procesadorÉ o "cerebro" do ordenador que se encarga de executar as

instrucións e procesar os datos que son necesarios para que

os programas funcionen. A súa velocidade mídese en

Xigahertzios (XHz), unha medida de frecuencia que, no caso

dos ordenadores, mide a cantidade de operacións que o

procesador pode realizar nun segundo. O prefixo Xiga signi-

fica mil millóns polo que un equipo cun procesador de 1,8

XHz realizará 1.800 millóns de operacións elementais por

segundo.

O procesador máis coñecido é o Pentium® pero existen

outros como Celeron, Xeon, todos da empresa Intel ou Athlon

e Duron da compañía AMD®.

memoria RAMÉ o dispositivo onde o ordenador garda temporalmente os

datos que está utilizando en cada momento. É unha memoria

construída a base de circuítos electrónicos e "volátil" pois só

funciona mentres o ordenador está aceso.

Mídese en Megas (MB). Hai distintos tipos de RAM; a diferen-

za está na velocidade coa que gardan e envían datos, e en

función desta velocidade varía o seu prezo.

Canta máis memoria RAM teña un equipo, máis programas

poderá ter abertos ó mesmo tempo, e máis axilmente funcio-

nará. Pódese ampliar de forma moi sinxela, aínda que é acon-

sellable informarse sobre a cantidade máxima de RAM que

admite o equipo.

disco duroÉ o dispositivo no que se almacenan de forma duradeira os

datos e os programas dentro do ordenador: sistema operati-

vo, programas e arquivos (cartas, facturas, debuxos, fotogra-

fías, etc.).

os equipos ordenador

�� procesador Intel Pentium®

�� módulo de memoria RAM

Na actualidade, amaioría dos equiposveñen equipados polomenos con 512 MB.

Page 12: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

12

A súa capacidade mídese en Xigas (Xb.); na actualidade prac-

ticamente todos os equipos veñen cun mínimo de 160 GB.

pero pódense instalar discos de maior capacidade, superando

os 300 Xb. Outra característica é a velocidade de rotación,

sendo na actualidade o máis habitual 7.200 rpm (revolucións

por minuto); canto maior sexa a velocidade de rotación, máis

rápida será a transferencia de datos.

disqueteiraA unidade de disco intercambiable ou "disqueteira" é o dispo-

sitivo que permite a lectura e gravación de discos de 3,5", os

populares disquetes, que poden almacenar 1,44 MB. de

datos. O seu uso é cada vez menor debido á popularidade e

baixo custo dos CDs (onde podemos gravar ata 700 MB.),

polo que algúns fabricantes de ordenadores xa non ofrecen

este dispositivo como opción.

Ó igual que os discos duros son "discos magnéticos", pero

flexibles, de material plástico en vez de metálicos.

lectores gravadores de CD ou DVDSon dispositivos que serven para ler o contido de CDs ou

DVDs ou gravar datos en discos virxes. Existen dispositivos

lectores e dispositivos lectores/gravadores; segundo o forma-

to de disco que acepten poden selo de CD (discos compac-

tos, con capacidade ata 80 minutos de música ou 700 MB de

datos), de DVD (discos compactos con capacidade de 120

minutos de vídeo aproximadamente ou 4,7 GB de datos) ou

mixtos (unidades denominadas "combo" ou "súper drive" que

normalmente len CDs e DVDs e gravan CDs).

Con diferenza dos discos duros e os disquetes, os discos com-

pactos escríbense e len por procedementos ópticos mediante

un faz láser.

Os discos compactos máis comúns poden escribirse unha soa

vez (recoñécense xeralmente como CD-R, DVD-R ou DVD+R,

onde o sufixo R fai referencia a unha soa gravación). Existen

tamén discos compactos especiais que poden gravarse máis

�� unidade de disco duro

�� disqueteira

�� unidades de CD e DVD

Page 13: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

13

de unha vez (denominados CD-RW, DVD-RW ou DVD+RW,

onde o sufixo RW fai referencia á capacidade de gravar múlti-

ples veces neles).

Unha característica fundamental destes dispositivos é a velo-

cidade de lectura e gravación, que se expresa normalmente

da seguinte forma: 16x8x12x, onde 16x representa a veloci-

dade de lectura, 8x a velocidade de regravación (gravar

sobre un CD especial previamente gravado) e 12x a veloci-

dade de gravación dun CD virxe. Isto quere dicir que un CD

de música de 1 hora de duración tardaría uns 5 minutos en

gravarse nun dispositivo con esas características. Na actuali-

dade existen dispositivos que ofrecen velocidades de

52x32x52x; utilizando esta gravadora, o mesmo CD tardaría

pouco máis de 1 minuto en gravarse. Un dispositivo de

disco compacto que só permita a lectura de discos clasifica-

rase obviamente cun único valor de velocidade, por exem-

plo 48x.

O significado da "x" non é o mesmo nos dispositivos para CD

e nos DVD; a velocidade 1x referida a un DVD equivale a 9x

a velocidade nun CD.

tarxeta gráfica ou de vídeoEste dispositivo permite ó ordenador xerar as imaxes que se

mostran na pantalla. As súas prestacións dependen basicamen-

te da cantidade de puntos e cores que é capaz de mostrar e

da cantidade de memoria que dispón. Canta máis calidade

teña a tarxeta, máis rapidamente realizará o refresco de panta-

lla (cambios das imaxes na pantalla) e será capaz de xerar ima-

xes de maior precisión e detalle.

As tarxetas máis potentes son aconsellables cando se utilizan

programas de retoque fotográfico ou deseño gráfico, especial-

mente en 3D (tres dimensións).

tarxeta de sonÉ o dispositivo que permite ó ordenador xerar e gravar sons.

Só se se é un apaixonado da música e se lle dá importancia á

os equipos ordenador

�� unidade de CD/DVD

�� tarxeta gráfica

Unha característicafundamental dos

dispositivos CD/DVDé a velocidade de

lectura e gravación.

Page 14: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

14

calidade do son do ordenador, merece a pena adquirir unha

tarxeta de maior calidade.

módemÉ o dispositivo que utiliza o ordenador para enviar e recibir

información a través da liña telefónica. Permite a conexión a

Internet ou enviar e recibir faxes desde o ordenador. A súa

velocidade mídese en quilo bits por segundo (Kbps). Na

actualidade case todos os equipos incorporan un módem de

56 K (55.600 bps).

tarxeta de redeÉ o dispositivo que permite conectar varios ordenadores entre

si formando unha "rede". Tamén se utiliza para conectarse a

Internet mediante ADSL ou cable, un tipo de conexións

moito máis rápidas cás que se realizan a través do módem. A

súa velocidade mídese en mega bits por segundo (Mbps),

sendo as velocidades máis habituais de 10 e 100 Mbps.

Nalgúns casos poden ser sen fíos (non necesitan cables para

conectarse entre si).

portos e conexiónsSon os "enchufes" que ten o ordenador para conectar outros

dispositivos ou "periféricos": teclado, rato, impresora, escáner,

cámara dixital, cámara de vídeo, gravador externo de CDs ou

DVDs, etc.

Os ordenadores máis antigos utilizaban conexións tipo serie,

paralelo ou SCSI, pero na actualidade practicamente todos os

periféricos utilizan portos USB ou Fire Wire (tamén chamado

IEEE-1394 ou iLink).

As conexións USB son as máis populares actualmente. Existen

dous tipos de conexión USB, a USB 1.1 e a USB 2.0. Os

conectores son exactamente iguais, pero a USB 2.0 é 40

veces máis rápida. Se nas especificacións do ordenador, se

indica USB a secas, trátase dun porto USB 1.1. Acontece o

mesmo co porto FireWire, primeiro desenvolveuse o FireWire

�� conexións posteriores

Page 15: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

15

400 e recentemente o FireWire 800, máis rápido có anterior;

os conectores son tamén idénticos. Se non se indica explicita-

mente, o porto será un FireWire 400. As velocidades nomi-

nais dun porto USB 2.0 e dun FireWire 400 son practicamen-

te equivalentes.

A conexión USB 1.1 utilízase para conectar dispositivos máis

lentos ou que non transmiten gran cantidade de información:

teclado, rato, impresoras e escáneres domésticos ou cámaras

de fotografía dixitais.

A conexión FireWire é máis custosa, pero moito máis rápida

polo que se utiliza para periféricos como impresoras e escáne-

res profesionais, cámaras de vídeo dixital, gravadoras de CDs

e DVDs ou discos duros externos.

Normalmente estas conexións están na parte posterior do

ordenador, pero os ordenadores máis modernos inclúen algun-

ha na frontal, para facilitar a conexión dos periféricos.

Tamén existen dous tipos de portos "sen fíos" que transmiten

a información sen cables: Infravermellos e Bluetooth (ondas).

Este tipo de portos son usados polos teclados, ratos e impre-

soras e son moi utilizados polos teléfonos móbiles e axendas

persoais.

teclado e ratoQuédanos por falar do teclado, o rato e a pantalla, que son

os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto

a diario e dunha forma física e real.

tecladoO teclado é un dispositivo ó que non se lle adoita prestar

mucha atención optando habitualmente por modelos bara-

tos, pero co que non obstante interactuamos a diario e de

forma moitas veces intensiva, polo que merece a pena prestar

un pouco de atención ás súas características, pois da súa cali-

dade vai depender a velocidade de escritura, a axilidade coa

os equipos ordenador

os ordenadores máismodernos inclúen algúnporto na frontal, parafacilitar a conexión dos

periféricos.

Entrada audio

Saída audio

Conexión ó monitor

Porto USB

Porto FireWire

Porto Módem

Conexión Ethernet

�� teclado e rato

Page 16: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

16

que manexemos os programas e o cansanzo que produce o

traballo co ordenador.

En función do mecanismo que empregan as teclas, existen

dous tipos: mecánicos e de membrana. Os mecánicos utilizan

un resorte debaixo de cada tecla que é o que se encarga de

devolvela á súa posición despois de cada pulsación, os de

membrana, sustitúeno por unha capa de goma. Os teclados

mecánicos resultan máis agradables para o uso intensivo,

pero son máis custosos; na actualidade a maioría de fabrican-

tes decántase polos de membrana.

Dependendo do tipo de conexión, podemos distinguir entre

teclados PS/2 e USB; estes últimos teñen a vantaxe (como

todos os dispositivos USB) de que se poden conectar e desco-

nectar "en quente", sen necesidade de apagar o ordenador (ó

contrario do que ocorre con outras conexións, para o que

cómpre manter o ordenador apagado). Ademais os máis

modernos inclúen tamén unha ou máis conexións USB á que

podemos conectar outro dispositivo como o rato, cámara

dixital, lector de tarxetas de memoria, etc.

Na actualidade existen teclados moi sofisticados, con deseños

ergonómicos e desde os que podemos realizar, con só tocar

unha tecla, multitude de funcións, principalmente relaciona-

das con Internet e coas capacidades multimedia do ordena-

dor. Enténdese por multimedia, a capacidade de procesar

son, animacións e vídeo.

Existen tamén teclados sen fíos, sen cables, que ofrecen

maior comodidade ó usuario. Os primeiros modelos utiliza-

ban infravermellos para establecer a comunicación coa unida-

de central, pero na actualidade o habitual é que se comuni-

quen mediante ondas de radio frecuencia o que aumenta a

mobilidade.

ratoO rato é, xunto co teclado, o dispositivo ou periférico que

máis se usa, polo que é conveniente elixir un de calidade co

que nos atopemos cómodos.

�� conexión USB

�� teclado ergonómico

�� conexión PS/2

Page 17: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

17

A maioría ten dous botóns e unha roda central. Os botóns

permiten activar diversas funcións dependendo de cal pulse-

mos (esquerdo ou dereito) e de onde estea situado o puntei-

ro (frecha que aparece na pantalla e que segue o movemento

que realicemos co rato).

A roda serve para desprazarse verticalmente polo documento

co que esteamos traballando e é especialmente útil cando

usamos procesadores de texto ou navegamos por longas

páxinas de Internet.

Hai modelos con máis botóns que podemos programar para

realizar multitude de funcións dependendo do programa que

esteamos utilizando.

En función do mecanismo de funcionamento do rato distin-

guimos entre:

Mecánico: Utiliza unha bóla recuberta de goma que debido

ó seu xiro induce o movemento do punteiro mediante un sis-

tema electrónico. O seu maior defecto é que acumula sucida-

de que impide un funcionamento axeitado e preciso, polo

que debemos desmontalo e limpalo con frecuencia.

Óptico: Sustitúe a bóla por un sistema opto-electrónico bas-

tante máis preciso e que non acumula sucidade.

Dependendo de como se conectan ó ordenador distingui-

mos, como para os teclados, entre PS/2 (conector redondo)

ou USB (conector plano). Existen ratos sen fíos (tanto mecá-

nicos como ópticos) que proporcionan maior autonomía e

comodidade de traballo pero, como contrapartida, utilizan

pequenas pilas que debemos cambiar periodicamente.

monitorA pantalla ou monitor é unha parte moi importante do orde-

nador, pois é a que de forma máis directa interactuará con

nós. Cun monitor pequeno ou de baixa calidade os nosos

ollos sufrirán de forma innecesaria.

os equipos ordenador

�� rato con cable, roda e 2 botóns

�� rato sen fíos multifunción

Existen ratos eteclados sen cables

que proporcionan maior comodidade de traballo.

Page 18: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

18

As características que definen un monitor son:

Tipo de pantalla: Existen dous tipos de monitores: os tradi-

cionais CRT ou de tubo de raios catódicos (similares ós da

televisión) e os máis modernos de cristal líquido ou LCD, que

se dividen en Matriz Pasiva ou Activa. Este último denomína-

se TFT e é o máis popular. Os monitores planos foron abara-

tando o seu prezo e impoñéndose pouco a pouco debido ás

vantaxes que presentan sobre os CRT:

• Menor tamaño

• Menor peso

• Menor consumo eléctrico

• Imaxe sen distorsión nas esquinas

• Maior claridade do píxel

• Menor radiación electromagnética

Tamaño: mídese en pulgadas e refírese ó tamaño da diago-

nal da pantalla. Os máis habituais son 15 e 17 pero existen

monitores para uso profesional de 19, 20, 21 ou incluso

maiores. Se unha pulgada equivale a 2,54 cm, una pantalla

de 17" (pulgadas) terá un tamaño de 17 x 2,54 = 43,18 cm

de diagonal.

Resolución: refírese á cantidade de píxeles (puntos) que

pode mostrar a pantalla (adóitase indicar a maior que soporta

o monitor); exprésase en horizontal por vertical, por exem-

plo: 800x600, 1024x768, 1280x1024, 1600x1280 píxeles. O

píxel, do inglés "picture element" (elemento da imaxe) é a

menor unidade na que se descompón unha imaxe dixital, xa

sexa unha fotografía, un fotograma de vídeo ou un gráfico.

Frecuencia de varrido ou frecuencia de refresco vertical;

mídese en Hertzios e é o número de veces por segundo que

a imaxe se "debuxa" na pantalla. Canto maior sexa o valor

deste parámetro mellor, xa que permitirá maior confort de

utilización (evítanse incómodos pestanexos) e a imaxe será

máis nítida e estable. Valores de 70 Hertzios ou superiores

son aceptables.

�� pantalla de tubo

�� pantalla plana

Page 19: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

19

Tamaño do punto ou "dot pitch": é o ancho dos puntos ou

píxeles do monitor; canto máis pequeno sexa, maior é a cali-

dade da pantalla posto que elo significa unha maior densida-

de de puntos ou píxeles. Debe ser menor de 0,28 mm. e ide-

almente de 0,25 mm. ou menor.

cómo configurar o equipoAs características que acabamos de definir e que "identifican"

un ordenador están evolucionando de forma permanente,

ofrecendo ó usuario constantes incrementos de velocidade,

capacidade de almacenamento e conectividade. Os ordena-

dores que se poden adquirir en calquera tenda de informáti-

ca neste momento, cobren perfectamente as necesidades da

inmensa maioría dos talleres artesáns.

Vexamos de novo estas características, para analizar o míni-

mo que debemos esixir ónde debemos mellorar.

Procesador: Neste momento ofrécense equipos desde 2,6 a

3,8 GHz. Un de 2,6 é máis que suficiente para a maioría dos

artesáns. Incluso se atopas un equipo en oferta de menos

velocidade seguirá sendo suficiente.

Memoria RAM: O mínimo neste momento son 512 MB.

pero canta máis memoria RAM teña instalada mellor.

Disco duro: A maioría dos equipos veñen con discos duros

de 160 GB. En principio é suficiente, pero como é previsible

que almacenes fotografías dixitais e outro tipo de arquivos

que pouco a pouco irán ocupando máis e máis espazo no

disco, é preferible, se o teu orzamento cho permite, adquirir

un disco con maior capacidade. Este non é un tema priorita-

rio pois poderás mercar un novo disco duro no futuro se ago-

tas o teu espazo disponible, aínda que para a súa instalación

deberás contar con axuda dun profesional.

Lector/Gravador de CD/DVD: Practicamente todos os equi-

pos incorporan unidades lectoras e gravadoras de CD e/ou

de DVD que darán resposta ás necesidades da maioría de

os equipos ordenador

�� caixa de ordenador (baleira)

Os ordenadores quese poden adquirir encalquera tenda de

informática neste momentocobren perfectamente as

necesidades dagran maioría dostalleres artesáns.

Page 20: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

20

usuarios. Se pensas gravar unha gran cantidade de CDs,

podes optar por una unidade máis rápida e de máis calidade.

E se o teu orzamento cho permite, unha unidade que grave

tamén DVDs darache opción de facer copias de seguridade

neste formato (un DVD ofrece unha capacidade case sete

veces superior a un CD para gravar datos), ademais de outras

aplicacións multimedia.

Tarxeta gráfica ou de vídeo: A tarxeta de serie que incorpo-

re o ordenador que elixises será suficiente; só se vas realizar

habitualmente traballos de deseño, retoque fotográfico, vídeo

etc., merece a pena adquirir unha de maior calidade e presta-

cións. Na tenda aconsellarante sobre opcións disponibles.

Portos: A maioría dos equipos incorporan varios portos USB.

Comproba que un polo menos sexa USB 2.0, o conector é o

mesmo que para 1.1 pero é moito máis rápido. Sería desexa-

ble aínda que non imprescindible que tivese polo menos un

porto FireWire ou iLink.

Teclado e rato: Merece a pena investir en calidade e polo

tanto en comodidade de traballo. Un bo teclado e un rato

óptico, ambos sen fíos son unha opción a considerar.

Pantalla: Moitos expertos coinciden en que é a parte máis

importante dun ordenador, polo que é preferible renunciar a

algúns megahertzios de velocidade e investir nun bo monitor.

Un de tubo (CRT) de 17" (pulgadas) sería aconsellable e se o

teu orzamento cho permite, unha pantalla plana TFT de 15"

ou 17" pulgadas sería ideal. Se vas realizar habitualmente tra-

ballos de deseño deberías considerar un de 19" ou 21".

Compara opcións e prezos e lembra que, neste caso, a dife-

renza non será un gasto senón un investimento.

o ordenador portátilPara finalizar este capítulo intentaremos dar resposta a unha

pregunta que moitos vos estaredes facendo: ¿compro un

ordenador de sobremesa ou un portátil?.

Page 21: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

21

Os ordenadores portátiles evolucionaron moito e hoxe ofre-

cen practicamente as mesmas prestacións, polo que son

unha opción a considerar.

vantaxesMobilidade: pódelo levar do taller á casa para facer labores

de xestión, a unha feira ou nunha visita a un cliente para

amosarlle os teus últimos produtos.

Espazo: ocupan moito menos que un de sobremesa e isto

agradécese cando o taller é pequeno.

inconvenientesPrezo: Con igualdade de prestacións un portátil é máis caro

ca un de sobremesa.

Comodidade de traballo: O teclado é máis pequeno e máis

incómodo e carecen de teclado numérico; o rato táctil que

incorporan non é tan cómodo e preciso como un rato con-

vencional.

Capacidade e velocidade do disco duro: Os ordenadores

portátiles non dispoñen de discos da mesma capacidade cós

de sobremesa; os portátiles están limitados a 80/100 GB

mentres que os de sobremesa alcanzan capacidades de 300

GB. A velocidade de rotación dos discos duros dos ordenado-

res portátiles é inferior, o que significa unha velocidade de

acceso á información e ós programas gravados neles tamén

inferior.

Prezo das opcións: Os dispositivos opcionais (por exemplo

gravador de DVD) e as ampliacións (por exemplo ampliacións

de memoria) para os portátiles son normalmente máis caros

cós seus equivalentes para os de sobremesa.

Lembra que, independentemente dos equipos xa montados

que che ofrezan, algunhas tendas permitiranche configurar

un equipo á túa medida elixindo os compoñentes (pantalla,

disco duro, memoria RAM, etc.) que máis se axusten ás túas

necesidades e gustos.

os equipos ordenador

�� ordenador portátil

�� portátil adaptado a sobremesamediante un soporte ergonómico

Con igualdade de prestaciónsun portátil é máis caro ca un de sobremesa.

Page 22: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 23: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

23

impresoraÉ o dispositivo que se encarga de transformaros arquivos dixitais creados co ordenador(facturas, cartas, fotografías, folletos, etc.) eplasmalos no papel.

os equipos

Page 24: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

24

Existen basicamente 3 tipos de impresoras:

matriciaisTamén chamadas de agullas porque funcionan mediante un

cabezal que por impulsos eléctricos acciona diminutas agullas

que, ó bater sobre unha cinta tintada, imprimen no papel os

caracteres ou gráficos do documento.

Na actualidade o seu uso limítase a oficinas nas que é necesa-

rio imprimir varias copias dun mesmo documento dunha soa

vez ou papeis de distintas cores, papel autocopiante ou papel

continuo.

A súa calidade mídese polo número de caracteres por segun-

do (cps) que son capaces de imprimir e polo número de agu-

llas do cabezal, que varía de 9 a 24; a maior número de agu-

llas, maior calidade.

inxección de tintaTamén denominadas de chorro de tinta, o seu funcionamen-

to é sinxelo, mediante inxectores situados nos cabezais de

impresión depositan minúsculas pingueiras de tinta no papel.

O método polo que se depositan estas pingueiras (Bubble-Jet,

Desk-Jet, etc.) depende de cada fabricante, pero o resultado

é moi semellante. A tinta está contida en cartuchos intercam-

biables.

Na actualidade practicamente todas as impresoras de chorro

de tinta imprimen en color, teñen un cartucho para a tinta

negra e outro para as tres cores básicas (amarela, maxenta e

cian).

Nas destinadas a impresión de fotografías, os cartuchos de

cores adoitan ser independentes e as de máis nivel teñen

máis cartuchos de cores intermedias, para que as transicións

entre as cores e polo tanto a calidade da foto impresa sexa

maior.

�� impresora matricial

�� impresora de inxección de tinta

�� cartuchos de tinta

Page 25: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

25

láserEste tipo de impresora é máis cara cás anteriores, pero é moito

máis rápida e imprime documentos con maior calidade.

O seu funcionamento é o seguinte: un raio láser "debuxa"

sobre un rolo ou tambor a páxina (texto ou gráficos) que

imos imprimir, este rolo atrae as partículas de tóner (o tóner

é coma a tinta das impresoras láser, é un po negro moi fino

de óxido de metal e materias plásticas) e deposítaas no papel

a medida que avanza, finalmente a folla pasa polo fusor que

son dous rolos, un emite calor e outro presión para fixar o

tóner ó papel.

Existen tamén impresoras láser en color, o seu prezo é alto,

pero están baixando progresivamente (no momento de edi-

tar esta guía existen modelos no mercado por debaixo dos

400 eur).

Algúns establecementos de impresión rápida (servizos de

fotocopias, etc.) ofrecen servizos de impresión láser en color

a prezos razoables, o que é unha boa opción se o que necesi-

tamos son impresións en color de forma esporádica.

característicasAs características que definen unha impresora son:

velocidadeMídese en caracteres por segundo (cps) nas impresoras

matriciais e en páxinas por minuto (ppm) nas de inxección

de tinta e láser.

resoluciónA resolución da impresora define a calidade de impresión.

Indica a cantidade de puntos (píxeles) que a impresora pode

crear sobre o papel por unidade de superficie, que se acostu-

ma a medir en puntos por pulgada (ppp), tanto en dirección

horizontal como vertical.

os equipos impresora

�� impresora láser

�� tóner para impresora

Características básicas:

• A velocidade de impresión.

• A resolución.

• A memoria.

• A conexión co ordenador.

Page 26: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

26

Por exemplo, unha impresora con resolución de 600 x 300

ppp é capaz de imprimir 600 puntos en cada 2,54 cm hori-

zontais (unha pulgada), y 300 puntos en cada pulgada verti-

cal. Se só se indica un número, a resolución é a mesma en

ambas direccións (por exemplo, 600 ppp equivale a 600 x

600 ppp).

memoriaA memoria é un aspecto a ter en conta especialmente nas

impresoras láser, pois se non dispón de suficiente poden

colapsarse cando tratemos de imprimir documentos comple-

xos con moita información (bloquéanse e hai que comezar

de novo, coa conseguinte perda de tempo). Podemos

aumentala da mesma forma ca nos ordenadores.

conexiónA conexión habitual das impresoras co ordenador, foi a cone-

xión paralelo, pero na actualidade estase impoñendo a USB,

pola súa maior rapidez e a vantaxe de poder conectar a impre-

sora sen necesidade de apagar o ordenador.

Moitas impresoras ofrecen os dous tipos de conexión e as de

gama alta inclúen tamén conexión FireWire (ou iLink).

outros aspectosOutras características a ter en conta son o grosor máximo de

papel que podemos utilizar, o ruído que emite ó imprimir e o

tamaño, se o espazo é un problema no noso taller.

Un aspecto moi importante a considerar é o prezo dos cartu-

chos de tinta ou tóner. O prezo dos cartuchos para as impre-

soras de chorro de tinta é desorbitado, chegando incluso a

custar practicamente o mesmo que unha impresora nova,

polo que é conveniente comparar prezo e cantidade de tinta

que conteñen.

�� conexión FireWire

�� conexión USB

�� memoria para impresoras

Page 27: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

27

utilizaciónA decisión sobre qué impresora comprar vai depender do tipo

de impresións que teñamos previsto realizar. Se tan só imos

imprimir algunhas facturas e cartas ocasionalmente, unha

impresora de inxección de tinta é a mellor opción por prezo e

prestacións (hai modelos básicos a partir de 60 eur).

Se imos imprimir textos, facturas e documentos de forma

intensiva, unha impresora láser é unha alternativa a conside-

rar. A calidade é maior, o prezo de cada impresión é menor e

a velocidade máis alta ca nas impresoras de tinta (un cartu-

cho de tóner de tamaño medio pode realizar unhas 10.000

copias, mentres que o cartucho de tinta negra, realizará

unhas 500).

Se imos imprimir fotos cunha certa regularidade, deberíamos

de considerar a opción dunha impresora de inxección de

tinta de alta calidade, especialmente deseñada para a impre-

sión de fotografías. Tamén é posible imprimir estas fotografías

con alta calidade e baixo prezo nas tendas de fotografía, en

papel fotográfico e a partir de calquera tarxeta de memoria,

CD, DVD, etc.

Finalmente deberíamos considerar o tamaño máximo de

impresión. A maioría das impresoras admiten A4 (29,7 x 21

cm) como máximo, pero existen modelos (tanto de inxec-

ción de tinta, como láser) que imprimen A3 (42 x 29,7 cm) e

incluso A2 (59,4 x 42 cm).

Os dispositivos Multifunción integran nun só equipo: impreso-

ra, fotocopiadora, escáner e fax. A súa vantaxe é o aforro de

espazo e a sinxeleza e rapidez de manexo. Existen modelos

tanto de chorro de tinta como láser, a partir de 150 eur (na

data de edición desta guía).

os equipos impresora

A decisión sobre quéimpresora comprar vaidepender do tipo de

impresións que teñamosprevisto realizar.

Algúns enderezos de interese ondese pode obter información deta-llada:

www.canon.eswww.epson.eswww.hp.eswww.lexmark.eswww.oki.eswww.samsung.es

�� impresora multifunción

Page 28: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 29: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

29

Serve para converter textos impresos, gráficos,debuxos ou fotografías (en papel, negativo oudiapositiva) en arquivos dixitais que podemosalmacenar e modificar posteriormente coordenador.

escáner

os equipos

Page 30: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

30

Funciona da seguinte forma: o documento plano orixinal

(páxina con texto, gráfico, debuxo, recorte de revista ou

fotografía) sitúase sobre un cristal, que se atopa debaixo da

tapa do escáner, a imaxe ilumínase cun foco de luz, que vai

avanzando ó longo do documento que estamos escaneando,

condúcese mediante espellos a luz reflectida cara a un dispo-

sitivo denominado CCD (Charged-Couple Device) que trans-

forma a luz en sinais eléctricos, que se pasan a formato dixital

nun DAC (conversor analóxico-dixital) e finalmente, transmí-

tese esta información dixital ó ordenador.

As imaxes dixitalizadas pódense gardar en diferentes forma-

tos (ver sección de formatos de imaxe), editar, corrixir, mistu-

rar, etc, mediante os correspondentes programas de edición

de imaxes.

Existen diversos tipos de escáner: de man, de rolos, de

transparencias (negativos ou diapositivas), de tambor, etc.

pero sen dúbida o máis extendido é o escáner plano ou de

sobremesa. Moitos modelos de sobremesa permiten escanear

negativos e diapositivas, ou contan con esa función opcional

(adquirindo un módulo que se acopla na parte superior do

escáner).

característicasParámetros que definen un escáner:

resoluciónÉ a medida do nivel de detalle que pode captar.

O CCD (o dispositivo que vai lendo o documento) está for-

mado por un conxunto de detectores luminosos que se

moven ó longo da imaxe. O número destes detectores deter-

mina a resolución horizontal do escáner. Este valor mídese en

dpi ou ppp (puntos por pulgada). Canto maior sexa a resolu-

ción, mellor será o resultado obtido.

�� escáner de man

�� escáner plano con módulode transparencias

�� escáner de negativos

�� escáner de tambor

Page 31: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

31

Cando falamos dun escáner cunha resolución de

"1.200x2.400 ppp" estámonos referindo a que en cada liña

horizontal dunha pulgada de longo (2,54 cm) pode captar

1.200 puntos individuais, mentres que en vertical chega ata

os 2.400 puntos. Xeralmente a resolución horizontal e a verti-

cal non coinciden, sendo maior (tipicamente o dobre) a verti-

cal. Cando o fabricante só indica un valor, adóitase referir ó

maior dos dous.

Debemos diferenzar entre resolución óptica e resolución

interpolada. A óptica é a verdadeira resolución do escáner e é

a que debemos ter en conta, a interpolada é simplemente

unha operación que se realiza mediante un programa sobre a

imaxe xa dixitalizada e que aumenta o tamaño dos arquivos

pero non o detalle da imaxe.

profundidade de colorIndica o número de tonalidades de color diferentes que pode

ter un píxel. Mídese en bits (un bit é a unidade mínima de

información que pode almacenar e manexar un ordenador).

Na actualidade, practicamente todos os escáneres ofrecen

unha profundidade de color de 48 bits.

Canto maior sexa a resolución e a profundidade de color dun

escáner máis fiel ó orixinal será a imaxe escaneada, pero

tamén será maior o tamaño do arquivo resultante. Os arqui-

vos grandes presentan maiores dificultades para ser procesa-

dos polos programas de tratamento de imaxes e requerirán

maior cantidade de memoria RAM no ordenador e conse-

cuentemente maior espazo de almacenamento no disco

duro.

tipo de conexiónNa actualidade a maioría dos escáneres utilizan unha cone-

xión ó ordenador tipo USB. Os de gama baixa cun porto USB

normal e os de gama alta USB 2 e Firewire, que permiten

velocidades de transmisión de datos ó ordenador 40 veces

máis rápidas.

os equipos escáner

Profundidade de colorpor bits

1 bit:imaxe en branco e negro

4 bits:imaxe con 16 tons de grises

8 bits:256 tons de grises ou colores

16 bits:65.536 colores

24 bits:16,7 millóns de colores

32 bits:máis de 1.000 millón de colores

48 bits:281,5 trillóns de colores

A aparición das cámarasdixitais, o seu

abaratamento e aumentode calidade, reduciuconsiderablemente a

utilización do escáner.

�� FireWire�� conexión USB

Page 32: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

32

utilización O uso principal dun escáner para un taller artesán é a dixitali-

zación (paso dun documento a arquivo dixital) de fotografías

ou gráficos en papel para obter un ficheiro dixital que poderá

ser retocado, modificado, enviado por correo electrónico,

gardado nun CD, etc.

Outra aplicación do escáner é o denominado OCR ou recoñe-

cemento óptico de caracteres. Converter un texto impreso

nunha imaxe dixitalizada é moi sinxelo, pero resulta pouco

práctico xa que o resultado non se pode modificar nun pro-

grama procesador de textos. Mediante os programas de OCR

transfórmase dita imaxe en verdadeiro texto que poderemos

utilizar como calquera texto escrito desde o teclado (aínda

que sempre é necesario revisar todo o texto resultante do

proceso de OCR, porque dependendo da calidade do orixi-

nal, o OCR pode confundir os caracteres e cambiar letras

similares).

Utiliza o escáner para dixitalizar: fotos de antigos produtos,

artigos ou reseñas sobre o teu taller aparecidos en xornais ou

revistas, imaxes ou gráficos que queiras utilizar nos teus catá-

logos ou publicar en páxinas web.

�� programa de escaneo

Page 33: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

33

Ten as mesmas funcións e características ca unacámara tradicional (analóxica) pero a diferenzadesta non garda as fotos nun carrete ounegativo senón que o fai nunha tarxeta dememoria.

cámara dixital

os equipos

Page 34: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

34

As súas vantaxes fronte ás cámaras tradicionais son:

Rapidez: non é necesario revelar as fotos para ver o resulta-

do, senón que podemos velas na propia cámara, borrar de

forma automática as que non nos gusten e repetir a foto ata

conseguir o resultado desexado. Tampouco é necesario esca-

near a foto para obter un ficheiro dixital, cunha cámara dixi-

tal, podemos pasar de forma inmediata as fotos obtidas ó

noso ordenador.

Versatilidade: unha vez que temos as fotos no ordenador,

podemos modificar a súa iluminación e calidade, engadirlle

efectos, recortar a parte que máis nos interese, enviala por

correo electrónico, imprimila utilizando papel fotográfico,

engadila a un informe, catálogo ou folleto do noso taller, uti-

lizala para unha páxina web, etc.

Capacidade de almacenamento: as fotos obtidas cunha

cámara dixital son ficheiros que podemos gardar nun CD e

cuxa calidade non se deteriorará co tempo. Ó tratarse de

ficheiros dixitais que podemos nomear e numerar como

desexemos é moito máis doado telos adecuadamente organi-

zados cós tradicionais negativos.

utilizaciónA cámara dixital permite:

• Fotografar e documentar todos os procesos de elaboración

de calquera produto, con especial utilidade no caso de

pezas únicas.

• Fotografar calquera novo produto e enviar a foto por correo

electrónico ós nosos clientes cun custo practicamente nulo.

• Utilizar as fotos dixitais para elaborar dossieres e folletos cos

que dar a coñecer o noso taller, para solicitudes de axudas

a organismos públicos, solicitudes de participación en feiras

e concursos ou para enviar imaxes a medios de comunica-

ción.

�� Minolta Dimage

�� HP PhotoSmart

�� Nikon Coolpix

�� Canon EOS

Page 35: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

35

• Usar as fotografías dixitais para elaborar pequenos folletos e

etiquetas que podemos imprimir e que adxuntaremos ós

nosos produtos, mellorando a súa presentación e posibilida-

des de éxito no mercado.

• Para os talleres dedicados á restauración e os oficios relacio-

nados coa construción, ofrece a posibilidade de documen-

tar a obra a realizar, mellorando o nivel de información do

que dispoñen para elaborar o orzamento e levar o seu ade-

cuado seguimento.

O seu prezo é máis elevado có das cámaras tradicionais pero

está baixando constantemente, ó mesmo tempo que mello-

ran as súas características e prestacións. A diferenza de prezo

compénsase a medida que imos usando a cámara pois non

cómpre gastar en carretes nin no revelado de fotos que moi-

tas veces nunca utilizaremos no soporte de papel (verémolas

directamente no ordenador ou no televisor a través dun

DVD, ou da propia cámara).

cómo funcionaÉ moi similar ó dunha cámara tradicional; nesta a luz entra

polo obxectivo e chega ó negativo rexistrando a imaxe sobre

unha película composta por varias capas de sales de prata e

outros produtos químicos. Na cámara dixital a película ou

negativo, substitúese por un sensor electrónico denominado

CCD. O fenómeno non é químico senón fotoeléctrico, e o

que se obtén é un ficheiro dixital.

O sensor CCD está formado por unha retícula de minúsculos

cadradiños que son sensibles á luz e transfórmana en infor-

mación electrónica. Cantos máis píxeles ou cadradiños sensi-

bles á luz teña o sensor, maior calidade terán as fotos obtidas

coa cámara.

O sensor envía o sinal a un conversor DAC (conversor analó-

xico-dixital) que se encarga de transformar a información

analóxica en dixital e envíaa á tarxeta de memoria onde

os equipos cámara dixital

O seu prezo é máis elevadocó das cámaras

tradicionais pero estábaixando constantemente,

ó mesmo tempo quemelloran as súascaracterísticas e

prestacións.

�� sensor CCD

Page 36: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

36

queda almacenada e desde onde a podemos transferir ó

ordenador.

característicasParámetros que definen unha cámara dixital:

tipo de cámaraÓ igual que nas cámaras tradicionais, as dixitais divídense en

compactas e réflex (tamén denominadas SLR). As cámaras

compactas son as máis populares e ofrecen prestacións sufi-

cientes para a maioría dos usos que se fan nun taller artesán.

O seu obxectivo está integrado no corpo da cámara.

As réflex, son cámaras máis profesionais, teñen o obxectivo

intercambiable e o que se observa polo visor da cámara é

exactamente o que se vai fotografar.

resoluciónFai referencia á calidade da imaxe que a cámara é capaz de

obter, vén determinada pola cantidade de píxeles do sensor

CCD e mídese en Megapíxeles (millóns de píxeles). Obtense

multiplicando os píxeles en sentido horizontal que ten o sen-

sor polos que ten en sentido vertical. Na actualidade as

cámaras "domésticas" van desde 2 a 8 Megapíxeles e as pro-

fesionais chegan a 20.

É importante que a resolución sexa "óptica" que é a real e

non “interpolada” que se consegue a través de operacións

matemáticas que realiza internamente a propia cámara, co

resultado dunha calidade de imaxe moi inferior.

memoriaAlgunhas cámaras teñen unha memoria interna pero é moi

pequena, o normal son 16 megas e o máximo 32. Nesta

memoria caben poucas fotos polo que as cámaras ofrecen a

posibilidade de engadir outra memoria externa. Ambas

memorias, a interna e a externa, son de tipo flash, non volátil

Resolucións habituais:

1.3 Megapíxeles (1280 x 960)

2 Megapíxeles (1600 x 1200)

3 Megapíxeles (2048 x 1536)

4 Megapíxeles (2272 x 1704)

5 Megapíxeles (2560 x 1920)

6 Megapíxeles (2816 x 2112)

8 Megapíxeles (3456 x 2304)

�� cámara compacta

�� cámara réflex

Page 37: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

37

(garda a información aínda que se apague a cámara ou se

extraia ou esgote a batería).

A memoria externa está contida en pequenas tarxetas elec-

trónicas que se introducen na cámara; as máis grandes son

do tamaño dunha caixa de mistos. É nestas tarxetas onde a

cámara almacena as fotografías.

As fotos pásanse da cámara ó ordenador a través dun cable,

normalmente de tipo USB como o que xa vimos para as

impresoras. Tamén se pode utilizar un lector de tarxetas para

"descargar" as fotos ó ordenador.

Despois de pasar as fotos ó ordenador, podemos borrar o

contido da tarxeta e volver a utilizala tantas veces como quei-

ramos.

Hai diversos tipos de tarxetas, algunhas marcas utilizan un só

tipo e outras utilizan diversos formatos, dependendo do

modelo de cámara.

Os formatos actuais de tarxetas de memoria son:

• Compact Flash CF (a máis utilizada e económica)

• Smart Media SM

• Secure Digital SD

• MultiMedia Card MMC

• Memory Stick

• XD Picture Card

Dentro de cada tipo de tarxetas existen varios "tamaños" ou

capacidades, que se miden en Megabytes (coloquialmente:

Megas). O abano vai desde os 16 Megabytes ós 8 Xigabytes

(1 Xibabyte equivale a 1.000 Megabytes). Canto máis grande

sexa a capacidade da tarxeta, máis fotos poderemos almace-

nar sen ter que descargalas no ordenador.

Actualmente as capacidades de memoria máis populares son

as de 128, 256 e 512 Megas.

os equipos cámara dixital

�� cámara conectadaó ordenador

�� lector de tarxetas

�� tarxeta compact flash

Page 38: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

38

óptica

É unha parte fundamental da cámara, pois encárgase de

recoller a imaxe que queremos fotografar e transmitila ó sen-

sor CCD. A calidade vén determinada polo material utilizado;

as das cámaras económicas son de material plástico e as boas

ópticas son de vidro.

Outro aspecto a ter en conta é a súa luminosidade que se

mide en números f; canto máis pequenos, maior é a lumino-

sidade, sendo o normal un f 2.8.

A calidade da óptica inflúe enormemente na fidelidade da

cor, a nitidez da imaxe e os mellores resultados en función

das condicións de luz.

zoom

Este tipo de obxectivo permítenos achegar ou afastar a

imaxe. Mídese en x ou aumentos, sendo o normal 2x ou 3x

chegando algúns modelos a superar os 10x. De novo é

importante distinguir entre o zoom óptico, que é o real e

débese a que o obxectivo motorizado cambia a posición dos

lentes para achegar ou afastar a imaxe, e o zoom dixital que

utiliza operacións matemáticas e obtén unha imaxe ampliada

de menor calidade (o zoom dixital simplemente fai máis

grandes os píxeles dunha parte da imaxe que está captando

a cámara).

formato das imaxesO habitual é que a cámara garde as fotos dentro da tarxeta

de memoria en formato JPEG (Joint Photographic Experts

Group ou grupo, conxunto de expertos fotográficos). Neste

formato a imaxe comprímese de forma que ocupe moito

menos espazo podendo manter un nivel de calidade suficien-

te. Así podemos almacenar máis fotos dentro da tarxeta e

facer que as fotografías (ficheiros dixitais) sexan moito máis

manexables, para descargalas no ordenador, gravalas nun

CD, envialas por correo electrónico etc.

�� cámara réflex con ópticaintercambiable

�� cámara con zoom óptico

�� menú de formato

Page 39: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

39

Cando se comprime a foto prodúcese unha certa perda de

calidade, polo que as cámaras de gama alta permiten tamén

gardalas noutros formatos "sen perda" como o TIFF ou RAW.

Este tipo de ficheiros ocupan moito máis espazo dentro da

tarxeta pois gardan os datos obtidos "tal cal" directamente do

sensor CCD e sen perda de calidade.

Conexión: practicamente todas as cámaras dixitais utilizan a

conexión USB para conectarse co ordenador. As de gama alta

ofrecen conexións USB 2 ou FireWire o que permite unha

transmisión de datos moito máis rápida entre a tarxeta de

memoria e o ordenador.

pantalla LCDA maioría das cámaras inclúena na parte posterior, desde a

que podemos ver as fotografías antes e despois de obtelas.

Accionando os "botóns" da cámara visualízanse e seleccionan

nesta pantalla as diversas opcións de configuración: tipos de

resolución, nivel de compresión, tipo de flash, etc., podendo

realizarse ademais a visualización das imaxes captadas e o seu

borrado.

Canto máis grande sexa a pantalla moito mellor, pois pode-

mos ver con máis claridade as imaxes que fomos realizando e

decidir se as mantemos na tarxeta ou as borramos.

É necesario ter en conta que a utilización da pantalla LCD

como "visor" para facer fotografías consume unha considerable

cantidade de pilas ou batería.

bateríasUnha das desvantaxes das cámaras dixitais é que utilizan

moita enerxía para funcionar. Para suministrar esta enerxía

utilízanse basicamente dous tipos de baterías: as pilas de for-

mato AA e as baterías con formato especial para un determi-

nado modelo de cámara. As pilas alcalinas tradicionais non

son aconsellables, pois consúmense rapidamente; no seu

lugar utilízanse baterías recargables, sendo as máis comúns as

denominadas NiMh (níquel-magnesio-hidruro) que poden

os equipos cámara dixital

�� conectores cámara

�� cargador de baterías

�� pantalla LCD

Page 40: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

40

reemprazar ás pilas ó ter o mesmo formato. As baterías con

formato especial, normalmente de Ións de Litio, son máis

caras pero teñen maior duración cás pilas AA e cás baterías

NiMh.

En todos os casos é aconsellable contar polo menos cun xogo

de reposto para non quedar sen enerxía, o que imposibilitaría

o uso da cámara.

outras característicasA posibilidade de gravar pequenas secuencias de vídeo (en

baixa resolución), acoplar un flash externo, controis manuais

de diafragma e velocidade, etc., que engaden prestacións á

cámara pero tamén aumentan o seu prezo, polo que debe-

mos valorar se imos utilizar realmente estas funcións "extras"

e se merece a pena pagar ese custo engadido.

cómo elixir a cámaraA elección dun modelo determinado de cámara non é sinxe-

lo, pois a oferta é amplísima.

Resolución: O primeiro elemento a ter en conta é o número

de píxeles. O tamaño mínimo estaría entre os 2 e 3

Megapíxeles o que permite imprimir fotografías en tamaño

habitual de 10x15 ou 13x18 cm. con boa calidade e desde

logo utilizalas para pequenos folletos, etiquetas ou en páxinas

web. Existen modelos de 3 Megapíxeles por debaixo dos 100

euros (no momento de editar esta guía) e estes prezos están

baixando de forma constante.

Se a cantidade de Megapíxeles é maior, permitiranos imprimir

as fotos con calidade suficiente en tamaños maiores, incluso

A4 e utilizalas en revistas e publicacións profesionais.

Zoom: O Zoom óptico vai encarecer a cámara pero tamén nos

vai dar maior versatilidade no seu uso, ademais de máis calida-

de ás fotografías.

�� cámara con flash externo

�� diferentes tamañosde cámaras

Page 41: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

41

Se imos fotografar xoiería ou detalles de produtos, é intere-

sante que o obxectivo permita enfocar a distancia moi curta

(función macro), en torno ós 5 centímetros.

Memoria: O tipo de tarxeta de memoria non debe ser un

obstáculo á hora de elixir a cámara, aínda que é aconsellable

adquirir unha tarxeta con bastante capacidade (mínimo de

128 megas), cantos máis Megapíxeles teña a cámara elixida

maior capacidade debe de ter a tarxeta de memoria.

Como exemplo, unha cámara de 4 Megapíxeles que realice

fotografías en formato RAW podería almacenar unhas 50

fotografías nunha tarxeta de memoria de 128 megas. A

medida que se aumente o nivel de compresión a mesma tar-

xeta será capaz de almacenar máis fotografías.

Baterías: Unha cámara con batería de Ions de Litio vai ser

máis duradeira e vai proporcionarnos máis autonomía, polo

que se o noso orzamento o permite é a opción máis aconse-

llable. É importante comparar o custo destas baterías e se no

prezo da cámara vén incluído o cargador e outros extras

como funda protectora, etc.

utilizaciónComo regra xeral, se se queren fotografías de certa calidade,

hai que fuxir do zoom dixital e de niveles de compresión ele-

vados á hora de tomar as fotografías.

Hai que recordar que a calidade non aproveitada no momen-

to de tomar a fotografía é totalmente irrecuperable no futu-

ro; non obstante, calquera fotografía ben tomada poderá

comprimirse no ordenador para axilizar o seu envío por

correo electrónico ou para colocala nunha páxina web, pero

sempre mantendo o arquivo orixinal de calidade facendo

unha copia do mesmo. Por tanto é máis aconsellable dotarse

de tarxetas de memoria de maior capacidade e tomar e alma-

cenar as fotos sen compresión ou con niveles baixos de com-

presión.

os equipos cámara dixital

Hai que recordar que acalidade non aproveitadano momento de tomar afotografía é totalmenteirrecuperable no futuro.

�� pack de cámara e accesorios

Page 42: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 43: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

43

soportes de almacenamentoO uso masivo de ordenadores e a continua xeración e acumulaciónde información dixital (documentos de todo tipo, debuxos,fotografías, vídeo, etc.) produce unha demanda permanente ecrecente de medios de almacenamento e transporte de información.

os equipos

Page 44: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

44

A realización de copias de seguridade dos nosos arquivos

dixitais é non só necesaria senón imprescindible se queremos

que estean a salvo de fallos técnicos dos equipos ou de acci-

dentes imprevistos.

Isto debe ser unha práctica habitual, que deberá realizarse en

función da importancia ou valor da información almacenada

no noso ordenador e da frecuencia con que a modifiquemos.

A maior importancia, maior frecuencia de realización das

copias de seguridade, de forma que no caso de fallo técnico

do ordenador ou de accidente dispoñamos dunha copia

recente e a perda real de información sexa mínima.

O almacenamento noutros soportes, diferentes do disco duro

do noso ordenador, de determinada información que non

usamos ou consultamos con frecuencia é tamén unha prácti-

ca aconsellable, pois desta forma liberamos espazo nel e

melloramos o seu rendemento.

O transporte de arquivos dixitais é unha práctica habitual,

derivada do intercambio con outros profesionais de docu-

mentos, informes, fotografías, arquivos gráficos, etc.

En función do tipo de tecnoloxía utilizada para a súa grava-

ción e lectura podemos dividir estes soportes en: Magnéticos,

Ópticos e Electrónicos:

soportes magnéticosEsta tecnoloxía baséase na aplicación de campos magnéticos

a materiais cuxas partículas reaccionan a esa influencia orien-

tándose nunha determinada posición que conservan tras dei-

xar de aplicarse o campo magnético. Mediante esas posicións

das partículas magnetizadas represéntanse os datos: imaxes,

textos, gráficos etc.

discos durosEstán compostos por un ou varios discos ríxidos (pratos), nor-

malmente de aluminio, recubertos dun material ferromagnéti-

�� soportes externos

�� unidade de disco duro

Existen 3 tipos de soportesde almacenamentosegundo a tecnoloxíaempregada: magnéticos,ópticos e electrónicos.

Page 45: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

45

co que posibilita a gravación de datos. Cada disco, que xira a

unha velocidade constante, ten dous pequenos cabezais, un

por cada cara, que están practicamente tocando a súa superfi-

cie e son os que se encargan de gravar ou ler os datos.

Cada ordenador dispón do seu propio disco duro interno

(algúns modelos permiten a instalación de máis discos duros

para aumentar a súa capacidade de almacenamento ou a reali-

zación de copias de seguridade).

Outra opción son os discos duros externos. O seu funciona-

mento é exactamente o mesmo, aínda que a velocidade de

acceso á información gravada é normalmente inferior á dos

discos duros internos. Están protexidos por unha carcasa e

conéctanse ó ordenador a través dun dos seus portos externos.

Utilízanse habitualmente como medio para realizar as copias

de seguridade da información almacenada no disco duro do

ordenador.

Algúns utilizan conexións USB, aínda que a tendencia actual é

o uso de USB 2, FireWire 400 ou incluso FireWire 800 debido á

maior velocidade de transferencia dos datos. Os modelos máis

completos disoñen de varios destes portos de conexión.

A súa capacidade varía desde os 20 Xigas a máis de 1000. A

elección vai depender da cantidade de información que vaia-

mos almacenar. Debemos prever as nosas necesidades futuras,

pois a experiencia dinos que cada vez utilizamos máis cantida-

de de ficheiros e de maior tamaño.

Resulta aconsellable adquirir un modelo con USB 2 ou FireWire

400, pois aínda que o noso ordenador non dispoña deste tipo

de portos si poderemos conectalo a un porto USB convencio-

nal ó ser este compatible co USB 2.

Se o noso ordenador actual non dispón de portos de alta velo-

cidade como USB 2 ou FireWire, deberemos asegurarnos de

que o próximo ordenador si dispoña deles, xa que certamente

agradeceremos o plus de velocidade que estes portos nos brin-

dan.

os equipos soportes de almacenamento

�� interior do disco duro

�� pratos e cabezais do disco duro

�� disco duro externo con portos USB e Firewire

Page 46: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

46

discos de 3,5"Normalmente coñecidos como "disquetes", son soportes de

almacenamento extraíble de moi baixa capacidade (1,44

MB). Están formados por un pequeno disco de material plás-

tico flexible recuberto de material ferromagnético. Os cabe-

zais de lectura e escritura están no propio dispositivo de lec-

tura, no interior do ordenador.

A súa limitada capacidade, a baixa velocidade de acceso, a

súa relativamente escasa fiabilidade e a aparición doutros

soportes como os "lapis de memoria", dos que falamos máis

adiante, deixaron ós disquetes practicamente obsoletos e nal-

gúns ordenadores xa non aparece o dispositivo de lectura.

soportes ópticosA tecnoloxía óptica utiliza as propiedades do láser e a súa alta

precisión para ler ou escribir os datos: un faz láser vai lendo

(ou escribindo) microscópicos buratos na superficie dun disco

de material plástico, recubertos á súa vez por unha capa

transparente para a súa protección.

O sistema non experimentou variacións importantes ata a

aparición do DVD, que só cambiou a lonxitude de onda do

láser, reducindo o tamaño dos buratos e apretando os

"regos" ou pistas para que caiba máis información no mesmo

espazo.

CDA súa capacidade de almacenamento vai desde os 650 ós

800 MB de información. O seu baixo prezo, a facilidade e

rapidez de gravación e a fiabilidade destes dispositivos fixéro-

nos enormemente populares.

Os que se utilizan habitualmente son os CD-R que permiten

gravalos só unha vez. Hai outro tipo de CDs que permiten

gravar e borrar a información varias veces sobre un mesmo

disco e denomínanse regravables ou CD-RW

�� disquete 3,5"

�� pack de CDs

�� CD�� DVD

detalle de densidade de regos:

Page 47: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

47

DVD (Disco de Vídeo Dixital)Ten o mesmo tamaño e aspecto exterior ca un CD, pero

pode conter ata 26 veces máis información e transmitila ó

noso ordenador ata 20 veces máis rápido.

A maioría dos ordenadores, xa incorporan unha unidade lec-

tora de DVD e os de máis calidade e prestacións, unha unida-

de lectora-gravadora de DVD.

A súa grande capacidade e a velocidade de acceso fan do

DVD o soporte ideal para realizar copias de seguridade dos

nosos datos. O progresivo abaratamento das unidades de

gravación e dos propios DVDs virxes farán cada vez máis

popular este tipo de soporte.

Existen basicamente dous sistemas de gravación e polo tanto

dous tipos de DVD diferentes, DVD-R e DVD+R (outros

formatos como o DVD-RAM están en desuso), o seu aspecto

externo é o mesmo, pero existen algunhas diferenzas: os

DVD-R tardan máis en gravarse pero son algo máis baratos e

máis compatibles (máis tipos de unidades lectoras poden

lelas), os DVD+R que usan unha tecnoloxía máis moderna,

tardan menos en gravarse pero son menos compatibles e

máis caros aínda que o seu prezo e compatibilidade melloran

constantemente.

As unidades de gravación de DVD actuais permiten gravar

discos de ambos formatos polo que, na práctica, poderemos

ignorar esas diferenzas.

os equipos soportes de almacenamento

As unidades lectoras deDVD len perfectamente

CDs, pero pola contra asunidades lectoras de CDs

non len DVDs.

Tipo Capacidade CDs ós que equivale

Disco compacto (CD) 650 a 800 MB 1

DVD unha cara / unha capa 4,7 GB 7

DVD unha cara / dobre capa 8,5 GB 13

DVD dobre cara / unha capa 9,4 GB 14

DVD dobre cara / dobre capa 17 GB 26

�� sistemas de gravación

Page 48: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

48

soportes electrónicosEstán constituídos por chips en estado sólido (sen partes

móbiles), que teñen a propiedade de conservar os datos

incluso cando se apaga o dispositivo que lles proporciona a

alimentación eléctrica. Os datos grávanse mediante impulsos

eléctricos.

Son dispositivos portátiles e de pequeno tamaño. A súa capa-

cidad vai desde os 8 MB ós 10 GB. Utilízanse fundamental-

mente en cámaras dixitais, organizadores personais, teléfonos

móbiles, ordenadores portátiles e elementos independentes.

Existen diversos dispositivos que utilizan este tipo de tecnolo-

xía flash:

PC card (PCMCIA)Teñen un tamaño similar ó dunha tarxeta de crédito e un gro-

sor duns 5 mm. Poden chegar a ter unha capacidade de 5 Xb.

Utilízanse nos ordenadores portátiles que dispoñen dunha

fenda lateral onde se introduce este tipo de tarxetas (PCMCIA

Persoal Computer Memory Card Internacional Association)

para poder ler ou escribir datos.

tarxetas de memoriaComo xa vimos en capítulos anteriores, este tipo de tarxetas

utilízanse fundamentalmente nas cámaras dixitais. Pero usan-

do un lector de tarxetas que se conecta ó ordenador median-

te un conector USB ou USB 2 pódense utilizar para trasladar

ficheiros dun ordenador a outro ou levar as fotos dos últimos

produtos que acabamos de realizar a un servizo de impresión

dixital (o equivalente ó "revelado"). Algúns ordenadores xa

veñen equipados con lectores para moitas delas.

Existen varios tipos de tarxetas: Compact Flash (CF), Smart

Media, Memory Stick, Multimedia Card (MMC), Secure

Digital Card (SD), XD Picture Card.

�� PC card

�� tarxeta SD

�� tarxeta CF

Os soportes electrónicosson dispositivos portátiles ede pequeno tamaño queactualmente gañaron granpopularidade.

Page 49: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

49

A mellora da calidade destes dispositivos é constante, tanto

en capacidade de almacenamento como en velocidade de

transferencia de datos ou na cantidade de enerxía que consu-

men para gravar e transferir os datos. Os fabricantes utilizan

adxectivos como: Pro, Ultra, Extreme, High-Speed, etc. para

distinguir estes modelos con mellores prestacións.

memoria flash USBOs dispositivos de memoria flash USB adquiriron en pouco

tempo unha enorme popularidade; os fabricantes e usuarios

non acaban de atopar unha denominación común e refírense

a eles como: lapis, chave, chaveiro, disco USB, etc.

Non necesitan baterías para funcionar, pois toman a enerxía

do propio ordenador ó que son conectados. En ordenadores

con versións actuais do sistema operativo non é necesario

ningún programa especial para utilizalos polo que son ideais

para intercambiar información de forma extremadamente sin-

xela entre diversos ordenadores.

A súa capacidade vai desde os 8 MB ós 8 GB dos máis

modernos. Utilizan un conector USB para enchufarse ó orde-

nador; pouco a pouco vanse impoñendo os de tipo USB 2

que son moito máis rápidos, o que axiliza a transferencia de

información.

Algúns reproductores de música en formato MP3, como o

iPod Shuffle, ofrecen tamén a función de dispositivo de alma-

cenamento.

os equipos soportes de almacenamento

�� lápis de memoria USB

�� Apple iPod Shuffle

Page 50: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 51: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

51

programas de uso xeralExisten no mercado moitos tipos de programasque serven para: escribir un texto, levar a xestióndo taller, ampliar, reducir ou retocar unhafotografía dixital, gravar un CD, navegar porInternet, recibir e enviar correo electrónico, etc.

programas e ficheiros

Page 52: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

52

Un programa é un conxunto de ordes ou instrucións que lle

din ó ordenador cómo ten que realizar determinadas fun-

cións ou tarefas concretas. Tamén se denomina aplicación e,

en termos xerais, software (este termo inclúe tamén os

Sistemas Operativos).

sistema operativoÉ o programa informático básico que fai funcionar o ordena-

dor e que nos permite controlalo.

windowsO máis coñecido e extendido nas súas versións Windows 98,

Windows 2000 e a máis moderna e popular, Windows XP.

Existen outros sistemas operativos como:

mac os

Utilizado polos ordenadores Macintosh da empresa Apple

(non funciona noutro tipo de ordenadores). É reputado pola

súa enorme facilidade de uso e as súas potentes prestacións.

Foi o primeiro en utilizar o sistema de interacción gráfica co

usuario mediante ventás que logo utilizaron outros sistemas

operativos. É o máis usado no mundo do deseño gráfico.

linuxEstá desenvolvido baixo o sistema de Código Aberto, un pro-

cedemento de programación no que multitude de persoas

participan de forma desinteresada no desenvolvemento e

mellora dun programa (neste caso un Sistema Operativo com-

pleto) e é de distribución gratuíta. Empezou sendo un proxec-

to dun grupo de xoves informáticos e pouco a pouco esten-

deuse, aparecendo versións máis sinxelas de instalar e utilizar

para os usuarios non profesionais.

Datos de uso aproximado dosdiferentes Sistemas Operativossobre ordenadores persoais endecembro de 2005:

Win 98 14%

Win 2000 13%

Win XP 64%

Mac OS 3%

Linux 3%

Outros 3%

Page 53: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

53

programasExisten miles de programas para multitude de usos, desde os

máis xerais ata os máis específicos; podería dicirse que existe

un programa para realizar case calquera tarefa que poidamos

imaxinar.

procesadores de textos

Son os substitutos da máquina de escribir. Con eles podemos

elaborar cartas, listaxes de prezos, informes e todo tipo de

documentos escritos. O propio sistema operativo Windows

inclúe un moi básico: o WordPad. O procesador de textos

máis utilizado en todo o mundo é o Word, cuxas amplas fun-

cións sobrepasan as necesidades básicas da maioría dos usua-

rios.

xestores de bases de datos

Úsanse para o arquivo ordenado e estruturado de informa-

ción, permitindo funcións como a creación, modificación,

busca e clasificación rápida, ou a elaboración de listaxes e

informes. Serven, por exemplo, para almacenar os datos dos

nosos provedores, das materias primas que utilizamos ou das

facturas emitidas ós nosos clientes. Entre os máis coñecidos

están Access e FileMaker.

follas de cálculoServen para organizar información numérica e realizar cálcu-

los entre os valores introducidos de forma moi rápida e auto-

matizada. Por exemplo, actualizar nunha porcentaxe toda

unha listaxe de prezos ou recalcular toda unha serie de ope-

racións tras modificar un valor.

As Follas de Cálculo tamén permiten crear gráficos a partir de

series de datos, por exemplo, un que represente as vendas

anuais divididas por meses. A máis coñecida é Excel.

programas e ficheiros programas de uso xeral

�� Microsoft Wordprocesador de textos

�� Microsoft Accessxestor de bases de datos

�� Microsoft Excelfollas de cálculo

Page 54: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

54

presentaciónsSon programas que permiten a creación de "diapositivas" nas

que se pode incluír texto, gráficos, fotografías, son e peque-

nos vídeos. Utilízanse normalmente para acompañar e

ampliar información en charlas e conferencias; outra utilidade

pode ser a de elaborar presentacións con fotografías e infor-

mación sobre produtos ou procesos de elaboración, e amosa-

la desde un ordenador no stand dunha feira. Estas diapositi-

vas pódense visualizar no ordenador ou ampliadas nunha

pantalla externa utilizando un proxector ou "canón" de vídeo.

O programa máis habitual para presentacións é Power Point.

editores gráficosSon programas orientados á creación e tratamento de gráfi-

cos, debuxos e ilustracións. Paint é o máis sinxelo e vén insta-

lado en todos os ordenadores que utilizan Windows como

sistema operativo.

Con maiores prestacións podemos destacar CorelDraw e

como aplicacións profesionais FreeHand e Illustrator.

Podemos utilizar estes programas para deseñar un logotipo,

unha etiqueta, unha tarxeta de visita ou un pequeno folleto.

CADOs programas de CAD (Computer Assisted Design ou Deseño

Asistido por Ordenador) son programas moi especializados

para debuxo técnico en dúas e tres dimensiós (coñecidos

como 2D e 3D respectivamente). Contan con ferramentas

específicas que facilitan enormemente a creación de bosque-

xos e deseños moi precisos.

Os máis coñecidos son AutoCAD e 3D Studio Max, pero o

seu elevado prezo e complexidade non os fan aconsellables

para principiantes. Existen outras opcións máis sinxelas e eco-

nómicas como Corel Designer e Rhinoceros, ou incluso

gratuítas como JustCad, 3D Canvas ou Blender.

�� Microsoft PowerPointpresentacións

�� CorelDraweditor gráfico

�� AutoCADdeseño asistido por ordenador

Page 55: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

55

tratamento de imaxesEste tipo de programas serven para cambiar o tamaño das

imaxes dixitais, escurecelas ou aclaralas, aplicarlles efectos,

recortar unha parte, etc.

Sen dúbida o máis popular é Photoshop nas súas diferentes

versións: Photoshop Album para principiantes, Photoshop

Elements para usuarios medios e Photoshop CS2 para usua-

rios avanzados e profesionais.

Existen outros programas como Paint Shop Pro ou gratuítos

como IrfanView que conteñen todas as ferramentas básicas

para o tratamento de fotografías dixitais. Hai outro tipo de

programas para catalogar e organizar as fotos entre os que

destaca Acdsee.

comunicaciónsSon os programas que permiten ó ordenador comunicarse

con outros equipos xa sexa para enviar correo electrónico ou

para visitar páxinas web en Internet.

Para enviar, recibir e organizar o correo electrónico, o progra-

ma máis coñecido é Outlook Express, que está integrado no

propio sistema operativo Windows, pero existen outros pro-

gramas gratuítos como Eudora ou Thunderbird.

O mesmo sucede cos navegadores de Internet, o máis utiliza-

do con moita diferenza ó vir integrado no sistema operativo

Windows é Internet Explorer, pero existen outros gratuítos

como Firefox e Opera.

multimediaEsta é a familia de programas que permiten escoitar música e

visualizar vídeos no ordenador.

O máis coñecido é Windows Media Player, que vén integrado

no sistema operativo Windows. Son tamén moi utilizados

Real Player, WinAmp, Musicmatch Jukebox e QuickTime,

todos eles gratuítos (na versión básica).

programas e ficheiros programas de uso xeral

�� Adobe Photoshoptratamento de imaxes

�� Microsoft Outlook Expressxestor de correo electrónico

�� Apple QuickTimemultimedia

Page 56: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

56

xestiónExiste unha ampla oferta de programas para xestión de

Pymes, destacando entre todos eles AGATA (Aplicación de

Xestión e Administración para Talleres Artesáns) ó estar

deseñado especificamente para dar resposta ás necesidades

das pequenas unidades de produción artesanal.

utilidadesAlgúns programas auxiliares do software principal coñécense

tamén como Utilidades; entre elas atopamos:

lectura e creación de PDFO lector de arquivos PDF por excelencia é Acrobat Reader

(gratuíto). Hai outras utilidades que nos permiten crear PDFs

desde case calquera arquivo, destacan Virtual PDF Printer e

Cute PDF Writer.

antivirusProgramas que preveñen a entrada de virus no ordenador.

Cada vez que tratamos de introducir un ficheiro no noso

ordenador desde un disquete, CD, DVD, lapis de memoria ou

calquera outro dispositivo de almacenamento, estes progra-

mas revísano para comprobar que non contén virus.

Tamén controlan os correos electrónicos que recibimos e os

seus arquivos adxuntos. Destacan Panda Antivirus, Norton

Antivirus e McAfee.

anti-spywareEstes programas serven para detectar e eliminar pequenas

pezas de software que son descargadas e instaladas no noso

ordenador, sen que sexamos conscientes diso, simplemente

por navegar por Internet. Estes programas coñecidos xeneri-

camente como "SpyWare" (o seu obxectivo fundamental é o

de "espiar", obter información dos nosos hábitos de uso do

�� Agata - xestión e administración

�� Panda-antivirus

�� Spybot - anti-spyware

Page 57: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

57

ordenador) non chegan a ser tan prexudiciais coma os virus,

pero poden atentar contra a nosa privacidade. Un dos máis

coñecidos é SpyBot Search & Destroy.

A utilización destes programas non é tan sinxela coma a dos

antivirus e pode requerir consello de persoas experimentadas.

traduciónTrátase de potentes dicionarios que poden instalarse no orde-

nador; contan tamén con ferramentas de conxugación de

verbos, corrector gramatical, axuda á redacción, tradución de

números, etc.

Funcionan normalmente entre dous idiomas Español-Inglés

Inglés-Español. Podemos destacar Ultralingua e Babylon.

Algúns destes tradutores poden utilizarse gratuitamente a tra-

vés de Internet para consultas e traducións ocasionais (por

exemplo en www.ultralingua.net).

compresión Serven para reducir o tamaño dos arquivos para envialos por

correo electrónico ou para aforrar espazo no noso disco duro

e para descomprimir os arquivos comprimidos que recibimos.

Os máis coñecidos son: Winzip, Winrar e Winace.

gravación de CDs e DVDsPermiten gravar calquera tipo de arquivo desde o disco duro

do ordenador nun CD ou DVD virxe ou regravable. Destacan:

Nero, Easy CD e Direct CD.

intercambio de arquivosSon programas que serven para intercambiar programas, uti-

lidades, vídeos, música, etc., entre usuarios de todo o

mundo. Funcionan a través de Internet, sendo os máis popu-

lares eMule, Kazaa e BitTorrent. Estes programas son tamén

coñecidos como "peer to peer".

programas e ficheiros programas de uso xeral

�� WinZip - compresión

�� Ultralingua - tradución

�� eMule - intercambio de arquivos

Page 58: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

58

suites de ofimáticaUnha das traducións de "suit" é traxe completo e por iso se

utiliza en inglés para definir o tipo de programas que inte-

gran varias aplicacións de uso habitual, normalmente un pro-

cesador de textos, unha base de datos e unha folla de cálcu-

lo.

Existen diversas opcións:

Microsoft Office, a máis utilizada con moita diferenza e coa

que as demais tratan de buscar a máxima compatibilidade,

contén os seguintes programas:

· Word, procesador de textos

· Excel, folla de cálculo

· Access, base de datos

· PowerPoint, presentacións

· Outlook, organizador persoal

Outras Suites moito máis económicas:

Lotus SmartSuite, que contén:

· WordPro, procesador de textos

· 1-2-3, folla de cálculo

· Approach, base de datos

· Freelance Graphics, presentacións

· Organizer, organizador persoal

WordPerfect Office, que contén:

· WordPerfect, procesador de textos

· Quattro Pro, folla de cálculo

· Presentations, presentacións

StarOffice, que contén:

· Writer, procesador de textos

· Calc, folla de cálculo

· Base, base de datos

· Impress, presentacións

· Draw, edición de gráficos

OpenOffice versión libre e gratuíta de StarOffice cos mesmos

compoñentes: Writer, Calc, Base, Impress e Draw.

�� Microsoft Office

�� StarOffice

Page 59: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

59

macintoshOs ordenadores Macintosh incorporan de forma gratuíta os

seguintes programas:

Safari, navegador de Internet

Mail, xestor de correo electrónico

QuickTime, QuickTime, reprodutor de música e vídeo

Agenda, xestión de contactos

iCal, ferramenta/calendario para xestionar tarefas

iChat, xestor de videoconferencia.

iTunes, xestión e reprodución de arquivos musicais

iPhoto, xestión e edición básica de fotografías dixitais

iMovie HD, edición de video dixital

iDVD, creación de DVDs

GarageBand, creación e gravación de música dixital

AppleWorks, a Suite de Apple que contén: procesador de

textos, base de datos, folla de cálculo, presentacións e debu-

xo e edición gráfica.

programas e ficheiros programas de uso xeral

�� AppleWorks - suite de Apple

Page 60: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 61: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

61

programas especializados para artesánsAdemais dos programas que acabamosde ver e que son utilizados por todo tipode sectores, existen diversos programasinformáticos con aplicacións concretas eespecíficas para diversos oficios.

programas e ficheiros

Page 62: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

62

Vimos os principais programas incluídos cos sistemas operati-

vos e os de uso máis habitual.

Como xa comentamos existen miles de programas que per-

miten desenvolver moitas outras actividades co ordenador;

uns son gratuítos (freeware), outros permítennos probalos

durante un tempo e logo pagar una pequena cantidade para

poder seguir utilizándoos (shareware) e outros son programas

de tipo comercial que habitualmente ofrecen unha versión

simplificada para probalos (demo) ou unha versión completa

pero cun período de proba limitado a un determinado núme-

ro de días.

A continuación detallamos unha serie de programas específi-

cos para diversos oficios: cerámica, coiro, xoiería, madeira,

téxtil, vidro e varios.

cerámicaEstequiometría realiza rápida e facilmente os cálculos habi-

tuais dun ceramista: o cálculo da temperatura de cocción e o

cálculo da solubilidade en ácidos dos vidrados plúmbicos,

etc.

www.estequiometria.com

Hai outros programas, en inglés, que permiten realizar este

tipo de cálculos, almacenan bases de datos con fórmulas de

esmaltes, etc.

Insight

www.digitalfire.com

Matrix 2000

www.matrix2000.co.nz

The Glaze Calculator

www.glazecalc.com

HyperGlaze

www.hyperglaze/com

A utilización dun programaespecializado permitiranosrealizar algunhas tarefasdo noso taller con máiseficacia e rapidez.

�� Matrix 2000, cerámica

Page 63: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

63

coiroRCS 2D Bag e Formaris son solucións informáticas para o

deseño de bolsos, carteiras, artículos de viaxe, etc.

www.lectra.com/en/luggage_leather_goods

xoiería Desenvolvéronse programas de deseño asistido por ordena-

dor (CAD) especialmente adaptados para deseñar xoiería.

JewelCAD

www.jcadcam.com

ArtCAM

www.artcamjewelsmith.com

Jewelcad

www.jewelcad.co.uk

Existen outros programas destinados a calcular o valor das

pezas en función da variación do custo dos metais preciosos,

taxación e outras operacións de interese para os xoieiros.

Metalynx

www.kitco.com/jewelry/freesoftware.html

Gold Silver Engineer

www.goldensoftwareengineers.com.au/GoldSilverEngInfo.htm

Carat

www.jewelryware.com/product.htm

madeira Ligno 3D Designers, programa de deseño en tres dimen-

sións para crear esculturas de madeira con formas poliédricas.

www.ligno3d.com

LatheSim simula o traballo nun torno podendo realizar pezas

virtuais.

www.craftysims.com/Products.htm

programas e ficheiros programas especializados para artesáns

�� Carat, xoiería

�� Ligno 3D, madeira

Page 64: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

64

MasterCarpenter é un software de deseño aplicable ás múl-

tiples tarefas que un carpinteiro ten que desenvolver: pare-

des, escaleiras, teitos, etc.

www.eteknic.com/mc.html

téxtilExisten diversos programas para deseño de tecidos con apli-

cación en teares manuais e tecidos estampados:

Pixeldobby

www.pixelart.es

Patternland Weave Simulator

www.mhsoft.com

Estes dous programas son distribuídos en España por Estudio

Textil Indigo (T 918 010 907) que proporciona manuais en

castelán e cursos de aprendizaxe.

Fiberworks PCW

www.fiberworks-pcw.com

Pointcarré

www.pointcarre.com

WeaveIt

www.weaveit.com

WeaveMaker

www.weavemaker.com

ProWeave

www.proweave.com

Existen tamén programas para o deseño de retacería ("quilts"

ou "patchwork"):

Quilt-Pro

www.quiltpro.com

ElectricQuilt

www.electricquilt.com

�� Weavelt, téxtil

�� Pointcarré, téxtil

Page 65: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

65

Cool Totes, está especialmente desenvolvido para o deseño

de bolsos con materiais téxtiles.

www.cochenille.com/gdgshtml/tote.html

vidroExisten programas desenvolvidos para facilitar o deseño de

vidreiras con aplicacións de colores, texturas e a rápida redi-

mensión e adaptación a outras medidas de deseños existentes.

Glass Eye 2000

www.dfly.com

Pattern Wizard e Rapid Resizer

www.sgdesigns.com

Glass Crafter's Workshop

www.blazingstarsoftware.com/ProductGCW.html

Glass & Glass

www.dekorstudio.it/vetrate.html

Designer

www.americanbevel.com/designer.asp

variosExisten programas para optimización de corte que poden ser

utilizados por diferentes oficios: coiro, madeira, metal, téxtil,

vidro, etc.

Corte Certo

www.cortecerto.com/espanol/main.htm

XY Soft

www.optimizecutter.com

Optimik

www.optimik.com

WoodWorks

www.woodworks.at/en

programas e ficheiros programas especializados para artesáns

�� Rapid Resizer, vidro

�� Pattern Wizard, vidro

Page 66: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

66

CutListPlus

www.cutlistplus.com

Cutting 3

www.cuttinghome.com/Cutting3e.html

Plus 1D/2D

www.nirvanatec.com/nesting_software.html

Sheet Layout

www.sheetlayout.com

Connected Pattern Maker transforma unha fotografía dixital

nun patrón de liñas, con aplicacións en taracea, coiro, téxtil,

etc.

www.connectedlines.com/tcpm/index.htm

Formaris Furniture, permite o deseño de patróns para apli-

car en tapicería.

www.lectra.com/en/furniture_furnishings/products/formaris_

furniture.html

�� Optimicer Cuter,optimización de corte

Page 67: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

67

formatos de arquivoA información gárdase dentro do ordena-dor en arquivos ou ficheiros. Poderíamosdefinir “arquivo” como un conxunto dedatos que se crea cun determinado progra-ma e que se almacena para consultarse ouutilizarse posteriormente.

programas e ficheiros

Page 68: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

68

Cada arquivo ten un nome composto por un texto, un punto

e un segundo texto, por exemplo DOCUMENTO.DOC

O primeiro texto -DOCUMENTO- é o nome propiamente dito

do arquivo.

O segundo texto -DOC- denomínase extensión e serve para

definir de qué tipo de arquivo se trata: de texto, gráfico,

música, etc. A extensión dos arquivos soe estar composta por

tres letras pero tamén as pode haber de dúas e de catro.

O punto serve para saber cando remata o nome e comeza a

extensión. É irrelevante se o nome do arquivo aparece en

maiúsculas ou minúsculas.

Podemos distinguir basicamente dúas clases de arquivos:

Executables con extensións como:

.EXE .COM .BAT .DLL

Están creados para realizar accións por si mesmos; son os

programas propiamente ditos. Non profundizaremos neste

tipo de arquivos nesta guía.

De datos con extensións como:

.DOC .JPG .ZIP .MP3 .HTM

Cómpre utilizar unha aplicación ou programa para tratar a

información que conteñen.

As extensións dos arquivos adoitan estar ocultas, de tal forma

que se creamos un listado cos arquivos que contén o noso

ordenador, o arquivo exemplo DOCUMENTO.DOC aparecerá

como DOCUMENTO (sen a extensión); non obstante o orde-

nador recoñece a extensión e saberá qué programa ten que

utilizar para abrilo, presentar o seu contido, modificalo se é

necesario e volver a gardalo.

Pódense configurar as ventás onde aparecen os listados cos

arquivos, para que mostren os nomes e as extensións corres-

pondentes.

�� listado de arquivoscoa súa extensión (.jpg)

�� listado de arquivoscon extensión oculta

Page 69: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

69

Cada tipo de arquivo ten un icono (pequeno debuxo) asocia-

do que nos permite identificalo máis facilmente.

tipos de arquivosA continuación detallamos algunhas das extensións dos

arquivos de datos que máis se utilizan.

arquivos de texto.TXT

Arquivo de texto "plano", sen formato (só garda os caracteres

-letras, números e símbolos-). Ábrese con calquera editor de

texto, incluído o Bloc de Notas de Windows.

.DOC

Arquivo de texto con estilo ou "enriquecido" (garda o tipo de

letra, tamaño, color, etc.). É o formato de arquivos de

Microsoft Word. Dada a súa popularidade pódese crear e

abrir con practicamente todos os procesadores de texto.

.RTF

Arquivo de texto enriquecido que permite intercambiar texto

entre distintos procesadores de texto e en distintos sistemas

operativos. As súas posibilidades de formato son máis reduci-

das que os arquivos .DOC pero permite un intercambio máis

fácil.

arquivos gráficos de mapa de bitsÉ o formato gráfico máis habitual e que empregan as fotogra-

fías dixitais.

Están formados por unha cuadrícula na que cada cela deno-

minada píxel ten unha determinada color, estes píxeles son

tan pequenos que a simple vista non se perciben pero se a

imaxe se amplía demasiado acábanse vendo os cadrados que

a forman e o típico aspecto dentado dos bordes das liñas.

Hai diversos formatos e moitos programas para visualizar este

tipo de arquivos, editalos e convertelos dun formato a outro.

programas e ficheiros formatos de arquivo

.txt

.doc

.xls

.ppt

.pdf

.html

.wmv

.cdr

.mov

.zip

Exemplo de iconos dosarquivos máis comúns:

Page 70: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

70

Existen formatos comprimidos e sen comprimir. De forma

xeral podemos dicir que:

A maior compresión

> Menor calidade de imaxe e Menos espazo ocupado.

A menor compresión

> Maior calidade de imaxe e Máis espazo ocupado.

Os formatos máis habituais son:

.JPG ou .JPEG

Este formato é con diferenza o máis utilizado pois ofrece

unha calidade moi razonable cun alto nivel de compresión.

É o formato no que gardan as fotografías as cámaras dixitais.

Unha grande vantaxe deste formato é que admite diversos

niveles de compresión en función do uso que vaiamos dar ó

ficheiro: se o imos utilizar para enviar por correo electrónico

ou nunha páxina web podemos utilizar un nivel de compre-

sión maior, se o imos imprimir ou gardar nun soporte de

almacenamento podemos optar por un nivel de compresión

máis baixo co que obteremos maior calidade.

.GIF

Arquivo comprimido destinado a Internet. Utilízase sobre

todo para logotipos e gráficos con poucas cores. É ideal

cando queremos que algunha parte do gráfico sexa transpa-

rente (sen color). Permite utilizar diversas paletas de colores

(8, 16, 32 e ata 256).

A máis cantidade de colores

> Maior calidade e Máis espazo ocupado

A menos cantidade de colores

> Menor calidade e Menos espazo ocupado

.BMP

Trátase dun arquivo sen comprimir polo que ofrece gran cali-

dade pero ocupa moito espazo no noso ordenador.

.TIF ou .TIFF

É o formato de arquivos gráficos sen perda máis utilizado,

sobre todo entre os profesionais do deseño gráfico.

�� arquivo .JPG a calidade máxima

�� arquivo .JPG a calidade media

�� arquivo .JPG a calidade baixa

Page 71: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

71

.RAW

Arquivo de fotografía dixital sen ningunha perda de calidade,

polo que ocupan unha gran cantidade de espazo na memo-

ria; é utilizado case unicamente polas cámaras semiprofesio-

nais e de alta gama.

Os programas de edición de fotografías, adoitan crear os seus

propios arquivos con extensións específicas.

.PSD

É o formato de arquivo utilizado polo programa Adobe

Photoshop.

.CPT

Corresponde ós arquivos creados con Corel Photo-Paint.

archivos gráficos vectoriaisÉste é o tipo de arquivo empregado para logotipos, debuxos

e gráficos lineais.

Están compostos por vectores que se definen matematicamen-

te formando series de puntos unidos por liñas. Isto permite

reducilos ou amplialos sen perda de calidade. Utilízanse para

gráficos, ilustracións, imaxes con texto, debuxos xeométricos e

bosquexo tipo CAD (deseño asistido por ordenador), etc.

Existen diversos programas para crear gráficos e imaxes vec-

toriais e cada un utiliza o seu propio sistema de arquivos e a

súa propia extensión. As máis coñecidas son:

.CDR

É a extensión propia do programa CorelDraw.

.FH

Extensión propia do programa FreeHand.

.AI

Extensión propia do programa Adobe Illustrator.

.EPS

Formato de arquivos vectoriais compatible e que polo tanto

poden abrir os programas de edición gráfica de tipo vectorial.

programas e ficheiros formatos de arquivo

Exemplo de tamaño dunhamesma imaxe en diversos forma-tos de arquivo gráfico de mapa debits:

Arquivo TIFF (.tif)

Tamaño: 12,4 MB

Arquivo RAW (.raw)

Tamaño: 8,2 MB

Arquivo JPEG calidade alta (.jpg)

Tamaño: 2,1 MB

Arquivo JPEG calidade media (.jpg)

Tamaño: 0,8 MB

�� os arquivos vectoriais non perdencalidade cando se amplían(na aplicación axeitada)

Page 72: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

72

Os programas de CAD (deseño asistido por ordenador) for-

man un subgrupo dentro dos programas de deseño vecto-

riais. O máis coñecido e utilizado é o AutoCAD pero existen

outros moitos coas súas propias extensións de arquivos.

.DWG

Esta é a extensión propia do programa AutoCAD.

.DXF

Vén de Drawing eXchange Format (formato de intercambio

de debuxo), é un formato estándar que é aceptado por moi-

tos e distintos programas de CAD. Permite ós usuarios inter-

cambiar debuxos aínda que non teñan o mesmo programa.

arquivos de vídeoA constante baixada de prezos das cámaras de vídeo dixitais,

a maior capacidade dos discos duros e velocidade dos orde-

nadores están popularizando este tipo de ficheiros, ó que

tamén contribuíu a aparición de programas de edición de

vídeo bastante sinxelos, que permiten retocar as gravacións

seleccionando as partes máis interesantes, engadir subtítulos,

entradas, efectos, etc.

Os formatos máis comúns son:

.AVI

O máis utilizado en Windows. Pode estar comprimido ou sen

comprimir. DivX é a forma máis habitual de comprimir os

ficheiros AVI e permite gravar unha película completa nun

CD de 650 Megas.

.MPG ou .MPEG

Formato comprimido moi usado en Internet e para pequenos

vídeos.

.WMV

Formato utilizado polo programa Windows Media Player.

É de uso común para pequenos vídeos en Internet.

.MOV

Propio do programa QuickTime que é o programa de visuali-

�� programa reproductor de ficheiros DiVx

Os arquivos de vídeopopularizáronse grazas aprezos asequibles nascámaras de vídeo dixitais eo mellor rendemento dosordenadores.

Page 73: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

73

zación de vídeo nos ordenadores Macintosh (tamén existe

unha versión para Windows).

.RV

Utilizado polo programa RealPlayer.

arquivos de audio ou son.MP3

Formato de arquivo comprimido, sen dúbida o máis utilizado

para escoitar música no ordenador e en reproductores de

MP3 portátiles.

.WMA

Arquivo comprimido utilizado polo programa Windows

Media Player.

.RA

Este é usado polo programa RealPlayer.

.CDA

É o formato das cancións que contén un CD musical.

arquivos comprimidosAlgúns programas comprimen os arquivos para que ocupen

menos espazo no disco duro do ordenador ou para que tar-

den menos tempo en ser enviados por correo electrónico.

Estes programas tamén nos permiten comprimir unha carpe-

ta que conteña varios arquivos. O que fan é crear un arquivo

novo co nome orixinal do arquivo ou carpeta seguido dunha

extensión específica.

Cómpre dispoñer dun programa para descomprimir estes

arquivos e poder visualizar a información que conteñen.

Os máis usuais son:

.ZIP

Este é o máis extendido; ábrese con gran cantidade de pro-

gramas de baixo custo e gratuítos (o máis coñecido é Winzip)

e as últimas versións de Windows son capaces de tratar estes

arquivos comprimidos directamente.

programas e ficheiros formatos de arquivo

Exemplo de compresiónde arquivos:

documento orixinal .doc

Tamaño: 984 KB

documento comprimido .zip

Tamaño: 48 KB

documento comprimido .rar

Tamaño: 42 KB

documento comprimido .sit

Tamaño: 28 KB

�� reproductor portátilde arquivos mp3

Page 74: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

74

.RAR

Moi extendido tamén pois ofrece un alto ratio de compre-

sión; ábrese con WinRAR

.ACE

Outro dos formatos habituais, ábrese con WinAce

.SIT

Este é o habitual nos ordenadores Macintosh, ábrese co pro-

grama Stuffit.

outros arquivos comúns.PPT

Son os creados polo programa de presentacións Microsoft

PowerPoint; tamén se utiliza a extensión .PPS

.XLS

Creados polo programa de folla de cálculo Microsoft Excel.

.MDB

Creados co programa de base de datos Microsoft Access.

.HTM o .HTML

Extensións dos arquivos que compoñen as páxinas web.

.PDF

Arquivo cada vez máis utilizado pois pode conter textos, grá-

ficos e fotografías ocupa moi pouco espazo en función das

preferencias do usuario. O programa orixinal para crear PDFs

denomínase Adobe Acrobat, pero existen diversos programas

que converten case calquera tipo de documento nun arquivo

con formato PDF.

O programa que se utiliza para poder ler este tipo de docu-

mentos é o Adobe Reader (gratuíto), que adoita vir instalado

na maioría de novos ordenadores e tamén se pode descargar

desde a web de Adobe que é a empresa que desenvolveu

este formato de arquivos.

www.adobe.es/products/acrobat/readermain.html

¿Que facer cando non coñecemosa extensión dun arquivo oucando este non se abre automati-camente?

Existen páxinas web onde pode-

mos introducir a extensión do

arquivo e a páxina indicaranos a

que programa corresponde.

Unha boa páxina en castelán,

desde a que podes realizar estas

consultas e incluso descargar un

documento PDF con máis de

1.000 extensións e a que progra-

mas corresponden, é:

www.telecentros.info/extensiones

�� programa lector de arquivos PDF(Adobe Reader)

Page 75: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

75

formatos de fotografía dixitalO tratamento que debemos aplicarlle aunha fotografía dixital é moi diferente enfunción do uso que vaiamos darlle:impresión en papel, envío por correoelectrónico, páxina web.

programas e ficheiros

Page 76: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

76

A fotografía dixital é unha ferramenta de gran utilida-

de para os talleres artesáns que, de forma rápida e sin-

xela, poden:

• Ter apacidade para documentar todo o proceso de

produción dunha peza.

• Realizar fotos "de campo" para encargos e pezas

únicas: restauración, vidreiras, murais, etc.

• Facer fotos ós produtos para envialas ós seus clien-

tes por correo electrónico, incorporalas á súa páxina

web, deseñar un pequeno folleto ou catálogo, incor-

poralas ó AGATA (aplicación de gestión y adminis-

tración para talleres artesanos) e xerar catálogos

personalizados desde o programa.

O tratamento que debemos darlle ás fotografías dixitais

depende da función á que vaiamos destinalas.

Non pretende ser este capítulo da Guía un manual de trata-

mento de fotos dixitais, tan só aclarar algúns conceptos bási-

cos e ofrecer varios consellos para aforrar tempo e mellorar a

presentación dos nosos produtos.

formatos e tamañosAs cámaras dixitais de gama media e alta, permiten tomar as

fotografías en formatos "sen perda" RAW ou TIF e, ó igual

que as cámaras "domésticas", gardan as fotos tamén en for-

mato JPG que é un formato de compresión "con perda". Estes

formatos sen perda conteñen máis información cromática e a

calidade da foto vai ser maior, pero vai ocupar máis espazo

na tarxeta de memoria e posteriormente no ordenador.

Se temos unha tarxeta de memoria na cámara con suficiente

capacidade e dispoñemos de abundante espazo no disco

duro, é aconsellable tomar as fotos nestes formatos sen perda

�� menu de cámara dixital(formato de imaxe)

�� cámara dixital doméstica

�� cámara dixital semiprofesional

Page 77: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

77

ou en JPG á máxima calidade que nos permita a cámara (é

dicir, coa mínima compresión). Desta maneira dispoñeremos

dun arquivo de imaxe con calidade suficiente para imprimir

as fotos a un certo tamaño, tendo en conta que sempre

poderemos retocalas para impresións a menor tamaño, ou

envialas por correo electrónico ou empregar na web.

A información cromática e número de píxeles que perdamos

ó tomar a fotografía xa non poderemos recuperala despois.

Por iso é importante aproveitar as máximas posibilidades que

neste sentido ofreza a nosa cámara dixital.

Imos ver un exemplo das opcións que ofrece a Canon

PowerShot S30 cuxa resolución máxima é de 2048 x 1536, é

dicir 3.145.728 píxeles (cifra que normalmente se redondea a

3 Megapíxeles), polo que dicimos coloquialmente que esta é

unha cámara de 3 Megas ou Megapíxeles.

Esta cámara permite tomar fotografías en varios formatos

• RAW a 2048 x 1536 > 3.145.728 píxeles

• JPG a 2048 x 1536 > 3.145.728 píxeles

• JPG a 1600 x 1200 > 1.920.000 píxeles

• JPG a 1024 x 766 > 784.384 píxeles

• JPG a 640 x 480 > 307.200 píxeles

Adicionalmente a cámara ofrece, só para os formatos JPG,

tres opcións de compresión (alta, media e baixa).

A compresión no formato JPG é un proceso que elimina

información cromática da imaxe orixinal, polo tanto permite

reducir o seu tamaño, e posteriormente reconstruír unha

imaxe "parecida", tanto máis parecida canto menor sexa o

nivel de compresión, pero nunca igual ó orixinal.

Polo tanto, a recomendación para obter imaxes da máxima

calidade sería, neste caso, usar o formato RAW a 2048x1536

píxeles. Se a nosa cámara non dispuxese dese formato, a

programas e ficheiros formatos de fotografía dixital

Compresión e calidade/espazo:

• Maior compresión

Menos espazo en tarxeta e disco

Peor calidade

• Menor compresión

Máis espazo en tarxeta e disco

Mellor calidade

Para almacenaras fotos dixitais de

"alta calidade", unhaopción aconsellable é dispor

dun segundo disco duro,que pode ser externo.

�� Canon PowerShot S30

Page 78: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

78

opción de máxima calidade sería en formato JPG a

2048x1536 píxeles e nivel de compresión baixo.

a resoluciónAs fotografías dixitais son arquivos gráficos do tipo "mapa de

bits" o que quere dicir que están formados por unha cuadrí-

cula cun determinado número de filas e columnas. Cada un

dos cadradiños que forman a cuadrícula denomínase píxel. A

cada píxel asígnaselle a información cromática nese punto da

imaxe captada pola cámara.

Cando nos referimos á resolución dunha fotografía referímo-

nos ás dimensións en píxeles que ten esa foto. Así unha foto

cunha resolución de 2048 x 1536 está formada por

3.145.728 píxeles.

Esta resolución dinos polo tanto o número de píxeles que ten

a foto, pero non ofrece ningunha información sobre o tama-

ño que terá a foto ó imprimila, pois non ofrece dato algún

sobre o tamaño do píxel (os píxeles só teñen tamaño defini-

do cando se representa a foto, xa sexa nunha pantalla ou

impresa nun papel).

Para iso debemos coñecer a resolución do medio de repre-

sentación da foto, cando nos referimos a fotografías impresas

ou visualizadas nunha pantalla, que expresa o número de

píxeles por unidade de medida. Este tipo de resolución,

exprésase normalmente en puntos por pulgada (ppp).

1 pulgada = 2,54 centímetros

Unha boa resolución para unha fotografía impresa en papel

fotográfico adoita ser de 300 ppp aínda que se imos imprimir

a foto en papel normal 200 ppp serán suficientes.

Isto quere dicir que cada pulgada lineal estará dividida en

300 ou 200 diminutos cadradiños respectivamente. Canto

maior resolución > máis puntos por pulgada > máis calidade

de impresión.

�� píxeles duhna imaxe dixital

�� fotografía dixital de 1 pulgadadiferentes resolucións

Page 79: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

79

cambios de tamañoOs programas de retoque fotográfico permiten cambiar o

tamaño das fotos dixitais para adaptalas á función concreta á

que vaian destinadas.

Hai dúas posibilidades:

O escalado, que mantén fixo o número de píxeles e polo

tanto o tamaño informático (o espazo que ocupa a foto no

disco duro do noso ordenador expresado en Kilobytes ou

Megabytes).

A remostraxe, que varía o número de píxeles e en conse-

cuencia o tamaño informático.

Vexamos que podemos conseguir con cada unha destas dúas

opcións.

escaladoCo escalado mantense bloqueado o número de píxeles e a

proporción entre o ancho e a altura pero varíase o tamaño da

foto impresa. O tamaño impreso da foto está en función da

resolución en píxeles por pulgada (ppp) coa que queiramos

realizar a impresión.

A maior tamaño de impresión, menor resolución (menos

píxeles por cada pulgada) e polo tanto menor calidade; a

menor tamaño de impresión, maior resolución (máis píxeles

por cada pulgada) e polo tanto maior calidade (esta maior

calidade terá o seu límite loxicamente na resolución máxima

da impresora).

Vémolo claramente coa ventá de Tamaño de imaxe do pro-

grama Photoshop onde, se desactivamos a opción de

Remostraxe, as dimensións en píxeles da parte superior e a

proporción entre o ancho e a altura do documento quedan

bloqueadas e cambiarán en función do valor que introduza-

mos no campo resolución ou viceversa, a resolución variará

en función do ancho ou altura do documento.

programas e ficheiros formatos de fotografía dixital

Como exemplo de escalado,tomemos unha imaxe cunhadimensión en píxeles de 2048 x1536 que ocupa 1,4 Megabytesno disco duro:

�� con resolución de 100 pppimprimiríase a un tamaño de52x39 cm.

�� con resolución de 200 pppimprimiríase a un tamaño de26x19,5 cm.

�� con resolución de 300 pppimprimiríase a un tamaño de17,3x13 cm.

Page 80: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

80

remostraxeO escalado non nos ofrece a resposta adecuada en todos os

casos: fotos para enviar por correo electrónico, para unha

páxina web ou para determinadas necesidades de impresión.

Nestes casos debemos activar a opción de remostraxe. Na

maioría dos casos utilizaremos a remostraxe "á baixa" é dicir

reducindo o número de píxeles para reducir en consecuencia

o tamaño da foto impresa ou visualizada na pantalla do orde-

nador.

Como exemplo: se imos utilizar unha foto para o progra-

ma AGATA, onde o espazo que dispoñemos para introducir a

fotografía de cada un dos nosos produtos nos catálogos que

xenera o programa ten unha altura de 3,7 cm. parece claro

que a fotografía que tiñamos feita a máxima calidade coa

cámara de exemplo, que como vimos a unha resolución de

200 píxeles por pulgada se imprime a un tamaño de 26 x

19,5 cm., é demasiado grande.

Non imos obter mellor calidade de impresión (esta depende-

rá da resolución da impresora), ademais ralentizaremos o fun-

cionamento do programa e a impresión dos catálogos ó utili-

zar fotos "demasiado pesadas".

Ímolo ver con máis claridade na ventá de Tamaño de imaxe

de Photoshop:

Introducindo unha altura de 3,7 cm para a imaxe impresa,

obteríamos unha resolución de 1054 píxeles por pulgada

(moi por riba do que as impresoras normais son capaces), a

foto manterá unhas dimensións en píxeles de 2048 x 1536 e

ocupará 1,4 Megabytes no disco duro.

Se agora marcamos a opción Remostraxe e fixamos a resolu-

ción en 240 píxeles por pulgada (este valor habería que elixi-

lo en función da resolución da nosa impresora; 240 píxeles

por pulgada é unha calidade de impresión moi aceptable),

veremos que o tamaño en píxeles pasou a 466 x 350 e ó gar-

dala ocupará 292 Kilobytes no disco.

Exemplo de remostraxe:

�� con resolución de 200 pppimprimiríase a un tamaño de26x19,5 cm.

�� cambiando a altura obtemosunha resolución de 1054 pixe-les, "demasiado pesada".

�� marcando a opción deremostraxe e fixando a resolu-ción a 240 ppp, obtemos acalidade e tamaño apropiado.

Page 81: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

81

Como se pode aprezar, a diferenza de "tamaño informático" é

sustancial, pasamos de 1400 a 292 KB.

Os pasos seguidos neste exemplo, podémolos aplicar igual-

mente se se tratara dun folleto ou catálogo que vaiamos

deseñar.

Se imos enviar unha foto por correo electrónico, coa única

intención de que o destinatario a vexa na súa pantalla, debe-

mos ter en conta unicamente a resolución habitual das pan-

tallas.

Imos centrarnos na pantalla de 1024 x 768 píxeles que é a

resolución máis habitual.

Se mandamos a foto de exemplo, que como recordaremos

ten unhas dimensións en píxeles de 2048 x 1536, a foto ocu-

pará dúas veces a pantalla ó ancho e ó alto e pesará 1,4

Megabytes.

Se a remostrexamos deixándoa en 1024 x 768 píxeles ocupa-

rá toda a pantalla e pesará 372 Kilobytes (unha cuarta parte

do tamaño orixinal).

Se a reducimos aínda máis, ata 512 x 384 píxeles, ocupará

unha cuarta parte da pantalla e pesará 204 Kilobytes, a foto

verase perfectamente e en moitos casos este tamaño será

suficiente.

Teremos enviado un arquivo que ocupa "informaticamente"

sete veces menos, co conseguinte aforro de tempo de envío,

de recepción e aforro igualmente de espazo no disco do des-

tinatario se finalmente decide gardar a foto que lle enviamos.

O exemplo anterior é igualmente válido para as fotos que

vaiamos utilizar nunha páxina web.

Os programas cos que se deseñan as páxinas indicarannos as

dimensións en píxeles que ten "a caixa" ou contedor onde vai

ir colocada a foto e ese será o tamaño que debemos darlle

utilizando a opción de remostraxe no programa de retoque

fotográfico.

programas e ficheiros formatos de fotografía dixital

Porcentaxe actual de uso dasdiferentes resolucións das panta-llas de ordenador:

O 25% de usuarios utiliza

pantallas de 800 x 600 píxeles.

O 55% de usuarios utiliza

pantallas de 1024 x 768 píxeles.

O 15% de usuarios utiliza

pantallas con maior resolución.

�� imaxe de 500x325 píxelesnun monitor a 800x600 píxeles.

�� imaxe de 500x325 píxelesnun monitor a 1024x768 píxeles.

Page 82: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

82

Se utilizamos a remostraxe á alza o que facemos é aumen-

tar o número de píxeles que ten a foto; o que o programa fai

é crear unha nova cuadrícula engadindo o número de píxeles

necesario e utilizando a información cromática da foto orixi-

nal para asignar información cromática ós novos píxeles. Este

proceso denomínase interpolación.

O resultado da interpolación mellora o aspecto "pixelado" da

foto, na que practicamente se ven os cadradiños (píxeles)

que a forman, que aparece cando a queremos imprimir a un

tamaño demasiado grande. Mediante a remostraxe á alza

non se chega á calidade que debemos esixir a unha foto polo

que non é moi recomendable.

Para evitar estes problemas de "pixelado" insistimos no conse-

llo de facer e conservar as fotos á máxima resolución que nos

permita a cámara; posteriormente adaptarémolas ó uso con-

creto que necesitemos pero sempre conservando a imaxe ori-

xinal de calidade.

�� fotografía pixelada

�� fotografía con remostraxe en alza

Page 83: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

83

internet, correo electrónico e a webInternet evolucionou a forma na que aspersoas se comunican e as empresaspresentan e venden os seus produtos.As súas principais ferramentas son ocorreo electrónico e a web.

internet

Page 84: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

84

internetPodemos definir Internet como unha enorme rede con

millóns de ordenadores conectados entre si mediante o cable

telefónico, fibra óptica, vía satélite ou sen fíos.

cómo funcionaPara que todos os ordenadores conectados a Internet poidan

comunicarse entre si necesitan "falar" unha mesma linguaxe;

esta linguaxe mediante a que os ordenadores se comunican

denomínase protocolo.

O protocolo de comunicación utilizado por Internet chámase

TCP/IP "Transfer Control Protocol / Internet Protocol".

Internet ofrece a todas as persoas que están conectadas a esta

gran rede de ordenadores unha serie de servizos independen-

tes entre si, sendo os máis populares: o correo electrónico, a

world wide web (www), FTP, grupos de noticias, etc.

accesoPara ter acceso a Internet e poder utilizar estes servizos,

debemos contratar cun Provedor o "Acceso a Internet" (nor-

malmente son as mesmas empresas telefónicas).

Ó contratar o acceso a Internet, a empresa permite a cone-

xión do noso ordenador a un dos seus grandes ordenadores

que xa forman parte da rede Internet. Esta conexión realízase

normalmente mediante o cable telefónico conectado ó orde-

nador a través do módem; no caso das conexións tipo ADSL

ou Cable é necesario un cable especial e unha Tarxeta de

Rede. Actualmente todos os ordenadores veñen normalmente

equipados con módem e tarxeta de rede.

Unha vez que o noso ordenador está conectado a Internet,

podemos facer uso de todos os servizos antes mencionados;

sen dúbida os dous máis usados e que contribuíron á rápida

expansión de Internet como sistema de comunicación e acce-

so á información son o correo electrónico e a web.

Para ter acceso a Internetdebemos contratalo cunProvedor, que normalmenteson as mesmas empresastelefónicas.

Page 85: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

85

o correo electrónicoPara utilizalo necesitamos un programa específico (o máis

coñecido é Outlook Express), de moi fácil manexo e no que

temos almacenados os enderezos de correo electrónico das

persoas coas que nos comunicamos e as mensaxes ou correos

electrónicos (e-mails en inglés) que enviamos e recibimos.

cómo funcionaCada persoa á que enviamos un correo electrónico, ten un

enderezo electrónico, este enderezo é único e proporciónao a

empresa que nos facilita o acceso a Internet. Normalmente

ten o seguinte formato:

o_teu_nome@empresa_de_telefonia.com

por exemplo:

[email protected]

[email protected]

Os enderezos de correo electrónico caracterízanse por incluír

sempre o símbolo @ que en castelán e galego se denomina

"arroba".

A arroba noutros idiomas, ten significados distintos:

• Inglés: At, en.

• Francés: Escargot, caracol.

• Alemán: Affenschwanz, cola de mono.

• Italiano: Chiocciola, caracola.

Este enderezo electrónico é coma o enderezo postal tradicio-

nal que escribimos no sobre cando enviamos unha carta. O

programa de correo sabe grazas a ela, que esa carta ou correo

electrónico tena que facer chegar a esa persoa e non a outra.

internet internet, correo electrónico e a web

�� Outlook Express

Page 86: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

86

Os correos electrónicos chegan ós servidores (grandes orde-

nadores) das empresas que nos dan o acceso a Internet, da

mesma forma que as cartas chegan á oficina de correos da

nosa cidade. Cando abrimos o programa de correo electróni-

co, as mensaxes recuperanse desde o servidor corresponden-

te e chegan ó noso ordenador onde quedan almacenados

para consultalos e contestalos en calquera momento, da

mesma forma que o carteiro nos trae as cartas desde a oficina

de correos ó noso domicilio.

Algúns provedores de correo electrónico non requiren un

programa específico de correo, senón que proporcionan esas

funcionalidades a través do navegador, accedendo desde este

a unha aplicación de correo electrónico (son coñecidos como

web-mail). Cando utilizamos un programa clásico de correo

electrónico, as mensaxes e a listaxe de enderezos gárdanse

no noso ordenador; se utilizamos unha solución de web-mail

esas mensaxes e enderezos quedan gardados nun ordenador

do provedor do servizo. Os máis coñecidos son: MSN

Hotmail, Gmail de Google e Correo Yahoo

Nos correos electrónicos podemos incluír ou "adxuntar" -na

lenguaxe de Internet- todo tipo de ficheiros informáticos: tex-

tos (unha lista de prezos), gráficos (o noso logotipo), fotogra-

fías (dos nosos produtos), vídeos (dun proceso de traballo),

etc.

A velocidade de transmisión destas "cartas electrónicas"

tamén coñecidas como "e-mail" é altísima, chegando de

forma practicamente instantánea ó seu destinatario, aínda

que estea ó outro lado do mundo.

O custo é mínimo comparado co de enviar unha carta por

correo postal, xa sexa a un cliente dunha cidade veciña ou de

calquera lugar do mundo.

Debido á súa rapidez e baixo custo, o correo electrónico é

usado por millóns de persoas en todo o mundo e desbancou

ó correo postal como medio de comunicación, fundamental-

mente a nivel profesional.

�� servizo de correo Hotmail

�� servizo de Gmail

Page 87: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

87

Como dispoñemos do noso propio enderezo de correo elec-

trónico, podemos utilizalo para suscribirnos a boletíns electró-

nicos, mediante os que empresas, asociacións e institucións

informan periodicamente de novedades, convocatorias de fei-

ras, axudas, exposicións, concursos, oportunidades de nego-

cio e outras actividades de interese para o sector.

listaxes de corrreoTamén poderemos suscribirnos a listaxes de correo. O seu

funcionamento é sinxelo e enormemente útil: cada listaxe ten

un enderezo de correo electrónico; por exemplo a de Nexo

(a listaxe de correo de Oficio e arte, Organización dos

Artesáns de España) é "[email protected]". Calquera membro

da lista pode enviar unha mensaxe a ese enderezo, e esta é

automaticamente enviada a todas as persoas suscritas á lista.

As mensaxes soen ser preguntas de tipo técnico ou opinións

sobre temas relacionados coa temática da listaxe. Cada mem-

bro pode elixir entre responder á mensaxe para que chegue a

todas as personas que están suscritas á listaxe, ou soamente a

quen lanzou a pregunta ou opinión.

Existen moitas listaxes de artesanía en xeral e de oficios con-

cretos en particular: cerámica, vidro, coiro, restauración,

forxa, etc., aínda que moitas delas utilizan o inglés como

idioma de comunicación.

a webO outro servizo fundamental de Internet e que contribuíu de

forma decisiva á súa popularidade é a World Wide Web o

www que podería traducirse por "arañeira mundial" e é coñe-

cida coloquialmente como a web ou a rede.

cómo funcionaTrátase dun sistema de acceso a información almacenada en

forma de páxinas web, que son basicamente conxuntos de

textos, gráficos e fotografías enlazados entre si e á súa vez a

internet internet, correo electrónico e a web

�� listaxe de correo de artesanía

Existen moitas listaxes decorreo de artesanía en

xeral e de oficios concretosen particular, como

cerámica, vidro,coiro, restauración,

forxa, etc.

Page 88: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

88

outras páxinas web. Unha páxina web é coma un libro no

que pulsando no índice, nos leva directamente ó capítulo eli-

xido, dentro de cada capítulo podemos pasar dunha páxina a

outra con só pulsar no número de páxina. Podemos saltar

tamén a outros libros con só picar co rato nas notas biblio-

gráficas ó pé de cada páxina.

Estas palabras, frases, gráficos ou fotografías que nos fan sal-

tar dun lado a outro da páxina web ou directamente a outras

páxinas web chámanse enlaces ("links" en inglés).

Utilízase coloquialmente o termo "navegar" para referirse á

visita de páxinas web, debido á facilidade que temos de ir

dunha páxina a otra, dun sitio a outro, con só pulsar estes

enlaces.

Para unha persoa non familiarizada co funcionamento de

Internet o mellor consello é poñerse diante dun ordenador

que dispoña de conexión e explorar as súas posibilidades.

Inmediatamente comprobará o seu funcionamento intuitivo e

rápido. Non é necesario estudar nada para navegar en

Internet nin dispoñer de coñecementos especiais. Calquera

persoa que saiba ler pode navegar pola rede.

Cada páxina web ten un enderezo concreto e único que se

llama URL (Localizador Universal de Recursos); por exemplo o

enderezo de Oficio e arte, Organización dos Artesáns de

España é http://www.oficioyarte.org (ver tamén o apartado

de dominios).

Para poder ver páxinas web é necesario utilizar un programa

específico que se chama navegador. Existen varios de diferen-

tes empresas, practicamente todos eles gratuítos, pero o máis

coñecido é Internet Explorer (utilizado pola maioría de usua-

rios). O uso de todos eles é moi sinxelo; basta con escribir o

dominio ou URL da páxina e o navegador amósanos automa-

ticamente o seu contido (ou o da páxina principal ou" home

page", se o enderezo escrito é un nome de dominio), a infor-

mación e os enlaces para visitar o resto de seccións e aparta-

dos.

�� barra de dirección

�� partes dun navegador de internet

- zona páxina web -

�� botóns de navegación

Para poder ver páxinas webé necesario utilizar unprograma específico que sechama navegador. O máiscoñecido e utilizado éInternet Explorer.

Page 89: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

89

opciónsExisten millóns de páxinas web en Internet sobre calquera

tema imaxinable e por suposto miles delas que falan de arte-

sanía:

• De empresas e talleres artesáns nas que mostran o seu

taller, os seus produtos e que serven de excelente tarxeta

ou catálogo de presentación.

• De escolas, nas que podemos visitar as súas instalacións de

forma virtual, coñecer os seus programas e o seu calendario

de cursos.

• De provedores de materias primas nas que presentan todo

o seu catálogo de produtos.

• De asociacións, nas que se informa de actividades e servizos

que prestan.

• De bancos e caixas de aforro, desde as que podemos reali-

zar as operacións máis habituais (ver Banca Electrónica).

• De institucións e organismos públicos, nas que se pode

consultar normativa, información sobre axudas, trámites (e

o seu estado se temos algún en marcha), vida laboral, etc.

a sinatura dixitalActualmente existe unha tendencia á utilización de Internet

como ferramenta de simplificación das relacións coa

Administración Pública. Xa se poden realizar moitas presenta-

cións de declaracións a través de Internet (Facenda,

Seguridade Social, etc.), e a progresiva implantación da sina-

tura dixital contribuirá a estender esta práctica, aforrando

desprazamentos, colas e papel.

Para que dúas persoas (xa sexan empresarios ou empresario e

consumidor) poidan intercambiar mensaxes electrónicas de

carácter comercial que sexan minimamente fiables e poidan,

en consecuencia, dar ás partes contratantes a confianza e

seguridade que necesita o tráfico comercial, esas mensaxes

deben cumprir os seguintes requisitos:

internet internet, correo electrónico e a web

�� páxina web de artesaníawww.oficioyarte.org

�� páxina web da Axencia Tributariahttps://aeat.es

Page 90: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

90

1. Identidade, que implica poder atribuír de forma indubita-

da a mensaxe electrónica recibida a unha determinada

persoa como autora da mensaxe.

2. Integridade, que implica a certeza de que a mensaxe reci-

bida por B (receptor) é exactamente a mesma mensaxe

emitida por A (emisor), sen que sufrise alteración algunha

durante o proceso de transmisión de A cara a B.

3. Non repudiación ou non rechazo en orixe, que implica

que o emisor da mensaxe (A) non poida negar en ningún

caso que a mensaxe foi enviada por el.

Pois ben, a sinatura dixital é un procedemento que baseán-

dose en técnicas criptográficas trata de dar resposta a esa tri-

ple necesidade, a fin de posibilitar o tráfico comercial electró-

nico.

Por outra parte, ós tres requisitos anteriores, únese un cuarto

elemento, que é a confidencialidade, un requisito accesorio

da sinatura dixital. A confidencialidade implica que a mensa-

xe non poida ser lida por terceiras persoas distintas do emisor

e do receptor durante o seu proceso de transmisión.

os buscadoresComo dixemos existen decenas de millóns de páxinas web

en Internet, tantas que se non temos o enderezo exacto

dunha páxina (ou o seu dominio) non resulta fácil encontrala.

Para facilitar a localización de información en Internet existen

un tipo de páxinas que se chaman "buscadores". Nelas intro-

ducimos a palabra ou palabras polas que queremos buscar

(por exemplo cerámica ou repuxado) e automaticamente nos

ofrece un listado de páxinas que tratan sobre ese tema. Os

máis coñecidos son:

Google http://www.google.es

Yahoo http://www.yahoo.es

Moitas páxinas, ademais de texto e fotografías, almacenan

tamén documentos: bases de participación en feiras e con-

�� páxina web da Casa da Moedawww.cert.fnmt.es

�� buscador Googlewww.google.es

Page 91: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

91

cursos, decretos e resolucións de subvencións, catálogos de

produtos, lexislación, etc. Internet permite descargar estes

documentos ó noso ordenador. O proceso é tan sinxelo

como pulsar coa frecha do rato no "enlace dese documento"

e o documento envíase automaticamente desde o servidor

onde está almacenada a páxina, ata o disco duro do noso

ordenador, desde onde poderemos abrilo co programa ade-

cuado.

outros usos de internetA web permite realizar moitas actividades sen movernos do

taller, co conseguinte aforro de tempo e cartos tal como

vimos anteriormente. Ademais do correo electrónico e a web,

Internet ofrece outros servizos como:

FTPO FTP (File Transfer Protocol ou Protocolo de Transferencia de

Ficheiros): é o servizo que permite transferir ficheiros entre

dous ordenadores. Na actualidade, moitas destas transferen-

cias, realízanse de forma transparente desde páxinas web uti-

lizando un navegador como Explorer. FTP segue utilizándose

para enviar os arquivos que compoñen a nosa páxina web

desde o ordenador no que esa páxina se deseña e constrúe

ata o servidor onde se aloxa a páxina. FTP utilízase tamén

para conectar con grandes servidores onde se almacenan

gran cantidade de arquivos de todo tipo; este tipo de servizo

é moi utilizado pola comunidade científica.

grupos de noticias ou newsSon unha especie de grandes taboleiros de anuncios nos que

se colgan preguntas ou opinións ás que outras persoas res-

ponden. Estas preguntas e respostas quedan automaticamen-

te a disposición das persoas que visiten estes grupos de noti-

cias desde o seu ordenador e son unha moi importante fonte

de información e de intercambio de experiencias.

internet internet, correo electrónico e a web

�� programa de FTP

Ademais do correoelectrónico e a web,Internet ofrece outros

servizos como: FTP, listaxesde correo, IRC, telefonía e

videoconferencia.

Page 92: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

92

IRCO IRC (Charla Interactiva en Internet): máis coñecida como

"chat" permite manter conversacións escritas en tempo real

entre dúas ou máis persoas á vez. Ti escribes na pantalla do

teu ordenador e as outras persoas ven inmediatamente na

súa pantalla o que ti acabas de escribir e calquera delas pode

contestarche.

telefoníaCoa popularización das conexións a Internet en banda ancha

(ADSL u cable) desenvolvéronse servizos de telefonía a través

de Internet, co conseguinte aforro económico. Un ordenador

dotado de micrófono e altavoces ou auriculares e un progra-

ma "ad-hoc" convértese así en Terminal telefónico, permitin-

do establecer comunicacións faladas con outras persoas que

estean conectadas a Internet e utilicen o mesmo programa.

O custo destas comunicacións é nulo, ó transportarse o sinal

de voz como se de datos se tratase sobre a conexión estable-

cida a Internet. Un dos programas máis populares é Skype

(www.skype.com), aínda que o programa NetMeeting ofrece

tamén esta capacidade.

videoconferenciaTamén se desenvolveron servizos de vídeo-conferencia sobre

Internet; estes engaden imaxe en tempo real á voz permitin-

do unha comunicación moito máis rica. Para utilizar estes ser-

vizos é necesario que o noso ordenador estea equipado

cunha cámara de vídeo, sendo as denominadas "web-cam"

unha solución de custo moi asequible. O programa

NetMeeting permitiranos utilizar estes servizos de forma bas-

tante sinxela.

�� Skype - programa de telefoníawww.skype.com

Page 93: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

93

tipos de conexiónA forma de conectarse a Internet, evolucionoudesde as primeras conexións a través da liñatelefónica clásica, ó ADSL, cable, satélite, etc.,gañando en velocidade e prestacións.

internet

Page 94: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

94

RTB ou RTCConexión a través da Rede Telefónica Básica tamén denomi-

nada Rede Telefónica Conmutada que non é outra cosa que a

línea telefónica común que todos coñecemos. Para este tipo

de conexión é necesario utilizar un módem que transforma

os datos dixitais en sinais analóxicas e viceversa.

A velocidade máxima de conexión é de 56 Kb. (kilobits por

segundo). Mentres estamos conectados a Internet non pode-

mos falar pola mesma liña. O acceso a Internet propiamente

dito é gratuíto, só se paga como chamada metropolitana o

tempo que esteas conectado.

As compañías ofrecen tamén o que se denomina Tarifa Plana

que consiste en que pagando unha cantidade fixa, podes

estar conectado as 24 horas cun custo de ó redor de 19

euros/mes. As operadoras de telefonía ofrecen múltiples com-

binacións horarias e prezos e están realizando novas ofertas

de forma continua.

RDSIDenominada Rede Dixital de Servizos Integrados. A súa velo-

cidade máxima é de 128 Kb.

A progresiva implantación do ADSL deixou obsoleta este tipo

de conexión

ADSLSiglas do inglés Asymmetrical Digital Subscriber Line que

podería traducirse como Línea Dixital Asimétrica de Abonado.

É sen dúbida a conexión a Internet de alta velocidade máis

popular. Esta tecnoloxía utiliza a liña normal de teléfono e

convértea nunha liña de alta velocidade. Este tipo de cone-

xión permite estar conectado a Internet e falar por teléfono

simultaneamente, para iso a compañía telefónica instalaranos

un "splitter" ou discriminador que se encarga de separar o

�� módem externo

�� módem interno

�� splitter ADSL

Page 95: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

95

sinal telefónico normal (de voz) do que utiliza o ADSL (de

datos).

Cómpre tamén utilizar un módem USB ou un "router" (enru-

tador ou encamiñador) que cumpre a mesma función có

módem pero ademais ofrece maior seguridade e estabilidade

na conexión e permite conectar máis dun ordenador a

Internet utilizando unha soa conexión ADSL.

As ofertas máis económicas soen incluír un módem USB e se

desexamos un router deberemos pagar unha cantidade adi-

cional. Non obstante as ofertas están cambiando continua-

mente e algunhas inclúen tamén un router gratuíto.

Está impoñéndose o uso de routers Wi-Fi sen fíos que permi-

ten dar acceso a Internet a un ou varios ordenadores sen

estar conectados a través dun cable, para iso é necesario que

o ordenador dispoña dunha tarxeta de rede Wi-Fi ou inalám-

brica cuxo custo rolda os 30 euros. Esta posibilidade é espe-

cialmente útil se dispoñemos dun ordenador portátil.

Non todas as liñas están preparadas para utilizar esta tecnolo-

xía. Debes poñerte en contacto coa túa empresa de telefonía

para saber se a túa soporta ADSL.

Debemos diferenzar entre a "velocidade de baixada" que é a

que utilizamos cando visitamos páxinas de Internet, descarga-

mos arquivos ou lemos o correo electrónico e a de "subida",

que usamos cando enviamos correos electrónicos ou subimos

os arquivos da nosa páxina web ó servidor.

No caso do ADSL estas velocidades son diferentes, por iso se

chama Asimétrica. A velocidade de baixada sempre é maior

cá de subida e é a que se utiliza como referencia ó falar da

velocidade dunha conexión.

As empresas de telefonía ofrecen diversos tipos de conexión

con diferentes velocidades e prezos, que poden chegar ós 8

MB/segundo aínda que na actualidade a maioría de provedo-

res están ofrecendo 1 MB.

Estanse desenvolvendo novas versións de ADSL que alcanzan

internet tipos de conexión

�� router normal

�� router sen fíos

�� tarxeta PCMCIA WiFi

Page 96: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

96

velocidades máis altas. Estas son velocidades máximas que

van depender da distancia do noso taller á central telefónica,

a maior distancia menor velocidade. Non obstante raramente

se alcanzan estas velocidades máximas e a velocidade real soe

achegarse ó 80% da que teñamos contratada.

Este tipo de conexións máis rápidas xa se están utilizando en

algúns países de Europa e pouco a pouco irán implantándose

en España. Ademais da conexión de Internet, permiten servi-

zos de televisión, videoconferencia, acceso a contidos multi-

media, etc.

O prezo mensual dunha conexión a Internet a través de ADSL

cunha velocidade de baixada de 1 Mb/segundo está en torno

ós 35 euros (xaneiro 2006). As ofertas das compañías son

continuas incluíndo nalgúns casos as chamadas telefónicas, a

cota de instalación ou o router sen fíos, moitas destas ofertas

son aplicables unicamente nas grandes capitais.

A tendencia é que a velocidade de acceso vaia aumentando e

os prezos baixando ata converxer coa media europea.

SDSLSiglas do inglés "Symmetrical Digital Subscriber Line" que

podería traducirse como Liña Dixital Simétrica de Abonado.

Utiliza unha tecnoloxía moi similar ó ADSL, a diferenza estriba

en que a velocidade tanto de envío como de recepción de

información son iguais.

Este tipo de conexión é utilizado por empresas cun alto nivel

de tráfico de datos.

Os provedores de acceso ofrecen diversas velocidades que

van desde os 400 KB por segundo ós 9 Mb . Estas conexións

son bastante máis custosas, como exemplo unha conexión de

400 KB ten un custo mensual a partir dos 75 euros.�� modem SDSL

A tendencia é que avelocidade de acceso vaíaaumentando e os prezosbaixando ata converxercoa media europea.

Futuras versións

de ADSL:

ADSL

ata 8 Mb/segundo.

ADSL2

ata 12 Mb/segundo.

ADSL2+

ata 24 Mb/segundo.

Page 97: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

97

cableEste tipo de conexión utiliza as redes de fibra óptica instalada

para o servizo de televisión por cable e telefonía.

Soamente as cidades cun certo número de habitantes dispo-

ñen de servizos de Cable, o que cobre aproximadamente ó

50 % da poboación. En cada Comunidade Autónoma adoita

existir unha soa compañía que ofrece este servizo.

O habitual é que ofreza paquetes que inclúan: teléfono, tele-

visión e Internet, aínda que nalgúns casos calquera destes

servizos pode ser contratado de forma independente.

A diferenza das conexións RTC, ADSL e SDSL nas que o usua-

rio disfruta dunha conexión exclusiva para el, o que se chama

conexión punto a punto, no caso do cable son varios usua-

rios os que comparten unha mesma conexión, tamén deno-

minada conexión multipunto, polo tanto a velocidade da

conexión vai depender do número de usuarios que estean

conectados nese momento, a máis usuarios menor velocida-

de.

Este tipo de conexións soportan teoricamente velocidades de

ata 30 Megas por segundo, pero en realidade as compañías

ofrecen neste momento accesos que van desde os 600 KB ós

20 MB por segundo. Como exemplo orientativo, unha cone-

xión de 2 MB ten un custo de 42 euros/mes.

Para utilizar esta conexión é necesario que a rede de fibra

óptica estea despregada na rúa do teu taller, a empresa pro-

vedora cobrarache probablemente unha cota de instalación

por levar a liña desde a rúa ata o taller ou domicilio.

Necesitarás tamén un módem de cable ou cablemódem que

comunique o teu ordenador coa rede de fibra óptica. Existen

tamén versións sen fíos ou Wi-Fi que permiten conectarse

desde calquera punto do taller, tal como explicamos no apar-

tado de ADSL.

internet tipos de conexión

�� módem de cable

�� cable de fibra óptica

Page 98: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

98

satéliteUtiliza os satélites Astra, Hispasat, Eutelsat, W1, etc. para rea-

lizar a conexión a Internet. Este tipo de conexión é usada

sobre todo en zonas rurais que dispoñen de teléfono pero

non de conexión a banda ancha (ADSL ou Cable) ou incluso

en áreas sen cobertura telefónica de ningún tipo, unha das

compañías utiliza o slogan: "se ves o ceo, tes cobertura".

Hai dous tipos de conexión vía satélite:

unidireccionalUtiliza a liña de teléfono para o envío da información a través

dun módem convencional (solicitar páxinas web, descarga de

arquivos, envío de correo electrónico, etc.) pois normalmente

a cantidade de información enviada é moito menor. O prove-

dor de Internet recibe a petición das páxinas web ou os

arquivos e envíaos utilizando o satélite.

Para a recepción do sinal enviado polo satélite é necesaria

unha antena parabólica adecuadamente orientada e un

módem satélite tamén coñecido como "satelital" ou" satmó-

dem" para comunicar o sinal ó ordenador (tecnicamente

coñécense polas siglas DVB-IP).

bidireccionalEste tipo de conexión realiza tanto o envío como a recepción

de información a través do módem satélite e a antena para-

bólica (neste caso o módem é diferente e coñécese tecnica-

mente como DVB-RCS).

As conexións bidireccionais, son máis caras cás unidireccio-

nais.

A vantaxe clara deste sistema é que en moitas zonas rurais é

a única forma de conectarse a Internet a alta velocidade.

As desvantaxes: o alto custo de instalación, sobre todo da

antena parabólica, a dependencia da meteoroloxía, pois en

condicións extremas a velocidade da conexión resíntese, e o

�� equipo de conexión satélite

A vantaxe clara dosistema por satélite é queen moitas zonas rurais éa única forma deconectarse a Internet aalta velocidade.

Page 99: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

99

prezo mensual é máis alto que para as solucións de ADSL ou

Cable (desde 18 eur/mes por unha conexión unidireccional

de 256 Kb -sen o custo da antena nin a súa instalación- ós 60

eur para unha conexión de 768 Kb. As antenas de televisión

dixital -Digital +- serven para conectarse co satélite que pro-

porciona a conexión a Internet).

As opcións bidireccionais son máis caras e van desde os 180

eur/mes para unha conexión de 512 Kb a 570 eur/mes para

3 MB cunha cota de instalación que ronda os 600 eur.

teléfono móbilAs empresas de telefonía móbil ofrecen tamén servizos de

Internet, para iso utilizan tarxetas PCMCIA que permiten a

conexión mediante tecnoloxía GPRS (General Packet Radio

Service, Paquete Xeral de Servizos de Radio) ou UMTS

(Universal Mobile Telecommunication System, Sistema

Universal de Telecomunicación Móbil), tamén denominada

de terceira xeración ou 3G.

Se a tarxeta se pode conectar mediante UMTS (a cobertura

desta rede é aínda escasa, centrándose nas grandes cidades,

faino a velocidades máximas de 384 Kb por segundo, se non

existe cobertura UMTS conéctase mediante GPRS, moito máis

extendida pero máis lenta, con velocidade máxima de 53

Kbps). Desta forma poderemos conectar a Internet desde cal-

quera punto onde teñamos cobertura co teléfono móbil.

Estes servizos son recentes, polo que os prezos son aínda

altos. O custo da tarxeta ronda os 130 eur e unha tarifa plana

para conectarse a calquera hora cun tráfico (recepción e

envío de datos) máximo de 1 GB é de 59 eur/mes.

Lembremos que 1 GB = 1024 Megas, 1 MB = 1.024 KB e que

orientativamente un correo electrónico dunha páxina de

texto ocupa aproximadamente 4 KB, un documento Word

dunhas 100 páxinas de texto uns 400 KB, unha foto dixital

entre 50 KB e 1 MB dependendo da calidade e unha páxina

internet tipos de conexión

�� tarxeta GPRS

Co sistema GPRSpoderemos conectarnos aInternet desde calquera

lugar onde teñamoscobertura co

teléfono móbil.

Page 100: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

100

web adoita oscilar entre 50 e 300 KB, dependendo da súa

complexidade.

As compañías ofertan prezos especiais na tarxeta PCMCIA ó

contratar servizo de tarifa plana e outras promocións como

tráfico ilimitado durante os primeiros meses.

LMDSEn inglés "Local Multipoint Distribution Service", Sistema de

Distribución Local Multipunto. Esta é unha tecnoloxía de

conexión a Internet mediante ondas de radio.

Permite velocidades que van desde os 256 Kb por segundo

ós 2 Megas por segundo. Trátase dunha conexión de tipo

simétrico que só está disponible en cidades de tamaño gran-

de e mediano.

Para conectarse é necesario instalar un equipo de recepción

no exterior do edificio, e outro no interior da nosa casa ou

taller.

O custo é de aproximadamente 120 eur a cota de alta e a par-

tir de 90 eur a cota mensual para unha conexión de 256 Kb.

PLCEn inglés "Power Line Comunications", Comunicacións por

Rede Eléctrica. Este tipo de conexión utiliza a rede eléctrica

para conectarse a Internet. É unha tecnoloxía en fase de des-

envolvemento que se probou con éxito en varias cidades en

España e Europa.

Ten a gran vantaxe de que toda a infraestructura: a rede eléc-

trica, xa está despregada na totalidade do territorio o que

significa a posibilidade de conexión a Internet en calquera

lugar onde chegue a luz eléctrica. Igualmente a instalación

dentro da vivenda ou taller, pois calquera enchufe se conver-

te nun punto de conexión a Internet.

�� antena e terminal LMDS

�� módem PLC

Page 101: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

101

Para conectarse é necesario un módem PLC e a súa instala-

ción é tan sinxela como conectar o módem a un enchufe e a

continuación conectar o ordenador ó módem. A empresa

que proporciona o servizo debe instalar previamente un equi-

po denominado "Repetidor", que acostuma a situarse no

cuarto de contadores. A este Repetidor pódense conectar ata

256 módems PLC.

En teoría permite velocidades de ata 200 MB por segundo,

aínda que actualmente se están ofrecendo en España paquetes

de 300 KB e 1 Mb por segundo, ambas de tipo simétrico.

A pesar das enormes posibilidades desta tecnoloxía soamente

Iberdrola a está ofrecendo en determinadas zonas de Madrid,

Valencia e Murcia cun custo de 39 eur para a conexión de

1Mb e 27 para a de 300 KB, en ambos casos a empresa cede

o módem PLC sen custo para o usuario (teléfono de informa-

ción 901 202 020). Endesa está realizando probas en

Zaragoza e Barcelona.

Wi-FiEn inglés "Wireless Fidelity", Fidelidade Sen Fíos, Fidelidade

Sen Cables. Úsase para referirse a un tipo de comunicacións

inalámbricas, coñecidas tecnicamente como redes 802.11.

Tamén se coñece como: Wi-fi, WiFi, Wifi, wifi.

Se o provedor de ADSL ou Cable nos instalou un módem ou

router Wi-Fi e o noso ordenador de sobremesa ou portátil

están equipados cunha tarxeta de rede sen fíos (tipo PCMCIA

no caso do portátil) dispoñemos deste tipo de conexión na

nosa casa ou taller, é dicir accederemos a Internet desde o

ordenador sen que estea conectado fisicamente por un cable

ó módem ou router, os datos transmítense mediante ondas

electromagnéticas.

A tecnoloxía Wi-Fi aplícase tamén en aeroportos, hoteis,

recintos feirais, pazos de congresos, universidades, bibliotecas

e lugares públicos.

internet tipos de conexión

�� antenas amplificación WiFi

A tecnoloxía Wi-Fi é moiempregada en aeroportos,

hoteis, recintos feirais,pazos de congresos,

universidades, bibliotecas elugares públicos.

Page 102: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

102

Nalgúns casos a conexión é gratuíta e soamente necesitamos

un portátil equipado con tarxeta de rede sen fíos PCMCIA

para conectarnos. Existen pequenos dispositivos tipo chaveiro

que detectan as redes Wi-Fi e nos informan da intensidade do

sinal.

Noutros casos o servizo é de pago como no caso das Zonas

ADSL Wi-Fi instaladas en hoteis, aeroportos, etc. Neste caso

debemos adquirir unha tarxeta de prepago (que venden nos

lugares onde hai conexión), hai tarxetas de 1 hora por 4,31

eur, 24 horas por 10,34 eur e mensuais por 77,59 eur. Se

usamos habitualmente este servizo existe tamén una tarifa

plana cun custo actual de 45 eur ó mes.

Segundo datos da Asociación para a Investigación dos

Medios de Comunicación (AIMC, www.aimc.es) no período

outubro-novembro do 2005 había en España 12.923.000

internautas (persoas que utilizaran Internet no último mes), o

que supón o 34,8% da poboación española maior de 14

anos.

A previsión é que os prezos vaian baixando e as velocidades

de acceso subindo, o que incrementará paulatinamente a

porcentaxe de usuarios de banda ancha nas súas diversas

modalidades ata alcanzar o nivel medio europeo onde o 50%

dos fogares usa Internet e en países como Holanda e os

escandinavos chega ó 60%.

Espérase que para 2010 o 50% dos europeos accedan a

Internet mediante banda ancha.

Os datos de tipo de conexiónempregada varían segundo afonte, pero estímase que sonutilizadas nestas porcentaxes:

RTB-RTC 56%

ADSL 32%

Cable 11%

Outras 1%

Page 103: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

103

banca electrónicaOutra das posibilidades que nos permiteInternet é a de xestionar a nosa conta ban-caria desde o ordenador do taller ou desdea casa.

internet

Page 104: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

A banca electrónica é un dos usos de Internet nos que con

máis claridade se comproba o aforro de tempo que as Novas

Tecnoloxías proporcionan, moi especialmente ós artesáns do

medio rural.

A banca electrónica permite:

• Consultar os movementos e saldos de libretas de aforro e

contas correntes.

• Realizar traspasos entre contas.

• Ordenar transferencias desde contas a calquera libreta

de aforro ou conta corrente de outra caixa ou banco,

tanto nacional como estranxeiro, para o pago de factu-

ras de provedores, cotas de asistencia a feiras, etc.

• Consultar o estado de empréstimos e contas de crédito e

realizar amortizacións anticipadas.

• Emitir e xestionar recibos bancarios.

• Solicitar talonarios e extractos de movementos de contas

correntes.

• Consultar saldos e movementos de tarxetas de crédito.

• Realizar operacións de compra venda de accións e con-

sultar a súa cotización.

• Consultar o estado de fondos de inversión e plans de

pensións e realizar aportacións extraordinarias.

• Pagar os impostos municipais e estatais (IVE e IRPF tri-

mestral etc.)

• Recarga de tarxetas de teléfonos móbiles.

• Pódese consultar o cambio de divisas e solicitar moeda

estranxeira.

• Envío de mensaxes ó persoal da oficina na que temos as

nosas contas ou a calquera outra oficina da entidade.

104

Coa banca electrónicapodemos realizar múltiplesoperacións as 24 horas do

día dos 7 díasda semana.

�� páxina de inicio de banco

Page 105: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

105

Como podes ver, practicamente as únicas operacións que

non nos permite a Banca Electrónica é a de ingresar ou retirar

cartos en efectivo, ou talóns bancarios.

cómo funcionaTodas estas operacións realízanse desde o navegador web

(Explorer ou calquera outro)e dunha forma moi sinxela, case

intuitiva e moi parecida a como utilizamos un caixeiro auto-

mático.

Para utilizar o servizo de Banca Electrónica, temos que solici-

tar a alta na oficina bancaria coa que traballemos. A alta

neste sistema non ten custo na maioría dos casos para o

usuario; as comisións polas operacións realizadas serán as

habituais que o banco ou caixa nos veña aplicando ata o

momento (a información sobre comisións adoita estar dispo-

nible na web de cada entidade, sendo en calquera caso obli-

gatorio que as entidades informen do seu importe).

Unha vez que a entidade bancaria nos deu de alta no servizo,

proporciónanos un nome de usuario e unha clave. Xa só

temos que teclear no navegador web, o enderezo de Internet

do noso banco ou caixa para comezar a utilizar o servizo.

Na súa pantalla principal, atoparemos un lugar con dous

campos claramente marcados, onde temos que introducir o

nome de usuario e a clave que o banco nos asignou para

empezar a operar e realizar calquera das operacións antes

descritas. O nome de usuario sempre vai ser o mesmo, pero a

clave deberíamos cambiala con certa frecuencia para asegurar

un mellor nivel de seguridade. É importante manter o segre-

do das claves que o banco nos asigne e os cambios que reali-

cemos delas; calquera persoa que coñecese esas claves pode-

ría realizar operacións sobre as nosas contas como se fósemos

nós mesmos.

Algunhas entidades bancarias ou caixas entregan unha tarxe-

ta na que mediante coordenadas (igual que no xogo dos bar-

internet banca electrónica

�� acceso a banca electrónica

�� páxina de introdución de claves

Page 106: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

106

cos) se permiten xerar claves variables que se utilizan para

dar maior seguridade ás operacións. Outras entidades pro-

porcionan unha segunda clave moito máis complexa, necesa-

ria para realizar traspasos e transferencias.

A páxina web desde a que esteamos realizando as operacións

pediránola (por exemplo: introduce A6) cando desexemos

realizar operacións que impliquen movemento de cartos

desde as nosas contas bancarias.

Para cada operación bancaria que realicemos o navegador

amosaranos na pantalla un xustificante que é conveniente

imprimir e gardar como comprobante.

No caso de transferencias a outras contas algúns Bancos e

Caixas ofrécennos a opción de enviar un correo electrónico ó

enderezo que nós indiquemos ou enviar unha mensaxe a un

número de móbil. En ambos casos conséguese comunicar ofi-

cialmente desde o noso banco ó destinatario da transferencia

que esta se realizou.

Cada Caixa ou Banco ten o seu propio sistema de Banca

Electrónica, polo que se temos libretas de aforro ou contas

correntes en máis dun banco ou caixa deberemos solicitar a

alta no servizo en cada un deles e realizaremos as operacións

de forma independente.

outras opciónscobro mediante tarxetas de creditoOutro servizo máis antigo pero moi útil que os bancos e cai-

xas poñen á nosa disposición é o TPV (Terminal Punto de

Venda). A través del podemos realizar o cobro da venda dos

nosos produtos mediante tarxeta de crédito.

O TPV debe estar conectado a unha liña de teléfono para

comunicarse coa entidade bancaria do noso cliente e autori-

zar o cargo da operación na súa tarxeta. Tamén existen

Os TPV permiten ocobro por tarxeta decrédito desde o noso

taller ou calquera outropunto de venda.

�� páxina de conta persoal e operacións

Page 107: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

107

modelos sen fíos, é dicir funcionan como teléfonos móbiles,

especialmente útiles para artesáns que participan con fre-

cuencia en feiras.

A propiedade do TPV sempre é do banco ou caixa, que o ins-

tala no noso taller ou o pon á nosa disposición sen ningún

custo.

O banco ou caixa cobra unha comisión por cada operación

que realicemos a través do TPV; esta comisión depende do

sector (xoiería, regalo, moda, etc.) e da nosa capacidade de

negociación coa entidade. A título orientativo, para o sector

do regalo, a comisión rondará o 2,5% que o banco carga

directamente na nosa conta, despois -por suposto- de ter

aboado o importe da venda.

pago desde o móbilDesde o TPV, tamén podemos recibir pagos ordenados a tra-

vés do teléfono móbil (sistema Mobipay).

Con Mobipay o cliente pode pagar en todos aqueles comer-

cios nos que atope o distintivo Mobipay.

O cliente identifícase como usuario Mobipay mediante o seu

número de móbil, e o seu 'Alcume Mobipay'. O artesán intro-

duce ese identificativo no seu TPV (normal ou sen fíos) xunto

co importe da venda.

O cliente verá ó momento na pantalla do seu móbil unha

mensaxe cos datos da compra que está realizando, solicitán-

dolle a autorización do pago.

O cliente autorizará o pago introducindo o seu número secre-

to persoal (NIP). Nuns segundos tanto o cliente coma o ven-

dedor reciben confirmación de que a operación se realizou

con éxito.

O TPV emite un tique xustificante do pago que non é necesa-

rio que o cliente asine, xa que o autorizou previamente desde

o seu móbil co seu número secreto persoal.

internet banca electrónica

�� TPV normal

�� TPV móbil

�� TPV sen fíos

Page 108: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

108

O importe da venda será ingresado na conta corrente do

artesán e cargaráselle ó cliente na conta bancaria asociada ó

sistema Mobipay.

A entidade bancaria, vainos cobrar a mesma comisión que

teñamos establecida para o cobro mediante tarxetas de crédi-

to e o custo engadido para o cliente, será unicamente o da

mensaxe de texto que recibiu para que confirme a operación

(aproximadamente 8 céntimos de euro).

O Sistema Mobipay, está formado e avalado polas tres opera-

doras de telefonía móbil, os sistemas de pago con tarxeta

Red 6000, 4b e Sermepa e os principais bancos e caixas de

aforro.

Para solicitar a alta en Mobipay debes poñerte en contacto

coa túa entidade bancaria.

Podes obter máis información chamando ó teléfono de aten-

ción ó cliente de Mobipay 902 888 910.

�� servizo mobiplay

Page 109: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

109

comercio electrónicoPoderiamos definir o comercio electrónico, comoo conxunto de actividades relacionadas coacompra e venda de produtos e servizos, que serealizan mediante o intercambio de informacióna través de Internet.

internet

Page 110: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

110

opciónsExisten diversas modalidades de comercio electrónico que se

identifican coas iniciais en inglés dos axentes que interveñen

na operación:

B2C (Business to Consumer):

dunha empresa ó cliente final.

Este é o máis coñecido e extendido. Neste tipo de comercio

electrónico unha empresa vende os seus produtos a través de

Internet ós consumidores finais.

B2B (Business to Business):dunha empresa a outra empresa.

Neste caso as empresas poñen os seus produtos directamente

a disposición doutras empresas, ou polo contrario unha

empresa manifesta as súas necesidades de compra de mate-

rias primas ou determinados compoñentes e espera as ofertas

doutras compañías.

C2C (Consumer to Consumer):

dun cliente final a outro cliente final.

Falamos neste caso das subastas a través de Internet, nas que

unha persoa pon á venda determinado produto que é adqui-

rido por outro particular ó prezo finalmente establecido.

Tamén se inclúe neste tipo de comercio electrónico ás páxi-

nas web de anuncios por palabras, que utilizan Internet como

elemento de comunicación e intercambio.

C2B (Consumer to Business):

de un ou varios clientes finais a unha empresa.

Prodúcese este tipo de intercambio cando varios particulares

se agrupan para comprar un mesmo produto, e se dirixen a

unha ou varias empresas que o producen ou comercializan,

coa intención de conseguir mellores prezos por volume de

compra.

�� páxina B2C (Business to Consumer)

�� páxina B2B (Business to Business)

Page 111: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

111

vantaxes

para o artesán• Amplía o mercado potencial do taller que, en teoría, pasa a

ser un mercado global: os seus clientes potenciais aumen-

tan dunha forma difícil de medir, pode recibir pedidos

desde calquera parte do mundo.

• A tenda virtual do taller está aberta 365 días ó ano e 24

horas ó día.

• Mantén unha relación directa, sen intermediarios, co clien-

te, o que permite personalizar os seus produtos e atender a

necesidades puntuais, así como realizar accións de promo-

ción e marketing a baixo custo.

• Reforza a imaxe de modernidade, seriedade e prestixio do

taller.

para o cliente• A comodidade, pois pode realizar a compra desde a súa

casa ou o traballo calquera día do ano e a calquera hora.

• Posibilidade de comparación entre produtos e prezos, pro-

texido polo anonimato.

• Permítelle un contacto previo e posterior á compra co arte-

sán produtor dunha maneira rápida e sinxela.

cómo funcionaNa práctica, para o artesán, trátase de abrir un novo punto

de venda, neste caso unha "tenda virtual" en Internet que

normalmente é unha sección máis da súa páxina web, na

que, anteriormente, presentaba o taller, os seus métodos de

traballo, os materiais utilizados, e amosaba os seus produtos

con diversa información, pero sen posibilidade de compra, ou

polo menos non dunha forma tan clara como nunha tenda

virtual.

internet comercio electrónico

�� páxina C2C (Consumer to Consumer)

Page 112: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

Os pasos habituais para realizar unha compra nunha

tenda en Internet, son os seguintes:

1. Visita á tenda, navegando polas súas diversas sec-

cións e elección do produto ou produtos que se

desexan mercar.

2. Confirmación dos produtos e cantidades que quere-

mos mercar.

3. Introdución dos nosos datos: nome completo, endere-

zo e datos de contacto.

4. Elección do medio de pago.

5. Introdución dos datos da nosa tarxeta de crédito no

caso de ter elixido este medio de pago.

6. Confirmación final da compra.

7. Comprobación por parte da entidade bancaria de que

a tarxeta ten fondos.

8. Confirmación por parte da entidade bancaria ó taller

artesán e ó comprador de que o cobro se realizou con

éxito.

9. Envío por parte do taller dos produtos comprados, uti-

lizando o medio de transporte acordado.

10. Recepción dos produtos por parte do comprador.

A tenda virtual non é máis ca un catálogo ordenado dos

nosos produtos, normalmente por seccións, por exemplo:

lámpadas, murais, xarróns; aneis, pulseiras, colares e penden-

tes ou por coleccións.

Cando entramos en cada unha delas amósanse os produtos

que a compoñen, e para cada un dos produtos, ofrécese o

nome, unha explicación das súas características e información

sobre materiais, peso, medidas, etc., e por suposto o prezo.

112

�� sección dunha tenda virtual

A tenda virtualnon é máis ca un catálogo

ordenado dos nososprodutos, normalmente

por seccións.

Unha páxina web concomercio electrónicoreforza a imaxe de

modernidade, seriedade eprestixio do taller.

Page 113: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

113

Como dicimos o cliente vai visitando a nosa "tenda" e curio-

seando polas seccións ou coleccións e produtos. Cando atopa

un que é do seu agrado márcao, así coma o número de uni-

dades que desexa mercar dese produto.

Os produtos que se van comprando vanse engadindo ó que

se chama "carro da compra" ou "cesta da compra" e que ten

a mesma función ca un carro de supermercado e amósase

graficamente dentro da páxina web cun carro da compra en

pequeno.

En calquera momento, o cliente pode consultar os produtos

que decidiu mercar, as cantidades, importes parciais e o total

da compra. Sempre pode quitar algún produto do carro ou

modificar as cantidades e continuar a compra.

Cando decidiu os produtos e cantidades que desexa mercar

confirma a compra. Nese momento a tenda virtual solicita os

seus datos persoais: nome, enderezo postal, teléfono, correo

electrónico, NIF/CIF.

A partir deste momento os pasos a seguir cambian en fun-

ción da forma de pago que o cliente elixira.

• Se elixiu pagar mediante cheque, transferencia ou xiro, o

proceso no que á páxina web se refire rematou. O taller

artesán recibe un correo electrónico co pedido e os datos

do cliente. O normal é que se poña en contacto con el para

confirmar o pedido e a forma de pago. Cando o taller reci-

be o pago envía os produtos.

• Se elixiu pagar mediante reembloso por correo ou axencia

de transporte, o proceso é semellante. O taller ponse en

contacto por teléfono ou mediante correo electrónico co

cliente para confirmar o pedido e envíao.

Só se o noso comprador "virtual" elixiu pagar mediante tarxe-

ta de crédito, o proceso continúa; nese caso solicítaselle que

encha un formulario cos datos da súa tarxeta de crédito:

número e data de caducidade. Estes datos envíanse a través

de Internet directa e unicamente á nosa entidade bancaria, o

taller artesán nunca recibe os datos da tarxeta de crédito.

internet comercio electrónico

�� carro da compra

�� páxina de información dun produto

Page 114: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

114

Estes datos envíanse encriptados utilizando o sistema SSL

(Secure Sockets Layer) para que non poidan ser descifrados

por ningunha persoa allea á entidade bancaria.

Cando os datos chegan ó banco ou caixa, esta comproba

que o titular da tarxeta conta con saldo suficiente na súa

conta e realiza o cargo. Informa inmediatamente tanto ó

comprador, quen recibe na pantalla do seu ordenador a con-

firmación de que a compra se realizou con éxito, coma ó

vendedor (o taller artesán) ó que envía un correo electrónico.

Este proceso que pode parecer complexo, realízase nuns

segundos, normalmente en menos de un minuto.

Unha vez que o taller recibiu o pedido e a confirmación do

pago, só lle resta enviar os produtos polo medio de transpor-

te que o cliente elixira.

Pese a que a desconfianza dos consumidores a utilizar as súas

tarxetas de crédito nas tendas de Internet segue sendo o

principal motivo para non utilizar este sistema, é necesario

insistir en que se a tenda utiliza un certificado SSL, o que

comunmente se coñece como "Servidor Seguro", os datos

son enviados desde o ordenador do cliente á tenda virtual e á

entidade bancaria con total seguridade, desde logo moito

maior que a que nos ofrece calquera lugar físico no que

paguemos con tarxeta.

Cando entramos nunha tenda "segura", indícase mediante un

pequeno candado pechado que aparece na parte inferior

esquerda da páxina e na que o enderezo da páxina cambia e

se lle engade unha "s" de secure:

Servidor Standar > http://www............................

Servidor Seguro > https://www..........................

No caso de que enfocaramos a nosa tenda virtual cara a

clientes profesionais: tendas e comercios especializados,

empresas, etc. o funcionamento sería moi semellante.

�� formulario de datos

�� candado de "servidor seguro"

Page 115: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

O cliente visita a tenda e vai marcando os produtos, ata com-

pletar o pedido, cando acaba introduce os seus datos de con-

tacto e confirma o pedido. Nós recibimos un correo electró-

nico cos datos do cliente e os produtos coa súa referencia,

prezo e cantidades que pediu.

Non é necesario neste caso que o cliente introduza os datos

da súa tarxeta, porque teremos establecida unha forma pre-

via de pago con ese cliente: reembolso, transferencia, recibo

a 30 ou 60 días, etc.

Para instalar unha tenda virtual na nosa páxina web

debemos de:

• Dispoñer dun paquete de Aloxamento que soporte bases de datos.

• Contratar un Certificado SSL ou Servidor Seguro.

• Instalar un sistema de "tenda virtual" ou

"carro da compra".

A maioría das empresas onde teñamos aloxada a nosa páxina

web, ofrecerán estes servizos. Adoitan dispoñer de tendas

predefinidas nas que só temos que introducir os nosos produ-

tos: foto, nome e descrición e prezo dunha maneira moi sin-

xela.

Outra posibilidade é contratar o deseño e programación

dunha tenda personalizada, pero para a maioría dos talleres

artesáns e sobre todo nun principio é unha solución demasia-

do custosa.

Se ademais queremos que os nosos clientes poidan pagar as

súas compras mediante tarxeta de crédito debemos abrir

unha conta nalgún dos bancos ou caixas cos que funcione a

"pasarela de pago" da tenda virtual que instalaramos.

Os sistemas de cobro con tarxeta das tendas virtuais non fun-

cionan con todos os bancos.

115

internet comercio electrónico

Soen ser tendaspredefinidas nas que sótemos que introducir os

nosos produtos.

A maioría das empresasonde teñamos aloxada anosa páxina web, ofrecen

servizos de comercioelectrónico.

Page 116: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

116

evoluciónO comercio electrónico atópase aínda nunha fase temperá de

desenvolvemento e implantación, pero sen dúbida o seu uso

non deixará de medrar no futuro tanto na súa vertente profe-

sional, coma no comercio directo co cliente final.

A continuación ofrecemos algúns datos sobre o comercio

electrónico en España recollidos do "Estudo sobre Comercio

Electrónico B2C 2005" desenvolvido pola Asociación Española

de Comercio Electrónico e Marketing Relacional (AECE-

fecemd - www.aece.org). Aínda que se publica no 2005, os

seus datos refírense ó ano 2004.

As principais conclusións do estudo son:

• O Comercio Electrónico B2C en España moveu 1.837

millóns de euros en 2004, segundo declaracións dos com-

pradores. Esta cifra inclúe as compras dos españois no

estranxeiro.

• O perfil do internauta español, é maioritariamente varón,

cunha idade comprendida entre 25 e 44 anos.

• O 27,8% dos internautas comprou algún produto ou servi-

zo por Internet en 2004. Esta porcentaxe de internautas

compradores representa un 11,2% do total da poboación,

1,3 puntos máis que en 2003.

• Os billetes de avión, barco, tren e autobús encabezan a lista

de produtos máis comprados. É o sector que move máis

volume de negocio.

• O 65,4% dos compradores utilizaron a tarxeta de crédito

para pagar as súas compras.

• A comodidade e a existencia de mellores prezos ou ofertas

son as principais razóns que xustifican a compra por

Internet. Cunha menor relevancia, sinalan tamén a disponi-

bilidade de maior oferta de produtos.

• A desconfianza no sistema de pago, o medo a dar os seus

datos persoais e a falta de interese, seguen sendo os princi-

pais freos para comprar por Internet.

O Comercio ElectrónicoB2C en España moveu1.837 millóns de eurosno ano 2004.

O 65,4% doscompradores utilizarona tarxeta de créditopara pagar as súascompras.

Page 117: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

117

• O fogar continúa sendo o lugar preferido polo 82,7% dos

internautas para facer as súas compras on-line.

• A compra en Internet satisface as expectativas dos compra-

dores en todo momento, como o declara o 80,04% dos

entrevistados.

• Os selos de calidade ou marcas de confianza van gañando

difusión. O 35,2% dos compradores coñécenos.

• O 23,3% dos internautas maiores de 14 anos levou a cabo

algunha compra a través de móbil en 2004.

internet comercio electrónico

Page 118: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 119: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

119

dominiosO primeiro paso para ter unha presenza activa eprofesional en Internet é dispoñer de nome dedominio propio. O dominio é o noso enderezo enInternet. Por exemplo, o dominio de Oficio earte, Organización dos Artesáns de España éwww.oficioyarte.org

a túa presenza en internet

Page 120: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

120

Os dominios teñen 3 partes unidas por puntos:

www.nome_do_noso_taller.com

wwwEsta parte é común a todos os dominios de Internet.

nome_do_noso_tallerParte central, normalmente o nome do taller ou do artesán.

comPara a parte final podemos elixir entre varias terminacións.

Os dominios poden ter varias terminacións; a máis usada con

moita diferenza é .com pero tamén se utiliza o .org para aso-

ciacións e organizacións e o .net para empresas de Internet.

Ultimamente aprobáronse outras como .biz .info .name aínda

que o seu uso é aínda moi minoritario.

Existen tamén dominios nacionais: .es para España, debido a

que os requisitos para o seu rexistro son máis complicados,

os dominios .es non están sendo tan utilizados (máis informa-

ción en www.nic.es).

Podes consultar a lista completa de dominios nacionais en:

www.iana.org/cctld/cctld-whois.htm

Cada nome de dominio é único e só pode ser utilizado por

unha empresa ou persoa: a que primeiro o rexistre. Para

rexistrar un dominio .com só é necesario encher un formula-

rio cos nosos datos na páxina web de calquera empresa de

rexistro de dominios. Non é necesario ningún outro requisito

previo.

Os rexistros son realizados por un número limitado de

empresas distribuídas por todo o mundo, e que son previa-

Esta é un listado dos dominios

dos países da UE:

País Dominio

Alemaña .de

Austria .at

Bélxica .be

Bulgaria .bg

Chequia .ck

Dinamarca .dk

Eslovaquia .sk

Eslovenia .si

España .es

Estonia .ee

Finlandia .fi

Francia .fr

Grecia .gr

Holanda .nl

Hungría .hu

Irlanda .ie

Italia .it

Letonia .lv

Lituania .lt

Luxemburgo .lu

Malta .mt

Portugal .pt

Polonia .pl

Reino Unido .gb

Rumania .ro

Suecia .se

Page 121: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

121

mente autorizadas polo ICANN (Internet Corporation for

Assigned Names and Numbers).

As empresas que ofrecen a conexión a Internet tamén adoi-

tan ofrecer a posibilidade de ter un dominio de segundo

nivel. Imaxinemos que a nosa empresa se chama O Taller, un

dominio de segundo nivel sería no mellor dos casos:

www.wanadoo.es/otaller.htm

Esta solución non é a máis idónea porque este tipo de domi-

nios de segundo nivel adoitan ser moito máis longos e difíci-

les de recordar, nin desde logo a máis profesional.

Por tanto a opción máis realista, rendible e aconsellable é a

de dispoñer de dominio propio de primeiro nivel, que

seguindo co exemplo sería:

www.otaller.com

Son varias as razóns que o xustifican:

1. Proporciona prestixio e credibilidade. Os dominios de

segundo nivel están ben para páxinas personais, para ensi-

nar a nosa colección de selos ou para un grupo de antigos

alumnos do instituto, pero non para unha empresa que é

o noso medio de vida e que pretende ofrecer unha imaxe

de seriedade e credibilidade, aspectos importantes nunha

sociedade e un mercado cada vez máis esixentes.

2. Vai ser recordado con moita maior facilidade, e isto é

importante porque o boca-a-orella será un medio moi uti-

lizado como elemento transmisor do noso dominio.

3. Manteremos este dominio para sempre aínda que cambie-

mos o noso provedor de acceso a Internet.

4. Todo o esforzo de promoción: tarxetas, catálogos, directo-

rios ou catálogos colectivos, enlaces que teñamos noutras

páxinas ou que nos publicaran en revistas, non será en van

e acumularase como activo do noso taller, contribuíndo á

creación da nosa marca, algo fundamental e moi custoso

especialmente para as empresas moi pequenas.

a túa presenza en internet dominios

Cada nome de dominio éúnico e só pode serutilizado por unha

empresa ou persoa: a queprimeiro o rexistre.

Page 122: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

122

6. Finalmente algo de vital importancia: vai permitir que

teñamos as nosas propias contas de correo electrónico do

tipo:

o_noso_taller@nome_do_noso_taller.com

o_noso_nome@nome_do_noso_taller.com

o_que_queiramos@nome_do_noso_taller.com

Estes argumentos son o suficientemente convincentes como

para arriscarse a que outra empresa poida rexistrar o noso

nome de dominio antes ca nós. Existen máis de 300 millóns

de persoas que se comunican en castelán e todas aquelas que

teñen unha empresa, non importa o seu tamaño, queren que

sexa o máis coñecida posible. Internet é unha das mellores

formas de conseguilo, e por iso cada día se rexistran miles de

novos dominios.

Hai varios aspectos que debemos ter en conta á hora de elixir

o noso dominio:

a. Debe de ser curto e fácil de recordar.

b. Non debe inducir a erro de tipo ortográfico. Proba a dicir-

llo a alguén por teléfono, a ver se o entende á primeira e

non ten que pedirche que llo repitas ou que lle aclares

dúbidas sobre como se escribe.

c. Se o nome actual do noso taller está libre, non hai dúbida,

ese debe de ser o noso dominio.

d. Se xa está rexistrado debemos buscar outras posibilidades,

o nome elixido deberá ser imaxinativo e suxerente.

O dominio podemos rexistralo por tantos anos como queira-

mos, pero o habitual é facelo por un ano e renovalo anual-

mente. O seu custo ronda entre os 12 e 40 euros anuais.

Rexistrar o dominio e pagar as renovacións anuais asegúranos

a propiedade sobre el e que ningunha outra persoa ou

empresa poderá rexistralo no futuro. O aloxamento do domi-

nio e deseño da páxina web (ver próximos capítulos) poderé-

molos realizar de forma independente e cando o considere-

mos conveniente.

Rexistrar o dominio epagar as renovaciónsanuais asegúranos apropiedade sobre el e queningunha outra persoa ouempresa poderá rexistralono futuro.

Page 123: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

123

aloxamentoUnha vez cumprido o punto de partida básico derexistrar o noso nome de dominio, o seguintepaso é "aloxalo". Este termo provén do inglés"hosting" e equivale a alugar un espazo para onoso uso nun servidor (potente ordenador)conectado a Internet.

a túa presenza en internet

Page 124: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

124

Dispoñer deste Aloxamento vainos permitir ter enderezos de

correo electrónico propios e poder aloxar alí a nosa páxina

web.

Imos ver en detalle cada un deles:

correo electrónico propioCando contratamos un acceso a Internet cunha compañía

telefónica ou de cable esta pon á nosa disposición unha

conta de correo electrónico do tipo:

[email protected]

[email protected]

Como comenzo está ben pero unha vez que teñamos o noso

dominio rexistrado e aloxado ábresenos unha posibilidade

que non debemos desperdiciar: dispoñer de enderezos de

correo electrónico utilizando o noso dominio é dicir:

o_que_queiramos@nome_do_noso_taller.com

É curioso o grande número de empresas (pequenas e non tan

pequenas) que a pesar de ter o seu propio dominio e a súa

páxina web, seguen utilizando as súas antigas contas de

correo.

Por que é tan importante utilizar unha conta de correo baixo

o noso dominio? pois porque en cada mensaxe de correo

que mandemos, estaremos incluíndo completamente gratis e

sen esforzo algún a información sobre o noso taller.

páxina webTer o dominio aloxado permite "colgar" a nosa páxina web, é

dicir, colocar os ficheiros que a compoñen (textos e fotos)

nese ordenador (servidor) do que falabamos ó principio, que

está conectado a Internet e permite que cando unha persoa

en calquera lugar do mundo teclee o noso dominio no seu

ordenador visualice a nosa páxina web.�� programa FTP a dúas ventás(ficheiros local e en servidor)

�� ordenador servidorpara aloxamento de webs

Page 125: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

125

Para colgar ou subir os ficheiros desde o noso ordenador ó

servidor da empresa de aloxamento utilizamos un programa

de FTP e a nosa conexión a Internet.

Estes procesos son independentes, de tal maneira que pode-

mos rexistrar o noso dominio, un tempo despois aloxalo e

empezar a utilizar o noso correo electrónico propio, e máis

adiante cando a páxina web estea desenvolvida, colgala e

darnos a coñecer a través de Internet.

cómo elixir aloxamentoOs elementos que definen un Aloxamento, son:

espazoÉ o tamaño disponible para colgar a nosa páxina, é dicir, os

Megas (espazo no disco duro) que nos reservan nese servidor

(ordenador) conectado a Internet para situar os ficheiros da

nosa web.

contas de correoSegundo o tipo de aloxamento dispoñeremos de distinto

número de contas. A maioría dos talleres artesáns utilizan

unha única conta pero o taller pode medrar e utilizar endere-

zos para diferentes persoas, departamentos ou funcións:

[email protected]

[email protected]

[email protected]

[email protected]

a túa presenza en internet aloxamento

�� ventá de configuraciónde contas de correo

As empresas dealoxamento webofrecen plans que seaxustan ás diferentesnecesidades dosusuarios

Page 126: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

126

transferenciaCada vez que unha persoa visita a nosa web, envíanselle os

ficheiros que compoñen a páxina desde o servidor e a través

da rede. A cantidade de ficheiros enviados desde o servidor

ás diferentes persoas que visitan a nosa web denomínase

"taxa de transferencia". Normalmente refírese a un período

de tempo determinado, que adoita ser de un mes. Cantas

máis persoas visiten a web, a taxa de transferencia é máis

alta. Cada plan de Aloxamento ofrece unha taxa de transfe-

rencia que na inmensa maioría dos casos é suficiente.

servizos complementariosHai outros servizos que, aínda que nun primeiro momento

non utilicemos, é conveniente que a empresa coa que con-

tratemos o aloxamento ofreza, pois o taller pode medrar e é

probable que a páxina necesite novos servizos:

Posibilidade de ampliación. Se necesitamos máis espazo

para os ficheiros da nosa web.

Servizos de estatísticas. Para coñecer cántas persoas visitan

a web, cándo a visitan e de ónde proceden.

Páxinas protexidas por clave. Para que determinadas páxi-

nas só poidan ser visitadas por aqueles clientes que dispoñen

dunha clave de acceso.

Web mail. Con este servizo poderemos consultar o correo

desde calquera ordenador conectado a Internet e a través do

navegador, sen necesidade dun programa de correo como

Outlook Express.

Motor de busca. Para facilitar a busca de contidos dentro da

nosa web dunha forma rápida e sinxela.

CGI-BIN propio e linguaxes de programación. Serve para

instalar programas que automaticen o funcionamento da

web.

Base de datos. Necesaria para almacenar grande cantidade

de información.

�� servizo de estatísticas

Page 127: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

127

Servidor seguro SSL e Tenda virtual. Imprescindible para

realizar transaccións seguras e venda de produtos desde a

nosa web.

a túa presenza en internet aloxamento

Período de contratación

O más habitual é contratar o aloxamento por un ano.

Se á fin deste período non estamos contentos co servi-

zo que nos prestaron debido a que, por exemplo, a

velocidade de acceso á nosa páxina non foi satisfacto-

ria, poderemos contratar un novo aloxamento con

outra empresa.

O noso nome de dominio seguirá sendo o mesmo e só

teremos que "colgar" os ficheiros que compoñen a

nosa web no espazo que a nova empresa de aloxa-

mento nos asignará nun dos seus servidores. Os ende-

rezos de correo electrónico tamén seguirán sendo

exactamente os mesmos.

Page 128: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 129: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

129

deseño webO deseño da páxina web marcará a nosa pre-senza en Internet e por iso debemos darlle aimportancia que merece e ter en conta unhaserie de aspectos fundamentais.

a túa presenza en internet

Page 130: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

130

Nos anteriores capítulos vimos os dous primeiros pasos para

ter unha presenza en Internet de forma profesional e acorde

coa calidade e honestidade do noso traballo:

» Dispoñer de dominio propio e de aloxamento web

O terceiro paso e final para completar esta presenza, é o

deseño da nosa páxina web.

Como en calquera cuestión relacionada coa creación e o

deseño, o resultado sempre é opinable, pero no deseño de

páxinas web ademais de aspectos creativos interveñen aspec-

tos técnicos de extraordinaria importancia como son:

» Usabilidade: é a facilidade coa que o usuario navega pola

páxina e atopa os contidos que busca.

» Experiencia de usuario: a sensación que o usuario percibe

cando navega pola páxina.

Fundamental é respectar os principios de Internet como novo

medio de expresión e comunicación; non é un catálogo de

papel, non é un libro, non é unha colección de fotos, non é

un vídeo, é un pouquiño de todo, un medio que ten a súa

propia linguaxe que debemos coñecer e respectar para que a

nosa páxina cumpra os obxectivos para os que foi creada.

Temos que pensar cál é o noso obxectivo ó poñer en marcha

unha páxina web:

» A quén vai dirixida.

» Cáles son as súas necesidades e expectativas.

» Qué espera encontrar ese visitante na nosa páxina depen-

dendo de que sexa un particular ou unha empresa.

aspectos básicosCitaremos algúns aspectos básicos a ter en conta no momen-

to de abordar o deseño da páxina web, co obxectivo de que

sexa máis agradable para o usuario e polo tanto, máis eficaz

para o noso taller, obxectivo último e o máis importante.

Unha páxina web non é uncatálogo de papel, non é unlibro, non é unha colecciónde fotos, non é un vídeo, éun pouquiño de todo…

http://www.

Page 131: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

131

A páxina principal ou "home" debe ofrecer unha informa-

ción clara e suficiente da actividade do taller. Debe visuali-

zarse rápido, evitando interminables introducións ou un gran-

de número de fotografías que tardan en cargarse. Ten que

informar do que o usuario vai atopar "dentro" e dalgunha

maneira "seducilo" para provocar a súa curiosidade e que

prosiga a visita.

O menú de navegación (índice de contidos ou seccións da

web) debe aparecer en todas as páxinas e non inducir a

erros ó usuario, que ten que atopar resposta en todo

momento a tres preguntas: onde estou? a onde podo ir? e

como vou ó destino elixido?.

Os textos dos enlaces deben de ser "preditivos", suxerindo

dalgunha forma ó visitante qué vai atopar cando pulse nese

enlace. Canto menos fagamos pensar ós visitantes da nosa

páxina, moito mellor.

Os textos deben de ser claros, curtos e concisos. Hai que

tratar de comunicar as ideas co menor número de palabras

posibles, sendo concretas e evitando divagar. Debemos fuxir

de longos parágrafos que o visitante percibe como "bloques"

que non le e que o invitan a marchar da páxina.

Evitar o uso de últimas tecnoloxías aplicadas ó deseño

web, que poden ser moi coñecidas polos deseñadores pero

non polo público que realmente vai visitar a páxina. Cando

unha web nos pide un novo programa ou "plugin" para

poder visualizarse, prodúcese unha desconfianza por parte do

usuario que na maioría dos casos abandona a visita.

Non utilizar pesadas animacións de introdución, elabora-

das con Flash (programa de deseño para efectos animados)

que tardan en cargarse (nalgúns casos tempos absolutamente

disparatados) e que realmente non aportan nada relevante. O

usuario visita unha web fundamentalmente para buscar infor-

mación; se o que verdadeiramente quere é ver obxectos e

letras en movemento, coloríns, escoitar música, etc., ten

mellores opcións noutros medios: cine, televisión, etc.

a túa presenza en internet deseño web

Os textos deben de serclaros, curtos e concisos.Hai que tratar de comu-nicar as ideas co menor

número de palabrasposible, sendo concretas

e evitando divagar.

�� aviso para instalar novo plugin

Page 132: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

132

O conxunto da páxina debe de ser coherente. Para iso

debemos utilizar as mesmas cores, tipos e tamaños de letra,

disposición dos menús, listados e informacións. Desta forma

o usuario tarda menos tempo en familiarizarse coa páxina e

coa forma de "navegala".

Como artesáns, a información gráfica que ofrecemos na

nosa web é fundamental. Debemos coidar de forma espe-

cial a calidade das fotografías que utilicemos. Unha fotografía

nunca pode substituír a visión real dunha peza e moito

menos o seu tacto, pero polo menos debe dar idea, transmi-

tir a calidade do noso traballo, non devaluala con fondos

enrugados, pezas desenfocadas, mala iluminación, bodegóns

cargados de pezas onde tanto se quere ensinar que non se ve

nada.

As fotos deben estar optimizadas en canto ó seu tamaño,

é preferible utilizar unha foto pequena e que, polo tanto, car-

gue (se vexa) rápido e dar a opción de acceder a outra de

maior tamaño. Non debemos utilizar moitas fotos nunha

mesma páxina pois isto ralentiza a carga e é contraproducen-

te; é preferible organizalas e repartilas en diferentes páxinas

que se cargarán máis rápido e evitarán tempos de espera ó

usuario.

É importante humanizar a páxina. En tanto que artesáns

estamos vendendo exclusividade e personalización, polo que

para o visitante é importante poñerlle cara ós produtos, ó

taller, situalo no seu contexto diario de creación e traballo

(incluír unha fotografía do ambiente de traballo, do lugar

onde está situado, etc.).

Os datos de contacto: enderezo completo, teléfonos e fax e

enderezo de correo electrónico deben aparecer ou ser accesi-

bles desde todas as páxinas que compoñen a nosa web. Non

estará nunca de máis, se desexamos recibir visitas, incluír un

plano de situación, especialmente se vivimos nunha zona

rural. Tampouco sobra calquera información sobre medios de

transporte: liñas de autobús, tren ou metro.

�� páxina de contacto con plano

�� páxina con fotos de produtos

Page 133: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

133

A páxina debe de ter a posibilidade de medrar. Sen dúbida

a nosa web vai ser actualizada no futuro con novas liñas de

produto, polo que debemos optar por un deseño aberto que

nos permita engadir novos contidos e fotografía.

É importante incluír "Meta Tags": códigos ocultos que figu-

ran ó principio dunha páxina e que utilizan os buscadores

para incluír as páxinas web e mostralas no seu caso cando

estes se usan correctamente. Non debemos de esquecernos

deles.

Os tres Meta Tags máis importantes son:

• O Título: que debe de ser claro e curto, normalmente o nome

do taller, é aconsellable evitar palabras innecesarias como ben-

vido á nosa páxina, etc.

• A Descrición: é o pequeno texto que amosan os buscadores

debaixo de cada páxina nas listaxes que aparecen despois de

facer unha busca. Este texto debe ser moi conciso e en poucas

palabras describir a actividade do noso taller.

• As Palabras Clave: trátase de todas aquelas palabras relacio-

nadas co noso oficio: produtos, materiais, ferramentas, técni-

cas, cidade e Comunidade na que estamos situados, etc. Isto

vai axudar, pero nunca asegurará que, se alguén introduce

nun buscador algunha desas palabras, a nosa páxina apareza

nos listados que ofrece o buscador.

a túa presenza en internet deseño web

Exemplo práctico dos Meta Tagsda web www.oficioyarte.org:

Título<title>Oficio y arte, OAE(Organización de los Artesanos deEspaña)</title>

Descrición<meta name="description"content="Oficio y arte,Organización de los Artesanos deEspaña es el punto de encuentroe información de la artesanía y lacultura de los oficios.>

Palabras Clave<meta name="keywords"content="Artesania, Oficio y arte,Organizacion de los Artesanos deEspaña, OAE, Artes, Oficios,Talleres, Artesanos, Diseños,Artesanal, Talleres artesanos,Cultura, Artesanias, Tradicionales,Contemporaneas, Artesaniacreativa, Creacion, Creatividad,Asociaciones de artesanos, Feriasde artesania, Canteria, Ceramica,Cesteria, Cuero, Encuadernacion,Instrumentos musicales, Juguetes,Maderas, Metales, Papeles,Carton piedra, Restauracion,Textiles, Vidrios, Vidrieras, Cereria,Cuchilleria, Mosaicos, Caligrafia,Tapiceria, Alfareria, Piel, Tallas,Ebanisteria, Torneados, Forja,Fundicion, Grabados, Bordados,Encajes, Sedas pintadas,Tapices">

Page 134: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 135: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó
Page 136: Guía de Novas Tecnoloxías para Artesáns · os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto a diario e dunha forma física e real. teclado O teclado é un dispositivo ó

Esta Guía e un instrumento de introdución ás

novas tecnoloxías orientadas á artesanía.

Explica cunha linguaxe clara e comprensible en

qué consisten estas novas ferramentas: o

ordenador, a impresora, o escaner, la cámara dixital,

os programas ou aplicacións e o uso de Internet,

o correo electrónico e la web.