guía de lectura de interculturalidade

4
LIBROS SOBRE A INTERCULTURALIDADE “África, pequeño Chaca”. María Sellier, Marion Lesage. Ed. Edelvives. O pequeno Chaka pídelle ao seu avó que lle fale de África, éste cóntalle as historias mellor que ninguén e lle di que un día será el quen lle conte ao seu neto as mesmas historias sobre África. Para primeiros lectores. “Maíto Panduro”. Gonzalo Moure. Ed. Xerais. Maíto é un neno xitano, seu pai é analfabeto e está na cadea. Comunícanse por carta cun código secreto. Para lectores autónomos. “O nacemento de Nunavut”. Xoán Abeleira. Editorial Xerais. Nunavut pertence a un dos pobos máis antigos da terra, os inuit ou esquimós. A protagonista crece cos ingnersuit, os trasnos ou espíritos da escuridade. Para primeiros lectores.

Upload: ceip-amaia

Post on 17-Mar-2016

232 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

unha recomendación de lectura sobre a interculturalidade

TRANSCRIPT

Page 1: guía de lectura de interculturalidade

LIBROS SOBRE A INTERCULTURALIDADE

“África, pequeño Chaca”. María Sellier,

Marion Lesage.

Ed. Edelvives. O pequeno Chaka pídelle ao seu avó que lle fale de

África, éste cóntalle as historias mellor que ninguén e lle di que un día será el quen lle conte ao seu neto as mesmas historias sobre África. Para primeiros lectores.

“Maíto Panduro”. Gonzalo Moure. Ed.

Xerais.

Maíto é un neno xitano, seu pai é analfabeto e está na cadea. Comunícanse por carta cun código secreto. Para lectores autónomos.

“O nacemento de Nunavut”. Xoán Abeleira. Editorial Xerais.

Nunavut pertence a un dos pobos máis antigos da terra, os inuit ou esquimós. A protagonista crece cos ingnersuit, os trasnos ou espíritos da escuridade. Para primeiros lectores.

Page 2: guía de lectura de interculturalidade

2

“Mi amigo Fremd habla raro”. Antonio de

la Fuente Arjona. Ediciones de la Torre.

A palabra “amigo” existe en todos os idiomas do mundo, pronúnciase diferente pero o significado é sempre o mesmo. Neste libro Blas e Fremd amósannos que as palabras serven para entendernos, nunca para separarnos. Para lectores autónomos.

“Contos do mundo: Irene en

América Central”. Leyre Prado

Simón. Ed. Xunta de Galicia.

Irene viaxou por moitos sitios e coñeceu como viven e como xogan outros nenos e nenas. Neste conto, Irene fálanos de América Central. Para primeiros lectores.

“A volta ao mundo en 80 contos”.

Saviour Pirotta. Baía Edicións.

Unha marabillosa viaxe polos contos de 80 culturas diferentes. Para primeiros lectores.

Page 3: guía de lectura de interculturalidade

3

“A Lagoa das nenas mudas”. Fina

Casalderrey. Editorial Xerais.

Amina vaise a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma, pero chega ao seu novo colexio e todas as nenas son iguais a ela. Para lectores autónomos.

“La vuelta al mundo en 25 canciones”.

Toni Giménez. Editorial La Galera.

Cancións tradiconais de diferentes países no seu idioma orixinal. Incluye CD. Para todas as idades.

“Nos mezclamos”. Juan Otega.

Tándem edicións.

Os humanos mezclámonos de moitas formas: entre amigos, entre veciños, cando saímos á rúa a pasear, etc... Neste libro Juanolo descubre algunhas. Para todas as idades.

Page 4: guía de lectura de interculturalidade

4

“Cuentos para antes de dormir

de todo el mundo”. Silvia

Dubovoy Gutverg. Ed. Everest.

Sen dúbida, a mellor maneira de irse a dormir é despois de ter escoitado ou lido un conto. Cada continente, cada país, encerra na súa cultura un gran número de contos e lendas. Textos curtos e sinxelos, cunha poderosa ilustración nun formato manexable e atractivo, farán as ledicias de grandes e pequenos. Para todas as idades.

uenos sentimientos. Cuando