guÍa de lecturas
DESCRIPTION
Guía de lecturas para o verán 2014. CEIP A RamallosaTRANSCRIPT
ESTE VERÁN, MOITAS AVENTURAS,LEVANDO CONTIGO BOAS LECTURAS
GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2014BIBLIOTECA CEIP A RAMALLOSA
*
* Ser amigos. Confianza, apoio mutuo, compartir bos e malos momentos... as claves para convivir en harmonía, a través do testemuño de simpáticos animais.
Ariana Pappini. Kalandraka.
* Coleccion Frederik: Cando? Onde? Que é? Quen é? Catro pequenos libros sobre coñecemento,para desenvolver vocabulario esencial, Leo Lionni. Kalandraka.
*Sígueme.. Un elefante gris que vive nunha selva namorase dunha formiga. Unha historia de amor que non ten nada de raro.José Campanari. OQO
* A rúa da tixola. Na rúa da Tixola un neno estaba chorando. Aqueles choros fixeron que o veciño de abaixo se puxese dun humor de raios. Entón o veciño de abaixo pegou un zapatazo no chan e pisoulle o rabo ao gato.,,
Charo Pita. OQO.
* A mazá e a bolboreta.. O fascinante ciclo da vida contado nunha sucesión de imaxes minimalistas e de gran beleza plástica. O perfecto exemplo de álbum científico para nenos.Lela e Enzo Mari. Kalandraka
* Que che gustaría ser? a. Peixe, curuxa, crocodilo? Salvaxes ou domésticos, todos queren ser outros animais, neste relato encadeado e circular sobre o poder da imaxinación.
Ariana Pappini. Kalandraka
*Animal fun. Pequenos poemas en inglés e galego sobre animais.Pepe Sendón. El patito editorial.
^Maruxa, Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Benito cantaba, folgaba e durmía.Mais un día... Eva Mejuto. OQO
LEMOS XUNTOS
PRELECTORES
*Niños.. Grandes, pequenos, accesibles, agochados, orixinais,
sinxelos... estes paxaros estrafalarios habitan en fogares dispares. Pepe Márquez. Kalandraka
* A pastelaría de Dona Remedios. Esta pastelaría é a máis famosa da cidade pero o último xoves de cada mes ocorren feitos estraños.
A. Fernández Paz. Edebé.
* Adelaida.. Malia ser diferente a outros canguros, as súas ás serven para máis que voar: perseguir os seus soños e vivir emocionantes aventuras. Un álbum sobre a autoestima, a búsqueda da felicidade. Tomi Ungerer. Kalandraka
* Na cociña de noite. “Nós forneamos mentres ti dormes.” A lembranza deste anuncio dunha pastelería fixo que o autor creara esta historia rimada cun neno e tres pasteleiros como protagonistas. Maurice Sendak. Kalandraka
*O porquiño. Un porquiño en apuros, sen lamazal no que envorcallarse ás súas anchas.Tomi Ungerer. Kalandraka.
*Contos como pulgas. Malvados, consentidos e indisciplinados, estes tres irmáns son un tormento para
mestres e criados- Beatriz Osés. Kalandraka.
* Nacer. Animais extraordinarios. A forma asombrosa na que se reproducen e coidan as súas crías varios animais.
Xulio Gutiérrez. Kalandraka
* Se vende garbanzo. A modo de diario, Óscar vai revelando con moita gracia o pesadelo que supón para el ter que convivir co seu irmán pequeno.
Care Santos. SM.
* A burra Ramona. Trata dunha burra que un día, farta de levar a vida que levaba, cansa da rutina, decide que quere voar e ponse a mirar para as nubes no medio do camiño, alí, sen moverse, negándose a continuar.Paula Carballeira. Baía Edicións
PRIMEIROS LECTORES
BAÑO, XEADO E ... LECTURAS
* Lía e as zapatillas de deporte.. As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Ao outro lado do mundo centos de rapaces traballan en condicións de escravitude e Lía vai descubrir como é a súa vida.
María Reimóndez. Xerais
* El gato al que le gustaba la lluvia.. Unha mañá, cando Lukas espértase, descubrirá que Noite, o seu gato, desapareceu. Lukas buscarao sen descanso.
Henning Mankell. Siruela
*Cacao en crudo. Pascal e Kojo son dous amigos que traballan nunha plantación de cacao da que queren fuxir para atopar unha vida mellor.Sally Grindley. SM.
*El tesoro de barracuda. Chispas, un grumete de once anos, conta nesta novela as aventuras que vive a bordo do Cruz do Sur.Llanos Campos Martínez. SM
*Vouvos papar. Tucho e Mucha,dous nenosque conectados polo correo electrónico e oprograma de chat, cando os chucha o seu
ordenador coma se os prendese unha aspiradora.
Luz Méndez. Xerais.
* El hombre que abrazaba a los árboles.. Felicidade fíxose moi amiga de Marcial, un vello leñador que lle conta historias sobre o seu traballo.
Ignacio Sanz Martín. Edelvives
* Aventuras de la mano negra. La Mano Negra é unha panda de catro rapaces que resolven algúns casos de roubos con moita perspicacia.
Hans Jurgen Press. Planeta
* Os reloxos preguiceiros de néboa. Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía.
Xavier Lama. Xerais.
LECTORES AUTÓNOMOS
QUE LEREM
OS
ESTE VE
RÁN?
*O castañeiro de abril. Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Antonio Fraga. Xerais. Premio merlín 2013.
* El detective intríngulis y el robo de la mona lisa. ¿Quen robou a Mona Luisa da mansión dos Fortunis? Acompaña ao detective Intríngulis na súa investigación.
Amaisa Depino. Ed Lamiqué.
* A marabillosa medicina de George. A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable.
Roald Dahl. Xerais
* El niño que jugaba con ballenas. El padre de Gorka, Antxón, es el patrón del barco Verdera, y junto a Neus, su madre, se dedican a pasear turistas por el Mediterráneo para avistar ballenas
Josep Lorman. SM
* .Ouro negro. Se quere volver ver os seus fillos e mais a súa irmá, siga as nosas instrucións?.A inspectora Nola acaba de recibir no seu móbil esta inquietante mensaxe. Mal empezan as súas vacacións.
Pereledi Everest.
* Matapitos.com. Unha directora malvada que en realidade é unha bruxa é desenmascarada por unha profesora de infantil e os seus alumnos. Gloria Sánchez. Xerais
* El misterio de la isla de Tokland. Un excéntrico millonario ofrece cinco millóns de dólares a quen sexa capaz de saír victorioso do labirinto da illa de Tökland.
JM Gisbert. Espasa Calpe.
*O caderno azul. É un libro moi emotivo centrado no tema do contaxio da SIDA, por unhatransfusión de sangue, nunha nena de once anos An Alfaya. Xerais
* A illa de todas as illas. A aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos
Xabier P. Docampo. Xerais
LECTORES EXPERTOS
LECTURAS FRESCAS
PARA O VERÁN