guia de lecturas de poesía 2009

2
3º ciclo Si, son romances. Coa forma de toda a vida, pero reformados na temática e cheos de humor! Antón Cortizas debeuno pasar pipa escribindo este libro. Historias e algún percance, todas ditas en romance Ed. Galaxia. Colecc. Árbore Selección de 100 poemas de 46 autores feita por Álvarez Cáccamo. Desde os clásicos como Rosalía ate os actuais como Gloria Sánchez. O libro dos cen poemas Unha pequena xoia publicada por Espiral Maior. www. bemilladoiro.blogspot.com [email protected] Biblioteca de Ceip. Milladoiro 180 poemas de 80 poetas. Fran Alonso quixo facer unha escolma poética para os que non len poesía. Quixo desmontar o mito de que a poesía é aburrida, romántica, difícil… e seleccionou os poemas con esta intención. ¿O resultado? Un libro impresionante. Xa verás. Poetízate Ed. Xerais. Colecc. Fóra de xogo Os poemas son coma todo: hainos longos, curtos... Hainos de risa, de medo, de amor, de burla, de pena... Ler poesía calma o corazón, ordena o pensamento e equilibra os sentidos. Xa o sabes: ¿Un problema?.... ¡Un poema! Biblioteca escolar do Milladoiro 21 de Marzo Día da Poesía

Upload: biblioteca-escolar-milladoiro

Post on 06-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Selección de libros de poesía para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos

TRANSCRIPT

Page 1: Guia de lecturas de Poesía 2009

3º ciclo Si, son romances. Coa forma de toda a vida, pero reformados na temática e cheos de humor!

Antón Cortizas debeuno pasar pipa escribindo este libro.

Historias e algún percance, todas ditas en romance

Ed. Galaxia. Colecc. Árbore

Selección de 100 poemas de 46 autores feita por Álvarez Cáccamo.

Desde os clásicos como Rosalía ate os actuais como Gloria Sánchez.

O libro dos cen poemas

Unha pequena xoia publicada por Espiral Maior.

www. bemilladoiro.blogspot.com [email protected]

Biblioteca de Ceip. Milladoiro

180 poemas de 80 poetas. Fran Alonso quixo facer unha escolma poética para os que non len poesía.

Quixo desmontar o mito de que a poesía é aburrida, romántica, difícil… e seleccionou os poemas con esta intención.

¿O resultado? Un libro impresionante. Xa verás.

Poetízate

Ed. Xerais. Colecc. Fóra de xogo

Os poemas son coma todo: hainos longos, curtos... Hainos de risa, de medo, de amor, de burla, de pena...

Ler poesía calma o corazón, ordena o pensamento e equilibra os sentidos.

Xa o sabes:

¿Un problema?.... ¡Un poema!

Biblioteca escolar do Milladoiro

21 de Marzo Día da Poesía

Page 2: Guia de lecturas de Poesía 2009

Os poemas son para ler en voz alta. Ou para que chos lean,

É así cando soltan todo o seu aroma, toda a música que levan dentro.

Porque un poema, sempre, sempre ten música.

Os poemas van directamente dirixidos ó corazón, ós sentidos:

Gústame, Non me gusta

Esto é o primerio que sentimos,

cando sentimos un poema.

Despois. Despois é cando sube ata a cabeza e comezamos a saber por que . Por que nos gusta, ou non.

Os poemas son a comida dos sentimentos. A alegría, a dor, a pena, o amor… despois de oir un poema sempre resultan aliviados.

¡Proba!

21 de Marzo Día da Poesía E. Infantil e 1º ciclo

¿Imaxinas unha marmota que non poida durmir? Pois eso é o problema de Carlota.

Tenra e divertida historia escrita por Miro Villar e debuxada por Enjamio.

Carlota a marmota

Ed. Xerais.Colección Merliño.

Os contos clásicos sabiamente reinterpretados con forma poética por Ana Mª Fernández neste libro ilustrado por Enjamio.

A casa de había vez.

Ed. Xerais. Colecc. Merlín

Unha reedición deste libro que xa é un clásico de Palmira G. Boullosa. Ilustrado por RuAn .

Adiviñas tradicionais, das que lles contaban a papá e mamá cando eran coma ti.

Ed. Galaxia. Colecc. Tartaruga

2º ciclo 25 adiviñas que teñen como protagonistas a animais. Fermosas e cantarinas neste libro de Gloria Sánchez ilustrado por Oscar Villán.

Adiviñas de animais

Ed. .Obradoiro-Alfaguara

Colecc. Primeiros Lectores

Xa é un clásico pero, coma os clásicos, nunca nos cansaremos de lelo e encomendarlo. Para ler, para que cho lean, para memorizar, para cantar… sempre serán os teus aliados estes Soños na gaiola de Manuel María

Ed. Xerais. Colecc. Merlín

De Antonio García Teijeiro chégannos estes Ventos que xa non son novos. Pero ti sí.

Volvemos, por tanto, encomendar libro no que todos, tódolos poemas arrecenden a sensibilidade e música.

Ed. .Xerais Colecc. Merlín