guía_veran_2009

2
1º CICLO “Campos de fresas” Jordi Sierra i Fabra. Ed. SM Luci está en coma por tomar pastillas de éxtase. Os seus amigos, a súa familia e a policía loitan para que a moza esperte e que o culpable sexa castigado. Diario secreto de Adrián Mole” Sue Towndsend. Edicións Xerais. Adrián Mole é un namorado adolescente que rela- ta a súa vida. A aparición dos seus grans mistú- rase coa caótica vida matrimonial dos seus pais e cos seus parentes chiflados. “PoetízateFran Alonso. Edicións Xerais. Poesía para cantar, para berrar, para rapear, para musicar, para rebelarse contra o mundo ou para falar suave na orella. De Rosalía ás poetas novas. É un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. 2º CICLO “Corazón de tinta” Cornelia Funke. Ed. Siruela. Mortimer Folchart e a súa filla Meggie com- parten a súa afición pola lectura e máis un don: se len en voz alta fan aparecer na reali- dade personaxes do libro pero tamén fan que persoas reais se vaian ó mundo da fición. BACHARELATO: “A praia dos afogados” Domingo Villar. Ed. Galaxia. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba “Antología de poesía para jóvenes” Ángel González. Ed. Alfaguara. Selección das mellores poesías do autor que es- tán dirixidas ó publico novo, as máis humorísticas, as que se escriben nas carpetas… as que levan ó lector a soñar co amor e a vida. “El hijo del viento” Henning Mankell. Ed. Tusquets. Hans Bengler abandona os estudos de medi- cina e viaxa a África para atopar un insecto que ninguén descubriu aínda e así facerse famoso. Atravesa o deserto de Kalahari, co- ñece a un neno negro que quedou orfo, adóp- tao e regresa a Suecia, o seu país.

Upload: biblioteca-rabade

Post on 06-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

seleccion_lecturas

TRANSCRIPT

1º CICLO

“Campos de fresas”Jordi Sierra i Fabra. Ed. SM

Luci está en coma por tomar pastillas de éxtase. Os seus amigos, a súa familia e a policía loitan para que a moza esperte e que oculpable sexa castigado.

Diario secreto de Adrián Mole”Sue Towndsend. Edicións Xerais.

Adrián Mole é un namorado adolescente que rela-ta a súa vida. A aparición dos seus grans mistú-rase coa caótica vida matrimonial dos seus pais e cos seus parentes chiflados.

“Poetízate”Fran Alonso. Edicións Xerais.

Poesía para cantar, para berrar, para rapear,para musicar, para rebelarse contra o mundo oupara falar suave na orella.De Rosalía ás poetas novas. É un libro pensado

para as persoas que non están afeitas a ler poesía.

2º CICLO

“Corazón de tinta”Cornelia Funke. Ed. Siruela.

Mortimer Folchart e a súa filla Meggie com-parten a súa afición pola lectura e máis undon: se len en voz alta fan aparecer na reali-dade personaxes do libro pero tamén fanque persoas reais se vaian ó mundo da fición.

BACHARELATO:

“A praia dos afogados”Domingo Villar. Ed. Galaxia.

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entreas ondas mentres pescaba

“Antología de poesía para jóvenes”Ángel González. Ed. Alfaguara.

Selección das mellores poesías do autor que es-tán dirixidas ó publico novo, as máis humorísticas, as que se escriben nas carpetas… as que levan ólector a soñar co amor e a vida.

“El hijo del viento”Henning Mankell. Ed. Tusquets.

Hans Bengler abandona os estudos de medi-cina e viaxa a África para atopar un insecto que ninguén descubriu aínda e así facersefamoso. Atravesa o deserto de Kalahari, co-ñece a un neno negro que quedou orfo, adóp-tao e regresa a Suecia, o seu país.

Boletín nº8

Bo verBo veráán !!!n !!!

“El lector”Bernhard Schlink. Ed Anagrama

Michael Berg atópase mal volvendo á casae Hanna acude na súa axuda. Así comenzaunha relación na que antes de amarse, elasempre lle pide a el que lle lea fragmentosde escritores de prestixio. Anos máis tar-de Michael acude a un xuizo contra mulle-res acusadas de criminais de guerra nazis.

ADULTOS:

”A clase”François Bégaudeau. Ed. Xerais

Case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mes-mo as súas propias dúbidas e poñendo de ma-nifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e ta-mén entre os adultos.

Boas vacacións…cun bo libro !!!