heart of darkness el corazÓn de las tinieblas o … · coraÇao das trevas cuore di tenebra 2....

39
HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O CORAZÓN DA ESCURIDADE AU COEUR DES TÉNÈBRES CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2

Upload: others

Post on 16-Oct-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

HEART OF DARKNESS

EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS

O CORAZÓN DA ESCURIDADE

AU COEUR DES TÉNÈBRES

CORAÇAO DAS TREVAS

CUORE DI TENEBRA

2

Page 2: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas correspondentes a Europa, Asia e Àfrica.Separando estes terreos está o mar Mediterráneo, denominado así por estar situado no centro da terra. Á esquerda atopamos a Europa, na parte superior Asia e á dereita África. Na Idade Media hai unha separación de terras e augas: unha única masa de terra rodeada de agua, o mundo divídese en tres partes: Europa, Asia e África, que se corresponden cos tres fillos de Noé: Sem, Cam e Xafet.

ÁFRICA3

Page 3: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Neste fragmento dun mapa de África correspondente a 1829 vemos o cadrante noroccidental do mesmo antes da chegada masiva de exploradores europeos que penetrarían, fundamentalmente subvencionados por sociedades xeográficas, a través do curso dos ríos para coñecer mellor o continente.

4

Page 4: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

A Conferencia de Berlín (1884-1885) reuníu nesta cidade a representantes de catorce Estados que pretendían chegar a acordos efectivos sobre o reparto de África. Na conferencia proclamouse a libre navegación marítima e fluvial, a liberdade de comercio no centro do continente africano e o dereito a colonizar o territorio se se ocupaba a costa deste. O proceso de colonización realizaríase seguindo as vías fluviais. A costa mediterránea quedou en mans de británicos e franceses, a oriental repartida entre alemáns e británicos –coa presenza de portugueses, mentres na África occidental predominaba a presenza francesa. A grande superficie do Congo quedou baixo a soberanía da Asociación Internacional do Congo, como propiedade privada do rei dos belgas, Leopoldo II.

5

Page 5: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

En 1890, cando Conrad viaxa ao Congo, África xa está de xeito efectivo repartida entre as principais potencias. Esta será a década na que se afirme a explotación económica do territorio congoleño.

6

Page 6: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

REMONTEMOS O CONGO 7

O primeiro vapor a propulsión que se levou ao rio Congo foi o barco utilizado por Stanley en 1878. O barco de vapor foi un instrumento de colonización moi importante. Os africanos do Congo coñecíano como “a casa que camiña sobre a auga” ou kutukutu, polo seu son. Entre os barcos de vapor do Congo habíaos de roda lateral e de popa; todos tiñan toldiñas contra o sol do trópico. Soían ser longos e estreitos e eran de pouco calado, dada a necesidade de salvar os innumerables bancos de area do río principal e os seus afluintes. Ás veces, unha tea metálica colgaba da toldiña para protexer das frechas ao capitán e ao timonel.

Page 7: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

HENRY MORTON STANLEY 8

Stanley naceu o 28 de xaneiro de 1841 en Denbigh, Gales (Reino Unido), foi bautizado como John. Nunca chegou a coñecer ao seu verdadeiro pai e a súa nai abandonouno no orfanato local de St. Asaph aos 6 anos, onde permaneceu ata os 15. Crese que o apelido que llevou durante os dous anos que traballou no porto da cidade, Rowlands, mercoullo a un mariñeiro ebrio nunha cantina, que accedeu a darlle o seu apelido tras recibir unha suma de cartos. Aos 17 anos embarcou rumbo a Nova Orléans, onde desembarcou en febreiro de 1859, traballando no barco como mariñeiro para pagarse a pasaxe. Durante os anos seguintes moveuse por distintas cidades dos Estados Unidos tratando de fecer fortuna, e chegou incluso a marcharse ao entón salvaxe Oeste para atopar ouro, fracasando no intento. Cada certo tempo cambiaba lixeiramente o seu nome, como se nunca estivese de acordo con el: foi coñecido sucesivamente como John Rolling, John Rollins, John Morley Rollins, John Morleake Rollins, John Moreland Rollins e finalmente John Morton Rollins, nome co que se presentou a comerciante Henry Stanley e se converteu no seu servinte. Éste morreu en 1861 e entón o seu criado  renomeouse por última vez como Henry Morton Stanley, segundo el, porque quería expresar a súa gratitude a quen fora como un pai para el levando o seu nome como propio.

Page 8: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

9

RETRATO DE EXPLORADOR

Fotografía en branco e negro do explorador Henry Morton Stanley ao final da súa viaxe a África en busca de Livingstone. Na fotografía viste un traxe inglés de explorador do século XIX que consta dun pantalón de cor beige para camuflarse. O pantalón é longo, cunhas botas altas ata os xeonllos, unha camisa de cor máis escura e un chaleque con moitos petos da mesma cor do pantalón. Sobre o chaleque leva un cinto-rileira no que garda as balas do rifle que leva na man esquerda. Por último, leva un sombreiro con viseira e ao mesmo tempo recolle o pelo por detrás evitando que o sol pegue na cabeza.

Page 9: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Stanley con KaluluHenry Morton Stanley é coñecido mundialmente por ser un importante explorador do continente africano. Cabe destacar que Stanley era xornalista do The New York Herald e foi nun encargo do mesmo a unha pescuda do doutor, explorador e misioneiro David Livingstone. Así foi buscando unha exclusiva e regresou con exito. Toda a xente coñecía a nova e ao señor Livingstone. Stanley atopouno preto do lago Tanganica, onde pasou uns días xunto a el. Stanley coñeceuse mais tarde pola frase ”Livingstone supoño”, a súa fama naceu desta pescuda. E ata a mesma raíña Victoria agradeceulle a súa aventura.   Na imaxe aparece co seu criado Kalulu, ao que adoptaria informalmente como fillo.Stanley educou ao pequeno e levouno sempre con el. Este comportamento debeuse máis aos sentimentos de dor que gardaba no seu interior Stanley de cando fora abandonado de pequeno. Kalulu fíxolle fielmente de guía polo gran novo continente: África. Ademais crearon unha gran complicidade e regresaron xuntos de novo a Europa a recibir todas as felicitacións. O pequeno comparteu a fama con Stanley. Kalulu apuntouse a unha segunda expedición con Stanley por África, mais desafortunadamente morreu na viaxe afogado.

10

Page 10: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Stanley tomando un té con Kalulu

Por desgraza, é case imposibel atopar información acerca do pequeno amigo deste xornalista e da relación que lles uníu durante os anos do imperialismo europeo. Pero sen dúbida poderemos destacar que para a mente dun europeo o feito de facerse cargo dun neno de cor era irrefutablemente incorrecto posto que víanos como salvaxes sen nengún tipo de saber nin orde social. Stanley personalizaba ao pé da letra o comportamento do imperialista europeo, mais pretendía dar a imaxe aos demais de todo o contrario. É dicir, quería que os demais o visen como ao persoaxe bo. Livingstone, pola contra, era realmente un home que quería convivir e axudar aos nativos, el si que encarnaba a personalidade á que aspiraba Stanley.

11

Page 11: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

12

ENCONTRO CON LIVINGSTONE EN UJIJI

En outubro do 1871, cando todo parecía perdido, o asistente africano de Stanley, Susi, achegouse correndo á  choza de Livingstone berrando : ¡Un inglés!. Henry Morton Stanley, norteamericano nado en Gales e enviado polo xornal New York Herald, para atopar a Livingstone a toda costa,  achegouse a empurróns entre os nativos e pronunciou as celebérrimas verbas: Doutor Livingstone, supoño?. Stanley permaneceu xunto a Livingstone 5 meses coidándoo e tentando convencelo para que regresara. Ambos homes exploraron o norte do Lago Tanganika, no seu afán por continuar a busca das fontes do Nilo. Só descubriron que o río Ruzizi desembocaba no Lago Tanganika, mais non partía del. En marzo de 1872  despídense en Unyanyembe, e non se volverían ver. Stanley regresou a Zanzíbar, desde onde enviou a Livingstone homes e suministros.

Page 12: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

13

Entre 1871 e 1877, Stanley, partindo de África oriental, atravesou o continente de este a oeste, saíndo da actual Tanzania e explorando o curso fluvial do río Congo ata a súa desembocadura. De 1879 a 1884, Stanley contribuiu, en secreto, a poñer as bases para a colonización posterior do Congo, traballando para a Asociación Internacional Africana creada por Leopoldo II.

Page 13: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

LEOPOLDO II DE BÉLXICA14

Na imaxe, aparece fotografiado en blanco e negro Leopoldo II de Bélxica. Amósase a súa face de perfil, cun talante serio, vestido cun traxe militar no que resalta o gorro.Naceu en Bruxelas no 1835 e finou en no 1909. Foi rei de Bélxica sucedendo ao seu pai Leopoldo I. Durante a súa formación realizou numerosas viaxes por todo o mundo, o que marcaría nun futuro a súa política expansionista.  Casou con María Enriqueta, filla do arquiduque de Austria. Levou a cabo unha política de neutralidade, e logrou obter partido da rivalidade entre as principais potencias europeas. No 1876 fundou a Asociación Internacional Africana, da cal era presidente. Na Conferencia de Berlín (1885) recoñecéuselle como soberano do Estado Libre do Congo, que pasou a chamarse Congo Belga. En 1908, ante as denuncias dos abusos cometidos no Congo, Leopoldo II cedeu a súa soberanía ao Estado belga.

Page 14: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

15UN REI PRECAVIDO

Nesta caricatura aparece Leopoldo II sostendo nas súas mans unhas bolsas cheas de cartos, que representan as riquezas apropiadas no Congo por Leopoldo II. Diante del hai dous homes dándolle as costas, dos que só se ven as pernas. O da esquerda é un soldado francés, ao que podemos identificar grazas aos pantalóns de cor vermella, que eran caractarísticos dos soldados franceses (normalmente dos granadeiros da Garda Imperial). O home da dereita é un soldado prusiano, un comandante do batallón móbil, caracterizado por esas botas altas de cor negra.Esta imaxe simboliza a intención de Leopoldo II de manterse á marxe da guerra entre Francia e Prusia, que loitaron dende o 1870 ata o 1871. Prusia buscaba a unificación de Alemaña, e Francia, pola súa banda, tiña intencións de xuntarse a Luxemburgo. Cando o xeneral español Juan Prim visitou ao príncipe Carlos Antonio de Hozenzollern-Sigmarigen para expoñerlle a posibilidade de que o seu fillo Leopoldo aceptase o trono de España, Otto von Bismarck intervíu para forzar a aceptación. Pouco despois Carlos Antonio renunciou á candidatura do seu fillo. Guillerme I enviou un telegrama a Bismarck (Telegrama de Ems) narrándolle o acontecido. Bismarck optou por modificar o telegrama de maneira que parecese que o embaixador francés fora despedido por Guiellerme I, e fíxoo público na prensa. Francia declaroulle a guerra a Prusia, pero finalmente Francia foi vencida por Prusia. Leopoldo II mantivo esta neutralidade xa que soamente lle interesaba a explotación no Congo, e non quería por as grandes riquezas apropiadas desas terras en perigo.

Page 15: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

16

Estas caricaturas de Leopoldo II amósannos ao rei coma un home alto e delgado, covizoso e egoísta, cunha expresión cruel na face. Está agarrando nas súas mans unhas bolsas cheas de cartos, representando as súas apropiacións nesta terra e a gran riqueza que conseguíu.Na conferencia de Berlín (1885) repartíuse o continente africano e creouse o Estado Libre do Congo, que foi concedido a Leopoldo II. Este dirixiu durante os anos seguintes a colonización e explotación do Congo, abandeirando a loita contra a escravitude e servíndose do persoal e as estructuras administrativas e militares do estado belga.

Page 16: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

17

Nesta ilustración vese un escravo negro dos que se servía Leopoldo II de Bélxica, que tenta defenderse dunha serpe que lle aprisiona o corpo. O indíxena amósase agónico, e a cabeza da serpe é unha caricatura do rei belga.

A imaxe representa ben o maltrato e explotación que sofrían os congoleños, sometidos a traballos forzados na percura dos recursos económicos que despois se exportarían a Europa para enriquecer a fortuna persoal do monarca.

A serpe tamén pode asimilarse ao río Congo, que ten un trazado “serpentíneo”, sendo os seus dominios apropiados pola colonización belga.

Page 17: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Esta caricatura apareceu en Alemaña, xunto cuns ripios sobre o gusto de Leopoldo por cortar tanto cabezas de negros como cupóns de bonos.

18

Page 18: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Os reformadores do Congo referíronse a cotío ao acordo de Berlín de 1885, unha das moitas promesas incumplidas sobre o trato aos africanos.

Ao fondo da imaxe, Leopoldo II aparece sentado nuns bocois cheos de moeadas, cun látigo na man, mantendo “a raia” a un grupo de escravos negros.

19

Page 19: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Nesta caricatura da revista Punch, de 1905, reflíctese un dos numerosos chistes en que Leopoldo cambia impresións co sultán turco, condeado tamén polas súas masacres de armenios.

20

Page 20: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

« Révérends Pères et Chers Compatriotes. La tâche qui vous confiée à remplir est très délicate et demande beaucoup de tact. Prêtres vous allez certes pour l’évangélisation, mais cette évangélisation doit s’inspirer avant tout aux intérêts de la Belgique.Le but principal de votre mission au Congo n’est donc pas d’apprendre aux nègres de connaître Dieu car ils le connaissent déjà. Ils parlent et se soumettent à MUNDI, un MUNGU, un DIAKOMBA ( ce sont  les noms des dieux dans les croyances traditionnelles congolaises) et que sais-je encore ; ils savent que voler, tuer, coucher la femme d’autrui calomnier et injurier est mauvais. Ayons donc le courage de l’avouer, vous n’irez donc pas leur apprendre ce qu’ils savent déjà. »

DISCOURS DU ROI LEOPOLD II EN 1883

21

Page 21: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

CAUCHO E MARFIL22

O caucho é savia callada; o termo francés, caoutchouc, deriva doutra sudamericana que significa “a árbore que chora”. No Congo, a árbore que chora era unha enredadeira longa e esponxosa do xénero Landolphia. A enredadeira, de 30 cm de grosor na base, enroscábase subindo desde o chan polas árbores ata 30 metros, ou máis, onde podía acadar a luz do sol. Alí, ramificándose, podía abrirse camiño serpenteando centos de metros polas pólas altas doutra media ducia de árbores. Para recoleitar o caucho hai que dar un corte na enredadeira cun coitelo e colgar un cubo ou un tarro de cerámica a fin de recoller o lento goteo da savia espesa e leitosa.

Page 22: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

23Columnas de homes extenuados que portaban sobre as súas cabezas cestas con pellas de caucho gris camiñaban ás veces trinta kilómetros ou máis seguindo o cauce dos ríos para reunirse xunto ás casas dos axentes europeos que, sentados nos seus porches, pesaban os cargamentos. Nun punto de recollida, un misioneiro contou catrocentos homes con cestas. Unha vez entregada a savia, dábaselle a forma de placas irregulares, cada unha do tamaño dunha pequena carteira de man, e deixábase secar ao sol. Despois, as placas transportábanse río abaixo nunha gabarra ou nunha balsa arrastrada por un vapor na primeira etapa do que sería a súa longa viaxe a Europa.

Page 23: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Estas mulleres reféns son retidas baixo custodia para obrigar aos seus maridos a internarse na selva tropical para recolleitar caucho silvestre.Algúns oficiais belgas tiñan un método que consistía en chegar en canoa a un pobo, do que os habitantes escapaban sempre correndo á súa chegada; os soldados desembarcaban e iniciaban un saqueo, levando todas as galiñas, o gran, etcétera, das casas; a continuación atacaban aos nativos ata apoderarse das súas mulleres, que mantiñan como reféns á espera de que o xefe do distrito aportase o número de kilogramos de caucho esixidos. Unha vez levado o caucho, as mulleres eran revendidas aos seus propietarios por un par de cabras cada unha. E así continuaban, de pobo en pobo, ata que se recollese a cantidade de caucho requerida.A negativa dun varón dun poboado a recolleitar caucho podía significar a morte da súa muller, que, de todos modos, tiña probabilidades de morrer.

24

Page 24: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

25Os funcionarios do Estado do Congo e os seus auxiliares africanos barreron el país enteiro en incursións para obter marfil, matando elefantes, comprando colmiños aos habitantes dos poboados por unha miseria, ou, simplemente, confiscándoos. Os pobos do Congo levaban séculos cazando elefantes, pero agora proibíaselles vender ou entregar marfil a quen non fose axente de Leopoldo. Os axentes no terreo recibían unha fracción do valor de mercado do marfil pero de acordo cunha escala móbil. Polo marfil mercado en África a oito francos o kilo, o axente recibía un 6 por 100 do prezo de mercado europeo, considerablemente superior. A comisión aumentaba por tramos ata un 10 por 100 para o marfil mercado a catro francos o kilo. Os axentes europeos dispoñían así dun poderoso incentivo para obrigar aos africanos –seera preciso a punta de fusil- a aceptar prezos extremadamente baixos.

Page 25: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Un posto de recollida de marfil no Congo, cara a 1890. Os colmiños de elefante mercados aos africanos por unha miseria, ou confiscados a punta de fusil, acadaban prezos elevados en Europa como materia prima para calquera tipo de artigos, desde dentes postizos ata teclas de piano.

26

Page 26: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

CHICOTTE E AMPUTACIÓNS27

Page 27: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

28

A poboación autóctona do Congo, que vivía nunha economía precapitalista, esquiva o traballo en minas ou plantacións debido ás pagas irrisorias que por iso ofrecían os colonizadores. As compañías coloniais impuxeron, entón, o traballo forzado: cada traballador debía producir unha cota  determinada diaria. E se non a suministra, castígaselle con encerro, látigo e toma de reféns entre os membros da familia, a cotío os seus fillos. As poboacións congoleñas quedan a mercede dos axentes das sociedades coloniais e dos seus grupos armados, sen nengún marco xurídico nin contrapoder. Trabajos recentes de historiadores, como o belga Marchal, que inspirou ao estadounidense Hochschild, sacaron á luz ese período pouco coñecido do Estado independente do Congo, como unha era de portadores de cargas, traballos forzados e masacres. Os mortos  cóntanse por centenares de miles, quizá millóns. O instrumento de uso máis extendido era a chamada chicotte, unha especie de látigo que desgarraba as carnes do reo. As primeiras noticias do seu uso remóntanse a 1888. Este castigo aplicábase aplicaba incluso a nenos, e non eran infrecuentes as mortes polo seu emprego. O uso da chicotte perdurou durante a administración belga do Congo e non foi abolido ata 1959, en vésperas da independencia.

Page 28: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

29

Nesta caricatura vese a Leopoldo II aforcado, con varios disparos e amputacións no corpo, encadeado e cun taparrabos. No pé desta mesma lese: “Súa maxestade Leopoldo, rei do Congo,  vestido á maneira nacional”. Vestido á maneira nacional pola gran cantidade de persoas que durante a súa colonización “vestían” amputacións. Na imaxe aparecen tamén uns aboutres, símbolo de morte. Calcúlase que entre 5 e 10 millóns de persoas morreron nesta masacre colonial.   O seu encadeamento fai alusión o réxime de escravitude ao que eran sometidos os nativos do Congo, que tiñan que recoller unha cota determinada de caucho; se un determinado poboado non obtiña esta cantidade de caucho, eran fusilados (os disparos que leva debuxado na caricatura) ou mutilados ( as mutilacións que tamén presenta a imaxe). Para máis incentivo, os colonizadores tiñan como reféns xeralmente a mulleres e nenos.

Page 29: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

30

Fotografías de época coa presentación de membros amputados remítennos a un feito execrable no xenocidio congoleño. Por cada cartucho entregado aos seus soldados, os funcionarios belgas esixían probas de que a bala se utilizara para matar a unh persoa, e non se “desperdiciara” cazando ou, o que era aínda peor, non se gardara para empregala nalgún posible motín. A proba normal era a mano dereita dun cadáver. Aínda que nalgúns casos non era a dun morto.

Page 30: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Estes dous rapaces do distrito do Ecuador son Mola e Yoka. Mola aparece sentado; as súas mans quedaron destruídas pola gangrena despois de que uns soldados llas atasen con demasiada forza. A man dereita de Yoka, de pé, foi cortada por uns soldados que querían que se lle dese por morto.

31

Page 31: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

OS PERSONAXES DA NOVELA DE CONRAD32

Willard, interpretado por Martin Sheen, ven ser o alter ego de Marlow na novela de Conrad, mais cunha misión ben distinta á daquel, pois o obxectivo de Willard é poñer fin á vida dun equivocado coronel do exército norteamericano en Vietnam, Kurtz, completamente engulido pola atmosfera salvaxe e irracional da selva.

Page 32: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

33

O KURTZ DE “APOCALYPSE NOW”

O coronel Kurtz (Marlon Brando) é un dos oficiais máis brillantes do exército estadounidense, ainda así perde a cordura e decide facer a guerra pola súa conta, deste xeito forma o seu propio exército de xente nativa os cales o adoraban coma un deus.

Page 33: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

UN KURTZ REAL Léon Rom pudo ser un prototipo real do Kurtz imaxinado por Conrad. Oficial belga bravucón, era coñecido por expoñer no contorno da súa horta unha ringleira de cabezas cortadas de africanos. Tamén escribíu un libro sobre costumes africanos, pintou retratos e paisaxes, e coleccionou bolboretas. Rom nacera en Bélxica, na cidade de Mons. Aos dezaséis anos alistouse no exército, mais non tiña suficientes estudos como para ascender a oficial. Despois traballou como contable para unha empresa de axentes de alfándegas, mais pronto se cansou do seu traballo. En 1886, aos vintecinco anos, chegou ao Congo en busca de aventuras. Nun tempo en que en todo o territorio había só uns poucos centos de homes brancos, Rom progresou con rapidez. Foi promovido pronto ao cargo de comisario do distrito de Matadi e, en calidade de tal, presidíu a primeira cerimonia de matrimonio civil dunha parella branca no Estado do Congo. Logo, actuou brevemente como xuiz. Tras conseguir diversas medallas, Rom acadou certa gloria a raíz dun episodio ocurrido na batalla contra os “árabes” cando penetrou audaz nun forte para negociar as condicións de rendición. “Rom prestouse espontáneamente como voluntario […]. Saíu desarmado, acompañado só por un intérprete e, desde o punto asignado para a xuntanza, viu todas as tropas árabes tras das fortificacións, cos rifles preparados. Un emisario que portaba o Corán do sultán como salvoconducto invitouno a entrar na fortaleza. A pesar dos temores do intérprete, que temía unha trampa, Rom penetrou resoltamente no campamento inimigo. Tras dúas horas de negociacións saíu daquel toco levando unha bandeira árabe como proba de rendición”. […] O ascenso social de Rom debeuse a algo máis que o seu simple rango militar; tamén posuía algún aderezo intelectual. Cada vez que regresaba a Europa, levaba consigo moitas mostras de bolboretas e, co tempo, foi elexido membro da Sociedade Entomolóxica de Bélxica.

34

Page 34: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

Léon Rom despois dunha cacería, enriba dun elefante.

35

Page 35: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

JOSEPH CONRAD36

“Imaginaos a una persona, a un pequeño crío polaco que soñaba con ser como los héroes de la nación inglesa, y que quizás se convirtiera en más que eso, un novelista inglés que nos llenaría a todos con sus aventuras relatadas en sus novelas. Marlow, quien no será más que una tapadera de su vida, relatará cada sentimiento, cada emoción y cada detalle del Congo. Seguidme, os digo, imaginad en la noche, bajo la tenue luz de una farola, a un pequeño observando con admiración un mapa expuesto en un comercio de reliquias marinas. Imaginad a ese niño que soñaba con viajar, con entregarle su vida al mar. Cierto fue que a los 12 años quedó huérfano y un tío suyo se ocupó de él. Tuvo que aprender él sólo a dar sus primeros pasos como persona. Y aunque tuvo alguna que otra caída en la oscuridad al final logró salir a flote como el alba de cada día.Ahora imaginad, no una cara de inocencia, sino una cara de seguridad, de fuerza, de ilusión. Unos ojos fijos, deslumbrando sus pupilas como si tuvieran luz propia. Y en el escaparate de una tienda la más envolvente oscuridad. Un montón de reliquias y cachivaches con sus historias propias, y un fondo fúnebre de madera gastada. Más en lo más alto de la pared, un mapa es iluminado por una farola salida de la nada. El mapa es de cuero, de un cuero buenísimo. El pequeño lo mira y mira todos sus lugares, sobre todo le llama la atención un río que tiene forma de serpiente. Un río en una África que estaría siendo horrorosamente colonizada. Pero el crío sólo ve a esa serpiente secuaz y retorcida. Y a su vez dice <<Cuando sea mayor iré allí>>.  Y así fue que sus sueños se hicieron realidad. Una realidad oscura. Así pues, fue arrastrado a lo más profundo de su corazón en un viaje del que ni se habría llegado a preparar lo suficiente psicológicamente por mucho que lo intentara.Más aún así el pequeño Conrad creció y cuando fue lo suficiente adulto nos relató sus aventuras con afán. En su llegada al Congo, Marlow, es decir, Joseph Conrad nos relata su impresión destructora del coraje y los principios humanos de los hombres. Nos dice como las personas cambian allí, y como el instinto primitivo resurge de los principios de los tiempos. También nos relata, al inalcanzable y desdichado Kurtz. […]”

http://arantxa.wordpress.com/

Page 36: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

37

Page 37: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

38

Page 38: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

39

Nesta viñeta de “Tintin no Congo” preséntasenos ao protagonista subido enriba dunha cadeira que é portada por catro negros congoleños. A imaxe de Tintin –personaxe de banda deseñada creado en 1929 por Hergé- remítenos á do explorador europeo, cun gorro “ao Stanley”. Segundo o propio autor da ilustración, aquel álbum foi debuxado con evidente paternalismo, sentimento predominante na Bélxica de 1930, para “suscitar vocacións coloniais”. O principal lugar de inspiración para a recreación da historieta foi o Museo Real de África Central, en Bruxelas, no que se reuniron riquezas apropiadas do Congo.

Page 39: HEART OF DARKNESS EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS O … · CORAÇAO DAS TREVAS CUORE DI TENEBRA 2. Este mapa pertence os séculos VIII ó XIII. Aquí vese a separación de terras e augas

40

A guerra do coltan desangra ao Congo Ana Delicadowww.elcorresponsal.org

Agora que o coltan, imprescindible para a fabricación de teléfonos móbiles como para os misís balísticos, escasea en Australia, Brasil e Tailandia, empresas multinacionais estableceron unha política de rapiña para obtelo na convulsionada República Democrática do Congo. Neses intereses e non nas diversidades étnicas céntranse centran os conflitos que desangran a rexión.

3 de xullo de 2003