ies ponte caldelas - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do debuxo...

38
IES PONTE CALDELAS 1

Upload: doandien

Post on 26-Apr-2018

221 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

IES PONTE CALDELAS

1

Page 2: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

1. INTRODUCIÓN:

2

Page 3: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

MODALIDADE DE CIENCIAS

Na modalidade de CIENCIAS, o alumno cursará:

- catro materias troncais xerais:

Filosofía, Lingua Castelá e Literatura I, Lingua Estranxeira I (3h)

e Matemáticas I (4h)

- unha materia específica obrigatoria:

Educación Física (2h)

- unha materia de configuración autonómica obrigatoria:

Lingua Galega e Literatura I (3h)

Ademais, cursará dúas materias troncais de opción dun itinerario polo que manifeste a súa

preferencia e dúas/tres materias específicas opcionais.

MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN ITINERARIO I ITINERARIO II

Bioloxía e Xeoloxía 4h Debuxo Técnico I 4h Física e Química 4h Física e Química 4h

MATERIAS ESPECÍFICAS OPCIONAIS (6H) Tecnoloxía Industrial I 3h Cultura Científica 2h Anatomía Aplicada 3h Francés 2h TIC 2h Relixión 1h Troncal non cursada 4h

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA Robótica 2h Antropoloxía 2h

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN DE CENTRO Problemas Éticos Actuais 1h Comunicación Oral 1h English Conversation 1h Física e Química Experimental 2h As materias troncais de opción e as específicas opcionais contribúen a completar a formación do alumnado profundando en aspectos propios da modalidade elixida ou ampliando as perspectivas da propia formación xeral.

3

Page 4: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Bioloxía e Xeoloxía Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Tipo de materia: troncal de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Preténdese adquirir coñecementos sobre o Universo e, especialmente, sobre a súa realidade máis próxima a nós, realizando unha ampliación e profundización dos coñecementos biolóxicos e xeolóxicos, para coñecer e analizar niveis máis complexos de organización dos seres vivos e comprender mellor a Terra como planeta activo. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Comprender os conceptos, leis, teorías e modelos máis importantes e xenerais da Bioloxía e a Xeoloxía, que permitan ter unha visión global e unha formación científica básica para desenvolver estudos posteriores e aplicalos a situacións reais e cotiás. - Desenvolver hábitos de observación e descrición esenciais para o traballo do naturalista. - Comprender o funcionamento dos seres vivos como diferentes estratexias adaptadas ao medio, súa diversidade e a necesidade da súa clasificación. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: - Bioloxía e Xeoloxía 4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: - Unha carreira universitaria relacionada con Bioloxía, Ciencias Ambientais, algunhas enxeñerías e todas as carreiras biosanitarias, Psicoloxía, etc. - Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais: Laboratorio, Anatomía Patolóxica e Citolóxica, Coidados Auxiliares de Enfermería, Dietética,, Xardinería, Industria alimentaria, Farmacia, Saúde Ambiental, etc. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

4

Page 5: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Debuxo Técnico I

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: Debuxo Tipo de materia: troncal de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: O coñecemento do Debuxo Técnico supón adquirir unha linguaxe universal nos seus dous niveis de comunicación: comprender ou interpretar a información gráfica codificada e expresarse ou elaborar esa información de forma comprensible para os destinatarios. Durante o primeiro curso trabállanse as competencias básicas relacionadas co Debuxo Técnico como linguaxe de comunicación e instrumento básico para a comprensión, análise e representación da realidade. Para iso, introdúcense gradualmente e de maneira interrelacionada tres grandes bloques: Xeometría, Sistemas de representación e Normalización. Trátase de que o estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Preténdese dotar ao estudante das competencias necesarias para utilizar a expresión gráfica con obxectividade, grazas á aprendizaxe dunha serie de convencións de maneira fiable, obxectiva e inequívoca. - Lograr que o alumno desenvolva un nivel inicial do súa visión espacial, entendida como a capacidade de abstracción para, por exemplo, visualizar ou imaxinar obxectos tridimensionais representados mediante imaxes planas e, por tanto, adquirir previamente as destrezas que permitan as resolución de problemas xeométricos no plano. - Ademais de comprender a información gráfica técnica, é preciso que o estudante aborde a representación de espazos ou obxectos de todo tipo e elaboración de documentos técnicos normalizados que plasmen proxectos relacionados co deseño gráfico, a arquitectura ou coa fabricación industrial. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Matemáticas, Educación plástica e visual e Tecnoloxía. 4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Debuxo Técnico II na modalidade de Ciencias

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: - Unha carreira universitaria relacionada con enxeñería, arquitectura, deseño ou belas artes. - Calquera Ciclo Formativo das Familias Profesionais industrial, construción, ou artes, especialmente deseño gráfico e debuxo. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Debuxo.

5

Page 6: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Física e Química Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: FÍSICA E QUÍMICA Tipo de materia: troncal de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: En primeiro de bacharelato, o estudo da química secuenciouse en catro bloques: aspectos cuantitativos de química, reaccións químicas, transformacións enerxéticas e espontaneidade das reaccións, e química do carbono. Este último adquire especial importancia pola súa relación con outras disciplinas, que tamén son obxecto de estudo no bacharelato. O estudo da física consolida o enfoque secuencial (cinemática, dinámica e enerxía) esbozado no segundo ciclo de ESO. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: -Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida. -Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego. -Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

FQ, Matemáticas,Ciencias aplicadas á actividade profesional, Tecnoloxía, BX

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO:

Calquera opción de Ciencias. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Unha carreira universitaria relacionada con Ciencias, Enxeñerías e Arquitectura. Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais de Electricidade/Electrónica, Mecanizado, Automoción, Informática, Sanidade, Química, Alimentación, Téxtil e Vidro, Cerámica, etc. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Física e Química

6

Page 7: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Cultura Científica

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Tipo de materia: específica de

opción 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A cultura científica faise necesaria para que unha sociedade poida afrontar novos retos e atopar solucións para eles. O desenvolvemento dun país, a súa contribución a un mundo cada vez máis complexo e globalizado, así como o benestar dos cidadáns na sociedade da información e do coñecemento, dependen directamente do seu potencial cultural. A cultura científica contribúe a que as persoas comprendan o presente no que viven, a súa saúde, a súa contorna tecnolóxica, as súas oportunidades e os seus perigos. A ciencia forma parte do acervo cultural da humanidade e calquera civilización apoia os seus avances e logros nos coñecementos científicos que se adquiren con esforzo e creatividade. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: Veranse aspectos como a formación da Terra, que inclúe a estrutura interna da Terra, a Tectónica de Placas, os riscos naturais asociados, e a teoría da Evolución. Repásanse os principais avances en medicamentos e terapias médicas (fármacos, vacinas, terapias xenéticas, …). Breve introdución aos avances en xenética, clonación, reprodución asistida e os dilemas éticos asociados. Analízanse as novas tecnoloxías en información e comunicación, as súas potencialidades e inconvenientes. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Ningunha en especial. Resulta máis comprensible se cursaches materias de ciencias, pero tamén é válida para a área de letras, pois aporta coñecementos para lograr unha formación integral do alumnado e potencia a súa capacidade crítica respecto dos avances científicos actuais. 4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Serve para calquera das opcións de bacharelato, tanto de letras como de ciencias, xa que se trata dunha materia que proporciona un acervo cultural de natureza científica. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Constitúe obxecto de estudo para a Psicoloxía, a Socioloxía, a Historia, a Antropoloxía e a Filosofía (Epistemoloxía, Ética, Lóxica, etc.), entre as disciplinas saíntes. Posúe singular relevancia para a Medicina. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

7

Page 8: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Segunda Lingua Estranxeira: Francés I

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: FRANCÉS Tipo de materia: específica de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Elixir esta materia vai permitir aos alumnos seguir ca aprendizaxe dun segundo idioma estranxeiro. Esta materia faise imprescindible na sociedade actual marcada polo desenvolvemento das novas tecnoloxías e comunicacións internacionais. No ámbito laboral, vai permitir abrir novos horizontes xa que falar un cuarto idioma á parte dos propios e do inglés é unha vantaxe xa que a industria e o comercio francés están moi presentes na nosa rexión ( CITROËN, CARREFOUR, ALCAMPO, FEU VERT, FNAC, LE ROY MERLIN…) e sempre poderá axudar nun futuro falar este idioma. No ámbito social permite tomar contacto con outras culturas e persoas. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: Con esta materia preténdense alcanzar as destrezas comunicativas básicas tanto orais como escritas que marcan o Marco Común Europeo de Referencia, a saber, destrezas sociolingüísticas e socioculturais. E, para os que xa cursaron a materia en ESO, servirá de repaso dos contidos xa vistos. A metodoloxía baséase sobre todo nun enfoque práctico e comunicativo. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Francés

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Francés II 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Interesa en calquera carreira Universitaria ou Ciclo Formativo.

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Francés.

8

Page 9: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Tecnoloxía Industrial I

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: TECNOLOXÍA Tipo de materia: específica de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A materia de Tecnoloxía Industrial I trata todas as actividades relacionadas coa fabricación de produtos industriais. Así, na industria necesítase enerxía para facer funcionar as máquinas, polo que se estudarán os Recursos Enerxéticos, renovables (eólica, solar…) e non renovables (petróleo, nuclear…). A materia prima dos produtos fabricados son os Materiais, tanto os materiais clásicos como os materiais de última xeración que revolucionan os equipos de consumo que todos dispoñemos. A fabricación realízase mediante Máquinas (torno, fresadora…), aplicando os Procedementos de Fabricación adecuados que garantan unha óptima fabricación á vez que resulte respectuoso co medio ambiente e tomando as medidas de seguridade que sexan necesarias. As máquinas contrólanse principalmente con Circuítos Eléctricos/Electrónicos e Pneumáticos/Hidráulicos. Por último, unha vez fabricados os produtos, é necesario poñelos no mercado, utilizando técnicas de Márketing. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Realizar un esquema dos recursos e materiais necesarios para a fabricación e venda de produtos industriais. - Aplicar os coñecementos adquiridos noutras materias, xunto aos propios de Tecnoloxía Industrial, en aplicacións prácticas similares ás que se poidan atopar na industria. - Adquirir competencias que faciliten ao alumno a súa incorporación a estudos superiores, a estudos de formación profesional ou ao mundo laboral. - Dispoñer dos coñecementos básicos que permitan seguir profundando no mundo da industria, na materia de 2º de Bacharelato, Tecnoloxía Industrial II. - Incorporar os conceptos e o vocabulario empregado en contornas industriais. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Física e Química. Tecnoloxía da Información e a Comunicación.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Tecnoloxía Industrial II

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: - Unha carreira universitaria de carácter técnico: enxeñerías, arquitectura. - Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais Electricidade, Electrónica, Mecánica, Obra Civil, Mantemento e Instalacións. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Tecnoloxía.

9

Page 10: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Tecnoloxías da Información e a Comunicación I Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: TECNOLOXÍA Tipo de materia: específica de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) preséntanse cada vez máis como unha necesidade no contexto da sociedade, onde os rápidos cambios, o aumento dos coñecementos e a necesidade de difusión e debate sobre os mesmos convértense nunha esixencia permanente. Actualmente, a incorporación ao mundo laboral esixe en case todos os sectores un coñecemento no manexo da maioría de ferramentas TIC (ofimática, deseño gráfico, retoque fotográfico, programación, edición de páxinas web…). Así mesmo, o mundo académico non é alleo a esta esixencia, xa que as TlC son consideradas como instrumento ao servizo de todas as materias do currículo, e o seu estudo supón ademais o desenvolvemento de capacidades intelectuais e a adquisición de certas destrezas. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Adquirir capacidades en ferramentas informáticas que faciliten o estudo e a realización de tarefas noutras materias. - Dispoñer dos coñecementos básicos que permitan comezar estudos tras o bacharelato ou que faciliten a incorporación ao mundo laboral. - Incorporar os conceptos e o vocabulario empregado nas contornas informáticas. - Aprender o manexo de programas de uso xenérico que permitan o uso do computador e da internet, tanto dentro como fose do ámbito educativo. - Coñecer e diferenciar as características dun equipo informático: monitor, cpu,... - Utilizar con criterio e responsabilidade, todas as posibilidades que ofrece a informática nas redes sociais. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Esta materia pódese seguir sen dificultades, non se parte da base dunha certa formación básica.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Tecnologías de la Información y Comunicación II. El estudio de esta asignatura permitirá al alumno disponer de unas herramientas y de unas capacidades, que le facilitará la realización de trabajos, búsqueda de información y el estudio de cualquier otra materia. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Calquera actividade, xa sexa formativa, social ou laboral, pode verse favorecida por un bo uso das tecnoloxías da información e a comunicación. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Tecnoloxía.

10

Page 11: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Robótica

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: TECNOLOXÍA Tipo de materia: libre configuración

autonómica 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A robótica permite desenvolver os obxectivos, contidos e competencias propios das materias de Tecnoloxía, ademais, a construción e programación de robots permite aos estudantes experimentar e comprender coñecementos interdisciplinares de Matemáticas, Física, Informática, etc., Implica unha aprendizaxe orientada á resolución de problemas, a través do desenvolvemento dun Proxecto cos métodos propios de Enxeñería para xerar un produto tecnolóxico tanxible (no noso caso un robot), integrando coñecementos multidisciplinares de Ciencia e Tecnoloxía. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Introducir ao estudante á robótica móbil. - Que o estudante estea en capacidade de construír e programar robots que demostren comportamentos exitosos. - Entender a problemática asociada ao uso de robots físicos en ambientes non estruturados e complexos. - Deseñar e construír robots móbiles capaces de cumprir tarefas específicas utilizando sensores e actuadores. - Realizar documentacións técnicas dos comportamentos robóticos implementados, así como das probas realizadas e os resultados obtidos. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Tecnoloxía, Matemáticas, Física…

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Tecnoloxía industrial II, Matemáticas, Física

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Ciclo Formativo das Familias Profesionais de Electricidade/Electrónica, Mecanizado, Automoción, Informática, Sanidade, tecnoloxía, inxenierías.

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Tecnoloxía.

11

Page 12: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Anatomía Aplicada Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: Artes Departamento: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Tipo de materia: específica de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Preténdese facer tomar conciencia ao alumnado da importancia do coñecemento do seu corpo como fonte de benestar e de identidade persoal. Ademais, o alumnado que cursa este bacharelato debe adquirir conciencia de que o corpo é a súa principal ferramenta de traballo e vía de comunicación, de aí o que sexa unha anatomía aplicada tamén aos procesos de comunicación. Resulta así unha materia imprescindible para as artes escénicas. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Coñecer a anatomía e fisioloxía básicas de todos os aparellos que configuran o noso organismo: dixestivo, respiratorio, excretor, nervioso, etc. - Coñecer as necesidades anatómicas e fisiolóxicas que facilitan as actividades artísticas. - Identificar o traballo físico que preserva a saúde e potencia o seu bo rendemento, en contra daquelas prácticas que diminúen o seu rendemento físico, artístico e poden ocasionar enfermidades. - Manexar con soltura a terminoloxía de anatomía, fisioloxía, nutrición, patoloxía - Coñecer a biomecánica para o seu correcto uso e comprensión no mundo artístico. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Ningunha en especial. Pode resultar máis comprensible se cursaches a materia de Bioloxía e Xeoloxía pero afóndase nos contidos da materia obrigatoria de 3º da ESO.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Non aparece ningunha materia vinculada a esta. Axudarache a comprender as artes escénicas e como é a presenza corporal nun escenario ademais de adquirir coñecementos sobre a anatomía humana que serían empregados en carreiras e ciclos da rama biosanitaria ou deportiva. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: - Unha carreira universitaria relacionada coas artes escénicas, acceso á Escola Superior de arte dramática, música, danza, etc. ou biosanitaria. - Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais: Actividades deportivas/Biosanitaria. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

12

Page 13: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Física e Química Experimental

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: FÍSICA E QUÍMICA Tipo de materia: específica de Centro

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Esta materia está dirixida ao alumnado que mostra interese pola Ciencia e a Tecnoloxía e proporciónalle a posibilidade de mellorar as competencias clave, útiles e valiosas tanto si a súa posterior formación fose universitaria ou profesional.Non pretende ser unha simple resolución de prácticas con receita, se non que se vai centrar en aprender como se fai ciencia en pequenos proxectos de investigación. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: -Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida. -Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. -Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico. -Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Física e Química,Ciencias aplicadas á actividade profesional, Tecnoloxía

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Física ou Química

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Unha carreira universitaria relacionada con Ciencias, Enxeñerías e Arquitectura. Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais de Electricidade/Electrónica, Mecanizado, Automoción, Informática, Sanidade, Química, Alimentación, Téxtil e Vidro, Cerámica, etc. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Física e Química

13

Page 14: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Antropoloxía Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: FILOSOFÍA Tipo de materia: libre configuración

autonómica 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Estudar Antropoloxía é ingresar nun túnel do tempo e escavar no pasado do ser humano e da súa diversidade. Esta materia axuda ao estudante a coñecer moitos aspectos da sociedade que se toman usualmente como naturais, como preceptos que nos son ensinados e inculcados sen reflexionar respecto diso, axuda a entender e a criticar diversas facetas das culturas. Brinda un acervo importante de coñecementos relacionados con distintas problemáticas, psicolóxicas, históricas, lingüísticas, así como tamén se incorporan coñecementos sobre a economía e a política, entre outras disciplinas. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Adquirir unha visión científica do ser humano, atendendo á súa dimensión biolóxica e a cultural. - Coñecer, comprender e asumir as diferenzas e valorar a súa importancia para a supervivencia da especie nun mundo cada vez máis intercomunicado. - Adoptar, fronte ao feito da diversidade cultural e biolóxica, una perspectiva integradora, que supere o etnocentrismo e o relativismo, que posibilite o recoñecemento libre de prexuízos e a relación responsable coas outras persoas. - Coñecer, analizar e comprender os procesos que conforman a natureza e a cultura humanas. - Fomentar actitudes de tolerancia que faciliten o diálogo entre as culturas. - Adquirir unha comprensión global do humano, a partir das achegas dos distintos campos da antropoloxía, das distintas ciencias humanas, sociais e naturais. - Valorar as achegas desde variadas perspectivas, como facilitadoras das claves que permiten realizar a conexión e a interpretación crítica dos diferentes materiais antropolóxicos. - Coñecer a especificidade dos estudos antropolóxicos, familiarizarse cos seus métodos de traballo específicos e aplicalos ao estudo do contorno próximo, a fin de mellorar o coñecemento e valorar o patrimonio cultural de Galicia. - Transferir os coñecementos adquiridos á análise dos problemas fundamentais do mundo actual co fin de comprender as súas causas e implicarse activamente nas súas solucións. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Esta materia pódese seguir sen dificultades, axuda filosofía de 4º ESO.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Principalmente a Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Constitúe obxecto de estudo para a Psicoloxía, a Socioloxía, a Historia, a Antropoloxía e a Filosofía (Epistemoloxía, Ética, Lóxica, etc.), entre as disciplinas saíntes.

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Filosofía.

14

Page 15: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Comunicación Oral Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: LINGUA E LITERATURA GALEGA Tipo de materia: específica de Centro

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A materia de COMUNICACIÓN ORAL abórdase desde dúas disciplinas estreitamente relacionadas entre si: a oratoria e a argumentación. A oratoria permite adestrarse nas técnicas necesarias para falar en público, vencendo o medo escénico e aprendendo a construír discursos axeitados á diferente tipoloxía da comunicación oral: o discurso, a presentación, o debate… A argumentación baséase na construción de textos, neste caso orais, elaborados a partir dunha selección contrastada e rigorosa da información. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Dotar de técnicas de expresión oral ao alumnado que son fundamentais para a socialización e o desenvolvemento dos individuos e cidadáns. - Afondar no coñecemento dunha das habilidades sociais máis importantes: a fluidez comunicativa, ligada á oratoria e á escoita atenta. - Incitar o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade. - Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo cooperativo en equipo. - Tratar de optimizar a personalidade de cada un, mellorando a autoestima, aumentando a empatía, conseguindo unha maior sintonía, e controlando a ansiedade de falar en público. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Esta materia pódese seguir sen dificultade, non precisa de formación previa específica.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Non ten continuidade mais a materia contribúe a desenvolver destrezas vinculadas fundamentalmente con tres competencias clave: a comunicación lingüística, xa que permite unha extraordinaria mellora das destrezas comunicativas, sobre todo das de carácter oral; a competencia social e cívica, pois a oratoria e a expresión oral carecen de sentido se non é para participar de xeito eficaz e construtivo na vida social e profesional; e a competencia do sentido da iniciativa e espírito emprendedor, pois a oratoria fomenta a proactividade, o autocoñecemento e a autoestima. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: No mundo actual, posuír unha boa comunicación oral axuda a desenvolverse con éxito en calquera campo académico e/ou profesional. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Lingua e Literatura Galega

15

Page 16: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

English Conversation Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: LINGUA INGLESA Tipo de materia: específica de Centro

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Esta materia pretende desenrolar no alumnado a necesidade de empregar a lingua inglesa para se comunicar, poñendo en valor a educación desde unha perspectiva intercultural, mellorando as súas destrezas orais e auditivas, fluidez e precisión no uso de estruturas, léxico, entoación e pronuncia da lingua inglesa en situación o máis reais posibles. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Afondar na práctica oral da lingua inglesa e instalar automatismos nas respostas en conversas - Mellorar a pronuncia e entoación, a corrección, a fluidez e o uso de vocabulario variado - Atopar fórmulas para evitar o uso da lingua materna. - Mellorar a práctica oral diante dun grupo como preparación para a vida laboral - Elaboración de mensaxes orais coherentes, incrementando a súa dificultade ao longo do curso e apoiando, segundo se lle pida eses mensaxes con medios tecnolóxicos. - Comprensión de mensaxes orais en xeral e na procura de información precisa - Valoración do propio traballo e do uso da lingua inglesa 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Inglés.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Calquera das modalidades de Bacharelato. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Calquera actividade, xa sexa formativa, social ou laboral, pode verse favorecida por un bo uso da comunicación. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Inglés.

16

Page 17: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Problemas Éticos Actuais

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: FILOSOFÍA Tipo de materia: libre configuración

de Centro 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A ética impregna toda a vida social. Está relacionada cos nosos dereitos e deberes como cidadáns e cidadás, coa nosa democracia e coa confianza nun mesmo e nos demais. Noutras palabras, a ética non é allea a ningunha actividade humana, de forma que podemos falar dunha “ética médica”, unha “ética profesional” e unha “ética política”, entre outras. Isto é así porque a ética esixe a coherencia persoal e grazas a ela pódese impedir a instrumentalización doutras persoas e conseguir que se respecten os dereitos humanos. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Analizar e discutir sobre problemas morais actuais ( Bioética, Ecoloxía, Xénero e Identidade , Novas Tecnoloxías, Ética empresarial, etc). - Capacitarase ao alumno para coñecer os principais problemas éticos nas sociedades actuais desde distintas perspectivas. - Preténdese, á luz da análise dos conceptos éticos fundamentais, fomentar a capacidade crítica e discursiva do alumno na análise dos principais problemas éticos do ser humano contemporáneo. -A signatura aporta ao alumno unha mirada lúcida e crítica sobre o noso presente, ofrecendo unhas excelentes ferramentas conceptuais para a súa autocomprensión e a do mundo no que actualmente vivimos. - Academicamente supón unha extraordinaria oportunidade para fomentar a súa capacidade de argumentación oral mediante o exercicio de debates. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Esta materia pódese seguir sen dificultades.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Calquera das modalidades de Bacharelato. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Interesa en calquera carreira Universitaria ou Ciclo Formativo.

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Filosofía.

17

Page 18: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Na modalidade de CIENCIAS SOCIAIS, o alumno cursará:

- catro materias troncais xenerais:

Filosofía, Lingua Castelá e Literatura I, Lingua Estranxeira I(3h) e

Matemáticas CCSS I ou Latín I (4h)

- unha materia específica obrigatoria:

Educación Física (2h)

- unha materia de configuración autonómica obrigatoria:

Lingua Galega e Literatura I (3h)

Ademais, cursará dúas materias troncais de opción dun itinerario

polo que manifeste a súa preferencia e dúas/tres materias

específicas opcionais.

MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN ITINERARIO I - Mat. Aplicadas ITINERARIO II – Latín I

Economía 4h Literatura Universal 4h Hª do Mundo contemporáneo 4h Grego I 4h

Hª do Mundo contemporáneo 4h

MATERIAS ESPECÍFICAS OPCIONAIS (6H) Linguaxe e Práctica Musical 3h Cultura Científica 2h Anatomía Aplicada 3h Francés 2h TIC 2h Relixión 1h Troncal non cursada 4h Debuxo Artístico I 3h

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA Robótica 2h Antropoloxía 2h

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN DE CENTRO Problemas Éticos Actuais 1h Comunicación Oral 1h English Conversation 1h Física e Química Experimental 2h As materias troncais de opción e as específicas opcionais contribúen a completar a formación do alumnado profundando en aspectos propios da modalidade elixida ou ampliando as perspectivas da propia formación xeral.

18

Page 19: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Latín I

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Itinerario: Humanidades Departamento: Linguas Clásicas

Tipo de materia: troncal de modalidade 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA:

O curso é unha introdución ao Latín clásico, base da nosa lingua. O coñecemento da lingua orixinaria permite un mellor dominio do idioma propio, así como de todas as linguas romances. O curso baséase na presentación dos aspectos gramaticais (Morfoloxía e Sintaxe) e léxicos (Etimoloxía) da lingua, para chegar á lectura de textos sinxelos que nos acheguen ao mundo latino. Ademais trátanse temas relacionados co contexto cultural (Historia e Vida cotiá) no que foi desenvolvida a civilización romana. A materia, pois, consta de cinco bloques, tal e como aparece deseñada no curriculum no DOGA :

a) O latín orixe das linguas romances (=etimoloxía); b) Sistema da lingua latina: elementos básicos (=alfabeto; pronunciación e acentuación); c) Morfoloxía; d) Sintaxe; e) Roma: cultura,historia, arte e civilización (Temas de cultura)

2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA:

Os obxectivos desta materia son, sobre todo, lingüísticos. Preténdese un coñecemento dos aspectos básicos da lingua latina e que con isto o alumnado poda comprender mellor o funcionamento das linguas que coñece e estuda. Grazas aos contidos do bloque de etimoloxía preténdese conseguir que o alumnado reflexione sobre as súas propias linguas despois de coñecer a lingua da que xurdiron, pero ademais, o alumnado coñecerá a orixe de palabras de uso frecuente e aprendera novas palabras, polo cal será quen de ampliar o seu vocabulario.

A través do coñecemento dos principais feitos culturais o alumnado poderá valorar e reflexionar sobre a dimensión cultural actual, baseada nunha boa parte na herdanza que Roma deixou na cultura occidental. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Cultura Clásica de 3º de E.S.O e Latín de 4º de E.S.O

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Latín II. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: - Unha carreira universitaria relacionada con Filoloxía ou Tradución, Xeografía-Historia, Historia da Arte ou algunha carreira relacionada con ámbito das Ciencias Sociais. - Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Linguas Clásicas

19

Page 20: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Matemáticas Aplicadas ás CS

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Itinerario: Ciencias Sociais Departamento: Matemáticas

Tipo de materia: troncal de modalidade 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A materia é continuación do estudado na ESO, afondando en complexidade e prestando maior atención á parte formal de escritura e razoamento. Consta de bloques tres bloques fundamentais:

- Números e álxebra: números reais, matemáticas financeiras, resolución de ecuacións e sistemas.

- Análise: función elementais, límites, continuidade e derivadas. - Estatística e probabilidade: estatística bidimensional, sucesos e probabilidade,

distribucións de probabilidade binomial e normal.

2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: Proporcionar ferramentas para interpretar e manexar información de carácter científico e estatístico. Contribuir á adquisición da Competencia matemática e da Competencia básica en ciencia e tecnoloxía. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: É imprescindible cursar Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Académicas

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Matemáticas aplicadas ás CCSS II, Métodos Estatísticos e Numéricos.

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Estudos da rama de humanidades e ciencias sociais que conteñan materias de matemáticas ou de estatística: economía, socioloxía, ciencias políticas, …

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Consultando ao profesorado do Departamento de Matemáticas.

20

Page 21: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Matemáticas Aplicadas ás CS Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Itinerario: Ciencias Sociais Departamento: Matemáticas

Tipo de materia: troncal de modalidade 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA:

A materia é continuación do estudado na ESO, afondando en complexidade e prestando maior atención á parte formal de escritura e razoamento.

Consta de bloques catro bloques fundamentais: - Números e álxebra: números reais e complexos, resolución de ecuacións e sistemas.

- Xeometría: trigonometría, vectores e xeometría analítica no plano.

- Análise: función elementais, límites, continuidade e derivadas.

- Estatística e probabilidade: distribucións bidimensionais

2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: Proporcionar ferramentas para interpretar e manexar información de carácter científico. Contribuir á adquisición da Competencia matemática e da Competencia básica en ciencia tecnoloxía.

3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: É imprescindible cursar Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Académicas

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Matemáticas II e Métodos Estatísticos e Numéricos. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Graos en materias científicas en xeral (Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, …), graos da rama sanitaria (Medicina, Enfermería, Psicoloxía, …) , graos de carácter técnico (enxeñerías e arquitecturas). Ciclos superiores de perfil científico-técnico. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Consultando ao profesorado do Departamento de Matemáticas.

21

Page 22: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Economía

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Itinerario: Ciencias Sociais Departamento: Economía

Tipo de materia: troncal de opción 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A materia de Economía ofrece unha formación xeral imprescindible para comprender o mundo en que vivimos e dar resposta a moitos dos seus interrogantes. Tamén axuda a resolver situacións e problemas da vida cotiá: case tódalas actividades do ser humano teñen unha vertente económica, e coñecela vai permitir tomar decisións máis meditadas. E sobre todo, os seus contidos son idóneos para fomentar valores e actitudes responsables e críticas ante os grandes problemas económicos actuais: desigualdade económica, sobreexplotación dos recursos, ou os derivados da globalización da actividade económica. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Identificar o ciclo da actividade económica, distinguir sistemas económicos e formar un xuízo persoal acerca das vantaxes e inconvenientes de cada un deles. - Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicación e internet sobre problemas económicos actuais e comparar as medidas de política económica propostas. - Describir o funcionamento do mercado e os seus fallos e analizar o papel regulador do sector público. - Coñecer e comprender o uso e significado das principais magnitudes macroeconómicas como indicadores da situación económica dun país ou rexión. - Reflexionar de maneira crítica acerca do funcionamento do sistema financeiro e da necesidade da súa regulación. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Economía.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Economía da Empresa e Fundamentos de Administración e Xestión.

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: - Unha carreira universitaria do ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas: Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dirección e Xestión Pública, Publicidade e Relacións Públicas, Ciencia Política e da Administración, Comercio, Comercialización e Loxística, Socioloxía,... Tamén é útil nos estudos relacionados coas Ciencias da Información, como Xornalismo. - Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais de Administración, Comercio e Márketing. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Economía.

22

Page 23: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Hª do Mundo Contemporáneo

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Itinerario: Ciencias Sociais Departamento: Xeografía e Historia

Tipo de materia: troncal de opción 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Na materia trabállase sobre os principais feitos, conceptos e períodos históricos sucedidos no mundo contemporáneo (séculos XVIII-XX). Na práctica, é un estudo en profundidade dos contidos desenvolvidos na materia Ciencias Sociais de 4º ESO, eludindo os contidos relativos á Historia de España, aos que se lles destina unha materia obrigatoria en 2º Bacharelato 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Coñecer os antecedentes da sociedade actual, situándoos no espazo e no tempo - Valorar as achegas de xeracións anteriores a nós na conquista de dereitos e benestar social - Adquirir unha visión global do mundo contemporáneo, que permita a análise dos problemas do mundo actual. - Manexar os conceptos e instrumentos básicos da Ciencia histórica. - Revisar de forma crítica as propias ideas sobre a sociedade e tomar consciencia de que somos parte activa dela. - Crear documentos con información de contido histórico 3. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA O ALUMNADO QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Calquera materia. A Historia Contemporánea fornece de coñecementos e bases culturais para ser                       cidadá/n  con criterio propio.  4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA O ALUMNADO QUE QUEIRA CURSAR: Calquera grao que implique unha comprensión da sociedade actual: Xeografía, Economía, Historia, Xornalismo, Publicidade, Turismo, Ciencias da Cultura e da Difusión Cultural, Ciencias da Educación, Historia da Arte, Belas Artes, Educación musical, Socioloxía, Ciencias Políticas, Traballo social, etc Calquera Ciclo Superior de Formación Profesional 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Xeografía e Historia.

23

Page 24: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Literatura Universal

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Itinerario: Humanidades Departamento: Dpto. de Lingua Galega

Tipo de materia: troncal de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A materia ofrece un paseo histórico pola literatura universal desde a antigüidade ata os nosos días. A través da lectura de textos representativos das diferentes épocas chegaranse a coñecer as características principais de cada período ou movemento, así como os autores e autoras máis representativos. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Ler, comprender e analizar obras breves, fragmentos ou obras completas, significativas de distintas épocas, interpretando o seu contido de acordo cos coñecementos adquiridos sobre temas e formas literarias, así como sobre períodos e autores/as significativos. - Realizar traballos críticos sobre a lectura dunha obra significativa dunha época, interpretándoa en relación co seu contexto histórico e literario, obtendo a información bibliográfica necesaria e efectuando unha valoración persoal. - Realizar exposicións orais ou escritas acerca dunha obra, un autor ou unha época con axuda de medios audiovisuais e das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Non é preciso ter cursado ningunha en especial. 4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: A modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou a de Artes. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, Tradución e Interpretación, Linguas estranxeiras ..., ademais de moitas outras relacionadas coas humanidades e coas artes. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Lingua Galega.

24

Page 25: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Grego I Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Itinerario: Humanidades Departamento: Linguas Clásicas

Tipo de materia: troncal de opción 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A materia é unha introdución ao grego clásico e, a través da súa lingua, á cultura dunha civilización que deu orixe a moitos aspectos do pensamento occidental. A materia baséase na presentación das cuestións gramaticais da lingua, para chegar á lectura de textos sinxelos que nos acheguen ao mundo grego. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: Os obxectivos son sobre todo gramaticais. - Preténdese un coñecemento dos aspectos básicos da lingua grega. - A través dos textos farase tamén un achegamento dos contidos culturais do mundo grego. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Cultura Clásica de 3º de E.S.O. e Latín de 4º de E.S.O. 4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Grego II 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Unha carreira universitaria relacionada con Filoloxía ou Tradución 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Linguas Clásicas.

25

Page 26: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Linguaxe e Práctica Musical Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: Artes Departamento: Música Tipo de materia: específica de

opción 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Esta materia pretende familiarizar ao alumno cos distintos elementos da linguaxe musical (notas, figuras, claves, compases, matices, indicacións de dinámica ou tempo, etc.) e dotarlle do vocabulario técnico necesario para referirse a calquera dos compoñentes do discurso da música. Este coñecemento permitiralle ler e analizar partituras e/ou audicións. Así mesmo trabállase a interpretación, tanto individual como colectiva, de pezas musicais de distintas épocas e estilos adaptadas ao nivel e as características persoais dos alumnos. A materia articúlase sobre catro grandes eixos: As destrezas necesarias para a práctica musical, a audición comprensiva, a teoría musical e a expresión musical a través da interpretación e a creación. Por último, inclúese un bloque dedicado ao coñecemento das posibilidades que ofrece a tecnoloxía en creación e edición musical.

2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Progresar no coñecemento dos elementos constitutivos da linguaxe musical, por unha banda e desenvolver as capacidades vinculadas coa expresión, por outro. Para iso partirase da propia experiencia auditiva ou da interpretación lida, memorizada ou improvisada, de diferentes pezas musicais tanto de música culta como popular. - Desenvolver as capacidades que permitan expresarse a través da interpretación vocal, instrumental, o movemento e a audición, así como a memoria e o oído interno. - Practicar e coñecer os elementos básicos da linguaxe musical relativos á tradición musical occidental, así como os do jazz, o pop, o rock, outras músicas urbanas do século XX, o flamenco, as músicas procedentes doutras culturas, e os máis representativos da linguaxe musical contemporánea. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Música

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Análisis Musical II Hª da Música e da Danza 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: - Unha carreira universitaria relacionada con Musicoloxía, Historia e Ciencias da Música, Maxisterio musical. - Estudos musicais en Conservatorios e Escolas de Música, Danza, Arte dramática, Historia da arte, Historia.

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Música.

26

Page 27: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Anatomía Aplicada

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: Artes Departamento: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Tipo de materia: específica de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Preténdese facer tomar conciencia aos alumnos da importancia do coñecemento do seu corpo como fonte de benestar e de identidade persoal. Ademais no caso dos alumnos que cursan este bacharelato deben adquirir conciencia de que o corpo é a súa principal ferramenta de traballo e vía de comunicación, de aí o que sexa unha anatomía aplicada aos procesos de comunicación. Resulta así unha materia imprescindible para as artes escénicas. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Coñecer a anatomía e fisioloxía básicas de todos os aparellos que configuran o noso organismo: dixestivo, respiratorio, excretor, nervioso, etc. - Coñecer as necesidades anatómicas e fisiológicas que facilitan as actividades artísticas. - Identificar o traballo físico que preserva a saúde e potencia o seu bo rendemento, en contra daquelas prácticas que diminúen o seu rendemento físico, artístico e poden ocasionar enfermidades. - Manexar con soltura a terminoloxía de anatomía, fisioloxía, nutrición, patoloxía - Coñecer la biomecánica para su correcto uso y comprensión en el mundo artístico. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Ningunha en especial. Pode resultar máis comprensible se cursaches a materia de Bioloxía e Xeoloxía pero afóndase nos contidos da materia obrigatoria de 3º da ESO. 4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Non aparece ningunha materia vinculada a esta. Axudarache a comprender as artes escénicas e como é a presenza corporal nun escenario ademais de adquirir coñecementos sobre a anatomía humana que serían empregados en carreiras e ciclos da rama biosanitaria ou deportiva. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: - Unha carreira universitaria relacionada coas artes escénicas, acceso á Escola Superior de arte dramática, música, danza, etc. ou biosanitaria. - Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais: Actividades deportivas/Biosanitaria.

27

Page 28: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.. Tecnoloxías da Información e a Comunicación I Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: TECNOLOXÍA Tipo de materia: específica de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) preséntanse cada vez máis como unha necesidade no contexto da sociedade, onde os rápidos cambios, o aumento dos coñecementos e a necesidade de difusión e debate sobre os mesmos convértense nunha esixencia permanente. Actualmente, a incorporación ao mundo laboral esixe en case todos os sectores un coñecemento no manexo da maioría de ferramentas TIC (ofimática, deseño gráfico, retoque fotográfico, programación, edición de páxinas web…). Así mesmo, o mundo académico non é alleo a esta esixencia, xa que as TlC son consideradas como instrumento ao servizo de todas as materias do currículo, e o seu estudo supón ademais o desenvolvemento de capacidades intelectuais e a adquisición de certas destrezas. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Adquirir capacidades en ferramentas informáticas que faciliten o estudo e a realización de tarefas noutras materias. - Dispoñer dos coñecementos básicos que permitan comezar estudos tras o bacharelato ou que faciliten a incorporación ao mundo laboral. - Incorporar os conceptos e o vocabulario empregado nas contornas informáticas. - Aprender o manexo de programas de uso xenérico que permitan o uso do computador e da internet, tanto dentro como fose do ámbito educativo. - Coñecer e diferenciar as características dun equipo informático: monitor, cpu,... - Utilizar con criterio e responsabilidade, todas as posibilidades que ofrece a informática nas redes sociais. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Esta materia pódese seguir sen dificultades, non se parte da base dunha certa formación básica.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Tecnologías de la Información y Comunicación II. El estudio de esta asignatura permitirá al alumno disponer de unas herramientas y de unas capacidades, que le facilitará la realización de trabajos, búsqueda de información y el estudio de cualquier otra materia.

28

Page 29: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Calquera actividade, xa sexa formativa, social ou laboral, pode verse favorecida por un bo uso das tecnoloxías da información e a comunicación. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Tecnoloxía.

Cultura Científica

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: todas Departamento: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Tipo de materia: específica de

opción 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A cultura científica faise necesaria para que unha sociedade poida afrontar novos retos e atopar solucións para eles. O desenvolvemento dun país, a súa contribución a un mundo cada vez máis complexo e globalizado, así como o benestar dos cidadáns na sociedade da información e do coñecemento, dependen directamente do seu potencial cultural. A cultura científica contribúe a que as persoas comprendan o presente no que viven, a súa saúde, a súa contorna tecnolóxica, as súas oportunidades e os seus perigos. A ciencia forma parte do acervo cultural da humanidade e calquera civilización apoia os seus avances e logros nos coñecementos científicos que se adquiren con esforzo e creatividade. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: Veranse aspectos como a formación da Terra, que inclúe a estrutura interna da Terra, a Tectónica de Placas, os riscos naturais asociados, e a teoría da Evolución. Repásanse os principais avances en medicamentos e terapias médicas (fármacos, vacinas, terapias xenéticas, …). Breve introdución aos avances en xenética, clonación, reprodución asistida e os dilemas éticos asociados. Analízanse as novas tecnoloxías en información e comunicación, as súas potencialidades e inconvenientes. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Ningunha en especial. Resulta máis comprensible se cursaches materias de ciencias, pero tamén é válida para a área de letras, pois aporta coñecementos para lograr unha formación integral do alumnado e potencia a súa capacidade crítica respecto dos avances científicos actuais. 4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Serve para calquera das opcións de bacharelato, tanto de letras como de ciencias, xa que se trata dunha materia que proporciona un acervo cultural de natureza científica.

29

Page 30: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Constitúe obxecto de estudo para a Psicoloxía, a Socioloxía, a Historia, a Antropoloxía e a Filosofía (Epistemoloxía, Ética, Lóxica, etc.), entre as disciplinas saíntes. Posúe singular relevancia para a Medicina. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Segunda Lingua Estranxeira: Francés I

Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: FRANCÉS Tipo de materia: específica de opción

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Elixir esta materia vai permitir aos alumnos seguir ca aprendizaxe dun segundo idioma estranxeiro. Esta materia faise imprescindible na sociedade actual marcada polo desenvolvemento das novas tecnoloxías e comunicacións internacionais. No ámbito laboral, vai permitir abrir novos horizontes xa que falar un cuarto idioma á parte dos propios e do inglés é unha vantaxe xa que a industria e o comercio francés están moi presentes na nosa rexión ( CITROËN, CARREFOUR, ALCAMPO, FEU VERT, FNAC, LE ROY MERLIN…) e sempre poderá axudar nun futuro falar este idioma. No ámbito social permite tomar contacto con outras culturas e persoas. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: Con esta materia preténdense alcanzar as destrezas comunicativas básicas tanto orais como escritas que marcan o Marco Común Europeo de Referencia, a saber, destrezas sociolingüísticas e socioculturais. E, para os que xa cursaron a materia en ESO, servirá de repaso dos contidos xa vistos. A metodoloxía baséase sobre todo nun enfoque práctico e comunicativo. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Francés

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Francés II 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Interesa en calquera carreira Universitaria ou Ciclo Formativo.

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Francés.

30

Page 31: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Debuxo Artístico I Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: Artes Departamento: Debuxo Tipo de materia: específica de

opción 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A materia Debuxo Artístico achega coñecementos teóricos, técnicos e estéticos. A aprendizaxe estética e creativa debe realizarse sobre bases teóricas e prácticas, fomentando a creatividade, o espírito de investigación e a formación permanente. De forma gradual e secuencial, os coñecementos e destrezas adquiridos en Debuxo Artístico I deben ser a base sobre a que se asente Debuxo Artístico II. En Debuxo Artístico I o alumnado traballa a materia de forma máis obxectiva, para dedicar o segundo curso a aspectos máis subxectivos, desenvolvendo o seu potencial creador orientado cara ás múltiples alternativas formativas artísticas máis acordes cos seus intereses.

2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Fomentar o desenvolvemento da sensibilidade artística e a creatividade. - Adquirir os coñecementos básicos imprescindibles sobre a linguaxe gráfica e plástico (proporción, composición, claroscuro, perspectiva, cor, textura) que garantan a correcta expresión do pensamento visual. - Desenvolver a memoria visual e a retentiva para poder expresarse con imaxes descritivas da contorna exterior. - Favorecer a capacidade de comprensión das formas da contorna, mediante a análise e o estudo da súa estrutura e ordenación interna. - Adquirir os coñecementos necesarios sobre materiais, procedementos e técnicas. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Educación Plástica e Audiovisual

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Debuxo artístico II

31

Page 32: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Unha carreira universitaria relacionada con?Belas Artes, Comunicación Audiovisual, Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, Xornalismo, Publicidade, ... Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais Artes Gráficas, Comunicación Imaxe e Son. Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas especialidades de arqueoloxía, documento gráfico, escultura, pintura e téxtiles… Artes Aplicadas á Indumentaria: Estilismo de Indumentaria, Deseño Gráfico: Gráfica Publicitaria, Ilustración, Deseño Industrial: Modelismo e Maquetismo, Mobiliario. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Educación Plástica e Audiovisual.

Robótica Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: TECNOLOXÍA Tipo de materia: libre configuración

autonómica 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A robótica permite desenvolver os obxectivos, contidos e competencias propios das materias de Tecnoloxía, ademais, a construción e programación de robots permite aos estudantes experimentar e comprender coñecementos interdisciplinares de Matemáticas, Física, Informática, etc., Implica unha aprendizaxe orientada á resolución de problemas, a través do desenvolvemento dun Proxecto cos métodos propios de Enxeñería para xerar un produto tecnolóxico tanxible (no noso caso un robot), integrando coñecementos multidisciplinares de Ciencia e Tecnoloxía. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Introducir ao estudante á robótica móbil. - Que o estudante estea en capacidade de construír e programar robots que demostren comportamentos exitosos. - Entender a problemática asociada ao uso de robots físicos en ambientes non estruturados e complexos. - Deseñar e construír robots móbiles capaces de cumprir tarefas específicas utilizando sensores e actuadores. - Realizar documentacións técnicas dos comportamentos robóticos implementados, así como das probas realizadas e os resultados obtidos. 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Tecnoloxía, Matemáticas, Física…

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Tecnoloxía industrial II, Matemáticas, Física

32

Page 33: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Ciclo Formativo das Familias Profesionais de Electricidade/Electrónica, Mecanizado, Automoción, Informática, Sanidade, tecnoloxía, inxenierías. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Tecnoloxía.

Antropoloxía Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: FILOSOFÍA Tipo de materia: libre configuración

autonómica 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Estudar Antropoloxía é ingresar nun túnel do tempo e escavar no pasado do ser humano e da súa diversidade. Esta materia axuda ao estudante a coñecer moitos aspectos da sociedade que se toman usualmente como naturais, como preceptos que nos son ensinados e inculcados sen reflexionar respecto diso, axuda a entender e a criticar diversas facetas das culturas. Brinda un acervo importante de coñecementos relacionados con distintas problemáticas, psicolóxicas, históricas, lingüísticas, así como tamén se incorporan coñecementos sobre a economía e a política, entre outras disciplinas. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Adquirir unha visión científica do ser humano, atendendo á súa dimensión biolóxica e a cultural. - Coñecer, comprender e asumir as diferenzas e valorar a súa importancia para a supervivencia da especie nun mundo cada vez máis intercomunicado. - Adoptar, fronte ao feito da diversidade cultural e biolóxica, una perspectiva integradora, que supere o etnocentrismo e o relativismo, que posibilite o recoñecemento libre de prexuízos e a relación responsable coas outras persoas. - Coñecer, analizar e comprender os procesos que conforman a natureza e a cultura humanas. - Fomentar actitudes de tolerancia que faciliten o diálogo entre as culturas. - Adquirir unha comprensión global do humano, a partir das achegas dos distintos campos da antropoloxía, das distintas ciencias humanas, sociais e naturais. - Valorar as achegas desde variadas perspectivas, como facilitadoras das claves que permiten realizar a conexión e a interpretación crítica dos diferentes materiais antropolóxicos. - Coñecer a especificidade dos estudos antropolóxicos, familiarizarse cos seus métodos de traballo específicos e aplicalos ao estudo do contorno próximo, a fin de mellorar o coñecemento e valorar o patrimonio cultural de Galicia. - Transferir os coñecementos adquiridos á análise dos problemas fundamentais do mundo actual co fin de comprender as súas causas e implicarse activamente nas súas solucións.

33

Page 34: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Esta materia pódese seguir sen dificultades, axuda filosofía de 4º ESO.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Principalmente a Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Constitúe obxecto de estudo para a Psicoloxía, a Socioloxía, a Historia, a Antropoloxía e a Filosofía (Epistemoloxía, Ética, Lóxica, etc.), entre as disciplinas saíntes.

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Filosofía.

Problemas Éticos Actuais

Curso: 1º e 2º Bacharelato

Modalidade: Todas Departamento: FILOSOFÍA Tipo de materia: libre configuración

de Centro 1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A ética impregna toda a vida social. Está relacionada cos nosos dereitos e deberes como cidadáns e cidadás, coa nosa democracia e coa confianza nun mesmo e nos demais. Noutras palabras, a ética non é allea a ningunha actividade humana, de forma que podemos falar dunha “ética médica”, unha “ética profesional” e unha “ética política”, entre outras. Isto é así porque a ética esixe a coherencia persoal e grazas a ela pódese impedir a instrumentalización doutras persoas e conseguir que se respecten os dereitos humanos. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Estudo e comprensión de cuestións morais actuais (Virtude, Autenticidade, Pluralismo, Bioética, Ecoloxía, Xénero, etc.) desde diversas formulacións e teorías. - Capacitarase ao alumno para coñecer os problemas éticos, analizando a súa evolución histórica e a súa actualidade na comprensión ética do presente. - Preténdese, á luz da análise dos conceptos éticos fundamentais, fomentar a capacidade crítica e discursiva do alumno na análise dos principais problemas éticos do home contemporáneo. - A materia achega ao alumno unha mirada lúcida e crítica sobre o noso presente, da man das teorías éticas actuais, ofrecendo unhas excelentes ferramentas conceptuais para a súa autocomprensión e a do mundo que actualmente vivimos. - Academicamente supón unha extraordinaria oportunidade para indagar en grandes liñas do pensamento contemporáneo.

34

Page 35: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Esta materia pódese seguir sen dificultades, axuda filosofía de 4º ESO.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Calquera das modalidades de Bacharelato. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Interesa en calquera carreira Universitaria ou Ciclo Formativo.

6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Filosofía.

English Conversation Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: LINGUA INGLESA Tipo de materia: específica de Centro

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Esta materia está pensada para que o alumnado poida mellorar as súas destrezas orais e auditivas, a fluidez e a precisión no uso de estruturas, léxico e fonemas propios da lingua inglesa e para que empregue a lingua para se comunicar en situacións o máis reais posibles. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Afondar na práctica oral da lingua inglesa e instalar automatismos nas respostas en conversas - Mellorar a pronuncia e entoación, a corrección, a fluidez e o uso de vocabulario variado - Atopar fórmulas para evitar o uso da lingua materna. - Mellorar a práctica oral diante dun grupo como preparación para a vida laboral - Elaboración de mensaxes orais coherentes, incrementando a súa dificultade ao longo do curso e apoiando, segundo se lle pida eses mensaxes con medios tecnolóxicos. - Comprensión de mensaxes orais en xeral e na procura de información precisa - Valoración do propio traballo e do uso da lingua inglesa 3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Inglés.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO:

35

Page 36: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

Calquera das modalidades de Bacharelato. Os contidos da materia en 1º Bach e 2º Bach son diferentes. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Todos os ciclos superiores ou graos nos que é imprescindible o coñecemento dunha lingua estranxeira . Calquera actividade académica ou laboral nas que a comunicación é un elemento importante. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Inglés.

Comunicación Oral Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: TODAS Departamento: LINGUA E LITERATURA GALEGA Tipo de materia: específica de Centro

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: A materia de COMUNICACIÓN ORAL abórdase desde dúas disciplinas estreitamente relacionadas entre si: a oratoria e a argumentación. A oratoria permite adestrarse nas técnicas necesarias para falar en público, vencendo o medo escénico e aprendendo a construír discursos axeitados á diferente tipoloxía da comunicación oral: o discurso, a presentación, o debate… A argumentación baséase na construción de textos, neste caso orais, elaborados a partir dunha selección contrastada e rigorosa da información. 2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: - Dotar de técnicas de expresión oral ao alumnado que son fundamentais para a socialización e o desenvolvemento dos individuos e cidadáns. - Afondar no coñecemento dunha das habilidades sociais máis importantes: a fluidez comunicativa, ligada á oratoria e á escoita atenta. - Incitar o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade. - Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo cooperativo en equipo. - Tratar de optimizar a personalidade de cada un, mellorando a autoestima, aumentando a empatía, conseguindo unha maior sintonía, e controlando a ansiedade de falar en público.

36

Page 37: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR:

Esta materia pódese seguir sen dificultade, non precisa de formación previa específica.

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Non ten continuidade mais a materia contribúe a desenvolver destrezas vinculadas fundamentalmente con tres competencias clave: a comunicación lingüística, xa que permite unha extraordinaria mellora das destrezas comunicativas, sobre todo das de carácter oral; a competencia social e cívica, pois a oratoria e a expresión oral carecen de sentido se non é para participar de xeito eficaz e construtivo na vida social e profesional; e a competencia do sentido da iniciativa e espírito emprendedor, pois a oratoria fomenta a proactividade, o autocoñecemento e a autoestima. 5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: No mundo actual, posuír unha boa comunicación oral axuda a desenvolverse con éxito en calquera campo académico e/ou profesional. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Lingua e Literatura Galega

Física e Química Experimental Curso: 1º Bacharelato

Modalidade: CIENCIAS Departamento: FÍSICA E QUÍMICA Tipo de materia: específica de Centro

1. BREVE INTRODUCIÓN Á MATERIA: Esta materia está dirixida ao alumnado que mostra interese pola Ciencia e a Tecnoloxía e

proporciónalle a posibilidade de mellorar as competencias clave, útiles e valiosas tanto si a súa

posterior formación fose universitaria ou profesional.Non pretende ser unha simple resolución

de prácticas con receta, se non que se vai centrar en aprender cómo se fai ciencia en pequenos

proxectos de investigación.

2. PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA MATERIA: -Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, dominar as habilidades

básicas propias da modalidade elixida.

-Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos

científicos.

-Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo

en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

-Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa

conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

37

Page 38: IES PONTE CALDELAS - edu.xunta.gal · estudante teña unha visión global dos fundamentos do Debuxo Técnico que lle permita no seguinte curso profundar distintos aspectos desta materia

3. MATERIAS DE 4º DE ESO QUE É RECOMENDABLE CURSAR: Física e Química,Ciencias aplicadas á actividade profesional, Tecnoloxía

4. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR EN 2º DE BACHARELATO: Física ou Química

5. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN CURSAR: Unha carreira universitaria relacionada con Ciencias, Enxeñerías e Arquitectura. Un Ciclo Formativo das Familias Profesionais de Electricidade/Electrónica, Mecanizado, Automoción, Informática, Sanidade, Química, Alimentación, Téxtil e Vidro, Cerámica, etc. 6. PODES OBTER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A MATERIA EN: Preguntando no Departamento de Física e Química

38