informe de fiscalizaciÓn do concello de …...informe de fiscalización do concello de moaña,...

68
INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA EXERCICIO 2011

Upload: others

Post on 20-Mar-2020

16 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA

EXERCICIO 2011

Page 2: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co
Page 3: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Índice - 1

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ....................................................................................................... 1

I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE ................................................................................................1

I.2 LIMITACIÓNS ...................................................................................................................2

I.3 NORMATIVA REGULADORA .............................................................................................2

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ........................................................................ 5

II.1 INFORMACIÓN XERAL ....................................................................................................5

II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS ......................................................5

III. CONTAS ANUAIS .................................................................................................... 6

III.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO .....................................................................................6

III.2 CONTABILIDADE FINANCEIRA .....................................................................................13

IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN ........................................................................ 17

IV.1 CONTROL INTERNO .....................................................................................................17

IV.2 MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS .............................................................................17

IV.3 GASTOS DE PERSOAL ..................................................................................................21

IV.4 GASTOS CORRENTES ...................................................................................................28

IV.5 GASTOS POR TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS ........................................................35

IV.6 GASTOS DE INVESTIMENTO .........................................................................................37

IV.7 OPERACIÓNS FINANCEIRAS ........................................................................................39

IV.8 OUTRAS MATERIAS .....................................................................................................42

IV.8.1 INGRESOS ...........................................................................................................42

IV.8.2 EXERCICIOS PECHADOS ......................................................................................45

IV.9 ORGANISMO AUTÓNOMO PADROADO BEIRAMAR .....................................................47

V. MAGNITUDES ORZAMENTARIAS RELEVANTES .................................................... 50

V.1 RESULTADO ORZAMENTARIO .......................................................................................50

V.2 REMANENTE DE TESOURERÍA ......................................................................................50

V.3 ESTABILIDADE ORZAMENTARIA ...................................................................................51

VI. FEITOS POSTERIORES .......................................................................................... 53

VII. CONCLUSIÓNS ..................................................................................................... 55

VIII. RECOMENDACIÓNS ............................................................................................. 58

ANEXO I: TRÁMITE DE ALEGACIÓNS .......................................................................... 61

Page 4: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Índice 2

Page 5: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -1

I. INTRODUCIÓN

I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE

De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia,

o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 18 de decembro de 2012, acordou incluír no seu

programa anual de actuacións para 2012, a realización dunha fiscalización de regularidade do

exercicio 2011 do Concello de Moaña (Pontevedra).

A fiscalización de regularidade contable realizarase sobre as contas anuais ou estados contables

da entidade fiscalizada, e incluirá:

Auditoría de legalidade: revisión do cumprimento da normativa aplicable nas áreas de

orzamento, ingresos de dereito público, persoal, contratación de obras, servizos e

subministracións, así como concesión de subvencións.

Auditoría financeira: conformidade da Conta Xeral cos principios contables e orzamentarios que

son de aplicación.

Análise financeira da situación económica da entidade.

Os obxectivos específicos desenvolvidos en cada área obxecto de análise consistiron en:

- Verificar se a xestión económico-financeira e orzamentaria realízase de conformidade coa

normativa de aplicación.

- Comprobar a fiabilidade dos rexistros contables, verificando o cumprimento dos principios e

normas establecidos nas instrucións contables.

- Analizar os procedementos e as medidas de control interno aplicados pola Entidade en orde a

garantir unha adecuada xestión económico-orzamentaria.

O período temporal da fiscalización estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que

se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.

Así mesmo, a fiscalización tamén comprende ao organismo autónomo Padroado Beiramar, como

ente dependente do Concello de Moaña.

Page 6: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 2

I.2 LIMITACIÓNS

O Concello prestou a colaboración necesaria para que os traballos de campo finalizasen no prazo

establecido polo Consello de Contas de Galicia, achegando toda a documentación solicitada e

que se estimou necesaria para a realización desta fiscalización.

I.3 NORMATIVA REGULADORA

A normativa reguladora da materia obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas

seguintes disposicións ordenadas por competencia, rango e datas:

LEXISLACIÓN ESTATAL

- Constitución Española do 27 de decembro de 1978 (BOE nº 311, do 29 de decembro).

- Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (LMRFP), nos

artigos non derrogados expresamente pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do

empregado público.

- Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das

administración públicas.

- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (BOE nº 80, de 3 de abril,

rectificada no BOE nº 139, do 11 de xuño).

- Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das

disposicións legais vixentes en materia de réxime local (BOE nº 96, do 24 de abril).

- Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

- Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS) (BOE nº 276, do 18 de

novembro).

- Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria (BOE nº 284, do 27 de novembro).

- Lei 57/2003, do 16 decembro, de medidas para a modernización do goberno local (BOE nº

301, do 17 de decembro).

- Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei

reguladora das facendas locais (BOE nº 59, do 9 de marzo).

Page 7: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -3

- Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (BOE nº 89, do 13 de

abril).

- Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público (BOE nº 261, do 31 de

outubro). En vigor ata o 13.12.2011, pois nesa data quedou derrogada polo novo texto

refundido.

- Real Decreto Lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da

Lei xeral de estabilidade orzamentaria (BOE nº 313, do 31 de decembro).

- Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 (Lei de medidas de loita contra a

morosidade nas operacións comerciais), que establece normas sobre a morosidade das

administracións públicas e sobre o rexistro de facturas nas administracións locais.

- Lei 39/2010, do 22 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2011 (BOE

23.12.2010).

- Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da

lei de contratos do sector público (BOE do 16 de novembro). En vigor desde o 14.12.2011.

- Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de servizos das

corporacións locais (BOE nº 196, do 16 de xullo).

- Real decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos

funcionarios de administración local (BOE nº 106, do 3 de maio).

- Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das

entidades locais (BOE nº 161, de 7 de xullo).

- Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF),

aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro (BOE nº 305, do 22 de

decembro).

- Reais decretos 1174/1987; 1732/1994 e 834/2003, polos que se regula o réxime xurídico dos

funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.

- Real decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o

capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, antiga Lei reguladora das facendas locais

(BOE nº 136, do 7 de xuño).

Page 8: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 4

- Ordes 4040/2004, 4041/2004 e 4042/2004 do Ministerio de Economía e Facenda, do 23 de

novembro, polas que se aproban as Instrucións de Contabilidade Local (ICAL), modelos

básico, normal e simplificado respectivamente (BOE 296, do 9 de decembro).

- Real decreto 1463/2007, de 2 novembro (BOE nº 264, do 3 de novembro), polo que se

aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 18/2001 do 12.12.2001 de estabilidade

orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais.

- Orde do Ministerio de Economía e Facenda 3565/2008, do 3 de decembro de 2008, sobre

estrutura dos orzamentos das entidades locais, (BOE nº 297, do 10 de decembro).

LEXISLACIÓN AUTONÓMICA

- Estatuto de Autonomía de Galicia (DOG número 101, do 1 de outubro).

- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (DOG número 149, do 5 de

agosto).

- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de

Galicia (DOG número 252, do 31 de decembro).

- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

- Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da

función pública de Galicia (DOG número 114, do 13 de xuño).

- Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia

(DOG 32, do 17 de febreiro).

- Lei 14/2010, do 27 de decembro, de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de

Galicia para o ano 2011.

LEXISLACIÓN DE CONTROL EXTERNO

- Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas (BOE nº 121, do 21 de maio).

- Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia (DOG nº 130, do 9 de xullo).

- Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia do 25 de xuño de 1992

(DOG 138, do 7 de xullo).

Page 9: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -5

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1 INFORMACIÓN XERAL

O concello de Moaña é un municipio costeiro da provincia de Pontevedra, situado na vertente

norte da ría de Vigo e pertencente xeograficamente á comarca do Morrazo, da que forma parte

xunto con outros catro municipios. Ten unha extensión relativamente pequena, de 31,5 km

cadrados, dividida en catro parroquias.

A súa poboación a data de 01.01.2011 era de 19.336 habitantes, mentres que a 01.01.2012

diminuíu ata os 19.291 habitantes. Este pequeno descenso supón unha excepción no período

1998-2011, no que se rexistrou un ascenso continuado no número de habitantes, cunha taxa

media de incremento anual do 0,78 por cento. A renda dispoñible bruta por habitante, no ano

2009, último ano dispoñible, foi de 12.698,27 euros, o cal supón o 84,85 por cento da media de

Galicia e o 88,78 por cento da media da provincia de Pontevedra. (fonte: Instituto Galego de

Estatística).

A composición da Corporación resultante das eleccións de 2007 foi a seguinte: PP: 7

concelleiros; BNG: 6 concelleiros; PSOE: 3 concelleiros; INMO (Independentes por Moaña): 1

concelleiro. Resultou elixido Alcalde o representante do BNG. Na actualidade, tralas eleccións

locais do 22 de maio de 2011, cambiou lixeiramente, do seguinte xeito: PP: 8 concelleiros; BNG:

7 concelleiros; PSOE: 2 concelleiros. Sendo as maiorías similares, sen embargo cambiou a

Alcaldía, pois resultou elixido o representante do PP.

O Concello ten unha entidade dependente, o organismo autónomo Padroado Beiramar. Así

mesmo, forma parte do Consorcio contra incendios e salvamento da comarca do Morrazo, así

como da Mancomunidade de concellos do Morrazo.

II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS

En canto á liquidación e á aprobación da conta do exercicio fiscalizado, no seguinte cadro

recóllense as datas máis relevantes ao respecto:

TRÁMITE DATA LÍMITE CUMPRIMENTO

Aprobación definitiva do orzamento 31.12.2010 20.01.2011

Aprobación da liquidación do Orzamento 31.03.2012 29.06.2012

Formación da Conta Xeral 01.06.2012 03.09.2012

Informe da Comisión de Contas 01.06.2012 08.10.2012

Presentación da Conta Xeral ao Pleno 01.10.2012 29.11.2012

Aprobación plenaria da Conta Xeral 01.10.2012 Sen aprobar

Page 10: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 6

No que atinxe á rendición da conta, deuse cumprimento a dito trámite o 17.01.2013,

producíndose, deste xeito, un retraso con respecto á data límite establecida para o mesmo, que é

o 14.10.2012. Sinalar, así mesmo, que a conta foi rendida sen ser aprobada polo Pleno (o

partido que sustenta ao Presidente da Corporación non ten maioría suficiente na mesma). Por

esta razón foi cualificada como “remitida con defectos graves”.

Con relación á rendición das contas dos oito exercicios anteriores, a situación é a seguinte:

EXERCICIO ESTADO DE RENDICIÓN DATA DE RENDICIÓN

2003 Rendida fora de prazo 03.01.2005

2004 Rendida fora de prazo 08.11.2005

2005 Rendida fora de prazo 17.10.2006

2006 Rendida fora de prazo 15.10.2007

2007 Rendida en prazo 14.10.2008

2008 Rendida en prazo 14.10.2009

2009 Rendida fora de prazo 14.12.2010

2010 Rendida fora de prazo 10.02.2012

Todas as contas presentaban defectos leves, o cal non impediu a súa cualificación como contas

rendidas.

III. CONTAS ANUAIS

III.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO

A información orzamentaria considérase coherente en termos xerais coas operacións realizadas,

aínda que presenta graves deficiencias en canto á falla de rexistro de obrigas de pago de bens ou

servizos xa recibidos que non foron imputadas ao orzamento.

Como resulta dos expedientes de recoñecementos extraxudiciais de créditos tramitados en 2012,

a 31.12.2011 había prestacións recibidas no ano 2011 sen imputar ao orzamento por importe de

626.980,13 €; dos anos 2010 e anteriores por importe de 446.757,91 €; e outro respecto das

cales non podemos concretar o seu ano de orixe por importe de 64.456,83 €.

Ademais, como se deduce da información facilitada para a realización deste informe, a

31.12.2011 constatouse a existencia de:

- Unha débeda coa Seguridade Social de 2.417.484,21 euros;

- Unha débeda coa Mancomunidade do Morrazo por determinados servizos prestados pola

empresa pública SOGAMA por importe de 2.453.234,42 euros;

- Unha débeda coa empresa COVSA por 100.000 euros.

Page 11: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -7

En todos os casos estas débedas non figuran como obrigas recoñecidas pendentes de pago na

liquidación do orzamento, xa que se vai realizando a imputación ao mesmo a medida que se

pagan, como se explica no apartado relativo á contabilidade financeira.

Doutra banda, nos diarios de gastos e ingresos de exercicios pechados figuran obrigas pendentes

de pago e dereitos pendentes de cobramento, con orixe entre os anos 1990 e 2010, por importe

de 5.202.646,94 € e 5.344.318,63 €, respectivamente, á data de 31.12.2011. No ano 2012

tramitouse un expediente declarando a prescrición de obrigas pendentes de pago, pagos

ordenados pendentes de pago e devolucións de ingresos pendentes de pago por un importe neto

total de 2.105.788,71 euros. A relación das anteditas débedas publicouse o 17.07.2012 no BOP

de Pontevedra.

Así mesmo, deberíase tramitar un expediente de prescrición de dereitos recoñecidos pendentes

de cobro.

Os estados da liquidación do orzamento de gastos e ingresos elaborados a partir dos libros

diarios de operacións orzamentarias facilitados pola entidade coinciden coa liquidación aprobada

polo Pleno.

Tralas modificacións de crédito, mantense o equilibrio orzamentario inicial.

Segundo a Base 8ª das de execución do orzamento, a vinculación xurídica establécese:

- Respecto da clasificación económica, a nivel de capítulo en : gastos de persoal (salvo acción

social), gastos financeiros, activos financeiros e pasivos financeiros; e a nivel de artigo en: acción

social (artigo 16), gastos en bens correntes e servizos, transferencias correntes e de capital e

investimentos reais.

- Respecto da clasificación funcional, a nivel de área de gasto (1 díxito) en: gastos de persoal,

gastos financeiros, activos financeiros e pasivos financeiros; e a nivel de política de gasto (2

díxitos) en: gastos en bens correntes e servizos, transferencias correntes e de capital e

investimentos reais.

A estes niveis, cúmprese a vinculación.

En canto ao orzamento inicialmente aprobado, debemos facer referencia ao informe do

Interventor de data 13.12.2010, emitido con relación ao expediente de tramitación do

orzamento para 2011. Trátase dun exhaustivo informe de 44 páxinas que pon de manifesto a

grave situación económico-financeira do concello e no que se expoñen, entre outras cuestións, as

seguintes:

Page 12: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 8

Unha das causas da grave situación financeira está na aplicación desde fai moitos exercicios

dunha práctica consistente en prever a liquidación de ingresos en cantidades moi superiores aos

obtidos en anos anteriores; estas previsións permitían consignar créditos nos estados de gastos

que si tiñan porcentaxes elevadas de execución. Isto traduciuse nunha falta de liquidez crónica e

grave da tesourería municipal, un atraso moi grande na realización dos pagos, coa obrigación de

pagar intereses de demora e o incumprimento reiterado da prelación legal de pagos.

Así mesmo, en informes anteriores relativos á estabilidade orzamentaria, postos de manifesto na

liquidación dos orzamentos dos anos 2005, 2007, 2008 e 2009 concluíase a existencia dunha

grave situación de inestabilidade orzamentaria.

Nestes casos, a normativa (lei 18/2001, lei 15/2006 e actualmente o artigo 22 do Real decreto

lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de

estabilidade orzamentaria) obriga á aprobación, no prazo de tres meses desde a aprobación ou

liquidación do orzamento en situación de desequilibrio, dun plan económico-financeiro de

reequilibrio a un prazo máximo de tres anos. Estas medidas de saneamento non foron

adoptadas.

Por outra banda, o remanente de tesourería dos últimos 4 anos (que á data do citado informe da

Intervención eran os anos 2006, 2007, 2008 e 2009) é negativo xa en 2006 (-5.534.819,17 €) e

continúa a súa evolución no mesmo sentido ata chegar a -8.258.417,97 € a 31.12.2009. (O

remanente de tesourería que figura na Conta Xeral presentada en 2010 é de -7.583.976,76 €.)

O artigo 193 do Real decreto-lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei

reguladora das facendas locais (TRLRFL) establece que “en caso de liquidación do orzamento con

remanente de tesourería negativo, o pleno da corporación ou o órgano competente do

organismo autónomo, segundo corresponda, deberán proceder, na primeira sesión que celebren,

á redución de gastos do novo orzamento por contía igual ao déficit producido … Se a redución

de gastos non resultase posible, poderase acudir ao concerto de operación de crédito polo seu

importe, sempre que se dean as medidas sinaladas no artigo 177.5 desta lei. De non adoptarse

ningunha das medidas previstas nos dous apartados anteriores, o orzamento do exercicio

seguinte haberá de aprobarse cun superávit inicial de contía non inferior ao referido déficit.”

Nos exercicios anteriores, este concello non adoptou ningunha das sucesivas medidas previstas

neste artigo e no orzamento proposto para 2011, nin se prevé a concertación dun préstamo nin

se trata dun orzamento con superávit inicial, polo que continúa o incumprimento de dita

normativa. O valor absoluto do remanente de tesourería negativo do ano 2009 (8.258.417,97 €)

Page 13: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -9

é superior ao importe das previsións iniciais de ingresos e gastos do orzamento para 2011

(8.159.575,85 €, na proposta inicial; 8.137.775,85 € é o que se aproba posteriormente), polo

que é imposible aprobar un Orzamento cun superávit igual ao remanente de tesourería negativo.

A non adopción das medidas previstas no artigo 193, que son de carácter imperativo, é

interpretada como causa de nulidade do orzamento por distintos tribunais superiores de xustiza

(p.ex. Sentencia 861/2007, do TSX de Castela e León).

O interventor advirte da necesidade da elaboración dun agresivo plan de saneamento

económico-financeiro que permita reconducir a gravísima situación económica e que, entre

outras actuacións, dispoña o necesario para aumentar os ingresos correntes e para a redución

das actividades municipais ás mínimas obrigatorias indicadas no artigo 26.1.b) da Lei 7/85

(LRBRL).

No ano 2010, por acordo do Pleno do 23 de xullo, aprobouse un plan de saneamento para o

período 2010-2015, no marco do disposto no Real decreto-lei 5/2009, de medidas

extraordinarias e urxentes para facilitar ás entidades locais o saneamento de débedas pendentes

de pago con empresas e autónomos. Esta norma regula a autorización ás entidades locais que

liquidasen o ano 2008 con remanente de tesourería negativo ou que teñan obrigacións vencidas

e esixibles pendentes de aplicar ao orzamento para concertar unha operación extraordinaria de

endebedamento bancario, suxeita á necesidade de aprobar un plan de saneamento que asegure

a capacidade de pago para cancelar a operación concertada no prazo comprometido. Pero na

disposición final 1ª do citado Decreto-lei establécese que “Os plans de saneamento e as

obrigacións formais reguladas no título I da presente norma deberán elaborarse, presentarse e

avaliarse de forma independente dos restantes plans e obrigacións previstos no texto refundido

da Lei reguladora das facendas locais … e no texto refundido da Lei xeral de estabilidade

orzamentaria.”

A xuízo da Intervención o orzamento tampouco cumpre coas previsións inicialmente establecidas

no plan de saneamento aprobado, xa que mentres que o orzamento está equilibrado, o plan

prevía para 2011 a obtención dun superávit de 466.038,21 €.

Liquidación de ingresos

A liquidación do orzamento de ingresos, resumida a nivel de capítulo, é a seguinte:

Page 14: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 10

CAPÍTULO PREVISIÓNS

INICIAIS

MODIFIC. DE PREVISIÓNS

INICIAIS

PREVISIÓNS DEFINITIVAS

DEREITOS RECOÑECIDOS

DEREITOS ANULADOS

DEREITOS RECOÑECIDOS

NETOS

RECADACIÓN NETA

DEREITOS PENDENTES

DE COBRAMENTO

A 31 DE DECEMBRO

EXCESO/ DEFECTO

PREVISIÓN

1. Impostos directos

2.656.537,57 0,00 2.656.537,57 2.758.066,98 9.964,65 2.748.102,33 2.359.727,44 388.374,89 -91.564,76

2. Impostos indirectos

580.000,00 0,00 580.000,00 228.496,91 11.728,39 216.768,52 216.768,52 0,00 363.231,48

3. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

937.063,75 0,00 937.063,75 950.857,16 26.107,67 924.722,49 884.349,09 40.373,40 12.341,26

4. Transferencias correntes

3.890.546,54 411.297,04 4.301.843,58 4.407.818,86 103.803,27 4.304.015,59 4.304.015,59 0,00 -2.172,01

5. Ingresos patrimoniais

23.030,00 0,00 23.030,00 5.297,48 0,00 5.297,48 4.060,63 1.236,85 17.732,52

7. Transferencias de capital

29.562,99 248.902,98 278.465,97 651.656,88 0,00 651.656,88 651.656,88 0,00 -373.190,91

8. Activos financeiros

21.035,00 548.977,50 570.012,50 14.545,69 101,56 14.444,13 14.444,13 0,00 555.568,37

TOTAL : 8.137.775,85 1.209.177,52 9.346.953,37 9.016.739,96 151.705,54 8.865.007,42 8.435.022,28 429.985,14 481.945,95

A representatividade dos dereitos recoñecidos netos de cada capítulo en relación aos dereitos

recoñecidos totais reflíctese graficamente:

A maior fonte de financiamento, como se desprende do gráfico, son as transferencias correntes,

basicamente a participación nos tributos do Estado e no Fondo de Cooperación Local.

31,00%

2,45%

10,43%

48,55%

0,06% 7,35% 0,16%

% DRN de cada capítulo/DRN totais

1. Impostos directos 2. Impostos indirectos

3. Taxas, prezos públicos e outros ingresos 4. Transferencias correntes

5. Ingresos patrimoniais 7. Transferencias de capital

8. Activos financeiros

Page 15: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -11

A continuación reflíctese graficamente a evolución dos dereitos recoñecidos netos en relación ao

ano 2010:

Ademais da caída na recadación dos impostos indirectos, redúcense substancialmente as

transferencias de capital, xa que nos anos anteriores recibíronse do Estado determinados

importes procedentes do Fondo Estatal de Investimento Local (en 2009) e do Fondo Estatal para

o Emprego e Sustentabilidade Local (en 2010).

Os índices de liquidación e recadación de dereitos son do 94,84% e 95,15%, respectivamente.

Liquidación de gastos

O resumo por capítulos da liquidación do orzamento de gastos é o seguinte:

CAPÍTULO CRÉDITOS INICIAIS

MODIFIC DE CRÉDITO

CRÉDITOS DEFINITIVOS

GASTOS COMPROM.

OBLIGAC. REC. NETAS

PAGOS REALIZADOS

OBLIG. PTES DE PAGO A

31/12

REMANENTES DE CRÉDITO

1 Gastos de persoal

4.589.227,49 350.682,41 4.939.909,90 4.895.404,15 4.895.404,15 4.881.624,20 13.779,95 44.505,75

2 Gastos correntes en bens e servizos

1.689.897,15 118.289,94 1.808.187,09 1.719.291,42 1.704.586,39 672.620,95 1.031.965,44 103.600,70

3 Gastos financeiros

364.169,44 -49.755,96 314.413,48 307.670,76 307.670,76 257.516,69 50.154,07 6.742,72

4 Transferencias correntes

883.223,56 -19.328,98 863.894,58 223.957,67 220.457,67 201.577,67 18.880,00 643.436,91

13,74%

-29,93%

-0,59% -3,80%

-65,02%

-73,07%

-3,53%

-80,00%

-70,00%

-60,00%

-50,00%

-40,00%

-30,00%

-20,00%

-10,00%

0,00%

10,00%

20,00%

1. Impostosdirectos

2. Impostosindirectos

3. Taxas, prezospúblicos e outros

ingresos

4. Transferenciascorrentes

5. Ingresospatrimoniais

7. Transferenciasde capital

8. Activosfinanceiros

VARIACIÓN DRN 2010-2011

Page 16: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 12

CAPÍTULO CRÉDITOS INICIAIS

MODIFIC DE CRÉDITO

CRÉDITOS DEFINITIVOS

GASTOS COMPROM.

OBLIGAC. REC. NETAS

PAGOS REALIZADOS

OBLIG. PTES DE PAGO A

31/12

REMANENTES DE CRÉDITO

6 Investimentos reais

319.083,27 817.383,32 1.136.466,59 1.063.453,71 914.213,77 417.840,17 496.373,60 222.252,82

8 Activos financeiros

21.035,00 0,00 21.035,00 8.323,14 8.323,14 8.323,14 0,00 12.711,86

9 Pasivos financeiros

271.139,94 -8.093,21 263.046,73 250.520,88 250.520,88 221.526,57 28.994,31 12.525,85

TOTAL: 8.137.775,85 1.209.177,52 9.346.953,37 8.468.621,73 8.301.176,76 6.661.029,39 1.640.147,37 1.045.776,61

A importancia de cada capítulo, en termos de obrigacións recoñecidas netas, en relación ao total,

reflíctese graficamente:

Como se ve no gráfico, o gasto corrente nos capítulos 1 e 2 é altísimo, dun 79,50%, sendo

especialmente elevado o gasto en persoal, un 58,97% do total, contía moi por encima da media

dos concellos do mesmo tramo de poboación, como se analizará no correspondente apartado

deste informe.

A variación na execución do gasto de cada capítulo con relación ao ano anterior reflíctese no

seguinte gráfico:

58,97% 20,53%

3,71% 2,66%

11,01% 0,10% 3,02%

% de ORN de cada capítulo/ORN totais

1 Gastos de persoal 2 Gastos correntes en bens e servizos 3 Gastos financeiros

4 Transferencias correntes 6 Investimentos reais 8 Activos financeiros

9 Pasivos financeiros

Page 17: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -13

É case imperceptible a variación en gastos de persoal, xa que practicamente se mantén o seu

importe, cunha leve redución do 0,32%.

Vemos como hai unha redución en practicamente todos os capítulos de gasto, salvo nos gastos

financeiros, que aumentan, así como as transferencias correntes.

Os índices de recoñecemento e pago das obrigacións son, respectivamente, do 88,8% e 80,24%,

respectivamente.

Hai que indicar que no orzamento de 2011 prodúcese unha rebaixa nas previsións iniciais con

relación ás do ano anterior (que foron de 10.374.271,99 €), nun intento por adecuar o

orzamento a unha situación máis real, rebaixando as expectativas de ingreso e reducindo o

volume de gastos.

III.2 CONTABILIDADE FINANCEIRA

A entidade presenta as contas anuais segundo o modelo aprobado pola Orde EHA/4041/2004,

do 23 de Novembro, que aproba a Instrución do modelo normal.

As contas anuais comprenden o Balance, a Conta do resultado económico-patrimonial, o Estado

de liquidación do orzamento e a Memoria.

Achégase o libro diario de contabilidade financeira e a partir do mesmo elabóranse os estados

contables, que coinciden cos achegados.

Realízase así mesmo unha comparativa dos datos da contabilidade financeira cos que figuran na

contabilidade orzamentaria, que coinciden.

-120,00%

-100,00%

-80,00%

-60,00%

-40,00%

-20,00%

0,00%

20,00%

40,00%

1 Gastos depersoal

2 Gastoscorrentes en

bens e servizos

3 Gastosfinanceiros

4Transferencias

correntes

6 Investimentosreais

7Transferencias

de capital

8 Activosfinanceiros

9 Pasivosfinanceiros

VARIACIÓN ORN 2010-2011

Page 18: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 14

Inventario

O artigo 86 do Real decreto lexislativo 781/1986, polo que se aproba o Texto refundido das

disposicións legais vixentes en materia de réxime local (TRRL), establece que as entidades locais

están obrigadas a formar inventario valorado de todos os bens e dereitos que lles pertencen e

que se rectificará anualmente, comprobándose sempre que se renove a corporación. Os artigos

17 e seguintes do Regulamento de bens das entidades locais establecen cales son os bens que

deben formar parte do inventario, e detallan os datos de cada ben que se deben recoller.

Solicitado o inventario de bens e dereitos patrimoniais, así como a relación de bens e recursos

que constitúen o patrimonio municipal do chan, achégase, en relación ao inventario, un

certificado da secretaría do Concello que di que “o inventario foi aprobado en sesión plenaria

celebrada o 30 de abril de 1993, sen que ata as datas de realización do traballo de campo deste

informe (maio-xuño de 2013) fose obxecto de revisión ou actualización.”

En relación á segunda cuestión (relación de bens e recursos que constitúen o patrimonio

municipal do chan) achégase outra certificación da secretaría onde se di que “o patrimonio

municipal do chan non está formalmente constituído como tal, polo que non se pode expedir

certificación dos bens e recursos que o constitúen.”

Non se achega, por tanto, ningunha relación de bens valorada e actualizada, polo que non é

posible saber se a valoración contable se adecúa á realidade. Si se pode comprobar que o

apartado A) do activo do Balance (Inmobilizado) se incrementa do 31.12.2010 ao 31.12.2011 en

668.339,71 €, contía que corresponde ás obrigacións recoñecidas netas do capítulo 6 en 2011

(914.213,77 €) menos 245.874,06 €, que obedecen á dotación da amortización do exercicio. Por

tanto, este aumento coincide co reflectido en contabilidade orzamentaria.

En relación a esta última, non se dota ningunha amortización ata o ano 2006.

Provisión para insolvencias

No Balance figura dotada unha provisión para insolvencias de 5.271.479,65 €, que se calcula

conforme á base 77.3 das bases de execución do orzamento, que aplica aos dereitos de

dubidoso cobramento unha porcentaxe en función da súa antigüidade (o 25%, aos orixinados no

ano 2011, o 50%, aos do 2010, o 75%, aos do 2009 e o 100% ao resto.)

Débedas sen contabilizar

Como xa se describe no apartado relativo á contabilidade orzamentaria, a 31.12.2011 hai

facturas tanto do ano 2011 como de anos anteriores sen imputación orzamentaria, que

Page 19: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -15

tampouco figuran como “acredores por operacións pendentes de aplicar ao orzamento” na

contabilidade financeira, as cales se poñen de manifesto con ocasión dos recoñecementos

extraxudiciais de créditos aprobados e sen aprobar en 2012, por importe total de

1.138.194,90€.

Ademais, na conta 413, na que deberían figurar estes importes, tampouco se reflicten as

seguintes débedas:

- Coa Mancomunidade de concellos do Morrazo, a 31.12.2011 hai unha débeda de

2.453.234,42 € en concepto de “achegas do Concello ao tratamento de residuos sólidos

urbanos realizados pola entidade SOGAMA”, de conformidade co acordo adoitado pola xunta de

goberno da Mancomunidade.

Ata o 31.12.2011 estas achegas á Mancomunidade eran imputadas ao orzamento cando se

pagaban, mentres que, a partires do 01.01.2012, impútanse orzamentariamente a medida que

se van xerando.

- Coa Seguridade Social: a débeda pendente foi fraccionada en pagos mensuais a satisfacer

durante 10 anos por Resolución da Subdirección xeral de procedementos executivos e especiais

de recadación do 12 de decembro de 2005.

Segundo o cadro de amortización desta débeda, de data 15.01.2013, asinado pola interventora,

a débeda pendente ao comezo de 2011 é de 2.965.174,35 €, a débeda amortizada en 2011 é

de 547.690,14 € e a débeda pendente a 31.12.2011 é de 2.417.484,21 €.

Segundo figura no informe da interventora sobre a Conta Xeral do ano 2011, de data

04.09.2012, esta débeda non está rexistrada na contabilidade na agrupación de obrigacións

recoñecidas pendentes de pago, polo que se recoñecen e abonan as obrigacións de acordo co

cadro de amortización que no mes de xaneiro de cada exercicio se entrega pola Seguridade

Social.

- Coa empresa COVSA: mediante sentenza do TSXG de data 14.04.2005, condénase ao Concello

ao pago de 208.282,07 euros mais intereses e as costas do procedemento. A empresa e o

Concello acordan a execución da sentenza mediante un calendario de pagos, comprometéndose

este á realización de cinco pagos de 50.000 euros a 30 de xaneiro e de xuño dos anos 2007,

2008 e 2009 (neste caso só a 30 de xaneiro). Destes pagos a 31.12.2011 tíñanse feitos dous,

por un total de 100.000 euros no ano 2007. No orzamento de 2011 recoñécense obrigas por

importe de 50.000 euros, que non se pagan no exercicio, polo que están sen recoñecer

orzamentariamente obrigas por importe de 100.000 euros e pendentes de pago 150.000 euros.

Page 20: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 16

Pagos pendentes de aplicación

A conta 555 ten un saldo de 379.940,68 € a 31.12.2011, que a 01.01.2011 era de

314.205,93€. Os pagos recollidos nestas contas deben ser imputados ao orzamento para o que

previamente se debe dotar crédito adecuado e suficiente.

Parte deste saldo, por 993,39 €, débese a unha diferenza na caixa que se arrastra de exercicios

anteriores, descoñecéndose a súa orixe.

Investimentos financeiros temporais

A conta 541 (Valores de renda fixa a curto prazo) ten un saldo de 8.043,96 €, que non reflicte a

realidade, posto que non consta a existencia de investimentos en valores de renda fixa.

Formalización

A conta 579 arrastra un saldo de 12.213,32 € que veñen do ano 1992 e para o que non se

dispón de información que permita identificar a súa natureza.

Capital circulante

O capital circulante dunha entidade son os recursos a longo prazo que unha empresa ten para

financiar as súas necesidades operativas no curto prazo, unha vez que financiou os seus activos

fixos. Se é negativo, significa que as débedas a curto prazo son superiores aos activos realizables

no curto prazo, o cal supón que unha empresa estaría en suspensión de pagos, non sería capaz

de atender as súas obrigacións de pagos a curto prazo.

No caso deste concello, calculado o capital circulante como a diferenza entre fondos propios

máis acredores a largo prazo e inmobilizado, resulta ser dunha contía de -7.267.662,84 euros,

mentres que, se se calcula como diferenza entre activo circulante e pasivo circulante, ascende ao

importe de -7.255.759,52 €. Este resultado distinto segundo a forma de cálculo utilizada provén

de que as sumas do activo e o pasivo do balance presentado pola entidade non coinciden, sendo

a diferenza dun importe de 11.903,32 €.

En calquera caso, a cifra constata o grave problema de liquidez que ten o concello, que se pon

de manifesto constantemente ao longo do exercicio nos informes de tesourería e intervención e

no recurso continuado a operacións de tesourería que, aínda que se concertan a curto prazo,

substitúense unhas a outras e non se utilizan para resolver situacións transitorias de necesidade

de financiamento, senón que tratan de ir liquidando un problema de carácter estrutural.

Page 21: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -17

IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN

IV.1 CONTROL INTERNO

A función de control e fiscalización interna comprende tres tipos de actividades: a función

interventora, a función de control financeiro e a función de control de eficacia. Así resulta da

normativa existente ao respecto, tanto a xeral como a propia da Administración Local (artigos

213 e seguintes do TRLRFL e no RDFHCN).

Non hai constancia de que leven a cabo actuacións de control financeiro nin de control de

eficacia, para o que o Concello debería ter definidos uns obxectivos previos que permitan

verificar a eficacia, eficiencia e economía na prestación dos servizos públicos.

Por contra, a documentación existente relativa ao control interno propiamente dito é moi ampla.

Así, achegáronse un total de 86 informes da Intervención do Concello, que formulan reparos de

diversa índole a moitas das propostas de gasto formuladas pola Alcaldía.

Todos estes documentos foron tidos en conta para a realización desta fiscalización externa,

máxime cando as súas conclusións son practicamente coincidentes coas que resultan da mesma.

IV.2 MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS

Durante o ano 2011 tramitáronse 24 expedientes de modificación de crédito, cuxo detalle se

reflicte no seguinte cadro:

TIPO Nº DE EXPEDIENTES IMPORTE

Xeración de crédito 7 565.498,50

Incorporación de remanentes de crédito 4 643.679,02

TOTAL: 1.209.177,52

Transferencias de crédito 13 +/- 346.871,74

A variación dos créditos iniciais mediante modificacións orzamentarias supón un incremento do

14,86% dos mesmos.

Selecciónase unha mostra de 6 destes expedientes, a efectos de comprobar se a súa tramitación

cumpre a normativa correspondente. A mostra seleccionada é a seguinte:

Page 22: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 18

Nº DE EXPEDIENTE TIPO IMPORTE DATA

6 Xeración de crédito 100.803,18 10-mar

9 Xeración de crédito 282.402,99 23-may

2 Incorporación de remanentes de crédito 86.882,81 03-feb

5 Incorporación de remanentes de crédito 391.530,60 28-feb

3 Transferencia de crédito 39.239,25 14-feb

20 Transferencia de crédito 31.503,09 23-nov

Xeracións de crédito

O artigo 43 do Real decreto 500/90 recolle como un dos supostos que poderán xerar crédito, os

ingresos de natureza non tributaria derivados de entregas ou compromisos firmes de entrega

para financiar un gasto que pola súa natureza está comprendido nos fins ou obxectivos da

entidade.

Os expedientes examinados encaixan neste suposto.

Expediente nº 6: increméntase o crédito correspondente ao acondicionamento do centro Rosalía

de Castro, por 90.232,99 €, que se vai a financiar cunha subvención de Agader e o crédito

relativo á dotación de equipamento da escola municipal de música, por 10.570,19 €, que se vai

a financiar cunha subvención da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Expediente nº9: increméntanse créditos en gastos de persoal, ao recibirse subvencións para a

contratación de traballadores desempregados.

La base 10ª das de execución do orzamento recolle como requisitos para a tramitación de

modificacións orzamentarias: proposta razoada, informe da intervención e aprobación polo

órgano competente. Todos estes documentos figuran na documentación revisada.

A base 15ª concreta outros trámites que se deben seguir na tramitación das xeracións de crédito.

Verificouse a realización dos devanditos trámites. Así mesmo, figuran nos expedientes as

resolucións polas que se conceden as subvencións correspondentes.

Incorporación de remanentes de crédito

A incorporación de crédito nº 2 ascende a 86.882,81 €. Incorpóranse remanentes de crédito

correspondentes a gastos con financiamento afectado (de incorporación obrigatoria segundo o

artigo 47.5 do RD 500/90) que forman parte de proxectos financiados con cargo ao Fondo

Estatal de Emprego e Sustentabilidade Local. Trátase de dous proxectos: a reforma do campo de

fútbol de Domaio e a implantación dun sistema de xestión informática no concello.

Page 23: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -19

En ambos os casos o financiamento prodúcese ou ben co importe xa recibido en 2010 (o Estado

abonou o 85% do importe inicial dos proxectos) ou ben con “compromisos firmes de achega

afectados aos remanentes que se pretende incorporar” (artigo 48.3 RD 500/90). Por tanto, é

correcto.

A incorporación de crédito nº 5 ascende a 391.530,60 €, dos cales 355.858,97 € fináncianse con

financiamento afectado procedente de alleamento de aproveitamentos urbanísticos ou entregas

doutras administracións e 33.671,63 € fináncianse con compromisos firmes de entrega pola

Deputación de Pontevedra.

En ambos os expedientes figura a documentación esixida polas Bases 10ª e 16ª das bases de

execución do orzamento.

Da observación conxunta do expediente nº6, de xeración de crédito, e do expediente nº5, de

incorporación de crédito, chama a atención a evolución nas distintas fontes de financiamento do

proxecto de acondicionamento do Centro Cultural (auditorio) Rosalía de Castro. Este proxecto

iníciase en 2006, afectándose ao mesmo ingresos por contía de 302.603 € procedentes da venda

de aproveitamentos urbanísticos. Posteriormente, mediante resolución da Alcaldía de

14.06.2010, desístese dun proxecto de adquisición de terreos para o IES de A Paralaia,

ordenando a incorporación do remanente con financiamento afectado deste proxecto ao

proxecto do centro cultural, por importe de 235.000 €. De novo en 2010, hai unha resolución de

Agader concedendo unha subvención para o Centro Rosalía de Castro, que para o ano 2011

ascende a 137.586,21 €, e por ese importe desaféctanse os recursos inicialmente afectados que

procedían do alleamento de parcelas en 2006.

Todo iso vai unido a que anualmente se vai dotando a este proxecto unha cantidade distinta en

concepto de financiamento con recursos propios. (Nos anos 2007, 2008 e 2009 non se

recoñecen obrigacións. En 2006 recoñecéronse obrigacións por 11.297,67 €).

Por outro lado, parte destes recursos da venda de parcelas de 2006 trasládanse agora a outros

proxectos: a construción do campo de fútbol de Domaio (45.000 €) e a Rehabilitación da Casa

Pazó para gardería infantil, por 69.689,39 €.

Como resultado do anterior, o interventor, en informes de 25.02.2011 e 08.03.2011 pon de

manifesto a gran dificultade con que se atopa para realizar os cálculos das desviacións de

financiamento de determinados proxectos de gasto con financiamento afectado, como

consecuencia das continuas modificacións dos axentes financiadores inicialmente previstos, das

porcentaxes de participación de cada axente no financiamento, da indeterminación dos prazos de

Page 24: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 20

execución, ou da variación na cantidade inicialmente fixada para cada un dos proxectos,

circunstancias que cando se producen de forma reiterada pon de manifesto unha falta de

previsión incompatible co rigor esixido no tratamento desta materia na que os proxectos deben

estar definidos con certeza no momento da súa creación para que poidan ser obxecto dun

efectivo control e seguimento.

En canto aos efectos destas modificacións na capacidade de financiamento, calculada de acordo

á Lei de estabilidade orzamentaria (ingresos capítulos I a VII menos gastos capítulos I a VII), tras

o expediente nº5 e tendo en conta todos os expedientes de modificacións orzamentarias

anteriores, pásase dunha capacidade de financiamento inicial do orzamento de 271.139,94 € a

unha situación de necesidade de financiamento por -154.242,41 €.

Transferencias de crédito

En ambos os expedientes figura a documentación esixida pola normativa: providencia da alcaldía

iniciando o expediente, informe da Intervención e resolución do órgano competente. Ao ser

transferencias entre partidas das mesmas áreas de gasto, o órgano competente para a súa

aprobación é o alcalde.

No expediente nº 3, cúmprense todos os límites obxectivos do artigo 180, pero o Interventor, en

informe do 14.02.2011 emite reparo en relación á cesión de crédito desde a partida 9200.48100

(gastos de funcionamento de grupos políticos), por 3.155 €, ao entender que a dotación que

existe neste orzamento non é suficiente para a imputación do gasto normal deste exercicio e

para a imputación de gastos de exercicios anteriores. En resolución da Alcaldía nº 75/2011

resólvense os reparos formulados pola Intervención municipal “por ser o crédito que se consigna

nas diferentes partidas con esta modificación preciso para a tramitación dos diferentes

expedientes de gasto e por ser tramitado o expediente conforme dispoñen as bases de execución

para este exercicio”.

No expediente nº 20 a Interventora pon de manifesto que se incumpre o límite obxectivo do

apartado c) do artigo 180 do TRLRFL, xa que a partida 1550.21400 (reparación de vehículos)

recibe 724 € e reduciuse previamente con outra transferencia.

Ademais, no mesmo Informe advírtese de que non se debería utilizar como cedente a aplicación

1550.35203 (que neste caso cede 47,50 €) que recolle a execución da sentenza xudicial de

COVSA e por tanto debería dedicarse exclusivamente a ese fin, como xa se advertiu en anteriores

ocasións.

Page 25: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -21

Por tanto, realízase reparo polo incumprimento do artigo 180 TRLRFL, que é levantado mediante

a resolución da alcaldía de 23.11.2011, “por ser o crédito que con esta modificación se consigna

nas distintas aplicacións de gastos preciso para a tramitación dos distintos expedientes”.

IV.3 GASTOS DE PERSOAL

ASPECTOS XERAIS

As obrigas recoñecidas netas neste capítulo ascenderon á contía de 4.895.404,15 euros. O

detalle do gasto por artigos recóllese no cadro seguinte, extraído da liquidación do orzamento de

gastos que rende a entidade:

ART. DESCRICIÓN CRÉD.INIC. CRÉD. DEFINIT. ORN PAGOS PTE. PAGO ORN 2010

10 Altos cargos 81.614,96 59.152,08 54.801,79 54.801,79 0,00 87.787,52

11 Persoal eventual 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

12 Persoal funcionario 1.344.703,09 1.315.131,74 1.271.166,36 1.260.910,45 10.255,91 1.252.706,96

13 Persoal laboral 1.731.139,07 1.992.736,76 1.995.766,41 1.992.642,36 3.124,05 2.013.486,10

14 Outro persoal 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

15 Incentivos ó rendemento 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

16 Cotas, prest. e gastos sociais 1.431.770,37 1.572.889,32 1.573.669,59 1.573.269,60 399,99 1.557.266,98

TOTAL CAPÍTULO 1 4.589.227,49 4.939.909,90 4.895.404,15 4.881.624,20 13.779,95 4.911.247,56

A porcentaxe das obrigas recoñecidas netas deste capítulo con respecto ás da totalidade do

orzamento é do 58,97 por cento, dato este realmente destacable en relación ao resto dos

concellos de Galicia, posto que se trata da porcentaxe mais alta dos 38 municipios de Galicia

incluídos no ámbito poboacional do Concello de Moaña (municipios cunha poboación de 10.000

a 20.000 habitantes).

O seguinte cadro recolle a evolución do gasto neste capítulo durante o período que comprende o

exercicio fiscalizado e os tres anteriores, en termos de obrigas recoñecidas netas:

ART. DESCRICIÓN ORN 2008 ORN 2009 ORN 2010 ORN 2011

10 Altos cargos 95.951,00 96.017,60 87.787,52 54.801,79

11 Persoal eventual 0,00 0,00 0,00 0,00

12 Persoal funcionario 982.227,71 1.156.473,76 1.252.706,96 1.271.166,36

13 Persoal laboral 2.131.179,47 2.199.172,22 2.013.486,10 1.995.766,41

14 Outro persoal 0,00 0,00 0,00 0,00

15 Incentivos ó rendemento 145.077,91 97.921,32 0,00 0,00

16 Cotas, prest. e gastos sociais 1.446.538,90 1.546.085,24 1.557.266,98 1.573.669,59

Total capítulo 1 4.800.974,99 5.095.670,14 4.911.247,56 4.895.404,15

Total orzamento 10.437.061,32 13.968.227,04 10.432.610,30 8.301.176,76

% capítulo 1/total orzamento 46,00% 36,48% 47,08% 58,97%

Page 26: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 22

Pódese apreciar que a contía do gasto non experimenta variacións significativas durante o

período, mentres que a contía do gasto total executado si que experimenta unha notable

diminución, especialmente no exercicio obxecto de fiscalización, o que da lugar a ese dato tan

destacable do 58,97 por cento.

En canto aos instrumentos de ordenación do persoal, o artigo 74 do EBEP obriga ás

Administracións Públicas a estruturar a súa organización mediante relacións de postos de

traballo (RPT) ou outros instrumentos similares, establecendo que o seu contido mínimo debe

incluír a denominación do posto, o grupo profesional ao que pertence ou o corpo ou escala ó que

está adscrito, o sistema de provisión e as retribucións complementarias.

A este respecto o Concello contratou, no exercicio 2005, a asistencia técnica dunha empresa de

consultoría para elaborar o “catálogo, manual de funcións e valorización dos postos de traballo

do Concello”, documento que foi presentado en xuño do 2008 e, despois de sucesivos trámites e

da conseguinte negociación cos representantes do persoal, foi aprobado polo Pleno na data do

06.08.2009. Este documento é mais que unha RPT, posto que establece unha descrición das

funcións a realizar no desempeño de cada posto de traballo, así como unha valoración dos

mesmos, en función de varios criterios, o cal conduce ao establecemento dos niveis e

complementos a percibir, tanto polo persoal funcionario como laboral. Así, reclasifícanse os

niveis dos postos relativos á policía local, a diversos postos ocupados por persoal laboral, como o

de fontaneiro, chofer, xardineiro-enterrador, técnico de música tradicional, capataz de obras e

profesor de música. Así mesmo, establécense de novo os complementos específicos do persoal

funcionario conforme á valoración resultante. A aplicación no ámbito retributivo deste acordo

prodúcese xa no propio exercicio 2009, o que ocasiona un incremento do gasto con respecto ao

2008 do 6,14 por cento, nun exercicio no que a lei de orzamentos do Estado o limitaba a un 2

por cento.

Este catálogo modifica e deixa nun segundo plano aos outros dous instrumentos reguladores do

persoal existentes ata entón: o Acordo marco regulador das condicións de traballo e salario do

persoal funcionario, de 3 de setembro de 1992; e o Convenio colectivo do persoal laboral, en

vigor dende o 11 de febreiro do ano 2000.

Con todo, o cadro resumo da RPT relativa ao exercicio obxecto de fiscalización remitido polo

Concello está sen actualizar no relativo á situación de algunhas das prazas (vacantes,

excedencias, interinidades...).

Page 27: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -23

A entidade tamén achegou o Anexo de persoal que acompaña ao expediente de tramitación do

Orzamento do 2011. Este documento, como anexo que é do Orzamento, recolle o detalle do

gasto para o distinto persoal, separado por conceptos retributivos.

Da análise da información achegada resulta o seguinte cadro resumo do número de efectivos

existentes no Concello para 2011. O persoal laboral temporal que se recolle neste cadro é o que

ten contrato en vigor a 01.01.2011, sen prexuízo de que ó longo do exercicio se contrate máis.

CLASE Nº PRAZAS NA RPT PRAZAS

CUBERTAS PRAZAS VACANTES

Funcionarios 41 35 6

Laborais fixos 48 44 4

Laborais temporais 32 32 0

TOTAL 121 111 10

En canto ao persoal laboral temporal compre sinalar que existen varios traballadores/as que

contan cunha antigüidade no seu posto de mais de tres anos, o cal implica un encadeamento

irregular de contratos temporais, dado que ese é o prazo máximo que permite a normativa

laboral para este tipo de contratos e supón a adquisición de feito da condición de laborais

indefinidos, condición que se obtería, así, por un procedemento que non é o que se prevé para o

caso, o cal sería a convocatoria en Oferta de Emprego Público desas prazas a cubrir como

laborais fixos, levando a cabo un proceso de selección que respecte os principios de mérito,

capacidade e concorrencia. Estes traballadores/as son:

- Orientadora laboral: contratada mediante contrato laboral por obra ou servizo determinado

por resolución de Alcaldía do día 03.08.2007, cuxo contrato se prorroga anualmente con data un

de abril. Existe informe previo no que se formula reparo por parte da interventora, de data

24.03.2011.

- Educadora familiar: o contrato orixinal formalizouse o día 17.11.1998, contrato de duración

determinada a xornada parcial, cunha duración inicial dun ano, sendo posteriormente ampliado a

xornada completa e prorrogando sucesivamente ata a actualidade. Existe informe previo por

parte da interventora no que se formula reparo, de data 15.06.2011.

- Técnica sociocultural: comezou o seu contrato o 20.10.1997, contrato de duración

determinada por obra ou servizo, rematando dito contrato o 19.10.1999. O 25.11.99 asinouse

un novo contrato de obra ou servizo con data orientativa de finalización 31.12.99. Non obstante,

este contrato foise prorrogando continuamente ata a actualidade mediante prórrogas de 6

meses. O mesmo informe da interventora antes citado, de 15.06.2011, formula reparo ante

seguinte prórroga.

Page 28: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 24

- Axente de desenvolvemento local: traballadora inicialmente contratada mediante contrato

laboral por obra ou servizo determinado, formalizado o 14.12.1998. Posteriormente, dito

contrato foise prorrogando ano tras ano ata a actualidade. Existe informe previo no que se

formula reparo por parte da interventora, de data 09.12.2011.

- Coordinadora da ludoteca: contrato formalizado o día 07.01.2008, contrato de duración

determinada a xornada completa, o cal non fixaba unha data de remate ou fin de obra e que se

foi prorrogando sucesivamente ata a actualidade. Existe informe previo no que se formula reparo

por parte da interventora, de data 28.12.2011.

- Monitora da ludoteca: mesmas características e circunstancias que o anterior.

- Psicóloga do CIM (Centro de información á muller): contratada orixinalmente o 06.03.2006 a

tempo parcial, contrato que se foi prorrogando sucesivamente ata a actualidade con

periodicidade anual. Existe informe previo no que se formula reparo por parte da interventora, de

data 28.12.2011.

- Avogada do CIM: contratada orixinalmente o 30.08.2004 a tempo parcial, sendo

posteriormente ampliado a xornada completa. O contrato foise prorrogando sucesivamente ata a

actualidade con periodicidade anual. Existe informe previo no que se formula reparo por parte da

interventora, de data 28.12.2011. Esta traballadora forma parte da mostra de persoal

seleccionada, da que se da conta mais abaixo.

- Auxiliar de policía local, contratado por períodos inferiores ao ano desde 1999 e

continuamente desde o 21.02.2005.

- Limpadoras dos colexios públicos, contratadas entre 1998 e 2001.

- Unha conserxe, contratada en 1998.

- Unha profesora de música, contratada en 1999.

- Catro peóns, contratados en 2001.

Por outra banda, non hai constancia, como incumprimento formal, da remisión da plantilla de

persoal ao órgano correspondente da Comunidade Autónoma, tal como preceptúa o artigo 232

da LALGA, nin ao da Administración do Estado , segundo o artigo 127 do TRRL.

Tampouco hai constancia da existencia na entidade dun Rexistro de Persoal. Esta ausencia

incumpre o previsto nas normas, por citar as mais importantes os artigos 71 e 74 do EBEP, 90 da

LRBRL e 232 da LALGA. O Rexistro de Persoal debería conter os datos necesarios que xustifiquen

os conceptos retributivos incluídos na nómina de cada empregado da entidade.

Non hai oferta de emprego público aprobada polo Concello para o exercicio 2011, sendo a

última publicada a do 2010, que está sen levar a cabo.

Page 29: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -25

En canto aos procesos selectivos levados a cabo durante o exercicio para a contratación de

novo persoal, o Concello, dada a súa situación financeira, limitouse a convocar prazas para

realización de traballos temporais ou estacionais ou ben para substitucións, concretamente as

seguintes:

- Conserxe para un colexio público (substitución)

- Persoal para a oficina de turismo municipal.

- Conserxe para a escola de música (substitución).

- Persoal de salvamento en praias

- Persoal para conservación e rexeneración medioambiental.

- Auxiliares de policía para a tempada estival.

- Conserxe para o camping municipal.

- Choferes para motobomba do servizo contra incendios.

- Monitores de ximnasia para persoas maiores.

- Limpadora colexios (substitución).

Os procesos selectivos lévanse a cabo: en algúns casos mediante o sistema de listas de

substitución, xa que existen listas aprobadas polo Concello a principios do 2009, con validez

ata o fin de 2011; e noutros casos mediante concurso trala aprobación das bases da

convocatoria.

A este respecto compre sinalar que a Lei 39/2010, do 22 de decembro, de Orzamentos xerais

do Estado para o 2011, no seu artigo 23 prohibe en xeral a contratación de persoal laboral

temporal durante o exercicio, limitándoa a aqueles casos excepcionais e que sirvan para cubrir

necesidades urxentes e inaprazables. Débese subliñar que nas contratacións temporais

relacionadas non se xustifica tal extremo e por iso foron obxecto de reparo pola interventora

do Concello.

MEMBROS DA CORPORACIÓN

O ano obxecto de fiscalización foi ano electoral no ámbito local: as eleccións celebráronse o 22

de maio. Debido a isto, distínguense dous períodos ao longo do ano no relativo ao réxime de

dedicación e ás retribucións dos membros da corporación:

- O réxime en vigor ata o 30 de xuño foi establecido por acordo do Pleno na súa sesión

extraordinaria do 5 de xullo de 2007, polo cal se establece a dedicación exclusiva no desempeño

dos seus cargos para o Presidente da Corporación, cunha retribución de 31.073,56 euros brutos

anuais; e para o concelleiro delegado de urbanismo, vivenda e infraestruturas, coa mesma

retribución que o presidente. Así mesmo, establécense dedicacións parciais de media xornada

Page 30: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 26

para o concelleiro delegado de servizos, obras e promoción económica e para concelleira

delegada de mobilidade, transportes e seguridade cidadá, cunha retribución, en ambos os dous

casos, de 15.536,78 euros brutos anuais.

- O réxime en vigor o resto do ano ( aplicable desde o 1 de xullo) foi establecido por acordo do

Pleno resultante das eleccións do 22 de maio, de data 30 de xuño, establecéndose tan só dúas

dedicacións exclusivas. A do Alcalde, cunha retribución bruta anual de 13.602,46 euros e a da

concelleira delegada de urbanismo, vivenda, infraestruturas e medio ambiente, cunha retribución

bruta anual de 21.770,40 euros.

Polo demais, verificáronse as retribucións efectivamente percibidas polos seis concelleiros que

exerceron estas dedicacións durante o exercicio, resultando correctos os importes percibidos por

todos eles, tendo en conta que para o Alcalde e concelleiros saíntes, que perciben retribución ata

o mes de xuño, acordárase no ano anterior unha redución dos seus dereitos económicos dun

12,5 por cento, en aplicación das recomendación ao respecto da FEGAMP, a consecuencia da

entrada en vigor do Real Decreto Lei 8/2010, de medidas para a redución do déficit público.

En canto ao cumprimento do artigo 14.un do citado Decreto-Lei 8/2010, compre sinalar en

primeiro lugar que o mesmo declara, para as entidades locais, recursos afectados os derivados da

aplicación das medidas de redución de custes de persoal nel regulamentados, establecendo que

se destinarán, por este orde, a sanear o remanente de tesourería negativo do ano anterior, a

diminuír o endebedamento a longo prazo ou ao financiamento de inversións. Neste caso, dado

que a entidade presenta remanente de tesourería negativo, tanto no exercicio 2010 como no

2011, destinouse dito aforro á súa redución, téndose constatado que existen retencións de

crédito polos importes do aforro obtido nas partidas correspondentes do capítulo1.

MOSTRA DE PERSOAL

Da totalidade de persoal que figura na relación que achegou a entidade, escolleuse unha mostra

de seis traballadores/as, coa finalidade de comprobar o acceso ao seu posto e as retribucións que

perciben. O detalle da mostra figura no cadro seguinte:

TIPO DESCRICIÓN DO POSTO ANTIGÜIDADE

Funcionaria Administrativa (interina) 26.05.2008

Funcionario Xefe de policía local 15.07.1989

Laboral fixo Coordinador cultural 01.01.1987

Laboral fixo Inspector de obras 01.01.1988

Laboral temporal Auxiliar de policía local 01.06.1999

Laboral temporal Avogada 30.08.2004

Page 31: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -27

O resultado da fiscalización é o seguinte:

- Administrativa (interina): A traballadora que ocupa esta praza tomou posesión da mesma

o 26.05.2008 como funcionaria interina, sen que no expediente de persoal achegado conste

documentación acreditativa da realización de proceso selectivo para a provisión da mesma.

Posteriormente a praza, xunto con outras, figura na oferta de emprego público do Concello para

o 2008, publicada no Doga con data 01.12.2008, aínda que a dita oferta nunca chegou a ser

convocada, polo que a praza segue, a data de hoxe, ocupada pola mesma persoa.

Comprobadas as nóminas do exercicio, resultou que as percepcións brutas e descontos aplicados

son os que establece a lei de orzamentos do Estado para o exercicio, excepto o complemento

específico, que é o establecido no citado catálogo de postos de traballo aprobado no 2008, coa

correspondente actualización.

- Xefe de policía local: trátase dun funcionario do grupo A2 e nivel 24 no 2011, do que

consta no seu expediente abundante documentación sobre o seu proceso selectivo e a súa

carreira administrativa. As percepcións do exercicio foron comprobadas e resultan correctas,

incluíndo unha cantidade percibida en execución de sentenza gañada polo funcionario por

diferenzas salariais ao seu favor, por importe de 7.889,24 euros líquidos.

- Coordinador cultural: este traballador, pertencente ao grupo 1 dos de clasificación de

laborais, foi contratado polo Concello con data do 01.01.1987, en virtude dun acordo co Fondo

de promoción de emprego do sector naval, ao que o traballador estaba acollido. O proceso

selectivo foi obxecto de controversia: o 31.10.1986 o Pleno do Concello acorda que se dirima

por sistema de concurso-oposición, pero o 05.12.1986 rectifica o acordo anterior, pasando a un

procedemento de simple concurso e facultando ao alcalde para tramitar o mesmo, resultando así

contratado o traballador que actualmente ocupa a praza, entre seis candidatos aspirantes . Este

último acordo do Pleno foi recorrido pola Delegación do Goberno ante a xurisdición contencioso-

administrativa e recaeu sentenza definitiva do TSX de Galicia con data 22.05.1996, declarándoo

nulo de pleno dereito por non conter as bases do concurso. O Concello executou a sentenza

convalidando retroactivamente, mediante acordo do Pleno, os actos e acordos do expediente

orixinal de elección e contratación do traballador, baseándose nun informe dun asesor xurídico, o

cal entende que son de aplicación os artigos 67.2 y 57.3 da Lei 30/1992 de procedemento

administrativo. O artigo 67.2 refírese a actos anulables e non a actos nulos, como é o caso. O

artigo 57.2 permite conservar os efectos de actos nulos sempre que os supostos de feito fosen os

mesmos e que non se prexudiquen intereses lexítimos doutras persoas. Téñase en conta que

houbo outros cinco aspirantes á praza.

Page 32: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 28

Por outra banda, as retribucións percibidas son correctas e correspóndense, actualizadas, coas

que figuran no catálogo de postos de traballo aprobado no 2008.

- Inspector de obras: O traballador foi contratado de forma indefinida a finais de 1987,

aínda que xa viña traballando para o Concello desde tres anos antes, en virtude de contratos de

servizos. Como documentación do proceso selectivo consta un acta manuscrita dun tribunal

cualificador. Tamén constan unhas bases da convocatoria, pero non hai constancia da

publicidade da mesma.

As retribucións percibidas son correctas e correspóndense, actualizadas, coas que figuran no

catálogo de postos de traballo aprobado no 2008.

- Auxiliar de policía local: contratado por períodos inferiores ao ano desde xuño de 1999 e

continuamente desde o 21.02.2005. Non consta documentación sobre proceso selectivo no seu

expediente. As retribucións percibidas son correctas e correspóndense, actualizadas, coas que

figuran no catálogo de postos de traballo aprobado no 2008.

- Avogada: presta os seus servizos no CIM (Centro de información á muller). Contratada

orixinalmente o 30.08.2004 a tempo parcial, sendo posteriormente ampliado o seu contrato a

xornada completa. O contrato foise prorrogando sucesivamente ata a actualidade con

periodicidade anual. Existe informe previo da Intervención municipal no que se formula reparo,

cada vez que se propón a prórroga polo Alcalde. O do exercicio fiscalizado é de data

28.12.2011. Non consta documentación sobre proceso selectivo no seu expediente.

As retribucións percibidas son correctas e correspóndense, actualizadas, coas que figuran no

catálogo de postos de traballo aprobado no 2008.

IV.4 GASTOS CORRENTES

A liquidación do capítulo 2, desagregada por artigos, é a seguinte:

Page 33: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -29

ARTIGO CRÉDITOS INICIAIS

MODIFIC. DE CRÉDITO

CRÉDITOS DEFINITIVOS

GASTOS COMPROM.

OBRIGAS. REC. NETAS

PAGOS REALIZADOS

OBRIGAS. PTES DE PAGO

A 31/12

REMANENTES DE CRÉDITO

20 Arrendamentos e canons

132.969,47 3.915,07 136.884,54 127.719,20 126.609,95 115.702,40 10.907,55 10.274,59

21 Reparacións, mantemento e conservación

112.350,00 476,22 112.826,22 108.370,81 106.559,50 27.434,24 79.125,26 6.266,72

22 Material, subministracións e outros

1.410.968,28 103.143,41 1.514.111,69 1.439.380,21 1.427.595,74 490.324,33 937.271,41 86.515,95

23 Indemnizacións por razón do servizo

33.609,40 10.755,24 44.364,64 43.821,20 43.821,20 39.159,98 4.661,22 543,44

TOTAIS: 1.689.897,15 118.289,94 1.808.187,09 1.719.291,42 1.704.586,39 672.620,95 1.031.965,44 103.600,70

No Pleno celebrado o 24.02.2011 aprobouse un recoñecemento extraxudicial de créditos por

importe de 334.804,23 €. Comprobouse a efectiva imputación desta cantidade ao Orzamento:

250.364,28 € impútanse orzamentariamente ao capítulo 2; 81.547,72 €, ao capítulo 6; e o

resto, 2.892,23 €, ao capítulo 3.

Do total de obrigacións recoñecidas deste capítulo selecciónase a seguinte mostra:

Nº INTERESADO DATA

OPERACIÓN ASENTO

CONTABLE FASE ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE

1 PIDRE COBAS, Aurora 08/02/2011 1338 O 20200 184,59

2 VAZQUEZ CUETO, JOSE RAMON 08/02/2011 1362 O 22604 1.595,36

3 CORUÑESA DE AHORRO ENERXETICO SLU 24/02/2011 1716 ADO 22711 11.473,45

4 S.D.C. SAMERTOLAMEU 24/02/2011 1840 ADO 22609 12.000,00

5 GAS NATURAL S.U.R., SDG, S.A. 24/02/2011 1869 ADO 22100 49.800,97

6 TELEFONICA DE ESPAÑA S.A.U. 24/02/2011 1873 ADO 22200 461,7

7 VAZQUEZ TABOADA, Pedro 14/03/2011 2334 ADO 22620 383,5

8 MONTES COSTAL, Maria Luz 14/03/2011 2383 ADO 22110 240,48

9 KOPIAK MOAÑA S.L. 14/03/2011 2404 ADO 22000 13,88

10 XUNTA DE GALICIA 28/03/2011 2627 ADO 22501 19.339,74

11 GAS NATURAL S.U.R., SDG, S.A. 28/03/2011 2842 ADO 22100 67.539,07

12 PIDRE COBAS, Aurora 06/04/2011 2742 O 20200 184,59

13 SANTOME GESTIDO, MANUEL 06/04/2011 2750 O 20200 908,73

14 DIAZ JUNCAL, FRANCISCO 18/04/2011 3188 ADO 22702 354

15 URBASER S.A. 30/05/2011 3768 ADO 22707 19.543,56

16 URBASER S.A. 30/05/2011 3769 ADO 22707 21.568,51

17 TELEFONICA DE ESPAÑA S.A.U. 01/07/2011 5277 ADO 22220 97,9

18 CORP. ATLANTICA DO ESPECTACULO 05/08/2011 5525 O 22610 12.000,00

19 PRETO DE TI S.L 16/09/2011 6163 O 22713 13.591,91

20 RODRIGUEZ ABAL, Jose Luis 30/09/2011 6746 O 22620 354

Page 34: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 30

Nº INTERESADO DATA

OPERACIÓN ASENTO

CONTABLE FASE ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE

21 SENES C.I.T, S.L. 29/11/2011 7472 DO 22614 14.898,00

22 JESUS PEREZ PIÑEIRO 14/12/2011 7674 ADO 20200 562,12

23 GASOLEOS DEL MORRAZO SANCHILAN 16/12/2011 8112 ADO 22103 700

24 ASCENSORES ENOR S.A. 16/12/2011 8114 ADO 21301 123,9

25 TALLERES VEIGA, S.L. 30/12/2011 8700 ADO 21400 850,19

26 MOCHI RESTAURACION, S.L. 30/12/2011 8715 O 22620 4.234,00

27 GONZÁLEZ PÉREZ, ARTURO 24/02/2011 1906 ADO 23000 1.307,23

28 RODAS CHAPELA, DANIEL 24/02/2011 1901 ADO 23000 1.248,28

29 RODRÍGUEZ VELOSO, JOSE 24/02/2011 1913 ADO 23000 865,88

TOTAL: 256.425,54

a) Gastos artigos 20, 21 e 22

En relación a estes gastos, verifícase: a aprobación do gasto polo órgano competente para iso, a

existencia de factura ou documento equivalente e o xustificante do pago.

Achégase toda a documentación solicitada. No entanto, realízanse as seguintes observacións:

- Nº 2: Trátase dunha factura por servizos de asesoría xurídica durante xaneiro de 2011.

En relación aos servizos de asesoramento xurídico e defensa procesual, non existe contrato

administrativo debidamente adxudicado e formalizado que teña por obxecto a prestación dos

mesmos. En informe da Intervención dise que “visto o disposto no artigo 23.3 da LCSP polo que

os contratos menores non poderán ter unha duración superior a un ano nin ser obxecto de

prórroga, e visto que este é un gasto periódico, de facturación mensual reiterada no tempo, non

se pode tratar en cada exercicio coma se tratásese dun novo contrato menor, debendo seguirse a

preceptiva tramitación administrativa mediante o procedemento aberto, ou negociado se

procede, que finalice coa adxudicación e formalización dun contrato cunha duración conforme co

establecido no artigo 279 da LCSP. O contrario suporá un fraccionamento do obxecto do

contrato.”

- Nº 4: trátase dunha factura sen IVE da SDC Samertolameu (club de remo) en concepto de

“organización regata de traíñas Bandeira Concello Moaña”. Esta entidade é unha asociación sen

ánimo de lucro e exenta de IVE, similar ao resto das existentes no ámbito do concello, as cales

perciben subvencións (capítulo 4) por importes máximos de 1.500 euros. Entendemos, polo

tanto, que sería mais axeitado que este gasto fose tramitado por esta mesma vía, o cal permitiría

un maior control da xustificación do mesmo.

Page 35: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -31

- Nº 6: trátase dunha subministración de servizos telefónicos. En informe da Intervención

explícase que hai diversas subministracións, entre eles, os telefónicos, que ao longo do ano van

superar o límite do contrato menor, e que, por tanto, deberíase tramitar un expediente de

contratación.

- Nº 8: trátase dunha factura en concepto de materiais de limpeza. O total de obrigacións

recoñecidas con este provedor supera o límite de 18.000 € sen IVE, e non se tramitou ningún

expediente de contratación, o cal se pon de manifesto en informe da Intervención de

30.12.2011.

- Nº 10: trátase dun dos 4 pagos que se van a facer á Xunta de Galicia en 2011 para cubrir

débedas do canon de saneamento de 2004, con intereses percibidos desde o ano 2006. Este

pago supón un principal de 19.339,74 € e uns intereses de 1.894,23 €.

- Nº 11: trátase dunha factura de Gas Natural polo consumo de enerxía eléctrica de xaneiro de

2011. No expediente figura un escrito do 28.02.2011 onde consta que a esta data a débeda con

esta compañía é de 665.657,90 €. Así mesmo, figura informe da Intervención, do 22.03.2011,

onde se manifesta que se supera o importe máximo previsto para os contratos menores e por

tanto é necesario tramitar un expediente de contratación.

- Nº 18: este gasto é en concepto de entrega do 40% da contraprestación pola produción do

Festival Intercéltico XXVII/varios festas de verán 2011.

Neste expediente figura informe de reparo da Intervención, do 20.07.2011, onde consta que este

contrato, para a organización do Festival Intercéltico de Morrazo e programación cultural de

verán, sería un contrato privado, que se rexe en canto á súa preparación e adxudicación pola

LCSP e as súas normas de desenvolvemento. Asimilaríase ao disposto para os contratos de

servizos e non é menor, por exceder de 18.000 €.

Non consta que se tramite ningún expediente de contratación.

Por outra banda, a prestación do servizo debe ser anterior ao pago (art. 189 TRLRFL) e na

proposta non constan as datas propostas da programación cultural de verán.

Por todo o anterior así como polo incumprimento da Lei 30/92 sobre a tramitación dos

expedientes administrativos, a Intervención emite reparo, sinalando que as deficiencias

advertidas no seu informe, de conformidade cos artigos 32 da Lei 30/2007 e 62 da Lei 30/1992,

son causa de nulidade do contrato.

Page 36: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 32

A Xunta de Goberno Local, o 22.07.2011, acorda levantar o reparo atendendo á necesidade de

ter realizada a contratación coa antelación necesaria, “o que imposibilitou a posibilidade de

seguir todos os trámites previstos na normativa contractual”. En acta desa data explícase que o

departamento de cultura, por razóns de urxencia, púxose en contacto telefonicamente con tres

produtoras de espectáculos que lle facilitaron tres orzamentos. Á vista dos mesmos, a concellería

de cultura e a Alcaldía decidiron contratar coa adxudicataria. Sinalan que si constan no

expediente os certificados de estar ao corrente en cumprimento de obrigacións tributarias,

seguridade social e escritura de constitución e que os pagos se farán con posterioridade á

prestación dos servizos.

- Nº 19: trátase dunha factura polo servizo de axuda a domicilio.

No expediente figura informe da Intervención do 12.09.2011, onde se explica que o contrato de

asistencia no fogar é un contrato plurianual adxudicado por acordo da Xunta de Goberno Local

do 12.04.2010, ao que en 2011 lle correspondía a cantidade de 90.518,28 € máis IVE. Tendo en

conta as obrigacións xa recoñecidas así como as que se pretenden recoñecer, pódese concluír

que as horas facturadas superan amplamente o límite establecido para o exercicio 2011,

atopándose por tanto a prestación do servizo fóra do marco contractual aprobado.

- Nº 20: trátase dunha parte do pago da cartelería para a celebración da “XVI Xuntanza de

persoas maiores Samertolameu 2011”, que supón un gasto total de 4.793,94 €.

- Nº 26: trátase dunha factura dun restaurante en concepto de “celebración xuntanza de Nadal

persoas maiores 2011”. Figuran 345 comensais cun menú de 9,25 € e 28 cun menú de 25,926 €

(IVE, 8%). Total: 4.234 €.

A Xunta de Goberno Local aprobou o gasto desta xuntanza de Nadal, por 7.660 €, o

25.11.2011. Este gasto inclúe: o restaurante (o Concello subvenciona 10 € por asistente e cada

asistente paga directamente 18 € ao restaurante); persoal para distribución de mesas; trío

musical Salsalau (1.044 €) e detalles para matrimonios que cumpren vodas de ouro (100 €).

En relación a estes dous últimos gastos, cabe sinalar que, aínda que se cumpren os requisitos

formais, a celebración de festas, aínda sendo para a terceira idade, non é un servizo dos básicos

que deben prestar as entidades locais, máxime á vista da situación financeira do Concello,

segundo a cal os gastos deberíanse reducir aos mínimos imprescindibles.

Ademais de todo o anterior, nos informes, tanto da Intervención como da Tesourería do

Concello, que figuran nos expedientes das facturas revisadas, ponse de manifesto outras

irregularidades:

Page 37: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -33

- Incumprimento da orde de prelación de pagos.

A normativa (artigo 187 do TRLHL e artigo 65 do RD 500/90) establece que a prelación das

ordes de pago haberá de acomodarse ao plan de disposición de fondos da tesourería que se

estableza polo presidente que, en todo caso, deberá recoller a prioridade dos gastos de persoal e

das obrigacións contraídas en exercicios anteriores.

Como neste Concello non hai establecido ningún plan de disposición de fondos, é de aplicación

directa o establecido na norma. Como xeralmente hai problemas de liquidez, isto incúmprese en

múltiples ocasións.

- Prestación de servizos sen contrato en vigor ou sen tramitación dun expediente de contratación:

En relación ao gasto de asistencia técnica en materia de urbanismo, cabe sinalar que ademais

dun contrato debidamente adxudicado tras un procedemento negociado cunha duración de dous

anos, foron celebrados reiterados contratos menores para a prestación do servizo de asistencia

técnica en materia de urbanismo. Está a incumprirse o artigo 23.3 da LCSP e o disposto no artigo

74.2, cando indica que “non poderá fraccionarse un contrato coa finalidade de diminuír a contía

do mesmo e eludir así os requisitos de publicidade ou os relativos ao procedemento de

adxudicación que correspondan.”

Outros servizos, ademais dos xa mencionados en parágrafos anteriores (servizos telefónicos,

subministración de enerxía eléctrica, asesoramento xurídico e defensa procesual, asistencia

técnica en materia de urbanismo, subministración de material de limpeza), que se prestan sen

tramitación dun expediente de contratación son: servizos de prevención de seguridade no

traballo e vixilancia da saúde, subministración de combustibles, reparacións de inmobles, limpeza

viaria, o contrato de renting do vehículo da policía local e a subministración de materiais para

obras.

A entidade Cybernova Moaña SL presenta facturas de mantemento de equipos informáticos

cando na data de emisión da factura xa está vencido o contrato.

- Hai facturas por servizos de internet e chamadas telefónicas e facturas por servizos de limpeza

do club de xubilados que corresponden ao normal funcionamento desta asociación e en ningún

caso debería asumir o Concello; o mesmo ocorre con facturas de subministración eléctrica a

nome do FC Domaio; estes gastos son de entidades alleas, non deberían ser asumidos pola

Administración.

Page 38: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 34

- Apróbanse facturas seguindo o procedemento abreviado previsto na base 31 das de execución

do orzamento, cando polo seu importe, superior a 1.000 €, non lles é aplicable.

- Nas facturas, con carácter xeral, non se identifica o centro xestor que realizou o encargo, o

número de expediente de gasto e non está a firma do contratista. Estes requisitos esíxense na

base 25 das de execución do orzamento.

b) Gastos do artigo 23: indemnizacións por razón do servizo (dietas)

En canto ás indemnizacións por razóns do servizo, recollidas no artigo 23, ascenden a unha

contía de 43.821,20 euros en termos de obrigas recoñecidas netas, co seguinte detalle:

- 31.066,32 euros corresponden a percepcións por asistencia a órganos colexiados dos membros

da corporación, na súa maior parte, aínda que tamén recollen indemnizacións polos gastos de

locomoción ocasionados no exercicio do cargo.

- 3.850,99 euros corresponden a indemnizacións por gastos de locomoción do persoal.

- 8.903,89 corresponden a dietas por asistencias a tribunais (procesos de selección de persoal de

anos anteriores).

As contías destes gastos deben ser acordadas polo Pleno, tal e como dispón o artigo 75.3 e 4 da

LRBRL. Así se fixo, mediante acordo do 5 de xullo de 2007 , fixándose as percepcións por

asistencia ás sesións do Pleno en 65 euros por cada unha e ao resto de órganos constituídos en

24,79 euros por cada unha, mentres que as indemnizacións por gastos de locomoción,

manutención e aloxamento quedan establecidas nas mesmas contías que recolle o Real decreto

462/2002, de indemnizacións por razóns do servizo para os funcionarios.

É de destacar a fixación da contía das asistencias á “Presidencia do Padroado Beiramar”, nun

importe de 300 euros por sesión. Compre sinalar, a este respecto, que a lei permite a fixación de

contías a percibir por asistencias a órganos colexiados, cando a Presidencia do Padroado é un

órgano unipersoal, polo que se entende que non procede esta asignación dentro deste tipo de

gastos, que son mais ben de carácter indemnizatorio, argumento que se ve reforzado pola contía

da asignación, polo que mais ben se trata dunha retribución encuberta polo desempeño do

citado cargo, co cal recibiría un tratamento fiscal e orzamentario diferente.

Tralas eleccións do 22 de maio de 2011 foi necesario renovar as contías destes gastos, e así se

fixo nun Pleno extraordinario, do 30 de xuño de 2011. As contías non sofren modificación,

excepto a mencionada asignación de 300 euros por sesión para a Presidencia do Padroado

Beiramar, que desaparece.

Page 39: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -35

A efectos de comprobar o cumprimento destas contías e a xustificación destes gastos, tomouse

unha mostra de tres pagos dos rexistrados no libro diario, que corresponden aos números 27, 28

e 29 do cadro xeral que figura ao inicio deste apartado.

Do traballo realizado resulta o seguinte:

Nº 27: Trátase do recoñecemento e pago das asistencias a sesións de órganos colexiados do

concelleiro D. Arturo González Pérez desde agosto a decembro do 2010 (7 plenos, 22 xuntas de

goberno e 15 comisións informativas), circunstancia que se xustifica mediante certificación do

Secretario. O gasto corresponde ao exercicio anterior e impútase ao 2011 en virtude dun

expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos, polo que se produce a consabida

vulneración dos principios de especialidade temporal e cuantitativa dos créditos orzamentarios.

Por outra banda, os importes pagados respectan as contías acordadas polo Pleno.

Nº 28: Trátase do mesmo gasto do apartado anterior pero referido ao concelleiro D. Daniel

Rodas Chapela. Neste caso as asistencias certificadas foron a 8 plenos, 20 xuntas de goberno e

12 comisións informativas. Dáse a mesma incidencia do gasto anterior, por tratarse de gastos

producidos no 2010 e imputados ao 2011.

Nº 29: Neste caso o gasto corresponde a dietas por asistencias a tribunais de procesos selectivos

relativos á oferta de emprego público de 2007, en favor do funcionario D. José Rodríguez Veloso.

Como xustificante do gasto tan só se achega un cadro no que figuran os importes que

corresponden a cada membro dos tribunais de cada proceso selectivo realizado, pero sen

certificar. O pago tamén se realiza mediante o mesmo expediente de recoñecemento

extraxudicial de créditos mencionado nos gastos anteriores, polo que novamente se produce un

desprazamento do gasto de exercicios anteriores cara ao 2011, a cuxo orzamento se imputa o

gasto.

IV.5 GASTOS POR TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS

Compre en primeiro lugar amosar o cadro xeral que recolle a execución orzamentaria do capítulo

4, “transferencias correntes”, (xa que o 7, “transferencias de capital”, non ten movementos) a

partires das liquidacións dos exercicios 2011 e anterior:

ARTIGO DESCRICIÓN ECONÓMICA CRÉDITOS INICIAIS

CRÉDITOS DEFINITIVOS

ORN PAGOS ORN 2010

41 A OOAA da propia entidade 295.739,29 295.739,29 149.310,00 149.310,00 141.000,00

46 A outras entidades locais 486.521,77 486.521,77 5.587,67 5.587,67 13.161,92

48 A familias e institucións sen ánimo de lucro 100.962,50 81.633,52 65.560,00 46.680,00 56.145,56

4 Total transferencias correntes 587.484,27 568.155,29 71.147,67 52.267,67 69.307,48

Page 40: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 36

O artigo 41 recolle as transferencias do Concello ao organismo autónomo Padroado Beiramar.

O artigo 46 recolle o importe das transferencias realizadas en favor da Mancomunidade do

Morrazo, da que forma parte. A actividade principal que se presta desde este organismo é a

recollida de lixo, por medio da empresa pública SOGAMA. O concello mantén unha débeda coa

Mancomunidade, a 31.12.2011, de 2.453.234,42 euros, que non se recolle na contabilidade (ver

apartado III deste informe). No ano 2013 acordouse entre ambas entidades un plan de pagos

para saldar esta débeda.

En canto ao artigo 48, a súa execución corresponde a axudas nominativas, dado que figuran

todas elas na base 46 das de execución do orzamento, co seguinte detalle:

- 38.000 euros son concedidos á Federación de ANPAS Arco da Vella, con destino aos

comedores escolares dos distintos colexios existentes no municipio.

- 15.960 euros concedidos á Sociedade Protectora de Animais.

- 11.600 euros concédense a diversas asociacións de carácter deportivo, por importes que van

dende os 700 euros ata 3.100 euros.

Todas as axudas son instrumentadas mediante convenios coas entidades beneficiarias.

De entre todas estas axudas tomouse a seguinte mostra para o análise das xustificacións da

actividade subvencionada:

BENEFICIARIO/TERCEIRO IMPORTE

Federación de ANPAS Arco da Vella 38.000,00

Clube de patinaxe artística Ánfora 1.500,00

Clube Taekwondo Patiño 1.500,00

TOTAL 41.000,00

En primeiro lugar, como incidencias xenéricas, isto é, que se observaron no procedemento de

concesión ou en todos os expedientes fiscalizados, compre sinalar as seguintes:

- A concesión de subvencións nominativas ven configurada na Lei como de carácter

excepcional, sendo a concorrencia pública e competitiva o procedemento ordinario. No caso das

axudas deste tipo que se outorgan, non se xustifica esta excepcionalidade, nin se motiva a razón

das contías concedida a cada beneficiario nin queda constancia, ao non ser o procedemento de

concorrencia, se houbo outros posibles beneficiarios.

- Incúmprese a obriga de comunicar as axudas concedidas á Intervención Xeral da

Administración do Estado, segundo se dispón no artigo 20 da lei Xeral de Subvencións.

Page 41: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -37

- Incúmprese a obriga de comunicar as axudas concedidas ao Rexistro Público de Subvencións

da Comunidade Autónoma, segundo dispón o artigo 16 da Lei de Subvencións de Galicia.

- Incúmprese a obriga de estampar ou marcar dalgunha forma os xustificantes de gasto

presentados para evitar duplicidades, segundo se recolle no artigo 30.3 da Lei Xeral de

Subvencións.

Estes incumprimentos, por outra banda xeneralizados na Administración, supoñen unha

debilidade na necesidade de control das axudas recibidas por calquera beneficiario de calquera

administración pública, posibilidade seguramente remota nestes beneficiarios pola súa

localización, pero non se pode deixar de mencionar o incumprimento.

En canto ás incidencias específicas sinálanse estas:

- Clube de patinaxe artística Ánfora: Aínda que se achegan facturas suficientes para xustificar o

importe da subvención, non queda constancia do pago efectivo das mesmas. Tampouco se

achega a memoria na que se especifiquen os ingresos e gastos totais do exercicio, a efectos de

comprobar se a subvención supera ou non o custe efectivo da actividade. En informe da

intervención do 30.12.2011 figuran estas deficiencias, polo que se formula reparo, que foi

posteriormente levantado polo Pleno e abonada a axuda con data de 12.06.2012.

- Clube Taekwondo Patiño: para esta axuda danse as mesmas dúas incidencias da anterior. A

axuda foi tamén pagada na data de 12.06.2012.

- Federación de ANPAS Arco da Vella:. Esta axuda cobre aos comedores dos sete colexios do

concello, concedéndose un importe por comida realizada, co límite máximo de 1,75 euros por

cada unha. A xustificación consiste en certificar este número. Comprobouse que non se superou

o límite mencionado. Sen incidencias específicas.

IV.6 GASTOS DE INVESTIMENTO

A liquidación de gastos do capítulo 6, por artigo, é a seguinte:

ARTIGO CRÉDITOS INICIAIS

MODIF. DE CRÉDITO

CRÉDITOS DEFINITIVOS

GASTOS COMPROM.

OBRIGAS REC. NETAS

PAGOS REALIZADOS

OBRIGAS PTES DE PAGO A 31/12

REMAN. DE CRÉDITO

60 Investimento novo en infraestruturas e bens destinados ao uso xeral

10.000,00 48.102,31 58.102,31 57.768,23 57.768,23 0,00 57.768,23 334,08

61 Investimentos de reposición en infraestruturas e bens destinados ao uso xeral

86.000,00 53.677,63 139.677,63 128.606,91 61.225,90 0,00 61.225,90 78.451,73

Page 42: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 38

ARTIGO CRÉDITOS INICIAIS

MODIF. DE CRÉDITO

CRÉDITOS DEFINITIVOS

GASTOS COMPROM.

OBRIGAS REC. NETAS

PAGOS REALIZADOS

OBRIGAS PTES DE PAGO A 31/12

REMAN. DE CRÉDITO

62 Investimento novo asociado ao funcionamento operativo dos servizos

166.083,27 637.873,48 803.956,75 745.572,58 663.713,65 340.094,08 323.619,57 140.243,10

63 Investimento de reposición asociado ao funcionamento operativo dos servizos

57.000,00 77.729,90 134.729,90 131.505,99 131.505,99 77.746,09 53.759,90 3.223,91

TOTAL: 319.083,27 817.383,32 1.136.466,59 1.063.453,71 914.213,77 417.840,17 496.373,60 222.252,82

No ano 2011, segundo certificación da Secretaría, tramítanse dous expedientes de contratación,

dos cales un é un contrato privado de arrendamento de local destinado a centro médico de Meira

(o gasto correspondente é gasto corrente, non gasto de investimento). O outro é un contrato de

obras para a pavimentación da rúa Casanova, adxudicado á empresa “Covsa, construcións,

obras e viais, S.A.” por 67.381,01 € (IVE incluído), cun prazo de execución dun mes.

Revísase a documentación que forma parte deste último expediente de contratación, e como

resultado realízanse as seguintes observacións:

- Non queda acreditado que se negocien os termos do contrato coas tres empresas que

presentaron ofertas, tal como estaba previsto no PCAP;

- O contrato asínase o 29.10.2011 e a acta de comprobación do replanteo, que debe realizarse

nun mes desde a firma do devandito documento, é de 01.10.2012 (once meses posterior). Non

queda claro no expediente o motivo deste atraso. En informe da Intervención de 11.12.2012

obsérvase a existencia desta demora, manifestando que o único que consta no expediente é un

informe do técnico municipal, de 17.09.2012, no que se pon de manifesto a necesidade de

solicitar unha prórroga de dous meses por motivos relativos á dispoñibilidade dos terreos.

Ademais, durante o exercicio recoñécense obrigacións derivadas da execución de contratos de

anos anteriores, ou de contratos que se tramitaron como contratos menores. Son, entre outros:

- Obra de “conservación e reforma do centro cultural Rosalía de Castro”; contrato de data

19.08.2010; importe adxudicado: 406.204,01 € (IVE incluído); adxudicatario: Jesús Martínez

Álvarez; impútanse ao ano 2011 as obrigacións correspondentes ás certificacións nº 3 a nº 13,

por un total de 371.360,48 €.

- Obra de “rehabilitación da Casa Pazó, para gardería infantil”; contrato de data 25.11.2008;

importe adxudicado: 572.257,06 € (IVE incluído); adxudicatario: Construcións A. Varela Villamor

SL; impútanse ao ano 2011 as obrigacións correspondentes ás certificacións nº 18 e 19 por

Page 43: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -39

119.740,23 €. A Intervención emite reparo xa que observa un incumprimento no prazo de

execución, especialmente importante cando o prazo previsto no prego reduciuse na proposta

presentada pola empresa e foi un dos criterios a ter en conta na adxudicación. O prazo inicial era

de 10 meses e foi tendo prórrogas sucesivas, a última delas o 04.04.2011, pero os prazos

fixados coas mesmas xa foran superados á data do informe da Intervención (03.06.2011).

- Obra de reforma do campo de fútbol de Domaio ; contrato do 01.6.2010; importe adxudicado:

407.879,39 €; adxudicatario: “Construcións en Pedra Sigras SL”; impútanse a 2011 obrigacións

por 55.943,21 €.

- Obra de “acondicionamento do parque público a Guía”; adxudícase como contrato menor por

acordo da Xunta de Goberno Local do 19.07.2010, por 48.102,31 € (IVE incluído);

adxudicatario: Plygepe SL A obra certifícase en 2011 e impútase a este exercicio.

- Obra de “acondicionamento 1ª planta praza de abastos”; adxudicouse o contrato menor o

16.03.2011, a Plygepe SL por 43.981,56 €; a obra certifícase o 11.04.2011 e impútase a este

exercicio.

- Obra de “equipamento do parque da Guía”; adxudícase como contrato menor de obras, por

33.859,90 €, a Plygepe, SL o 21.02.2011. Con todo, os conceptos facturados son traballos de

subministración e instalación de céspede artificial e de determinados xogos infantís e elementos

biosaudables. Como se pon de manifesto en informe da Intervención, con reparo, pola natureza

do contrato non se trata dun contrato de obras, senón dun contrato mixto de subministración e

obras, con maior importancia para as subministracións. Por tanto, en atención á súa contía,

superior a 18.000 €, non se podía tramitar como contrato menor. A Xunta de Goberno Local

levantou o reparo “por entender xustificada a tramitación do expediente como contrato menor

de obra, á vista das características que presenta o contrato”. A factura é de 25.05.2011, por

33.859,90 € e impútase a este exercicio.

IV.7 OPERACIÓNS FINANCEIRAS

O artigo 14.dous do Real decreto-lei 8/2010, do 20 de maio (segundo corrección de erros

publicada no BOE do 25 de maio) indica que “a partir do 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro

de 2011 as entidades locais e as súas entidades dependentes clasificadas no sector

administracións públicas non poderán acudir ao crédito público ou privado a longo prazo en

calquera das súas modalidades para o financiamento dos seus investimentos, nin substituír total

ou parcialmente operacións preexistentes salvo que a substitución resulte beneficiosa en termos

financeiros para a entidade.”

Page 44: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 40

O concello de Moaña non concertou ningún préstamo a longo prazo durante o ano 2011.

A débeda por operacións financeiras que se reflicte na contabilidade é a seguinte:

DESCRICIÓN PENDENTE A

1/1/2011 PENDENTE A 31/12/2011

CANCELADO DURANTE 2011

Préstamo BCL 95/44225604 2.223.489,50 2.084.767,19 138.722,31

Préstamo BCL 44444688 25.000,00 0,00 25.000,00

Préstamo BBVA 46048596 1.000.000,00 942.195,74 57.804,26

Anticipo Deputación 635/00 27.045,56 27.045,56 0,00

Anticipo Deputación 678/01 7.994,31 0,00 7.994,31

Anticipo Deputación 721/04 36.000,00 27.000,00 9.000,00

Anticipo Deputación 748/05 60.000,00 48.000,00 12.000,00

TOTAL préstamos e anticipos: 3.379.529,37 3.129.008,49 250.520,88

Débedas liquidación participación tributos Estado 2008 350.469,26 287.575,46 62.893,80

Débedas liquidación participación tributos Estado 2009 0,00 690.834,49

Total a devolver participación tributos Estado 350.469,26 978.409,95 62.893,80

Operación tesourería 00046164783 338.042,35 0,00 338.042,35

Operación tesourería 00046507080 161.250,00 0,00

Operación tesourería 00046684405 250.000,00 0,00

Total operacións de tesourería 338.042,35 411.250,00 338.042,35

Realizouse unha comprobación desta información cos xustificantes das operacións

correspondentes, resultando que a contabilidade reflicte correctamente as mesmas, salvo no

relativo ao anticipo Deputación 635/00.

Este anticipo, de acordo coa información que obra no expediente, non foi disposto. A pesar da

non disposición dos fondos concedidos, a Deputación seguiu detraendo anualmente as cotas de

amortización mediante a compensación con dereitos do Concello pola subvención concedida con

cargo ao programa de acción municipal. O 17.11.2010 o consello reitor do organismo Caixa de

anticipos anulou este anticipo, polo que en sesión plenaria celebrada o 28.12.2010 acordouse a

anulación das obrigacións recoñecidas pendentes de pago por 27.045,56 €, saldo que se debe á

contabilización do recoñecemento da obrigación polas cotas correspondentes aos anos 2006,

2007 e 2008. Estas obrigacións anuláronse en contabilidade orzamentaria pero están pendentes

de anular na contabilidade financeira. Ademais, por Resolución do 01.06.2012 a Presidencia da

Caixa de anticipos acordou a compensación de cotas indebidamente detraídas por 36.060,72 €

con cotas vencidas e non satisfeitas doutros anticipos.

A operación de tesourería 00046164783 ten un saldo inicial de 338.042,35 € que debería

cancelarse a 31.12.2010, en virtude do establecido no artigo 14.tres) do Real Decreto-Lei

8/2010, que establece que “as operacións a curto prazo concertadas para cubrir situacións

Page 45: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -41

transitorias de financiamento reguladas no artigo 51 do TRLRFL deberán quedar canceladas a 31

de decembro de cada ano”. Cancelouse o 05.01.2011.

En relación ás operacións de tesourería 00046507080 e 00046684405, as mesmas

concertáronse o 04.01.2011 e o 21.09.2011, por 645.000 e 250.000 €, e aínda que

contablemente figuran saldos pendentes de pago a 31/12, por 161.250 e 250.000 €,

respectivamente, os mesmos canceláronse totalmente a 31/12, pero por diferenzas entre a data

valor (31.12.2011) e a data contable (02.01.2012) en contabilidade hai un saldo pendente que

se cancela a 02.01.2012.

Ademais, durante o exercicio concértase outra operación de tesourería por 57.000 €, que se

cancela durante o ano .

Como se pon de manifesto nos informes da Intervención, este tipo de operacións, que

legalmente están destinadas a cubrir déficits transitorios de liquidez, no concello de Moaña

véñense concertando de forma reiterada, destinando a liquidez dunha á amortización da anterior

e por tanto, non se destinaron a satisfacer necesidades conxunturais por desfasamentos entre

cobramentos e pagos, senón que atenden a un déficit de tesourería de carácter estrutural. Esta

concatenación de operacións compróbase no historial das últimas realizadas (desde 19.12.2008):

IMPORTE DATA

611.000,00 19/12/2008

600.000,00 29/12/2008

532.000,00 01/12/2009

580.000,00 01/12/2009

600.000,00 28/12/2009

Como se deduce da relación de operacións concertadas, para cancelar cada unha delas é

necesario concertar outra que xere a liquidez necesaria.

O resumo dos gastos financeiros do exercicio é o seguinte:

INTERESADO OBRIGAS

RECOÑECIDAS PAGOS

PENDENTE DE PAGO

BANCO BILBAO BISCAIA ARGENTARIA S.A. 104.220,04 104.220,04 0,00

TOTAL xuros de préstamos 104.220,04 104.220,04 0,00

CONSTRUCIÓNS OBRAS E VIAIS S.A. 50.000,00 0,00 50.000,00

XUNTA DE GALICIA 6.408,60 6.408,60 0,00

BERTOLO FERNANDEZ, MARCELINO 32.217,03 32.217,03 0,00

BANCO BILBAO BISCAIA ARGENTARIA S.A. 34,99 34,99 0,00

GIVEISA S.A. 2.946,55 2.946,55 0,00

SEGURIDADE SOCIAL 109.036,65 109.036,65 0,00

Page 46: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 42

INTERESADO OBRIGAS

RECOÑECIDAS PAGOS

PENDENTE DE PAGO

AUGAS DE GALICIA 2.619,92 2.619,92 0,00

J.R.IGLESIAS RDGUEZ 32,91 32,91 0,00

MARTINEZ RUA, Manuel Alejandro 154,07 0,00 154,07

TOTAL xuros de demora e outros gastos financeiros 203.450,72 153.296,65 50.154,07

IV.8 OUTRAS MATERIAS

IV.8.1 INGRESOS

Os dereitos recoñecidos dos capítulos 1 a 3, desagregados a nivel de artigo, son os seguintes:

ARTIGO PREVISIÓNS

INICIAIS

MODIFIC. PREV. INIC.

PREVISIÓNS DEFINITIVAS

DEREITOS RECOÑECIDOS

DEREITOS ANULADOS

DEREITOS RECOÑECIDOS

NETOS

RECADACIÓN NETA

DEREITOS PENDENTES DE COBRAMENTO

A 31/12

EXCESO/ DEFECTO

PREVISIÓN

11 Impostos sobre o capital

2.516.874,01 0,00 2.516.874,01 2.603.546,10 9.439,34 2.594.106,76 2.213.573,07 380.533,69 -77.232,75

13 Impostos sobre as actividades económicas

139.663,56 0,00 139.663,56 154.520,88 525,31 153.995,57 146.154,37 7.841,20 -14.332,01

Total capítulo 1 2.656.537,57 0,00 2.656.537,57 2.758.066,98 9.964,65 2.748.102,33 2.359.727,44 388.374,89 -91.564,76

29 Outros impostos indirectos

580.000,00 0,00 580.000,00 228.496,91 11.728,39 216.768,52 216.768,52 0,00 363.231,48

Total capítulo 2 580.000,00 0,00 580.000,00 228.496,91 11.728,39 216.768,52 216.768,52 0,00 363.231,48

30 Taxas pola prestación de servizos públicos básicos

54.004,78 0,00 54.004,78 290.620,59 2.945,00 287.675,59 287.675,59 0,00 -233.670,81

31 Taxas pola prestación de servizos públ. de carácter social e preferente

19.233,08 0,00 19.233,08 24.408,20 0,00 24.408,20 24.408,20 0,00 -5.175,12

32 Taxas pola realización de actividades de competencia local

120.356,42 0,00 120.356,42 129.758,27 684,66 129.073,61 129.073,61 0,00 -8.717,19

33 Taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local

346.856,92 0,00 346.856,92 292.561,57 15.205,01 277.356,56 259.714,20 17.642,36 69.500,36

34 Prezos públicos 44.452,55 0,00 44.452,55 46.655,96 20,25 46.608,71 46.608,71 0,00 -2.156,16

38 Reintegros de operacións correntes

15.000,00 0,00 15.000,00 580,34 0,00 580,34 580,34 0,00 14.419,66

39 Outros ingresos 337.160,00 0,00 337.160,00 166.272,23 7.252,75 159.019,48 136.288,44 22.731,04 178.140,52

Total capítulo 3 937.063,75 0,00 937.063,75 950.857,16 26.107,67 924.722,49 884.349,09 40.373,40 12.341,26

TOTAL: 4.173.601,32 0,00 4.173.601,32 3.937.421,05 47.800,71 3.889.593,34 3.460.845,05 428.748,29 284.007,98

Page 47: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -43

Compróbase que as previsións de ingresos destes capítulos son excesivas en relación ao Imposto

sobre construcións, instalacións e obras (cun exceso de previsión de 363.231,48 €). De feito, no

Plan de Saneamento Económico do Concello para o período 2010-2015 prevense para 2011 uns

ingresos totais de 380.021,65 € no capítulo 2 (fronte aos 580.000 € de previsións do

orzamento).

En relación ás taxas, con carácter global recoñécense dereitos por importe superior ás previsións,

aínda que ocorre o contrario con carácter particular en relación á taxa por entrada de vehículos

(cun exceso de previsión de 42.230,41 €), ás taxas por utilización privativa ou aproveitamento

especial do dominio público das empresas de telecomunicacións (80.690,92 €) ou a outras taxas

por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público (117.106,20 €).

No Plan de Saneamento Económico prevense unha serie de medidas en relación aos ingresos.

Algunhas non foran adoptadas aínda a 31.12.2011: a revisión do Imposto sobre Vehículos de

Tracción Mecánica para conseguir incrementar o seu rendemento e a revisión dos padróns de

impostos e taxas. Si se adoptaron outras medidas: incrementouse o tipo impositivo do IBI de

características especiais e aprobouse unha ordenanza para establecer unha taxa para gravar a

utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas

subministradoras de servizos de telefonía móbil. Esta última foi recorrida e no Concello non hai

constancia de que recaese sentenza sobre esta cuestión.

Ata o 18.08.2010, como resultado dos acordos subscritos en 1992, 1994, 2002, 2004 e 2007,

as competencias delegadas no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais

(ORAL) eran: as actuacións de xestión, recadación, liquidación e inspección do IAE, IBI, IVTM,

taxa por vaos e entrada por beirarrúas e plusvalías, tanto en vía voluntaria como executiva; e as

mesmas actuacións, pero só en vía executiva, en relación con ingresos de expedientes por

infracción urbanística (incluídas as multas por infraccións urbanísticas), multas de tráfico, ICIO e

taxas por licenzas urbanísticas e por licenzas de apertura.

Con data 18.08.2010 asínase un convenio entre o Concello e a Deputación Provincial que amplía

a delegación de competencias ás facultades de recadación en vía executiva de todos os ingresos

de dereito público que non estivesen xa delegados.

Comprobada a contabilización dos ingresos que se recadan pola Deputación sobre unha mostra

dos mesmos, verifícase que é acorde co documento número 2 dos Principios contables públicos,

que establece que “o recoñecemento contable dos dereitos de cobramento e a imputación á

conta de resultados dos ingresos dos que se deriven terá que efectuarse cando se teña

Page 48: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 44

coñecemento do seu importe, mediante a percepción dos fondos remitidos por tales oficinas

liquidadoras, ou mediante a comunicación documental dos dereitos liquidados e cobrados por

conta da entidade.”

INGRESOS POR TRANSFERENCIAS E OUTROS INGRESOS (CAP IV-VIII)

Os dereitos recoñecidos dos capítulos 4 a 8 por artigos, son os seguintes:

ARTIGO PREVISIÓNS

INICIAIS MODIFIC.

PREV. INIC. PREVISIÓNS DEFINITIVAS

DEREITOS RECOÑECIDOS

DEREITOS ANULADOS

DEREITOS RECOÑECIDOS

NETOS

RECADACIÓN NETA

DEREITOS PTES DE

COBRAMENTO A 31/12

EXCESO/ DEFECTO

PREVISIÓN

42 Transferencias correntes da Administración do Estado

2.964.280,20 0,00 2.964.280,20 3.235.269,35 71.893,80 3.163.375,55 3.163.375,55 0,00 -199.095,35

45 Transferencias correntes de comunidades autónomas

911.256,34 392.297,04 1.303.553,38 1.151.139,51 31.909,47 1.119.230,04 1.119.230,04 0,00 184.323,34

46 Transferencias correntes de entidades locais

10.000,00 19.000,00 29.000,00 21.410,00 0,00 21.410,00 21.410,00 0,00 7.590,00

47 Transferencias correntes de empresas privadas

5.010,00 0,00 5.010,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 5.010,00

Total capítulo 4 3.890.546,54 411.297,04 4.301.843,58 4.407.818,86 103.803,27 4.304.015,59 4.304.015,59 0,00 -2.172,01

52 Intereses de depósitos

20.000,00 0,00 20.000,00 1.894,28 0,00 1.894,28 1.894,28 0,00 18.105,72

54 Rendas de bens inmobles

0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

55 Produtos de concesións e aproveitamentos especiais

3.030,00 0,00 3.030,00 3.403,20 0,00 3.403,20 2.166,35 1.236,85 -373,20

59 Outros ingresos patrimoniais

0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

Total capítulo 5 23.030,00 0,00 23.030,00 5.297,48 0,00 5.297,48 4.060,63 1.236,85 17.732,52

61 Alleamento dos demais investimentos reais

0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

Total capítulo 6 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

72 Transferencias de capital da administración do Estado

25,00 61.029,89 61.054,89 452.645,80 0,00 452.645,80 452.645,80 0,00 -391.590,91

75 Transferencias de capital de comunidades autónomas

29.537,99 100.803,18 130.341,17 92.485,45 0,00 92.485,45 92.485,45 0,00 37.855,72

76 Transferencias de capital de entidades locais

0,00 87.069,91 87.069,91 106.525,63 0,00 106.525,63 106.525,63 0,00 -19.455,72

79 Transferencias de capital do exterior

0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

Total capítulo 7 29.562,99 248.902,98 278.465,97 651.656,88 0,00 651.656,88 651.656,88 0,00 -373.190,91

Page 49: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -45

ARTIGO PREVISIÓNS

INICIAIS MODIFIC.

PREV. INIC. PREVISIÓNS DEFINITIVAS

DEREITOS RECOÑECIDOS

DEREITOS ANULADOS

DEREITOS RECOÑECIDOS

NETOS

RECADACIÓN NETA

DEREITOS PTES DE

COBRAMENTO A 31/12

EXCESO/ DEFECTO

PREVISIÓN

83 Reintegro de préstamos de fóra do sector público

21.035,00 0,00 21.035,00 14.545,69 101,56 14.444,13 14.444,13 0,00 6.590,87

87 Remanente de tesourería

0,00 548.977,50 548.977,50 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 548.977,50

Total capítulo 8 21.035,00 548.977,50 570.012,50 14.545,69 101,56 14.444,13 14.444,13 0,00 555.568,37

Total 3.964.174,53 1.209.177,52 5.173.352,05 5.079.318,91 103.904,83 4.975.414,08 4.974.177,23 1.236,85 197.937,97

Neste caso, as previsións son prudentes xa que sen ter en conta o artigo 87, recoñécense

dereitos por importe superior ás previsións definitivas en 351.039,53 €. En particular, os dereitos

recoñecidos son moi superiores ás previsións na partida 720, que recolle as transferencias

recibidas do Ministerio de política territorial, correspondentes ao Fondo estatal de emprego e

sustentabilidade local de 2010.

Contablemente séguese o criterio de recoñecer o dereito cando se recibe o ingreso

correspondente (criterio de caixa) o cal é correcto.

IV.8.2 EXERCICIOS PECHADOS

Os dereitos pendentes de cobramento contabilizados no Diario de ingresos de exercicios

pechados, clasificados segundo o seu ano de orixe, son os seguintes:

ANO DE ORIXE DEREITOS PTES DE

COBRAMENTO A 1/1/2011 RECADACIÓN

DEREITOS ANULADOS

DEREITOS PTES DE COBRAMENTO A 31/12/2011

1990 387.864,63 387.864,63

1991 117.318,28 117.318,28

1992 326.892,16 326.892,16

1993 226.450,55 226.450,55

1994 322.509,46 322.509,46

1995 271.220,83 271.220,83

1996 424.206,41 424.206,41

1997 398.172,03 398.172,03

1998 527.682,01 527.682,01

1999 227.747,83 227.747,83

2000 359.915,27 49,88 359.865,39

2001 144.214,53 144.214,53

2002 260.484,47 1.341,07 259.143,40

2003 14.457,83 14.457,83

2004 263.071,35 1.990,21 261.081,14

2005 167.611,89 2.905,64 164.706,25

2006 240.027,87 9.254,17 230.773,70

Page 50: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 46

ANO DE ORIXE DEREITOS PTES DE

COBRAMENTO A 1/1/2011 RECADACIÓN

DEREITOS ANULADOS

DEREITOS PTES DE COBRAMENTO A 31/12/2011

2007 114.086,74 18.800,42 95.286,32

2008 228.413,94 43.322,49 185.091,45

2009 149.897,66 72.157,05 77.740,61

2010 636.255,45 314.161,63 -200 321.893,82

TOTAL: 5.808.501,19 463.982,56 -200 5.344.318,63

Como se desprende do ano de orixe dos mesmos, tería que realizarse un estudo e posterior

depuración de saldos, procedendo á anulación daqueles que estean prescritos. Os dereitos

pendentes de cobramento anteriores a 31.12.2007, é dicir, con máis de 4 anos de antigüidade,

suman 4.759.592,75 €. No entanto, contablemente figura dotada unha provisión por

insolvencias que considera o 100% deste importe.

En canto ás obrigacións pendentes de pago de exercicios pechados, os importes que figuran en

contabilidade, agrupados por ano de orixe, son as seguintes:

ANO DE ORIXE OBRIGACIÓNS PTES DE PAGO A

1/1/2011 PAGOS

OBRIGACIÓNS PTES DE PAGO A 31/12/2011

1990 37.000,42 37.000,42

1991 196.227,41 196.227,41

1992 104.399,84 104.399,84

1993 20.374,34 20.374,34

1994 101.501,84 101.501,84

1995 47.408,54 47.408,54

1996 524.652,89 524.652,89

1997 237.604,66 237.604,66

1998 404.544,44 404.544,44

1999 95.994,51 95.994,51

2000 65.691,12 65.691,12

2001 26.576,07 26.576,07

2002 38.736,36 38.736,36

2003 45.202,34 45.202,34

2004 30.147,23 30.147,23

2005 31.667,29 2.617,15 29.050,14

2006 37.265,05 37.265,05

2007 116.059,17 3.164,70 112.894,47

2008 144.015,16 21.870,00 122.145,16

2009 1.924.147,91 431.262,38 1.492.885,53

2010 2.441.731,64 989.879,39 1.451.852,25

TOTAL: 6.670.948,23 1.448.793,62 5.222.154,61

Page 51: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -47

As obrigacións pendentes de pago contabilizadas con máis de 4 anos de antigüidade son

2.155.271,67 €. No 2012 tramitouse un expediente de prescrición de obrigas.

IV.9 ORGANISMO AUTÓNOMO PADROADO BEIRAMAR

O Concello de Moaña ten constituído o Organismo Autónomo de carácter administrativo

Padroado Municipal Beiramar, que ten como fins esenciais a xestión dos programas de

formación, emprego e desenvolvemento local. Está adscrito á Concellería de Promoción

Económica e á Comisión Informativa de Facenda e Patrimonio, Persoal e Réxime Interior e

Promoción Económica, á que se atribúen as facultades de control que derivan dos seus estatutos.

Os seus órganos de goberno son: a Xunta de Goberno, o Presidente e o Xerente.

O presidente da Xunta de Goberno é o alcalde ou o concelleiro no que delegue; os vogais, un

concelleiro de cada un dos grupos municipais presentes na corporación.

Os ingresos e gastos do exercicio resúmense no seguinte cadro:

CONCEPTOS 2011

Transferencias do Concello 149.310,00

Transferencias Xunta de Galicia 645.324,01

Outros 788,53

Ingresos (DRN) 795.422,54

Salarios e seguridade social administración xeral 72.009,32

Salarios e seguridade social persoal cursos AFD e OE 489.833,57

Outros 236.940,60

Gastos (ORN) 798.783,49

Actividade realizada no 2011

- Cursos AFD

Mediante orde do 30 de decembro de 2010 (DOG de 7 de xaneiro de 2011) establécense as

bases reguladoras e procédese á convocatoria pública para a programación de accións formativas

dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas da Comunidade Autónoma de

Galicia correspondente ao exercicio 2011.

Con data 20.01.2011 a Xunta de Goberno do Padroado aproba solicitar subvencións para o

desenvolvemento de 11 cursos, dos que se concederon unicamente tres: ebanista, escaiolista e

administrativo polivalente para pemes. A resolución pola que se conceden os dous primeiros é do

27.05.2011 e a resolución pola que se concede o último é do 01.07.2011.

Page 52: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 48

Desenvolvemento e custo dos cursos:

CURSOS REALIZADOS EBANISTA ESCAIOLISTA ADMINISTRATIVO

PEMES

Datas de desenvolvemento 21/6 a 9/12 20/6 A 13/12 22/7 a 28/11

Nº de alumnos que inician o curso 23 16 16

Nº de alumnos que finalizan o curso 11 10 13

CUSTO TOTAL 112.057,77 94.962,45 69.115,64

Custo por cada alumno que finaliza o curso 10.187,07 9.496,25 5.316,59

Estes cursos son subvencionados integramente pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta

de Galicia.

- Taller de emprego “Capacita Moaña”

Trátase dun programa de formación e emprego cuxa finalidade é favorecer a inserción laboral

das persoas que teñen dificultades para acceder a un posto de traballo, a través da realización

dunha obra ou servizo de utilidade pública ou de interese social.

A súa duración é dun ano, desde o 30.06.2010 ata o 29.06.2011, formando a 36 persoas: 13 na

especialidade de construción, 13 en xardinería e 10 en atención sociosanitaria a persoas

dependentes, en institucións ou no seu domicilio.

As obras realizadas foron: acondicionamento dos arredores das igrexas Peregrina e San Bieito;

acondicionamento e axardinamento da contorna do Monte do Con; e servizo de programa de

respiro de coidadores de dependentes e discapacitados.

Este programa ten, ademais do equipo docente, un director, un titor e unha administrativa.

O resumo dos seus custos é o seguinte:

TALLER DE EMPREGO 1ª FASE (do 30.06.2010 a

29.12.2010) 2ª FASE (do 30.12.2010 a

29.06.2011)

Persoal directivo, docente e de apoio 105.620,07 107.808,75

Gastos de funcionamento e xestión 30.756,21 30.757,23

Salarios de alumnos-traballadores 239.280,29 242.440,11

CUSTO TOTAL: 375.656,57 381.006,09

Este custo é financiado integramente pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de

Galicia.

Por outra banda solicitáronse determinadas subvencións que non foron concedidas:

Page 53: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -49

- Á vista da Orde do 30.12.2010 (DOG do 17.01.2011) pola que se establecen as bases que

regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de

cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria

para o exercicio 2011, con data 10 de febreiro acórdase solicitar subvencións para contratar dous

traballadores por 12 meses para “reforzo de servizos básicos” (un técnico superior en finanzas e

un conserxe-limpador) e catro traballadores por 6 meses (dous oficiais de 1ª albaneis e dous

peóns albaneis).

Tal solicitude foi denegada por silencio administrativo.

- Así mesmo, ao amparo da Orde do 12.05.2011 (DOG de 24.05), pola que se establecen as

bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en

práctica en Galicia durante os anos 2011 e 2012 de programas integrados para o emprego, con

data 02.06.2011 a Xunta de Goberno acordou a solicitude dunha subvención de 264.000 € para

un programa de 12 meses e 110 participantes.

A solicitude foi denegada mediante Resolución de 07.11.2011 por non acadar o expediente a

puntuación mínima imprescindible para adquirir a condición de beneficiaria. (Déronselle 35

puntos e o mínimo eran 50).

En acta da Xunta de Goberno de 01.12.2011 consta que o Presidente explica aos outros

membros que se pedía que o Padroado financiase polo menos un 5% (pediuse financiamento do

100%) e que a solicitude se debía tramitar vía concello.

Da análise da xestión económico-financeira realizada durante o exercicio polo organismo compre

sinalar, ademais, os seguintes aspectos:

- A entidade ven contratando regularmente un crédito a curto prazo, por importe de 73.500

euros, que, segundo se especifica nos acordos da Xunta de Goberno que o autorizan, responde a

necesidades transitorias de financiamento, por desfases na percepción das subvencións da Xunta

de Galicia. A repetición anual deste crédito fai que se converta nun endebedamento

convencional, perdendo a súa natureza de operación transitoria de tesourería, debendo,

ademais, respectar as restricións existentes para estas operacións na Lei de orzamentos do

Estado.

- Unha das traballadoras do organismo é unha limpadora, que foi contratada por primeira vez

no ano 2006, sendo prorrogado sucesivamente o seu contrato ata a actualidade por períodos de

Page 54: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 50

seis meses, polo que adquire a condición de indefinida. Deste xeito non se respecta a normativa

laboral nin os principios vixentes para a provisión de empregos públicos

V. MAGNITUDES ORZAMENTARIAS RELEVANTES

V.1 RESULTADO ORZAMENTARIO

O resultado orzamentario declarado pola entidade reflíctese na seguinte táboa:

COMPOÑENTES DEREITOS

RECOÑECIDOS NETOS

OBRIGAS RECOÑECIDAS

NETAS

AXUSTES DECLARADOS

RESULTADO ORZAMENTARIO

DECLARADO

a. Operacións correntes 8.198.906,41 7.128.118,97 0 1.070.787,44

b. Outras operacións non financeiras 651.656,88 914.213,77 0 -262.556,89

1.- Total operacións non financeiras (a+b) 8.850.563,29 8.042.332,74 0 808.230,55

2.- Activos financeiros 14.444,13 8.323,14 0 6.120,99

3.- Pasivos financeiros 0 250.520,88 0 -250.520,88

RESULTADO ORZAMENTARIO DO EXERCICIO (1+2+3)

8.865.007,42 8.301.176,76 0,00 563.830,66

4.- Créditos gastados financiados con remanente de tesourería para gastos xerais

5.- Desviacións de financiamento negativas do exercicio 476.969,71

6.- Desviacións de financiamento positivas do exercicio 512.511,90

RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO: 534.743,47

Ademais, habería que ter en conta as facturas pendentes de imputar ao orzamento con orixe

neste ano. Dos recoñecementos extraxudiciais de crédito do ano 2012 despréndese que hai

facturas con este requisito por importe, como mínimo, de 626.980,13 €. Así mesmo, parte da

débeda coa Mancomunidade do Morrazo polos servizos de SOGAMA (non se dispón do importe

exacto) corresponde ao propio exercicio do 2011.

Polo tanto, aínda que non se pode cuantificar con exactitude, o resultado orzamentario real sería

negativo.

V.2 REMANENTE DE TESOURERÍA

O remanente de tesourería que presenta a entidade formando parte da Conta Xeral rendida, así

como os axustes que estimamos que se deben facerse ao mesmo, en relación ao ano 2011,

obxecto deste informe, recóllense na seguinte táboa:

Page 55: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -51

COMPOÑENTES EXERCICIO 2011 (DECLARADO)

AXUSTES EXERCICIO 2011

AXUSTADO

EXERCICIO 2010

(DECLARADO)

1. Fondos líquidos 564.844,16 564.844,16 53.143,63

2. Dereitos pendentes de cobro 5.531.332,18 5.531.332,18 5.279.761,31

- (+) do orzamento corrente 429.985,14 429.985,14 636.255,45

- (+) de presupostos pechados 5.344.318,63 5.344.318,63 5.172.245,74

- (+) de operacións non orzamentarias 48.592,28 48.592,28 48.592,28

- (-) cobros realizados pendentes de aplicación definitiva

291.563,87 291.563,87 577.332,16

3. Obrigas pendentes de pago 7.436.187,11 4.003.124,82 11.439.311,93 7.243.701,37

- (+) do orzamento corrente 1.640.147,37 626.980,13 2.267.127,50 2.441.731,64

- (+) de orzamentos pechados 5.202.646,94 3.376.144,69 8.578.791,63 4.229.216,59

- (+) de operacións non orzamentarias 973.333,48 973.333,48 886.959,07

- (-) pagos realizados pendentes de aplicación definitiva

379.940,68 379.940,68 314.205,93

I. Remanente de tesourería total (1+2-3) -1.340.010,77 -5.343.135,59 -1.910.796,43

II. Saldos de dubidoso cobro 5.271.479,65 5.271.479,65 5.199.257,29

III. Exceso de financiamento afectado 72.490,78 72.490,78 473.923,04

IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I - II - III)

-6.683.981,20 -10.687.106,02 -7.583.976,76

Os axustes serían os seguintes:

- Aumentamos o saldo das obrigas pendentes de pago en 6.108.913,53 €, correspondentes a:

1.138.194,90 € de recoñecementos extraxudiciais de créditos de 2012; débeda coa

mancomunidade do Morrazo : 2.453.234,42 €; débeda coa Seguridade Social: 2.417.484,21 €;

e débeda coa empresa COVSA: 100.000 euros.

- Reducimos o saldo de obrigas pendentes de pago en 2.105.788,71 euros, correspondentes ao

importe do expediente de prescrición de obrigas tramitado no 2012.

- Polo mesmo, increméntase o saldo das obrigas pendentes de pago en 4.003.124,82 euros.

V.3 ESTABILIDADE ORZAMENTARIA

O artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto

refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria establece que as entidades locais non

incluídas no ámbito subxectivo do artigo 111 do TRLRFL (que se refire a capitais de provincia, de

CCAA ou con máis de 75.000 habitantes) axustarán os seus orzamentos ao principio de

estabilidade orzamentaria entendido como a situación de equilibrio ou superávit en termos de

Page 56: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 52

capacidade de financiamento de acordo coa definición contida no Sistema Europeo de Contas

Nacionais e Rexionais.

Cálculo da capacidade ou necesidade de financiamento derivado da liquidación do orzamento de

2011:

a) A diferenza entre os importes liquidados nos capítulos 1 a 7 do estado de ingresos e 1 a 7 do

estado de gastos, sen facer ningún axuste, é de 808.230,55 €.

b) Axustes a realizar:

Segundo o Informe emitido pola Intervención, procede realizar un axuste positivo nos capítulos 1

a 3 de Ingresos, xa que os cobramentos (tanto do exercicio corrente como de dereitos pendentes

de exercicios pechados) son superiores aos dereitos recoñecidos netos en 35.234,27 €. Con todo,

nos capítulos 4 e 7 (transferencias recibidas) os cobramentos coinciden cos dereitos recoñecidos

netos polo que non debe realizarse ningún axuste.

Por outra banda, debería realizarse un axuste en relación aos gastos, xa que en contabilidade

nacional o principio xeral é o de devengo, polo cal deberían rexistrarse os acredores por

operacións pendentes de aplicar ao orzamento na conta 413, o cal non se fixo, e pola contía

desas operacións realizar un axuste negativo. En 2012 tramitáronse expedientes de

recoñecementos extraxudiciais de créditos por 1.138.194,90 € (como xa vimos, non todos se

aprobaron.) Desa cantidade, 626.980,13 € corresponden a gastos do ano 2011. Por tanto,

entendemos que debería facerse un axuste negativo por ese importe.

CÁLCULO DA ESTABILIDADE ORZAMENTARIA

DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS CAP. 1 A 7 ORZAMENTO CORRENTE

8.850.563,29

OBRIGACIÓNS RECOÑECIDAS NETAS CAP. 1 A 7 ORZAMENTO CORRENTE

8.042.332,74

NECESIDADE/CAPACIDADE DE FINANCIAMENTO

808.230,55

AXUSTES:

Capítulos 1 a 3 de Ingresos:

35.234,27

Acredores por obrigacións pendentes de imputar ao orzamento:

-626.980,13

TOTAL NECESIDADE/CAPACIDADE DE FINANCIAMENTO 216.484,69

En canto á estabilidade orzamentaria do Organismo Autónomo Padroado de Beiramar, da

diferenza entre dereitos recoñecidos e obrigacións recoñecidas resulta que ten unha capacidade

de financiamento de 4.999,54 €.

Page 57: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -53

Para calcular a capacidade ou necesidade de financiamento en termos de orzamento consolidado

do concello co seu OA, habería que eliminar os dereitos e obrigacións de ambos que

corresponden a transferencias internas. Débense eliminar 146.310 € de obrigacións recoñecidas

polo concello que corresponden ás transferencias realizadas ao OA, así como os dereitos

liquidados polo OA en concepto de transferencias recibidas, polo mesmo importe.

En definitiva, en termos consolidados resulta unha capacidade de financiamento de

221.484,23€.

VI. FEITOS POSTERIORES

PAGO A PROVEDORES ANO 2012

O Real decreto-lei 4/2012, do 24 de febreiro, determina as obrigacións de información e

procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pago aos

provedores das entidades locais.

As obrigacións pendentes de pago han de ser vencidas, líquidas e esixibles, anteriores a 1 de

xaneiro de 2012 e que se trate de contratos incluídos no ámbito de aplicación do TRLCSP.

Nunha primeira fase envíase ao ICO unha relación de facturas cuxos importes sumados ascenden

a 4.549.015,54 €; parte delas xa figuraban contabilizadas e polas restantes, que estaban sen

contabilizar, apróbase un recoñecemento extraxudicial de crédito o 28.06.2012, tras o cal se

procedeu á súa imputación orzamentaria.

FACTURAS XA IMPUTADAS AO ORZAMENTO FACTURAS PENDENTES DE IMPUTAR AO ORZAMENTO

ANO DE ENTRADA NO REXISTRO

IMPORTE ANO DE ENTRADA NO

REXISTRO IMPORTE

2006 30.910,78 2006 175.367,56

2007 34.629,54 2007 0,00

2008 63.399,50 2008 7.262,26

2009 1.281.557,36 2009 206.260,76

2010 1.160.654,99 2010 34.419,27

2011 984.690,84 2011 569.862,68

TOTAL 3.555.843,01 TOTAL 993.172,53

Posteriormente, nunha 2ª remesa, envíase ao ICO outra relación de facturas, parte das cales xa

estaba contabilizada e imputada ao orzamento, que se recolle na seguinte táboa:

Page 58: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 54

ANO DE ORIXE PRINCIPAL ENVIADO AO ICO

1997 8.907,00 8.907,00

2003 13.943,96 13.943,96

2004 12.971,09 12.971,09

2005 1.953,14 1.953,14

2008 13.993,56 13.993,56

2009 8.620,30 8.620,30

2010 57.287,18 56.441,42

2011 71.014,38 70.199,78

TOTAL: 188.690,61 187.030,25

E o resto desta 2ª remesa, por 96.425,57 €, que se desagregan a continuación por ano de orixe,

son facturas que non se imputaron ao orzamento e que á data de realización deste informe,

continúan sen ser imputadas, xa que a proposta nese sentido da Alcaldía, de data 17.09.2012,

foi rexeitada polo Pleno o 27.09.2012.

ANO DE ORIXE IMPORTE

2008 4.756,68

2009 7.424,00

2010 992,26

2011 36.019,08

Non consta 47.233,55

TOTAL: 96.425,57

Isto incumpre o artigo 5 do Real decreto-lei, que establece que a expedición da relación

certificada de todas as obrigacións de pago, que debe ser enviada ao Ministerio de Facenda e

Administracións Públicas polo interventor, ou a emisión de certificacións individuais que soliciten

os contratistas que non figuren na anterior, levarán a contabilización das obrigacións pendentes

de pago, en caso de non estalo.

RECOÑECEMENTOS EXTRAXUDICIAIS DE CRÉDITO ANO 2012

Con datas 27.01.2012, 26.04.2012, 28.06.2012 e 25.10.2012, a Xunta de Goberno Local (no

primeiro caso) e o Pleno (nos restantes) aprobaron recoñecementos extraxudiciais de crédito

polos importes que figuran no seguinte cadro, de facturas correspondentes a bens ou servizos

recibidos con anterioridade a 31.12.2011 e que non foran imputadas ao orzamento.

Na seguinte táboa inclúense tamén os 96.425,57 € de facturas con relación ás cales se iniciou a

tramitación dun expediente de REC que non foi aprobado.

Page 59: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -55

TOTAL REC APROBADOS

REC NON APROBADO

DATA PLENO ANO 2010 E ANTERIORES

ANO 2011 NON CONSTA ANO

ORIXE

5.910,16 27/01/2012 5.910,16

38.999,44 26/04/2012 10.275,12 11.501,01 17.223,28

993.172,53 28/06/2012 423.309,85 569.862,68

96.425,57 27/09/2012 13.172,94 36.019,08 47.233,55

3.687,20 25/10/2012 3.687,20

1.041.769,33 96.425,57 446.757,91 626.980,13 64.456,83

EXPEDIENTE DE PRESCRIPCION DE OBRIGACIÓNS ANO 2012

O 9 de marzo de 2012 aprobouse inicialmente pola Alcaldía un expediente de prescrición de

obrigas recoñecidas, ordes de pago realizadas pendentes de pago e devolucións de ingresos

indebidos, anteriores ao 01.01.2008.

O expediente consta de informe favorable da Tesourería e da Intervención, copia da publicación

do anuncio no BOP, resolución de alegacións presentadas, rectificación do listado inicial,

aprobación polo Pleno o 31.05.2012 e publicación no BOP do listado definitivo das obrigas

prescritas, con data de 17.07.2012. O importe neto foi de 2.105.788,71 euros.

VII. CONCLUSIÓNS

Xestión orzamentaria e financeira

- Constatouse que existen gastos realizados no exercicio ou en exercicios anteriores que a

31.12.2011 estaban pendentes de imputar ao orzamento, por unha contía de 1.138.194,87

euros.

- Constatouse que a esa mesma data existen débedas recoñecidas con diversos acredores

(Seguridade Social, Mancomunidade do Morrazo e unha empresa mercantil) por importe de

4.970.718,63 euros que non figuran na contabilidade.

- Estes feitos, pola súa magnitude, afectan á integridade da contabilidade, e permiten afirmar

que esta non reflicte a imaxe fiel da realidade económico patrimonial do Concello.

- En contabilidade figuran, a 31.12.2011, dereitos pendentes de cobramento e obrigas

pendentes de pago desde 1990, por importes superiores aos cinco millóns de euros

respectivamente. Tan só no 2012 se abordou un expediente de prescrición de parte desta

contías.

- O remanente de tesourería ven sendo negativo desde hai mais de dez anos. No 2010 acadou

a cantidade de -7.583.976,76 euros e no 2011, tralos axustes pertinentes , ascende a unha

Page 60: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 56

contía de -10.687.106,02 euros. En ningún destes anos se adoitaron as medidas a que obriga

o artigo 193 do TRLRFL para estes supostos.

- O Concello incumpriu a obriga de adoitar un plan de saneamento, preceptivo segundo a

normativa sobre estabilidade orzamentaria, ante a grave situación de desequilibro financeiro

na que se atopa desde hai anos.

- Esta situación e as medidas que procedía adoitar foron advertidas de forma reiterada en

sucesivos informes do servizo de Intervención da entidade, xa desde o ano 2005. Tan só a

mediados do 2010 foi adoitado un plan de saneamento, no marco do primeiro plan de pago

a provedores, cuxas previsións foron xa incumpridas no orzamento de 2011.

Liquidación do Orzamento

- En canto á distribución dos gastos, hai que destacar que os de persoal acadan case que o 59

por cento da totalidade, sendo esta porcentaxe a mais alta dos 38 concellos de Galicia

comprendidos no tramo de poboación no que se atopa este Concello.

- A suma dos gastos de persoal e dos gastos correntes acada practicamente o 80 por cento da

totalidade do orzamento. Tan só se destina a transferencias e inversións aproximadamente un

13 por cento do orzamento.

Persoal e membros da corporación

- O Concello dispón dun “Catálogo, manual de funcións e valorización dos postos de

traballo”, que, ademais de servir como principal instrumento de regulación do persoal,

supuxo un incremento das retribucións totais do persoal, no ano da súa implantación (2009),

do 6,14 por cento sobre as do ano anterior, debido a diferentes reclasificacións.

- Existe persoal laboral, en número de 19 traballadores/as, que no momento actual ten a

condición de indefinido por sucesivas prórrogas dos seus contratos temporais iniciais por

períodos superiores aos dous anos que permite a norma laboral.

- Non se xustificou suficientemente a necesidade da contratación de persoal laboral temporal

durante o exercicio, dado que a Lei de Orzamentos do Estado a considera como excepcional e

unicamente destinada a cubrir necesidades urxentes e inaprazables.

- Tres dos traballadores/as que forman parte da mostra, accederon ao seu posto, en anos

anteriores, sen proceso selectivo algún, pois non consta nos seus expedientes.

Page 61: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -57

Gastos correntes

- Existen gastos que deberían ser obxecto de contratación segundo a LCSP, por superar os

límites establecidos na mesma para os contratos menores ou por se tratar de gastos de tracto

sucesivo que tamén superan esa contía no seu conxunto: servizos de asesoramento xurídico,

adquisición de material de limpeza, subministro de enerxía eléctrica, servizos telefónicos,

asistencia técnica en materia de urbanismo, servizos de prevención da seguridade no traballo e

vixilancia da saúde, subministración de combustibles, reparacións de inmobles, limpeza viaria, o

contrato de renting do vehículo da policía local e a subministración de materiais para obras. En

todos estes casos a contratación faise directamente polos órganos de goberno da entidade sen

respectar publicidade, concorrencia, solvencia e transparencia.

- Incúmprese sistematicamente o artigo 187 do TRLRFL, relativo al orden de prelación de

pagos.

Contratación

- Observouse o incumprimento do prazo de execución na obra denominada “rehabilitación da

Casa Pazó, para gardería infantil”, especialmente relevante por ser este prazo un dos

determinantes da concesión do contrato en exercicios anteriores.

- A obra denominada “equipamento do parque da Guía” adxudicouse como contrato menor de

obras, cando a súa verdadeira natureza é a dun contrato mixto de de subministración e obras,

con maior importancia para as subministracións, polo que, en atención á súa contía, superior

a 18.000 €, non se podía tramitar como contrato menor.

Subvencións

- Non existe unha convocatoria pública de axudas para asociacións e entidades sen ánimo de

lucro, de xeito que estas se conceden por simple mención na Lei de orzamentos, por

diferentes contías, sen motivación algunha. A concesión de este tipo de axudas está

contemplada na Lei como excepcional, mentres que neste Concello é sistemática.

Operacións financeiras

- As operacións de tesourería, que legalmente están destinadas a cubrir déficits transitorios de

liquidez, no concello de Moaña véñense concertando de forma reiterada, destinando a

liquidez dunha á amortización da anterior e por tanto, non se destinan a satisfacer

necesidades conxunturais por desfasamentos entre cobramentos e pagos, senón que atenden

a un déficit de tesourería de carácter estrutural.

Page 62: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 58

Ingresos

- As previsións de ingresos resultaron excesivas en relación ao Imposto sobre construcións,

instalacións e obras (cun exceso de previsión de 363.231,48 €). Esta mala previsión é

recorrente todos os anos, e faise en contra das que recolle o Plan de Saneamento 2010-2015,

que se axustan á realidade.

- Non se tomaron todas as medidas previstas no dito Plan de Saneamento no que atinxe a

ingresos, especialmente no relativo á revisión dos padróns dos impostos e taxas.

Organismo autónomo Padroado Beiramar

- Apreciouse nos últimos anos unha significativa diminución da actividade deste organismo:

dos 9 cursos que realizou no 2010, pasou a 3 no 2011 (ademais dun taller de emprego, que

ten a súa propia xestión). O organismo, non obstante, segue a ter uns gastos fixos

considerables, en función da súa actividade real.

Magnitudes orzamentarias

- O resultado orzamentario presentado pola entidade é positivo por importe de 534.743,47

euros. Por contra, o real sería negativo por un importe mínimo de -92.236,66 euros, ao que

se terían que engadir outras contías non determinadas de débedas non recoñecidas e

imputables ao exercicio.

- O remanente de tesourería foi declarado pola entidade na contía de -7.683.981,20 euros. A

consecuencia dos axustes propostos resultou realmente de -10.687.106,02 euros.

VIII. RECOMENDACIÓNS

A vista dos resultados da fiscalización levada a cabo, o Consello de Contas formula as seguintes

Recomendacións ao Concello de Moaña:

En materia de xestión orzamentaria e financeira.

- Deberanse adoptar as medidas necesarias para que os estados contables presenten a

situación real da actividade económico-financeira da Entidade, así como respectar as regras

das Instrucións de contabilidade e os principios contables públicos no rexistro de transaccións

con repercusión económica, para que os estados e contas anuais reflictan a xestión realizada

nos aspectos económico, financeiro, patrimonial e orzamentario. En particular:

Page 63: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -59

o Débense recoller na contabilidade todos os gastos efectivamente realizados e todas as

débedas existentes ao peche do exercicio.

o Débense manter actualizados e depurados os saldos de dereitos pendentes de cobro e de

obrigas pendentes de pago.

o Débense contabilizar as obrigas con arranxo ao criterio do devengo, procedendo á súa

adecuada imputación temporal ao exercicio que corresponda

- En aplicación da Lei de Estabilidade Orzamentaria ás Corporacións Locais, e dada a grave

situación financeira deste Concello, débese aprobar un rigoroso plan de saneamento

económico-financeiro que substitúa ao xa existente, por ser este anticuado e por terse

incumprido.

- Débese tratar de reducir os gastos aos mínimos imprescindibles para a prestación dos servizos

básicos que contempla a LBRL para as entidades locais e débense actualizar os padróns de

impostos e taxas con vistas a incrementar estes ingresos.

- Os órganos de goberno do Concello deben ter en conta os reparos e observacións emitidos

polos funcionarios/as que realizan as funcións de intervención, secretaría e tesourería,

procurando aplicar as súas recomendacións, na medida do posible.

En materia de persoal

- Débese crear e manter actualizado un Rexistro de persoal.

- Débese evitar a reiteración fraudulenta de contratos de duración determinada para a

cobertura de postos de traballo que responden a necesidades de carácter permanente.

- Débense respectar os principios de igualdade, mérito e capacidade nos procesos selectivos de

persoal laboral.

- Débese limitar a contratación de persoal ao estritamente necesario para cubrir necesidades

urxentes e inaprazables, motivándoo en todo caso.

En materia de contratación e subvencións

- A contratación administrativa deberá axustarse ás prescricións establecidas na regulación

sobre a materia, seguindo rigorosamente as distintas fases de tramitación que establecen as

normas e asegurando especialmente a efectiva libre concorrencia en condicións de igualdade

e non discriminación.

Page 64: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 60

- O outorgamento de subvencións debe levarse a cabo segundo o procedemento legalmente

previsto en función da natureza das mesmas, tendo en conta que o procedemento normal e

preferible e a concorrencia.

En relación co OA Padroado Beiramar

- A Corporación deberá reconsiderar a conveniencia da existencia deste organismo autónomo,

dada a súa escasa e decrecente actividade e a existencia duns gastos fixos de xestión que,

dada a escaseza de recursos, poderían destinarse a outros fins.

Page 65: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -61

ANEXO I: TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Page 66: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe - 62

Page 67: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co

Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011

Informe -63

Con data do 5 de decembro de 2013, foi remitido, con rexistro de saída nº 1932, o anteproxecto de informe ao Concello de Moaña aos efectos de que, ao abeiro do artigo 58 do Regulamento do Consello de Contas de Galicia, alegase ou presentase os documentos ou xustificacións que considerase pertinentes.

Transcorrido o prazo establecido, o Concello non formulou alegacións.

Page 68: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE …...Informe de Fiscalización do Concello de Moaña, exercicio 2011 Informe -1 I. INTRODUCIÓN I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co