informe de fiscalizaciÓn...fundación empresa-universidade galega (feuga) consello de contas de...

92
Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN EXERCICIOS 1999, 2000 e 2001 Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

Upload: others

Post on 19-Apr-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN

EXERCICIOS 1999, 2000 e 2001

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

2

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

3

ÍNDICE

PÁXINA

I. INTRODUCIÓN....................................................................................................

Antecedentes da fiscalización...............................................................................Descrición da entidade fiscalizada ...................................................................... Normativa aplicábel e sistema contábel..............................................................Ámbito competencial.............................................................................................

II. OBXECTIVOS, ALCANCE E LIMITACIÓNS................................................. Obxectivos xeral e específicos...............................................................................Alcance....................................................................................................................Limitacións.............................................................................................................

III. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN............................................................... Área de organización, planificación, programación e coordinación.................Consideracións xerais.............................................................................................. Resultados do traballo nesta área.............................................................................Organigrama da Fundación....................................................................................Plano Estratéxico-Operativo de Feuga.................................................................. Área de subvencións e contratación.....................................................................Consideracións xerais ............................................................................................. Resultados do traballo nesta área............................................................................Subvencións para elementos de inmobilizado........................................................Subvencións para o funcionamento dos servizos da Fundación............................ Outras subvencións para actividades específicas................................................... Área de xestión de contratos das universidades.................................................Consideracións xerais .............................................................................................Resultados do traballo nesta área.............................................................................Contratos da Universidade de Vigo........................................................................Contratos da Universidade de Santiago de Compostela.........................................Contratos da Universidade da Coruña................................................................... Área de cooperación educativa e bolsas de formación.......................................Consideracións xerais .............................................................................................Resultados do traballo nesta área.............................................................................Programa de cooperación educativa (PCE).......................................................... Programa de bolsas de formación (PBF)..............................................................

7

7789

9

91112

12

1212131314

151516162022

252527273442

4444444445

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

4

PÁXINA

Área económico-financeira e de rendición de contas...........................................Consideracións xerais .............................................................................................. Resultados do traballo nesta área.............................................................................. Inmobilizado e subvencións de capital..................................................................... Debedores e acredores..............................................................................................Ingresos e gastos....................................................................................................... Tesourería.................................................................................................................

IV. CONCLUSIÓNS......................................................................................................

En relación co réxime xurídico e de control..............................................................En relación coa organización, planificación, programación e coordinación.............En relación coas subvencións e a contratación..........................................................En relación coa xestión dos contratos das universidades e o seu control................. En relación coa xestión de bolsas............................................................................. En relación coa área económico-financeira..............................................................

V. RECOMENDACIÓNS.............................................................................................

En relación coa organización, planificación, programación e coordinación.............En relación coas subvencións e a contratación..........................................................En relación coa xestión dos contratos das universidades e o seu control................. En relación coa área económico-financeira..............................................................

En relación coa suxeición de Feuga á Lei 10/1996................................................... VII. ALEGACIÓNS E RÉPLICAS...............................................................................

Alegacións..................................................................................................................Réplicas......................................................................................................................

ANEXO:.......................................................................................................................... Balances e Contas de P. e G. de Feuga correspondentes aos exercicios 2001, 2000 e 1999...............................................................................................................

47474747484950

54

545454565859

59

5960606061

63

6367

73

73

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

5

Abreviaturas e siglas

BEST Procedemento Comunitario estabelecido polo Reg. (CEE) nº 2377/90 CACTI Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación CEDE Centro de Experimentación Empresarial CHUS Complexo Hospitalario Universitario de Santiago CICYT Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía CIDA Centro de Investigación e Desenvolvemento da Armada CIIT Centro de Investigación e Innovación Tecnolóxica CITID Centro de Tecnoloxía en Internet para a Investigación e Desenvolvemento Empresarial CRTVG Compañía de Radio Televisión de Galicia EGAP Escola Galega de Administración Pública EMMA Emilio M. Mitre e Asociados S.L. FEDER Fondos Estruturais de Desenvolvemento Rexional FEUGA Fundación Empresa-Universidade Galega I+D+I Investigación, desenvolvemento e innovación IDAE Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético IFT Investimentos Financeiros Temporais IGAPE Instituto Galego de Promoción Económica ILGA Instituto Lácteo Gandeiro INEGA Instituto Enerxético de Galicia IVA Imposto sobre o Valor Acrescentado LRU Lei de Reforma Universitaria MCYT Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía MINER Ministerio de Industria e Enerxía Nf. Dato non facilitado OTRI Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación OXCA Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma OXE Orzamentos Xerais do Estado PAB Plano de Actuación Base PACTI Programa Nacional de Fomento ao Artellamento do Sistema de Ciencia-Tecnoloxía PAEE Plano de Aforro e Eficiencia Enerxética PAS Persoal de Administración e Servizos PBF Programa de Bolsas de Formación PCE Programa de Cooperación Educativa PEME Pequena e Mediana Empresa PEO Plano Estratéxico Operativo PGIDT Plano Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico PROFIT Programa de Fomento da Investigación Técnica RCC Regulamento de Cursos e Convenios REDFUE Rede de Fundacións Universidade-Empresa RTCTAC

Regulamento para a realización de Traballos de carácter Científico, Técnico ou Artístico edesenvolvemento de Cursos de especialización

SODECOGA Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galicia UDC Universidade da Coruña UE Unión Europea UIMP Universidade Internacional Menéndez Pelayo USC Universidade de Santiago de Compostela UVI Universidade de Vigo

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

6

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

7

I. INTRODUCIÓN E ANTECEDENTES Antecedentes da fiscalización 1.1. O Pleno do Consello de Contas, por acordo do 16 de decembro de 2002, aprobou o programa anual de traballo para o 2003 correspondente á fiscalización selectiva dos exercicios 1999, 2000 e 2001, no que se contempla a realización, a iniciativa do propio Consello, das presentes actuacións relativas á Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA). As directrices técnicas ás que debía suxeitarse a fiscalización foron incluídas no programa aprobado polo Pleno. Descrición da entidade fiscalizada 1.2. A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) foi constituída en Santiago de Compostela o 11 de abril de 1982, a instancia da Universidade de Santiago e 42 empresas galegas, como Fundación de interese universitario ao amparo do disposto no Decreto 293/72, do 21 de xullo, e disposicións concordantes, para o desenvolvemento da sociedade e da economía de Galicia, como patrimonio autónomo fundamentalmente destinado á investigación e formación científica e técnica. 1.3. Os cambios producidos no sistema universitario de Galicia coa creación das novas universidades da Coruña e Vigo motivaron unha revisión dos seus estatutos iniciais e a elaboración duns novos que recolleran esa nova realidade e abriran a posibilidade de integrar plenamente no espectro social da Fundación a aquelas novas institucións, estabelecendo unha nova relación institucional que enriquecera as súas actividades, cubrindo a totalidade do territorio de Galicia, tanto desde a perspectiva universitaria como empresarial. A tales efectos, formalizouse a aprobación dos novos estatutos, outorgados ante notario o 12 de xullo de 1993 e publicados no Diario Oficial de Galicia con data 16 de febreiro de 1994. Figura inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que asume o papel de Protectorado da mesma. 1.4. Para atender á súa finalidade, a Fundación ten como obxecto o fomento e desenvolvemento do diálogo e a comunicación entre a Universidade e a Empresa, a promoción, protección e fomento de toda clase de estudios e investigacións de interese para ambas institucións, buscar solucións para a satisfacción de necesidades comúns, e actuar como centro de información e coordinación de cantas empresas desexen manter relacións especiais coa Universidade para o seu mellor desenvolvemento, a integración social e o perfeccionamento da economía galega. 1.5. O goberno, dirección e administración da Fundación corresponde ao Padroado, á Xunta rectora e ao director xerente. En especial, corresponderalle á Xunta rectora a presentación da memoria anual, das contas de resultados e dos orzamentos, coa

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

8

conformidade do interventor. O Padroado é informado pola Xunta rectora da memoria anual, das contas de resultados e patrimonial e orzamentos, para decidir sobre a súa aprobación. 1.6. O seu patrimonio inicial ascende a 42 millóns de pesetas, aportados polos asinantes da Carta Fundacional a partes alícuotas como aportación dineraria, a razón dun millón de pesetas cada un, salvo as Universidades, ás que se lles recoñece alícuota como aportación inmaterial, cuxo patrimonio destinarase ao cumprimento dos fins fundacionais. A pesar da anterior composición da dotación patrimonial da Fundación, ás Universidades correspóndelles, de acordo cos estatutos, a metade dos membros da Xunta rectora, incluída a presidencia da mesma co voto de calidade, o que lles outorga o control do órgano de goberno da entidade. 1.7. A Fundación poderá contar, ademais, cos ingresos provenientes de subvencións, auxilios ou doazóns do Estado e das Administracións Públicas e das empresas; das aportacións dos socios de número e adheridos nas condicións fixadas polo Padroado; dos procedentes de planos de acción concertada coa Administración Pública ou calquera outro ente público ou privado; e de calquera outros idóneos para os fins da Fundación. Normativa aplicábel 1.8. Á Fundación Empresa-Universidade (FEUGA) resúltalle aplicábel a seguinte normativa: - Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime de fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, de 8 novembro. - Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento da lei de fundacións. - Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral. - Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia. - Estatutos propios.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

9

Sistema contábel 1.9. O marco contábel aplicábel ás fundacións é, en principio, o plano xeral de contabilidade da empresa privada. Aínda que o artigo 25 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, estabelece que gozarán de liberdade para levar a súa contabilidade na forma que estimen conveniente, sempre que reflita con claridade e exactitude a súa situación e o desenvolvemento das súas actividades mercantís ou industriais, deben someter a súa información económico-financeira ao plano xeral de contabilidade privada aprobado polo Real decreto 1643/1990, do 20 de decembro, adaptado ás entidades sen fins de lucro polo Real decreto 776/1998, do 30 de abril. Para disfrutar dos beneficios fiscais previstos na Lei 30/1994, as fundacións terán que aplicar, realicen actividades mercantís ou non, as previsións contábeis contidas nas normas reguladoras do imposto sobre sociedades. A información que, como mínimo, deben remitir ao Consello de Contas vén estabelecida no artigo 25.3 do Decreto 248/1992 e consta dun inventario-balance, a memoria anual, e a liquidación dos orzamentos, que se acompañarán de certificacións expresivas de que son fiel reflexo da contabilidade. Ámbito competencial da fiscalización 1.10. A Lei 6/1985, do Consello de Contas de Galicia, estabelece como competencias da Institución a fiscalización das contas e da xestión económico-financeira e contábel en relación coa execución dos programas de ingresos e gastos do sector público da Comunidade Autónoma. Forman parte deste sector público, segundo o artigo 2 da mesma lei, “as empresas públicas, calquera que sexa a súa forma xurídica, dependentes da Administración autonómica”. No que respecta ás fundacións, se ben inicialmente non quedaron incluídas no ámbito de actuación da función fiscalizadora do Consello de Contas determinada polo artigo 2 da súa lei de creación, o artigo 12 da Lei 10/1996, de actuación de entes e empresas públicas, sométeas á fiscalización deste Órgano ao dispoñer que as fundacións reguladas no artigo 1.b) remitirán as súas contas ao Consello de Contas de Galicia, para a súa fiscalización por este órgano. A Fundación Empresa-Universidade Galega está dentro das reguladas nese artigo 1.b) por ter ingresos que proveñen maioritariamente de subvencións públicas das universidades e doutras Administracións e formar parte as primeiras dos seus órganos de goberno ou dirección. II. OBXECTIVOS, ALCANCE E LIMITACIÓNS Obxectivos xerais e específicos 2.1. O obxectivo xeral da fiscalización consistiu na verificación do cumprimento da rendición das contas, a integridade dos estados da contabilidade financeiro-patrimonial remitidos, e se os actos de xestión económico-financeira se adecuaron ás normas e procedementos legalmente estabelecidos e aos principios de boa xestión, analizando a consecución dos obxectivos perseguidos pola entidade.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

10

2.2. Os obxectivos específicos, en relación coas áreas examinadas, foron os seguintes: Áreas de persoal e contratación Comprobar se a selección do persoal se axusta aos principios e procedementos estabelecidos na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas públicas da Comunidade Autónoma. Verificar a correcta contabilización destes gastos, a súa correlación cos contratos e a corrección dos pagos e deducións. Verificar se a actividade contractual da Fundación respecta as normas vixentes estabelecidas pola Lei 10/1996 citada. Área de organización e planificación de actividades Analizar a estrutura organizativa, de persoal e medios da Fundación para o cumprimento dos seus fins, estabelecidos nos seus estatutos. Analizar o grao de coordinación cos diferentes actores institucionais no sistema de I+D+I autonómico e estatal. Verificar a existencia de instrumentos de planificación estratéxica e operativa da actividade da Fundación. Constatar a suficiencia patrimonial da mesma para o cumprimento do seu obxecto fundacional. Área de subvencións e contratación Verificación do conxunto de subvencións recibidas pola Fundación, con especial atención ás axudas outorgadas para o financiamento das novas instalacións, ás subvencións para o funcionamento da entidade e aquelas outras concedidas para a execución de actividades específicas. Comprobaranse, entre outros extremos, o soporte normativo e documental das subvencións, os organismos ou entidades públicas concedentes, as condicións, a súa adecuada contabilización, e a aplicación material e xustificación das mesmas. Verificar se a actividade contractual da Fundación derivada da aplicación das subvencións recibidas respecta as normas vixentes estabelecidas pola Lei 10/1996. Área de xestión de contratos das universidades Trátase de identificar e delimitar os estudios e proxectos contratados polas empresas ou Administracións directamente á Fundación respecto dos que son encargados ás universidades e que se xestionan a través de Feuga. Nestes últimos verificaranse as condicións en que se realiza esta xestión indirecta, con especial atención á comisión que percibe Feuga, ao destino dos bens e materiais utilizados para a execución dos traballos, e á participación e retribucións como investigadores do profesorado das universidades. Tamén se incidirá no volume e grao de diversificación dos proxectos xestionados para o sector privado, como medida da comunicación entre este e a Universidade, por ser esta unha das funcións encomendadas a Feuga.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

11

Área de cooperación educativa e bolsas de formación Analizarase a xestión dos programas de cooperación educativa e de bolsas de formación realizados pola Fundación, con especial atención aos procedementos de selección dos alumnos en prácticas e dos bolseiros en formación e a súa posta a disposición das empresas e das entidades públicas que participan nestes programas. Área económico-financeira e de rendición de contas Obter suficiente evidencia de auditoría para formar opinión con respecto aos estados financeiros no seu conxunto, comprobando que expresan o resultado da xestión da Fundación, así como a adecuada realidade patrimonial, de acordo coas normas e principios contábeis xeralmente aceptados. Especial atención á existencia de rexistros contábeis relativos a bens cedidos en uso á Fundación, o recoñecemento de ingresos, xustificación e contabilización das subvencións recibidas, o sistema de autorización de sinaturas para o manexo dos fondos de tesourería, os gastos externos, e a corrección das vantaxes fiscais obtidas por esta entidade. Verificar se as contas da Fundación son aprobadas polo órgano competente e rendidas ao Consello de Contas nos prazos legalmente estabelecidos, e se remite a este Órgano toda a información económico-financeira esixíbel. Alcance 2.3. A fiscalización refírese aos exercicios 1999, 2000 e 2001. Non obstante, cando os obxectivos estabelecidos o requiran, esténdese tamén aos exercicios anteriores ou seguintes. Debido ás reticencias amosadas polos responsábeis da entidade ao exercicio do control por parte deste Consello de Contas, o ámbito do mesmo circunscribiuse inicialmente ás subvencións públicas recibidas por Feuga e ao exame dos contratos de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, e cursos de especialización, xestionados por conta das universidades. Despois da comprobación das referidas áreas, en especial a de subvencións, considerouse a estensión do ámbito da presente fiscalización á totalidade da actividade da Fundación, no marco da suxeición plena da entidade á Lei 10/1996, do 5 de novembro, conforme ao programa anual de traballo para o ano 2003, aprobado por acordo do Pleno do Consello de Contas do 16 de decembro de 2002, e comunicado á entidade o 19 de novembro de 2003. Polo que á actividade de xestión de contratos de investigación se refire, Feuga xestionou, durante o período 1999-2001, un total de 1.003 contratos por un valor económico de 2.937,28 millóns de pesetas. Deste volume, o 92% corresponde a contratos das tres universidades galegas, mentres que o resto son contratos realizados polo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Na actividade de bolsas, no período considerado xestionou un total de 366 con cargo ao Programa de cooperación educativa e 1.695 con cargo ao Programa de bolsas de formación, por un importe económico conxunto de 1.061,85 millóns de pesetas. Na actividade de formación, Feuga xestionou no mesmo período 105 cursos autorizados polas universidades, por un valor económico de 381,7 millóns de pesetas.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

12

As probas de cumprimento e substantivas realizadas foron aquelas que de forma selectiva se consideraron necesarias para obter evidencia suficiente e adecuada, co obxectivo de conseguir unha base razoábel que permita manifestar as conclusións que se desprenden do traballo realizado sobre a Fundación Empresa-Universidade Galega. Limitacións 2.4. A realización dos traballos da presente fiscalización viuse limitada, no seu alcance, pola falta de colaboración dos responsábeis da entidade, que se concretou nas seguintes limitacións: • No acceso a tódolos documentos e expedientes de persoal da Fundación. • No acceso a tódolos documentos e expedientes de contratación de servizos e

subministros propios da entidade. • No acceso á información contábel da Fundación. • No acceso á documentación relacionada coa organización e actividades da entidade. • Denegación por escrito de información fiscal relativa a retencións practicadas,

operacións con terceiros e declaracións de IVA. 2.5. O feito anterior levou á exclusión na presente fiscalización das áreas de persoal e contratación de servizos e subministros propios da Fundación, sobre as cales non se puideron alcanzar os obxectivos de fiscalización previstos. 2.6. O ámbito da fiscalización quedou restrinxido coas limitacións sinaladas ao exame das áreas de organización, planificación, programación e coordinación, de subvencións públicas para inmobilizado, funcionamento e outras actividades específicas da Fundación, de xestión de contratos das universidades, de xestión de bolsas, e económico-financeira. III. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN Área de organización, planificación, programación e coordinación Consideracións xerais 3.1. Feuga resposta a un modelo organizativo do tipo Fundación Empresa-Universidade que na década dos oitenta tivo unha importante difusión no ámbito da mediación entre o mundo empresarial e as Universidades. Estas estruturas de interface -constituídas e promovidas polas Universidades- perseguían a introdución dunha nova cultura de innovación e de transferencia tecnolóxica entre as empresas e as Universidades ao abeiro do artigo 11 da LRU, que recoñece a posibilidade de que os departamentos e os institutos universitarios, e o seu profesorado a través dos mesmos, contraten a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como o desenvolvemento de cursos de especialización. Este papel inicial exercido nun entorno

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

13

cuasi monopolístico, respostaba á necesidade de contar cunhas estruturas áxiles -con poucos controles administrativos- que resultaran o máis cómodas posíbeis tanto para os investigadores como para as empresas, e por outro lado que superaran á debilidade das estruturas de xestión administrativa das propias Universidades. Pasado o tempo, a medida que as Universidades se van dotando de servizos administrativos propios especializados na xestión de transferencia tecnolóxica, as denominadas Oficinas de transferencia de resultados de investigación (OTRI´S) e os Centros de investigación e innovación tecnolóxica (CIIT´S), prodúcese unha certa duplicación de estruturas para fins similares, e un cuestionamento da coexistencia de organizacións paralelas do tipo das Fundacións. O feito anterior que introduce a competencia entre as Fundacións Empresa-Universidade e os servizos administrativos especializados das Universidades pola xestión da transferencia tecnolóxica, leva a que a finais dos 90 as Fundacións E-U agrupadas -ao efecto da defensa do seu papel na rede de I+D+I español- na asociación REDFUE, se plantexen unha reorientación estratéxica que se plasma na elaboración por moitas delas de documentos de planificación estratéxica e operativa, cos obxectivos de acadar a consolidación das súas actividades históricas e o lanzamento de novas tarefas. Todo iso baixo a óptica de acadar os máximos apoios institucionais posíbeis para garantir a súa pervivencia futura. Con independencia da súa natureza como fundación pública ou privada, o certo é que as Fundacións E-U caracterízanse pola canalización e xestión dunha serie de recursos públicos (humanos, materiais e financeiros) procedentes principalmente das Universidades e doutras administracións públicas que son postos a disposición das empresas. Os ámbitos de actuación circunscríbense fundamentalmente ás áreas de transferencia tecnolóxica, cooperación educativa e bolsas de formación profesional e empresarial. Para iso, as fundacións dótanse dos medios persoais e materiais necesarios para a dirección e administración das funcións de mediación e de promoción que lles son propias. Resultados dos traballos nesta área Organigrama da Fundación 3.2. Coas limitacións recollidas no punto 2.4., analizouse a estrutura orgánica e administrativa da Fundación a partir da información dispoñíbel. O cadro de persoal de Feuga no ano 2001 está formado por 11 persoas, aínda que se prevén novas contratacións para reforzar a prestación de novos servizos. Cinco teñen titulación (2 superior, 1 diplomado e 2 FP2) e seis son non titulados. A estrutura do seu cadro de persoal parte dun nivel de xerencia, integrado por un director xeral e un subdirector, organizándose o resto do persoal en tres grandes áreas de xestión: información tecnolóxica (promoción e proxectos), xestión e administración (proxectos de universidades e control interno) e formación (bolsas, cursos e seminarios).

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

14

O cadro retributivo dos postos de traballo de máximo nivel para o exercicio 2001, é o que se recolle a continuación (importes en pesetas): Cadro 1: Cadro de retribucións do nivel de xerencia

Nº Posto Salario bruto Seguridade Social Custo total

1 Director xeral 15.669.330 1.597.248 17.266.5781 Subdirector xeral 8.191.735 1.597.248 9.788.983 Total 23.861.065 3.194.496 27.055.561

Destaca o feito de que o custo de persoal da xerencia, representa preto do 40% do total de gastos de persoal do exercicio, que ascenderon a un importe de 69.145.998 pesetas. Desde novembro de 1999, a Fundación está operando na súa nova sede principal, un edificio cunha superficie construída de 2.800 m2 -situado no campus sur da Universidade de Santiago-, que conta cun amplo espazo para oficinas, e dispón de 24 salas para albergar incubadoras de empresas, unha aula informática e de tele-formación, 7 para distintos usos: formación, xuntanzas, seminarios, ademais dun auditorio equipado con video-conferencia, tradución simultánea e as máis modernas tecnoloxías. Así mesmo, Feuga conta desde 1997 cunha delegación no campus de Marcosende da Universidade de Vigo, situada nun local cedido por dita Universidade no edificio CACTI (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación). Plano Estratéxico-Operativo de Feuga 3.3. No ano 1999, os responsábeis da Fundación informan da actualización das súas liñas e estratexias de actuación co obxectivo de ofrecer aos seus membros, usuarios e á sociedade galega en xeral uns servizos caracterizados polo seu alto grao de competitividade e nun marco global que obriga ás empresas e ás Universidades a mostrarse como organizacións eficientes e innovadoras. Para iso, Feuga, en base a un documento previo denominado A Fundación Empresa-Universidade Galega. Perspectivas de futuro aprobado polo Padroado, encarga a elaboración dun instrumento de planificación chamado Plano Estratéxico-Operativo (PEO), o cal inclúe un conxunto de medidas e liñas de actuación conducentes ao estabelecemento dunhas relacións permeábeis entre a Fundación e as organizacións involucradas no seu ámbito de actuación. O citado PEO estrutúrase en nove apartados relacionados con distintos aspectos estratéxicos: Órganos e relación da Fundación cos seus membros; Club Feuga; Centro de experimentación empresarial; Departamento de asesoría científico-empresarial; Integración laboral universitaria; Redes de comunicación e información; Comunicación e información; Formación; Custos de implantación.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

15

O documento recolle a diversidade, complexidade e interrelación das actividades desenvolvidas e a desenvolver pola Fundación, marcando as liñas estratéxicas e operativas para a súa potenciación e implementación. En síntese, trátase de reorientar o papel de Feuga como promotor da integración da Universidade e do seu entorno empresarial e social, potenciando a súa presenza na sociedade a través da súa vinculación coas Universidades, coas empresas, coas administracións públicas e co público en xeral. 3.4. Desde o punto de vista operativo, e tendo en conta a vixencia temporal de oito anos do PEO, non foi posíbel avaliar o grao de cumprimento do mesmo, dado que non se facilitaron os informes de seguimento do Plano. Porén, a partir da información contida nas memorias anuais de xestión da Fundación e da comprobación in situ das súas actividades, púidose constatar, ademais do potenciamento das actividades propias da entidade, a consecución dalgúns dos obxectivos estratéxicos determinados no PEO, como a construción da nova sede de Feuga, a posta en marcha do Centro de Experimentación Empresarial, e a elaboración e posta en marcha da plataforma tecnolóxica. Non se atoparon obxectivos cuantificados medíbeis a través dos indicadores de xestión, nos que se determinen para un horizonte temporal niveis de xestión a alcanzar pola organización. Neste senso, a definición dos obxectivos en relación coas distintas liñas de actividade de Feuga realízase a través de expresións xenéricas tales como “potenciar”, “fomentar”, ou “conseguir un elevado nivel de”. Área de subvencións e contratación Consideracións xerais 3.5. Feuga como entidade sen fin de lucro dedicada á intermediación entre o mundo empresarial e as Universidades, é beneficiaria de diversas subvencións concedidas polas distintas administracións públicas de ámbito autonómico, estatal e da Unión Europea (UE), tanto ao abeiro de convocatorias de concorrencia competitiva como no marco de variados convenios asinados coas mesmas. Nesta área analizáronse as principais axudas concedidas á Fundación durante os anos 1999, 2000 e 2001, estendendo en aqueles casos que se considerou necesario á fiscalización das mesmas a exercicios anteriores. A efectos de sistematización dos traballos, as distintas subvencións agrupáronse segundo a natureza do seu destino. Completouse o presente exame coa fiscalización das contratacións asociadas á aplicación e xustificación das distintas axudas, no marco da Lei 10/1996, do 5 de novembro.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

16

Resultados dos traballos nesta área Subvencións para elementos de inmobilizado 3.6. Para o financiamento do edificio Stella-Feuga, inaugurado en 1999 e actual sede da Fundación, obtivo as seguintes subvencións de capital por parte de distintas administracións públicas: Cadro 2: Subvencións para edificio Stella-Feuga

Data concesión Instrumento Admon. concedente Importe en pesetas

03/12/1996 Res. Ministerial MINER (PAEE 1995-99) 47.051.00005/09/1997 Convenio Xunta de Galicia 150.000.00031/12/1997 Contrato Comisión Europea (BEST) 29.104.777

Total 226.155.777

Nas Memorias que integran as contas anuais da Fundación faise mención doutra subvención da UE para a construción do edificio por importe de 7.780.000 pesetas da que non se facilitou a documentación correspondente. Con respecto á subvención do Ministerio de Industria e Enerxía concedida por Resolución do 3 de decembro de 1996 da Secretaría de Estado de Enerxía e Recursos Minerais, ao abeiro das Ordes Ministeriais de 28 de marzo e de 20 de decembro de 1995, polas que se aprobaron as bases reguladoras da concesión de subvencións no marco do Plano de Aforro e Eficiencia Enerxética 1995-1999, cabe sinalar que a cantidade concedida correspóndese ao 20% dun investimento elixíbel por importe de 235.257.000 pesetas. Inicialmente, a axuda aparece distribuída en tres anualidades con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) e aos fondos FEDER correspondentes aos exercicios de 1996, 1997 e 1998. Con data 6 de outubro de 1997, Feuga solicita un cambio na programación da subvención, polo que en virtude de Resolución de 8 de outubro de 1997, admítese a variación da distribución da axuda por fondos e anualidades, engadindo unha anualidade máis. Na acta de comprobación do investimento expedida polo Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), en data 14 de novembro de 2001, certifícase un investimento elixíbel de 273.032.016 pesetas ao que lle corresponde aplicar unha subvención total de 36.743.000 pesetas. Considerando os pagamentos a conta que se tramitaron con anterioridade a esa data por importe de 36.125.000 pesetas, efectúase unha liquidación final de 618.000 pesetas a favor da Fundación. Temos pois, que a pesar de xustificar un maior importe final de investimento elixíbel, Feuga perde 10.307.500 pesetas da subvención inicialmente concedida polo Ministerio, debido a que non foi capaz de acreditar máis ca 25.988.000 de pesetas do investimento elixíbel por importe de 77.525.000 pesetas, correspondente á primeira anualidade de 1996. Este feito pon de manifesto, unha inadecuada planificación inicial do proxecto,

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

17

que en parte se tentou mitigar coa modificación da programación da axuda solicitada pola Fundación. En relación á subvención da Xunta de Galicia, foi concedida no marco dun convenio de colaboración entre ámbalas dúas institucións, subscrito polos presidentes das mesmas en data 5 de setembro de 1997, co obxecto de coadxuvar a construción dun edificio destinado á realización das actividades conducentes á execución dos fins estatutarios de Feuga, albergando nel tódolos servizos de xestión e promoción, administrativos, educativos e un espazo de uso flexíbel destinado a incubadora de empresas. Para iso, a Xunta de Galicia comprometeuse a aportar para o financiamento do referido edificio, a cantidade de 150.000.000 de pesetas, nas anualidades e con cargo ás partidas orzamentarias das consellerías que se recollen a continuación: Cadro 3: Financiamento da Xunta de Galicia para o edificio Stella-Feuga Consellería Aplic. Orzamen. 1997 1998 1999 Industria e Comercio 08.02.711-C.780 - 20.000.000 25.000.000 Educación e Ord. Univer. 07.01.432-A.780 - 20.000.000 25.000.000 Familia, Muller e Xuvent. 14.04.222-A.780 - 5.000.000 10.000.000 Pesca, Marisq. e Acuicult. 12.03.612-B.780 15.000.000 15.000.000 15.000.000 Total 15.000.000 60.000.000 75.000.000

Verificouse o cumprimento das cláusulas 5ª e 6ª do citado convenio de colaboración relativas ás condicións impostas pola Administración autonómica para o pagamento das cantidades previstas, sen que fose posíbel comprobar a existencia de baixas na adxudicación das obras, a efectos de posíbeis reducións proporcionais das aportacións, debido ás limitacións atopadas na fiscalización dos procesos de licitación realizados pola Fundación. En relación á subvención da UE, esta foille concedida a Feuga en base ao contrato nºREB/0079/97, asinado o 31 de decembro de 1997, entre a Comisión Europea, a Fundación, Moissons Nouvelles, Procter & Gamble, e Hoogheenraadschap Van Rijnland, polo que se lle concede unha axuda de 29.104.777 pesetas dun custo elixíbel total de 72.761.942 pesetas. Á data de finalización dos traballos de campo, Feuga aínda ten pendente de cobro cantidades da UE. 3.7. Con anterioridade á obtención das axudas públicas sinaladas no punto anterior, Feuga xestionou a cesión por parte da Universidade de Santiago dun dereito de superficie sobre unha parcela de 5.388 m2 sita no campus sur, para a construción do seu edificio. Por acordo do Pleno do consello social da USC de 5 de marzo de 1997, considerando o interese social e universitario da construción dun edificio que albergue a sede da Fundación, decídese a constitución do citado dereito de superficie a favor de Feuga ao abeiro do artigo 287 da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana e demais normas concordantes. O prazo de duración do dereito de superficie fíxase en 25 anos contados a partir da súa inscrición no Rexistro da Propiedade, podéndose, a petición do

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

18

superficiario, prorrogar por períodos iguais até un máximo de 75 anos, extinguíndose automaticamente ao cumprimento do mesmo ou das súas prórrogas, revertindo a propiedade edificada á Universidade. O devandito dereito queda protocolizado en escritura pública o 23 de xuño de 1998, posteriormente rectificada o 22 de decembro, e inscrito no Rexistro da Propiedade. Como cargas do superficiario estabelécese que serán de conta do mesmo, os custos de edificación, mantemento, reparación así como das zonas colindantes que formen parte da parcela cedida. Non figura valoración económica algunha do dereito de superficie concedido, nin reflexo contábel do mesmo. 3.8. Para a execución do proxecto do edificio Stella-Feuga, a Fundación procedeu á adxudicación directa dos seguintes contratos por un importe total de 446.488.606 pesetas: Cadro 4: Contratos para a execución do edificio Stella-Feuga

Obxecto do Contrato Data adxudic. Adxudicatario Importe 1 Dirección do proxecto e dir. téc. 27-11-1995 Emilio Mitre e Asoc. 34.800.0002 Xestión integral do proxecto 10-11-1997 Norcontrol, S.A. 25.839.0003 Control de calidade - Norcontrol, S.A. 1.874.1374 Pechamento exterior e outros 23-12-1997 Cromsa 57.624.3015 Carpintería exterior e outros 23-12-1997 Industrias Glez., S.L. 53.901.5426 Proxect. e direc. seguridade e saúde 06-02-1998 C. Armesto Vázquez 2.069.4407 Obra principal 08-06-1998 La Rosaleda, S.L. 269.714.9798 Seguros - Zurich Cía. Seguros 665.207 Total contratos: 446.488.606

Examinada a documentación administrativa relativa ás contratacións realizadas para a execución do edificio da Fundación, constatouse o que segue: 3.8.1. O 27 de novembro de 1995, Feuga contrata directamente co gabinete de arquitectos vallisoletano EMILIO M. MITRE E ASOCIADOS S.L. (EMMA) a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra de arquitectura bioclimática e instalacións de alta eficiencia enerxética do edificio da nova sede da Fundación no campus sur da USC, así como a preparación do material técnico preciso e a realización das xestións necesarias para a obtención de subvencións por aforro e diversificación enerxéticos. Á súa vez, EMMA asina un contrato de colaboración cos arquitectos J.A. Hernando Ezquerra e B. Jaúregui Fernández como colaboradores no contrato de prestación de servizos asinado con Feuga. Con data 18 de marzo de 1996, preséntase o anteproxecto para a nova sede de Feuga, onde se avanza un orzamento estimativo das obras por importe de 360.000.000 de pesetas de execución material. O 31 de marzo de 1997 asínase un novo contrato de prestación de servizos entre Feuga e EMMA polo que se actualizan as obrigas contidas no contrato inicial, incluíndo neste un calendario que prevía como data máxima para a finalización das obras o 30 de decembro de 1998.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

19

O 10 de novembro de 1997, a Fundación decide abordar o proxecto construtivo da súa nova sede, mediante a figura da xestión integral, designando para iso á empresa NORCONTROL S.A., coa que subscribe o oportuno contrato de prestación de servizos para que esta xestione as contratacións directas. O contrato ascende a un importe de 25.839.000 pesetas. Unha vez presentado o proxecto básico e o de execución decídese o fraccionamento do mesmo a efectos da súa contratación. Deste xeito, formalízanse sendas adxudicacións o 23 de decembro de 1997 por importes de 57.624.301 pesetas e 53.901.542 pesetas a favor das empresas CROMSA e INDUSTRIAS GONZÁLEZ S.L., respectivamente, en concepto de obras de pechamento exterior e outros, e de obras de carpintería exterior e outros. Con data 2 de xuño de 1998, a Xunta rectora de Feuga acorda adxudicar o resto do proxecto, denominado obra principal, á empresa CONSTRUCCIONES LA ROSALEDA S.L. por un importe de 269.714.979 pesetas. Non se tivo acceso á documentación xustificativa das licitacións realizadas para poder verificar o cumprimento dos principios de publicidade e concorrencia en ningún dos contratos examinados, nin a razoabilidade das ofertas seleccionadas e a aplicación de criterios de valoración obxectivos. As referidas contratacións foron realizadas completamente á marxe dos principios da contratación pública contidos na Lei 10/1996, do 5 de novembro, amparándose a Fundación na súa natureza de institución privada sen fins de lucro. Estes feitos parecen compatibilizar malamente co importante financiamento público que recibe o proxecto, que supera o 50% do importe dos contratos celebrados. 3.8.2. Durante a execución das obras do edificio, Feuga encárgalle á empresa contratista da obra principal, CONSTRUCCIONES LA ROSALEDA, S.L., a realización dunha obra complementaria denominada Muro de contención para separación de vial con Edificio Stella, aboándolle á mesma dúas certificacións de obra por importes de 36.799.116 pesetas e 9.843.403 pesetas nos meses de xuño e outubro de 1999. O 28 de xuño de 1999, a Xerencia da USC ordena un pago de 46.642.500 pesetas a favor de Feuga, correspondente á factura nº150699, de data 15 de xuño, expedida pola Fundación. O ingreso foi confirmado por Feuga o día 1 de xullo de 1999. Consultado o motivo deste ingreso cos responsábeis da Fundación, sinálase que responde á asunción por parte da Universidade de Santiago de Compostela do custo económico da citada obra complementaria do Muro de contención para separación de vial con Edificio Stella, encargada directamente por Feuga ao contratista da obra principal. Dada a ausencia de soporte documental algún no que se conteña un acordo ou convenio de financiamento polo que a USC asumira o custo derivado das obras complementarias, atopámonos ante un pagamento e cobro sen xustificación por parte daquela. Mesmo cabe cuestionarse a procedencia de que sexa a USC a que soporte o devandito custo, tendo en conta a obriga que como superficiario da parcela da Universidade ten a Fundación de sufragar os custos de edificación, mantemento, reparación así como das zonas colindantes que formen parte da parcela cedida. E aínda no caso de que lle correspondera á USC pagala obra, tampouco parece xustificábel que a Universidade encargue verbalmente a Feuga a contratación e execución da mesma.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

20

Subvencións para o funcionamento dos servizos da Fundación 3.9. Durante os exercicios 2000 e 2001, Feuga participa xunto coa empresa MERGO ASESORES CONSULTORES, S.L. no proxecto denominado IBEROKEA -CITID (Centro de Tecnoloxía en Internet para a Investigación e o Desenvolvemento Empresarial) financiado en parte polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía no marco do Programa de Fomento da Investigación Técnica (PROFIT) incluído no Plano Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2000-2003. O proxecto CITID consiste no desenvolvemento dun punto de encontro enfocado á investigación cooperativa, capaz de poñer en contacto a tódalas empresas, independentemente do sector ao que pertenzan, cos grupos de investigación e desenvolvemento que dispoñan de proxectos de I+D interesantes para as mesmas; para iso, desenvolverase un servizo capaz de realizar unha comunicación entre as empresas e os sectores de investigación, que facilite a investigación cooperativa por medio dunha rede de información. A participación da Fundación neste proxecto xustifícase pola necesidade de estruturar e desenvolver unha ferramenta de acción para as tarefas de acercamento entre a Universidade e a empresa, estabelecendo un marco de proxección internacional para unir a área da investigación e o desenvolvemento dos centros públicos coas empresas de todo o mundo. Por resolucións do Secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do MCYT, de 27 de decembro de 2001 e de 29 de decembro de 2000, concédense sendas axudas ao proxecto citado por importes de 9.700.000 e 4.800.000 pesetas respectivamente. Ademais outórgase con cargo á anualidade de 2000, un anticipo reintegrábel en 7 anos de 1.900.000 pesetas. Destes importes correspóndenlle a Feuga 6.300.000 pesetas no ano 2001 e 2.000.000 de pesetas en 2000, ademais de 900.000 pesetas en concepto de anticipo reintegrábel. Examinadas as condicións técnico-económicas das subvencións concedidas comprobouse que os orzamentos financiábeis para cada anualidade ascenderon a 38.890.000 pesetas en 2001 e a 8.300.000 pesetas no ano 2000, dos que os gastos de persoal representan o 66% do gasto total financiábel para os dous exercicios. No Informe económico xustificativo da subvención de Feuga correspondente á anualidade de 2001, de data 3 de abril de 2002, elaborado pola empresa AT CONSULTORES & AUDITORES, a Fundación acredita un gasto total de 30.812.000 pesetas sobre un orzamento financiábel de 26.580.000 pesetas. Deste importe xustificado, destacan os gastos de persoal da Fundación imputados ao proxecto por importe de 12.923.000 pesetas e dous contratos de asistencia técnica e profesional para a análise e desenvolvemento do Portal en Internet, subscritos coa empresa CESATEL por un importe total de 17.113.480 pesetas. 3.10. No marco do Programa Nacional de fomento do artellamento do sistema de ciencia-tecnoloxía (PACTI), incluído no Plano Nacional de I+D, Feuga solicita con data 20 de abril de 2000 á Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (CICYT), unha axuda para o desenvolvemento e funcionamento das Oficinas de Transferencia de

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

21

resultados de investigación (OTRI) por importe de 21.350.000 pesetas. A subvención solicitada vai destinada ao cofinanciamento do Plano de Actuación Base (PAB) da Fundación, instrumento de planificación orientado á realización dunha serie de actividades conducentes á xeración do maior número de contratos de investigacións aplicadas, asistencias técnicas e de transferencias de tecnoloxía posíbeis, á detección de proxectos de interese empresarial susceptíbeis de ser financiados ben por Fondos Rexionais, Nacionais ou Internacionais ou por aquelas entidades ou organismos que o soliciten, e a un aumento da capacidade de innovación e do nivel de competitividade das empresas e dos sectores de Galicia. A duración do PAB estabelécese para un ano, de maio de 2000 a abril de 2001, involucrando nel a todo o persoal da Fundación. Por Resolución do director xeral de Investigación de data 29 de xuño de 2001, acórdase a concesión a Feuga dunha subvención para o desenvolvemento e funcionamento das OTRI´s por importe de 6.500.000 pesetas, para a realización do PAB da Fundación entre o 1 de xullo de 2001 e o 30 de xuño de 2002. Con data 30 de setembro de 2002, Feuga remite os informes final e de xustificación económica da axuda, así como o cadro de xestión do PAB e os resultados alcanzados. 3.11. Ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 1999, pola que se estabelecen para 1999 as bases reguladoras das convocatorias de axudas da iniciativa PEME, de desenvolvemento empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, concédeselle a Feuga, en virtude de Resolución do Presidente do IGAPE de 30 de decembro de 1999, unha subvención de 2.565.000 pesetas para a redacción do seu Plano Estratéxico e Operativo (PEO). A elaboración do citado documento de planificación estratéxica contrátase directamente coa empresa AT CONSULTORES & AUDITORES por un importe de 5.220.000 pesetas. O feito de adxudicar un traballo desta natureza, á mesma empresa responsábel da auditoría anual das contas da Fundación, sen prexuízo da solvencia técnica do traballo realizado, non parece moi razoábel desde a óptica da independencia que deben ostentar as firmas auditoras con respecto ás entidades que auditan. 3.12. O 5 de novembro de 2001 asínase un convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Facenda e Feuga para a realización dos obxectivos recollidos no documento A Fundación Empresa-Universidade Galega: Perspectivas de futuro. En virtude deste acordo, a Consellería de Economía comprométese a contribuír cunha suma total de 60.000.000 de pesetas -distribuída en catro anualidades, de 2001 a 2004- para facer fronte aos gastos derivados da execución dos obxectivos proxectados no citado documento de estratexia. Á súa vez, a Fundación obrígase a reforzar a súa estrutura operativa para dar cumprimento aos requirimentos dos obxectivos expostos, poñendo ao seu servizo os recursos materiais, humanos e financeiros precisos, e axustando o seu orzamento ordinario. Examinado o expediente correspondente a este convenio, constatouse o libramento e o cobro por parte de Feuga das anualidades dos exercicios de 2001, 2002 e 2003 por importes de 3.000.000 de pesetas, 27.000.000 de pesetas e 20.000.000 de pesetas, respectivamente. Agás o primeiro dos pagos, os dous restantes realizáronse, de acordo co estabelecido na cláusula 3ª in fine do convenio, contra certificacións de terse realizado as actividades correspondentes.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

22

Vistos os informes de progreso e execución, de datas 20 de novembro de 2002 e 2003, remitidos pola Fundación á Consellería de Economía sobre xustificación das actividades realizadas en cumprimento do convenio, apréciase un carácter excesivamente xenérico e indefinido dos obxectivos contidos no expoñendo III do mesmo, o que imposibilita unha medición do seu grao de consecución. De feito, a programación plurianual das axudas da Administración autonómica non se suxeita ao cumprimento duns parámetros cuantitativos na consecución dos obxectivos fixados, polo que as xustificacións anuais quedan a expensas de certificar un certo nivel non determinado de actividade en cada exercicio. Esta relativa laxitude no esquema de xustificación destes fondos contrasta coa documentación xustificativa do Plano de actuación base esixida para a subvención concedida pola Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía no marco do Programa nacional de fomento ao artellamento do sistema de ciencia-tecnoloxía (PACTI). Outras subvencións para actividades específicas 3.13. Desde 1999 Feuga ven colaborando coa Administración autonómica na xestión do Plano Galego de Investigación e Desenvolvemento (PGIDT), estabelecido pola Lei Galega 12/1993, do 6 de agosto. A citada colaboración realízase no marco de sendos convenios anuais asinados coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento -órgano dependente da Consellería de Presidencia da Xunta- para os períodos de vixencia do PGIDT 1999-2001 e do PGIDT 2002-2005. A partir do ano 2003, as competencias en materia de I+D+I son asumidas pola Consellería de Industria, Innovación e Comercio, concretamente pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento que é o centro directivo que pasa a asinar os convenios de colaboración coa Fundación. Nos citados convenios estabelécese que Feuga colaborará coa Xunta nas tarefas de seguimento, avaliación e autocontrol dos PGIDT´s, preferentemente a través da figura dos xestores de programas, previstos nos propios planos e que teñen como misión fundamental o seguimento cotiá do desenvolvemento dos correspondentes programas así como o seguimento e valoración dos resultados obtidos na execución das axudas concedidas con cargo aos mesmos, aos que lles prestará todo o apoio necesario para que poidan realizar as súas actividades e elaborar os correspondentes informes. Porén, non aparecen especificadas as obrigas concretas que asume Feuga no marco dos convenios asinados. Para sufragar o custo económico da realización das actividades previstas nos convenios, a Administración Autonómica comprométese a aportar con cargo aos créditos orzamentarios asignados aos programas dos PGIDT nos OXCA de cada exercicio, as seguintes cantidades:

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

23

Cadro 5: Convenios de colaboración para a xestión dos PGIDT

Ano Data convenio Marco Órgano da Xunta Importe

1999 Nf. PGIDT 1999-01 S.X. de Investigación e Desen. Nf. 2000 Nf. PGIDT 1999-01 S.X. de Investigación e Desen. Nf. 2001 14-02-2001 PGIDT 1999-01 S.X. de Investigación e Desen. 20.000.000 2002 19-06-2002 PGIDT 2002-05 S.X. de Investigación e Desen. 24.259.970 2003 26-03-2003 PGIDT 2002-05 D.X. de Investigación e Desen. 24.259.970 2004 Previsíbel PGIDT 2002-05 D.X. de Investigación e Desen. 24.259.970 2005 Previsíbel PGIDT 2002-05 D.X. de Investigación e Desen. 24.259.970

Total 117.039.880

Fiscalizados os convenios correspondentes aos exercicios 2001, 2002 e 2003, constatouse que Feuga lle repercute á Administración autonómica, un 16% de IVA dentro do importe das subvencións anuais concedidas, a pesar da natureza administrativa dos mesmos, expresamente declarada nos seus clausulados, dándolle o mesmo tratamento que aos contratos de I+D asinados polas Universidades e xestionados por ela. Por outra parte, a Fundación detrae do importe das subvencións unha cantidade equivalente ao 4,76% da base impoñíbel a efectos da repercusión de IVA, en concepto de comisión de xestión, sen que esta contraprestación pecuniaria apareza contemplada nos respectivos convenios. En relación ao contido material da xestión realizada por Feuga ao abeiro da colaboración acordada, este consiste basicamente no pagamento dunhas relacións de gastos por retribucións e de viaxe e dietas de aloxamento e manutención a favor dos xestores dos programas de seguimento e avaliación dos PGIDT´s designados polo centro directivo de I+D da Xunta. Con carácter mensual, a Fundación recibe a correspondente relación de pagamentos a realizar con cargo ao respectivo convenio, asinada polo secretario ou director xeral de Investigación e Desenvolvemento. Con respecto á xustificación dos gastos aplicados con cargo ao convenio de 2001, acreditáronse pagamentos de retribucións de 35 perceptores por un importe total de 8.531.000 pesetas para os períodos comprendidos entre febreiro e decembro de 2001 e febreiro e setembro de 2002. Destes perceptores, 5 deles percibiron o 74% do importe total (6.300.000 pesetas). En ningún dos casos figuran no expediente os acordos de nomeamento ou designación dos xestores e avaliadores e a fixación dos importes das súas retribucións. Tampouco figura acreditación dos servizos prestados. En relación aos gastos de viaxes e de dietas de manutención e aloxamento, acompáñanse coas relacións de pago citadas, as correspondentes facturas expedidas a nome da Fundación, detectándose nalgúns casos, beneficiarios das mesmas que non aparecen na relación de perceptores, así como deficiencias nalgunhas facturas de gastos de viaxe onde non se detalla o importe final das mesmas (fras. nº de rexistro 21504 e 21505 de 11 de xullo de 2002, de Viaxes Ultratur por importes de 221.679 pesetas e 305.585 pesetas respectivamente). Tendo en conta o anterior, e á vista da documentación examinada, conclúese que a intervención de Feuga no seguimento dos PGIDT´s limítase a tarefas de carácter administrativo, aplicando os importes das subvencións percibidas ao pagamento das retribucións e demais gastos por dietas dos xestores de programas designados pola

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

24

Administración autonómica. Desde o punto de vista da Fundación, trátase dun contrato de prestación de servizo de caixa, similar ao dos contratos de I+D xestionados por conta das Universidades, polo que repercute IVA e detrae unha comisión de xestión. Consideramos, en todo caso, que non está xustificada a canalización destes fondos públicos por parte da Administración a través de Feuga, coa finalidade de axilizar os pagamentos de gastos que corresponden ás súas competencias de xestión orzamentaria e administrativa dos PGIDT´s. Prodúcese, neste senso, a través da fórmula convenial unha fuxida dos controles públicos inherentes á xestión e aplicación destes fondos, dado que tanto a designación dos perceptores como a ordenación e conformidade dos pagamentos é realizada pola propia Administración, prescindindo dos procedementos orzamentarios estabelecidos. 3.14. Feuga, en calidade de centro asociado do Servizo Galego de Colocación -dependente da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude-, vén percibindo desde 1998 subvencións para a realización de actividades de orientación profesional para o emprego, ao abeiro das correspondentes ordes anuais de convocatoria da Consellería. Así, no período de fiscalización considerado, ampliado aos exercicios 1998 e 2002, a Fundación disfrutou das seguintes axudas: Cadro 6: Subvencións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego

Orde Resolución Órgano Importe

27-06-98 20-07-98 D.X. de Formación e Colocación 80.850.000 18-02-99 22-03-99 D.X. de Formación e Colocación 128.040.000

17-06-99 D.X. de Formación e Colocación Nf. 18-02-00 28-04-00 D.X. de Formación e Colocación Nf.

24-05-00 D.X. de Formación e Colocación Nf. 08-06-00 D.X. de Formación e Colocación Nf.

08-03-01 11-04-01 D.X. de Formación e Colocación 233.263.800 24-04-01 D.X. de Formación e Colocación 45.070.740 30-07-01 D.X. de Formación e Colocación 2.773.584

21-03-02 10-04-02 D.X. de Formación e Colocación 253.516.821 Total 743.514.945

Con cargo ás subvencións outorgadas, a Fundación procede á selección e contratación por obra ou servizo de duración determinada -xeralmente un ano- de titulados superiores e medios, preferentemente en sicoloxía, sicopedagoxía, pedagoxía, socioloxía ou educación social, e de persoal de apoio, para a execución das actividades mencionadas. O importe das axudas ten por obxecto cubrir as retribucións totais, incluída a Seguridade Social, do persoal necesario para a execución das accións en función do convenio colectivo aplicábel ou de acordo coa normativa de aplicación nas Administracións Públicas. Os importes máximos por ano para os titulados e o persoal de apoio estabelécense nas respectivas ordes de convocatoria. Ademais, concédese un importe adicional de até un 10% do total da subvención aprobada, en concepto de gastos xerais, materiais, técnicos, e axudas de custos e desprazamentos que se xeran no desenvolvemento das accións realizadas.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

25

En relación ás subvencións correspondentes ao exercicio 2001, verificouse a contratación do seguinte persoal con cargo ás tres resolucións de concesión de axudas ditadas ao abeiro da Orde do 8 de marzo: Cadro 7: Persoal contratado (Axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8.03.2001) Resolución

Persoal 11.04.2001 24.04.2001 30.07.2001 Total Técnicos (Sup./Dip) 50 13 1 64 Auxiliar (Apoio) 9 0 0 9

Total 59 13 1 73 O labor de Feuga limítase a realizar as contratacións do referido persoal e xestionar as súas nóminas a través dunha xestoría administrativa que as confecciona materialmente. Non foi posíbel avaliar os procedementos de selección do persoal contratado pola falta de aportación documental suficiente. Este persoal, distribuído maioritariamente nas oficinas locais de emprego da Comunidade Autónoma, depende funcionalmente do Servizo Galego de Colocación, que dirixe, coordina e supervisa as súas tarefas. Neste senso, incúmprese un dos fins da vía de colaboración con entidades externas: achegar recursos materiais para o desenvolvemento das accións en materia de orientación laboral, que se concreta na esixencia de que as entidades colaboradoras dispoñan de locais con despachos propios para a atención individual aos demandantes de emprego. A Fundación non dirixe, nin coordina, nin supervisa ao persoal contratado, que presta os seus servizos en instalacións alleas a Feuga, polo que esta realiza unha función meramente instrumental de provisión e de xestión administrativa de persoal á Administración autonómica para o exercicio das súas competencias. Fundaméntase o anterior no feito de que se dá un elevado grao de permanencia do persoal contratado por sucesivos períodos anuais, ao que se lle rescinde os contratos e se volve a contratar por outro período anual, poñendo de manifesto unha necesidade de servizo público de carácter permanente. Por outra parte, a Fundación asimila estas axudas a un contrato de prestación de servizos, similar aos contratos de I+D xestionados por conta das universidades, coa salvidade de que neste caso non repercute IVA e a súa comisión de xestión queda subsumida no 10% dos gastos xerais a xustificar. Área de xestión de contratos das universidades Consideracións xerais 3.15. A xestión dos contratos das Universidades previstos no artigo 11 da LRU constitúe a actividade principal da Fundación, tanto polo volume de fondos públicos manexados como pola absorción de recursos administrativos que orixina. Esta actividade aparece expresamente recollida nos Estatutos da entidade na letra ll) do artigo 2º, ao servizo do cumprimento dos seus fins fundacionais, enmarcándose nun conxunto máis amplo de actuacións conducentes á integración das Universidades no seu

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

26

entorno empresarial e social. No período de fiscalización considerado de 1999 a 2001, Feuga xestionou o seguinte volume de contratos asinados polas tres Universidades galegas (importes en millóns de pesetas): Cadro 8: Volume económico dos contratos por universidades Entidade de orixe 2001 2000 1999 Total Universidade de Vigo 729,61 562,43 377,70 1.669,74

Universidade de Santiago 344,73 356,76 348,43 1.049,92

Universidade da Coruña 21,04 2,54 30,18 53,76

Total 1.095,38 921,73 756,31 2.773,42 Cadro 9: Número de contratos por universidades Entidade de orixe 2001 2000 1999 Total

Universidade de Vigo 192 156 151 499

Universidade de Santiago 119 116 137 372

Universidade da Coruña 7 2 8 17

Total 318 274 296 888

Destaca o carácter residual dos contratos da Universidade da Coruña xestionados pola Fundación, que para o período considerado, tan só alcanzan o 1,9% do número total e do volume total de recursos económicos. Doutro lado, obsérvase que a Universidade de Vigo é responsábel do 60,2% do importe económico dos contratos xestionados, fronte a un 37,8% que teñen a súa orixe na Universidade de Santiago. Este feito contrasta co número de contratos asinados polas dúas Universidades que é máis similar, onde un 56,2% pertencen á Universidade de Vigo e un 41,9% á Universidade de Santiago, o que implica un maior importe medio dos contratos da primeira (3,3 millóns de pesetas) fronte ao da segunda (2,8 millóns de pesetas). Cabe sinalar tamén, o progresivo incremento do peso do volume e número de contratos da Universidade de Vigo, que pasa de 377,7 millóns de pesetas en 1999 a 729,6 millóns de pesetas no ano 2001. 3.16. A actuación de Feuga na xestión destes contratos consiste basicamente, na intermediación da sinatura dos mesmos, na prestación dun servizo de caixa, canalizando os ingresos e realizando os pagos a proposta dos investigadores. Na xestión das nóminas dos investigadores, das bolsas para os bolseiros propostos polo investigador e na contratación dos bens vinculados ao proxecto e na transferencia ás Universidades dunhas porcentaxes en concepto de custos indirectos dos proxectos xestionados. Con carácter xeral, os regulamentos para a contratación de traballos científicos, técnicos e artísticos das Universidades e os seus Estatutos, contemplan xunto á xestión directa a través das súas oficinas de I+D, a xestión indirecta ou delegada dos seus contratos a

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

27

través de entidades sen ánimo de lucro, aínda que como a regulamentación é heteroxénea, determínase unha actuación diferenciada da Fundación segundo a Universidade que contrate. Resultados dos traballos nesta área Contratos da Universidade de Vigo 3.17. En cumprimento da recomendación efectuada por este Consello de Contas no seu informe sobre a Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 1998, esta dotouse dun instrumento xurídico específico para regular as súas relacións coa Fundación. Así, con data 30 de xuño de 1999, asinou un Convenio para a xestión económica delegada dos contratos de I+D con Feuga. A través deste convenio acórdase a delegación da xestión económica dos contratos que se tramiten pola Oficina de I+D e que se desenvolvan ao abeiro do Regulamento de cursos de especialización e convenios e dos estatutos da Universidade de Vigo. No marco deste convenio, Feuga comprométese, a cambio dunha compensación económica proporcional á cantidade total anual xestionada, a unha serie de obrigas que basicamente consisten na xestión dos proxectos de I+D, informes e cursos que lle encomende á Universidade. Para iso realizará, a proposta do director dos mesmos, a contratación do persoal alleo á Universidade e os pagamentos das retribucións complementarias dos profesores, do PAS, do persoal contratado ou bolseiros con cargo aos contratos xestionados, e a adquisición de bens, informando trimestralmente dos estados contábeis e xustificativos de cada un dos proxectos. Así mesmo, deberá de reintegrar anualmente á Universidade de Vigo, os rendementos financeiros que obteña procedentes dos fondos manexados da UVI, como consecuencia da xestión económica delegada, así como os remanentes finais dos contratos, se os houbera. Porén, cabe destacar o feito de que nestes contratos Feuga non intervén na sinatura dos mesmos, dado que esta é xestionada directamente pola OTRI da Universidade de Vigo. A Fundación recibe a través da súa delegación en Vigo, unha relación periódica de contratos asinados pola UVI e os seus clientes, que se lle encomendan para a súa xestión económico-administrativa. Existe, pois, un control directo por parte da Universidade dos contratos asinados que se derivan para a súa xestión a Feuga. 3.18. Durante o período de fiscalización considerado (1999-2001), a Universidade de Vigo delegoulle á Fundación a xestión dun total de 499 contratos novos por un valor económico de 1.669,74 millóns de pesetas. A partir da información facilitada pola Entidade, obtívose a distribución do volume económico e do número de contratos por departamentos universitarios responsábeis da dirección dos proxectos, informes e cursos, recollida no cadro seguinte:

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

28

Cadro 10: Volume económico e número de contratos por departamentos (UVI)

Ránking 2001

Ránking 2000

Ránking 1999

Departamento Mill. Pts. nº Departamento Mill. Pts. nº Departamento Mill. Pts. nº

1 Enx. Rec. Naturais e Mat. 281,5 54 1 Enx. Rec. Naturais e Mat. 116,8 40 1 Organización de Empresas 111,5 37

2 Organización de empresas 109,0 28 2 Organización de empresas 103,0 21 2 Enx. Rec.Naturais e Mat. 90,9 34

3 Enx. Sistemas e Automátic. 66,7 3 3 Tecnoloxía de Comunicac. 102,9 29 3 Tecnoloxía de Comunicaci. 52,6 15

4 Tecnoloxía de Comunic. 45,6 17 4 Enx. Sistemas e Automátic. 59,9 14 4 Deseño da Enxeñería 23,5 13

5 Teoría da Sinal e Telecom. 38,9 7 5 Enxeñería Mecánica 57,6 10 5 Enxeñería Mecánica 19,5 4

6 Deseño da Enxeñería 38,7 7 6 Deseño da Enxeñería 39,1 8 6 Enxeñería Eléctrica 17,5 7

7 Enxeñería Mecánica 32,7 15 7 Enxeñería Química 19,6 3 7 Economía Aplicada 15,7 3

8 Enxeñería Telemática 17,9 3 8 Fundamentos Análise Eco. 16,1 5 8 Fundamentos Análise Eco. 12,4 3

9 Ecoloxía e Bº animal 15,8 4 9 Enxeñería Eléctrica 12,0 4 9 Ecoloxía e Bº animal 6,3 4

10 Economía Aplicada 15,3 4 10 Informática 5,8 3 10 Bioloxía Fun. e CC. Saúde 6,1 4

Total 2001 662,1 142 Total 2000 532,8 137 Total 1999 356 124

% s/ Total Contratos 2001 91% 74% % s/ Total Contratos 2000 95% 88% % s/ Total Contratos 1999 94% 82% Do exame do cadro anterior, constátase a importante concentración cuantitativa por volume e número de contratos nos dez primeiros departamentos con máis volume económico e número de contratos. Así, estes departamentos concentran máis do 90% do volume contractual nos tres exercicios considerados e máis do 70% do número de contratos. Tamén cabe destacar a importancia dos departamentos de Enxeñería de Recursos Naturais e Materiais e de Organización de Empresas que figuran nos tres exercicios nas primeiras posicións do ranking, sendo responsábeis do 48,7% do volume de contratación total e do 42,9% do número de contratos no período. Por outra parte, pode observarse unha tendencia ao crecemento dos importes medios dos contratos xestionados polos dez primeiros departamentos con maiores volumes de contratación, pasando dos 2,8 millóns de pesetas por contrato en 1999, aos 3,9 millóns de pesetas en 2000 e aos 4,7 millóns de pesetas no ano 2001. En 1999 o departamento co importe medio por contrato máis grande é o de Economía Aplicada con 5,2 millóns de pesetas, en 2000 o de Enxeñería Química cun importe medio de 6,5 millóns e en 2001 o departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática con 22,2 millóns de pesetas. 3.19. A análise da concentración de contratos por profesores investigadores de proxecto viuse limitada aos novos contratos correspondentes ao exercicio 2001, dado que non se facilitou información ao respecto relativa aos exercicios 1999 e 2000. A partir dos dez departamentos con maior número de contratos e volume cuantitativo, determináronse os volumes económicos medios e o número medio de contratos xestionados por cada profesor investigador (millóns de pesetas):

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

29

Cadro 11: Volume económico e número de contratos medios por profesor (UVI)

Departamento Volume Nº

contratos Nº

profesores Vol./Prof.

Enx. Sistemas e Automática 66,7 3 3 22,2

Enx. Rec. Naturais e Materiais 281,5 54 15 18,7

Organización de Empresas 109,0 28 6 18,1

Enxeñería Telemática 17,9 3 1 17,9

Teoría da Sinal e Telecomunic. 38,9 7 4 9,7

Deseño da Enxeñería 38,7 7 4 9,6

Enxeñería Mecánica 32,7 15 6 5,4

Ecoloxía e Bº animal 15,8 4 3 5,2

Economía Aplicada 15,3 4 3 5,1

Tecnoloxía de Comunicacións 45,6 17 11 4,1

Total 662,1 142 56 11,8 Do cadro anterior dedúcese que catro departamentos presentan un volume medio anual de contratación por profesor superior a 17 millóns de pesetas e un número medio de contratos por profesor superior a 2,5, agás o departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática -que ten 1- e o de Organización de Empresas, que ten 4,7 contratos por profesor. Sen prexuízo da análise anterior, detéctanse importantes desviacións con respecto das medias sinaladas pola existencia de profesores que concentran un gran número de contratos e importantes volumes de contratación, como se pode observar no seguinte cadro: Cadro 12: Concentración do volume de contratación por profesor (UVI)

Profesor Departamento

Nº contratos

% s/total Importe

% s/total

1 O1 Enx. Rec. Naturais e Materiais 18 9,4% 173,4 23,8%2 24 Organización Empresas 16 8,3% 55,5 7,6%3 S3 Enx. Sistemas e Automatic. 14 7,3% 38,3 5,2%4 N9 Deseño Enxeñería 4 2,1% 37,5 5,1%5 Q6 Enx. Rec. Naturais e Materiais 4 2,1% 30,4 4,2%6 T3 Organización Empresas 1 0,5% 24,4 3,3%7 Z3 Enxeñería Mecánica 6 3,1% 24,0 3,3%8 J4 Enx. Rec. Naturais e Materiais 1 0,5% 24,0 3,3%9 48 Enx. Sistemas e Automatic. 2 1,0% 21,9 3,0%10 I2 Tª do Sinal e Telecomunic. 2 1,0% 19,7 2,7%11 Y6 Enx. Telemática 3 1,6% 17,9 2,5%12 K3 Organización Empresas 6 3,1% 14,5 2,0%13 T1 Enx. Rec. Naturais e Materiais 10 5,2% 13,3 1,8%14 T8 Enx. Rec. Naturais e Materiais 3 1,6% 12,3 1,7%15 U0 Ecoloxía e Bº Animal 1 0,5% 12,1 1,7%

Totais 2001 91 519,20 % sobre total de 192 contratos 47% 71%

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

30

En relación co cadro anterior, cabe destacar o importante nivel de concentración dos contratos por profesor-investigador, dado que 15 profesores -dun total de 56- con volumes de contratación superiores a 12 millóns de pesetas anuais son responsábeis de case o 50% do total dos contratos asinados e de máis do 70% do volume económico da xestión delegada de contratos da Universidade de Vigo. O grao de concentración detectado faise máis patente se consideramos que cinco investigadores, con volumes de contratación anual superiores a 30 millóns de pesetas, xestionan o 29% dos contratos asinados e o 46% do volume económico. Cabe sinalar, por último, o feito de que un só profesor, pertencente ao Departamento de Enxeñería de Recursos Naturais e Materiais, concentra o 9,4% dos contratos e o 23,8% do volume económico total. 3.20. Desde a óptica da demanda, isto é, das entidades que solicitan recursos de investigación, de asistencia técnica e de consultoría ou de formación da Universidade de Vigo, e subscriben con esta os contratos xestionados pola Fundación, cabe distinguir a demanda realizada por empresas privadas da demanda doutras entidades integrantes do sector público, incluíndo nestas ás administracións públicas, aos seus organismos autónomos, sociedades públicas e entes de dereito público. No seguinte cadro pódese observar a evolución da demanda de contratos xestionados por Feuga: Cadro 13: Contratos xestionados para o sector privado e o público (UVI) 2001 2000 1999

ctos. Mill. pts. % s/TD Nº ctos.

Mill. pts. % s/TD

Nº ctos.

Mill. pts. % s/TD

Sector Privado 169 664,03 91,0% 127 462,95 82,3% 134 338,42 89,6%

Sector Público 23 65,58 9,0% 29 99,48 17,7% 17 39,28 10,4%

Xunta de Galicia (Consellerías) 10 36,28 55,3% 7 22,92 23,0% 4 4,72 12,0%

Xunta de Galicia (IGAPE) 1 1,00 1,5% 3 10,67 10,7% 4 4,65 11,8%

Xunta de Galicia (EGAP) 1 1,16 1,8% 0 - 0,0% 0 - 0,0%

CIDA 0 - 0,0% 1 14,84 14,9% 2 16,00 40,7%

Fundación Semana Verde 3 5,39 8,2% 1 2,32 2,3% 0 - 0,0%

Consorcio Zona Franca Vigo 3 12,40 18,9% 6 28,40 28,5% 3 11,31 28,8%

Concellos 5 9,35 14,3% 11 20,33 20,4% 4 2,60 6,6%

Total demanda 192 729,61 100% 156 562,43 100% 151 377,70 100% Cabe destacar, do exame do cadro anterior, a preponderancia e importancia cuantitativa da demanda de contratos da Universidade de Vigo polo sector privado, que para os tres exercicios da fiscalización se mantén por enriba do 80% do volume económico total dos contratos xestionados pola Fundación. Este dato é indicativo do nivel de comunicación de Feuga co mundo empresarial, e da súa tradución na xestión delegada maioritaria de contratos asinados pola Universidade de Vigo con empresas e entidades pertencentes ao sector privado. Dentro da demanda de contratos da Universidade de Vigo, por parte de entidades do sector público, destaca a presenza da Administración autonómica que vai adquirindo

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

31

unha importancia cada vez maior, representando no exercicio 2001 o 58,6% da demanda pública dos contratos xestionados por Feuga. 3.21. Aos efectos da fiscalización da xestión económico-administrativa de carácter delegado, realizada pola Fundación no período de exame considerado, procedeuse á selección dunha mostra representativa de expedientes correspondentes a contratos da Universidade de Vigo xestionados no exercicio 2001. Os criterios de selección baseáronse na análise cuantitativa dos importes dos contratos, da súa distribución departamental, do grao de concentración por profesores e da demanda pública/privada dos mesmos. A mostra de 21 expedientes, por un importe económico total de 389,8 millóns de pesetas, representa o 53,4% do total do exercicio 2001, e recóllese a continuación:

Cadro 14: Mostra de contratos seleccionados da Universidade de Vigo

Importe C/IVA

Ref. Prox. Investigador Cliente Departamento Obxecto Mill. Pts

PL2-1 5362 VÁZQUEZ NÚÑEZ, F. G.O.C. ENX. SISTEMAS E AUTO. Actual. de S.I. e acceso remoto por Internet 5,8

PL2-2 5401 ORTIZ TORRES, L. FEUGA ENX. REC. NATU. E M.T. Curso Sup. Resol. Conflic. en Cent. Educat. 20,4*

PL2-3 5399 ORTIZ TORRES, L. FEUGA ENX. REC. NATU. E M.T. Curso Sup. Esp. Ocup., Didac. e Form Meto. 41,7*

PL2-4 5416 BASO LÓPEZ, C. FEUGA ENX. REC. NATU. E M.T. Curso Sup.Esp. Industria da Madeira 15,2

PL2-5 5347 ORTIZ TORRES, L. FEUGA ENX. REC. NATU. E MAT. Curso Sup. Esp. Ocup., Didac. e Form Meto. 42,7*

PL2-6 5382 GLEZ. GURRIARÁN, J. FUNDACIÓN PROVIGO ORGANIZ. EMPRESAS E MARK. Plano Estratéxico de Vigo e súa área funcional 24,4

PL2-7 5409 GLEZ. CASTAÑO, F.J. TELEVÉS, S.A. ENX. TELEMÁTICA Implant. Servizos I.P. en redes colectivas cable 8,1

PL2-8

5429

ANIDO RIFÓN, L.E. E GLEZ. CASTAÑO, F.J.

AFECO

ENX. TELEMÁTICA

Plataform. Comercio Electr. Xestión de Feiras e Congres.

5,2

PL2-9

5370

FDEZ. VILÁN, J.A. E LEICEAGA BALTAR, X.

COGAMI

ENX. MECÁNICA

Cadeira de Rodas asistida con CA e outros

7,0

PL2-10 5498 MERINO GIL, M. CONS. ZF. DE VIGO ORGANIZ. EMPRESAS Proxect. Institut. de Servizos Avanzados de Información 8,1

PL2-11 5456 DA ROCHA ÁLVAREZ, J.M. FUND. CAIXA GALICIA FUND. ANALIS. ECONOM. Informa Conxuntura Economía Galega 5,9

PL2-12 5402 FDEZ. VILÁN, J.A. ESYPRO, S.L. ENX. MECÁNICA Proxect. Máquina cortadora de granito 6,9

PL2-13 5507 LANAJA DEL BUSTO, J.M. INGESA ENX. REC. NATU. E M.T. Curso Formación e Inf. en Equip. Protec. individ. 20,7*

PL2-14 5468 LEICEAGA BALTAR, X. ACLUNAGA DESEÑO DA ENXEÑERÍA Desenvolvemento Sistema Control Dimensional 20,0

PL2-15 5356 MARÍN MARTÍN, R. IFCI INGENIERÍA ENX. SISTEMAS E AUTO. Simulación funcionament. Translevador Indusd. e outros 17,6*

PL2-16 5427 VALERO GUTIÉRREZ, E. XUNTA DE GALICIA ENX. REC. NATU. E M.T. Estudio Poten. Rec. Natu. Comarca Valdeorras 8,1

PL2-17 5412 PRADO PRADO, J.C. DINAK, S.A. ORGANIZ. EMPRESAS E MARK. Proxect. Diag. Áreas Produc. e Sist. Xestión 5,0

PL2-18 7745 VÁZQUEZ VÁZQUEZ, M. XUNTA DE GALICIA ESC. SUP. ENX. INDUS. Xerador Solar Fotovoltaico Parque Natural Invernadeiro 76,2*

PL2-19 5252 FDZ. HERMIDA, X. TVG S.A. TEC. DAS COMUNICACIÓNS Sistema Integral Dixitaliz. Servizos Informativos 11,9

PL2-20 5063 PRADO PRADO, J.C. PESCANOVA, S.A. ORGANIZ. EMPRESAS Racionalización de Envase e Embalaxes 15,5

PL2-21 5376 ORTIZ TORRES, L. FEUGA ENX. REC. NATU. E M.A. Curso Sup. Prevención Riscos Laborais 23,4

Total 389,8

(*) Varios contratos ou ampliacións 3.21.1. En tódolos expedientes existen importantes debilidades de control derivadas da falta de normalización dos procedementos de xestión empregados pola Fundación. Na meirande parte dos mesmos falta documentación sobre o detalle dos traballos a realizar e a súa programación no tempo. Incúmprese con carácter xeral o procedemento de autorización da Comisión de Cursos e Convenios da UVI, realizado sempre con

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

32

posterioridade á sinatura dos contratos. As memorias que acompañan aos mesmos non especifican, en moitos dos casos analizados, as remuneracións dos profesores participantes. Os orzamentos e os prazos de execución aprobados incúmprense sistematicamente, sen que exista ningunha motivación que xustifique este modus operandi. En ningún dos contratos supostamente finalizados consta o balance económico final do mesmo que Feuga debe remitir á UVI en base ao estabelecido no artigo 20 do seu Regulamento de Cursos e Convenios. Tampouco consta que a Fundación liquide os remanentes dos contratos finalizados e reembolse ditos saldos á Universidade. Na orzamentación do custo dos contratos non se inclúe a comisión de xestión que aplica Feuga, polo que se deduce que esta non é repercutida á entidade ou empresa contratante, senón que é asumida pola UVI. Deste xeito, prodúcese unha minoración no importe -10% do total do contrato- que percibe a Universidade como compensación polo uso das súas infraestruturas, dado que a Fundación detrae con cargo a este importe o cobro da súa comisión. Tendo en conta, ademais, que Feuga practica unha liquidación global da súa comisión dúas ou tres veces ao ano, prodúcese unha anticipación de ingresos por esta vía. 3.21.2. En relación ao procedemento de execución dos gastos, cabe destacar a falta de garantías no recoñecemento das obrigas e de rigor na planificación dos pagos, derivados ambos aspectos da existencia de múltiples ordenadores de gasto, que se corresponden cos profesores-investigadores participantes nos proxectos, xa que son estes os que realizan as adquisicións dos bens e servizos necesarios para a execución dos contratos. As obrigas son contraídas coa presentación das correspondentes facturas por parte dos provedores, que unha vez rexistradas son conformadas polos directores telefonicamente ou a través de e-mail. Nos expedientes examinados non constan as facturas orixinais, senón fotocopias das mesmas. Os pagos das mesmas realízanse a petición do director, polo que o feito de que sexan ordenadas as transferencias por Feuga, non engade ningunha garantía. Neste senso, constátase que a actuación da Fundación limítase a un servizo de caixa individualizado por contrato -similar a unha habilitación- en base á cal o director do proxecto vai ordenando gastos na medida das súas necesidades. Feuga non realiza ningún tipo de verificación da materialidade do gasto ordenado, e tampouco leva un control orzamentario para axustar os gastos realizados aos orzamentos que acompañan aos contratos aprobados. Son indicativos desta falta de control na execución dos gastos a existencia de imputacións de gastos duns proxectos a outros sen ningunha xustificación e a existencia de numerosos contratos con saldos pendentes de gastar que permanecen na contabilidade da Fundación despois das datas previstas de finalización dos mesmos. 3.21.3. Non foi posíbel verificar o cumprimento dos límites estabelecidos polo Real decreto 1230/1984 -modificado polo Real decreto 1450/1989 e o Regulamento de Cursos e Convenios da UVI, aprobado polo claustro da Universidade o 17 de decembro de 1996 e modificado pola Xunta de goberno o 20 de xullo de 2000, para as retribucións recibidas polos profesores-investigadores e o PAS, con cargo aos contratos da UVI xestionados por Feuga, debido ás limitacións recollidas no punto 2.4. deste informe.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

33

3.21.4. No Proxecto 5356 a Fundación engloba baixo unha única rúbrica contábel o que son en realidade cinco proxectos do mesmo profesor-investigador remitidos pola UVI para a súa xestión. Deste xeito prodúcese unha agregación de ingresos e de imputación dos gastos que non permite o seguimento individualizado dos mesmos. Non constan as memorias e anexos aos contratos. Tampouco figuran as asignacións ao departamento. Impútanse 1.600.000 pesetas en concepto de dietas sen estar orzamentadas. 3.21.5. No Proxecto 5468 séguense imputando gastos de dietas, material funxíbel e bolseiros dous anos despois da súa data de remate. Non consta ningún documento que relacione os pagos realizados a un bolseiro con este proxecto. As retribucións do profesorado superan en 1.674.203 pesetas ao orzamentado. Polo seu importe a competencia para a sinatura do contrato corresponde ao rector da UVI, porén é o vicerrector de Desenvolvemento e Transferencia de Ciencia e Tecnoloxía que o asina. 3.21.6. No Proxecto 5456 non figura o contrato, o que impide coñecer con detalle o obxecto do mesmo, a distribución temporal dos ingresos, a memoria dos traballos a realizar e o motivo polo que a USC lle financia á UVI, a execución duns traballos encargados pola Fundación Caixa Galicia. Dada a periodicidade da publicación dos traballos encargados parece desprenderse unha certa relación de permanencia do director do proxecto de realización de informes para a Fundación Caixa Galicia. 3.21.7. No Proxecto 5370 prodúcese un atraso de 3 anos sobre a data prevista de finalización do mesmo, sen que se realice gasto algún ao longo dos anos 2002, 2003 e 2004. 3.21.8. No Proxecto 5409 impútase un gasto de 156.599 pesetas en concepto de prestación de servizos sen que exista factura. No orzamento non se especifican as retribucións a percibir polos profesores participantes no mesmo. Neste contrato inclúese o IVA como maior custo do mesmo, en contra do criterio xeral empregado no resto dos expedientes examinados. 3.21.9. No Proxecto 5429 prodúcense desviacións significativas na contratación de bolseiros e no pago de dietas con respecto ao orzamentado, que fan que non quede asignación suficiente para retribuír ao departamento e ao profesorado. Constan no expediente varias facturas imputadas de xeito proporcional a varios proxectos nas contías indicadas polo director dos mesmos. 3.21.10. Nos Proxectos 5347, 5399 e 5401 inclúense fotocopias das autorizacións e dos orzamentos dos cursos. Non consta documentación que determine os prezos de inscrición de 60.000 pesetas por alumno e curso, e a programación das materias a impartir. Os orzamentos fanse sobre unha previsión inicial de 100 alumnos por curso, que ao non ter límite de prazas acaban converténdose en importes moi superiores deixando sen valor aos orzamentos como medida de seguimento e control dos cursos. Con cargo a estes expedientes, impútanse gastos en concepto de organización e coordinación dos cursos por importes de 29.774.880 pesetas, 29.000.000 de pesetas e 14.194.747 pesetas, respectivamente, a favor da FUNDACIÓN PROMOCIÓN SAÚDE E CULTURA que lle factura por estes servizos a Feuga.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

34

Á data de realización dos traballos de fiscalización, o profesor-investigador responsábel destes proxectos, figura na contabilidade de Feuga cun total de 38 cursos por un importe económico total de 313.944.176 pesetas, dos que constan ingresados pola Fundación un total de 214.862.561 pesetas. Non foi posíbel, determinar que cursos están pendentes de finalizar ou cales se suspenderon ou aprazaron. 3.21.11. No Proxecto 7745 englóbanse nunha conta dous convenios distintos con orzamentos, prazos de execución, e financiamentos de entidades distintas, polo que se imposibilita o control individualizado dos mesmos. Trátase de sendos convenios que pola súa contía son de competencia do rector da UVI para a súa sinatura, porén aparecen asinados polo vicerrector de Desenvolvemento e Transferencia de Ciencia e Tecnoloxía. Contratos da Universidade de Santiago de Compostela 3.22. A Universidade de Santiago carece dun instrumento xurídico específico tipo convenio para regular as súas relacións con Feuga respecto da xestión dos contratos de proxectos de I+D, informes e cursos que lle encomenda. A única regulación normativa con referencia explícita á xestión destes contratos pola Fundación é o Regulamento para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico e desenvolvemento de cursos de especialización (RTCTAC), aprobado por acordo da Xunta de Goberno da Universidade do 3 de abril de 1990. Nesta disposición contémplase, no seu artigo 6, en relación á xestión económica dos contratos, a posibilidade, a criterio do director-investigador, de que a xestión dos mesmos se realice a través de Feuga. Cando a xestión destes gastos se encomende a Feuga, a Universidade xerará no seu orzamento unha partida específica no capítulo VII por cada contrato a favor da Fundación, procedendo ao pagamento desta subvención de capital cando se produzan efectivamente os ingresos por parte da entidade contratante. Segundo o citado regulamento, só se poderán xestionar a través da Fundación os gastos que non sexan de persoal, dado que estes levaranse necesariamente a través da Oficina de Proxectos da Universidade. Deste xeito, vemos que a Universidade de Santiago concibe a intervención de Feuga na xestión dos seus contratos do artigo 11 da LRU como un perceptor de subvencións públicas transferidas pola propia Universidade no momento en que esta cobra o prezo dos contratos para a súa aplicación e posterior rendición de contas dos proxectos xestionados onde, en todo caso, figurarán expresamente relacionados os bens inventariábeis adquiridos, aos efectos da súa incorporación ao patrimonio da Universidade. Esta regulamentación contrasta coa da Universidade de Vigo, que cualifica a intervención de Feuga de xestión delegada, atribuíndolle a xestión da totalidade dos gastos asociados aos proxectos e a facultade de xestionar tamén os ingresos e pagos dos seus fondos derivados destes contratos. En todo caso, con independencia da instrumentación xurídica concreta e da súa natureza privada, Feuga manexa un volume importante de recursos financeiros que pertencen ás universidades, que son as titulares dos bens e servizos que se poñen no mercado para satisfacer as demandas contidas nos contratos.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

35

3.23. Durante o período de fiscalización considerado (1999-2001), a Universidade de Santiago xestionou a través da Fundación un total de 372 contratos novos por un valor económico de 1.049,92 millóns de pesetas. A partir da información facilitada pola entidade, obtívose a distribución do volume económico e do número de contratos por departamentos universitarios responsábeis da dirección dos proxectos, informes e cursos, que se recolle no cadro seguinte: Cadro 15: Volume económico e número de contratos por departamentos (USC)

Ranking 2001

Ranking 2000 Ranking 1999

Departamento Mill. pts. Nº Departamento Mill. pts. Nº Departamento Mill. pts. Nº

1 Instituto Inv. E Anal. Alimentario 53,6 26 1 Instituto Inv. E Anal. Alimentario 57,2 28 1 Enxeñería Química 77,7 13

2 Historia da Arte 32,4 4 2 Edafoloxía 47,6 8 2 Historia da Arte 41,0 2

3 Instituto de Ortopedia 31,2 1 3 Enxeñería Química 39,7 12 3 Instituto Inv. E Anal. Alimentario 36,5 34

4 Bioquímica e Biol. Molecular 22,4 10 4 Historia da Arte 20,1 3 4 Microbioloxía 26,5 9

5 Instituto de Medicina Legal 19,3 4 5 Instituto de Medicina Legal 18,5 4 5 Edafoloxía 25,1 4

6 Enxeñería Química 18,4 9 6 Bioloxía Animal 18,4 1 6 Bioquímica e Biol. Molecular 18,6 9

7 Pediatría 16,7 3 7 Bioquímica e Biol. Molecular 16,7 11 7 Química Orgánica 14,2 4

8 Edafoloxía 16,1 6 8 Microbioloxía 16,6 5 8 Instituto de Medicina Legal 12,0 3

9 Química Física 15,7 1 9 Xeografía 15,4 4 9 Historia II 11,8 1

10 Instituto de Cerámica 15,5 9 10 Economía Aplicada 15,0 1 10 Matemática aplicada 10,3 5

Total 2001 241,3 73 Total 2000 265,2 77 Total 1999 273,7 84

% s/ Total Contratos 2001 70% 61% % s/ Total Contratos 2000 74% 66% % s/ Total Contratos 1999 79% 43%

Do exame do cadro anterior, constátase unha menor concentración cuantitativa por volume e número de contratos nos dez primeiros departamentos con máis volume económico que no caso dos contratos da Universidade de Vigo. Neste caso, temos que estes departamentos concentran sobre un 70% do volume contractual nos tres exercicios considerados e en torno ao 60% do número de contratos. Tampouco é tan acusada, como no caso dos contratos de Vigo, a concentración de volume en poucos departamentos, neste caso temos unha distribución moito máis uniforme do mesmo. Porén, destaca no caso da USC, a paulatina importancia dos institutos universitarios de investigación, que no exercicio 2001 concentran preto do 50% do volume da contratación cun 55% do número de contratos xestionados. Este feito pon de manifesto o incremento da compoñente de prestación de servizos de moitos dos contratos asinados coas empresas e entidades demandantes.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

36

Por outra parte, no caso da USC pode observarse que o importe medio dos contratos realizados polos dez primeiros departamentos con maiores volumes de contratación permanece estancado ao longo do período da fiscalización considerado, movéndose no en torno dos 3,3 millóns de pesetas por contrato. 3.24. En relación á análise de concentración do número de contratos por profesores investigadores de proxecto, esta viuse limitada aos novos contratos correspondentes ao exercicio 2001, dado que non se facilitou información ao respecto relativa aos exercicios de 2000 e 1999. Partindo dos dez departamentos con maior número de contratos e volume cuantitativo, determináronse os volumes económicos medios e o número medio de contratos xestionados por cada profesor-investigador. Cadro 16: Volume económico e número de contratos medios por profesor (USC) Volume Nº Nº Vol /prof.

Departamento Mill. pts. contratos profesores Mill. pts.

Instituto de Ortopedia 31,2 1 1 31,2

Historia da Arte 32,4 4 2 16,2

Edafoloxía 16,1 6 1 16,1

Química Física 15,7 1 1 15,7

Instituto de Cerámica 15,5 9 1 15,5

Pediatría 16,7 3 2 8,4

Instituto Inv. e Anal. Alimentario 53,6 26 8 6,7

Instituto de Medicina Legal 19,3 4 3 6,4

Enxeñería Química 18,4 9 3 6,1

Bioquímica e Biol. Molecular 22,4 10 4 5,6

Total 2001 241,3 73 26 9,3

Do cadro anterior dedúcese que cinco departamentos concentran volumes medios anuais de contratación por profesor superiores a 15 millóns de pesetas, cun número medio de contratos por profesor que oscila entre un mínimo de 1 no Instituto de Ortopedia e un máximo de 9 no Instituto de Cerámica. Sen prexuízo da análise anterior, detéctanse importantes desviacións con respecto das medias sinaladas, de profesores que acumulan un notábel número de contratos e importantes volumes de contratación, como se pon de manifesto no seguinte cadro:

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

37

Cadro 17: Concentración do volume de contratación por profesor (USC)

Nº % %

Profesor Departamento contratos s/Total Importe s/ Total 1 05 Instituto Inv. e Anal. Aliment. 12 10,1% 37,2 10,8% 2 F1 Instituto de Ortopedia 1 0,8% 31,2 9,1% 3 Q4 Historia da Arte 3 2,5% 30,2 8,8% 4 12 Edafoloxía 6 5,0% 16,1 4,7% 5 11 Química-Física 1 0,8% 15,7 4,6% 6 57 Instituto da Cerámica 9 7,6% 15,5 4,5% 7 25 Historia II 1 0,8% 14,8 4,3% 8 F3 Bioquímica e Bioloxía Molec. 5 4,2% 12,8 3,7% 9 27 Pediatría 1 0,8% 12,0 3,5%

10 N2 Instituto de Medicina Legal 2 1,7% 11,5 3,3% 11 29 Enxeñería Química 6 5,0% 10,5 3,0% 12 T7 Física da Materia Condensada 2 1,7% 9,7 2,8% 13 81 Estatística e Inv. Op. 2 1,7% 9,0 2,6% 14 06 Matemática Aplicada 2 1,7% 8,9 2,6% 15 52 Química Orgánica 4 3,4% 8,0 2,3% Totais 2001 57 243,1 % sobre total de 119 contratos 48% 71%

Desde o punto de vista da concentración de volumes de contratación por profesor, pódese observar un menor grao de concentración que nos contratos da UVI, dado que 15 profesores dun total de 26, con volumes anuais de contratación superiores aos 8 millóns de pesetas, son responsábeis do 71% do volume total de contratación e de preto do 50% do número de contratos. Neste caso os cinco primeiros investigadores do ranking, concentran o 38% do total con tan só un 19,2% do número dos contratos. Destacar que un só investigador do Instituto de Investigación e Análise Alimentaria concentra o 10,1% do número de contratos subscritos e un 11% do volume de contratación. 3.25. Desde a óptica da demanda, isto é, das entidades que solicitan recursos de investigación, de asistencia técnica e de consultoría ou de formación da Universidade de Santiago, e subscriben con esta os contratos xestionados pola Fundación, cabe distinguir a demanda realizada por empresas privadas da demanda doutras entidades integrantes do sector público, incluíndo nestas ás Administracións Públicas, aos seus organismos autónomos, sociedades públicas e entes de dereito público.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

38

No seguinte cadro pódese observar a evolución da demanda de contratos xestionados por Feuga: Cadro 18: Contratos xestionados para o sector privado e o público (USC) 2001 2000 1999

contr. Mill. pts. % s/TD Nº

contr. Mill.

pts. % s/TD Nº

contr. Mill.

pts. % s/TD

Sector Privado 102 229,17 66,5% 99 258,05 72,3% 125 274,36 78,7%

Sector Público 17 115,56 33,5% 17 98,71 27,7% 12 74,07 21,3%

Xunta de Galicia (Consellerías) 9 35,32 30,6% 7 49,93 50,6% 6 24,31 32,8%

Xunta de Galicia (Xacobeo S.A.) 3 30,20 26,1% 2 10,59 10,7% 2 41,08 55,5%

Xunta de Galicia (SODECOGA) 0 - 0,0% 1 2,78 2,8% 1 2,78 3,8%

Xunta de Galicia (ILGA) 1 0,68 0,6% 1 1,20 1,2% 0 - 0,0%

Xunta (Augas de Galicia) 1 15,79 13,7% 0 - 0,0% 0 - 0,0%

Xunta (INEGA) 0 - 0,0% 1 15,00 15,2% 0 - 0,0%

Concellos 2 2,29 2,0% 2 4,81 4,9% 1 1,97 2,7%

CHUS 1 31,28 27,1% 0 - 0,0% 0 - 0,0%

Centro Oncolóxico de Galicia 0 - 0,0% 1 1,85 1,9% 1 1,85 2,5%

MINER 0 - 0,0% 1 - 0,0% 1 2,08 2,8%

UE 0 - 0,0% 1 12,55 12,7% 0 - 0,0%

Total demanda 119 344,73 100% 116 356,76 100% 137 348,43 100% Cabe destacar, da análise do cadro anterior, a tendencia crecente da compoñente pública da demanda de contratos da Universidade de Santiago, que pasa de representar o 21,3% do volume económico total da contratación en 1999 a un 33,5% en 2001. En termos proporcionais temos que o volume económico de demanda pública de contratos no caso da USC, triplica ao da Universidade de Vigo, onde a porcentaxe de participación do sector público na súa demanda é moito menor. Neste senso, constátase ademais unha maior dependencia de Feuga con respecto á xestión de contratos da USC procedentes da demanda de entidades do sector público autonómico, que concentra en torno ao 70% do volume total de contratos de demanda pública. Obsérvase tamén que o importe medio por contrato é tres veces maior nos contratos de demanda pública que nos de privada: 6,2 millóns de pesetas nos primeiros fronte a 2,3 millóns de pesetas nos segundos. 3.26. Aos efectos da fiscalización da xestión económico-administrativa dos contratos xestionados a través da Fundación no período de exame considerado, procedeuse á selección dunha mostra representativa de expedientes correspondentes a contratos da Universidade de Santiago do exercicio 2001. Os criterios de selección da mostra baseáronse na análise cuantitativa dos importes dos contratos, a súa distribución departamental, o grao de concentración por profesor e a demanda pública/privada dos mesmos. A mostra, con 18 expedientes por un importe económico total de 216,2 millóns de pesetas, representa o 62,7% do total do exercicio 2001:

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

39

Cadro 19: Mostra de contratos seleccionados da Universidade de Santiago

Ref. Prox. Investigador Cliente Departamento Obxecto

Importe c/IVA

mill. pts.PL1-1 8.431 GARCÍA IGLESIAS, M. S.A. XESTIÓN PLAN XACOBEO HISTORIA DA ARTE Documentación sobre os camiños de Santiago en Galicia 15,6

PL1-2 8.698 GARRIDO VÁZQUEZ, J. AGUAS DE MONDARIZ INS. INV. A. ALIMET. Estudio do potencial xenotóxico de H2O mineral envas. en PET 15,2

PL1-3

8.740

TOJO SIERRA, R. E LEIS TRABAZO, R.

CONS. EDUC. ORDENACIÓN

PEDIATRÍA

Desenvol. programas de prevención e intervención nutricionais

12,0

PL1-4 8.385 GARCÍA IGLESIAS, M. S.A. XESTIÓN PLAN XACOBEO HISTORIA DA ARTE Redacción do Plano Estratéxico do Plano Director do Camino 11,0

PL1-5 7.698 GARCÍA IGLESIAS, M. S.A. XESTIÓN PLAN XACOBEO HISTORIA DA ARTE Deseño do Plano Director do Camiño 12,3

PL1-6 8.232 MACÍAS VÁZQUEZ, F. CONSULT. INGEN. INTER., S.A. EDAFOLOXÍA Estudio de recuperación ambiental no litoral de Corrubedo 4,6

PL1-7 8.723 GARRIDO VÁZQUEZ, J. PESCADONA, S.A. INS. INV. A. ALIMET. Desenvol. novo produto "Mexilón no seu xugo pasteurizado" 13,8

PL1-8 8.634 COUCEIRO FOLLENTE, J. COMPLEXO HOSPIT. USC. INST. DE ORTOPEDIA Extracción e análise de inxertos oseos 26,9

PL1-9

8.896

SOUTO GONZÁLEZ, J. A. E PÉREZ MUÑUZURI, V.

ENDESA GENERACIÓN, S.A.

FIS. MAT.CONDENS.

Sistema de apoio á decisión á xestión da calidade do aire

7

PL1-10 8.123 CARRACEDO ÁLVAREZ, A. VARIOS CLIENTES INST. MEDIC. LEGAL Realización de probas xenéticas e exames forenses 8,1

PL1-11 8.446 EIRAS ROEL, A. CONS. DE CULT., COMUN. HISTORIA II Des. e investig. crítica Vol. XII e XIII Ant. Actas Reino Galicia 14,7

PL1-12 8.120 VILLARINO PÉREZ, M. SODECOGA XEOGRAFÍA Elaborac. planos estratéx. comarcas de Caldas, Verín e outros 2,7

PLI-13 8.231 BERMÚDEZ DE CASTRO, A. FUNDACIÓN CAIXA GALICIA MATEMÁT. APLIC. Res. numérica modelos de valoración produt. financeiros 3,1

PL1-14 8.627 GUITIÁN RIVERA, F. FERROATLÁNTICA, S.L. INST. DA CERÁMICA Proxecto Planta piloto de produc. bloques de carbón 6,9

PL1-15

7.780

BAO IGLESIAS, M. E MACÍAS VÁZQUEZ, F.

U. ESPAÑOLA EXPLOSIVO, S.A.

ENX. QUÍMICA

Control de afluentes e efectos nas plantas de UEE

14,3

PL1-16 7.985 GARCÍA NEGRO, C. INEGA ECONOMÍA APLIC. Elaborac. tablas input-output 2000 enerxía elec. de Galicia 15,0

PL1-17 7.973 FERNÁNDEZ PULPEIRO, E. CONS. DE PESCA, MARISQ. E AC. BIOLOXÍA ANIMAL Prospec. cartografía e xest. bancos naturais semill. mexillón 18,4

PLI-18

7.774

MARTÍNEZ CORTIZAS, A. E PÉREZ MUÑUZURI, V.

CONS. DE MEDIO AMBIENTE

EDAFOLOXÍA

Incorporación indicadores ao sistema información ambient.

14,6

Total 216,2 3.26.1. Con carácter xeral, en todos estes expedientes existen importantes debilidades de control derivadas da falta de normalización dos procedementos de xestión empregados, que no caso dos contratos da USC vense acentuadas pola falta dun convenio marco que regule a súa relación coa Fundación. A comisión de xestión que aplica Feuga -4,28% do custo do proxecto- non aparece estabelecida en ningún acordo ou documento aprobado pola USC. A diferenza do caso dos contratos da Universidade de Vigo, na USC a comisión inclúese como maior importe do contrato, liquidándose de xeito individualizado en cada proxecto. A USC percibe en concepto de custos indirectos o 10% do contrato. Ademais, cando o investigador ten asignadas retribucións, percibe tamén o 15% da diferenza entre ingreso e gasto, excluidos os relativos a retribucións do profesorado, como ingresos do departamento, sen que este concepto, nin a porcentaxe aplicada, aparezan plasmados por escrito en ningún documento. A Fundación participa activamente na formalización destes contratos, sen que exista un patrón definido de actuación. Deste xeito, as relacións contractuais cliente-Feuga-USC pódense estabelecer de distintas formas: ben asinando nun primeiro momento un convenio ou contrato entre o cliente e Feuga, e posteriormente outro entre Feuga e a USC; ou ben asinando simultaneamente un único contrato a tres bandas entre cliente, Feuga e a USC. Tamén se detectaron casos nos que non consta a existencia de contrato ou convenio que regule as prestacións a realizar polas partes. Tampouco na cualificación xurídica do vínculo obrigacional como contrato ou convenio cando o cliente é unha entidade pública se aplica un criterio claro. Este feito ten unha

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

40

especial relevancia a efectos da suxeición das operacións dimanantes do mesmo ao Imposto sobre o Valor Acrescentado (IVA), así como para a determinación do réxime de contratación aplicábel ao cliente público. Así, a figura convenial pode encubrir verdadeiros contratos de prestación de servizos subministrados pola Universidade a través da Fundación, que se adxudican directamente pola Administración a aquela sen suxeitarse aos principios e á normativa de contratación pública. 3.26.2. En relación ao procedemento de execución dos gastos, cabe destacar os mesmos extremos sinalados no punto 3.21.2. do presente informe para os contratos da UVI. 3.26.3. Non foi posíbel verificar o cumprimento dos límites estabelecidos polo Real decreto 1930/1984 -modificado polo Real decreto 1450/1989- e o Regulamento para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico e desenvolvemento de cursos de especialización (RTCTAC), aprobado por acordo da Xunta de Goberno da Universidade do 3 de abril de 1990, para as retribucións recibidas polos profesores-investigadores e o PAS, con cargo aos contratos da USC xestionados por Feuga, debido ás limitacións recollidas no punto 2.4. deste informe. 3.26.4. No Proxecto 8698 non consta data no contrato. Feuga contabiliza 2.298.000 pesetas derivados de dous contratos por obra ou servizo dos que non constan xustificantes no expediente. Existen tres perceptores de retribucións ou pagos -un deles como bolseiro- sen que consten contratos ou documentos que estabelezan a súa relación co proxecto. 3.26.5. No Proxecto 8232 figuran dúas follas resumo do contrato sen data e dous orzamentos con desgloses distintos. A pesar de ter prevista a súa finalización en maio de 2002, formalízase un contrato de bolseiro con data 2 de xullo de 2002 e seguen imputándose gastos até o 31 de agosto do 2003. Neste expediente, o director do proxecto recibe en concepto de anticipo un total de 500.000 pesetas sen que conste xustificación algunha da aplicación do mesmo. Con cargo ao mesmo, aparece unha imputación de gastos de inscrición de 100.000 pesetas nun congreso, dunha persoa da que non consta cal é a súa relación co proxecto. 3.26.6. No Proxecto 8896 non figura o contrato, sendo substituído por unha folla de pedido realizada pola empresa cliente a Feuga con data 21 de novembro de 2001. Nesta folla non aparece ningunha referencia á USC nin ao director do proxecto. Na folla resumo do contrato sinálase que o pedido é complementario doutro anterior. Facilitado este, compróbase que se trata dun novo pedido, sen que conste contrato ou convenio formalizado polas tres partes intervenientes. Prodúcese un incremento substancial da partida de material inventariábel, mentres diminúe significativamente a partida de persoal. Nove días antes da data de finalización do proxecto prodúcese a adquisición de ordenadores por un importe de 558.000 pesetas. Con data 21 de xaneiro de 2003, impútase un gasto de 200.000 pesetas autorizado polo director do proxecto relativa a unha prestación de servizos, sen que se documente o seu obxecto, período de prestación e prezo. 3.26.7. No Proxecto 8123 non consta contrato ou convenio que regule o contido da prestación. Esta consiste na realización de probas de paternidade e forenses realizadas polo Instituto de Medicina Legal a xulgados e particulares. Posteriormente, Feuga

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

41

factúralle o custo das mesmas aos clientes -cuxa identidade é secreta-. Con periodicidade trimestral o director do proxecto préstalle a súa conformidade aos traballos facturados. Con cargo a este expediente impútase unha factura dun material enviado a Portugal por importe de 1.666.000 pesetas que corresponde a outro proxecto do mesmo investigador. 3.26.8. No Proxecto 8446 mantense un saldo pendente de execución á data de realización dos traballos de campo por importe de 894.000 pesetas, cando consta no expediente que o traballo se executou na súa totalidade en novembro de 2001, dentro do prazo previsto no contrato. Trátase do único proxecto examinado no que consta unha certificación do director do mesmo, acreditativa da realización dos traballos encomendados. Os contratos por obra e servizo determinados do persoal investigador non pertencente á USC, prolongan os seus efectos máis alá da data de remate dos traballos encomendados. 3.26.9. No Proxecto 8120 non consta convenio ou contrato que regule as relacións contractuais entre as partes. A única documentación que figura no expediente son tres orzamentos nos que se describen os traballos a realizar, asinados polo profesor-investigador, a sociedade e o director do departamento. 3.26.10. No Proxecto 7780 non se fixan no convenio asinado en data 1 de febreiro de 2000, os traballos concretos a realizar, nin o prezo, nin a data de realización. Con data posterior, a empresa comunica por escrito a Feuga a prestación a realizar, sinalando unicamente o prezo e a planta industrial na que se fará. Dos tres bolseiros participantes no proxecto non constan as altas nos seguros preceptivos de accidentes. Impútanse como gasto facturas correspondentes á reparación e mantemento de dous vehículos particulares, cando xa se están imputando ao expediente gastos de dietas por desprazamento. Contabilízase un gasto de 350.000 pesetas de dúas prestacións de servizos autorizadas polo director do proxecto, sen que conste soporte documental algún acreditativo do contido das mesmas, prezos e prazos de execución. 3.26.11. No Proxecto 7973 a data do convenio asinado entre a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e Feuga, é posterior á do contrato entre a USC e a Fundación. Aprécianse desviacións significativas entre o orzamento autorizado e a execución real do gasto. Un bolseiro cesa por iniciativa propia, pasando a facturar como profesional, sen que conste proposta de contratación e condicións da prestación. 3.26.12. No Proxecto 7774 quedan na data de realización da presente fiscalización, 1.801.000 pesetas pendentes de gasto, cando segundo o contrato asinado os traballos deberan ter finalizados o 15 de decembro de 2000. 3.26.13. Nos Proxectos 7698, 8385 e 8431, foron asinados, respectivamente, convenios de colaboración entre a S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO e Feuga para o deseño do Plano director do Camiño de Santiago, a redacción do Plano estratéxico do Plano director e a documentación sobre os Camiños de Santiago en Galicia. Posteriormente a Fundación asina os correspondentes contratos coa USC polos que se autoriza a realización dos traballos e se designa ao profesor-investigador responsábel dos mesmos. Os custos dos proxectos fixados nos contratos son ampliábeis nos conceptos de gastos de viaxe e dietas, asumindo a empresa os incrementos que se produzan. Destes, a USC recibe o 11,66% sen que se determine esta porcentaxe nin nos

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

42

contratos nin nos convenios. No terceiro dos proxectos, figura unha factura por asistencia técnica de 3.240.000 pesetas, sen que conste ningún tipo de contrato ou similar que determine o contido e as condicións da mesma. Segundo a contabilidade da Fundación, o director dos proxectos, percibiu por estes e por outros, unhas retribucións brutas de 24.820.000 pesetas durante o período 2001 a 2003 e de 13.150.000 pesetas durante o período anterior 1998 a 2000. Este feito unido a que nos expedientes examinados figure en diversos documentos co cargo de Coordinador do Xacobeo significa que as obrigas contraídas nos contratos, impliquen a constitución dunha relación laboral estábel coa sociedade. Polo que procedería a denegación da autorización dos mesmos pola USC, a tenor do disposto no artigo 4.d) do Regulamento para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico e desenvolvemento de cursos de especialización (RTCTAC) da Universidade. Contratos da Universidade da Coruña 3.27. No caso da Universidade da Coruña, tampouco existe un instrumento xurídico específico que regule as súas relacións coa Fundación para os contratos de proxectos de I+D, informes e cursos que lle encomende. No Regulamento para a contratación de traballos de carácter científico, técnico ou artístico e para o desenvolvemento de cursos de especialización (RTCTAC), aprobado pola Xunta de Goberno da Universidade o 14 de xuño de 1993, non se contempla previsión normativa algunha en relación á xestión delegada dos contratos ou a Feuga. 3.28. Durante o período de fiscalización considerado (1999-2001), a Universidade da Coruña xestionou, a través da Fundación, un total de 17 contratos novos por un valor económico de 53,76 millóns de pesetas. Deste volume, 7 contratos corresponden ao Departamento de Química Analítica que concentra o 54,1% do total da facturación do período. Aos efectos da fiscalización da xestión económico-administrativa dos contratos a través da Fundación, procedeuse á selección dunha mostra representativa de expedientes correspondentes a contratos da Universidade xestionados no período. Os criterios de selección da mostra baseáronse na análise cuantitativa dos importes dos contratos, da súa distribución departamental, do grao de concentración por profesores e da demanda pública/privada dos mesmos. A mostra de 2 expedientes por un importe económico total de 14,8 millóns de pesetas, que representa o 27,5% do total do período, é a que se recolle a continuación: Cadro 20: Mostra de contratos seleccionados da Universidade da Coruña Ref. Prox. Investigador Cliente Departamento Obxecto Importe

mill. pts.

PL3-1 8296 ÁLVAREZ SOUSA, A. DEPUTACIÓN DE LUGO CONC. DE MONDOÑEDO SOC. E CC. POLÍTICAS Promoción Turística da Coba do “Rei Cintolo” 2,0

PL3-2 8739 SOTO CASTIÑEIRA, M. FUNDACIÓN AGBAR QUIMICA, FISIC. E I. QUIM. Asesoramento Téc. En Depuración Anaeróbica 12,8

TOTAL: 14,8

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

43

Examinados os expedientes correspondentes á mostra de contratos da Universidade da Coruña, xestionados por Feuga, detectáronse as incidencias seguintes. 3.28.1. Con carácter xeral nos expedientes existen importantes debilidades de control derivadas da falta de normalización dos procedementos de xestión empregados, que no caso dos contratos da UDC vense acentuadas pola falta dun convenio marco que regule a súa relación coa Fundación. A comisión de xestión aplicada por Feuga é distinta nos dous proxectos e non aparece estabelecida en ningún acordo ou documento aprobado pola UC. Neste caso, e a diferenza dos contratos da UVI, a comisión inclúese como maior importe do contrato, liquidándose de xeito individualizado en cada proxecto. A UDC percibe en concepto de custos indirectos o 3,19% do contrato, e cando o investigador ten asignadas retribucións tamén percibe o 3,19% das mesmas como ingresos do departamento, porén esta contía non aparece plasmada por escrito en ningún documento. 3.28.2. En relación ao procedemento de execución dos gastos, cabe destacar os mesmos extremos sinalados no punto 3.21.2. do presente informe para os contratos da UVI. 3.28.3. Non foi posíbel verificar o cumprimento dos límites estabelecidos polo Real decreto 1930/1984 -modificado polo Real decreto 1450/1989- e o Regulamento para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico e desenvolvemento de cursos de especialización (RTCTAC), para as retribucións recibidas polos profesores-investigadores e o PAS, con cargo aos contratos da UDC xestionados por Feuga, debido ás limitacións recollidas no punto 2.4. deste informe. 3.28.4. No Proxecto 8296 o convenio de colaboración coa DEPUTACIÓN DE LUGO, o CONCELLO DE MONDOÑEDO e Feuga, é asinado polo profesor-investigador responsábel do mesmo. Non figura orzamento previo de desglose dos gastos a imputar a este expediente. Feuga aplica unha comisión de xestión do 4,64% do importe do proxecto, sen que esta apareza estabelecida no convenio. O director do proxecto recibe en concepto de anticipo un total de 361.000 pesetas sen que conste xustificación algunha da aplicación do mesmo. Contabilízanse gastos de tres bolseiros por un total de 474.000 pesetas, sen que consten os acordos de nomeamento dos mesmos. 3.28.5. No Proxecto 8739 constan varios orzamentos sen datas e sen firmas do profesor- investigador e do director de departamento. Trátase dun convenio asinado pola FUNDACIÓN AGBAR, a UDC e Feuga. A Universidade e o departamento non reciben ningún ingreso por este proxecto, porén a Fundación aplica unha comisión de xestión do 4,76% do custo do proxecto. O gasto máis significativo do proxecto ascende a 6.245.000 pesetas, en concepto de prestación de servizos técnico-analíticos, realizada pola empresa AQUAGEST, S.A., pertencente ao GRUPO AGBAR. Non consta contrato ou documento similar no que se determine o contido e as condicións da prestación. Contabilízase gasto dun bolseiro por un total de 1.087.000 pesetas, sen que conste o acordo de nomeamento e o seguro preceptivo do mesmo. No mes de abril do 2002, impútase un gasto de 722.448 pesetas pola estancia do director do proxecto e do bolseiro nun congreso en Australia, porén aparecen cargadas tamén dietas destas dúas persoas polo mesmo concepto e período.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

44

Área de cooperación educativa e bolsas de formación Consideracións xerais 3.29. Outro dos obxectivos fundacionais de Feuga expresamente recollido nos seus Estatutos é o de facilitar a presenza na Empresa dos alumnos dos últimos cursos de carreira, aos fins da súa mellor formación e da adquisición de experiencia en actividades profesionais. Para iso, a Fundación no marco estabelecido polo Real decreto 1497/1981, do 19 de xuño, modificado polo Real decreto 1845/1994, do 9 de setembro, e de acordo coa normativa contida nos regulamentos de participación de estudiantes en programas de cooperación educativa das Universidades, xestiona anualmente o denominado Programa de cooperación educativa (PCE). Xunto con esta actuación, desenvólvese tamén o Programa de bolsas de formación (PBF) consistente na realización de prácticas en empresas por parte de recén titulados das tres universidades galegas. No período de fiscalización considerado, o volume de estudiantes dos últimos cursos de carreira e titulados universitarios que participaron nos dous programas sinalados, foi o que se recolle no cadro seguinte: Cadro 21: Evolución dos PCE e PBF Programa 2001 2000 1999 Total Programa cooperación educativa 133 104 129 366 Programa bolsas de formación 673 568 454 1695 Valor económico conxunto 445,9M 351,0M 264,9M 1061,8M Resultados dos traballos nesta área Programa de cooperación educativa (PCE) 3.30. Este programa consiste basicamente na xestión de bolsas para a realización de prácticas en empresas por parte dos alumnos universitarios que teñan cursado polo menos o 50% dos créditos da súa carreira ou diplomatura. Feuga realiza un labor de intermediación gratuíto, contactando coas empresas para determinar a oferta de prazas de prácticas de acordo cos perfís demandados, e remitindo dita oferta aos distintos campus universitarios e facultades para a súa convocatoria pública. Os alumnos interesados remiten os seus currículos á Fundación, que a súa vez envíaos ás empresas para que seleccionen aos candidatos máis idóneos. Os alumnos en prácticas perciben unha compensación económica directamente das empresas. Feuga contrata un seguro de accidentes para a cobertura do período de prácticas, que repercute á empresa. Unha vez rematada a práctica, expídese unha credencial acreditativa da mesma, asinada pola empresa, Feuga e o alumno. Non foi posíbel avaliar o procedemento de xestión realizado pola Fundación, dado que non se facilitou documentación relativa ao mesmo. Porén, Feuga inclúe no seu resumo de actividades anual correspondente ao exercicio 2001 un informe de avaliación do programa, realizado a través dunha enquisa directa ás empresas.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

45

Programa de bolsas de formación (PBF) 3.31. A través deste programa, a Fundación xestiona, coa colaboración do Servizo Galego de Colocación, bolsas de inserción laboral dirixidas a mozos recén titulados sen experiencia. A partir da demanda de perfís de bolseiros por parte das empresas, asínase un convenio coas mesmas e remítense -en base a outro convenio coa Consellería de Familia- as demandas ao Servizo Galego de Colocación. Este envía unha relación de currículos a Feuga, que a reenvía ás empresas demandantes para que procedan á selección dos bolseiros. Unha vez concluída a selección, a Fundación aboa as compensacións económicas pactadas a favor dos bolseiros e subscribe os respectivos seguros de accidentes, facturando ás empresas os custos económicos derivados destes pagos. 3.32. No exercicio 2001, Feuga promoveu a ampliación de coñecementos de 673 titulados universitarios a través da oferta do PBF, con estancias nun total de 214 centros de traballo. As titulacións máis demandadas foron as relacionadas co ámbito xurídico-social que representaron o 49% da oferta, seguidas polas especialidades de tecnoloxía e ciencias experimentais cun 40% e un 11% nas carreiras de humanidades. Respecto da relación entre a demanda de bolseiros por empresas do sector privado e de entes integrantes do sector público se refire, cabe destacar a preponderancia da demanda privada, segundo se pode observar no cadro adxunto: Cadro 22: Demanda de bolseiros do sector privado e do público 2001

Nº contratos Mill. pts. % s/TD

Sector Privado 608 362,38 81,3%

Sector Público 65 83,57 18,7%

Xunta de Galicia (CRTVG) 37 33,77 40,4%

Xunta de Galicia (IGAPE) 10 30,56 36,5%

Xunta de Galicia (INEGA) 1 1,40 1,7%

Concello de Mollet el Vallés 1 0,66 0,8%

Concello de Ferrol 2 8,24 9,8%

Concello de Lugo 6 5,30 6,3%

Concello de Narón 1 0,52 0,7%

Concello de Santiago 1 0,30 0,4%

U.I.M.P. 6 2,82 3,4%

Total demanda (TD) 673 445.95 100%

Debido ás limitacións recollidas no punto 2.4. do presente informe, a fiscalización circunscribiuse ao exame das bolsas de demanda pública.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

46

Cabe destacar na composición da demanda pública de bolseiros, o importante peso da CRTVG e do IGAPE que representan entre as dúas o 72,3% do número de bolsas ofertadas polas entidades públicas e o 77% do volume económico das mesmas. 3.33. Aos efectos da fiscalización do procedemento de xestión do programa de bolsas referido ao exercicio 2001, procedeuse ao exame das bolsas concedidas ao abeiro dos convenios asinados pola Fundación co IGAPE e a CRTVG, dada a relevancia na súa concesión dos principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade.

No caso das bolsas financiadas polo IGAPE, fiscalizáronse dous convenios de colaboración asinados con Feuga en datas 28 de xuño de 2001 e 13 de decembro de 2000. En virtude do primeiro, o IGAPE comprométese á colaboración no programa de bolsas da Fundación no marco do convenio asinado entre esta e a Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, para acoller até un máximo de 14 licenciados/as ou diplomados/as de titulacións xurídico-sociais para o desenvolvemento das actividades propias da súa bolsa de formación nas oficinas do IGAPE. Ademais da posta a disposición das súas instalacións e dos medios axeitados para o cumprimento dos fins formativos das bolsas, o IGAPE participa no financiamento das mesmas por un importe de 115.000 pesetas/mes por bolseiro. Ademais dese importe, Feuga factúralle un 7% de cada bolsa en concepto de comisión de xestión e o importe dos contratos de seguro. A vixencia do citado convenio estendeuse até o 31 de agosto de 2003, comprometendo a entidade financiadora créditos plurianuais a favor da Fundación por importe de 41.714.400 pesetas para cubrir estes custos. En relación coa anualidade de 2002, por importe de 20.857.200 pesetas, verificouse a facturación e o cobro por parte de Feuga da totalidade da mesma, correspondente á concesión de 14 bolsas para o período do 22 de novembro de 2001 a 21 de novembro de 2002. Os pagos realizados pola Fundación ascenderon a un total de 19.504.800 pesetas, aplicando a diferenza -correspondente ao 7% da comisión de xestión- a ingresos de explotación. Desde o punto de vista financeiro, cabe destacar a anticipación polo IGAPE da totalidade da aportación anual en dez meses respecto da finalización das bolsas. Neste expediente acreditouse a publicidade da convocatoria a través de anuncios nos medios de comunicación. En base ao segundo convenio, convócanse bolsas para dúas bolseiras, unha licenciada e unha diplomada en Ciencias Empresariais, por un período de catro meses, do 13 de decembro de 2000 ao 12 de abril de 2001. Neste caso, o IGAPE comprométese a unha aportación económica de 642.000 pesetas. Posteriormente prodúcese unha prórroga do citado convenio até o 12 de decembro de 2001 cun custo adicional de 1.301.600 pesetas, sen que conste ningún acordo ou addenda ao convenio inicial no que se reflita dita ampliación. En ámbolos dous períodos, Feuga factura un 7% adicional pola súa comisión de xestión, a pesar de que non aparece recollida no convenio considerado.

Respecto das bolsas financiadas pola CRTVG para a realización de prácticas nas súas instalacións, seleccionáronse cinco convenios subscritos coa Fundación en datas 2 de outubro e 13 de novembro de 2000, e 2 de xaneiro, 9 de marzo e 26 de abril de 2001 en base aos que se concederon un total de 13 bolsas para titulados superiores, de tres meses de duración, cun custo inicial de 3.852.000 pesetas. Posteriormente prorróganse as

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

47

devanditas bolsas até un ano de duración cun custo adicional de 11.091.000 pesetas, sen que conste ningún acordo ou addenda modificativa dos convenios iniciais. En ningún dos convenios consta a especificación da comisión de xestión do 7% que Feuga factura á CRTVG, como tampouco se determina o importe bruto da compensación económica aos bolseiros. Non foi posíbel verificar na súa totalidade os procesos de selección dos bolseiros en ningún dos expedientes fiscalizados, debido á falta de aportación documental suficiente. Áreas económico-financeira e de rendición de contas Consideracións xerais 3.34. As contas anuais a 31 de decembro de 2001 presentadas pola Fundación están formadas polo balance de situación, a conta de perdas e ganancias e unha memoria. Ademais acompáñanse dun informe anual da xestión desenvolvida na que se conteñen indicadores de actividade. Feuga está obrigada a someter as súas contas a un informe de auditoría externa, de acordo co previsto no artigo 23 da Lei 30/1994, do 24 de novembro. As contas anuais correspondentes aos exercicios económicos de 2001, 2000 e 1999 foron auditadas pola empresa AT CONSULTORES & AUDITORES, S.L. Nos seus informes expresan unha opinión favorábel. Para a fiscalización dos estados financeiros, o Consello de Contas non tivo acceso ao traballo realizado pola firma que auditou as contas anuais e as probas realizadas e procedementos aplicados para emitir os seus informes, e viuse limitado parcialmente no acceso aos rexistros contábeis da entidade. Resultados do traballo nesta área Inmobilizado e subvencións de capital 3.35. De acordo cos criterios contábeis recollidos nas memorias das contas anuais da Fundación, as subvencións, doazóns e legados de capital recibidos por Feuga, tanto para a súa propia actividade como á actividade mercantil, rexístranse polo seu importe en contas de financiamento básico de Ingresos a distribuír en varios exercicios (pasivo de balance) sendo contrapartida das contas de inmobilizado que correspondan, as contas de débedas a longo prazo condonadas ou reducidas e transitoriamente en contas debedoras ou de tesourería. A súa imputación aos resultados da explotación do exercicio realízanse tanto para os activos do inmobilizado material como inmaterial en proporción á depreciación experimentada. Os movementos das partidas de Balance correspondentes á aplicación de subvencións oficiais durante o período de fiscalización de 1999 a 2001 foron os seguintes:

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

48

Cadro 23: Movementos de Balance por subvencións oficiais de capital Cta. 130 Subvencións Oficiais de Capital 2001 2000 1999 A) Saldo ao inicio do exercicio 211.162.968 217.958.072 216.335.647 (+) Concedidas no exercicio 8.700.000 0 10.272.988 (- ) Imputacións a resultados e devolucións 3.507.722 6.795.104 8.650.563B) Saldo ao final do exercicio 216.355.246 211.162.968 217.958.072

Debido ás limitacións atopadas no desenvolvemento dos traballos de campo, non foi posíbel verificar os criterios de contabilización empregados para a aplicación das subvencións de capital en proporción das depreciacións experimentadas polos elementos do activo material e inmaterial. Porén, recóllense a continuación os movementos destas masas patrimoniais durante o período da fiscalización considerado: Cadro 24: Movementos do activo inmobilizado inmaterial e material Inmobilizacións Inmateriais 2001 2000 1999 A) Importe Bruto ao inicio do exercicio 14.892.408 14.843.433 19.789.807 (+) Entradas 32.147.881 48.975 3.060.000 ( -) Saídas 2.526.334 0 8.006.374B) Importe Bruto ao peche do exercicio 44.513.955 14.892.408 14.843.433C) Amortizacións acumuladas ao inicio 10.045.545 8.253.341 12.950.971 (+) Dotacións e aumentos 2.329.431 1.792.204 2.775.785 ( -) Reducións por baixa, saída e transf. 2.526.334 0 7.473.415D) Amortizacións acumuladas ao peche 9.848.642 10.045.545 8.253.341 Inmobilizacións Materiais A) Importe Bruto ao inicio do exercicio 523.511.267 481.177.915 226.113.928 (+) Entradas 24.681.362 44.779.927 268.218.511 ( -) Saídas 2.330.818 2.446.575 13.154.524B) Importe Bruto ao peche do exercicio 545.861.811 523.511.267 481.177.915C) Amortizacións acumuladas ao inicio 20.687.013 8.656.696 14.721.801 (+) Dotacións e aumentos 17.178.367 14.491.142 4.016.363 ( -) Reducións por baixa, saída e transf. 2.330.818 2.460.825 10.081.468D) Amortizacións acumuladas ao peche 35.534.562 20.687.013 8.656.696

Debedores e acredores 3.36. A evolución dos epígrafes de Debedores e Acredores do balance de Feuga durante o período de análise 1999-2001 foi a seguinte:

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

49

Cadro 25: Evolución dos epígrafes de Debedores e Acredores Epígrafe 2001 2000 1999 Debedores 1.231.577.023 1.123.620.306 851.292.305Acredores a c/p e l/p 1.909.707.043 1.714.351.870 1.382.157.057

A composición do saldo do epígrafe de Debedores vén integrada fundamentalmente polo saldo da subconta (4400) Debedores por contratos, na que se contabilizan polo seu importe total os contratos das universidades xestionados por Feuga, con aboamento á subconta (4409) Debedores, facturas pendentes de formalizar polo neto do contrato, e á conta Facenda Pública, facturas pendentes de formalizar polo importe do IVA, que integran á súa vez maioritariamente o saldo do epígrafe de Acredores. Deste xeito, o saldo da conta Debedores por contratos (activo) correspóndese cos contratos con importes pendentes de cobro, mentres que o saldo de Debedores, facturas pendentes de formalizar (pasivo) correspóndese cos contratos con importes pendentes de execución. Cando se producen ingresos dun contrato, cárgase a conta de tesourería con aboamento da (4400) Debedores por contratos, e cando a Fundación efectúa pagos por gastos correspondentes a un contrato cárgase a (4409) Debedores, facturas pendentes de formalizar con aboamento á tesourería. Como xa se indicou no apartado de subvencións para o funcionamento, Feuga contabiliza axudas recibidas da Administración para a súa actividade mediante o mesmo esquema dos contratos das universidades, isto é, sen aplicalas ao resultado do exercicio. Esta práctica desvirtúa a imaxe fiel que debe desprenderse das contas anuais da entidade. Ingresos e gastos 3.37. Na contabilización dos ingresos e gastos, de acordo co recollido nas memorias das contas anuais da Fundación, téñense seguido os principios contábeis de devengo e rexistro, é dicir, que a súa imputación realízase en función da corrente real de bens e servizos que os mesmos representan, con independencia do momento en que se produza a corrente monetaria que deles se deriva, e que os feitos económicos se rexistran cando nacen efectivamente os dereitos e obrigas que os mesmos orixinan. Das liquidacións dos orzamentos de ingresos e gastos incluídas nas memorias en cumprimento do estabelecido polo artigo 23 da Lei 30/1994, do 24 de novembro, de Fundacións e polo Decreto 248/1992, do 18 de xullo, polo que se aproba o Regulamento das Fundacións de Interese Galego, obtemos a seguinte evolución dos mesmos para o período da fiscalización (importes en pesetas):

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

50

Cadro 26: Evolución dos Ingresos e Gastos de funcionamento de Feuga Operacións de funcionamento (Ingresos) 2001 2000 1999 1. Rdto. de explotación act. mercantil 2.095.971 1.798.600 8.785.2682. Cotas de usuarios e afiliados 16.525.000 16.000.000 16.400.0004. Subvencións, donac. leg. imputados exercicio 0 0 2.565.0005. Outros ingresos 94.647.144 66.082.381 53.290.9816. Ingresos financeiros 12.103.777 9.698.861 9.335.6147. Ingresos extraordinarios 3.546.435 13.111.006 874.063 Operacións de funcionamento (Gastos) 4. Gastos de persoal 69.145.998 59.852.753 57.784.3805. Amortizacións, provisións e outros 69.206.287 47.240.132 39.760.6946. Gastos financeiros 35 3.898 2.490.1057. Gastos extraordinarios 2.206.632 173.869 2.826.837 Total de Ingresos por op. func. 128.918.327 106.690.848 91.250.926Total de Gastos por op. func. 140.558.952 107.270.652 102.862.016Saldo por operacións de func. -11.640.625 -579.804 -11.611.090 Cabe destacar, da evolución dos ingresos da Fundación, o relativo estancamento das cotas de usuarios e afiliados, que permanecen en torno a 16 millóns de pesetas anuais, perdendo peso porcentual no total dos ingresos anuais, pasando dun 18% en 1999 a un 13% no ano 2001. Por outra parte, chama a atención o importante peso relativo dos ingresos financeiros, que supoñen un 10% con respecto ao total, así como a práctica inexistencia de gastos financeiros nos exercicios 2001 e 2000. Detéctase no estado de gastos unha tendencia crecente dos gastos de persoal a partir do exercicio 2001 e unha tendencia tamén ascendente dos gastos de amortizacións e provisións de bens e servizos. Tesourería 3.38. Do exame dos epígrafes de Tesourería e Investimentos financeiros temporais do balance de situación de Feuga, destaca o feito de que a Fundación mantén un elevado volume de fondos líquidos na súa tesourería e en colocacións financeiras temporais, como se pode ver no cadro seguinte: Cadro 27: Evolución da tesourería e dos IFT da Fundación Epígrafe 2001 2000 1999 Inv. Fin. Temporais 238.202.725 208.019.973 184.338.077Tesourería 184.748.373 169.937.753 163.870.025

Total 422.953.099 377.959.726 348.208.102

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

51

A orixe destes notábeis niveis de recursos líquidos da Fundación, que se veñen mantendo desde o exercicio 1996, non foi aclarada durante os traballos de fiscalización, dado que non se corresponden nin coa dotación patrimonial inicial, nin con alleamentos de elementos patrimoniais, nin coa xeración de resultados anuais. Revisadas as contas acredoras e debedoras por contratos das universidades, constatouse a existencia de numerosos saldos nas subcontas da 4409 Debedores, facturas pendentes de formalizar de pequeno importe que semellan respostar a contratos finalizados pero non liquidados. Tendo en conta que a contabilización dos contratos implica, por unha parte, o recoñecemento dun dereito de cobro pola totalidade do custo do mesmo, e por outra a contabilización dun acredor polas facturas pendentes de formalizar, considerouse a hipótese de que a Fundación puidese estar anticipando os cobros dos contratos, e acumulando así recursos financeiros pola demora na execución dos mesmos e pola existencia de saldos derivados de non liquidar os contratos. A partir do asento de peche da contabilidade a 31 de decembro de 2001, procedeuse a identificar as subcontas correspondentes aos contratos con saldos pendentes de cobro (4400) e aos contratos con saldos pendentes de facturar e pagar (4409), do que se obtivo a seguinte información: Cadro 28: Determinación de número de contratos con saldos pendentes

Cta Concepto Nº contratos Importe

4400 Debedores por contratos 462 882.873.3424409 Debedores, facturas pendentes de formalizar 986 1.193.646.996

Diferenza -310.773.654

A Fundación mantén a 31 de decembro de 2001 na súa contabilidade un total de 986 contratos con saldos pendentes de formalizar facturas e de pago por un importe de 1.193,6 millóns de pesetas. Pola contra, tan só mantén 462 contratos con saldos pendentes de cobro, por un total de 882,8 millóns de pesetas. Dedúcese, pois, que existen 524 contratos que non teñen cantidades pendentes de cobro -é dicir, que se cobraron na súa integridade- e porén teñen cantidades pendentes de pago por un importe total de 310,7 millóns de pesetas. Este feito resulta congruente co nivel de existencias en tesourería, que a 31 de decembro de 2001 ascenden a 422,9 millóns de pesetas, dos que, de acordo coa estimación realizada, un 73,5% terían a súa orixe en ingresos anticipados dos contratos. Non é posíbel determinar a parte destes fondos anticipados que corresponde a proxectos que finalizaron con remanentes de gastos que non se van a executar, e que terían que reintegrarse aos clientes ou, no seu caso, ás universidades. En todo caso, parece claro que Feuga obtén por esta vía importantes recursos financeiros adicionais en forma de ingresos financeiros pola colocación destes fondos e polo nulo gasto financeiro no que incorre. A súa evolución no período fiscalizado foi a seguinte:

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

52

Cadro 29: Gastos e ingresos financeiros de Feuga 2001 2000 1999 Gastos financeiros 35 3.898 2.490.105Ingresos financeiros 12.103.777 9.698.861 9.335.614 % Ing. fin./Tot. ing. op. func. 9,4 % 9,0 % 10,2 % A elevada porcentaxe que representan os ingresos financeiros sobre os totais ten a súa explicación no importante volume de fondos líquidos e investidos temporalmente da Fundación. Destaca a práctica inexistencia de gastos financeiros nos exercicios 2001 e 2000, que corrobora o alto nivel de liquidez de que dispón Feuga para o desenvolvemento das súas actividades. 3.39. En relación co punto anterior, o convenio regulador asinado entre a Universidade de Vigo e Feuga recolle unha cláusula que obriga a Feuga a practicar unha liquidación de xuros anual en función do volume de fondos cobrados dos contratos da Universidade e pendentes da súa aplicación. Na execución dos traballos de campo constatouse que Feuga non realiza a referida liquidación de ingresos financeiros obtidos polos fondos derivados dos contratos das universidades -con ningunha delas- polo que se produce unha atribución de ingresos públicos que corresponderían a aquelas, ademais dun aforro inducido pola nula necesidade de endebedamento bancario. Corrobora este feito a existencia de catro pólizas de tesourería subscritas pola Fundación nos primeiros meses do exercicio 2000 por un límite crediticio total de 180 millóns de pesetas que non foron utilizadas. 3.40. A Fundación non depura os saldos acredores correspondentes a contratos xa finalizados. Para intentar estimar o volume de contratos sen depurar que figuran na contabilidade da Fundación con saldos pendentes de pago a 31 de decembro de 2001, realizouse unha agrupación dos mesmos por importes do seguinte xeito: Cadro 30: Agrupamento de contratos por importes pendentes de executar Conta Concepto Nº contratos Importe 4409 Debedores, facturas pendentes de formalizar 986 1.193.646.996

< 50.000 Pts 192 3.515.242 > 50.000 Pts e < 100.000 Pts 69 4.849.643 > 100.000 Pts e < 500.000 Pts 284 76.946.590 > 500.000 Pts e < 2.000.000 Pts 276 293.448.556 > 2.000.000 Pts e < 5.000.000 Pts 114 350.778.546 > 5.000.000 Pts e < 10.000.000 Pts 34 225.170.513 > 10.000.000 Pts 17 238.937.906 Total 986 1.193.646.996

Do cadro anterior dedúcese que un 20% dos contratos con saldos pendentes de pago presentan cantidades sobrantes inferiores a 50.000 pesetas, polo que podemos

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

53

conxecturar que a práctica totalidade deste grupo correspóndese con proxectos finalizados e non liquidados e dados de baixa en contabilidade. Se consideramos a totalidade dos contratos con saldos pendentes inferiores a 100.000 pesetas, entón a porcentaxe dos mesmos representa un 26,5% do total de contratos pendentes de execución en carteira a 31 de decembro de 2001. Polo seu escaso importe cuantitativo -os 261 contratos con saldo inferior a 100.000 pesetas suman un total de 8,3 millóns de pesetas, un 7% do total pendente de pago-, podemos considerar que responden a saldos sen depurar. Por outro lado, a anticipación de ingresos por parte de Feuga concéntrase nos tramos de contratos con importes pendente de cobro superiores a 100.000 pesetas, segundo a seguinte agrupación destes contratos: Cadro 31: Agrupamento de contratos por importes pendentes de cobro Conta Concepto Nº contratos Importe 4400 Debedores por contratos 462 882.873.342

< 50.000 Pts 26 625.314 > 50.000 Pts e < 100.000 Pts 18 1.371.388 > 100.000 Pts e < 500.000 Pts 128 33.246.625 > 500.000 Pts e < 2.000.000 Pts 180 190.508.512 > 2.000.000 Pts e < 5.000.000 Pts 67 199.701.472 > 5.000.000 Pts e < 10.000.000 Pts 24 170.694.417 > 10.000.000 Pts 19 286.725.614 Total 462 882.873.342

Do cadro anterior observamos que o número de contratos con saldos pendentes de cobro de importe inferior a 100.000 pesetas representa tan só o 9,6% do total e, cun total de 1,9 millóns de pesetas, o 0,3% do importe pendente de cobro. No tramo de contratos con saldos pendentes de pago e de cobro entre 100.000 pesetas e 500.000 pesetas, aparecen 128 con saldo pendente de cobro fronte a 284 con saldos pendentes de pago, que supoñen 33,2 millóns pendentes de cobro fronte a 76,9 millóns pendentes de pago (un 3,8% do total pendente de cobro fronte a un 6,5% do total pendente de pago). A maior diferenza entre ingresos e pagos pendentes prodúcese para os contratos con saldos superiores a 500.000 pesetas: neste grupo temos 290 contratos con saldos pendentes de cobro cun total de 847,5 millóns de pesetas -que representan o 96% do total pendente- e 441 contratos con saldos pendentes de pago cun total de 1.108,1 millóns de pesetas, que representan o 45% dos contratos e o 93% do importe total pendente de execución e pago. En todo caso, a non depuración de saldos pendentes dos contratos, unida á propia dinámica da xestión dos mesmos -que permite a anticipación de ingresos sobre a realización dos gastos- orixina a existencia dun efecto financeiro derivado da xestión dos contratos das universidades sobre a tesourería de Feuga que se traduce no elevado grao de liquidez do que dispón a Fundación e na xeración de importantes recursos financeiros que non reverten ás universidades.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

54

IV. CONCLUSIÓNS En relación co réxime xurídico e de control 4.1. Dada a natureza de ingresos públicos dos fondos administrados pola Fundación derivados da xestión de contratos das universidades e a participación destas nos seus órganos de goberno -con maioría na xunta rectora-, e tendo en conta ademais o importante volume de subvencións recibidas doutras Administracións Públicas, considérase que as actuacións de Feuga en materia de persoal e contratación atópanse sometidas ao estabelecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes. En relación coa organización, planificación, programación e coordinación 4.2. A Fundación conta cun instrumento de planificación denominado Plano estratéxico e operativo, financiado polo IGAPE, respecto do que non foi posíbel avaliar o seu grao de cumprimento, xa que non se atoparon obxectivos cuantificados a través dos indicadores de xestión nos que se determinen para un horizonte temporal concreto uns niveis de xestión a alcanzar pola organización. En relación coas subvencións e a contratación 4.3. Con respecto á subvención concedida polo Ministerio de Industria para o proxecto do edificio Stella-Feuga no marco do Plano de Aforro e Eficiencia Enerxética 1995-1999, a Fundación, a pesar de xustificar un maior importe final de investimento elixíbel, perdeu 10.307.500 pesetas da subvención inicialmente concedida polo Ministerio, debido a que só foi capaz de acreditar 25.988.000 pesetas do investimento elixíbel -77.525.000 pesetas- correspondente á primeira anualidade de 1996, o que pon de manifesto unha inadecuada planificación inicial do proxecto, que en parte se tentou mitigar coa modificación da programación das anualidades previstas da axuda solicitada pola Fundación. 4.4. En relación coa subvención da Xunta da Galicia concedida no marco dun convenio de colaboración entre ámbalas dúas institucións co obxecto de coadxuvar á construción do edificio, debido ás limitacións atopadas na fiscalización dos procesos de licitación realizados pola Fundación non foi posíbel comprobar a existencia -no seu caso- de baixas na adxudicación das obras a efectos de posíbeis reducións proporcionais das aportacións. 4.5. Non se tivo acceso á documentación xustificativa das licitacións realizadas, en ningunha das adxudicacións directas dos contratos para a execución das obras do edificio Stella-Feuga, para a verificación do cumprimento dos principios de publicidade e libre concorrencia nestes procesos nin a razoabilidade das ofertas seleccionadas e a aplicación de criterios de valoración obxectivos. As referidas contratacións foron realizadas completamente á marxe dos principios da contratación pública contidos na Lei 10/1996, do 5 de novembro, amparándose na súa natureza de institución privada sen fins de lucro. Estes feitos parecen compatibilizar malamente co importante

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

55

financiamento público que recibe o proxecto, que supera o 50% do importe dos contratos celebrados. 4.6. Respecto ao pagamento pola Universidade de Santiago da obra complementaria denominada Muro de contención para separación de vial, que foi contratada por Feuga co contratista principal do edificio, non consta ningunha documentación sobre acordos ou convenios polos que a Universidade debera asumir o custo desta obra. Cabe cuestionarse a procedencia de que a USC soporte o devandito custo tendo en conta a obriga da Fundación, como superficiaria da parcela da Universidade, de sufragar os custos de edificación, mantemento e reparación da obra principal, así como das zonas colindantes que formen parte da parcela cedida. Aínda no caso de que correspondera á Universidade asumir os custos destas obras complementarias, tampouco parece xustificábel que esta encargue verbalmente a Feuga a contratación das mesmas. 4.7. A elaboración do Plano estratéxico e operativo (PEO) contrátase directamente coa empresa AT CONSULTORES & AUDITORES -responsábel da auditoría anual das contas da Fundación- por un importe de 5.220.000 pesetas. Sen prexuízo da solvencia técnica do traballo realizado, a adxudicación dun traballo desta natureza á mesma empresa que presta os servizos de auditoría non parece razoábel desde a óptica da independencia que deben ostentar as firmas auditoras con respecto ás entidades que auditan. 4.8. En relación coa xustificación das actividades realizadas ao abeiro do convenio de colaboración subscrito coa Consellería de Economía para o funcionamento de Feuga, o carácter excesivamente xenérico e indefinido dos obxectivos contidos no mesmo imposibilita unha medición do grao de consecución daqueles. De feito, a programación plurianual das axudas por parte da Administración autonómica non se suxeita ao cumprimento dos parámetros cuantificados na consecución dos obxectivos fixados, polo que as xustificacións anuais quedan a expensas de certificar un certo nivel indeterminado de actividade en cada unha delas. Esta relativa laxitude no esquema de xustificación destes fondos contrasta coa documentación esixida para a xustificación da subvención concedida pola Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía no marco do Programa nacional de fomento ao artellamento do sistema de ciencia-tecnoloxía. 4.9. A colaboración de Feuga coa Administración autonómica na xestión do Plano Galego de Investigación e Desenvolvemento (PGIDT) no marco dos respectivos convenios anuais limítase a tarefas de carácter administrativo, aplicando os importes das subvencións percibidas ao pagamento das retribucións e demais gastos por dietas dos xestores de programas designados pola Administración. Desde o punto de vista da Fundación, trátase dun contrato de prestación de servizo de caixa similar aos contratos de I+D xestionados por conta das Universidades, polo que repercute IVA e detrae unha comisión de xestión sen que esta apareza contemplada nos convenios. En calquera caso, a canalización destes fondos públicos a través de Feuga coa finalidade de axilizar os pagamentos de gastos non está xustificada, por tratarse de competencias que corresponden á Administración autonómica na xestión orzamentaria e administrativa daqueles planos. Neste senso, dado que tanto a designación dos perceptores como a

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

56

ordenación e conformidade dos pagamentos realízase pola propia Administración, a través da fórmula convenial prodúcese unha fuxida dos controles públicos inherentes á xestión e aplicación destes fondos, prescindindo dos procedementos orzamentarios estabelecidos. 4.10. En relación coas subvencións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que Feuga vén percibindo desde 1998 como centro asociado do Servizo Galego de Colocación para a realización de actividades de orientación profesional para o emprego, a Fundación non dirixe, nin coordina, nin supervisa ao persoal contratado, que presta os seus servizos en instalacións alleas a Feuga, polo que esta realiza unha función meramente instrumental de provisión e de xestión administrativa de persoal á Administración autonómica para o exercicio das súas competencias. Dáse un elevado grao de permanencia do persoal contratado por sucesivos períodos anuais, ao que se lle rescinde os contratos e se volve a contratar por outro período anual, poñendo de manifesto unha necesidade de servizo público de carácter permanente. En relación coa xestión dos contratos das universidades e o seu control 4.11. En cumprimento da recomendación efectuada por este Consello de Contas no seu informe sobre a Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 1998, esta dotouse dun instrumento xurídico específico para regular as súas relacións coa Fundación. Feuga non intervén na sinatura destes contratos, dado que esta é xestionada directamente pola OTRI da Universidade de Vigo. A Fundación recibe unha relación periódica de contratos que se lle encomendan para a súa xestión económico-administrativa. Existe, pois, un control directo por parte da Universidade sobre estes contratos asinados que se derivan para a súa xestión a Feuga. 4.12. Respecto dos contratos da Universidade de Vigo, constátase unha importante concentración cuantitativa por volume e número de contratos en dez departamentos, que nos tres exercicios considerados concentran máis do 90% do volume contractual e do 70% de contratos. Cabe destacar a importancia dos departamentos de Enxeñería de Recursos Naturais e Materiais e de Organización de Empresas, responsábeis do 48,7% do volume de contratación total e do 42,9% de contratos. Destaca tamén o elevado nivel de concentración por profesor-investigador, dado que 15 profesores -dun total de 56- presentan volumes individuais de contratación superiores a 12 millóns de pesetas anuais e son responsábeis de case o 50% do total de contratos asinados e de máis do 70% do volume económico da xestión delegada de contratos daquela Universidade. O grao de concentración detectado faise máis patente se consideramos que cinco investigadores, con volumes de contratación anual superiores a 30 millóns de pesetas cada un deles, xestionan o 29% dos contratos asinados e o 46% do volume económico. En particular, un só profesor, pertencente ao Departamento de Enxeñería de Recursos Naturais e Materiais, concentra o 9,4% do número total de contratos e o 23,8% do volume económico total.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

57

A preponderancia e importancia cuantitativa dos contratos da Universidade de Vigo co sector privado, que nos tres exercicios da fiscalización supuxeron máis do 80% do volume económico total dos contratos xestionados pola Fundación, son indicativas do nivel de comunicación de Feuga co mundo empresarial. 4.13. Na Universidade de Santiago, a concentración de contratos nos departamentos é menor que na Universidade de Vigo. Neste caso, os dez departamentos con máis volume económico concentran un 70% do volume contractual nos tres exercicios considerados e en torno ao 60% do número de contratos. Tampouco a concentración de volume en poucos departamentos é tan acusada como na Universidade de Vigo, presentando neste caso unha distribución moito máis uniforme. Pola contra, na USC destaca a paulatina importancia dos institutos universitarios de investigación, que no exercicio 2001 concentran preto do 50% do volume da contratación e un 55% do número de contratos xestionados. Este feito pon de manifesto o incremento da compoñente de prestación de servizos de moitos dos contratos asinados coas empresas e entidades demandantes. Desde o punto de vista da contratación por profesor, constátase que 15 profesores -dun total de 26- presentan volumes individuais de contratación superiores a 8 millóns de pesetas anuais e son responsábeis do 71% do volume total de contratación e de preto do 50% do número de contratos, o que supón un menor grao de concentración que na Universidade de Vigo. Entre eles, os cinco primeiros concentran o 38% do volume total con tan só un 19,2% dos contratos. Destacar que un só investigador, pertencente ao Instituto de Investigación e Análise Alimentaria, concentra o 10,1% do número de contratos subscritos e un 11% do volume de contratación. A tendencia crecente da compoñente pública da demanda de contratos da Universidade de Santiago, que pasa de representar o 21,3% do volume económico total da contratación en 1999 ao 33,5% en 2001, reflicte que o volume económico de demanda pública de contratos triplica, en termos proporcionais, ao da Universidade de Vigo. Neste senso, constátase ademais unha maior dependencia de Feuga con respecto á xestión de contratos da USC con entidades do sector público autonómico, que concentra en torno ao 70% do volume total de contratos de demanda pública. O importe medio dos contratos de demanda pública é tres veces maior que nos de privada: 6,2 millóns de pesetas nos primeiros fronte a 2,3 millóns de pesetas nos segundos. 4.14. A Universidade da Coruña xestionou a través da Fundación, un total de 17 contratos novos por un valor económico de 53,76 millóns de pesetas. Deste volume, sete contratos corresponden ao Departamento de Química Analítica, que concentra o 54,1% do total da facturación do período. Este carácter residual para Feuga da xestión dos contratos da Universidade da Coruña, que para o período considerado tan só alcanzan o 1,8% do número total e o 2% do volume total de recursos económicos, hai que poñelo en relación co feito de que a UDC conta cunha fundación propia adicada aos mesmos fins que Feuga.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

58

4.15. Con carácter xeral, en tódolos expedientes examinados de contratos das tres universidades existen importantes debilidades de control, derivadas da falta de normalización dos procedementos de xestión empregados, que no caso dos contratos das universidades de Santiago e da Coruña vense acentuadas pola falta dun convenio marco que regule as súas relacións coa Fundación. Non se aplica un criterio claro para a cualificación xurídica do vínculo obrigacional como contrato ou convenio cando o cliente é unha entidade pública. Este feito ten unha especial relevancia a efectos da suxeición das operacións dimanantes do mesmo ao Imposto sobre o Valor Acrescentado (IVA), así como para a determinación do réxime de contratación aplicábel ao cliente público. Así, a figura convenial pode encubrir verdadeiros contratos de prestación de servizos subministrados polas universidades a través da Fundación, que se adxudican directamente pola Administración a aquelas sen suxeitarse aos principios e á normativa de contratación pública. 4.16. En relación ao procedemento de execución dos gastos, cabe destacar a falta de garantías no recoñecemento das obrigas e de rigor na planificación dos pagos, derivados ambos aspectos da existencia de múltiples ordenadores de gasto nas figuras dos profesores-investigadores dos proxectos. Feuga non realiza ningún tipo de verificación da materialidade do gasto ordenado, e tampouco leva un control orzamentario para axustar os gastos realizados aos orzamentos que acompañan os contratos aprobados. 4.17. Debido ás limitacións recollidas neste informe, non foi posíbel verificar o cumprimento dos límites estabelecidos polo Real decreto 1930/1984, do 10 de outubro, -modificado polo Real decreto 1450/1989, do 24 de novembro- e os respectivos regulamentos das universidades para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico e desenvolvemento de cursos de especialización sobre as retribucións percibidas polos profesores-investigadores e o PAS con cargo aos contratos xestionados por Feuga. En relación coa xestión de bolsas 4.18. No exercicio 2001 destaca a preponderancia da demanda de bolseiros por empresas do sector privado sobre a de entes do sector público. Debido ás limitacións recollidas no presente informe, a fiscalización circunscribiuse ao exame das bolsas de demanda pública. Na composición desta, cabe sinalar o importante peso da CRTVG e do IGAPE, que representan entre ambas entidades o 72,3% do número de bolsas ofertadas polas entidades públicas e o 77% do volume económico das mesmas. Debido á falta de aportación documental suficiente, non foi posíbel verificar o proceso de selección dos bolseiros na totalidade dos expedientes seleccionados. En ningún dos convenios asinados coa CRTVG consta a comisión de xestión do 7% que Feuga lle repercute incluída no custo das bolsas, nin se determina tampouco o importe bruto da compensación económica aos bolseiros.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

59

En relación coa área económico-financeira 4.19. Debido ás limitacións atopadas no desenvolvemento dos traballos de campo, non foi posíbel verificar os criterios de contabilización empregados para a aplicación das subvencións de capital en proporción ás depreciacións experimentadas polos elementos do activo material e inmaterial. 4.20. Feuga contabiliza axudas recibidas da Administración para a súa actividade utilizando o mesmo esquema que para os contratos das universidades, isto é, sen aplicalas ao resultado do exercicio. Esta práctica desvirtúa a imaxe fiel que debe desprenderse das contas anuais da entidade. 4.21. Na evolución dos ingresos da Fundación destaca o relativo estancamento das cotas de usuarios e afiliados, que permanecen en torno a 16 millóns de pesetas anuais pero perden peso porcentual no total dos ingresos anuais, pasando dun 18% en 1999 a un 13% no ano 2001. É resaltábel tamén o importante peso relativo dos ingresos financeiros, que supoñen un 10% dos totais, así como a práctica inexistencia de gastos financeiros nos exercicios 2001 e 2000. Detéctase unha tendencia crecente dos gastos de persoal a partir do exercicio 2001 e unha tendencia tamén ascendente dos gastos de amortizacións e provisións de bens e servizos. 4.22. A non depuración de saldos pendentes dos contratos, unida á propia dinámica da xestión dos mesmos -que permite a anticipación de ingresos sobre a realización dos gastos-, orixina a existencia dun efecto financeiro derivado da xestión dos contratos das universidades sobre a tesourería de Feuga que se traduce no elevado grao de liquidez de que dispón a Fundación e na xeración de importantes recursos financeiros que non reverten ás universidades. 4.23. Feuga non efectúa unha liquidación dos xuros obtidos polos fondos derivados dos contratos das universidades -prevista no convenio coa Universidade de Vigo-, polo que se produce unha atribución de ingresos públicos que corresponderían a aquelas, ademais dun aforro inducido pola nula necesidade de endebedamento bancario. V. RECOMENDACIÓNS En relación coa organización, planificación, programación e coordinación 5.1. Os instrumentos de planificación estratéxica deberían incorporar na súa vertente operativa obxectivos cuantificados que permitan a avaliación do grao de eficacia e eficiencia na consecución dos mesmos.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

60

En relación coas subvencións e a contratación 5.2. A Fundación debe evitar encargar a elaboración de documentos de planificación estratéxica e operativa á mesma empresa responsábel dos traballos e informes de auditoría da entidade. 5.3. O esquema de xustificación das axudas para funcionamento da Fundación concedidas pola Consellería de Economía e Facenda ao abeiro dun convenio de colaboración asinado por ámbalas dúas partes debería contemplar un maior rigor no estabelecemento de parámetros cuantitativos que permitan medir o grao de cumprimento dos obxectivos e fins para os que se outorga o referido apoio financeiro. 5.4. A Administración autonómica debe absterse da utilización meramente instrumental dos servizos da Fundación para a execución de gastos que corresponden ás súas competencias de xestión orzamentaria e administrativa. En relación coa xestión dos contratos das universidades e o seu control 5.5. A Fundación debe incrementar o seu control interno a través da normalización dos procedementos de xestión dos contratos das universidades. 5.6. Na xestión do gasto, Feuga debe implementar un control orzamentario para axustar os gastos realizados aos orzamentos aprobados, esixindo maior rigor na conformidade dos documentos xustificativos dos mesmos, e evitando a agregación de proxectos distintos nunha única partida contábel, así como a imputación de gastos dun proxecto a outro diferente. 5.7. As universidades, como membros dos órganos de goberno da Fundación, deben adoptar as medidas oportunas para un maior grao de control e transparencia na xestión e aplicación dos seus ingresos por contratos xestionados por Feuga. En relación coa área económico-financeira 5.8. Feuga debería proceder periodicamente á depuración da subconta (4400) Debedores, facturas pendentes de formalizar, correspondentes a proxectos con saldos pendentes de execución, aos efectos de que as contas reflitan a realidade dos mesmos. 5.9. A Fundación debería estender con carácter xeral para todas as universidades a obriga contida no convenio marco asinado coa Universidade de Vigo pola que procede efectuar periodicamente unha liquidación de xuros derivados da anticipación dos cobros dos contratos.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

61

En relación coa suxeición de Feuga á Lei 10/1996 5.10. Debido á falta de colaboración e reticiencias amosadas polos responsábeis da Fundación en relación coa aplicación das disposicións da Lei 10/1996, do 5 de novembro, e o réxime de control por parte deste Consello de Contas estabelecido na mesma, recoméndase que por parte dos órganos competentes -en especial, o Protectorado da Fundación- se adopten as medidas oportunas en orde a esixir á Fundación o cumprimento das obrigas derivadas da aplicación daquela norma.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

62

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

63

ALEGACIÓNS FORMULADAS POLA FUNDACIÓN EMPRESA-UNIVERSIDADE GALEGA (FEUGA) AO INFORME DE FISCALIZACIÓN CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2001

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

64

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

65

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

66

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

67

RÉPLICAS DO CONSELLO DE CONTAS ÁS ALEGACIÓNS FORMULADAS POLA FUNDACIÓN EMPRESA-UNIVERSIDADE GALEGA (FEUGA) AO INFORME DE FISCALIZACIÓN CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2001

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

68

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

69

RÉPLICAS ÁS ALEGACIÓNS FORMULADAS POLA FUNDACIÓN EMPRESA-UNIVERSIDADE GALEGA (FEUGA) AO INFORME DE FISCALIZACIÓN CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2001, ELABORADO POLO CONSELLO DE CONTAS CON DATA 27 DE FEBREIRO DE 2004 En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, aprobado pola Mesa do Parlamento de Galicia o día 31 de xaneiro de 1992 e publicado no BOPG nº 243, do 28 de febreiro de 1992, o director xerente da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), no prazo sinalado no escrito de remisión do informe de fiscalización do Consello de Contas relativo ao exercicio 2001, formulou as correspondentes alegacións. Estas se conteñen nun documento de 2 páxinas que se xuntan ao informe de fiscalización do Consello de Contas. A orde estabelecida no escrito de alegacións é correlativa á numeración do informe remitido. Con relación ao seu contido e tratamento, independentemente das aclaracións e puntualizacións que en cada caso figuran nas réplicas, é necesario sinalar con carácter xeral que, excepto nos casos concretos que así o requiran, o Consello de Contas non valora as alegacións que confirmen deficiencias ou irregularidades sinaladas no informe, ou aquelas que expoñan criterios e opinións sen soporte documental ou normativo ou ben que non rebatan o contido do informe, senón que se trate de explicacións ou xustificacións sobre as actuacións da entidade fiscalizada. Réplica ás alegacións ao punto 1.10 referido ao ámbito competencial do Consello de Contas para a fiscalización da entidade. Alégase que a Fundación é unha entidade de carácter non lucrativo sometida ao dereito privado, sen ningunha participación na súa dotación fundacional da Xunta de Galicia, polo que se considera que non lle é de aplicación a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entidades e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia. Por outra parte, considérase que Feuga tampouco encaixa no suposto de suxeición ao réxime de control do Consello de Contas, contemplado no apartado b) do artigo 1 da citada Lei 10/1996, dado que non se cumpren de xeito simultáneo as dúas condicións de que os seus ingresos proveñan maioritariamente de subvencións da Comunidade Autónoma galega e que a Comunidade Autónoma forme parte dos seus órganos de goberno. Coa Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entidades e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, introdúcese un importante cambio no réxime xurídico do deber de render contas ao Consello por parte das fundacións. Segundo a Exposición de Motivos de dita Lei “coa pretensión da maior e mellor transparencia, considérase adecuado someter as fundacións a que se refire a Lei á fiscalización do Consello de Contas, sen que iso implique a súa inclusión na conta xeral da Comunidade Autónoma, debendo dito órgano dar conta do seu informe ao Parlamento de Galicia”. A plasmación no texto legal destes propósitos fíxose no artigo 12 en relación co disposto no artigo 1 apartado b) da mesma Lei. É certo que Feuga non se atopa no caso contemplado na letra a) do artigo 1 dado que a mesma non foi constituída maioritariamente ou na súa totalidade por aportacións da

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

70

Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, polos seus organismos autónomos ou entidades de dereito público vinculados ou dependentes. No informe sinálase a suxeición da Fundación ás disposicións da Lei 10/1996, do 5 de novembro e ao réxime de control por parte deste Consello de Contas, por estar esta comprendida no caso recollido na letra b) do citado artigo, de fundacións con ingresos que proveñen maioritariamente de subvencións con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, sempre que a Comunidade Autónoma forme parte dos seus órganos de goberno ou dirección. As referencias á Comunidade Autónoma enténdense estendidas ás Universidades galegas, dado que estas son institucións da Comunidade Autónoma financiadas maioritariamente con recursos procedentes dos orzamentos xerais da Xunta de Galicia. Feuga cumpre simultaneamente as dúas condicións esixidas pola Lei 10/1996, dado que por unha parte as Universidades participan nos órganos de goberno e dirección da entidade, Padroado e xunta rectora, e por outra, os ingresos da Fundación proveñen maioritariamente de subvencións públicas das Universidades e doutras administracións públicas. Con independencia dos criterios de contabilización seguidos pola Fundación, esta recibe no exercicio 2001, entre outras, as seguintes subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (importes en pesetas): Órgano concedente Finalidade Importe Cons. de Familia e Prom. do Emprego Orientación prof. para o emprego 281.108.124Cons. de Economía e Facenda Subvención ao funcionamento 3.000.000Secretaría Xeral de I+D Seguimento do PDGTI 20.000.000 Total de Subvencións recibidas 304.108.124 O importe total destas subvencións recibidas por Feuga de 304.108.124 pesetas supera con moito os 6.507.722 pesetas contabilizados pola Fundación no exercicio 2001, e supón máis do dobre dos ingresos totais imputados ao mesmo. En relación aos ingresos por subvencións da Comunidade Autónoma correspondentes aos exercicios 1999 e 2000, acreditouse a concesión de diversas axudas pola Consellería de Familia e pola Secretaría Xeral de I+D para as mesmas finalidades xa sinaladas, comprobándose que para o exercicio 2000 foron concedidas axudas da Consellería de Familia para o programa de Orientación profesional para o emprego por importe de 207.709.950 pesetas, o que supón o 66,1% dos ingresos de Feuga nese ano. No exercicio 1999 a Fundación foi beneficiaria, entre outras, dunhas subvencións de Familia e da Secretaría Xeral de I+D+I por importes de 128.040.000 e 24.125.970 pesetas respectivamente, que supoñen o 62,6% dos ingresos da Fundación nese exercicio. Por outra parte, a Fundación xestiona e aplica os ingresos derivados dos contratos do artigo 11 da antiga Lei de Reforma Universitaria (LRU). Estes ingresos son de titularidade pública de acordo co estabelecido no artigo 54.3.e) da LRU -actualmente regulado no artigo 81.3.f) da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro -, e pertencen ás Universidades, polo que non cabe a atribución directa dos mesmos a Feuga.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

71

Nótese así mesmo, que o principio de unidade orzamentaria aplicábel á xestión económico financeira das Universidades obriga a súa aplicación, contabilización e control a través dos orzamentos das mesmas, de xeito que se de entrada a estes recursos nos correspondentes conceptos do orzamento de ingresos e, no seu caso, se proceda á xeración das partidas de gasto asociadas. No suposto no que se decida a xestión dos contratos a través da Fundación -e non a través dos seus propios servizos administrativos especializados-, as Universidades deben transferir en concepto de subvencións con cargo ás partidas de transferencias que correspondan os importes derivados dos ingresos recibidos. Deste xeito, Feuga convértese en receptor de fondos públicos no marco dunhas subvencións das Universidades -que reúnen os requisitos esixidos polo artigo 78.2 do Texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro-, correspondentes aos ingresos de titularidade pública derivados dos contratos do artigo 11 da LRU -actualmente artigo 83 da LOU- xestionados por ela. Polo que, as alegacións formuladas non poden ser tomadas en consideración por este Consello de Contas, e non supoñen a modificación do informe. Réplica á alegación ao punto 2.4 referido ás limitacións aos traballos de fiscalización desenvolvidos. Alégase que a colaboración prestada polos responsábeis da entidade á fiscalización realizada polo Consello de Contas foi tremendamente xenerosa, e que aquel, despois de sinalar unhas áreas concretas de fiscalización excedeuse cada vez máis nos contidos, véndose obrigados os responsábeis de Feuga a advertirlles da súa incompetencia para ampliar o alcance da fiscalización. E que ademais facilitaron toda a documentación solicitada en relación coas subvencións recibidas, non só da Comunidade Autónoma, así como todos os expedientes requiridos dos contratos coas Universidades. No informe sinálase que debido ás reticencias amosadas polos responsábeis da entidade ao exercicio do control por parte deste Consello de Contas, o ámbito do mesmo circunscribiuse con carácter inicial ás subvencións públicas recibidas por Feuga e ao exame do conxunto dos contratos das Universidades do artigo 11 da LRU e que despois da comprobación das referidas áreas, en especial a de subvencións, considerouse a extensión do ámbito da presente fiscalización á totalidade da actividade da Fundación, no marco da suxeición plena á Lei 10/1996, do 5 de novembro, conforme ao programa anual de traballo para o ano 2003, aprobado por acordo do Pleno do Consello de Contas do 16 de decembro de 2002. Non lle corresponde ao contadante determinar a competencia do Consello de Contas para a fixación do ámbito da fiscalización e moito menos a súa suxeición ou non ao réxime de control regulado pola Lei 10/1996. Porén ven obrigado pola normativa vixente a colaborar en todo aquelo no que sexa requirido polo órgano de control externo.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

72

A falta de colaboración debida polos responsábeis da Fundación queda reflitida no informe polo conxunto de limitacións no acceso por parte do equipo auditor deste Consello aos documentos daquelas áreas consideradas polo contadante, de motu propio, excluídas do ámbito da fiscalización, e que nalgún caso -como o da petición de información fiscal relativa a retencións practicadas, operacións con terceiros e declaracións de IVA- chega á denegación por escrito. Cabe, con todo, sinalar a responsabilidade na que poden incorrer os contadantes polo incumprimento do deber de colaboración co órgano de control externo, de acordo co estabelecido no artigo 43.2 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, aprobado pola mesa do Parlamento de Galicia o día 31 de xaneiro de 1992, sen prexuízo da posta en coñecemento do Parlamento de Galicia da falta de colaboración dos obrigados a prestala. Polo que, a alegación formulada non pode ser tomada en consideración, e non supón modificación do informe.

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

73

CONTAS ANUAIS FORMULADAS POLA FUNDACIÓN EMPRESA UNIVERSIDADE GALEGA (FEUGA) CORRESPONDENTES AOS EXERCICIOS ANUAIS REMATADOS O 31 DE DECEMBRO DE 2001, 2000, E 1999

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

74

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

75

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

76

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

77

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

78

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

79

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

80

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

81

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

82

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

83

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

84

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

85

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

86

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

87

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

88

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

89

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

90

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

91

Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)

92