lecturas e profes

22
2010 ANO DA LECTURA E DO LIBRO OS PROFES E AS SÚAS LECTURAS BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN MAIO 2010 Guía de libros e de lecturas seleccionadas polo profesorado do IES POETA AÑÓN de OUTES

Upload: ies-poeta-anon

Post on 17-Mar-2016

246 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Selección de lecturas e libros feita polo profesorado do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña)

TRANSCRIPT

Page 1: LECTURAS E PROFES

2 010 A N O DA

L E C T U R A E D O

L I B R O

OS PROFES E AS SÚAS LECTURAS

BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN

MAIO 2010

Guía de libros e de lecturas

seleccionadas polo profesorado do

IES POETA AÑÓN de OUTES

Page 2: LECTURAS E PROFES

AMPARO

(Xeografía e Historia)

LA COLMENA

(Camilo José Cela)

Un dos primeiros libros “serios” dos que lembro o seu impacto emocional é “La Colmena”, quizás porque o lin moi nova, levada pola curiosidade provocada por un profesor que en 8º de EXB nos falaba continuamente del. Gustoume e marcoume porque para min, que viña dunha literatura xuvenil sinxela, supuxo o encontro cunha nova literatura, novos temas, novas formas narrati-vas, persoaxes…

Page 3: LECTURAS E PROFES

EL CLAN DEL OSO CAVERNARIO

(Jean M. Auel)

Este libro trata da convivencia nun período da prehistoria dos neanderthais e cromagnons. Des-pois dun gran terremoto unha nena neanderthal queda sen familia e é acollida por un clan Cro-magnon onde a vida transcorre de forma diferen-te...

O máis sorprendente deste libro é a dificultade das relación humanas que se dan: a dificultade na aceptación das diferencias, a envexa e os ciu-mes. Tamén me sorprendeu a importancia da co-operación e da crenza en algo ou alguén para a supervivencia.

ANTÓN

(Relixión )

Page 4: LECTURAS E PROFES

CLARA

(Lingua e Literatura Españolas)

ENDEREZO DESCOÑECIDO

(Kressmann Taylor)

A través da correspondencia entre dous vellos

amigos, un residente en Estados Unidos e outro

en Alemaña, vemos a diferente percepción que

estes teñen do nazismo no momento do ascenso de

Hitler ó poder, e ademais como esa visión inflúe

nas súas relación persoais.

Page 5: LECTURAS E PROFES

LA SONRISA ETRUSCA

(J.L. Sampedro)

Gustoume moito pola temática variada que toca

(relacións interxeracionais, a guerra, o contraste

entre a vida no campo e na cidade), dun xeito

moi ben narrado e cun estilo moi elegante.

DANIEL

(Física e Química)

Page 6: LECTURAS E PROFES

DOLORES

(Inglés)

ENSAYO SOBRE LA CEGUERA

(J. Saramago)

Lin este libro fai uns anos, e me impresionou non

só polo que conta sinón tamén por como o conta.

Aínda que ó principio pode chocar o seu estilo,

sen división en parágrafos, conseguiu enganchar-

me totalmente ata o final.

A trama é como un pesarelo, como un mal soño

no que o protagonista perde a visión de repente.

É un libro que che emociona é che estremece ven-

do as reaccións da xente en situacións “límite”.

Page 7: LECTURAS E PROFES

CON OJOS DE NIÑO

(Tonucci)

É un libro moi divertido, con moita ironía, fácil de ler e á vez fainos reflexionar. O autor utiliza o cómic e o debuxo para contar historias da vida na escola , a familia e os amigos.

¡Anímate a léelo!, verás como quererás ler outros do autor pois haberá situacións nas que te verás reflexado.

ELVIRA

(Pedagoxía Terapéutica)

Page 8: LECTURAS E PROFES

FERNANDO OTERO

(Tecnoloxía)

COMETAS EN EL CIELO

(Khaled Hosseini)

Gustoume polo xeito que ten de reflectir o valor

da amizade. É un libro cheo de sentimentos, con

partes duras pero no que por riba de todo preva-

lece a amizade.

Page 9: LECTURAS E PROFES

A ODISEA

(Homero)

Gustoume o libro porque narra a vida dun pobo-o

grego-que nos deixou na nosa cultura un impor-

tante legado, sobre todo na lingua.

JAVIER

(Xeografía e Historia)

Page 10: LECTURAS E PROFES

JOSE

(Administrativo)

VAGABUNDO EN AFRICA

(Javier Reverte)

Entre as miñas lecturas favoritas atópanse os libros de viaxes de Javier Reverte. “Vagabundo en África” foi o primeiro que lin del. O autor narra o seu percorrido po-la África meridional e central. Con poucos recursos, e case que un mochileiro, descóbrenos as dificultades da realidade que viven as xentes dese continente, coas que se viaxa nun estreito contacto. En paralelo á narración do seu viaxe o autor tamén nos despraza no tempo con-tándonos os feitos históricos que sucederon nos lugares que visita: as guerras anglo-bóers, o conflicto entre hu-tus e tutsis, e as aventuras dos exploradores europeos do XIX entre outros. E unha boa panorámica da reali-dade e da historia de África. Recomendable para xente curiosa.

Page 11: LECTURAS E PROFES

OS DOUS DE SEMPRE (Castelao)

Marcou un feito importante na miña vida: a descuber-ta da existencia de literatura en lingua galega, enga-dindo ademais o feito de tratar unha temática "nosa", falar da xente humilde, con problemáticas comúns ás que nós viviamos. Cando eu xa tiña asumido que a lin-gua para falar entre nós era o galego e que para falar con certas persoas, para escola, para ler e escribir, se utilizaba o castelán, chega un mestre cun libro escrito EN GALEGO! Na escola, un libro en lingua galega! Esperabamos con ansia as tardes do venres, non por re-matar a semana, senón porque era o día escollido por Don Manuel Otero Novio para lernos cada tarde un capítulo de Os dous de sempre, que todos nós escoitaba-mos con admiración e silencio. Sabendo da existencia deste libro tiven claro que regalo pedir aos Reis Magos. Aínda conservo ese libro que os reis me deixaron por medio de miña irmá, que se levou unha desilusión ao saber que eu xa lera (escoitara)"de que ía". A min non me importaba que dicía, porque o bo dun libro non é o que di, senón como o di.

MANUELA

(Lingua e Literatura Galega)

Page 12: LECTURAS E PROFES

MARÍA

(Plástica )

EL PERFUME

(Patrick Süskind)

Foi un libro que me sorprendeu moi agradablemente.

Descubrino na miña época de estudante a unha idade

na que todo parece que flúe velozmente ao teu arredor,

neses tempos nos que cres que todo escapa e non te dás o

capricho de mirar para as cousas miúdas porque pare-

ce que o mundo acaba e o vas perder.

Despois de lelo, volvinme máis exploradora dos senti-dos, comecei a mirar o mundo que me rodeaba de for-ma diferente, nova, máis gozada, empecei a adicar máis atención a ese algo máis que está en todo o que nos rodea e que antes non percibía dunha forma consciente. Foi un DESPERTAR DOS SENTIDOS.

Page 13: LECTURAS E PROFES

MERCEDES LAMAS

(Bioloxía )

EL ÚLTIMO ENCUENTRO

(Sandor Márai)

Me gustó porque analiza las razones que llevaron

a la ruptura de una buena relación de amistad

que duraba desde la infancia.

Page 14: LECTURAS E PROFES

LA FEA BURGUESÍA

(Miguel Espinosa)

Un libro recomendable pola súa prosa diferente,

rica e orixinal. Polo seu contido crítico dunha so-

ciedade, a franquista, chea de inxustizas e medio-

cridade

MERCEDES NÓVOA

(Lingua e Literatura Castelá )

Page 15: LECTURAS E PROFES

NOELIA

(Conserxe )

A NOSA CINZA

(Xabier Alcalá)

Foi o primeiro libro “serio” que lin con 16 anos. Pareceume tan longo que pensei que non ía pode-lo rematar, pero cando cheguei ó final pareceume demasiado curto. A partires deste libro atrevin-me con calquera lectura.

Page 16: LECTURAS E PROFES

NONI

(Lingua e Literatura Galega)

LA HISTORIA INTERMINABLE

(Michael Ende)

É un deses libros que lin sen ser obrigado e me en-cantou

Page 17: LECTURAS E PROFES

PACA

(Inglés)

EL ALQUIMISTA

(Paulo Coelho)

“El Alquimista “ conta as aventuras de Santiago, un ne-no pastor que deixa o seu rebaño e viaxa en busca dun tesouro. Durante a viaxe ensínanos o importante que é escoitar o que nos dicta o noso corazón, e tamén nos en-sina a descifrar unha linguaxe que nos mostra aquelo que os ollos non poden ver. O libro está cheo de soños e dos medios que empregamos para cumprilos.

Gustoume moito, é un dos meus libros favoritos e re-coméndoo porque me parece un conto máxico, cheo de valores como a perseverancia , a confianza, a honradez a sinceridade, a felicidade , o amor e o respeto. Apren-demos que estes valores deben formar parte das nosas vidas e que con esforzo e coraxe podemos cumprir os nosos soños.

Page 18: LECTURAS E PROFES

PEPE

(Lingua e Literatura Castelá)

SEDA (Alessandro Baricco)

Encantoume pola forma que ten de escribir Ales-

sandro Baricco, polo seu lirismo e poesía á hora

de falar da busca de amor do protagonista. É un

relato moi sinxelo e moi fácil de ler.

Page 19: LECTURAS E PROFES

MEMORIAS DUN NENO LABREGO (X. Neira Vilas)

Xa me gustaron as primeiras frases:

“BALBINO. Un rapaz de aldea.. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tu-sa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña”

Fixéronme reflexionar, pensar no mundo que ha-bía ó meu arredor. Era unha forma de darlle voz ,en galego, aos que non a tiñan. Daquela moi-tos non éramos conscientes da existencia de dúas linguas…

ROSA

(Xeografía e Historia)

Page 20: LECTURAS E PROFES

LOS TRES MOSQUETEROS

(A. Dumas)

Encántame toda a literatura de aventuras e me-

terme na pel dos seus persoaxes. Foi un dos pri-

meiros libros que lin e que me resultou entretido

de principio a fin. A primeira versión que lin era

un conto ilustrado e en canto puden, lin a versión

completa.

TOÑO

(Educación Física)

Page 21: LECTURAS E PROFES

MADAME BOVARY

(G. Flaubert)

Leí este libro por primera vez, hace 20 años. Fue

el primer personaje de ficción con el que me iden-

tifiqué plenamente a pesar de no tener nada que

ver conmigo. Este libro me enseñó que la literatu-

ra te permite experimentar todo tipo de emocio-

nes en situaciones que nunca vivirías en tu vida

real.

VALÉRIE

(Francés)

Page 22: LECTURAS E PROFES

2 010 A N O DA

L E C T U R A E D O

L I B R O e n ga l i c i a