libro luis seoane

60
Luís Seoane Textos sobre deseño

Upload: paula-millara

Post on 26-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Asignatura Tipografía e Artes Gráficas

TRANSCRIPT

Page 1: Libro Luis Seoane

Luís Seoane

Textos sobre deseño

Page 2: Libro Luis Seoane

Deseño e maquetación: Paula Míllara RolánTipografía empleada:Portada: Futuro Bold 53pt interlineado 22 pt / Bembo Bold 20 pt interlineado 22 pt.Encabezamientos: Futura Bold 25 pt interlineado 20 pt / Bembo Italic 17 pt interlineado 20,4 ptTextos: Bembo Regular 17 pt interlineado 20 pt Todos os textos que aparecen nesta publicación foron extraídos do caderno Alicerces nº18, editado polo Museo do Pobo Galego no ano 2010 , agás o Manifesto do Laboratorio de Formas, que foi extraído dunha separata incluída no nº1 dos ‘Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia’, editado por Edicións do Castro no ano 1970. © dos textos: Fundación Luís Seoane© das imaxes: Os seus autores

Esta publicación é o resultado dun exercicio práctico da asignatura ‘Pu-blicidade, Artes Gráficas e Tipografía’, impartida no 4º curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra. Esta publicación ten un obxectivo exclusivamente didáctico e non comercial.

Page 3: Libro Luis Seoane

Índice

Libros e autores galegos 5

Dúas imprentas e as miñas tapas 28

Breve crónica en relación comigo e as artes gráficas 43

Manifiesto del Laboratorio de Formas de Galicia 56

Page 4: Libro Luis Seoane
Page 5: Libro Luis Seoane

5

LIBROS E AUTORES GALEGOS

Primeira exposición organizada polo Centro Galego de Bos Aires

Día de Galicia de 1948

Page 6: Libro Luis Seoane
Page 7: Libro Luis Seoane

7

BREVE HISTORIA DO LIBRO GALEGO

Galicia, un dos pobos máis antigos da Península Ibé-rica e que máis aportaron á historia da súa cultura,

non podía deixar de conservar, por medio do libro e a través do tempo, o pensamento dos seus homes máis ilustres. Por isto, a Xunta Directiva do Centro Galego de Bos Aires, de acordo coa súa Comisión de Cultura, ao organizar esta primeira mostra do libro galego, sen poder contar para iso coa riqueza bibliográfica que se conserva en Galicia, e recorrendo aos escasos exempla-res que se gardan nesta cidade, espera dar sen embar-go ao público culto de Bos Aires idea aproximada do valor do libro en Galicia, así coma salientar o extraor-dinario aporte deste país á cultura da Península Ibérica.

Page 8: Libro Luis Seoane

8

Non contando, como non se conta neste caso, co apoio de entidades oficiais nin, por conseguinte, con envíos desde Galicia de exemplares raros, esta exposición non se debe de considerar, senón coma un primeiro intento destinado a ser superado nos anos vindeiros. En Ga-licia existen verdadeiras xoias bibliográficas, entre elas algúns códices exemplares, dos que, dos seus miniados, detalles ornamentais, caligrafía, etc., limitarémonos a dar o seu aspecto fotográfico. Agardamos, pois, que nos anos próximos, logo deste intento primeiro, se realice máis completa unha nova mostra do libro galego. Con respecto a esta primeira exposición é suficiente, para a entidade organizadora, con que o público arxentino nos acompañe coa súa curiosidade e a súa simpatía.

Da máis antiga Galicia celta, aquela que conquista-ron os romanos, non se conservan obras escritas. Sábese polos historiadores latinos que os galegos tiñan unha literatura oral, que por desgraza non se conservou e a penas nos queda memoria das primeiras obras que se fixeron nos comezos da Idade Media.

Foron os monxes, antes de que a imprenta entrase en Galicia, quen se dedicaron á copia de Códices e por eles quédannos fragmentos dalgúns himnos compostos

Page 9: Libro Luis Seoane

9

polos poetas discipulos do herexe galego Prisciliano, os once opúsculos deste, así como a memoria dalgúns daqueles homes de letras que o acompañaban, coma é o caso do poeta Arxirio. No século IV florecen dous grandes escritores galegos, o historiador Paulo Orosio, natural da Galicia Bracarende, autor do Cronicón que relata a invasión dos suevos en Galicia. Desta época é o curioso libro titulado De Peregrinatione silvae, da monxa galega Eteria, obra incompleta traducida no século XIX a distintos idiomas europeos e que relata a peregrinación desta santa muller galega á península arábiga, onde estivo ao pé dos montes Sinaí e Nebo visitando a tumba do apóstolo Tomás e do rei Abgar, así como

Miniaturas do Libro de horas de Fernando I, do século XI, que se conserva na Biblioteca da Universi-dade de Santiago de Compostela

Page 10: Libro Luis Seoane

10

conta a súa viaxe a Carres para venerar a memorio do patriarca Abrahám e as súas visitas despois a Exipto, Mesopotamia e Dumea antes de retirarse a escribir estas memorias na cidade de Constantinopla. Do século VII consérvase o libro do monxe galego San Valerio, titulado Ordo Qureimonia e logo das invasións árabes que se deteñen en Galicia, pero que paralizan toda manifestación literaria e cultural, aparece o Epitalamio da princesa galega Leodegunda, filia do rei de Galicia Ordoño II, e o poema do bispo compostelán Munio Afonso De Consolatione Rationis. No século IX florece en Galicia unha escola de Códices na que se destacan, ademais do monxe galego Fritoso, o pictor que ilumina o libro de rezos de Fernando I con preciosas miniatura, a escritora Leodegundia de Bobadela que escribe os seus tratados en caracteres suevo-galaicos e da que se conserva a súa obra na Biblioteca do Escorial, ademais doutros monxes coma Estevo de Celanova, Trasmondo de Samos e o bispo de Mondoñedo Rudecindo. Neste século IX o diácono Miguel recompilou o Códice dos Concilios coñecido por Códice Lucense, desaparecido no incendio do Escorial, pero do que se supón que existen copias na Biblioteca do Vaticano. De finais do século XI é a primeira composición poética universal de Galicia

Page 11: Libro Luis Seoane

11

convertida máis tarde na oración máis fermosa dos católicos co nome de Salve Regina e o seu autor é o bispo de Compostela procedente das montañas de Curtis, San Pedro de Mezonzo1.

Anterior a todos eles e acusado de priscilianista é o teólogo Bachiario, que escribiu en Roma Confessio fidei e De Reparationes Lapsi. En Santiago, Bernardo deu comezo á primeira historia da súa igrexa, monumento literario importantísimo ao que debemos grande parte dos coñecementos que temos sobre as orixes e primeiros bispos de Compostela, titulado Crónica Compostelana.

No século XI Walfrido publica a súa Crónica e Or-doño, prior de Celanova, a súa Vida de San Rosendo.

Pasadas esas épocas fóronse publicando traducións ao galego de distintas obras célebres do mundo medie-val, ou compilacións legais que hoxe son documentos importantes para fixar o esplendor do idioma galego, como ocorre cos Diálogos de San Gregorio, A lenda Áurea, de Pedro de Voráxine; a Crónica Troiana da que se fixo unha espléndida edición dirixida por Martínez Salazar

1. As fontes de documentación histórica atribúen a autoría do ‘Salve Regina’ a diferentes autores. Consultar artigo na Wikipedia (http://es.wikipedia.org/wiki/Salve_Regina) [Último acceso 09.12.2012]

Page 12: Libro Luis Seoane

12

en 1900 na Coruña e da que temos un exemplar nesta expo-sición. Ata os séculos XIV ou XV, pódense fixar as distintas datas en que se fixeron estes Códices, ás que hai que engadir as traducións das Partidas, códi-go legal ordenado por Afonso X o Sabio, e do Foro Xulgo. Tamén dos séculos XIV ou XV é o Flos Sanctorum, historia da Igrexa de Iria escrita en galego, obra de Rui Vázquez da que existe un exemplar na Biblioteca da cate-dral compostelá. Marabilla de realización son os Tom-bos que tamén están na dita catedral. Nestas obras dos Códices hai que atender, non só ao valor dos textos, senón tamén ao valor que posúen pola caligrafía con que se realizaron, así como polo que teñen os miniados, a calidade do papel, encadernación, dourados, etc.

Desde os séculos XII ao XV, Santiago de Compos-tela foi o centro cultural máis importante do extremo occidente europeo e no primeiro destes séculos come-

Texto dunha canción de amor do xograr medieval Martín Codax. Século XII.

Page 13: Libro Luis Seoane

13

za a manifestarse con extraordinario esplendor a poe-sía lírica galaico-portuguesa. Florecemento literario de Galicia que comprende a un grande número de poetas entre os que se destacan Airas Núñez, Bernardo de Bo-naval, Martín Códax, Joan Ayras, Pero Meogo, Paio Gómez Chariño, Johan Zorro, Pero Amigo e tantos outros, así como na decadencia desta poesía, eses dous grandes poetas que tecen as súas vidas en lendas, que foron Macías o Namorado, a quen dedicou un estudo

completo en Filadelfia o pro-fesor Alberte Rennert, e Xoán Rodríguez do Padrón, do que a súa vida extraordinaria xorde da pluma exemplar de don Ramón Otero Pedrayo en Las Palmas del Convento.

No século XV incorpóran-se ás letras castelás os cabaleiros Rui López, don Pedro Álvarez Osorio, o Conde de Altamira D. Rodrigo Osorio de Mosco-so, don Luís de Viveiro, o ba-charel Francisco de Vaamon-

Páxina do Misal de Monte-rrey, de 1500, o máis antigo -entre os que se conservan- dos libros impresos en Galicia

Page 14: Libro Luis Seoane

14

de, Diego de Muros, Vasco de Aponte, etc., dalgún dos cales a penas se conservan escasas mostras literarias.

Pasados os séculos en que os discípulos de San Fru-tuoso o Asceta se dedicaban á copia de Códices e no que os bispos como San Froilán levaban consigo o asno car-gado de libros para ir dun a outro sitio, no momento en que Galicia estaba sumida en revoltas políticas e sociais, don Diego de Acevedo, conde de Monterrei e frei Antonio de Guevara, cronista de Carlos V, establecen a imprenta na nosa terra. A estes insignes varóns débese que Galicia non fose dos últimos pobos da península en utilizala para proveito propio. Murguía dinos, falando da imprenta en Galicia “aquí tivemos tamén os nosos incunables, e é esta unha gloria da que podemos envai-decérmonos como tantas outras que xacen no esquece-mento máis triste”.

Poucos anos despois do descubrimento de Améri-ca imprímese o Misal de Monterrei, do que se teñen as primeiras novas polo bispo Muñoz de la Cueva na súa Memoria Histórica de la Iglesia de Orense, sen que poidan darse noticias exactas dos impresores Gonzalo Rodrigo de la Passera e Xoán de Porres, seguramente asturiano

Page 15: Libro Luis Seoane

15

un e salmantino o outro e de quen se coñecen algunhas obras posteriores. Este Misal é o primeiro libro impre-so antes de 1500 en Galicia. Da imprenta instalada en Mondoñedo discútese se o seu primeiro libro é a Des-cripción del Reino de Galicia polo licenciado Molina, feito en cuarto polo impresor Agustín de Paz.

Outro impresor célebre, tamén do século XVI, é Vasco Díaz Tranco del Fregenal, natural de Estremadu-ra, que tivo primeiro imprenta na cidade de Ourense e despois noutras varias cidades de Galicia. Logo destes primeiros obradoiros tipográficos foron famosos polas súas edicións os que xurdiron a principios do século XVII con motivo de volver Santiago a absorber todo o movemento literario e cultural de Galicia e que foron as prensas dos Guixard, Fraiz, Aldemunde e Aguayo.

Nos séculos XVIII e XIX numerosas imprentas ele-varon a arte tipográfica a unha calidade extraordinaria na época e son moitos os nomes de grandes impresores galegos que contribuíron coa súa artesanía ao desenvol-vemento cultural desta rexión do occidente peninsular. De todas elas quedan exemplos de revistas, diarios e libros.

Page 16: Libro Luis Seoane

16

A finais do século XIX xorde un home de gran-de mérito para as letras de Galicia, don Andrés Martí-nez Salazar, falecido na segunda decena do noso sécu-lo. Don Andrés Martínez Salazar, natural de Astorga coma D. Marcelo Macías, o outro grande maragato que consagrou a súa vida a Galicia e que tan excelentemente estudou Otero Pedrayo. Martínez Salazar dirixiu na Coruña a súa célebre Biblioteca Galega, da que os seus volumes constitúen un compendio da obra intelectual de Galicia de finais do século pasado e principios do actual. El uniu ao seu gran labor de editor a súa actitud e xenerosa de mecenas e a súa produción moi meritoria de escritor.

Os libros da Biblioteca Galega, presentados sobria e severamente, están realizados con bo gusto tipográfico e constitúen en certa maneira un modelo editorial.

Logo deste primeiro ensaio xurdiu na mesma cida-de da Coruña outra gran editorial galega dirixida por Ánxel Casal, un dos homes a quen Galicia debe recoñe-cemento polo seu traballo e que se titulou Editorial Nós, na que se publicaron grande cantidade de obras en idio-ma galego dos máis prestixiosos homes de letras actuais de Galicia, que tivo a imprenta, primeiro na Coruña

Page 17: Libro Luis Seoane

17

e despois en Santiago de Compostela. Simultaneamen-te a este labor de Ánxel Casal, Xaime Ouintanilla di-rixiu en Ferrol Céltiga e das imprentas de todas as cida-des galegas saíron impresos libros que ían engrandecer aínda máis a riqueza cultural da nosa terra. Tamén en Santiago o escritor Arturo Cuadrado, acompañado dun núcleo de estudantes fundou as edicións Niké e Resol, onde se publicaron tomos raros da máis nova literatura galega. Tamén publicou unha primeira edición de poe-mas dos discípulos do escritor e pedagogo uruguaio Je-

Cuberta do libro De catro a catro, escrito polo poeta Manoel Antonio no ano 1928 e editado pola editorial Nós de Anxel Casal.

Cuberta da revista Yun-que con deseño e ilustra-ción de Luís Seoane, 1932

Cuberta do número 9 da revista Nós, cunha ilustración de Castelao, editada en Ourense no ano 1922 coa dirección de Vicente Risco.

Page 18: Libro Luis Seoane

18

sualdo, que constitúe actualmente unha curiosidade bi-bliográfica. En Mondoñedo os poetas Iglesia Alvariño e Álvaro Cunqueiro sostiveron unha reducida editorial de poesía: Editorial un no Este gallego. En Ourense publi-couse ata 1936 a revista Nós, dirixida por Vicente Risco e Alfonso R. Castelao, que foi a mellor revista literaria que tivo Galicia no seu momento. Nela publicáronse por vez primeira traducidos a un idioma peninsular, o galego, grandes autores contemporáneos, coma Tagore e James Joyce, por exemplo; deste último precisamen-te un capítulo do Ulises. Outra revista que agrupou o núcleo máis mozo de escritores e artistas e que uniu en certa maneira a unha xeración distinta á de Nós foi Yunque, dirixida por Ánxel Fole. Simultaneamente, a Academia Galega, a Universidade compostelá e o Se-minario de Estudos Galegos, levaban a cabo as súas pu-blicacións. O labor do Seminario de Estudos Galegos, disolto por decreto despois de 1936, constitúe unha das máis importantes iniciativas de cantas se emprende-ron en Galicia no que vai de século e algúns dos seus tomos, coma Terra de Melide, non foron aínda superados. Actualmente continúan o seu labor oficial a Academia Galega e a Universidade e emprenderon un importante labor editor o Instituto Padre Sarmiento de Santiago de

Page 19: Libro Luis Seoane

19

Compostela e o Museo de Pontevedra.

Tamén algúns particulares como Edicións Celta de Vilagarcía comezan a realizar un labor serio e sistemá-tico.

Entre os artistas galegos que se dedicaron á decora-ción e ilustración do libro debemos salientar no século XIX a Ánxel Balaca, Cendón e Guisasola e Mayer, e xa no século XX a Bujados, Alfonso R. Castelao, Castro Gil, Cebreiro, Manuel Colmeiro, Camilo Díaz, Fer-nández Mazas, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Portela, Máximo Ramos, Federico Rivas, Luís Seoane, Arturo Souto, Varela de Seijas e Manuel Torres, entre outros. Sinalamos a parte os grandes debuxantes galegos que realizaron case todo o seu labor nesta República, onde adquiriron xusta notoriedade sen que por iso esquece-sen o seu país natal, como Cao, Alonso Lourido, Peña e Silva. O primeiro, ao mesmo tempo que realizaba o seu profuso e importante labor de debuxante satírico, entregado á paixón política deste país, editaba pola súa conta El Eco de Galicia, que máis tarde dirixiu e editou o historiador galego Manuel Castro López, tamén resi-dente nesta República.

Page 20: Libro Luis Seoane

20

Dos escritores máis destacados de Galicia que impul-saron a edición de libros débense citar os nomes ilustres dos historiadores e escritores don Benito Vicetto e don Manuel Martínez Murguía e a este último debemos, ademais, que na súa obra publicada en Vigo en 1862 titulada Diccionario de Escritores2 aportase un dicionario bastante completo de impresores como primeira parte dese libro, no que están sinaladas as imprentas galegas desde aquela primeira fundada polo Conde de Monte-rrei ata a Tipografía Galaica, que publicaba na época en que Murguía editou o seu libro, o xornal El Avisador.

Paralela a esta breve síntese histórica dos nosos códi-ces e dos libros das nosas imprentas galegas, debe facerse mención das bibliotecas galegas, moitas delas de grande importancia, e que, pertencentes a entidades públicas ou privadas, ou de particulares, realizan unha importante función de difusión do libro. A máis destacada de todas elas polo seu valor e prestixio é a Biblioteca Universi-taria. Seguiu na súa formación as alternativas de pro-greso e decadencia a través dos varios séculos da Escola

2 MURGUÍA, Manuel, ‘Impresores’, Diccionario de escritores gallegos. Ed. Juan Compañel, Vigo, 1862: 11-30. É posible consultar unha copia dixitalizada do li-bro na Biblioteca Dixital de Galicia, Galiciana. (http://galiciana.bibliotecadega-licia.xunta.es/gl/consulta/registro.cmd?id=4829) [Último acceso 09.12.2012]

Page 21: Libro Luis Seoane

21

Compostelá e nos seus comezos esta librería universi-taria formouse das achegas dos antigos mestres que ían legando os exemplares raros impresos ou manuscritos que reuniran na súa vida de estudosos. Estes volumes, ao principio, fóronse reunindo na Sala de Claustros. A mediados do século XVI o Claustro acordou a com-pra da Biblioteca do bispo Carmona pola cifra, daque-la cuantiosa, de 400.000 marabedís, e aumentáronse as cadeas e cadeados que gardaban a antiga biblioteca, ao mesmo tempo que se convertía en pública, abríndoa ao lector por tres horas os días de traballo. Primeiro, os li-bros eran vixiados polo bedel, logo foron os estudantes quen os custodiaban. En 1591, o Santo Oficio realizou nesa biblioteca os expurgos que considerou necesarios. A custodia dos estudantes, así como as cadeas duraron ata o século XVIII, en que comezou para a Biblioteca Universitaria a súa obra de grande esplendor. Coa ex-pulsión dos xesuítas incorporáronse a esta os volumes da magnífica biblioteca do Colexio de Santiago, e cos libros de doutrinas sospeitosas de herexía procedentes doutros colexios de Galicia, formouse o famoso cuarto de prohibidos. A isto engadiuse a doazón testamenta-ria da librería valiosa en exemplares dedicados ás Belas Artes do grande escultor galego, Felipe de Castro. Nos

Page 22: Libro Luis Seoane

22

días da invasión francesa, un grupo de sabios galegos “afrancesados”, entre os que estaban Pedrosa, Bedoya, Bazán de Mendoza e Fontán, o famoso autor do Mapa de Galicia, lograron salvar a biblioteca do incendio. Poucos anos máis tarde, o bibliotecario Cousiño doou manuscritos do seu parente o sabio P. Sarmiento, e as magníficas bibliotecas dos conventos de San Martiño, San Domingos, Conxo e algunhas máis foron engadi-das á Biblioteca Universitaria con motivo da exclaustra-ción dos frades. A ela pertencen, ademais de millares de valiosos exemplares, o Libro de horas, que citamos antes, de Fernando I, máis de 100 incunables en 73 volumes, gran cantidade de libros do século XV, edicións reali-zadas por mestres da tipografía europea coma Plantino, Maunar e Estéfanos e espléndidas edicións dos impreso-res españois do século XVIII coma Sacha, Ibarra, Mon-fort e Cuesta.

Outras bibliotecas moi importantes están en enti-dades oficiais de toda Galicia, como algunhas de De-putacións provinciais, e de Institutos, ou en Socieda-des Económicas, ou en Clubs particulares. Debemos, sen embargo, destacar aquí a magnífica biblioteca de El Consulado da Coruña, a da Academia Galega e as par-

Page 23: Libro Luis Seoane

23

ticulares e moi valiosas do Círculo de Artesáns e a máis modesta pero moi interesante para bibliografía contem-poránea do Sporting Club, na Coruña. Exemplos de bibliotecas particulares entre as moitas e valiosas que se posúen en Galicia son a do arcebispo Lago González, que foi adquirida pola Biblioteca Universitaria Com-postelá e que conserva o nome do antigo propietario en homenaxe a este gran galego, home de letras e arce-bispo de Compostela; e a do poeta Antonio Rey Soto, actualmente instalada en Ourense, a cal foi conservada en Madrid durante o sitio desta cidade na última guerra civil polo goberno da República e por personalidades galegas.

Hai máis de corenta anos, os emigrados galegos se-cundando a iniciativa do escribán desta capital D. Gu-mersindo Busto, deu orixe a outra gran biblioteca, a que se denomina en homenaxe a este continente “Bi-blioteca América”. Nela están depositadas coleccións de documentos e publicacións oficiais, libros de ciencia, arte e literatura e coleccións de revistas de todas clases, ata constituír, seguramente, a mellor biblioteca ameri-canista que hai en Europa. Cos libros procedentes de América están as coleccións de mineraloxía, de moedas

Page 24: Libro Luis Seoane

24

e medallas, de mapas deste con-tinente e multitude de pezas et-nográficas que fan aínda máis va-liosa dita biblioteca. Esta grande obra, que constitúe a máis gran-de homenaxe que puidese ofre-cer un pobo emigrado a Améri-ca ten, ademais, o valor de que a diferenza das grandes bibliotecas e arquivos norteamericanos, non se constituíron polo esforzo dun gran capitán da industria ou pola xenerosidade dun multimillona-rio, senón polo esforzo colecti-vo de miles de homes que desde México e Cuba ata Arxentina e Chile, ao longo do Continente, enviaron estes libros a Santiago de Compostela.

En América, por outra parte, e volvendo aos editores emigrados galegos, creáronse catro coleccións de libros de autores de Galicia nas que se publicaron arredor de 50 títulos. As coleccións Hó-

Cartel anunciador da Co-lección Hórreo, da edito-rial Emecé Editores de Bos Aires, deseñado por Luís Seoane en 1942

Page 25: Libro Luis Seoane

25

rreo e Dorna de Emecé Editores; e Camiño de San-tiago e Pomba da editorial Nova, e que é o primeiro grande esforzo realizado por estranxeiros para divulgar, sen afán proselitista bastardo, a cultura do seu país nesta República. Tamén se continuaron editando esporadi-camente nesta capital algúns novos tomos das Edicións Resol e, illadamente, publicaron algúns libros o Centro Ourensán, a Federación de Sociedades Galegas e Moci-dades Galegas.

O libro preocupou sempre á xente mellor de Gali-cia e para demostrar esta afirmación bastará con citar a atención que demostra o noso sabio erudito frei Beni-to Jerónimo Feijoo, que establece regras incluso nalgún dos seus ensaios. Di o gran bieito galego: “Un escritor inhábil, destituído de enxeño, estilo, erudición, impri-me un libro inútil e expono en venta pública, sinalan-do o prezo ou proporción do volume, igual aquel polo común ao prezo que se vende o libro máis excelente; pois peca gravemente e está obrigado á restitución”. Es-tablece os fraudes que se cometen no engano na cali-dade dos libros, na cantidade, se se finxe que o libro é maior do que é, na impresión, se o papel é groso ou está composto con caracteres moi crecidos e nos casos

Page 26: Libro Luis Seoane

26

en que o seu contido non corresponde ao título. Para o P. Feijoo, por estes enganos que se poden facer, é obrigatoria a restitución de prezo. Estes principios de moralidade editorial do noso grande sabio galego de-bían de estar fixados nas postas de todas as editoriais e das imprentas que imprimen libros illadamente, coma unha lección de dignidade, se non fose que a algúns im-presores e editores actuais, non a todos afortunadamen-te, poden non interesarlles ser os propios denunciantes das trampas que se poden facer nos libros.

Page 27: Libro Luis Seoane
Page 28: Libro Luis Seoane

Dúas imprentas e as miñas tapas4

A Elena e Domingo García Sabell que me trouxeron toda a Com-postela das miñas primeiras tapas.

3SEOANE, Luís, “Dos imprentas y mis tapas”, Libro de Tapas, Ediciones Botella al Mar, Bos Aires, 1953.

Page 29: Libro Luis Seoane

29

En Santiago de Compostela, monumento de granito e néboa, a antiga cidade vieira erguida coma unha

rocha, estableceu Ánxel Casal a súa imprenta. Primeiro no número 20 da rúa das Hortas á que se baixa por entre o Hospital Real e o Pazo de Raxoi, pasando pola igrexa de San Frutuoso, a das catro sotas da baralla: a de espa-das, a de copas, a de ouros, a de bastos, que simbolizan os personaxes da danza da morte e da vida medieval: a nobreza, a igrexa, o comercio, os campesiños, que fixe-ron a Santiago tal como é na actualidade. A de copas tamén pode representar ademais do cáliz, as tabernas, que esa cidade de clérigos na súa antiga acepción, ton-surados e segrares, posúe en abundancia.

I

Page 30: Libro Luis Seoane

30

Despois da rúa das Hortas, de menestreis e artesáns, instalouse na Rúa do Vilar número 15, rúa central da vida da cidade, que no seu horizonte ve erguer a Torre do Reloxo da catedral compostelá. Na oficina que pre-cedía aos talleres da imprenta reuniámonos polas tardes con Casal un núcleo de estudantes para falar de política, de libros e facer proxectos de revistas. Pola porta viamos pasar uns cabaleiros hipocritamente repousados, anciás veladas previdas de rosarios e libros de misa, estudantes ateigados de textos baixo o brazo, ou esveltas manda-deiras coa sella de auga á cabeza.

De noite animábase a Rúa do Vilar cos paseos de estudantes; as parellas de namorados preferían facer a súa rolda de amor baixo os soportais que enmarcan a rúa, mentres, polo centro, grupos de mozos de ambos sexos cruzaban entre eles, cos ollos, tenros madrigais, ao tempo que polos beizos se dedican ditos graciosos e ga-lantes. Na miña época, moitos conspirabamos á sombra dos soportais, discutiamos plans de rebeldía á luz das vi-dreiras das vellas praterías, das antigas librerías con sotos misteriosos, no portal dalgunha vella casa polo que se entraba discretamente a unha taberna, ou arredor dun-has mesas do café Español, onde outros consumían a súa

Page 31: Libro Luis Seoane

31

quenda de oito horas de dados e de dominó.

Algunhas desas noites alterábase o candor polas rúas cando se interrompía a enerxía eléctrica da cidade por un apagón provocado por estudantes e obreiros ou pola carga aberta que a garda civil ou a garda de seguridade facía sobre nós, desfacéndose o paseo entre berros sub-versivos e corridas de mulleres, silenciándose nos cafés o golpeo das fichas sobre o mármore. Outras veces a desorde ocorría porque os estudantes de Dereito e os de Medicina ou os de calquera outra facultade, en com-pañía dalgún dourador de imaxes ou tallista de mobles facían estalar bombas inofensivas fabricadas clandesti-namente polos compañeiros de Ciencias, para sinalar a nosa protesta contra a ditadura e a monarquía. Calquera desas interrupcións á normalidade da rúa, dos paseos, non lograban silenciar a outros grupos que apoiados a unha columna cantaban a coro as máis diversas e fermo-sas cancións folclóricas de Galicia, nin alterar a curiosi-dade das nais que axexaban o paseo das fillas tralas cor-tinas das fiestras. Os días de choiva, que son a maioría, o paseo faise baixo os soportais invadindo os paseantes o lugar recolecto reservado ás parellas de noivos.

Page 32: Libro Luis Seoane

32

É posible que aínda continúe, apoiada na columna, a vella e enrugada castañeira, que arroupada no seu longo e negro chal, dobrábase sobre o forniño onde asaba as castañas. Desprendíase dos rosarios das cocidas, ese olor a fiúncho ou anís con que se aliñan. A vella castañeira

debe de continuar parecen-do unha das figuras labradas en pedra do Pórtico da Glo-ria ou dun capitel, do Palacio Xelmírez.

Para algúns libros de poe-tas amigos, Feliciano Rolán, Iglesia Alvariño, Cunqueiro, fixen alí as primeiras tapas e ilustracións, aquelas que se imprimiron na imprenta e editorial “Nós” de Ánxel Casal, uns anos antes que ou-tros debuxos meus fosen pu-blicados en revistas literarias e semanarios políticos. Yunque, Universitarios, Claridad, Ser, Resol, que escandalizaban á

Primeira páxina da revista Clari-dad do 14 de abril de 1934, data do 3º aniversario da proclamación da República, con deseño e grava-do ao linóleo de Luís Seoane en cor vermella.

Page 33: Libro Luis Seoane

33

fidalguía e burguesía galegas durmidas no pretérito, nas lecturas dos vellos cronicóns; historias de santos, amo-res clandestinos e balances bancarios. Na miña mesa de estudante mesturábanse, cos códigos de tratados de De-reito, os albumes e monografías de Picasso, Paul Klee, Grosz, Otto Dix e os números das revistas Nosotros e Nueva España —esta cos espléndidos debuxos de Masi-de— e os libros das editoriais “Cénit”, “Ulises”, “Zeus” e “Teivos”.

Pasaron moitos anos desde que saín de Santiago á forza como tantos outros, pero desa cidade, das proxi-midades da cal proceden as miñas raíces, que o queira ou que non, nacese ou non nela, son para sempre. Nela fun estudante, tuno, revoltoso político, e alí entre as vellas pedras cubertas de liques, ouro, verde e negro, as fachadas románicas e barrocas, chuvia e néboa, acen-déronse os meus primeiros soños, aqueles que quizais nunca se cumprirán, pero que aínda son brasa repousada que a miña soidade promete labaradas.

Page 34: Libro Luis Seoane

34

II

Con Arturo Cuadrado, amigo desde os anos de Compostela, emprendín en Bos Aires varias em-

presas editoriais. Os dous con outro amigo entrañable, Lorenzo Varela, de quen os primeiros poemas viñeron desde súa terra aceirada de Lugo, traídos por amigos comúns, fundamos e diriximos Correo Literario, coa colaboración de Alberto Girri, Pedro Larralde e Javier Farías (1943-45), coleccións de libros e outras empre-sas nada comerciais, todas elas en certa maneira, unidas sentimentalmente á rúa Perú ao 666. Unha rúa do ba-rrio de San Telmo, dese barrio habitado en grande parte por galegos e portugueses e que leva o nome dun santo de Galicia, Pedro González Telmo, que tamén designa a ese copete de luz que nos momentos precursores da treboada adorna a arboradura dos barcos.

Page 35: Libro Luis Seoane

35

A capital desa rúa branca, gris e ocre, de ceo azul coma toda a cidade, é para nós a Imprenta López, que leva o número capicúa 666. Limita ao norte, no 613, coa Editorial Nova, no lugar da cal está “Botella al Mar”, un café de esquina e unha froitería de chinos canadenses; ao sur con outras dúas imprentas das que o nome non vén ao caso; ao oeste, entre as casas de enfronte, cunha misteriosa de cor verde raída, pechada a súa porta desde hai anos con cadeas e cadeado, con reixas nas fiestras que nos veráns aparecen cubertas de arañas estendendo as súas teas ao sol. O leste é lugar inexplorado, creo que en tanto tempo non vimos nunca a outra rúa, terra des-coñecida poderíamos consignar, como nos mapas dos séculos XV e XVI.

A primeira vez que entrei na Imprenta López, hai máis de dez anos, antes de que modificasen a súa fachada e a súa estrutura interior, acompañando ao pintor Atti-lio Rossi, ao que axudaba Silvio Baldessari como artista gráfico, foi a unha habitación utilizada para depósito de papel e taller de debuxante e da que dunha das súas paredes pendía unha vella gaita inútil e encouzada, de cando había moitos anos os irmáns López, ou un deles, don Xoán, acompañado dalgún obreiro da tipografía

Page 36: Libro Luis Seoane

36

ou das máquinas, represen-taba como actor afecciona-do nos festivais da colectivi-dade galega.

A Imprenta López unira xa o seu destino ao dos libros de moitos escritores arxenti-nos consagrados e novos, de modo que cando se funda-ron as importantes empresas editoriais deste país, como consecuencia sobre todo da guerra de España, atoparon neses grandes talleres todo o necesario para cooperar coa grandeza do movemen-to editorial que se empren-día. Tipografía e máquinas constantemente renovadas e un equipo de obreiros ca-paces, dirixidos por Don Xosé Manuel López Soto, filio do fundador e propietario da industria, e por Don Pedro Perrotta, ao carón dos cales viñeron formándose os fi-llos de don Xoán, Manolo e Xoán López. Todos eles

Cuberta do libro de poesía ¿Dónde se detuvo el tiempo?, de Fernan-do Scornick, editado pola Editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 37: Libro Luis Seoane

37

temonean por igual, sorteando as borrascas da industria, o traballo dos talleres e os soños dos autores.

Cando, con Cuadrado, quixemos continuar o labor comezado de estudantes en Compostela, editando, sen contas bancarias nin afáns comerciais, os libros máis es-traños e descoñecidos, eses que ninguén arrebata nas li-brerías e que seguen silandeiros o seu destino a través do tempo, pero que constitúen o estilo dunha época, a flor da historia cultural dun pobo, atopamos nesta impren-ta, unha das máis importantes de Sudamérica, o ánimo necesario. Desde hai anos, entre as decenas de milla-res de libros que saen do corno da abundancia da súa sección expedición, destinados a editoriais arxentinas, venezolanas, colombianas e doutros moitos países deste continente, xorden esas magnolias, pola singularidade dos seus textos, que son os libros de “Botella al Mar”.

Ao cafetucho da esquina de México e Perú, entre mensaxeiros da axencia telegráfica de enfronte, obre-iros dalgunhas outras, que case sempre se constrúen nos arredores, e comerciantes de países nórdicos que recordan paisaxes afastadas a través do fume das súas pipas, estendemos o reducido tamaño da nosa oficina. Alí discutimos plans quiméricos e novas publicacións

Page 38: Libro Luis Seoane

38

acompañados do infaltable cortado, ou algunha vez desa copa dobre de caña rubia do país. Cos anos vimos, indiferentes, como se enriquecía máis dun camareiro, que deixaba de seguir nese negocio para establecerse como patrón independente nun propio doutro barrio.

Algunhas veces, veciños da vidreira, miramos silan-deiros para as colas das xentes que esperan o ómnibus ou o colectivo ou para ese carriño de changas que os-tenta o alcume: “Afástate piolloso que vén o peite”.

Outras charlamos coa vella vendedora de lotería con ollos que reflicten cada día máis decididamente, polos moitos anos de emigrante, a color das follas dos carba-llos centenarios da montaña galega. Igual encomenda ela ao azar os seus billetes coma nós os nosos libros.

Page 39: Libro Luis Seoane

39

III

Escribín sen cerimonia algunha sobre dúas imprentas nas que pasei, por pracer, unha grande cantidade de

horas da miña vida. Entre os centos de tapas e ilustra-cións que fun facendo para moitas grandes e pequenas editoriais, talvez as que máis estime son aquelas primei-ras, alegres e candorosas, feitas para algúns libros que se imprimiron na imprenta “Nós”, en Galicia, e as que fixen para Botella al Mar, con pé da imprenta López, en Bos Aires; estas últimas, como as primeiras, realizadas desinteresadamente, e destinadas na súa maioría a novos escritores descoñecidos. O título deste libro, onde se reproducen algunhas delas despoxadas dos detalles tipo-gráficos que as complementaron, é parecido a aquel ca-picúa que Macedonio Fernández escribiu nunha carta:

Page 40: Libro Luis Seoane

40

Cuberta e contracuberta do libro Piel encerrado sueño, de María Luisa Biolcati, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 41: Libro Luis Seoane

41

“Libro de tapas de libro”, definindo: “a tapa de libro é a morada de todo lector”.

Penso que moitos libros actuais perdurarán como testemuño dunha bela época da pintura. Pablo Picasso, precursor en tantos xéneros artísticos, admirable ilus-trador de Ovidio, de Góngora e de Buffon, dixo nunha oportunidade: “Tivemos a época dos ballets rusos, te-remos probablemente agora a época das grandes edi-cións”. Para un pintor ilustrar ou compaxinar un libro é unha oportunidade de atopar unha nova expresión. Pola miña parte sentín, precisamente como pintor, a ne-cesidade de facer fermosos libros aínda desenvolvéndo-me sempre con mesquiños medios económicos.

O que creo ter aportado ao libro en xeral coas miñas tapas e debuxos é un humor como de canción popu-lar, xunto a imaxes novas e un alegre sentido da color. Outros atenderon probablemente máis a sutís elementos tipográficos e á utilización dos recursos aportados polas novidades técnicas. A min bastoume con destinarlles unha nova expresión visual, e a color, esa color popular, que, co debuxo se se quere, pode lembrar por igual os antigos miniados, as figuras dos naipes, as decoracións da cerámica e as lonas pintadas dos circos.

Page 42: Libro Luis Seoane
Page 43: Libro Luis Seoane

Breve crónica en relación comigo e as artes gráficas5

5SEOANE, Luís, “Breve crónica en relación conmigo y las artes gráfi-cas”, Segundo Libro de Tapas, Ediciones Bonino, Bos Aires, 1957.

Page 44: Libro Luis Seoane

44

Albert Skira, creador de libros de arte daquela es-pléndida revista que se chamou Minotaure, asegu-

rou, no catálogo que conmemoraba os seus vinte anos de editor, que un fermoso libro non é obra dunha soa persoa, senón o froito do esforzo de todos aqueles que traballan na súa elaboración. Son varios os artesáns que interveñen na elaboración do libro e o esforzo é sem-pre de carácter colectivo. Cada libro ten unha historia, independente do autor e do tema que trata. Unha his-toria referida á súa edición. Aquel libro que naceu rico, que produciu seguramente un déficit na contabilidade da editorial, aí está nunha librería de última categoría, vendéndose en lote, con outros máis modestos que co-rreron igual sorteo “Tres libros por dez pesos” reza o

Page 45: Libro Luis Seoane

45

cartel, sen importar o nome do autor, título ou tema. O libro, aínda nestas condicións, mantén o seu segredo interior, a súa historia oculta e unha especie de digni-dade que o semella nesas librerías, onde se vende en promiscuidade con discos e outros obxectos, á daqueles fidalgos vidos a menos que ostentan no traxe gastado a traza das repetidas limpezas dos tintoretos e que viven unha segunda vida na Corte dos Milagres de calquera cidade. O traxe do libro, a súa tapa, ou a sobrecuberta se aínda a conserva, tamén ostenta sinais parecidos de gomas de borrar.

A rúa Correntes de Bos Aires é o Barrio Chino, o Mangue, ou o vello Paseo Colón de moitos libros que esperan o seu rescate. Cada un deles ten, indepen-dentemente da historia da súa creación e do seu actual desamparo, a súa crónica gráfica tan digna de ser relata-da nalgúns casos, como a do “Florilége des amours de Ronsard”, que ilustrou con espléndidas litografías Ma-tisse e, en oportunidades, moito máis pintoresca.

Entre todas as persoas que interveñen na confec-ción do libro, o que lle imprime carácter definitivo é o maquetista, o artista gráfico, autor da súa arquitectura e decoración.

Page 46: Libro Luis Seoane

46

Cando comezou o grande movemento editorial arxentino, entre os anos 1938 e 1940, a consecuencia da guerra civil española, algúns artistas gráficos trata-ron de imprimir personalidade aos libros que saían por primeira vez en cantidade das imprentas de Bos Aires. Tres sobre todo, Atillio Rossi, Jacobo Hermelín, e eu mesmo, desde editoriais distintas, quixemos conseguir esa diferenciación. Pasaron case vinte anos, e falo de min en relación con aqueles a quen seguramente debe aportes máis fundamentais o libro arxentino. Mais, cada un de nós, Attilio Rossi, o primeiro, Hermelín, e máis eu, deixou na arquitectura e decoración do libro indus-trial arxentino, na creación de cada un dos que fixo, ou de moitas coleccións deles, o aporte da súa sensibilidade artística e da súa cultura. Os tres tiveramos que saír, por razóns políticas, dos países onde nos formaramos. Attilio Rossi abandonou a Italia de Mussolini onde di-rixira con Cario Dradi Campo gráfico3, en Milán, logo 3. A revista Campo Gráfico foi a primeira publicación idependente en Italia, e das pri-meiras en Europa, en difundir e aplicar as teorías do deseño de vangarda no período de entreguerras. A revista caracterizouse pola aplicación dunha lóxica funcionalista ao seu deseño, empregando grellas, composicións asimétricas ou fotomontaxes. A revis-ta editouse en Milán dende o ano 1933 ao ano 1939. Na páxina de internet www.thisisdisplay.com poden consultarse as cubertas de moitos exemplares (http://www.thisisdisplay.org/tag/Campo+Grafico) [Último acceso 09.12.2012]

Page 47: Libro Luis Seoane

47

de participar en todos os movementos renovadores da tipografía e das artes gráficas nesta cidade. Xacobe Her-melín tivo que fuxir do seu país, Alemaña, como con-secuencia das persecucións de Hitler e trouxo consigo, á parte da súa experiencia gráfica, o seu aporte de notable calígrafo, impoñendo nas tapas que fixo o valor abstrac-to das letras. Pola miña parte, tiven que deixar Galicia, dominada por Franco, onde en contacto cunha pequena imprenta compostelá, a da “Editorial Nós”, espertouse a miña afección pola artesanía gráfica. Tratábase, entón, de editar semanarios políticos e revistas xuvenís de arte e literatura que fixesen chegar aos demais o aporte da diferenciación cultural e sentimental desa terra.

Dos tres, só Attilio Rossi puido regresar ao país da súa formación; Hermelín finou no desterro e, pola miña parte, veño contemplando desde aquela, desde esta ci-dade do meu nacemento, o curioso fenómeno político da incorporación paulatina do franquismo ao seo das democracias, sen disimular a súa orixe e violencia.

Rossi trouxo ao libro arxentino o seu amor pola me-dida, o seu rigor xeométrico e, cos seus grandes coñece-mentos técnicos, un afán constante de experimentación. Hermelín aportou a vontade e o vigor que caracterizan

Page 48: Libro Luis Seoane

48

o traballo xermánico, o amor ao contraste exclusivo do branco e negro, e o seu sentido, deixamos dito, do valor formal da letra. Pola miña parte, máis instintivo, tratei de servirme do meu coñecemento do pasado para as miñas experiencias gráficas. O gusto polas prehistóri-cas insculturas nas rochas, numerosas en Galicia, polas inscricións dos sarcófagos romanos que tamén alí abun-dan, e polos miniados medievais. (Sobre todo, aqueles do cartulario da catedral compostelá, do Tumbo A, e os do Diurnal de Fernando I, que teñen as páxinas epigrá-ficas máis ricas da antiga librería española, ao dicir do especialista Domínguez Bordona, e onde existe unha inicial, a B, que segundo o romanista norteamericano Kingsley Porter, é a máis bela B de cantas foron feitas polos calígrafos europeos nos séculos medios; tendo en conta que a B é a letra máis representativa do alfabeto latino nos manuscritos do Salterio, pois inicia moitos dos seus versículos e as súas principais divisións). Con ese gusto foi a color o que máis me preocupou sempre na decoración e diagramación do libro. A color, tamén o negro, gris e branco da páxina.

Existían desde logo impresores que realizaran fer-mosos libros para bibliófilos, magníficos debuxantes

Page 49: Libro Luis Seoane

49

que ilustraron este tipo de libro e que fixeron o aporte do seu talento a moitas edicións de autor. O noso pro-pósito era distinto. Consistía en crear libros e coleccións para as grandes editoriais que se formaban con outro sentido formal e no que non se excluíse a personalidade do artista gráfico, e imprimíndolle un carácter diferen-cial no mercado do mundo. Os tres coñecíamos moitas das experiencias fundamentais realizadas en Europa a partir dos modernistas, as de Múnic, as anteriores dos prerrafaelistas, e as de William Morris, e sobre todo as que seguiron á primeira guerra mundial. Realizaramos, ou coñeciámolas desde tres puntos afastados de Europa, moitas das experiencias máis recentes daquela, algunhas das cales constitúen aínda unha novidade, despois de trinta anos, nalgunhas partes de América. Utilizaramos a medida de ouro, a impresión en papel de farrapos, suprimindo as maiúsculas, —supresión iniciada, creo arredor de 1925 en Alemaña, seguramente como reac-ción ao excesivo número de maiúsculas na ortografía do seu idioma e usada en España poucos anos despois nalgunhas publicacións de literatura e arte novo, sobre todo nas da Gaceta de Arte de Canarias, onde con outros libros valiosos se publicou unha das primeiras mono-grafías sobre o pintor W. Baumeister— e tamén usando

Page 50: Libro Luis Seoane

50

para as carautas os corpos 10 ou 12 como un alarde de distinción e austeridade, utilizando o que chamabamos tipo universal como máis claro e definitivo.

Coñeciamos as experiencias tipográficas futuristas e cubistas, as rusas de arredor de 1920, as de El Lissit-zky, as de Werkman en Holanda, os traballos moder-nistas-góticos do escultor e gravador Eric Gill, a nova tendencia entón dos construtivistas alemáns, os ensaios do letón Niklaus Strunke, os de Herbert Bayer no Bau-haus, e case todos os estudos de composición gráfica, de contrastes de tons e ópticos que logo ían influír nota-blemente na pintura e as artes plásticas en xeral. Rossi, que foi un dos primeiros defensores da arte abstracta en Bos Aires, autor de numerosas notas de crítica artística na revista Sur, aplicou algúns destes coñecementos no catálogo da imprenta López publicado en 1942, que se titulou Cómo se imprime un libro. Xacobe Hermelín, máis fiel á caligrafía, que constituíu a súa maior vocación e a súa maior arte, non puido desligarse da influencia que exercía no seu gusto o alfabeto gótico e o público co-ñeceu o alto valor do seu labor na exposición póstu-ma que da súa obra se realizou nesta capital, hai algúns anos, polo Instituto de Arte Moderna. En canto a min,

Page 51: Libro Luis Seoane

51

pouco adepto a subordinar a miña arte a canon algún, preferín deixarme guiar case sempre pola intuición, polas mesmas leis que arredor de 1930 me facían gus-tar das experiencias post-expresionistas e post-cubistas, sempre en relación con outros gustos máis permanen-tes. Estes libros e coleccións, dos que orientamos a súa arquitectura, adoitáronse imprimir en máquinas vellas e anticuadas, que agora, vinte anos máis tarde, son, na-turalmente, máis decrépitas e antigas malia da vontade progresista dalgúns industriais gráficos. Na actualidade, superada aquela etapa, un núcleo de artistas destacan o seu gusto na artesanía tipográfica (Silvio Baldessari, Bo-nomi, Cerdá Carretero, Cotta, Gonda, Alfredo Hlito, Carlos Hirsch, Iaquinandi, Maldonado, Méndez Mos-quera, Lidy Pratto, Rebuffo, Rosarivo, etc.) e fan posi-ble, aínda a pesar dese estancamento técnico, a distin-ción do libro arxentino.

Naquela imprenta compostelá “Nós” á que me refe-rín no meu primeiro Libro de Tapas, onde pasaba parte do meu tempo alternando os faladoiros de café e as re-unións clandestinas de estudantes e obreiros cos meus descansos de estudante de Dereito, fixen para sema-narios revolucionarios e autonomistas, como Claridad,

Page 52: Libro Luis Seoane

52

Ser, a revista Universitarios, os meus primeiros intentos de composición tipográfica. O gravado en linóleum, impreso en negro sobre papel de color, atravesaba al-gunha que outra vez, como a franxa dunha bandeira, a primeira páxina de Claridad. Os meus recursos tipo-gráficos, limitados á modestia da imprenta, utilizábaos mesturando na composición os tipos máis antigos con filetes e orlas, algúns dos cales perduraban noutras im-prentas daquela cidade desde os séculos XVII e XVIII, revoltos nas caixas cos de estilo modernista, adquiridos polos seus propietarios a principios do século. Adornos e viñetas neoclásicas e románticas servían tamén para ou-tras experiencias. Gozabamos deses efectos visuais tanto coma os surrealistas franceses buscando parecidos fins tipográficos, aínda que guiados dun afán distinto no en-saio, pois, pola nosa parte, non ía unido á imposición de programa estético algún. Os nosos carteis, os que faciamos para pegar nas paredes burlando a vixilancia policial, ou como anuncio dalgunhas conferencias uni-versitarias, estaban realizados polo procedemento do es-tarcido, ou tamén gravados ao linóleo, a veces do modo rudo que moitos anos despois gustarían aos partidarios de Jean Dubuffet e da súa “arte bruta” ¿É posible que nas bibliotecas expurgadas de Galicia se conserve algo

Page 53: Libro Luis Seoane

53

desta obra inxenua, sincera e limpa, que se facía daquela nunha e noutra cidade dese país? En Guión e en Yunque, nas que tamén colaborabamos con outros compañeiros, facíanse alardes tipográficos parecidos. ¿Que foi daque-les libros de poemas dos que coloreabamos as tapas a man con menos solemnidade cós pequenos beatos? No pequeno rastro próximo á Universidade, se continúa existindo, ou nas librerías de vello, é seguro que non se encontren mostras daquela inquietude. En cambio, nas librerías das rúas de Correntes de

Bos Aires, nesas onde a lectura dos títulos se une na mente aos ripios das cancións de discos populares, ou ao ritmo da canción bailable de moda, dun bugui ou dun rock, podemos ver asomar, entre o montón de libros de moitas nacionalidades e temas, un anaco dalgún da-queles que diagramamos e lle fixemos a tapa. Está con outros amoreado de calquera xeito, e, sobre el, sobre todos eles, colocado coma unha cruz no cemiterio, está o cartel que di: “Tres por dez pesos”. Se non o silen-cio, polo ruído dos discos, o lixo, polo menos, úneos e envólveos, mentres nas principais librerías do centro da cidade, as vidreiras adórnanse cada vez máis, con nota-bles libros de arte e de fotografías que son, ao dicir de

Page 54: Libro Luis Seoane

54

Frangois Gali, os libros de hora da nosa época. Entre eles, as nosas tapas, quizais luzan como as caléndulas e alelís entre as caixas de plástico das orquídeas.

Page 55: Libro Luis Seoane
Page 56: Libro Luis Seoane

Manifiesto del Laboratorio de Formas de Galicia7

7SEOANE, Luís e DÍAZ PARDO, Isaac, Manif iesto del Laborato-r io de Formas de Galicia nº1’, Edicios do Castro, Sada, A Coruña, 1970.

Page 57: Libro Luis Seoane

57

- El LABORATORIO DE FORMAS, nacido en la

Galicia emigrada como producto de la voluntad de dos

artistas, se propone el estudio de las formas desarrolla-

das en el pasado gallego y las que continúan vigentes,

heredadas de ese pasado, en el presente. Testigo del can-

sancio producido por los últimos ideales cosmopolitas

de algunas escuelas, el LABORATORIO se propone

encontrar en esas formas olvidadas que tuvieron vigen-

cia durante siglos, y en las que perduran heredadas, los

signos de su propio sistema de expresión.

- El LABORATORIO DE FORMAS DE GALl-CIA registra un largo número de intentos y teorías que van desde John Ruskin y William Morris, desde los racionalistas y constructivistas rusos, hasta las últimas experiencias de Tomás Maldonado, 1. Sutherland, T. Johnson, etc., pasando por el ejemplo clásico del Bau-haus.

Pero, los propósitos que guían al LABORATORIO y la teoría que sustenta, han de incluir, además del sig-nificado, el origen de las formas tratando de no some-terse al cosmopolitismo a que antes nos referíamos, por

Page 58: Libro Luis Seoane

58

respeto al hombre, analizando aquellas que distinguen de antiguo el arte de Galicia, teniendo en cuenta las experiencias anónimas que inventaron hace centenares de años formas aún actuales y que adquirieron particu-laridad gallega.

- El LABORATORIO DE FORMAS DE GALl-CIA dejó su período de conversaciones previas y de for-mulaciones teóricas, y, colaborando con Cerámicas del Castro cuenta ya en su haber con dos importantes reali-zaciones: el renacimiento de la cerámica de Sargadelos, la empresa industrial de más importancia y prestigio del pasado gallego, que representó al mismo tiempo una de sus mayores frustraciones, y la creación del Museo Carlos Maside, que aspira a recoger la obra y la docu-mentación del movimiento renovador del arte gallego contemporáneo, convirtiéndose en un verdadero centro de información y archivo relativo a las ideas estéticas de Galicia y a la difusión dentro de ella de los movimientos universales del arte.

- El LABORATORIO DE FORMAS se propone hacerse notar más por sus realizaciones que por formu-laciones teóricas, mostrando siempre su simpatía por las artes populares. El LABORATORIO estará presente

Page 59: Libro Luis Seoane

59

allí donde existan problemas en relación con sus fines, sin más limitaciones que las éticas, y mantendrá un sis-tema abierto a la evolución de las ideas referidas al arte, a las formas, al diseño y al futuro.

Page 60: Libro Luis Seoane