libros en tódolos sentidos

26
CEIP Milladoiro Malpica de Bergantiños Biblioteca Escolar. Marzo de 2011

Upload: biblioteca-escolar-milladoiro

Post on 30-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Actividades encol dos libros e a lectura no pasado curso

TRANSCRIPT

Page 1: Libros en tódolos sentidos

CEIP Milladoiro Malpica de Bergantiños Biblioteca Escolar. Marzo de 2011

Page 2: Libros en tódolos sentidos

INDICE

1. Presentación

2. Libros nos libros

3. Libros na orella

4. Libros nas mans

5. Libros nas casas

6. Libros na rede

7. Libros na cabeza

8. Libros no corazón

9. Libros na boca

10. Facedores de libros

11. Conclusión

Page 3: Libros en tódolos sentidos

1. Presentación O CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños) é un centro educativo de Infantil e

Primaria que acolle a 200 escolares e 20 profesores e profesoras.

Sempre fomos moi conscientes da nosa responsabilidade á hora de achegar ós

nenos e nenas á lectura e o noso modo natural de levar a cabo o noso traballo

é facelo rodeados de libros . Por esta razón, desde que o centro abreu as súas

portas no ano 1991 emprendemos a creación da mellor biblioteca escolar da

que foramos capaces. A nosa folla de ruta desde que por fin escribimos o

nosos proxecto no curso 95/06 incluía un doble reto:

o Favorecer o nacemento do gusto lector no noso alumnado, así como

moldealo facendoo medrar baixo criterios de calidade.

o Axudarlles a explorar e coñecer a valiosísima axuda que supoñerán os

libros ó longo de toda a súa vida para acceder á información e localizar

aquela que en cada momento precisen. Entendemos que o libro de

texto é UN dos libros da escola, pero non é o único. Baixo esta luz,

desde hai quince anos dispoñemos dun programa que comezou

chamándose de Educación Documental e hoxe chámase de

Alfabetización Informacional pero que, básicamente persigue idéntica

finalidade: ensinar ós nosos nenos e nenas a moverse polo mundo da

información identificando aqueles procedementos que son propios para

unha búsqueda documental eficaz.

Estas dúas liñas de actuación están constantemente alimentadas por dúas

ideas que son para nós unha guía:

• A compensación de desigualdades sociais de partida que, pensamos

é unha das grandes aportacións da universalización da escola: este é o

único escenario polo que pasa TODA a poboación. Compétenos, pois,

compensar, igualar e potenciar na consciencia de que o obxectivo é que

tódolos cidadáns teñan idénticas posibilidades de acceso á cultura.

• O noso rol de mediadores. Elaborar camiños lectores personalizados,

ofrecer a cada escolar aquelo que lle resulta verdadeiramente

interesante, convencelos de que a lectura non é só un camiño para

aprender, tamén o é de soñar, de viaxar, de consolarse, de evadirse...

Page 4: Libros en tódolos sentidos

Estamos convencidos de que un mal achegamento á lectura fará

cidadáns alérxicos á mesma. E viceversa.

Trazadas estas liñas de actuación, tentaremos contarvos aquelas das nosas

actividades do pasado curso (209/10) que estiveron directamente relacionada

co uso e promoción do libro.

Fundamentalmente do libro galego, pois este é o idioma no que nos

desenvolvemos habitualmente. Neste sentido temos que dicir que, se ben en

volúmenes literarios temos a demanda perfectamente servida, non nos sucede

o mesmo cos libros de coñecementos: non dispoñemos no mercado de

suficientes libros de consulta no noso idioma e temos que recorrer moitas

veces máis das que desexaríamos a libros escritos noutras linguas,

fundamentalmente en castelán, feito este que non resulta moi normalizador

aos ollos dos nosos escolares.

Page 5: Libros en tódolos sentidos

2. Libros nos libros

Queda exposta xa esa nosa maneira de traballar que consiste en

acompañar tódolos temas das programacións de aula de seleccións

bibliográficas e apoio documental ó profesorado desde a Biblioteca Escolar.

• Exposicions ó fío do currículo . Algúns exemplos

Sisema solar, Educación Musical, A vivenda …

• Alfin entroido:O tema do Entroiodo 2010 foron as culturas do

mundo. E os libros correron de man en man para documentarse

ben, ambientar corredores e aulas, compoñer os disfraces….

• Alfin música: nos libros buscouse a documentación necesaria

para compoñer cada unha das familias de instrumentos

• Alfin vivenda: o PI (Proxecto Interdisciplinar) do curso 2009/10

tiña como eixo A VIVENDA e cada aula integrouno na súa

programación naqueles temas que lle resultaba máis acaído:

Historia (maquetas en 2º e 3º ciclos), E. Plástica (deseño de

vivendas imposibles 3ºciclo), Literatura (As casas dos seus soños,

1ºciclo), A cultura Castrexa (E.I.)

• Alfin Muller: nos libros recolleron información sobre mulleres no

mundo da ciencia e expuxeron de varias formas os seus

descubrimentos (dramatizacións, presentacións…)

Alfin animais: para comezar a familiarizar ós máis pequenos co uso dos

libros como fonte de información elaboramos estes cadernos secuenciados

en orde de dificultade: de 1 fonte a 3, das que unha é electrónica. Incluímos

tres exemplos deles. A colección completa pódese ver AQUÍ

Page 6: Libros en tódolos sentidos
Page 7: Libros en tódolos sentidos
Page 8: Libros en tódolos sentidos
Page 9: Libros en tódolos sentidos

3. Libros na orella Con motivo da celebración escolar do Día do Libro propuxemos a actividade

de Madriñas e Padriños Lectores. A cada escolar foille adxudicado por

sorteo outro de menor idade coa intención de que escollera unha lectura

que a el/ela lle tivera gustado moito cando tiñá a idade do afillado/a e lla lera

o Día do Libro. Todos xuntos, no patio do colexio. Os apadriñamentos

gardáronse en segredo ata uns días antes da celebración. Mentras tanto,

padriños e madriñas escolleron coidadosamente as lecturas. O día 23

dirixíronse ás aulas a buscar ó afillado, baixaron xuntos ó patio e leron

xuntos. Baixiño, pois eramos moitos. Daba gusto ver o patio!

Page 10: Libros en tódolos sentidos
Page 11: Libros en tódolos sentidos

4. Libros nas mans Seguido. Constantemente andamos con eles. Diariamente a Biblioteca

Escolar ofrece servizo de préstamo directo de libros durante o tempo do

recreo ós escolares dos ciclos 2º e 3º; os ciclos 1º e E.I. reciben idéntico

servizo desde a propia aula xa que consideramos que neses cursos en que

a aprendizaje da lectura está no seu apoxeo, debe ser directamente o

profesorado quen aconselle os títulos en función da habilidade acadada por

cada escolar.

No pasado curso fixemos 950 préstamos directos de libros e 731

préstamos ás aulas (temos, en total, 200 escolares)

Asemade, implementamos para tódalas aulas os vinte minutos diarios de

lectura que chamamos Hora de Ler presentada baixo as condicions dos

plans de lectura silenciosa sostida, auspiciados pola profesora chilena

Mabel Condemarín.

O PLSS ten como obxectivos:

a) Crear hábitos de lectura

b) Establecer un espazo para a lectura non dirixida

c) Estimular o interés pola lectura

d) Facilitar a libre elección de textos por medio da autoselección de libros

e) Formar lectores independientes que lean para a súa información e

agrado persoal

f) Lograr o descubrimento do placer da lectura

O funcionamiento previsto consiste básicamente en que os escolares

escollen voluntariamente o seu material de lectura, o mesmo fan os docentes.

Logo, cada ún le en silencio e sen interrupciós durante un tempo previamente

determinado.

Esta actividade realizase diariamente, durante 20 minutos ao subir do

recreo. Logo da lectura, os escolares non teñen que responder preguntas, facer

fichas ou traballos prácticos. Non se esixe ningunha actividade relacionada coa

lectura

Ler sen pedir nada a cambio

Page 12: Libros en tódolos sentidos

O documento orixinal da profesora Condemarín prevé tamén algúns

principios de procedementos destinados ao profesorado tales como: visitas a

librerías, feiras do libro, bibliotecas e invitacións a docentes, escritores,

ilustradores… para que relaten as sùas experiencias cos libros e a lectura. E

así tentamos facelo.

Page 13: Libros en tódolos sentidos
Page 14: Libros en tódolos sentidos

5. Libros nas casas Consideramos que o noso papel de axentes mobilizadores da lectura non

acada o seu sentido completo se non implicamos ás familias. E, para elas

temos tres vías de animación e difusión: as mochilas viaxeiras, as guías de

lectura, os blogs (especialmente o de Novidades)

• As Mochilas: o curso pasado tiñamos en circulación vintecatro

mochilas. En cada aula, dúas. Unha semana con cada familia.

Cada unha delas leva, ademáis dos libros, un caderno no que

pedimos ás familias que nos deixen a súa valoración, opinións,

suxestións de libros… establecemos con elas un diálogo na

distancia. O que levan as mochilas pódese ver AQUI. Algunhas

opinións das familias, AQUI. E, por último, AQUÍ, pódese ver o

aspecto que teñen.

• As Guías de lectura. Con motivos dalgunha data especial (Día da

Paz, da Poesía…) e sempre no Nadal e no fin de curso,

elaboramos unhas guías de lectura que facemos chegar a tódalas

familas e ás librarías máis cercanas. Incluímos nelas productos

editoriais que, na nosa opinión, teñen suficiente calidade e non

dispoñen de boas redes de promoción e distribución. Somos

conscientes de que as librarías desaparecen e de que ós nosos

escolares na meirande parte das ocasións mercan libros por

efecto da publicidade. Asumimos, pois, o noso papel de

mediadores, dando a coñecer e achegandolles productos de

calidade e difícil acceso. AQUÍ están algunhas delas e AQUÍ a

páxina que recolle algunhas máis das que temos feito nestes

anos.

• Blog de Novidades. Con idéntica finalidade, mantemos un blog ao

que chamamos NOVIDADES no que imos publicando aqueles

libros e discos que incorporamos á nosa colección e que na nosa

opinión deben ser obxecto de especial difusión.

Page 15: Libros en tódolos sentidos
Page 16: Libros en tódolos sentidos

6. Libros na rede A difusión entre o noso alumnado das ferramentas da tecnoloxía da

información e a comunicación é desde hai anos un reto para nós. Están

introducidas no traballo de aula como un recurso máis para favorecer as

aprendizajes. E, como non podía ser doutro xeito, tamén para esto usamos

os libros.

• Os blogs . Cada ciclo conta con un así : Infantil, 1º ciclo, 2º, 3º e

EDNL. Todos están enlazados ó da biblioteca escolar. Un dos

seus principias cometidos é o de facer públicas as actividades

que se fan en cada aula e teñen como centro os libros e a lectura.

• As webquest. No curso pasado elaboramos tres webquest

dirixidas a escolares do 3º ciclo.

1. Con motivo do samaín e o comezo do ciclo invernal

eleboramos a primeira co tema da conservación de

alimentos en torno a As aventuras de Said e Sheila

(Xerais, 2001) de Ramón Caride. Pódese ver AQUÍ.

2. Con motivo dunha visita á Ribeira Sacra, limos a

guía de Manuel Garrido (Xerais, 2008) e a de

Mercedes Vázquez (Galaxia, 2001), para logo facer

a webquest Viaxe á Ribeira Sacra, que deu como

resultado estas publicacións no blog do 3º ciclo

3. Finalmente, elaboramos a terceira das WQ con

motivo do entroido. Para facer frente ás tarefas

propostas, nenos e nenas usaron dos libros que se

poden ver nas fotografías da exposición así como

dos materiais on-line que se lles facilitaban.

Resultou ser un fermoso traballo de documentación

sobre como axudarlle ao Concello da Coruña a

organizar unha Cea na Torre, cuxos resultados

poden verse AQUÍ

Page 17: Libros en tódolos sentidos
Page 18: Libros en tódolos sentidos

7. Libros na cabeza Cando estabamos a elaborar o noso plan de actuación para todo o curso

chegounos o convite de Implicadas no Desenvolvemento para participar na

súa campaña E ti… para que les? Inmediatamente soubemos que a

actividade se axustaba perfectamente ós nosos obxectivos e sumámonos a

ela. Fixémola extensiva a toda a comunidade educativa e colaboramos na

organización que para as Bibliotecas Escolares de Galicia asumiron O

Segrel do Penedo e Mesturas. O ilustrador Jaime Eizaguirre agasallounos

coas ilustracións que foron imaxe da campaña, feito que agradecemos

desde aquí, unha vez máis.

Pensar os libros e preguntar sobre ese pensamento. A idea era provocar a

reflexión individual respondendo á pregunta que daba nome á campaña.

Pensar sobre o acto lector. Pensar sobre por que/para que… o fago.

Resultou ser unha actividade moi motivadora. Recollemos respostas

emocionantes, sorprendentes, inesperadas…. E sempre reflexivas.

Participou o alumnado, claro está, pero tamén o profesorado e as familias.

A exposición aínda adorna un dos nosos corredores porque nos parece que

as despostas pódense ler moitas veces e sempre atopamos algo novo.

Page 19: Libros en tódolos sentidos
Page 20: Libros en tódolos sentidos

8. Libros no corazón Antes de recibir o convite de Implicadas tiñamos incluído no noso Plan de

Actuación Anual o que nos pareceu unha actividade de Animación á Lectura

moi singular: poñernos en contacto con personaxes populares coñecidos

por actividades profesionais non relacionadas cos libros e a lectura e

pedirlles que nos falaran dun libro que fora singular na súa vida. O pedido

incluía que nos achegaran unha foto súa lendo.

A idea era utilizar a fascinación que exercen sobre os nosos escolares

facendo ver que … ELES, ELAS, TAMÉN LEN.

Baixo ese título extendimos a proposta, de novo á rede de Bibliotecas

Escolares de Galicia co fin de levar a cabo un traballo colaborativo:

adoitamos facelo porque entre moitos as cousas fanse mellor.

A idea foi moi ben acollida e nós asumimos o labor de coordinación para

tódalas BEs de Galicia. A resposta por parte dos personaxes populares foi

menor que a esperada pero aqueles/as que responderon ao noso chamado

fixérono moi emotivamente. Porque o convite era complicado: pediamos

que nos falaran da pegada que deixara no seu corazón un libro.

Especialmente UN. Non era un convite sinxelo de encomendar o derradeiro

libro lido, ou un libro que me gustou moito. Non. Tiña que ser especial. Tiña

que ter relevancia na vida de quen respondía. Tiña que ser un libro dos que

se levan no corazón.

Coas respostas, maquetamos unha publicación on.line que enviamos a

tódalas bibliotecas da rede e foi exposta en multitude de colexios,

asociacións culturais, concellos e outras institucións. Usamos os debuxos

que fixo para a outra campaña que organizamos o ilustrador Jaime

Eizaguirre co fin de que ambas tiveran unha certa unidade de imaxe. Cos

orixinais imprimimos e encadernamos un volume que figura na nosa

biblioteca.

Page 21: Libros en tódolos sentidos
Page 22: Libros en tódolos sentidos

9. Libros na boca • Hoxe le…: Dous días á semana (martes e xoves) na hora do

recreo dos maiores, organizamos na Biblioteca unha actividade á

que chamamos Hoxe le… Trátase dunha actividade

autoxestionada polos escolares de 6º na que poden participar

como lectores/as calquera neno ou nena de entre 3º e 6º (sete a

doce anos) e como espectadores calquera que así o decida

especialmente os nenos e nenas de E. Infantil.

O que será lector/a escolle a súa lectura, prepáraa ben e por

riguroso turno da lista que xestionan os compañeiros/as de 6º,

ofrece a súa lectura no día indicado. Previamente o seu nome e o

título do libro que lerá aparece nos espazos publicitarios habituais

para coñecemento de todos/as. No día previsto ten lugar a

lectura, sempre ben recibida e aplaudida.

Nenos e nenas esforzánse verdadeiramente en facelo ben.

Dispoñemos dun equipo de megafonía que fai que se sintan

artistas. Se solicitan axuda na preparación da lectura, o

profesorado está sempre disposto a facelo.

En canto ós espectadores: especialmente o alumnado de E.

Infantil, espera con ansia os días nos que hai lectura e preguntan

por ela se, por algunha razón, temos que suspendela.

• Lecturas a domicilio. Outra actividade de lectura en voz alta de

maiores para pequenos. Temos especial querencia por elas porque

son moi estimulantes: quen as prepara faino a conciencia desde a

selección do libro ata a posta en escena, a dicción a entonación…. E

quen a recibe faino a través do vínculo cun neno/a que coñece, cun

igual, cun par. E esta carácterística de Inter.-pares dalle unha

dimensión singular pois alonxa todo o asunto da obrigatoriedade, da

escolaridade… parece máis vinculada ó xogo e á camaradería.

A experiencia dinos que os títulos que son lidos polos maires figuran

despois entre os máis solicitados polos pequenos para levar á casa e

compartilos coa súa familia.

Page 23: Libros en tódolos sentidos
Page 24: Libros en tódolos sentidos

10. Facedores de libros • Na nosa opinión un lector é tamén, en potencia, un autor. E cada ano

abordamos a tarefa de escribirmos xuntos. O curso pasado foi con

motivo do Día do Libro e a proposta foi a sempre tan socorrida do

libro viaxeiro: os pequenos da aula de tres anos comezron unha

historia que foi rodando polas aulas por riguroso turno e aumentada

seguindo o fío da historia ata completala.

Finalmente, cada aula ilustraba o texto que eles mesmos elaboraran.

Imaxe e texto, palabras e debuxos: unha historia un pouco

disparatada que rematou por chamarse Doce Malpica.

• Uxío Novoneyra. Demos a coñecer a poesía de Novoneyra. Limos os

seus poemas, mercamos os seus libros, prestámolos…Non foi difícil

facerlla chegar a nenos e nenas pois é amigable. E, ó fío dela,

pedimoslles que escribiran. E fixérono. Cos seus traballos fixémos un

recital de poesía e dúas publicacións electrónicas que se poden ver

AQUÍ e AQUÍ.

• Concurso de cartas e postais de Amor. Con motivo da festividade

dos namorados, e sabendo que o amor romántico, filial, fraternal…. o

amor en calquera das súas manifestacións, é o grande motor das

nosas vidas, propuxemos ós nosos escolares que escribiran unha

carta a un ser querido expresando os seus sentimentos.

Presentámolo en forma de concurso e, para aqueles que aínda non

escriben, en forma de ilustración. Previamente, mostramos exemplos

de libros de cartas, poemas de amor … co sistema que

habitualmente empreñamos: a exposición temática. Así saborearon

poemas de García Teijeiro, de Rosalía, de Darío Xohan Cabana, de

Celso Emilio, de Gloria Fuertes... Cos máis maiores usamos cun

éxito rotundo o libro de Fran Alonso Poetízate . O resultado do

concurso pódese ver nesta publicación electrónica.

Page 25: Libros en tódolos sentidos
Page 26: Libros en tódolos sentidos

11. Conclusión Xa dixemos que os libros fan virar en torno a eles toda a nosa vida

académica. Non vendemos libros. De feito, no noso centro non hai

lectura obligatorias. Enfocamos o asunto doutro xeito.

Metemos os libros na nosa vida cotiá: non hai nada que fagamos sen

eles. Libros concretos. Uns para cada cousa. Libros para traballar e para

saber. Libros para pasar o tempo e desconectar. Libros para o currículo

e libros para o tempo de lecer.

Sabemos que as familias se achegan ás librarías como ás farmacias:

coa receita na man. E ahí anos que nos propuxemos cambiar esa

conducta querendo que entren coma nas tendas de roupa: a mirar, a ver

que hai de novo… non sempre se merca, pero é algo normal. Así é

como o concebimos.

Sabemos que libreiros, editores e mestres temos un traballo común:

facer lectores. Cada quen desde os seus lícitos intereses: a nós tócanos

provocar por eles o amor e o desexo.

E facémolo o mellor que sabemos.

Mª Olga Rodríguez Díaz

Malpica, Marzo de 2011