libros libres! o luns 23 de abril, día internacional do ...o luns 23 de abril, día internacional...

2
NOTA DE PRENSA LIBROS LIBRES! O luns 23 de abril, Día Internacional do Libro O MARCO participa nunha actividade de BOOKCROSSING xunto con 71 museos e centros de arte contemporánea de todo o mundo O vindeiro luns 23 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro, o MARCO únese, unha vez máis, á experiencia de Bookcrossing na que participan 71 museos e centros de arte de todo o mundo. Unha campaña de liberación de libros na que encherán as cidades con volumes de diferentes disciplinas, procedentes da bolsa de duplicados das súas bibliotecas. A maioría dos participantes iniciarán a campaña mañá venres 20 de abril Os museos e centros participantes prevén poñer en circulación máis de 5.000 “libros libres” coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. No caso do MARCO, liberaranse un total de 100 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo. Todos os libros liberados están acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conteñen as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde atoparon cada exemplar e o lugar onde o liberaron. O obxectivo desta iniciativa é unir ás bibliotecas dos museos de arte nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas. Dende a súa aparición a nivel internacional en 2001, o bookcrossing non fixo senón multiplicar o número de participantes neste tipo de iniciativas. O bookcrossing defínese como un “club de libros global”, rexido por tres sinxelas regras, coñecidas como “as tres erres”: read (le), register (rexistra), release (libera). Os libros “libéranse” normalmente en lugares públicos e de tránsito de persoas, dende a Universidade aos medios de transporte ou polideportivos, e se cada usuario segue as instrucións é doado coñecer, a través da páxina www.bookcrossing-spain.com, o traxecto realizado por un libro dende o seu punto de orixe ao de recollida. En ocasións anteriores, libros de arte liberados con motivo desta campaña foron localizados en cidades tan distantes como París, Nova York, Roma ou O Cairo. MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo FUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com

Upload: others

Post on 29-Mar-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: LIBROS LIBRES! O luns 23 de abril, Día Internacional do ...O luns 23 de abril, Día Internacional do Libro O MARCO participa nunha actividade de BOOKCROSSING xunto con 71 museos e

NOTA DE PRENSA

LIBROS LIBRES!

O luns 23 de abril, Día Internacional do Libro

O MARCO participa nunha actividade de BOOKCROSSING

xunto con 71 museos e centros de arte contemporánea de todo o mundo

O vindeiro luns 23 de abril, coincidindo

co Día Internacional do Libro, o

MARCO únese, unha vez máis, á

experiencia de Bookcrossing na que

participan 71 museos e centros de arte

de todo o mundo. Unha campaña de

liberación de libros na que encherán as

cidades con volumes de diferentes

disciplinas, procedentes da bolsa de

duplicados das súas bibliotecas.

A maioría dos participantes iniciarán a

campaña mañá venres 20 de abril

Os museos e centros participantes prevén poñer en circulación máis de 5.000 “libros libres” coa

intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto

do mundo. No caso do MARCO, liberaranse un total de 100 catálogos en distintos puntos da

cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo.

Todos os libros liberados están acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conteñen as

instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados

na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde

atoparon cada exemplar e o lugar onde o liberaron. O obxectivo desta iniciativa é unir ás

bibliotecas dos museos de arte nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na

difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.

Dende a súa aparición a nivel internacional en 2001, o bookcrossing non fixo senón multiplicar o

número de participantes neste tipo de iniciativas. O bookcrossing defínese como un “club de libros

global”, rexido por tres sinxelas regras, coñecidas como “as tres erres”: read (le), register

(rexistra), release (libera). Os libros “libéranse” normalmente en lugares públicos e de tránsito de

persoas, dende a Universidade aos medios de transporte ou polideportivos, e se cada usuario

segue as instrucións é doado coñecer, a través da páxina www.bookcrossing-spain.com, o traxecto

realizado por un libro dende o seu punto de orixe ao de recollida. En ocasións anteriores, libros de

arte liberados con motivo desta campaña foron localizados en cidades tan distantes como París,

Nova York, Roma ou O Cairo.

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de CulturaPríncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com

Page 2: LIBROS LIBRES! O luns 23 de abril, Día Internacional do ...O luns 23 de abril, Día Internacional do Libro O MARCO participa nunha actividade de BOOKCROSSING xunto con 71 museos e

Esta iniciativa xorde da celebración no centro-museo ARTIUM de Vitoria-Gasteiz dos

Encontros de Bibliotecas e Centros de documentación de Arte Contemporánea, nos que

con carácter bienal se comparte información, se analizan as novas liñas de traballo e se estuda a

posibilidade de establecer vías de colaboración entre centros. Froito diso foi a posta en marcha dun

foro especializado en documentación de arte contemporánea e unha primeira vía de traballo de

difusión do labor destas entidades mediante esta iniciativa de bookcrossing.

Os libros liberados conteñen catro adhesivos. O primeiro, no lombo, é o símbolo internacional do

bookcrossing, o debuxo dun libro con brazos e pernas en actitude de correr, personalizado co

logotipo de cada centro ou museo. Un texto aclara que se trata dun libro bookcrossing. A segunda

etiqueta vai colocada sobre a cuberta do libro e nela danse máis detalles: “pásalle este libro a

alguén ou déixao libre na súa aventura” e “non me perdín, son parte dun club de libros global”, ao

tempo que remite a máis detalles no interior do libro.

Unha vez dentro, o terceiro adhesivo instrúe a persoa que recolleu o libro sobre o obxecto da

liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta experiencia internacional a través da

páxina web www.bookcrossing-spain.com, que permite coñecer onde estivo a publicación e quen a

leu, así como incorporar o novo lector ao seu diario de viaxe. Alternativamente, o lector pode

escribir o seu nome e o lugar onde atopou o libro antes de liberalo de novo nun diario de viaxe, o

cuarto adhesivo, que tamén incorpora o libro.

O bookcrossing permite non só compartir e intercambiar gratuitamente libros senón tamén seguir a

pista de calquera deles unha vez que “foi liberado”, así como saber quen o leu e en que lugar.

Calquera persoa pode participar nesta experiencia, non só recollendo libros senón tamén poñendo

en circulación outros da súa propiedade, rexistrándoos na páxina web de bookcrossing e

liberándoos despois nun lugar público.

Se desexa recibir máis información, diríxase a:MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoDepartamento de Comunicación (Marta Viana ou Pilar Souto)R/ Príncipe nº 5436202 VigoTel. +34 986 11 39 08 /11 39 03 / 11 39 00 / Fax.+34 986 11 39 01Email: [email protected] [email protected]

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de CulturaPríncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com