marilar aleixandre
TRANSCRIPT
Marilar Aleixandre
EntrevistaIES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 14 de febrero de 2012
Creo que o normal é empregar a lingua do lugar no que se vive. Iso é o que fan por exemplo quen van traballar a Estados Unidos ou a Alemaña. Porén, no caso do galego, parece haber persoas que non lle dan importancia ao uso da lingua do país. Eu entendo que é unha riqueza, un fermoso patrimonio a conservar e coidar.
Marilar Aleixandre
1. Como persoa nacida fóra de Galiza, que lles pode dicir a aquelas persoas que non empreguen e respecten o idioma daquel lugar onde os levou o seu traballo ou as súas circunstancias persoais? E a aqueles que renegan do seu propio idioma e cultura?
Levo tantos anos vivindo en Galicia que creo poder dicir que son galega, por tanto a cultura supón para min o mesmo que para calquera outro galego ou galega. En canto á xente, sinceramente, creo que en todas partes hai persoas marabillosas e outras que non o son tanto. A imaxe que tiña de Galicia antes de vivir nela estaba mediada polas amizades galegas e polas miñas visitas aquí, e era moi positiva.
2. Supuxo para Vostede un gran esforzo adaptarse á escrita nun idioma que non fora o seu materno? E a inserirse plenamente nesa “nova” cultura?
Naturalmente outras vivencias anteriores inflúen e mestúranse coas novas, que tampouco foron tan distintas. Nos anos en que eu cheguei a experiencia máis forte era a resistencia á ditadura franquista, en Madrid onde eu vivía e en Galicia. Eu non falaría de superar outras vivencias, pois estou orgullosa do que vivín antes de vir a Galicia. Integráronse unhas noutras.
3. Que supuxo Galiza, a súa cultura, as súas xentes, para Vostede? Coincidiu a visión desta realidade coa que lle forneceran antes de se inmiscir plenamente nela?
Aprender unha lingua nova, dominala até escribir nela, sempre supón un esforzo. Interésanme as linguas, gústame aprender unha nova, de modo que o esforzo vai acompañado do pracer. Ademais tiven a fortuna de aprendelo por inmersión no seo dunha familia galeguista, a do meu home, Ramón López Facal.
4. Normalmente as vivencias de xuventude van influír e marcar a futura obra dun escritor. Como puido superar Vostede o de ter unhas vivencias xuvenís nun espazo que non era o mesmo no que estaba a escribir? Supuxo algún choque vivencial á hora deste encontro das dúas realidades?
Fonte: El correo gallego
martes 14 de febrero de 2012
Non é unha cuestión de predilección, pois escribo tanto poesía e narrativa para adultos como literatura infantil e xuvenil. Estas obras son importantes para desenvolver a paixón por ler.
Marilar Aleixandre
Sempre é importante, sobre todo nun contexto como o de Galicia, onde a literatura en galego apenas ten presencia nos medios ou na meirande parte das librarías.
6. Que supón para Vostede o recoñecemento cun premio a unha obra súa, a ese seu fillo literario?
7. Cumpren os certames literarios unha función importante nunha literatura? En caso afirmativo, cal ou cales serían estas funcións?
Pola razón que dicía antes, colaboran á facer visible a literatura galega.
5. Por que a súa predilección (sen descartar outras opcións) pola literatura infantil e xuvenil? Onde cre que está a importancia desta literatura dirixida cara aos máis cativos?
Entrega da letra E a Marilar Aleixandre. Fonte: Concello de Santiago de Compostela
8. Que pensa Vostede da situación actual da nosa lingua e dos conflitos que a cotío estamos a ver? E da nosa literatura actual? Hai futuro para ambas?
A lingua atravesa unha situación difícil. Preocúpame por exemplo que non sexa posible dar clase de física en galego, lémbrame as nosas reivindicacións nos tempos de Franco, e pasaron xa moitos anos. Cómpre resistir, defender a lingua e a literatura galegas para que desenvolvan ese futuro no que eu confío.
martes 14 de febrero de 2012
Marilar Aleixandre
En Galicia hai tantos escritores que proceden das ciencias, e en concreto biólogos –
Xosé Miranda, Xavier Queipo, Xabier Paz, Ramón Caride, ademais de eu mesma– como
mostra de que non é preciso ser "de letras" para escribir. Todos somos un chisco de
ciencias e un chisco de letras.
9. Sempre estamos acostumados a que as/os escritoras/-es soen ter unha maior
ou menor relación nas súas actividades cotiás coas letras... Que fai unha
muller científica dedicada ao mundo das letras? Ou é este un mito máis que
temos que desbotar?
A Festa mudou, e agora tamén publican varóns, en recoñecemento aos avances na
igualdade. Aínda falta moito por avanzar, móstrao por exemplo a recente enquisa
entre xente moza na que se constata que hai moitos rapaces que pensan que as
mulleres deben facerlles caso e seguir os seus desexos.
10.Revistas como “Festa da Palabra Silenciada” aínda son necesarias ou esta nosa
sociedade actual xa está máis concienciada coa igualdade?
Fonte: IES de Viós
martes 14 de febrero de 2012
CUESTIONARIOcaligrafía de Lázaro Enríquez dun poema de Marilar
Portada de Teoría do caos
martes 14 de febrero de 2012
A ig
rexa
rom
ánic
a de
San
Mar
tín d
e Fró
mis
ta
en P
alen
cia
Un m
onum
ento
salie
ntábe
l?
Xavier Queipo (gañador do Xerais en
2011) e o seu libro de relatos 'Ártico',
recentemente reeditado, que vos
recomendo intensamente.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
'O círculo de tiza caucasiano' de Bertolt Brecht
Unha obra teatral?
A música Uxía Senlle, e Nelson
Mandela
Un personaxe galego e un estranxeiro?
A novelista estadounidense H
arper Lee e
a súa estraordinaria novela 'Matar un
reiseñor', s
obre o racismo no sur de Estados
Unidos, que é moi diverti
da e que vos
recomendo tamén.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiro
s?
O protagonista da novela de Úrsula K. LeGuin 'A
man esquerda da escuridade', que aborda cunha
grande sutileza as fronteiras entre xéneros.
Un personaxe de ciencia-ficción co que se identifique?
'Mar adentro' de Amenábar
Unha película de cine
martes 14 de febrero de 2012
Viaxar a Madagascar,
aínda que espero ir algún
día
Un anceio por realizar?
Camiñar polo m
onte
Outro entretemento
ademais da literatura?
Urbano, tede en conta que nacín en
Madrid (mais sen esquecer o rural).
Praia, ou máis ben costa, a ser posible
perto dunha montaña, como ocorre no
Pindo.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Para visitar, Sicilia. Para descansar Toba (Cee, A Coruña)
Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
A conquista do voto polas
mulleres grazas ás accións
das sufraxistas
Un feito histórico?
Unha sociedade sen inxustizas, sen
exclusións, con dereitos iguais para
mulleres e homes, e que non estea
baseada na explotación doutras
persoas noutros países.
Unha utopía?
A butaca onde leo, fronte ás postas de
sol no Pedroso
Un lugar axeitado para a lectura?Jazz e blues; 'Miña terra galega' de Siniestro Total
Un tipo de música? Unha canción?
A poeta Pilar Pallarés
Un/ha autor/-a con quen se identifique?
martes 14 de febrero de 2012