marques de ensenada fátima del río

7
MARQUES DE ENSENADA

Upload: josantv123

Post on 19-Nov-2014

349 views

Category:

Education


9 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

MARQUES DE ENSENADA

Índice- Biografía - Reformas levadas a cabo por Ensenada- Causas da súa destitución- Últimos anos

Zenón de Somodevilla y Bengoechea , é o nome completo do Marqués de Ensenada. Naceu en Hervías (A Rioxa) en 1702 e morreu en Medina del Campo (Valladolid) en 1781. Foi estadista e político ilustrado español, cegando a ocupar cargos como o de secretario de Facenda, Guerra, da Mariña e de Indias. Foi conselleiro de Estado durante tres reinados, os de Felipe V, Fernando VI e Carlos III

Foi incorporado o servicio da Monarquía por Patiño, o cal o reclutou como oficial do Ministerio da Marina durante a preparación dunha expedición a Ceuta. Foi ascendendendo progresivamente na carreira burocrática hasta o posto de comisario da Marina en Ferrol. Pero o que fixo que fose un político destacado foi o seu eficaz labor como organizador da escuadra española, destinada a reconquistar Nápoles durante a Guerra de Sucesión de Polonia. Estes servicios fixeron que fora premiado con título de marqués de Ensenada en 1736. Desde entón ocupou os altos cargos da Monarquía. Convertido practicamente en ministro universal, Ensenada encamiñou a súa política fortalecendo o Exército e a Marina en previsión do inevitable conflicto que España tería que soster con Inglaterra polos seus intereses coloniais enfrontados, conflicto no que desconfiaba poder contar coa axuda de Francia.

Ensenada é o encargado de controlar todo por iso as negociacións se facían con el. Foi tras a firma do Segundo Pacto de Familia (1743) cos Borbóns de Francia cando o marqués tivo as mans libres para dedicar todo o seu tempo os asuntos internos de España, acometendo novos proxectos. As reformas de Ensenada son a mostra do labor dun ministro ilustrado. Algunhas das reformas levadas a cabo son as seguintes:

• Aprobouse o novo modelo de Facenda en 1749 que substituía os impostos tradicionais polo imposto único de catastro. Nunca chegou a aplicarse pola oposición nobiliaria.

• Mellorou a navegación no Ebro hasta Tortosa e mellorou os portos de Barcelona e Palma de Mallorca.

• Mellorou a carretera do porto de Guadarrama á altura de San Rafael (entre Madrid e Segovia)

• Creou en 1752 a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, enmarcada na plena ilustración.

• Creación do XIro Rel en 1752: tratábase dunha identidade bancaria que favorecía as transferencias de fondos públicos e privados fora do país.

• Impulsou o comercio coas colonias de América

• Os británicos querían conseguir a destitución do marques. En 1754 conseguírono a base dunha serie de intrigas en palacio. Intentando forzar unha guerra entre España e Gran Bretaña, Francia e os seus axentes en Madrid deron apoio á secreta intervención que preparaba o marqués para atacar ós colonos ingleses. Finalmente acháronse as ordes de guerra firmadas polo marqués sen o coñecemento do rei, o que levou a que o marqués fose arrestado e acusado de alta traizón a Coroa. Foi desterrado a provincias, pasando a residir baixo vixilancia en Granada, máis tarde conseguiu permiso para instalarse en Cádiz. Ca chegada de Carlos III retornou a corte española. No estalido do célebre Motín de Esquilache (revolta que tivo lugar en Madrid baixo o reinado de Carlos III), dado que foi unha cabeza de turco xunto ó ministro italiano, perdeu os cargos que tiña na corte. Foi exiliado a Medina del Campo, localidade onde faleceu o 2 de decembro de 1781, sen poder saír xamais de alí e tras 15 anos de inactividade política.