memoria 2012

48
ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL “ASCM” MEMORIA 2012 - EIVA Nº 30

Upload: asociacion-sociocultural-ascm

Post on 07-Jul-2015

81 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

ASOC

IACI

ÓN SO

CIOC

ULTU

RAL “

ASCM

”ME

MORI

A 201

2 - EI

VA Nº

30

2

3

En 1987 nacía en Ferrol a Asociación Sociocultural “ASCM” cun marcado obxectivo: lograr a plena integración das persoas con discapacidade en todos os ámbitos. Vintecinco anos despois, a ASCM continúa loitando por acadar este obxectivo a través da realización de diversas actividades, para elo ofrecemos servizos de formación, información e integración laboral, transporte adaptado, accesibilidade, deporte adaptado, e educación entre outros.

A nosa traxectoria social, aválanos como unha das entidades pioneiras na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade en Galicia. A nosa labor veuse recoñecida pola Xunta de Galicia ao declarar a nosa asociación “de utilidade pública” (DOG mércores 11 de agosto de 2010 -Orden de 4 de agosto de 2010 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

Con esta memoria anual, a Asociación non só pretende manter informados aos socios/as dos eventos organizados ano tras ano, senón que trata tamén de expoñer á cidadanía en xeral as áreas sociais nas que é necesario seguir traballando. Ademais, neste ano 2012, a ASCM celebrou o seu 25º aniversario, polo que foi un ano moi especial no que se levaron a cabo moitas actividades para conmemorar tal data.

Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade, nalgún momento da nosa vida, xa sexa temporal ou permanente, e porque é unha realidade que pode cambiar a vida nun segundo: un accidente laboral, doméstico,de tráfico... pode truncar a nosa forma de ver as cousas.

¡Se te pos nese lugar, quererás apoiar e participar!

ÍNDI

CEQuen somos

Saúda do presidente da Deputación

Saúda do presidente

Xunta directiva

Onde estamos

Accesibilidade

Transporte adaptado

Orientación e intermediación laboral

Educación e formación

Deporte adaptado

25 Aniversario

Voluntariado

Lecer e tempo libre

Muller

Infancia e maiores

Actividades

Información e asesoramento

Divulgación e sensibilización

Financiadores

3

5

6

7

8

10

12

14

16

20

24

26

30

32

36

38

42

44

46

5

Cada vez que teño a oportunidade de compartir algo de tempo con membros ou traballadores da Asociación Sociocultural de Minusválidos saco

a mesma conclusión. O moito que son capaces de facer con tan pouco.

E, agora, despois de coñecer a memoria das actividades realizadas no ano 2012, aínda me cambia ese pensamento. Non sodes capaces de facer moito con pouco, senón que sodes capaces de facer moitísimo, máis do que os demais imaxinamos.

E o facedes por vós, pero tamén por todos nós, por toda unha sociedade que, a través do voso traballo desinteresado, vemos como cada problema se converte nunha solución e cada obstáculo nun reto que ides superar.

A Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol é hoxe unha referencia para toda unha comarca e mesmo para toda a provincia da Coruña. O traballo dos seus membros da sentido a moitas vidas, a moitas vidas que

atopan no afán de superación un motivo para seguir adiante, a moitas vidas que saben que o único reto imposible de superar é o medo a non conseguir as cousas. Todo o demais, vós o demostrades, é posible se hai ganas de facelo.

A Deputación da Coruña sabe do voso mérito.

O Concello de Ferrol sabe do voso mérito.

E por iso, para recoñecelo, decidimos que levarades este ano a Insignia de Ouro da cidade, un premio máis que merecido e que tan só demostra minimamente o agradecemento da sociedade a todos vós.

Desde a Deputación da Coruña estamos convencidos de que a vosa dedicación merece todo o apoio que desde as Administracións poidamos ofrecer. Por iso, estamos encantados de pór o noso granito de area para que poidades seguir demostrando, durante moitos anos máis, que a discapacidade é unha condición e nunca unha limitación.

Grazas por recordalo cada día.

Diego Calvo Pouso

SAÚDA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

6

Xa tedes nas vosas mans a memoria do ano 2012 da ASCM. Un ano moi especial marcado pola data do noso 25 aniversario.

Un ano máis, aproveito para agradecervos o apoio prestado nestes 25 anos de traballo a favor das persoas con discapacidade, 25 anos cheos de logros que debo compartir con todos e todas as que deixaron pegada nesta traxectoria, pois eles son en gran medida os causantes deste mérito, que comezou cunha decisión valente, e que continua co esforzo de moitas persoas implicadas na causa.

A ASCM aglutina a 2000 socios e medio centenar de voluntarios e voluntarias, unha Xunta Directiva composta por seis persoas, unha xerente e unha plantilla actual de trece

traballadores e traballadoras, que traballan ó servizo das persoas con discapacidade en tarefas moi distintas e á vez moi necesarias.

Aínda que a meta queda lonxe, xa está máis preto que onte, pois as barreiras que non deixan medrar son as que un mesmo se pon, as que pon a vida supéranse con esforzo.

As persoas, do mesmo xeito que as aves, son diferentes no seu voo, pero iguais no seu dereito a voar. A maior discapacidade é non darse conta de que todos e todas somos iguais.

En nome de todas as persoas con discapacidade membros da ASCM, dos traballadores e traballadoras, do grupo de voluntariado, e no meu propio: ¡¡¡GRAZAS!!!

SAÚDA DO PRESIDENTE

Pre

sid

ente

Ángel Gárate Roca

Vic

epre

sid

ente

Manuel S. Rguez Sanesteban

Tes

ou

reir

o

Álvaro Illobre Saavedra

Secr

eta

rio

Antonio Vázquez Deibe

Vog

al

Abelardo Teijido Lage

Vog

al

Basilio Durán Cupeiro

XUNTA

DIRECTIVA

7

8

ONDE ESTAMOS

R/Fernando VI Bloque 2 Baixos 18-19

Tlf: 981 35 14 30 Fax: 981 35 14 50

Email: [email protected]

FERROL

Estrada de Castela 256, Baixo

Tlf: 981 38 53 66 Fax: 981 38 67 22

Email: [email protected]

NARÓN

9

10

Este servizo, está destinado a informar, asesorar e desenrolar actuacións en materia de axudas técnicas, accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas.

Esta área encárgase de resolver as dúbidas que teñen os nosos usuarios con respecto a accesibilidade. Ademais tamén se estudan e analizan as diferentes barreiras arquitectónicas e urbanísticas con que conta a comarca de Ferrolterra, tanto no ámbito urbanístico como de transporte, facendo as oportunas demandas ante os organismos competentes.

O ámbito de actuación do servizo de accesibilidade non é por tanto soamente no campo urbanístico, seno tamén nas barreiras sociais que debemos superar realizando campañas de sensibilización e concienciación.

O desexo da entidade é o de poder concienciar á cidadanía en xeral, e especialmente ás administracións públicas, sobre a necesidade de facer unha cidade accesible, eliminando a gran cantidade de barreiras arquitectónicas que existen na actualidade; rúas con beirarrúas estreitas por onde non caben as cadeiras de rodas, beirarrúas sen acceso ós pasos de peóns, bordos moi altos, edificios públicos que non son accesibles…, e un longo etcétera que temos que intentar eliminar ou polo menos paliar. Por iso, un dos principais obxectivos da ASCM é acadar unha cidade accesible para todos.

A área de accesibilidade tamén puxo en marcha un blogue no que se publicarán, entre outras cousas, as fotografías-denuncia (accesibilidadascm.blogspot.com).

ACCESIBILIDADE

11

12

A ASCM, coa colaboración dos Servizos Sociais do Concello de Ferrol, Narón e a Deputación da Coruña, puxo en marcha un servizo de transporte adaptado para o desprazamento das persoas con movilidade reducida que non poidan utilizar o transporte público, atendendo a un total de 387 usuarios.

Durante o ano 2012 realizáronse diferentes servizos de transporte para realizar diversos trámites administrativos e o traslado a varios centros especializados, o que fomenta a independencia e autonomía das persoas con mobilidade reducida.

Cubrindo así o que hoxe en día non se está a cubrir co transporte público e atendendo ás necesidades das persoas con movilidade reducida.

Durante este ano foron 103.000 os km que se recorreron para dar esta cobertura.

Obxectivos :

* Fomentar a independencia e autonomía das persoas con mobilidade reducida.

* Garantir a escolarización das persoas con mobilidade reducida.

* Cubrir o servizo que hoxe non se está cubrindo co transporte público.

* Atender as necesidades das persoas con dificultades para desprazarse.

TRANSPORTE ADAPTADO

13

14

A “ASCM” considera, dende os seus comezos, a integración laboral como un eixe importante para a integración normalizada e plena das persoas con discapacidade, apostando na década dos noventa polo emprego protexido a través dos Centros Especiais de Emprego, nos que hoxe en día están a traballar 43 persoas con discapacidade, o que supón un 67% dos empregos existentes. Na comarca de Ferrolterra, a ASCM creou o 75% dos centros especiais de emprego.

O servizo ten como obxectivo final a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, orientando, asesorando e axudando ás persoas con discapacidade para a súa inserción no mundo laboral, e tamén

para ofrecer información ás empresas sobre os incentivos e subvencións ás que pode acceder ó contratar a persoas con discapacidade.

Na actualidade, o servizo céntrase fundamentalmente en realizar un estudo individualizado de cada demandante de emprego, realizar currículums, orientación formativa e formación a través da realización de talleres de inserción laboral.

Tamén actúa de mediador entre as empresas e os demandantes de emprego, e ten en marcha un blog de orientación laboral (http://orientacion-laboral -ascm.blogspot .com.es/) . Ademais encárgase da busca activa de ofertas de emprego (na prensa, Internet, ETTs…).

A integración laboral das personas con discapacidade segue a ser difícil polo que é todo un reto seguir traballando cos demandantes de emprego, xa que actualmente a situación económica é bastante perxudicial, especialmente cos colectivos máis vulnerables.

ORIENTACIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORAL

15

O noso servizo de Orientación e Intermediación laboral contou en 2012 con 831 persoas con discapacidade en idade laboral (entre 18-65 anos), e 207 persoas coas que traballamos de forma constante, das cales 64 están actualmente traballando.

É moi importante que as persoas que estén incluidas na nosa bolsa de emprego manteñan sempre actualizados os datos do seu currículo.

16

Na súa labor de promover a formación destinada a conseguir a integración social e laboral, a ASCM realizou un curso de Cultura Xeral Básica para Adultos e varios cursos sobre novas tecnoloxías: introducción á informática, informática xeral, correo electrónico e redes sociais; tendo en conta que nos movemos nunha sociedade da comunicación onde as novas tecnoloxías son esenciais, tanto para comunicación e relacións sociais, como para atopar traballo ou realizar trámites administrativos ou compras online. As persoas con diversidade funcional seguen sen estar familiarizadas cos cambios tecnolóxicos.

As actividades formativas da ASCM están destinadas ás persoas asociadas e á cidadanía en xeral,

coa finalidade de desenvolver unha acción integradora. Neste sentido, organizáronse diversos cursos e obradoiros como:

“Primeiros Auxilios”.

“Manexo e mantemento de cadeiras de rodas”, co obxectivo de familiarizarse co manexo das cadeiras de rodas dos propios usuarios e dos seus coidadores.

“Voluntariado e discapacidade” e “Curso básico de voluntariado” para formar ás persoas voluntarias.

“Habilidades sociais”, co obxectivo de dar pautas para a súa mellora.

E “Resolución de conflictos”.

Ademais disto, os voluntarios e o personal da ASCM realiza unha formación continua apoiándose en plataformas como Voluntariado Galego, Voluntariado Dixital ou a Fundación Luis Vives.

Nestes cursos participaron arredor de 200 alumnos.

EDUCACIÓN E FORMACIÓN

17

18

19

20

Neste ano a nosa Asociación e os nosos clubs continuaron a desenrolar un gran número de actividades, ampliando a participación das persoas con diversidade funcional e o persoal voluntario nelas.

A Boccia é un xogo de precisión e de estratexia que ofrece a persoas con grandes discapacidades a posibilidade de achegarse á práctica deportiva. A ASCM leva competindo na Boccia dende hai varios anos e na súa traxectoria vai obtendo resultados moi positivos. Tamén hai que resaltar a grande importancia que ten o persoal voluntario no desenrolo do deporte da Boccia.

O ano pasado comezamos coa sección de tiro con arco co mellor tirador galego, Guillermo Rodríguez,

e parece que a semente do tiro está medrando, pois o curso de iniciación feito en novembro e decembro foi todo un éxito.

Por outra parte, o Club ADM convertiuse no segundo con maior número de licencias en tenis en cadeira de rodas a nivel nacional, e conta con 7 deportistas na disciplina.

Dentro da oferta tamén se atopan baloncesto en cadeira de rodas (Club Basketmi), tenis de mesa, tiro e natación (piscina terapéutica).

Tamén merece mención especial a organización dunha nova edición do Rallye Social puntuable para o Campionato de España de Automovilismo FEDDF e creando o primeiro Open Ferrolterra de Rutas Turísticas co resto das escuderías da comarca.

Así como a celebración da I Xornada de Deporte Adaptado, que tivo lugar en novembro.

DEPORTE ADAPTADO

CAMPIONATO NACIONAL DE BOCCIA

21

OrGAnizADO POlO Club ADM COA COlAbOrACión DO VOluntAriADO DA ASCM (FERROL, 14-17 XUÑO 2012)

22

23

24

Celebramos o noso 25 aniversario cunha gala que tivo lugar o venres 25 de maio de 2012 na sala de congresos de FIMO, co seu aforo ao completo.

Entre as persoas asistentes estaban a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o Deputado Provincial, Miguel de Santiago, e os alcaldes de Ferrol, Fene, Ares, Cabanas e Cedeira.

O acto serviu para agraceder o traballo e a axuda recibida durante todos estos anos por parte de socios, amigos, colaboradores e entidades públicas e privadas, grazas aos que a ASCM poido celebrar as súas bodas de prata.

A gala completa pode verse na nosa canle de YouTube “CanalASCM”.

25 ANIVERSARIO

25

26

Rexistrada como Entidade de Acción Voluntaria no ano 2000, a Asociación contou sempre coa colaboración e apoio de persoas que, cedendo o seu tempo de maneira desinteresada, axudan a que as persoas con discapacidade participen activamente na sociedade.

A ASCM conta con máis de 50 voluntarios, dos cales un 90% ten algún tipo de discapacidade. Ademais de ter comprobado ao longo do tempo que o seu nivel de motivación é altísimo, o traballo de voluntariado é moi positivo para este colectivo.

A ASCM asume a responsabilidade de darlle ao voluntario unha formación básica e específica. A formación é, sen dúbida algo imprescindible, pois ademais de darlle seguridade, optimiza o traballo do voluntario. Pero sobre todo, e o que é máis

importante, enriquece á persoa e lle aporta profesionalidade.

Neste momento de crise, os voluntarios conforman o motor principal da ASCM, participando na organización de eventos e actividades propias e alleas, coma o caso do proxecto “Ferrolterra 12: doce días pola integración” de AECOFE empresarias Ferrol, no que os nosos voluntarios tiveron un papel moi destacado ou o programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.

Por todo isto, so queda dar as grazas a todos eles, xa que sin o seu esforzo e dedicación todo isto non sería posible, pero, en especial, a Edita Carballeira, elixida Voluntaria do Ano neste 2012.

¡¡¡GRAZAS A TOD@S!!!

VOLUNTARIADO

27

28

29

30

Durante o 2012 a ASCM organizou un total de cinco visitas culturais e didácticas ás exposicións que se organizaron en Ferrol. Máis de 80 persoas participaron nestas visitas.

Exposición itinerante “Galicia, conservando a natureza”, instalada na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol. Esta exposición permitiu achegar a gran diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos.

Exposición itinerante “Aves de Galicia” instalada na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol. Permitiu achegar aos asistentes ao medio natural a través dun dos seus elementos máis rechamantes: as aves.

Exposición Wildlife, no Centro Sociocultural Novacaixagalicia.

A través das fotografías fíxose un percorrido para coñecer o xeito de vida de moitas especies salvaxes.

A Fundación Novacaixagalicia en Ferrol acolleu tamén a exposición que mostra 100 gravados de Dalí. “A divina comedia de Salvador Dalí”

BBVA organizou en Ferrol a exposición ‘Billetes tridimensionais: arte numismático sen barreiras’.

Ademais disto, a ASCM puxo en marcha a finais deste ano a área de lecer, que se encarga de programar saídas e actividades lúdicas para todos os usuarios, como participar na Ruta dos Pinchos de Neda ou visitar o Belén da OJE.

LECER E TEMPO LIBRE

31

32

Muller e discapacidade.A ASCM é membro da Comisión

da Muller de COAMIFICOA, que é unha área de traballo desde a que se pretende informar e intermediar coas mulleres con discapacidade no ámbito dos seus dereitos específicos, como mulleres que, ademáis, padecen unha discapacidade física. A asociación participa no proxecto “Nosotras tomamos la palabra” co fin de recopilar datos informativos sobre a situación da “muller e discapacidade” a nivel autonómico e/ou provincial, para finalmente realizar un informe de investigación nacional (en colaboración con outras comunidades autónomas); ademais de realizar actividades específicas como debates sobre diversos temas, obradoiros para mulleres, etc.

No 2012 adicamos unha xornada en conmemoración ao Día Internacional da Muller, cunha solta de globos. E unha representación da ASCM tamén

participou nos actos organizados polos concellos de Ferrol e Narón.

Acto contra violencia de xénero (Ferrol): O Concello de Ferrol fixo un novo acto en repulsa contra a violencia de xénero, que no mes de xullo centrouse na dobre discriminación das mulleres con discapacidade. Trala plantación de rosas nos xardíns de San Francisco, en recordo das vítimas do maltrato machista, unha representación da ASCM e outras entidades e particulares concentráronse fronte ao Concello e asistiron á lectura dun manifestó, realizado por residentes do CAMF.

Día Internacional “Contra a Violencia de Xénero”: Foi na propia ASCM onde se levaron a cabo actividades relacionadas con este día; nelas participaron activamente voluntarios/as da ASCM.

Ademais disto, a ASCM celebrou nas súas instalacións unha xornada de Tapper Sex para romper con moitos mitos da sexualidade e discapacidade.

MULLER

33

34

35

36

Dentro da chamada Área de Infancia, coa axuda dun pequeno grupo de voluntarios/as da ASCM, estase elaborando un Catálogo de Xogos Adaptados, con fin de poder utilizar en futuras actividades, e no momento que se requira.

Ademáis, outro grupo de voluntarios/as comezou cun Estudo de Investigación sobre a adaptabilidade dos Parques Infantís da comarca de Ferrolterra co obxectivo de poder comprobar se están ou non adaptados para nenos e nenas con algún tipo de discapacidade física.

Unha das actividades levadas a cabo pola ASCM, na que a participación é exclusivamente de nenos/as con algún tipo de discapacidade foi a denominada “psicomotricidade e deporte infantil”. Esta actividade axúdalles a estar sans física e

mentalmente a pesares das súas discapacidades, tamén a relacionarse dunha forma máis igualitaria con outros membros con outras deficiencias. Satisface necesidades básicas de crecemento persoal e de relación cos demais que lle axudan a descubrir as súas capacidades, disfrutando das superacións.

A Área de Maiores, composta por un grupo de voluntarios/as, elaborou un catálogo de xogos adaptados, destinado a persoas maiores. Neste catálogo, incorporáronse xogos de habilidades, axilidade, coordinación, memoria, entre outros.

Neste ano, o grupo de Teatro ASCM representou unha das súas obras nos centros xerontológicos Geriatros Laraxe e EUXA de Narón.

Tanto para infancia como para maiores, realizamos actividades específicas para os centros que así o demandan, como charlas en colexios ou visitas a centros de maiores.

INFANCIA EMAIORES

37

38

A ASCM ten a disposición dos seus usuarios unha ampla oferta de todo tipo de actividades.

Actividades dirixidas por voluntarios:

* Meditación: onde se aprenden técnicas de relaxación.

* Cociña natural: combinación de alimentos e elaboración dunha dieta saudable.

* Manualidades: onde se realizan traballos con material reciclado principalmente.

* Labores: bolillos, calceta, bordado, ganchillo…

* Pintura en teas: decoración de todo tipo de obxectos con tea.

* Ornamentación floral: xarróns, ramos e todo tipo de centros.

* Teatro: Grupo de Teatro ASCM.

* Comparsa: “Os Colludos”.

Ademais disto, levamos a cabo un ciclo de “cine e discapacidade”, no que unha vez ao mes se proxecta unha película relacionada coa discapacidade, e despois se establece unha charla-coloquio para falar sobre ela.

Outras actividades:

• Formación.

• Lecer e tempo libre.

• Muller.

• Infancia e maiores.

• Deporte.

• Voluntariado.

ACTIVIDADES

39

40

41

42

O obxectivo xeral deste departamento é ofrecer información e asesoramento aos socios sobre as vantaxes e outras medidas de apoio para persoas con discapacidade, como son:

* Información en xeral.

* Recoñecemento, declaración e cualificación do grado de discapacidade.

* Beneficios fiscais.

* Prestacións económicas, sociais e sanitarias, ás que poden acceder as persoas con mobilidade reducida.

* Adaptacións no fogar.

* Información sobre trámites administrativos (como solicitar

os certificados de minusvalía ou dependencia, tarxetas de estacionamento, adaptación no fogar, compra de vehículos, etc).

* Información sobre subvencións e axudas dos organismos públicos, así como a súa realización, xestiones e entrega ante as administracións públicas.

* Información sobre aspectos xurídicos (presentación de denuncias, recursos, dereitos das persoas con discapacidade)

Cada un dos departamentos que conforman este servizo (legal, accesibilidade, emprego…) encárgase despois de resolver cada unha das dúbidas, trámites ou problemas que teñen os nosos usuarios.

Durante o 2012 o noso Servizo de Información, Asesoramento e Orientación atendeu a máis de 5.000 consultas relacionadas con temas de discapacidade en todos os seus ámbitos.

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

0

200

400

600

800

1000

1200

Nº de consultas por mes

enero

febrero

marzo

abril

mayo

junio

julio

agosto

sept

octubre

nov

0 200 400 600 800 1000 1200 1400

ASCMBarreiras

MullerAutoemprego

EducaciónCEE

Certif.MinusvalíaEmprego

FormaciónVivenda

Axudas económicasAsociacionismo

LecerVoluntariado - Talleres

TransporteTeatroOutras

Temas consultados

43

44

Dende a ASCM faise un grande esforzo por ter presenza nos medios, coa finalidade de informar, denunciar e facer presión para que a realidade non sexa algo descoñecido para a cidadanía. Isto compleméntase coa presenza en Internet (páxina web, blogues e redes sociais) e carteis, dípticos e trípticos varios. Do mesmo xeito, a ASCM desenvolve unha labor fundamental na organización e/ou participación en xornadas e congresos sobre discapacidade.

Tamén se traballa dende a entidade dun xeito presencial e coa colaboracón do Equipo de Voluntariado da ASCM en contacto directo a través de charlas nos colexios, co obxectivo de sensibilizar aos máis novos sobre a problemática das persoas discapacitadas no seu entorno habitual.

Neste 2012 comezamos a participar no proxecto “Móviles Solidarios”, que consiste na recollida de móviles en desuso para que o seu valor sexa doado á ASCM. Toda a información en www.movilessolidarios.com

Enderezos web:

PÁXINA WEB:www.ascmferrol.com/

BLOGUES:

Blogue de noticias: noticias-ascm.blogspot.com.es/

Blogue de voluntariado: voluntariadoascm.blogspot.com.es/

Blogue de accesibilidade: accesibilidadascm.blogspot.com.es

Blogue de orientación laboral: orientacion-laboral-ascm.blogspot.com.es/

REDES SOCIAIS:

Facebook:www.facebook.com/asociacion.deminusvalidos

Twitter: twitter.com/ASCM_Ferrol

DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN

45

46

FINANCIADORESA Asociación Sociocultural “ASCM” recibe, para o seu financiamento, achegas

de administracións e organismos públicos, privados, aportacións dos socios/as e donativos.

PÚBLICOS:

PRIVADOS:EmpresasParticulares

FAITE SOCIO/A

¡SÓ 20 €/ANO!OU COLABORA CO TEU DONATIVO EN:

NOVAGALICIA BANCO: 2080 0227 05 3040004945

CAJA MADRID: 2038 4005 62 6000042224

LA CAIXA: 2100 1456 67 0200048161

BANCO POPULAR:0097 8985 41 0600058203

TEÑAS ALGÚN TIPO DE DISCAPACIDADE OU NON, PODES FACERTE SOCIO POR...