memoria de actividades extraescolares - edu.xunta.gal · día 30.- 3º eso a e div visitan o museo...
TRANSCRIPT
2
MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 13-14
Este curso fixemos unha serie de actividades que consideramos necesarias
para unha formación integral do noso alumnado.
Compre salientar a colaboración de case todo o profesorado, algo totalmente
imprescindible para levar a cabo estas actividades. Dende a vicedirección tentamos
promover e coordinar as visitas, saídas, excursións etc, pero non hai que esquecer o papel
primordial do profesorado dos distintos departamentos, sen quen non se poderían levar a
cabo as actividades.
Tivemos charlas e conferencias. Algúns escritores visitaron a biblioteca.
As liguiñas de fútbol, balonmán e baloncesto celebráronse como todos os anos nos
recreos .
Participamos de novo na Semana Matemática, no Rallye Matemático
Fomos ao teatro, ao cine, aos museos, tivemos contos en inglés e galego, o salón de
actos encheuse de música e teatro.
E, como non podía ser menos tratándose deste centro, viaxamos por Galiza, Andorra,
Portugal, e mesmo chegamos a París en dous grupos.
Os pasillos do centro foron todo o ano un escaparate de distintas actividades que se
ían desenvolvendo no instituto.
Os lavadoiros foron o eixo dunha serie de concertos, charlas, exposicións etc na que
se involucraron gran número de profesores e alumnos.
Cómpre salientar un calendario “danzante” nas nosas saídas, por causa do mal
tempo.
3
OUTUBRO
Día 30.- 3º ESO A e Div visitan o Museo do mar acompañados por Mª Luz
Valencia e Carmen Rodríguez.
Percorrido do casco vello de Vigo dos grupos de 2º Bach A, B e D con
Tere Prol e Basilio Cegarra.
NOVEMBRO
Día 7.- Visita á depuradora o grupo 1º ESO B con Conchi Álvarez e Daniel
Lagoa.
Día 11.- Os 4ºs da ESO toman parte na campaña contra a violencia.
Acompañanos as profesoras Ana Álvarez e Chis Oliveira.
Día 12.- Saída á Serra da Groba de 2º Bach C e D coas profesoras Carmen
Martínez e María Vázquez.
4
Día 13.- O alumnado de Antropoloxía de 1º Bach visitan o Museo Liste coa
profesora Chis Oliveira.
Día 14.- Percorrido do casco vello de Vigo dos grupos de 2º Bach C e E con
Antón Piñeiro e Basilio Cegarra.
Día 19.- Celébranse actividades para conmemorar o Día da Ciencia.
5
Día 20.- 54 alumnos de 1º Bach visitan a Fundación Curros Enríquez con Elsa
Lamas e Álvaro Varela.
Día 21.- 1º ESO E realiza unha visita á depuradora coas profesoras Mª José
Parada e Marisol Mariño.
2º Bach E vai á ESAD con Ángeles López, Patricia Clavo e Julen
Cantabrana.
Día 25.- Os 4ºs da ESO participan en Enlaza Vigo acompañados por Ana
Álvarez e Paz López
DECEMBRO
Día 5.- Visita a Aqualia de 1º ESO C con Conchi Álvarez e Jesús Salgado.
Días 16 a 20.- Un grupo de 60 alumnos dos 2ºs de Bach realizan unha viaxe a Lisboa
con Mercedes Pérez, Antón Piñeiro e Ildefonso Piñeiro.
6
Día 17.- 1º Bach A e B realizan unha visita ao CUVI con Dani Rodríguez, Julia
Iglesias e Rafael Rodríguez.
XANEIRO
Días 11-18.- Excursión a Andorra. 39 alumnos acompañados por Víctor Bernal,
Laura Espinosa e Mª Carmen Martínez.
Día 16.- Viaxan ao parque eólico de Sotavento un grupo de alumnos de 3º
ESO acompañados por Paz López e Rosa Domínguez.
7
Día 24.- David Amor visita o noso centro para dar unha serie de charlas
.
Día 27.- O alumnado de Relixión visita no edificio da Xunta unha exposición
sobre Teresa de Calcuta coa profesora Carmen Mauri.
Día 30.- Organizadas pola biblioteca, celébranse unha serie de actividades
para conmemorar o Día da Paz. Asisten todos os 1ºs ESO.
FEBREIRO
Días 6.- Charlas sobre reanimación para 4º B e C organizadas polo orientador
Víctor Bernal.
21 alumnos Relixión asisten a unha proxección de cine nos
Salesianos. Acompáñanos a profesora Carmen Mauri.
Día 13.- Alumnado de 4º ESO e 2º Bach asisten á representación teatral da
obra La casa de Bernarda Alba con Tere Prol e Celia García.
Organizadas por Víctor Bernal impártense unhas charlas pola policía
sobre o uso de Internet. Asisten 1ºs e 2ºs da ESO.
8
Día 21.- A escritora Mª Menéndez Ponte dá na biblioteca do centro unha
charla para 2ºs da ESO.
O alumnado de TIC de 1º Bach B visita o museo MARCO co profesor
Dani Rodríguez.
Día 25.- 90 alumnos de 2º ESO e 3º Div realizan a Ruta Rosaliana. Viaxan con
eles Álvaro Varela, Patricia Clavo, Carmen Rodríguez e Sara Pérez.
Día 27.- Visita a Citroën de 4º ESO C e B coa profesora Paz López.
Charlas sobre resucitación impartidas por Carlos Vales e organizadas
por Víctor Bernal para 4º ESO A e Div.
Día 28.- Celebración do entroido.
9
MARZO
Día 7.- Os 4ºs da ESO realizan con Ana Álvarez e Antón Piñeiro o Roteiro de
Coia.
Día 11.- Alumnos de 3º ESO e 1º Bach acoden á representación teatral de El
perro del hortelano con Marisol Mariño e Pilar Ferrín.
Día 12.- A escritora Nuria Pradas visita o noso instituto para dar dúas charlas
ao alumnado de 1º ESO.
83 alumnos de 1º da ESO toman parte nos obradoiros da Semana
Matemática. Acompáñanos Paco Centeno e Jesús Díaz.
Día 14.- O escritor Fran Alonso dá unha charla na biblioteca para o alumnado
de 4º da ESO.
Día 25.- É o día dos lavadoiros e ao longo da xornada hai representacións
teatrais, concertos e actividades diversas que xiran en torno a este
tema.
10
ABRIL
Día 1 ao 6.- Saen para París 60 alumnos do Grupo 1 (3ºs ESO). Viaxan con eles
Ana Álvarez, Ana López, Antón Piñeiro e Fonso Piñeiro.
Día 3.- Julio González dá unhas conferencias organizadas polo Departamento
de Matemáticas para os 4ºs da ESO e 1ºs Bach.
O grupo de 2º ESO E representa unha obra de teatro á que acoden os
grupos 2º ESO A e D.
Día 5.- Saen para París 60 alumnos do Grupo 2 (4ºs ESO e 1º Bach). Viaxan
con eles Ángeles López, Mer Pérez, Julen Cantabrana e Benigno
Nerga.
11
Día 7.- Os 3ºs e 4ºs da ESO acoden na parroquia a unha representación
teatral a cargo do grupo Rueiro.
Día 9.- A profesora Ana Álvarez organiza unha charla sobre a Reconquista de
Vigo a cargo de Eduardo Rolland para 4ºs ESO e 1ºs Bach C e D.
Día 22.- Rosa Conde e Pilar Vázquez levan a 2º ESO A e B a un
obradoiro de arqueoloxía en Soutomaior.
Día 23-26.- Uns 50 alumnos de 1º de Bacharelato viaxan a Bilbao e Atapuerca
acompañados por Ana Álvarez, Chis Oliveira e Alejandro Mene.
Día 25.- Pilar Vázquez e David Vázquez acompañan a 2º ESO C e E a
Soutomaior.
Día 29.- 54 alumnos de 4º ESO viaxan a Guimarâes con Ana Álvarez e Paz
López
Día 30.- Visitan o CUVI 1º ESO D e E con Mª José Parada e Cristina Fernández.
12
MAIO
Día 8.- Charlas sobre un ciclo de xoiaría para 4ºs ESO e Div.
Día 9.- 160 alumnos de 1º e 2º ESO participan no Correlingua. Van con eles
Álvaro Varela, Patricia Clavo, Mer Pérez, Daniel Lagoa, Sara Pérez e
Cristina Fernández.
.
Día 12.- Contacontos en inglés e galego para os 1ºs de Bacharelato, a cargo de
Charo Pita e Tim Bowley.
Día 14.- Visitan o CUVI os 1ºs da ESO A, B e C con Conchi Álvarez e Pilar
Ramos.
Día 16.- Conferencia sobre a tradución ao galego para 4ºs ESO e Div.
Día 19.- Francisco Castro ven falar para o alumnado do Club de lectura.
Van ao CUVI 2º ESO B e D con Rosa Conde e Rafael Rodríguez.
Día 21.- 2º ESO A e C realizan unha visita ao CUVI con Rafael Rodríguez e Rosa
Conde.
Días 22.- Saída ao CUVI do grupo 2º ESO E con Pilar Ramos e Rafael Rodríguez.
13
Día 23.- Os membros do Club de lectura da biblioteca do instituto fan un
percorrido por Celanova e Ourense acompañados por Ángeles López,
Celia García e Benigno Nerga.
XUÑO
Día 2.- Despedida dos 2ºs de Bacharelato.
14
Charla sobre o comercio xusto para 1ºs Bach, organizada por Mª Luz
Valencia.
Día 10.- Os alumnos do colexio 6 do Nadal fan unha representación teatral
para 1º da ESO A e B
.
15
Día 12.- Ana Álvarez e Paco Centeno acompañan a 1º Bach B e D a unha visita
á factoría de Citroën.
Día 16.- Viaxe ás Illas Cíes de 22 alumnos e 13 profesores.
16
Día 18.- Representación da adaptación do musical Os miserables a cargo de
alumnos do Bach de música, dirixida polo profesor Julen Cantabrana.
Acoden os 1ºs de Bach.
Día 19.- 1º ESO C e D e 1º Bach C e D realizan o Roteiro de Coia acompañados
por Cristina Baltar, Ana Álvarez, Gerardo Aller, Celia García e Dani
Rodríguez.
O grupo de 2º ESO A fai unha representación teatral dirixida pola
profesora Patricia Clavo.
Alumnos do profesor David Vázquez dan un pequeno concerto.
17
Pablo Puga, alumno de 4º A ofrécenos un espectáculo de maxia.
Día 20.- Hai unha nova representación da adaptación do musical Os
miserables para alumnos de 4º ESO e 2º ESO B.
Día 23.- Ás 19.30 faise unha representación do musical Os miserables aberta
ao público.