memoria do curso escolar 2017-2018...memoria do curso escolar 2017-2018 ceip de viÑagrande deiro 3...
TRANSCRIPT
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
1
MEMORIA
CURSO 2017-2018
CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO
CURSO 2017 - 2018
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
2
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN _________________________________________________________ 3
2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA ___________________________________ 4
3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO _______________ 6
4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN. ______________________________ 9
5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO ___________ 15
6. MEMORIAS. __________________________________________________________ 18
6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL. ____________________________________ 18
6.2.- MEMORIA DO 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ____________________ 28
6.3.- MEMORIA DOS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE ____________________________ 38
OUTRAS CARACTERÍSTICAS METODOLOXÍCAS QUE NOS DEFINEN: _________________ 64
6.4.- MEMORIA DO PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL ______________________ 78
6.5.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. _________ 81
6.6.- MEMORIA DO PLAMBE _______________________________________________ 88
6.7.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO. ________________ 109
6.8.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.____________________________ 121
6.9- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL ______________________________________ 127
MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE ___________________ 127
MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA ________________ 130
6.10.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE _____________________________________ 139
6.11.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN __________________________ 143
6.12.- MEMORIA DO EQUIPO DE RELACIÓN COAS FAMILIAS _____________________ 143
6.13.- MEMORIA DO EQUIPO DE COMISIÓNS DE MELLORA _____________________ 145
6.14.- MEMORIA DO EQUIPO DE ECOLOXÍA E VOZ NATURA _____________________ 147
6.14.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL __________________________________ 151
6.15.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE. _________________ 157
6.16.- MEMORIA PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO): “CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES” ___________________________________________________________ 161
6.17.- MEMORIA ALIMÉNTATE BEN: FAITE ECO DO LÓXICO _____________________ 167
6.18.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA) _____________ 171
6.19.- MEMORIA DE RELIXIÓN _____________________________________________ 174
6.20.- MEMORIA DO PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: “PEGADAS...” __________________________________________________________ 179
6.21.- MEMORIA DO PFPP: INTEGRACIÓN CURRICULAR DA ROBÓTICA E A PROGRAMACIÓN _____________________________________________________________________ 182
6.22.- MEMORIA OBSERVA_ACCIÓN ________________________________________ 185
6.22.- MEMORIA FARO DA ESCOLA _________________________________________ 189
6.23.- MEMORIA CRE.AP.CION 4.0 _________________________________________ 193
7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 208
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
3
1. INTRODUCIÓN
O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores
distribuídos do seguinte xeito:
4 en Educación Infantil.
5 en Educación Primaria
1 Especialista de Pedagoxía Terapéutica.
1 Especialista en Educación Musical.
1 Especialista en Audición e Linguaxe (compartida co CEIP San Roque)
1 Especialista en Lingua Francesa
1 Especialista en Educación Física.
1 Especialista en Lingua Inglesa
1 Orientadora (compartida co CEIP San Roque de Corón).
1 mestra de Relixión Católica (compartida co CEIP Sestelo Baión).
Tamén contou cunha coidadora para determinado alumnado de Educación
Infantil.
As aulas en funcionamento foron:
3 aulas de Educación Infantil
6 aulas de Primaria
1 aula de Pedagoxía Terapéutica
1 aula Audición e Linguaxe (D.O)
1 aula de Educación Musical
1 aula de Inglés.
1 aula - ximnasio para Educación Física
O total de alumnos neste curso é de 156 distribuídos en:
48 en Educación Infantil
108 en Educación Primaria
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
4
2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA
2.1. ÓRGANOS DE GOBERNO: UNIPERSOAIS E COLEXIADOS
2.1.1. Órganos unipersoais
DIRECTOR................................. JAVIER GARCIA GARCIA
XEFA DE ESTUDOS.................. MARÍA CASTRO NINE
SECRETARIA............................. ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA
HORARIO DE ADICACIÓN AO CARGO:
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES TOTAIS
DIRECCIÓN 1h30´ 1h30´ 1h30´ 45´ 1h30´ 6h45´
XEFATURA 0h 1h30´ 1h30´ 1h 1h 5h
SECRETARÍA 0h 2h 1h30´ 30´ 1h30´ 5h30´
2.1.2. Órganos colexiados:
CONSELLO ESCOLAR
Equipo directivo:
JAVIER GARCÍA GARCÍA, como Presidente.
MARÍA CASTRO NINE, como Xefa de Estudos.
ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA, como Secretaria (con voz pero sen voto).
Representantes dos profesores:
MARÍA LUÍSA BARREIRO PÉREZ
JOSEFA CASTRO CASTRO
CRISTINA LOUZAO GARCÍA
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
5
MANUEL PIÑEIRO SÁNCHEZ
SERGIO ROSALES LÓPEZ
Representantes dos pais:
SUSANA VARELA SANTOS, representante da ANPA.
SILVIA GONÇALVES SANTÓRUM
JOSE MANUEL OTERO VIDAL
YÉSSICA BÉLVIS REVERÓN
LUCÍA REY VILA
Representante do Concello:
MANUEL SINEIRO CORES
Representantes PAS:
BENITO VIÑAS MORGADE
CLAUSTRO DE PROFESORES:
Estivo constituído este curso por 16 profesores:
Educación Infantil 4
Pedagoxía Terapéutica 1
Educación Física 1
Educación Musical 1
Filoloxía Inglesa 1
Filoloxía Francesa 1
Educación Primaria 5
Orientación 1 (itinerante)
Relixión Católica 1 (itinerante)
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
6
2.2. COMISIÓN ECONÓMICA
Os representantes do Consello Escolar que forman parte da Comisión
Económica son os seguintes:
Javier García García, como director.
Yessica Belvis Reverón, como nai.
Cristina Louzao García, como mestre.
Rocío Bernárdez Cibeira, como secretaria.
3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO
O Claustro de profesores mantivo ao longo do curso 9 reunións nas
que se trataron, entre outros, os seguintes temas:
4 de setembro de 2017:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Adscrición do profesorado (titorías)
3.- Proxecto documental integrado, equipos docentes e elección de
coordinadores
4.- Continuación das seccións bilingües
5.- Organización do horario non lectivo
6.- Solicitude de días non lectivos
7.- Decisión sobre a participación en xornadas de formación
8.- Organización do primeiro día de clase
9.- Rolda de intervencións
7 de setembro de 2017:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Entrega de horarios e quendas (criterios formación subgrupos)
3.- Organización dos apoios
4.- Organización do primeiro día de clase
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
7
5.- Revisión e actualización da concreción curricular
6.- Rolda de intervencións
31 de outubro de 2017
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Presentación e aprobación da Programación Xeral Anual
3.- Addenda ao regulamento de réxime interno en relación á organización
de entradas e saídas ao centro
4.- Rolda de intervencións
20 de novembro de 2017 – Carácter Extraordinario:
1.- Solicitude de participación nos Contratos Programa
30 de xaneiro de 2018
1.- Lectura e aprobación da acta anterior
2.- Información sobre a conta de xestión de orzamento do centro
3.- Proposta de orzamento para o ano 2018
4.- Rolda de intervencións
6 de febreiro de 2018 – Carácter Extraordinario:
1.- Aprobación da participación no proxecto de innovación educativa en
dinamización lingüística
16 de maio de 2017 – Carácter Extraordinario:
1.- Información da inundación acontecida
2.- Redacción dun comunicado oficial
5 de xuño de 2018:
1.- Lectura e aprobación das actas anteriores
2.- Aprobación da continuidade no PLAMBE
3.- Información sobre a escola de verán
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
8
4.- Información sobre final de curso
5.- Rolda de intervencións
29 de xuño de 2018:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Lectura e aprobación da memoria do curso 2017/2018
3.- Previsión de adscrición do profesorado para o curso 2018/2019
4.- Rolda de intervencións
O Consello Escolar mantivo ao longo do curso 7 reunións nas que se
trataron, entre outros, os seguintes temas:
31 de outuro de 2017:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Presentación da Programación Xeral Anual
3.- Información de días non lectivos
4.- Addenda ao regulamento de réxime interno en relación á
organización de entradas e saídas ao centro
5.- Rolda de intervencións
20 de novembro de 2017 – Carácter extraordinario:
1.- Solicitude de participación nos Contratos Programa
30 de xaneiro de 2018:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior
2.- Información sobre a conta de xestión de orzamento do centro
3.- Proposta de orzamento para o ano 2018
4.- Rolda de intervencións
7 de febreiro de 2018– Carácter extraordinario:
1.- Aprobación da participación no proxecto de innovación educativa en
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
9
dinamización lingüística
16 de maio de 2018– Carácter extraordinario:
1.- Información da inundación acontecida.
2.- Redación dun comunicado oficial.
5 de xuño de 2018:
1.- Lectura e aprobación das actas anteriores
2.- Información sobre a continuidade no PLAMBE
3.- Aprobación da escola de verán
4.- Rolda de intervencións
29 de xuño de 2018:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Lectura da memoria do curso 2017/2018
3.- Rolda de intervencións
4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN.
* Reorganización dos espazos do centro e mellora da estética interior.
Este ano tivemos a oportunidade de seguir coa reorganización dos espazos do
centro e mellorar a estética interior a través das seguintes actuacións que, a día
de hoxe, son unha realidade:
- Acondicionamento dun pequeno espacio de almacenamento como aula de
PT ao fondo da segunda planta.
- Embelecemento da planta alta coa incorporación de novos elementos de
albañilería (escaiola e pintura), carpintería (novas portas de madeira para
as aulas e rodapiés de madeira).
- Continuación coa mellora da biblioteca escolar: novo mobiliario.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
10
- A finais de curso continuouse co traballo de carpintería colocando marcos
de ventás interiores e pasamanos nas escaleiras.
- Diferentes espacios acondicionáronse con pequeno mobiliario: aulas de
infantil, música, almacén do ximnasio,...
- Levantouse o pavimento da pista exterior de fútbol, deixando esa parte do
patio con terra, para a creación dun espacio bio-saudable como patio de
infantil.
- Continuouse coa colación do valo exterior quedando rematada.
Este verán, coa aportación económica da Xefatura Territorial de Educación
acometeranse as obras dos baños do alumnado de infantil da planta baixa á vez
que se trasladarán as oficinas de dirección para o que actualmente é o
departamento de orientación e este estará ubicado ao lado da sala de mestres a
partires do curso 2018-19.
* Dinamizar o centro.
Outra das necesidades que estamos cubrindo con moi bos resulatados é a
participación do claustro en dinámicas de traballo e proxectos que promovan
melloras nos procesos de ensino e aprendizaxe e introduzan novas realidades
para o centro así como financiación para novos retos. Así, este ano (co traballo do
profesorado) conseguimos que o centro participara en proxectos como:.
- Proxecto Documental Integrado coa temática de MELLORA DA CALIDADE DE
VIDA.
- Contrato-Programa: modalidade Reforzo, Orientación e Apoio, Mellora da
Calidade e Xestión do centro, Mellora da convivencia e Promoción da
igualdade nos centros, Mellora das Competencias Clave (a través do proxecto
de Contextos de Aprendizaxe que se desenvolve no centro diariamente co
alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º).
- Continuación do PLAMBE: os medios de comunicación, actividades artísticas,
capacitación informacional, formación de usuarios, espazos para a lectura,
procesos de traballo en equipos…
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
11
- Participación no proxecto de innovación en dinamización lingüística "Pegadas"
en colaboración co CEE Vilagarcía de Arousa. Resultamos gañadores.
https://www.thinglink.com/video/1018249040455794690
- Participación en proxectos que buscan o obxectivo de conformar a identidade
ecolóxica e deportiva do noso centro e algún deles terán continuidade
sistemática en vindeiros cursos: Xogade, Voz Natura e Aliméntate ben.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=taxonomy/term/85
- Proxecto de uso e fomento do galego. Inda que este proxecto se ven
presentado dende fai xa moitos anos, consideramos de gran importancia a
continuidade deste tipo de proxectos que favorecen o dinamismo do noso
centro.
- Samsung Smart School. Proxecto destinado a valorar como a incorporación
dos dispositivos móbiles na aula pode mellorar, cunha determinada
metodoloxía, a aprendizaxe do alumnado. Este ano consistíu na elaboración
dun proxecto de modificación de espacios educativos.
https://www.thinglink.com/video/1042449904032546817. Saíndo gañadores
coa presentación deste proxecto.
- Faro da escola: consistíu na elaboaración de prensa escrita (Informadeiro)
onde se reflexaba o traballo realizado polos nenos no día a día.
- CRE.AP.CIÓN 4.0. foi un ambicioso proxecto de aprendizaxe servizo que
resultou premiado no IV Concurso Proyecta Innovación cunha dotación
económica que permitiu ao noso centro e a unha das aulas do CEP Santa
Tegra de Vigo traballar conxuntamente co alumnado hospitalizado da Unidade
de Oncoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro. A finalidade era conseguir romper
as barreiras da enfermidade e lograr que o alumno hospitalizado e o alumnado
dos nosos centros puidera compartir traballos curriculares nos que interviñera
dun xeito moi potente a tecnoloxía. Este proxecto non saíu como se esperaba
por diferentes motivos (un deles é a necesidade de que o profesorado
destinado nas aulas hospitalarias conte co perfil tecnolóxico necesario).
- Integración curricular da robótica e a programación: mencionar que este curso
comezamos formación e posta en práctica da robótica no noso centro.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
12
* Dotación de recursos
Este curso recibimos un material por parte da Consellería que
consideramos insuficiente xa que únicamente se antendeu a solicitude de material
para os novos espazos que se crearon, sendo necesario ampliar este mobiliario
polo aumento de matrícula para o vindeiro curso 2018-19.
Dada a alta matrícula que teremos para o vindeiro curso, vai ser necesario
que a Consellería nos envíe novo material para as aulas de Infantil e renovar
mesas e cadeiras de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
A día de hoxe non contamos con mesas e sillas suficientes para atender a
todo o alumnado que se incorporará novo para o vindeiro curso. De seguro será
necesario establecer un rápido contacto coa inspección educativa para que, antes
do 11 de setembro, sexa remitido ao noso centro novo mobilitario para o
alumando e o profesorado.
Con respecto ao material tecnolóxico, este ano grazas á participación no
proxecto Samsung Smart School contamos con 8 novos dispositivos móbiles e 4
teléfonos móviles. E grazas ao Proxecto de Robótica dispoñemos de diversos
robots e grazas ao proxecto CRE.AP.CIÓN puidemos ampliar a dotación de
dispositivos móbiles, unha cámara 630º e unha impresora 3D.
Ao resultar gañadores en diferentes convocatorias e concursos, para o
vindeiro curso integraremos no centro novidades no referido ao material
tecnolóxico.
Coa participación en Xogade obtense cada ano unha pequena dotación
económica que se invirte en material para Educación Fisica.
Este curso fíxose efectivo o Programa Escuelas Conectadas dependente do
Ministerio de Educación que permitiu navegación a maior velocidade.
En canto ao material didáctico, este foi un ano atípico xa que tivemos un
condicionante adverso que cremos supón unha discriminación hacia o noso
centro. Ao non traballar con libros de texto, as familias do noso centro non poden
dispoñer das cuantías económicas coas que poden contar outras familias para
mercar o material escolar. Inda así, tivemos a oportunidade de traballar cos
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
13
materiais que o profesorado solicitaba ao contar con partidas específicas para
mercar material didáctico que proviñan do Contrato Programa asinado coa
Consellería de Educación para a mellora das competencias en comunicación
lingüística, matemática e científica tecnolóxica.
Este vai ser, sen dúbida, unha das actuacións máis importantes para
continuar os vindeiros cursos. Temos a necesaidade de seguir dotando os
contextos de aprendizaxe, crear ambientes nas aulas de Educación Infantil e
seguir mellorando as aulas de 1º e 2º de Educación Primaria co mellor material
didáctico posible coa finalidade de mellorar os procesos de ensino (para o
profesorado) e aprendizaxe (para o alumnado).
* Melloras nas instalacións do centro
Coa inestimable axuda da ANPA, seguimos en contacto coas administracións
locais, provinciais e autonómicas para acadar melloras importantes no exterior do
noso centro e no propio edificio. A través de numerosos escritos, solicitouse
dende a dirección do centro a urxencia para acometer melloras na:
- Carpintería exterior (fiestras e portas).
- Mellora nas aceras exteriores do noso patio.
- Remodelación dos baños do centro.
- Acondicionamento do ximnasio.
- Mellora dos elementos de autoprotección e evacuación do centro.
Este curso acometéronse algunhas melloras neste eido coa axuda do
Concello de Vilanova de Arousa:
- Cambio dos cristais rotos das fiestras das aulas.
- Aportación de terra para o futuro patio de Infantil.
Estamos á espera de que exista un acordo entre as distintas institucións para
continuar mellorando estas deficiencias que inda están pendentes.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
14
* Elaboración das sinais de identidade do noso centro:
Consideramos este curso como a continuación dunha nova etapa para o
noso centro. Continuamos coa posta en marcha do proxecto de dirección
presentado fai xa dous cursos e que constituíu unha verdadeira revolución
ordenada e ben estruturada para o noso centro.
Evidentemente son moitas as melloras que se irán sucendendo nos
vindeiros cursos pero, por fin, o noso centro posúe unhas sinais de identidade que
serán de obrigado cumprimento para todo aquel que traballe ou matricule aquí aos
seus fillos/as.
É para nós unha gran satifacción que se considere o CEIP de Viñagrande
Deiro como un centro innovador e cunha proposta concreta para toda a
comunidade educativa que será avaliada progresivamente ano a ano co obxectivo
de introducir melloras que permitan a vertebración dun centro educativo actual,
actualizado e transformador.
Propostas de mellora para as tarefas administrativas e de dirección.
Continuar coa elaboración da documentación oficial do centro na que quede
constancia das sinais de identidade que acordamos para o noso centro. O
próximo curso planificaranse reunións de todo o profesorado para elaborar
un regulamento que fixe as normas de organización e funcionamenteo.
Continuar coa mellora na organización espacial e temporal no referido á
atención educativa ao alumnado.
Continuar coa dotación de novo mobiliario, de nova tecnoloxía e de novos
materiais didácticos.
Mellorar a formación do profesorado en todo o referido á metodoloxía de
traballo que desenvolvemos no centro e na creación dun clima de traballo
positivo e motivante.
Abrir o centro ás familias creando unha escola específica coa cal se
organicen sesións de formación, coloquios...
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
15
Darlle voz ao alumnado organizando Consellos Escolares de nenos para
que participen máis da xestión e funcionamento do centro.
As relacións coa ANPA e familias: este ano o clima xeral foi positivo.
Houbo posibilidade de facer un traballo conxunto coa ANPA para solicitar
melloras para o noso centro e para colaborar na organización de
conmemoracións interesantes. Seguiremos traballando neste senso e
intentaremos aumentar esta relación de axuda mutua. Coas familias tamén
tivemos boa relación e, inda que chegaron propostas de mellora para o
vindeiro curso e queixas lícitas, consideramos que continuamos abrindo
camiños para facer xuntos.
Continuar coa posibilidade de extender a nosa proposta metodolóxica con
outros centros de cara a tecer unha rede de colexios “por unha nova escola”
compartindo todos aqueles elementos que nos enriquezan a todos.
5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO
Os recursos dos que dispón o centro foron en xeral, e unha vez máis, ben
aproveitados e a nova organización das aulas e dos tempos manifestouse como
axeitada ás necesidades do centro e dos alumnos. A maior necesidade neste eido
está relacionado con “vestir” mellor os contextos de aprendizaxe e os futuros
ambientes de infantil, especialidades e 1º e 2º de Educación Primaria mercando
material didáctico de alto potencial educativo e creativo.
Rematamos o curso solicitándolle ao profesorado a creación duns listados
de materiais e así chegar ao mes de setembro e iniciar o curso cunha previsión do
material didáctico necesario en todos os espacios educativos do centro.
Sabedores da complexidade de conseguir financiación, estamos iniciando
un novo procedemento para a mellora dos recursos económicos que o centro
posúe para esta tipoloxía de material. Consiste en facer partícipe ás familias de
determinados custos que o noso Proxecto Educativo require: gastos por
fotocopias, tóners, cartuchos de tinta e dalgúns materiais necesarios para a
realización de determinadas actividades (saídas, experiencias científicas, obras
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
16
literarias, materiais matemáticos manipulativos, material necesario para a creación
de obras artísticas, pequeno mobiliario, material necesario para a realización de
actividade psicomotora diaria ou da expresión artística).
Para o vindeiro curso abordaremos unha nova modalidade neste eido.
Darémoslle a posibilidade ás familias de que sexa o propio centro quen se ocupe
de conseguir o material funxible e recursos didácticos que os seus fillos/as
precisen.
A coordinación entre os distintos órganos do centro levouse a cabo nun
clima de cordialidade sempre mellorable, respeto e cooperación entre os distintos
equipos, comisións e órganos existentes no noso centro.
Será necesario modificar algo a periodicidade de determinadas reunións
dos equipos e introducir algunhas sesións formativas entre os integrantes do
propio claustro e para a elaboración do NOF.
Destacar aquí que o traballo dos distintos equipos de profesores
posibilitou, na súa gran maioría, que o alumnado tivese a oportunidade de
profundizar nas aprendizaxes relativas ao coidado do noso entorno, de vivir con
ilusión, motivación e gañas os festivais e conmemoracións que celebramos no
noso centro, de achegarse á lectura de distintos tipos de recursos bibliográficos,
participar na selección destes, de participar máis na vida do centro a través das
comisións de mellora,…
En canto aos procesos de ensino e aprendizaxe, podemos afirmar que a
atención educativa ao alumnado con necesidades puido abordarse con totais
garantías de éxito como consecuencia da introducion de novas estratexias
pedagóxicas e didácticas que posibilitaron a este alumnado continuar co ritmo
normal da distintas clases.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
17
Propostas de mellora para os procesos de ensino.
Seguir dinamizando a cooperación familia-escola no interior das aulas.
Debemos seguir promovendo unha maior colaboración entre as familias e
o noso centro facendo realidade a “Escola de familias” onde se poidan tratar
temas que se consideren de interés para toda a comuniade educativa reflectindo
de xeito positivo no alumnado. Á vez que continuar coa organización de visitas das
familias á escola en horario lectivo para que poidan observar “in situ” como se
desenvolve o PE do centro.
Cooperación docente.
Considérase fundamental a creacción dun clima positivo entre o
profesorado do centro que ao longo deste curso se veu mermado, entre outros
motivos, polo exceso de traballo que en futuros cursos deberemos ir regulando
para poder dispor de momentos de xuntanzas que faciliten a cooperación.
Mellorar o uso que dende as titorías se fai da biblioteca escolar como
medio para acadar un maior hábito de ler entre o alumando.
Consideramos necesario seguir facendo fincapé no hábito de uso e
préstamo de fondos bibliográficos, tratando de guiar ao alumnado na selección
dos mesmos, de xeito que se fomente a lectura en diferentes formatos e soportes,
non só de documentos literarios senón tamén informativos e de consulta sobre
temáticas variadas e se potencie a investigación e busca de información
empregando os recursos da biblioteca. Ademais, seguiremos prestando atención
ás biblioteacs de aula, configurándoas cunha importante colección de fondos,
tanto de literatura como de consulta para que teñan un papel destacado nas
actividades diarias de cada aula e no desenvolvemento dos proxectos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
18
6. MEMORIAS.
6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS
SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,
PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.
En canto a organización, os proxectos se desenvolven en actividades de
gran grupo (asamblea ou faladoiros), pequenos grupos (recantos) ou ABP (plans
de traballo).
1º TRIMESTRE: : “O CORPO”
Traballamos as partes principais do propio corpo e dos demais, os cinco
sentidos, as sensacións que perciben e hábitos básicos relacionados coa saúde e
a hixiene.
2º TRIMESTRE: : “A ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE”
Traballamos a pirámide da actividade física, na que recollemos tres tipos de
actividades (actividades diarias, actividades vigorosas e actividades sedentarias).
Tratamos de concienciar aos nen@s da importancia de realizar algunha
actividade física para manter un estilo de vida saudable. Seguindo o PDI do
centro, vinculamos o proxecto coas emocións que producen o feito de practicar
deporte.
3º TRIMESTRE: “ALIMENTOS SAUDABLES (VEXETAIS)”
Partimos do conto Sopa Verde, nel aparecen diferentes alimentos, sobre
todo vexetais. Con estes tratamos as partes da planta e o seu uso como parte de
unha alimentación saudable. Ademais os personaxes son diferentes animais que
clasificamos en función das súas características.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
19
Tratamos de concienciar aos nen@s da importancia de consumir este tipo
de alimentos e de probar diferentes sabores.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Recursos humanos:
Contamos co apoio da titora de 5º unha sesión semanal.
Mestra de apoio e coidadora
Recursos materiais:
Contamos cunha macroaula de Infantil que se pode dividir con portas corredeiras
cando se considera necesario, como pode ser no MVA (especialidades). Esta aula
está organizada en diferentes espazos ou recantos que contan cos seguintes
materiais:
- Recanto do sabio: regretas, xogos de mesa sinxelos (parchís, oca, cartas, tres
en raia, bingo, dominós), tangram, xogos de psicomotricidade fina (pinchos,
colares, xogos de coser), bloques lóxicos, ábacos, pesas, formas xeométricas,
xogos de pesos e medidas.
- Recanto do xogo simbólico: cociña, supermercado con alimentos, caixa
rexistradora, maletíns de médico e perruquería, mesas de comedor e tallos,
bonecos, armario con roupas, trona e tocador.
- Recanto das construccións: mesa de bricolaxe, pezas de construcción, animais
diversos, pistas de construcción, diferentes medios de transporte e sinais de
circulación.
- Recanto das letras: pizarras, letras magnéticas, letras móbiles, xogos de
palabras.
- Recanto das TIC´s: contamos con 1 ordenador de sobremensa, 5 tabletas, 2
proxectores e unha impresora multifunción.
- Recanto de dramatización: disfraces, títeres, marionetas,…
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
20
Ademais hai unha aula que conta cos seguintes recantos:
- Recanto dos puzzles: diferentes puzzles de madeira con diferentes niveis de
dificultade e temáticas variadas.
- Recanto de plástica: rotuladores, ceras, lápices de cores, papeis diversos,
plastilina, témperas, pinceis, pegamentos, tesoiras, alfombriñas, punzóns e
materiais que se van necesitando para os diferentes traballos.
- Recanto de modelaxe: plastilina, arcilla, …
METODOLOXÍA
O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo
específico que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o
currículo oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de
vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase
atendendo á seguinte estrucuración temporal:
ORGANIZACIÓN TEMPORAL
EDUCACIÓN INFANTIL
MOMENTO COLECTIVO
(1h 30 min)
Programa de Estimulación Temperá
Faladoiros
MOMENTO VIVENCIAL
(1h 30 min)
Constitúe un tempo de aprendizaxe
sentido, vivido e estimulante: a
aprendizaxe da música, da arte, da
lingua estranxeira, dos valores sociais e
cívicos,… debe realizarse dende unha
perspectiva moito máis práctica (con
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
21
obradoiros, tarefas, experiencias). Para
iso, o profesorado titor e especialista
organizará sesións didácticas nas que o
alumnado teña a oportunidade de
sentir, vivir e emocionarse con estas
aprendizaxes.
MOMENTO DE LECER
(30 min)
É o momento que goza todo o
alumnado do centro e que
consideramos de vital importancia xa
que é onde teñen a oportunidade de
xogar dun xeito moito máis espontáneo
e libre. Pensamos que é un momento
educativo máis dentro do horario lectivo
e como tal debemos incorporar todo
tipo de elementos que axuden ao
alumnado a desenvolver esa
necesidade de xogo libre e espontáneo
tanto a nivel de dotación de recursos
materiais como de dotación de recursos
psicolóxicos, sociais e persoais.
MOMENTO COMPARTIDO
(1h 30 min)
Aprendizaxe Baseado en Proxectos e
Programa de Aprendizaxe Lúdico en
recantos
PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ
Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de
estimulación temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 45 minutos en
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
22
dous grupos de Educación Infantil. O profesorado implicado inclúe ás mestras de
Infantil, a mestra especialista de Educación Musical e a mestra especialista de
Educación Física, que é a coordinadora.
Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de
estruturas que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas
psíquicas, principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación
da súa personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao
todo, é dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o
emocional e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal
a través da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun
movemento” (Glen Doman).
Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas
ás súas posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.
PROGRAMA DE APRENDIZAXE LÚDICO E APRENDIZAXE BASEADO EN
PROXECTOS
Este programa consiste na organización dun amplo espazo do centro (unión
de tres aulas) no que se ubiquen distintos recantos de traballo para adquirir
determinados contidos. Este programa só se desenvolve en Educación Infantil.
Neste espazo o alumnado, mesturado en idades diferentes, semella estar
xogando dun xeito libre e lúdico, mentres que o profesorado é o artífice da
integración nel de determinadas actividades sistematizadas (plans de traballo) que
buscan o desenvolvemento integral do alumnado e a aprendizaxe de conceptos
básicos establecidos nas programacións.
Os espazos que poden organizarse nestes espazos están determinados
polos tipos de contidos que neles se traballan: xogo simbólico (representacións),
recanto artístico (traballos plásticos), construcións (conceptos básicos), modelado
(grafomotriciade), biblioteca (pracer pola lectura e escritura), música (audicións
sonoras, bailes, ritmos…), ecolóxico (responsabilidades coa natureza), tertulia
(comunicación oral e interacción espontánea), etc.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
23
O programa de aprendizaxe lúdico dase durante o Momento Compartido e
no traballo de Aprendizaxe Baseado en Proxectos.
Dependendo da ratio que vaia configurando o centro nos vindeiros cursos,
poderase determinar outro tipo de organización co obxectivo de garantir unha
mellor atención educativa para o alumnado.
Así, poderanse determinar que a mestura de idades se configure en tres espazos
diferentes e, en cada un deles se establezan ambientes de aprendizaxe que
aseguren ao alumnado un desenvovemento global e permitan seguir o currículo da
etapa. Serán ambientes referidos aos diferentes ámbitos de expresión, ao
coñecemento de si mesmos e á necesaria interacción co mundo que lles rodea.
O Programa de Aprendizaxe Lúdico compleméntase con sesións de
FALADOIROS onde o alumnado participa activamente de conversas espontáneas
ou dirixidas polo profesorado.
Constitúen un momento extraordinario para que o alumando poida trasladar
as súas vivencias, experiencias, preocupacións, intereses... dende unha
perspectiva o máis normalizadora posible. Os faladoiros buscan axilizar a
expresión oral do alumnado e que, dende ben pequenos sexan capaces de
comunicar como se sinten, cales son os seus gustos, pequenos conflictos...
Este curso 2017 - 2018 o claustro acordou que os venres e durante 45
minutos o alumnado de Educación Infantil tería un faladoiro para traballar aspectos
relacionados co desenvolvemento emocional alternando con sesións de xuntanzas
de Comisións de Mellora. Un traballo que se traslada tamén a etapa de Educación
Primaria cunha maior duración. Cremos que si dende idades temperás
comezamos a traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima do alumnado,
teremos a oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar unha mellor
adecuación dos procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a convivencia no
noso centro.
O alumnado de Educación Infantil, mesturados en idades distintas,
desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica,
organizativa e didáctica: aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
24
facilita enormemente a consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso
alumnado: son motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos,
parten das intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos
escolares e unha aprendizaxe integral (non dividida por disciplinas).
No interior das aulas existen espazos (aos que chamamos recantos ou no
futuro os ambientes de aprendizaxe) nos que se traballa principalmente unha
materia que, unido a outros temas diversos e aos demáis minicontextos,
interrelacionan as áreas, complementan o currículo e desenvolven un proxecto
didáctico.
Así, nas aulas de Educación Infantil establécense distintos recantos: das
tecnoloxías, das artes, dos números e das palabras, etc. En cada un traballan
diariamente un equipo de cinco ou seis alumnos/as que, dun xeito cooperativo e
colaborativo, van desenvolvendo as competencias básicas a través do estudo dun
determinado proxecto didáctico.
Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos recantos completando a
formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademais, en determinados
momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres dentro da aula e deciden,
en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que existen no centro para poder
elaborar os seus traballos con maior concentración e autonomía (biblioteca, patio,
informadeiro, aulas vacías, os corredores, …). Neste tipo de organización os
recantos soen ser estables ao longo de todo o ano. Esto quere decir que o
alumnado pasa, periódica e sistemáticamente, por todas as zonas para traballar
nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo as
competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de
profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.
Os recantos son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe
de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a personalidade
e as relacións sociais. A organización social destes recantos posibilita a expresión
de emocións e a interacción. Por medio desta interacción os esquemas
conceptuais e actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise
desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
25
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS: valoramos positivamente a
mestura de idades, pero o desdobre dos grupos non favoreceu a cohesión
do grupo de orixe. Tamén foi desfavorable xuntar grupos na especialidade
de inglés, aínda contando coa mestra de apoio.
CASOS PARTICULARES A SINALAR : foron derivados ao UDIAF 1 neno
de 4º e 1 neno de 6º de Infantil, por terceiro ano consecutivo.
Reciben de forma individidual 1 sesión de estimulación da linguaxe oral 3
nenos de 4º, 1 neno de 5º e 3 nenos de 6º de E.I.( un destes foi dado de alta ao
final do 2º trimestre), por dificultades na linguaxe.
Un neno derivado ao Equipo de Orientación Específico, do cal se solicita a súa
flexibilización para quedar un ano máis en Infantil, pero que despois de ser
valorado por este, promociona.
Este ano suprimiuse a sesión de PELO nos 3 grupos de Infantil despois do 1º
trimestre, para poder atender mellor as dificultades individuais dos nenos/as dende
AL.
Dado que a mestra de AL é compartida con outro centro, non pode atender a
todas as necesidades individuais e á estimulación dos grupos-clase (PELO).
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO : a maioría dos alumn@s acadan os
obxectivos, excepto algúns dos casos citados no punto anterior, e outro
neno de 6º de E.I..
Os alumn@s de 6º de E.I. promocionan todos, sen embargo, un neno non
acada os obxectivos da etapa.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
26
DA COORDINACIÓN DOCENTE: Consideramos que este curso non houbo
boa coordinación docente, nin en infantil nin co resto de profesorado, en
xeral. O feito de ter ocupado todo o horario lectivo con apoios en diferentes
cursos propiciou un clima de traballo no colexio que valoramos como
negativo (falta de comunicación, colas na fotocopiadora antes das entradas,
problemas que xurden cos equipos informáticos, organización de espazos e
actividades,…)
Cremos que deben existir dentro do horario lectivo tempos para poder
programar actividades conxuntas e favorecer un clima de traballo positivo.
Moitos dos apoios son moi útiles pero outros, como no tempo de faladoiros,
non foron necesarios.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: sempre que as titoras observamos
algunha dificultade, derivamos ao nen@ por escrito ao Departamento de
Orientación, para tomar as medidas que se consideran necesarias.
Queremos facer constar que hai un neno de 5º do cal se solicitou valoración
ao Departamento de Orientación e por diversos motivos, estamos á espera
de ser atendida.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA: Cremos que debemos seguir
traballando de forma globalizada, respectando o ritmo e os intereses dos
nen@s. Valoramos positivamente a resposta dos nen@s ante os plans de
traballo, pero consideramos que ten que haber maior flexibilidade na
organización de grupos e tempos.
Por outra parte, pensamos que o feito de facer dous grupos para faladoiros e
psicomtricidade, tres grupos para especialidades (excepto inglés) e mesturar
todos os grupos en ABP non favoreceu o desenvolvemento da acción docente
como nos gustaría.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO: pensamos que o
XADE non se axusta completamente ao que queremos avaliar. Por iso este
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
27
ano, todos os nenos/as de E.I. levaron un informe trimestral no que se
reflexa: o que traballaron durante o trimestre, observacións onde se
recollen aspectos nos que o neno/a destaca e os aspectos nos que debería
mellorar e, por último, especialidades. Ademais os nen@s de 6º levan un
informe onde se recollen aspectos do desenvolvemento psicomotor,
elaborado pola mestra de Ed. Física, mestra de Ed. Musical e as
respectivas titoras.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE: En
xeral, ningunha das mestras nos atopamos a gusto este ano desenvolvendo
o noso traballo debido entre outros factores á falta de coordinación e
comunicación e a organización dos grupos e espazos. Ademais a
incorporación de alumnado procedente de outros centros conlevan una
adaptación adicional tanto por parte dos nen@s como por parte das
mestras.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO: estamos dacordo e
valoramos positivamente o proxecto que se está a levar a cabo.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Como xa mencionamos nun apartado anterior, botamos en falta ter máis
tempo para programar actividades de forma conxunta.
Por outra parte, cremos que o mobiliario das aulas debe continuar
renovándose para adaptarse mellor ás características dos nen@s, de forma que
favoreza a súa autonomía e resulte máis motivador.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
- Adaptar o horario as necesidades detectadas neste curso.
- Continuar renovando o mobiliario e o material nas aulas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
28
- Establecer tres únicos grupos de alumn@s, pudendo mesturarse cando se
considere oportuno, como pode ser en ABP.
- Crear 3 ambientes de aprendizaxe: Arte e natureza, Palabras e artes
escénicas e Números e construccións.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
- Neurociencia e desenvolmento psicomotor dos nen@s.
- Inglés.
- Problemas de conducta e tratamento das emocións.
- Novas tecnoloxías e prácticas aplicadas á educación.
O equipo de Educación Infantil
Isabel Blanco Silva
Josefa Castro Castro
Cristina Louzao García
Mª Isabel Cañizo Castro
6.2.- MEMORIA DO 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS
SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,
PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.
Ao longo deste curso 2017-2018 no primeiro ciclo desenvolvéronse os
seguintes proxectos:
1º PROXECTO: AS ESTACIÓNS : " O OUTONO".
- As estacións do ano (semana do 25 -09-2017)
Quixemos que o alumnado se dera conta do paso do tempo e o que isto supoñía
na nosa vida, así traballamos meses do ano e as estacións.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
29
- O outono. Froitos (semana do 2-10-2017 a 16-10-17)
O noso obxectivo era que o alumnado reparase nos cambios que se producían ao
noso arredor coa chegada da nova estación e os froitos típicos desta estación.
- Prendas outono ( semana 17-10-17 a20-10-17)
Estudamos as diferentes prendas de vestir que soen usarse coa chegada desta
estación , así o alumnado traballou vocabulario referente a este campo semántico
e deuse conta que non sempre vestimos igual , o que ven influenciado polo tempo
traballando tamén o mapa do tempo.
A valoración do proxecto foi positiva, se ben é certo que algunha das actividades
para os de segundo curso lle resultaban doadas, o motivo de propoñelas máis
sinxelas foi que era a primeira vez que os de primeiro traballaban deste xeito e se
lle quixo facilitar un pouco o traballo.
2º PROXECTO: O SISTEMA SOLAR: A TERRA
- O sistema solar ( semana 3-11-17)
Iniciamos ao alumnado no coñecemento do noso Sistema Solar e os diferentes
elementos que o compoñen.
- A Terra. (semana 13-11-17)
Tendo en conta que o noso Planeta é a Terra , neste proxecto pretendemos
coñecela un pouco máis, as súas características ,movementos e as
consecuencias dos mesmos.
- A Lúa (semana 21-11-17)
Estudamos aquí a Lúa como satélite da Terra, os movementos fases da mesma,
así como as súas características e viron tamén a forma de vida dos astronautas
cando viaxan a ela.
- Os eclipses ( semana 11-12-17)
Vimos os diferentes tipos de eclipses (solar e lunar) e realizamos visionados dos
mesmos para unha maior comprensión dos mesmos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
30
A valoración do proxecto é moi boa, xa que este tema en xeral desperta moito
interese e curiosidade no alumnado.
3º PROXECTO: A FAMILIA ( semana 8-01-18)
Consideramos que a familia é o primeiro espazo no que se desenvolven os
nen@as; nela é onde desenvolven sentimentos e ideas sobre si mesmo e forman
a súa personalidade ,e nela tamén aprenden a comunicarse e a relacionarse cos
membros dela e con outras persoas , por iso e polo que cumpre un papel
fundamental na forma de ser e actuar dos nen@as para que poidan relacionarse
coa sociedade, por iso estudamos os diferentes tipos de familia, as relacións de
parentesco, documentos que ten unha familia (libro de familia)...
A valoración do proxecto é positiva.
4º PROXECTO : AS VIVENDAS ( semana venres19-01-18 a 23-01-18)
Tendo en conta que a familia habitou en diferentes tipos de casas ao longo da
historia e que estas tamén son diferentes segundo onde se localicen, adicamos
este proxecto a coñecer as dependencias das vivendas e algunhas das diferentes
tipos de vivendas que existen , así como o material coas que se fabrican e os
profesionais que interveñen na súa construción.
A valoración do proxecto foi positiva, amosando interese e participando
activamente nas actividades.
5º PROXECTO : A LOCALIDADE ( semana 29-01-18 a07-02-18)
Ligado ao proxecto anterior realizamos este proxecto, xa que as familias teñen a
súa residencia nunha localidade, para que lles fose máis doado de entender
tomamos a súa como referente próximo; así estudamos a localidade de Vilanova
de Arousa como eixo central do proxecto.
6º PROXECTO : A RÚA ( semana 15-02-18)
Enlazando co anterior proxecto traballamos a rúa como parte da localidade onde
residimos, así aprendemos a movernos cun plano de Vilanova polas rúas , vimos
como se escribían os enderezos , os elementos e mobiliario que nos atopamos
nas rúas...
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
31
A valoración do proxecto foi positiva, o alumnado amosou interese pola
realización das tarefas encomendadas.
A valoración do proxecto foi positiva, o que máis lle custou foi moverse polo plano
a a algúns.
7º PROXECTO : OS TRANSPORTES.
As persoas desprazámonos polas diversas localidades e lugares de diferentes
maneiras, e por iso polo que realizamos este proxecto, para que o alumnado
coñeza as diferentes formas de desprazamento ao longo da historia e na
actualidade , así como as profesións ligada aos mesmos .
Tamén aproveitamos o proxecto para traballar a seguridade vial, tan importante no
noso día a día .
Para que resultase máis doado de comprender consideramos que era mellor
dividir o proxecto en 3 apartados:
- Transportes terrestres (semana 27-02-18 a 06-03-18)
- Transportes acuáticos (semana do 07-03-18 a 12-03-18)
- Transportes aéreos (semana do 13-03-18 a 23-03-18)
Na realización deste proxecto incluímos un mural sobre o mesmo e a elaboración
dun Dicionario de Transportes.
A valoración do proxecto foi positiva, ao alumnado gustoulle moito realizar as
diferentes tarefas.
8º PROXECTO : OS INVENTOS ( semana 4-04-18)
Con este proxecto intentamos que o alumnado se dea conta de que a nosa vida é
moito máis fácil agora que na antigüidade debido a que houbo persoas que
realizaron inventos e descubrimentos, por iso realizamos un pequeno percorrido
pola historia dos inventos e aprendemos a usar algún deles(balanza)
A valoración do proxecto foi positiva, ao alumando sorprendeulle moito como
evolucionaron certos útiles ao longo da historia, por exemplo a roda.
9º PROXECTO: AS MÁQUINAS (semana 12-04-18 )
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
32
Cando miramos ao noso redor vemos que no noso día a día vemos que moitos
deses inventos que estudamos no anterior proxecto son máquinas as cales se
usan a diario para realizar multitude de tarefas, e por elo que consideramos
oportuno que o alumnado reflexione sobre iso e se dea conta que existen
diferentes tipos de máquinas usadas en diferentes profesións.
A valoración do proxecto foi boa, descubriron que non so unha máquina é aquelo
que funciona con electricidade ,cuestión que a moitos sorprendeu.
10 º PROXECTO : AS PLANTAS.
Decidimos rematar o terceiro trimestre e o curso co proxecto das plantas, tendo en
conta que chega o bo tempo , o que nos permite observar mellor a natureza e os
cambios que se producen nela (saen as follas as árbores, florecen as plantas,
realízase o cultivo de moitas especies vexetais....) , nos queremos que o
alumnado sexa consciente de todo isto. Para levar o proxecto a cabo decidimos
dividilo en 3 partes:
- As plantas: partes e características. ( semana 27-04-18)
- A flor e o ciclo vital das plantas.(semana 10-05-18)
- O froito e partes comestibles das plantas(semana 31-05-18 a venres 8 de xuño).
Valoramos positivamente o proxecto, o alumnado amosou moito interese na súa
realización, gustoulle moito observar o desenvolvemento dunha planta día a día,
dende semente ata que apareceu a planta, así como as diferentes actividades
propostas, sobre todo amosaron moito interese polas de
investigación/experimentación propostas no recanto do xogo.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
No que respecta aos medios, materiais e recursos, utilizados este curso no
primeiro ciclo de primaria dividirémolos en catro apartados(humanos, materiais
tecnolóxicos e naturais) e repartirémolos polos recantos cos que se traballou. Así
no recanto das artes foron necesarios recursos humanos (profesores dos cursos
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
33
e persoal de apoio) así como recursos materiais (cartolinas, plastilina, diversos
tipos de pinturas, barro, materiais funxibles diversos, materiais de reciclaxe). Os
recursos tecnolóxicos que se usaron foron :Internet, as tablets e diversos
programas e apps, como por exemplo para facer un cómic. Como recursos
naturais destacar o entorno máis próximo para investigar por exemplo os
diferentes tipos de plantas que hai segundo o talo. No recanto das palabras foi
imprescindible o uso de papel, lapis, goma, rotuladores, fotocopias, e dicir,
material funxible sobre todo pero tamén foi imprescindible a axuda dos profesores
antes citados, das saídas (ver en situ vocabulario que logo tiveron que utilizar nos
traballos), utilización das tecnoloxías (vídeos sobre temas que tratamos, procura
de información e outras tarefas que necesitaron dos medios tecnolóxicos
dispoñibles).
No recanto das tecnoloxías utilizáronse os ordenadores e as tablets coas
diferentes aplicacións que foron necesarias segundo os traballos que se foron
realizando así como a produción de vídeos.
No recanto dos números utilizáronse sobre todo fotocopias, material
funxible (lapis, goma, cores…) así como materiais de medidas (metros, pesas,
diferentes medidas de capacidade como botellas, medidores de cociña e
diferentes envases. Do mesmo xeito que nos outros recantos a labor de asesoría
dos profesores (titores, apoio), foi moi importante e tamén foi moi importante a
contorna mais inmediata como no caso de explicar as medidas.
No recanto do xogo usamos material funxible para realizar pasatempos ,
pizarras ( xogo do pictionary ou aforcado) vasos, pratos, envases, froita, flores,
follas... para realizar algúns dos experimentos propostos e a axuda dos mestres
para levalos a cabo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
34
METODOLOXÍA EMPREGADA
A metodoloxía usada para levar a cabo estes proxectos foi a seguinte; o
primeiro día do proxecto realizamos un traballo grupal onde pretendíamos ver os
coñecementos que o alumnado tiña sobre o tema, eles debían dicir que cuestións
pensaban podíamos traballar nese tema e ibamos investigando entre todos cales
eran susceptibles de ser traballadas e cales non, nalgunha ocasión non daba
tempo nesa primeira sesión e collíamos un anaco sa seguinte onde realizabamos
tamén unha presentación dos plans de traballo dos recantos.
Nos días sucesivos os grupos ían rotando polos 5 recantos e traballaban de
xeito cooperativo e colaborativo co apoio do profesorado naquel recanto que se
consideraba que tiña máis necesidade deste apoio, ben polo alumnado que se
atopaba ese día no recanto ou pola complexidade do recanto.
Cando o alumnado pasaba e remataba os 5 recantos, consideramos
oportuno ao longo do curso adicar un último día para falar sobre os coñecementos
adquiridos (posta en común en gran grupo) ou para realizar algún traballo final en
gran grupo (liña do tempo dos inventos, mural dos transportes, dicionario dos
transportes,...) co fin de comprobar os coñecementos adquiridos ao longo dos 5
recantos.
PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ
Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de
estimulación temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 30 minutos nos
dous niveis de Educación Primaria. O profesorado implicado inclúe aos titores de
1º e 2º de Educación Primaria, a mestra especialista de Educación Musical e a
mestra especialista de Educación Física, que é a coordinadora.
Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de
estruturas que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
35
psíquicas, principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación
da súa personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao
todo, é dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o
emocional e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal
a través da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun
movemento” (Glen Doman).
Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas
ás súas posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.
PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO
En Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel, sitúase
na aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados
contidos establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que
están previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente
contidos referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática que
son propios de cada nivel: ortografía, vocabulario e gramática das linguas, cálculo,
xeometría e algúns contidos máis que é necesario traballar dun xeito máis
específico co grupo de igual idade.
Este curso 2017 - 2018 todo o claustro acordou que os venres e durante 60
minutos o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivera unha franxa horaria
para traballar aspectos relacionados co desenvolvemento emocional, afectivo e
sentimental, este traballo altérnase quincenalmente coas comisións de traballo
creadas neste curso. Cremos que si dende idades temperás comezamos a
traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima do alumnado, teremos a
oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar unha mellor adecuación dos
procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a convivencia no noso centro.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
36
AVALIACIÓN
Deixar constancia na memoria dunha breves referencias sobre a avaliación
nestes eidos:
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
A avaliación foi realizada mediante rúbricas xeradas para os diferentes
proxectos, unha rúbrica xeral para todos os plans e outra específica para cada un
dos proxectos.
En xeral o alumnado respondeu ben os proxectos, soamente comentar que
ás veces e sobre todo durante a primeira avaliación os alumnos de 2º lles custaba
ser titores dos de primeiro e estes a súa vez amosaban descontento por non saber
que facer se os profesores non estabamos xunto a eles, posto que os de 2º non
querían ir ao ritmo deles (estaban iniciándose no proceso de lectoescritura)
CASOS PARTICULARES A SINALAR (Sen nomes e apelidos)
En Viñapeques B, concretamente tivemos 4 casos de alumnos de 1º os que
lles custou moito seguir a dinámica dos recantos, sobre todo nas palabras, posto
que tiñan dificultades na lectoescritura, se ben, algúns deles foron mellorando, hai
2 casos aos que hai que dar apoio total cando están neste recanto, e sobre todo 1
ten que ser por parte dun adulto, xa que non admite moito a axuda dos
compañeiros.
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO (A nivel xeral)
A valoración xeral do alumnado foi positiva.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
Sempre se podería mellorar para favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe
do alumnado.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Debido ao grupo numeroso que era,é complicada se non contas con apoio
por parte de profesorado na aula, algún dos nenos como se citou necesita
apoio constante.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
37
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
O longo do curso foi rectificándose e creo que os cambios foron positivos,
comprobouse que a veces o alumnado lle vai ben traballar grupalmente un
mesmo contido e coa dirección do profesorado.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Resultou complicado rexistrar nas rúbricas o traballo realizado diariamente
nos diferentes recantos por parte do alumnado e logo realizar o traspaso
desas valoracións a unha nota xeral cara a avaliación.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
Creo que como todos sempre podemos mellorar a nosa actuación como
docente, e máis cando se está iniciando a traballar dunha forma diferente.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.
Valoramos o proxecto educativo como positivo.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Tempo para realizar traballo de aula por parte do profesorado, fotocopias...
e tempo para adicarlle a algún dos alumnos con necesidades.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
Se ben é certo que a medida que avanzou o curso, flexibilizouse a
temporalización, creo que os tempos para realizar os plans de traballo non deben
ser tan cerrados, o ritmo dos nenos é impredicible e sobre todo as súas
inquietudes, a veces igual debemos atender un pouco a estas inquietudes e se un
día surxe unha cuestión que a eles lles suscita interese, por que non podemos ese
día non facer recantos e pararnos a falar ou investigar todos en grupo sobre el?
Tamén comentar que lles gusta moito expoñer os seus traballos, considero
que a veces deben facer traballos en pequeno grupo e expoñelos para gran grupo,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
38
senten moito orgullo de facelo e é moi positivo para practicar a exposición oral e a
investigación previa sobre un tema en diferentes fontes, teñen que aprender que
non so google da resposta, que hai libros para buscar información.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Traballar por proxecto é moi interesante, igual nos debemos formar sobre o
que supón realmente traballar por proxectos, non é soamente realizar fichas cunha
temática común, igual debemos reflexionar sobre elo.
Os titores de 1º e 2º de Ed. Primaria
Eva Mª Puga Iglesias
Manuel Piñeiro Sánchez
6.3.- MEMORIA DOS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE
DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
CONTEXTO LINGÜÍSTICO – LITERARIO
Ao longo deste curso 2017 – 2018 no Contexto Lingüístico Literario
(Verbadeiro) desenvolvéronse un total de 7 proxectos que describimos
brevemente a continuación:
- Presentámonos: O inicio dun novo curso trae novidades. Novos
compañeiros, novos espazos, novos mestres e novas formas de traballar. Este
primeiro proxecto consistiu en coñecer aos novos compañeiros e compañeiras ao
mesmo tempo que traballabamos con diferentes tipos de textos: a descrición, a
entrevista, o protagonista dun relato e pasatempos relacionados coas
características que definen a cada neno/a.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
39
- O Informadeiro: O segundo do proxectos desenvolvidos no Contexto
Lingüístico Literario buscaba o obxectivo de iniciar ao alumnado a utilizar un novo
contexto de aprendizaxe creado a finais do curso pasado (O INFORMADEIRO) no
que contamos con catro espazos ben definidos: un plató de televisión, un estudo
de radio, unha zona para a produción do xornal escolar e tres tablets para publicar
o que sucede no colexio a través das Redes Sociais. Neste novo espazo o
alumnado tivo que preparar en unha semana un programa de radio con contidos
variados, un informativo con conexións en directo, publicar en Facebook,
Instagram e Twitter o que acontecía no colexio e redactar, a través de noticias, o
que sucede día a día no colexio.
- Aumentando a un Valle virtual: O terceiro proxecto desenvolvido no
Contexto Lingüístico foi un dos máis espectaculares. Buscaba principalmente que
calquera persoa, dende calquera parte do mundo, puidera acceder á casa museo
Valle Inclán cunhas gafas de RV e descubrir alí unha serie de traballos realizados
polo alumnado: historias esperpénticas, descrición das dependencias do museo,
caricaturas de Valle Inclán e mapas mentais da biografía do autor.
- O teatro como xénero literario dialogado: Foi o cuarto proxecto e un dos que
máis gustou ao alumnado. O achegamento á arte dramática sempre ten bos
resultados por parte do alumnado. Ao longo de sete días todos os nenos e nenas
de 3º a 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de coñecer (a través da
pescuda e selección de información) os elementos máis destacados das obras
dramáticas, de explorar a importancia da comunicación non verbal a través de
actividades xestuais, de escribir pequenas obras dramáticas nas que era moi
importante respectar o formato e elementos propios do guión dramático escrito e
de dramatizar breves obras teatrais que tiveron que ensaiar durante un tempo
determinado e, logo, representala na clase perante o resto de compañeiros/as.
- Anímate a ler: Este foi, sen dúbida, un dos proxectos máis formadores para
o alumnado. O obxectivo foi promover a lectura entre o alumando a través dunhas
actividades que pretendían visibilizar a lectura como fonte de pracer: a creación de
contos a partires de portadas en branco e negro para lerlle aos máis pequenos do
cole, a lectura compartida, a elaboración de cartas para as familias nas que se lle
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
40
explicaba a importancia da lectura e os dez dereitos do lector de Daniel Pennac e
a dixitalización (en audio e vídeo) de contos clásicos galegos.
- A poesía: O sexto dos proxectos foi o que máis gustou. Foi un proxecto libre
que partiu da visita do poeta e dramaturgo David Fernández Rivera. Na visita todo
o alumnado tivo a oportunidade de coñecer diferentes formatos poéticos a través
dun obradoiro fantástico. Unha vez rematado o obradoiro o alumnado tivo que
decidir, libremente, o qué quería facer xuntándose en grupos. O resultado deste
proxecto abriu unha nova vertente para o traballo deste contexto xa que o nivel de
interese e motivación mostrado polo alumnado foi moi importante. Os produtos
finais tamén estiveron moi ben. Deste proxecto deducimos a importancia que ten
que deseñemos espazos e tempos nos que o alumnado teña a oportunidade de
xestionar por si mesmo a súa propia aprendizaxe.
- O cómic e as series de literatura infantil. O último proxecto do curso tamén
tivo moi boa acollida. Traballamos arredor do cómic e do coñecemento do que é
unha serie de literatura infantil. cales son as súas características e que todos
podemos converternos en grandes escritores afamados se temos claro unha serie
de condicións. As actividades que se propuxeron foron as seguintes: A primeira
chamámoslle os libros falan e consistiu en converter un libro dos Bolechas escrito
(versión máis importante en Galicia do que é unha serie de literatura infantil) en
formato audio no que personaxes e sons se mesturaban no medio do conto ao
escanar un códigos qr. A segunda actividade consistiu na creación escrita dun
capítulo do que sería unha futura serie de literatura infantil (todos podemos ser
grandes escritores). A terceira e cuarta actividade estivo máis centrada no cómic e
consistiron na elaboración dun traballo monográfico sobre os elementos do cómic
e na elaboración dun cómic propio que tivera presente eses elementos estudados
previamente.
O funcionamento do Contexto Lingüístico foi valorado como positivo polo
propio alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de
coñecer a súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e
avaliación deste contexto, sacamos as seguintes conclusións:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
41
- Ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e sinalan que as
actividades deseñadas non foron moi difíciles.
- Os plans de traballo estiveron redactados con bastante claridade.
- Existe alumnado que admite que non coñece o suficiente o modo de
avaliar do profesorado. Será necesario abordar esta realidade dentro do
contexto o vindeiro curso.
- O alumnado está moi de acordo co criterio para conformar os grupos no
interior da aula.
- Tamén hai alumnos (pouca porcentaxe) que manifestan que unha hora
e media diaria é insuficiente.
- Valoran moi positivamente o tipo de traballo que se desenvolve neste
contexto e o mestre responsable recibe unhas valoracións moi positivas.
- Traballar con videoxogos, incorporar actividades plásticas, a creación de
clubs xestionados polo alumnado, a elección de proxectos por parte do
alumnado, a elaboración de contos e imprimilos, introducir o xogo como
elemento de aprendizaxe, experiencias de stop motion, aumentar as
saídas didácticas… foron algunhas das propostas de mellora que
integrou o alumnado no proceso avaliador dos contextos de
aprendizaxe.
- As actividades que menos lles gustaron están relacionadas coa pescuda
de información e coas actividades de creación escrita.
Dende o punto de vista docente hai que sinalar que este ano foi un ano de
descubrimentos interesantes sobre os que será necesario reflexionar: a
elaboración de proxectos libres por parte do alumnado, a posibilidade de abrir
cada vez máis a tipoloxía de actividades que soen ser máis pechadas, a necesaria
introdución de faladoiros avaliadores onde o alumnado e profesorado avalía o
proxecto, os grupos de traballo e a si mesmos ao mesmo momento que detecta
dificultades e propostas de mellora.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
42
CONTEXTO HUMANÍSTICO
Ao longo deste curso 2017 – 2018 no Contexto Humanístico
desenvolvéronse un total de 7 proxectos que describo brevemente a continuación:
1- VILANOVA DE AROUSA
A idea deste primeiro proxecto era partir do entorno máis próximo ao alumnado,
é dicir, o seu propio concello (aínda que unha minoría do alumnado é de fóra).
Así pois, algún dos aspectos traballados foron: situar a Vilanova de Arousa no
mapa (como territorio que a súa vez forma parte dunha comarca, provincia,
comunidade autónoma, país, continente e do mundo); buscar información sobre a
súas as parroquias, habitantes, sectores económicos, escritores, monumentos e
lugares de interese; localizar no plano do casco urbano diferentes edificios e
lugares e trazar as rúas a percorrer para ir dun lugar a outro; debuxar o escudo do
concello; realizar un vídeo informativo sobre un lugar ou monumento de interese…
Con este proxecto o alumnado puido comprobar que cousas sabía sobre o seu
concello e aprender moitas outras que descoñecía, valorando deste xeito o seu
entorno máis próximo.
Para finalizar o proxecto realizouse un visita co alumando ao centro da vila onde
puideron visitar algúns dos lugares de interese do concello como: o Campanario
de Cálago, a Casa-Museo de Valle Inclán ou o conxunto escultórico Valle-Inclán.
2- O TRABALLO
Neste proxecto traballáronse diferentes aspectos como: os sectores
económicos, a publicidade e o turismo.
Unha das actividades que máis lles motivou, aínda que non lle resultou doado,
xa que tiveron que desenvolver moito a capacidade creativa, foi crear un vídeo
publicitario para animar aos consumidores a mercar un determinado produto.
3- OS TRANSPORTES
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
43
Neste proxecto o alumnado traballou os diferentes medios de transporte,
empregaron un mapa da rede xeral de transportes en España no que localizaron
diferentes portos, aeroportos e trazaron diferentes rutas por estrada para ir dun
lugar a outro, para iso tamén botaron man da aplicación Google Maps.
Ademais, neste proxecto tamén se traballou a seguridade vial. Así pois, tiveron
que realizar vídeos de concienciación sobre as normas de seguridade vial e unha
maqueta con sinais de tráfico, estradas, beirarrúas, edificios… Esta actividade
gustoulles moito.
4- A PREHISTORIA
Tendo en conta os contidos sinalados no currículo, este proxecto só o traballaron
os grupos de 3º e 4º (Viñamedios).
Así pois, nel abordaron as diferentes etapas da Prehistoria e as súas
características: formas de vida, descubrimentos… Tamén, puideron ver e localizar
no mapa diferentes restos prehistóricos que se atoparon en Galicia: petróglifos,
dolmens e castros.
Tamén, participaron nun taller de cerámica (descubrimento desta época), no que
realizaron diferentes recipientes con barro. E, por último, recrearon nun mural
diferentes pinturas rupestres.
Cabe destacar que, en xeral, mostraron moito interese e curiosidade por este
período da historia.
5- A IDADE MODERNA
Tendo en conta os contidos sinalados no currículo, este proxecto só o
traballaron os grupos de 5º e 6º (Viñagrandes).
Así pois, nel abordaron acontecementos importantes que tiveron lugar neste
período da historia en España como: o descubrimento de América, o reinado do
Reis Católicos, a Monarquía dos Austrias (s.XVI-XVII) e os Borbóns (s.XVIII).
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
44
No recanto xeográfico, traballaron o continente americano situando no mapa os
países que o forman e indicando en cales deles o idioma oficial é o español.
Por último, no recanto artístico traballaron ao pintor Diego Velázquez a través
dunha das súas obras máis coñecidas, “As meninas”.
Hai que destacar, que a temática deste proxecto non fora traballada
anteriormente polo alumnado, polo que houbo contidos, vocabulario e datos que
descoñecían e que lle resultaron máis complexos de abordar.
6- COÑECENDO ESPAÑA
Neste proxecto buscouse que o alumnado se acercara máis á realidade so seu
país, descubrindo como se organiza política e territorialmente. Plasmando esta
información no recanto documental.
No recanto xeográfico, a parte de investigar cales son as linguas cooficiais do
noso país, o alumnado de Viñamedios (3º e 4º) situou nun mapa as Comunidades
Autónomas, mentres que o alumnado de Viñagrandes (5º e 6º), situou as
provincias.
Despois de ter claro como se organiza territorialmente España, no recanto
artístico, fixeron un puzzle con goma eva, no que representaron as comunidades e
cidades autónomas.
Para finalizar, no recanto documental. Coa aplicación kinemaster ou Imovie,
fixeron unha presentación resumindo os aspectos traballados ao longo do
proxecto.
7- O CAMIÑO DE SANTIAGO
Este proxecto, xurdiu en relación á PDI “A vida saudable”. Dende a área de
Educación Física, estiveron traballando a variante espiritual do camiño de
Santiago, polo que, dende o contexto humanístico, decidimos afondar neste
aspecto. Soamente deu tempo a realizalo co alumnado de Viñamedios (3º e
4º).
O primeiro que fixemos, foi ver uns vídeos sobre o camiño de Santiago,
aportados pola mancomunidade. A partir disto, xurdiu o traballo do recanto
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
45
audiovisual, facer un vídeo que animase á xente a facer o camiño e sobre todo
a visitar Galicia.
No recanto Xeográfico, investigaron cales son as variantes do camiño e as
plasmaron nun mapa. Indicando tamén algún monumento que se poida ver en
cada variante.
Noutra banda, no recanto documental, o que fixeron foi facer un picollage,
no que presentaron o monumento que máis lles gustou do camiño.
Por último, entre toda a clase, puxéronse de acordo, no que ían a facer no
recanto artístico, fixeron nun cartón a catedral de Santiago, a un peregrino e
unha pedra que indicaba o camiño. Todo iso o pintaron con témperas e o
puxeron na entrada do colexio.
O funcionamento do Contexto Humanístico foi valorado como positivo polo
propio alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Así pois, froito da
necesidade de coñecer a súa opinión sobre o funcionamento, organización,
programación e avaliación deste contexto, sacamos as seguintes conclusións:
- En xeral, ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e
sinalan que as actividades deseñadas non foron moi difíciles.
- Os plans de traballo estiveron redactados con bastante claridade.
- As rúbricas de avaliación deben ser coñecidas polo alumnado ao inicio
do proxecto a desenvolver.
- Suxiren que haxa un recanto de xogos didácticos.
- As actividades que máis lles gustaron foron as do recanto artístico (a
maqueta dos planetas, o mosaico romano...) e as do recanto
experimental (o volcán, experimentos con auga...).
- As actividades que menos lles gustaron foron as do recanto documental
(as de buscar e escribir información sobre os temas tratados) e do
recanto xeográfico (as de buscar e situar no mapa diferentes
elementos).
CONTEXTO CIENTÍFICO
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
46
Neste contexto fóronse relacionando os temas do proxectos. Primeiro coa
contextualización dos seres vivos e logo dando comezo a formación do ser
humano coa célula (unidade mais pequena) chegando ó coidado do aparello
locomotor pasando polo estudo deste e das funcións de relacións.
Breve especificación de cada proxecto:
Proxecto 1: Un ser vivo mais na aula.
Proxecto dedicado os reinos do ser vivos en especifico o do reino animal. Na clase
había dous insectos pau e todas as actividades partían deles. Características;
coidado, hábitat …
Proxecto 2: A célula
Proxecto dedicado a unidade más pequena da que partimos calquera ser vivo, a
célula. Dunha forma moi sinxela estudaron a función, partes e tipos de células.
Con xogos interactivos, visualización real co microscopio e coa creación dunha
célula foron adquirindo conceptos.
Proxecto 3: Os sentidos e función de relación
Proxecto para traballar os sentidos e función de relación co aparato locomotor.
Neste proxecto cada recanto era un sentidos. Y en cada un deles traballaban o
sentido de xeito visual e manipulábel. O proxecto tamén estaba relacionado coa
diversidade; introduciuse a linguaxe de signos de forma sinxela.
Proxecto 4: O aparello locomotor
Estudo do ósos e músculos do ser humano. Traballaron cun esqueleto,
experimento con ósos, creación dun corpo con músculos de goma Eva. E moita
pescuda de información.
Proxecto 5: Alimentación e hábitos saudables.
Proxecto relacionado coa PDI, a saúde, alimentación e hábitos saudables.
Traballaron a pirámide nutricional, coidado do corpo, consumo de azucre e
etiquetaxe do produtos alimentarios.
Proxecto 6: Realidades científicas da nosa contorna.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
47
Proxecto libre sobre realidades científicas da nosa contorna, relacionado coa
andaina pola ruta de pedra e da auga. Fai referencia a contaminación da auga e
do aire; enerxías; arbores e plantas da contorna.
A gran maioría dos proxectos foron realizados coa mesma organización.
Catro recantos nos cales cada grupo de alumnos pasa en diferentes día. Nos
recantos as actividades era similares.
Tics: pescuda de información, presentación de traballo dixitais, manexo de
aplicacións de vídeo, montaxe de fotos etc.
Laboratorio: recanto para investigar e experimentar.
Museo: Creación de materiais visuais como por exemplo maquetas ou murais.
Biblioteca: Traballos escritos, información de libros de aula e biblioteca.
No primeiro e último proxecto a organización foi diferente. No primeiro por
mor dos insectos pau toda a aula foi pasando polos mesmos recantos para estar
preparados nos últimos días para o coidado do animal.
O último proxecto foi case na súa totalidade libre. Os alumnos podían
escoller o tema e por tanto poñerse no grupo que mellor lle conviñan. Tiñan unha
guía para a organización e os tempos pero eles organizaron o seu traballo.
Co aumento de tempo dedicado a cada proxecto foron resultando mais
satisfactorio para profesorado e alumnado. Sen presión o traballo foi mais levadío.
Deixando en cada proxecto mais liberdade ó alumnos os resultados tamén foron
mellorando.
CONTEXTO MATEMÁTICO
Ao longo deste curso 17-18 no Contexto Matemático desenvolvéronse un total
de 6 proxectos nos cursos de quinto e sexto e 5 proxectos en terceiro e cuarto, os
cales paso a describir brevemente a continuación:
A Auga
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
48
Auga. Líquido transparente, incoloro, inodoro e insípido en estado puro, cuxas
moléculas están formadas por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno.
Constitúe o compoñente máis abundante da superficie terrestre e o maioritario de
todos os organismos vivos.
Logo de ler esta definición da auga, somos conscientes que está presente dun
xeito moi importante na vida cotiá das persoas, polo tanto, tamén está presente
nas matemáticas.
Nos diferentes retos que compoñen esta primeira proposta do contexto, vamos a
tratar diferentes contidos relacionados, todos eles, cun elemento común, a agua.
O contexto nesta proposta, estará estruturado en catro recantos, en cada un deles
o alumnado terá que desenvolver un reto, a realización destes catro retos
posibilitará poder realizar o último reto. Este último reto, mestura os diferentes
contidos traballados ao longo dos catro recantos.
Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:
-Recanto de debuxo: Debuxamos un octaedro e tamén realizamos a súa plantilla
en cartolina.
-Recanto da vida cotiá: Interpretación dunha factura da auga e realización de
táboas ou gráficos de consumo e gasto.
-Recanto do supermercado: Realización dunha probeta para medir a capacidade
de diferentes recipientes.
-Recanto de creación: Realizar un prisma rectangular a escala co ROBOBO.
-Reto final: Relación volume-capacidade para poder calcular o prezo de encher
unha piscina.
Arquitectura
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
49
A arquitectura é a arte e a técnica de realizar os planos e dirixir a construción de
edificios, ou tamén pode ser, o conxunto de características arquitectónicas dun
edificio, dunha zona ou período determinado.
Deste xeito, podemos constatar que arquitectura e matemáticas van da man:
debuxo, escalas, planos, corpos xeométricos, cálculos,... están presentes tanto na
arquitectura como nas matemáticas. Pero non só está presente nas matemáticas,
na nosa vida cotiá a arquitectura ten unha gran importancia, polo que os diferentes
recantos tratarán diferentes contidos presentes no día a día das persoas.
A proposta do Contexto Matemático estará estruturada en catro recantos, cada un
dos cales, plantexaranos retos relacionados coa arquitectura e o paso por todos
eles axudaranos á realización do reto final.
Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:
-Recanto de debuxo:realización de debuxos e maquetas de corpos xeométricos.
-Recanto da vida cotiá:elaboración do plano dunha cidade a escala, cos seus
edificios, rúas, beirarrúas,...
-Recanto do supermercado: estudo das unidades de masa e achegamento ao
concepto de presión.
-Recanto de creación:creación dunha cidade virtual cunha serie de características.
-Reto final:realización dun percorrido co Robobo pola cidade virtual que creou o
alumnado.
Como mellorar o aparcamento e a circulación no CEIP Viñagrande-
Deiro?... (Específico para 5º e 6º)
Dende fai un tempo, a zona de aparcamento do noso colexio e a circulación
nas inmediacións do mesmo, veuse incrementada polo aumento de matrícula. Isto,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
50
fai necesario unha reorganización do aparcamento e unha mellor circulación dos
vehículos, cando veñen tanto a deixar como a recoller ao alumnado.
Consideramos urxente e necesario facer estas actuacións, para previr calquera
tipo de accidente que puidera acontecer.
Nos diferentes recantos que compoñen o contexto matemático trataremos
estas dúas actuacións dende diferentes perspectivas, pero todas elas, orientadas
á búsqueda de solucións que aportar para solucionar esta problemática.
Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:
-Recanto de debuxo: realización dun plano das inmediacións do colexio, zona de
aparcamento e circulación.
-Recanto da vida cotiá: deseño de sinais de tráfico para o noso plano e realización
das mesmas na impresora 3D.
-Recanto do supermercado: estudo da circunferencia e os elementos que a
forman: raio, diámetro, corda, arco, tanxente e sector circular.
-Recanto de creación: creación e deseño do aparcamento e circulación de
vehículos en realidade virtual.
-Reto final: realización dun vídeo explicativo da zona de aparcamento e da
maneira idónea de circular polas inmediacións do colexio.
Medimos (Específico para 3º e 4º)
Medir é determinar a lonxitude, a superficie, o volume ou a intensidade de [algo ou
alguén] comparándoo coa unidade que se toma como patrón.
Na proposta do contexto para esta semana, os distintos recantos estarán
relacionados coa medición de determinadas lonxitudes, empregando
determinados utensilios e ferramentas que axuden á realización das diferentes
medicións.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
51
A utilización do compás, transportador, regra ou o mBlock, por exemplo, axudará
ao alumnado a iniciarse ou mellorar o uso que fai dos mesmos ao tempo que
constrúe a súa propia aprendizaxe.
A proposta do Contexto Matemático estará estruturada en catro recantos, cada un
dos cales, plantexaranos retos relacionados coa medición.
Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:
-Recanto de debuxo: realización de debuxos de diferentes ángulos medidos
previamente con diferentes apps.
-Recanto da vida cotiá: utilización e manexo dun compás co que representar
diferentes rumbos nunha carta náutica.
-Recanto do supermercado: manipulación de diferentes utensilios de medición
utilizando a unidade de medida máis axeitada.
-Recanto creación: realización de diferentes retos co mBlock nos que deberá
dende medir espazos, realizar diferentes ángulos, percorrer espazos,...
O que o mar esconde...
O que o mar esconde é o título que leva esta proposta composta por diferentes
actividades, e que quere concienciar á comunidade educativa da importancia de
coidar o medio ambiente.
Este título fai referencia a unha problemática que está de actualidade, a excesiva
utilización de plásticos e o impacto destes nos nosos mares co futuro incerto que
este ocasiona. Diferentes estudos, amosan como os plásticos están presentes nun
80% en mostras de augas oceánicas, e a presenza destes en animais mariños é
cada día máis evidente.
O alumnado terá que recoller e clasificar datos relacionados co uso de plásticos
nos diferentes fogares, estes datos permitiranlle: construír táboas, realizar medias,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
52
modas e rangos, interpretar gráficas, analizar información,... e dar a coñecer a
información analizada, elaborando unha serie de propostas que axuden a reducir o
uso de plásticos nos fogares.
A proposta do Contexto Matemático estará estruturada en catro recantos, cada un
dos cales, plantexaranos actividades relacionados coa recollida, clasificación e
análise de información relacionada co uso de plásticos, o paso por todos os
recantos axudaranos á realización do reto final.
Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:
-Recanto da vida cotiá: deseño e construción de táboas para recoller información
da utilización de plásticos nos fogares.
-Recanto de debuxo: realización de diferentes gráficas onde se reflicten os datos
recollidos nas táboas.
-Recanto do supermercado: realización de cálculos necesarios para a análise e
estudo dos diferentes datos (media, moda e rango...).
-Recanto de creación: análise e estudo da información recollida e plantexamento
de posibles solucións.
-Reto final: dar a coñecer a información analizada e elaboración de propostas que
axuden a reducir o uso de plásticos nos nosos fogares.
Eu teño unha idea, e ti?...
Eu teño unha idea, e ti?... Este é o título que leva esta proposta que se lle
presenta ao alumnado de Vinhagrandes e Vinhamedios e pretende que sexa o
propio alumnado quen decida o que quere aprender.
Unha proposta libre no Contexto Matemático para que cada alumno amose os
seus propios intereses, intereses que poden estar relacionados con contidos vistos
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
53
con anterioridade ou non, intereses de aprendizaxe na compaña dos seus
compañeiros.
Comezamos esta proposta propoñendo a cada alumno que conte o que quere
aprender e logo de manifestar o que quere aprender mestúrase o alumnado por
centros de interese compartidos. Deste xeito, o alumnado comparte experiencias
de aprendizaxe cos seus compañeiros, algo que consideramos fundamental no
seu proceso de aprendizaxe.
Logo de amosar os seus intereses xorden estas diferentes propostas, as cales
falan duns intereses semellantes, creativos e moi tecnolóxicos...
- Robótica
- Programación
- Deseño
- Impresión 3D
- Debuxo
- Elaboración de titoriais de diversos contidos
- ...
Estas diferentes propostas ou intereses mestúranse con contidos que o alumnado
domina ou ten que asimilar propios do currículo para que o proceso de
aprendizaxe sexa o máis significativo posible.
InformaMates(Desenvolvido soamente en 5º e 6º)
Informamates é o último reto deste curso e quere facer que o alumnado dea a
coñecer os diferentes contidos traballados ao longo deste ano nos diferentes retos
ou proxectos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
54
Facendo uso do Informadeiro que é o espazo onde usamos os medios de
comunicación para dar a coñecer todo aquilo que acontece no colexio, neste caso,
o Informadeiro axudaranos a dar a coñecer aqueles contidos traballados e que o
alumnado debe ter adquiridos. O alumnado será quen de transmitir coñecementos
cando estes son asimilados por el mesmo e o seu dominio facilitará a maneira en
que estes coñecementos son transmitidos.
O xornal, a televisión, a radio e unha rede social coma Instagram estarán ao
servizo do alumnado para darlle difusión a diferentes contidos coma: área e
perímetro, triángulos, volume e capacidade, figuras planas, círculo e
circunferencia, ángulos,...
Neste reto, a adquisición de contidos é algo que xa se ten que ter adquirido,
agora, a diferenza dos anteriores retos o que se pretende é que o alumnado dea a
coñecer ese coñecemento que posúe ou nalgúns casos coñecemento que debe
ser reforzado e no que os medios de comunicación xogarán un papel
importantísimo.
O alumnado en pequenos grupos deberá redactar información dun contido
determinado de diferente maneira dependendo do medio de comunicación que
está utilizando.
Todos os contidos traballados quedarán recollidos nun xornal, nun programa de
televisión, nun programa de radio e nas diferentes entradas que se fan en
Instagram.
Darlle a posibilidade ao alumnado que sexa el mesmo quen exprese os
coñecementos adquiridos polos diferentes medios consideramos que é importante,
neste proceso aquel alumnado que non ten ben asimilados determinados contidos
veraos reforzados coa axuda dos seus compañeiros dunha maneira colaborativa.
Os produtos finais estarán a disposición do alumnado para cando o precisen e a
fácil accesibilidade aos mesmos será de gran axuda para calquera alumno.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
55
O funcionamento do Contexto Matemático foi valorado como positivo polo
propio alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de
coñecer a súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e
avaliación deste contexto, sacamos as seguintes conclusións:
- Ao alumnado gustoulle moito traballar nestes retos e nos diferentes
recantos que compoñen o contexto.
- Os retos nalgúns casos precisan estar redactados con maior claridade.
- As rúbricas de avaliación deben ser coñecidas polo alumnado.
- Unha vez rubricados os retos, estes deberían amosarse ao alumnado.
- Realización de máis proxectos libre xa que son ben acollidos polo
alumnado.
- As actividades que máis gustaron foron as máis relacionadas coa
tecnoloxía: robótica, impresión 3D, escenarios virtuais,...
- As actividades que menos gustaron foron aquelas nas que o alumnado
buscaba información e esta tiña que ser redactada.
Dende o punto de vista docente, destaco a cantidade de contidos propostos
nos diferentes retos e a oportunidade que ten o alumnado de compartir estas
experiencias de aprendizaxe con diferentes compañeiros do seu curso e do curso
que os acompaña, experiencias de aprendizaxe moi enriquecedoras e motivantes.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Ao longo deste curso no Contexto Lingüístico empregamos os
seguintes recursos:
a) Humanos: Contamos co apoio da mestra de PT e de varios mestres que se
achegaban a axudar en determinadas actividades que se desenvolven no
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
56
contexto.
b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos
desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, ordenadores,
portátiles, variadas apps e software informáticos para a edición de textos,
audios, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo, a radio escolar, a
impresora...
c) Funxibles: A integración das TIC estivo aparelladas ao uso de recursos
funxibles básicos e usados en toda escola: cadernos, cartolinas,
plastificadores, rotuladores, folios, lápices de cores, bolígrafos, goma,
pegamento, tesoiras...etc.
d) Bibliográficos: Ao seu un contexto no que a literatura e a palabra escrita
está tan presente, tivemos que botar man de numerosos recursos
bibliográficos de diferentes tipos:
- Variados tipos de cómics
- Series de literatura infantil: Bolechas, Gerónimo Stilton, Kika, Os
megatoxos...
- Obras teatrais breves.
- Libros variados de poesía galega e castelá, poesía visual, obxectual...
- Contos clásicos da literatura galega máis contemporánea.
- Obras e biografías de Valle Inclán.
- Revistas de pasatempos lingüísticos.
- Xornais, revistas...
- Páxinas web para o acceso e tratamento da información.
Ao longo deste curso no Contexto Humanístico empregamos os
seguintes recursos:
Ao longo deste curso no Contexto Humanístico empregamos os seguintes
recursos:
a) Humanos: Contamos con mestres de apoio do mestre durante algunhas
sesións.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
57
b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos
desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, un ordenador,
diferentes aplicacións e programas informáticos para a edición de textos,
audio, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo...
c) Funxibles: cadernos, folios, lapis de cores, bolígrafos, goma, pegamento,
tesoiras, cartolinas, plastilina, barro, témperas…
d) Bibliográficos: libros temáticos relacionados cos proxectos traballados,
libros de texto empregados como ferramenta de consulta, atlas, mapas,
fichas e plans de traballo...
Ao longo deste curso no Contexto Científico empregamos os
seguintes recursos que se encontran nos diferentes recantos nos cal
a aula está estruturada:
Organización do material didáctico de cada recanto:
Tics: Ordenador de aula e portátil. Catro tabletas Samsung e dúas iPads
Laboratorio: Dous microscopios (un sen luz) e os seus materiais. Obxectos
habituais de un laboratorio: guantes, lupas, pinzas, etc. Líquidos de experimentos.
Pesas. Obxectos específicos para cada proxecto.
Museo: Todo tipo de material funxibles. Goma Eva, cartolinas. E materiais
concretos para cada proxectos.
Biblioteca: Libro xerais de ciencia naturais, para recanto libros relacionados co
tema da biblioteca do centro.
Organización dos apoios:
Presencia da PT en vinhagrandes B ó logo de todos os proxectos. E apoio en
vinhamedios B a maioría dos días. Houbo proxectos onde foi precisa a súa axuda
continua con un terminado grupo por necesitades do alumnado e noutros
axudaban todo o proxecto no recanto de biblioteca pola complexidade da
actividade.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
58
As características do contexto matemático fai que sexa necesario
contar con diverso material que foi empregado nos diferentes
recantos.
As características do contexto matemático fai que sexa necesario contar con
diverso material que foi empregado nos diferentes recantos.
No momento de programar os diferentes retos tivemos en conta o material que
dispoñemos no centro para garantir o seu desenvolvemento, outro material tivo
que ser comprado pola ausencia do mesmo.
Neste sentido unha posible clasificación sería:
- Material de debuxo: regras, escuadras, cartabóns, compases,
transportadores, escalímetros,...
- Material manipulable: pesas, metros, figuras xeométricas, corpos
xeométricos, fraccións, reloxos, termómetros, calculadoras, reloxo, diñeiro,
regretas, material de base 10, probetas,...
- Material de creación: cartolinas, xeoplanos, bloques lóxicos, policubos,
bloques xeométricos,...
- Material tecnolóxico: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os retos
desenvolvidos, ferramentas tecnolóxicas como tabletas, ordenadores,
portátiles, variadas apps e software informáticos, robots, impresora 3D,
gafas vr, móbiles,...
- Materiais ou recursos que ofrece o medio escolar e a contorna socio-natural
na que vive o alumnado.
Este material axudou a desenvolver os diferentes retos que se establecían nos
recantos do contexto matemático.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
59
METODOLOXÍA EMPREGADA
O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo
específico que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o
currículo oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de
vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase
atendendo á seguinte estrucuración temporal:
ORGANIZACIÓN
TEMPORAL
EDUCACIÓN
INFANTIL
1º e 2º NIVEL DE
EDUC. PRIMARIA
3º, 4º, 5º e 6º
DE EDUC.
PRIMARIA
MOMENTO
COLECTIVO
(1h 30 min)
Programa de
Estimulación
Temperá.
Programa de
Estimulación
Temperá.
Programa
Curricular
Específico
Programa de
Aprendizaxe
Lúdico
Programa
Curricular
Específico
MOMENTO
VIVENCIAL
(1h 30 min)
Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a
aprendizaxe da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais
e cívicos, … debe realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica
(con obradoiros, tarefas, experiencias). Para iso, o profesorado titor e
especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a
oportunidade de sentir, vivir e emocionarse con estas aprendizaxes.
MOMENTO
DE LECER
(30 min)
É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos
de vital importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito
moito máis espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo
máis dentro do horario lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de
elementos que axuden ao alumnado a desenvolver esa necesidade de
xogo libre e espontáneo tanto a nivel de dotación de recursos materiais
como de dotación de recursos psicolóxicos, sociais e persoais. É un
momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre.
MOMENTO
COMPARTIDO
(1h 30 min)
Aprendizaxe
Baseado en
Proxectos
Aprendizaxe
Baseado en
Proxectos
Apr. Baseado en
Contextos de
Aprendizaxe
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
60
Nos distintos momentos nos que se divide o horario lectivo diario suceden
distintas propostas didácticas que determinan o desenvolvemento das
competencias clave no alumnado.
Co obxectivo de explicitar mellor o funcionamento destas propostas, a
continuación se definen e determina o modo de traballar nelas:
APRENDIZAXE BASEADA EN CONTEXTOS DE APRENDIZAXE
O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados)
desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica,
organizativa e didáctica:
Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha área
que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de
coñecemento e complementan o currículo dun xeito multidisciplinar. En cada
contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º
convertéranse nos seguintes contextos de aprendizaxe e neles traballarase
atendendo ás seguintes dinámicas:
LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as
competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se
traballan establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e
os de outras competencias (lingüística, tecnolóxica, lóxica e matemática,
social…etc.).
O contexto científico está dividido en catro minicontextos nos que se traballan
devanditos proxectos dende unha perspectiva ampla de desenvolvemento
competencial. Os diferentes recantos presentes nesa aula determinan a
tipoloxía de actividades a desenvolver.
- O museo: Pensado para a creación de elementos (xogos, maquetas,
murais, monográficos...) nos que demostrar os coñecementos adquiridos ou
contidos traballdos.
- O laboratorio: A experimentación é o fin deste recanto. Recanto moi
práctico que buscaba aproximar a ciencia ás mans do alumnado.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
61
- A biblioteca: A búsqueda, selección, análise da información necesaria para
a elaboración de monográficos e outros traballos.
- Espazo TIC: Espazo dedicado á creación de contido propio por parte do
alumnado con contidos referidos ás ciencias naturais.
A CALCULADEIRA: Proxectos Matemáticos nos que é moi importante
acercar os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivencialos dun
xeito práctico e manipulativo. Neste contexto haberá distintos espazos
(recantos) que, dun xeito global, nos permitirán comprender a utilidade das
matemáticas na vida real:
- O supermercado: Para o cálculo e o traballo de capacidades, volumes,
tamaños.
- A vida cotiá: Pensado para traballar aspectos matemáticos da vida real:
recibos, facturas, compras, cartas mariñas...
- A xeometría: Recanto no que o debuxo lineal ten unha importancia vital.
- O tratamento da información: É o recanto máis teórico onde o alumnado ten
que buscar e analizar a información topada para coñecer a base teórica das
matemáticas.
A VERBADEIRA: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se
desenvolverán dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de
distintas disciplinas: ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os
temas transversais…etc. Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe
oral e a linguaxe escrita a través do establecemento de recantos que
permitirán traballar con diferentes tipoloxías de textos e programar distintas
actividades:
- Literatura Creativa: Espazo adicado á creación de textos de variada
tipoloxía dende unha perspectiva máis libre dando saída á imaxinación e
orixinalidade infantil: contos, relatos, cómics, adiviñas, deficións, anuncios...
- Conferencias: Recanto pensado para a expresión oral: radio, debates,
exposicións, videocontos, audiolibros...
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
62
- Pasatempos: É o minicontexto ideado para o traballo no coñecemento e
práctica das normas ortográficas e gramaticáis básicas a través da
elaboración, creación e solución a pasatempos lingüísticos.
- Procesando Textos: Recanto adicado ao traballo de textos escritos
variados: resumos, mapas mentáis, noticias, receita, cartas, monográficos...
HUMANIDADEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a
realidade social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este
contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos
que tamén van intervir varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente
temas relacionados coas as ciencias sociais dende unha perspectiva
determinada: entendendo o que sucede ou sucedeu ao noso redor,
poderemos entender o que sucede ou sucedeu en contextos máis amplos e
descoñecidos.
No contexto humanístico existen catro ou cinto espazos ben diferenciados que
permiten o desenvovemento competencial do alumnado;
- Xeografíco: Pensado para un traballo centrado no estudo da parte
xeográfica dos lugares onde vivimos.
- Audiovisual: Espazo adicado á creación de contido propio por parte do
alumnado con contidos referidos ás ciencias sociais.
- Artístico: A modo de atelier, este espazo conecta a expresión plástica cos
proxectos e contidos que se traballan no contexto humanístico.
- Documental: A búsqueda, selección, análise da información necesaria para
a elaboración de monográficos e outros traballos.
INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas,
unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao
exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión,
internet, exposicións, presentacións, representacións, debates, etc. Á vez que
lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de comunicación
fan que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
63
actividades determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o
uso de recursos. Contamos cun espazo no centro no que colocamos os
recursos necesarios para desenvolver nel programas de radio, televisión,
elaboración da prensa escrita e confección e edición dun caderno de bitácora
online. Este espazo ten un grupo asignado cada dous días e conta cuns
mestres que diariamente pasa a xornada lectiva nese espazo.
Neste tipo de organización, os contextos de aprendizaxe soen ser estables ao
longo de todo o ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e
sistemáticamente por todas as zonas para traballar nun proxecto determinado dun
xeito multidisciplinar desenvolvendo así todas e cada unha das competencias
clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de profundar no
coñecemento e desenvolver as súas capacidades.
Os contextos de aprendizaxe son complementarios. En todos eles, á parte da
aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a
personalidade e as relacións sociais.
A organización social destes espazos posibilita a expresión de emocións e a
interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e actitudinais
van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a identidade de cada
persoa e a do grupo. Para logralo, fomentamos o traballo en grupo, xa que a
interación mutua serve para enriquecer o proceso de aprendizaxe de cada
individuo.
PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO
A maiores do traballo que se desenvolve nos contextos de aprendizaxe, en 3º,
4º, 5º e 6º de Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel,
sitúase na aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados
contidos establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que
están previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente
contidos referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
64
Concretamente estamos falando que o bloque 2 de contidos da área de
matemáticas e o bloque 4 das áreas de lingua galega e lingua castelá son
desenvolvidos dun xeito máis específico fóra dos contextos en catro sesións
semanáis de unha hora e media con cada un dos titores.
Á hora de avaliar as áreas de lingua e matemáticas chegouse ao acordo de que o
peso do traballo nos contextos lingüístico e matemático fose dun 60% e o peso do
traballo desenvolvido no Programa Curricular Específico fose dun 40%.
OUTRAS CARACTERÍSTICAS METODOLOXÍCAS QUE NOS DEFINEN:
o A mestura de idades é un elemento máis que amplía tanto o marco da
diversidade como o da interación social. Nos grupos contextos de aprendizaxe
de Primaria (3º con 4º e 5º con 6º) xúntase o alumnado dos dous niveis
diferentes dos xa desaparecidos ciclos. Deste xeito, posibilitamos a interación e
ofrecemos a posibilidade de desempeñar roles diferentes.
o Aprendizaxe cooperativa e disposición do alumnado en grupos/equipos.
Nos contextos de aprendizaxe o alumnado traballará atendendo ás normas
xerais de aprendizaxe cooperativo e colaborativo. Para iso é fundamental a
disposición das mesas e sillas. En todos nos contextos as mesas e sillas están
colocadas en grupos (mínimo de 3 e máximo de 5).
o Programas de ciclo. Pensamos que a mellor maneira de organizar a
planificación didáctica no relativo ao currículo é deseñando programas
curriculares por ciclos de dous anos. Este feito ofrece a posibilidade a cada
individuo de desenvolver o seu propio potencial e avanzar segundo o seu ritmo
e nivel. Ao longo deste curso nos catro contextos, puidemos desenvolver máis
dun 80% do currículo das áreas das linguas, matemáticas, ciencias sociais e
ciencias naturais.
o A integración real e efectiva das TACs. A nosa aposta pola integración e o
uso das tecnoloxías nas nosas aulas é a de utilizalas para que o alumnado
poida crear contido propio por si mesmo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
65
Utilizamos a tecnoloxía con sentido común (e en igualdade de condicións que o
resto de materiais didácticos). Ao igual que co aprendizaxe de calqueira tipo de
contido dunha determinada área, a entrada de información que se lle ofrece ao
alumno debe ser de calidade e a saida que o alumno lle da a esa información a
través dun produto final debe ser tamén de calidade. Para facelo así xoga unha
importancia vital o uso das TAC dende unha perspectiva creadora e creativa.
Por outro lado o uso das TIC no noso centro ten unha doble finalidade: gozar do
seu uso e darlle saída ao exterior aos traballos que elabora o alumnado a través
dos medios de comunicación que traballamos na escola.
o A Mediateca e a Biblioteca son os lugares de recursos, son as fontes básicas
de información para realizar as actividades dos contextos de aprendizaxe. O
libro de texto non é un recurso básico. Existen moitos mateirias e compártense.
A mediateca é o lugar onde se gardan os distintos materiais didácticos que son
necesarios para traballar nos contextos e minicontextos de aprendizaxe.
A biblioteca é o eixo central do acceso á infomación para traballar as distintas
propostas didácticas e proxectos.
o Utilizamos plans de traballo: son listados de procedementos ordenados e
sistemáticos para realizar as actividades presentes nos recantos dos distintos
contextos de aprendizaxe, que axudan ao alumno a planificar o traballo, a
centrarse na actividade, a situarse no proceso de aprendizaxe e a desenvolver
a súa autonomía.
o O traballo en equipo do profesorado é imprescindible para deseñar e
xestionar os programas e proxectos didácticos, avaliar o proceso de
aprendizaxe, cumprir co traballo diario e levar a cabo os proxectos do centro.
O profesorado ten a obriga de traballar en equipo cos demais mestres que
conforman o claustro. Esta coordinación dase con maior cercanía entre os
mestres da etapa de Educación Infantil, 1º ciclo e entre os responsables dos
contextos de aprendizaxe.
De todas maneiras, o profesorado especialista preocupouse moito por coñecer
os proxectos que están desenvolvendo nas diferentes aulas para que as
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
66
propostas didácticas das especialidades poidan relacionarse cos proxectos
didácticos das titorías. E viceversa tamén.
AVALIACIÓN
Neste apartado queremos deixar constacia na memoria dunha breves
referencias sobre a avaliación nestes eidos:
RESPECTO DOS GRUPOS
En xeral os catro grupos de alumnos que asistiron aos Contextos de Aprendizaxe
mostraron un rendemento académico positivo. Únicamente salientar o grupo de 3º
de Educación Primaria que ao non estar acostumado a este tipo de traballo,
cremos que o seu nivel de base era máis baixo do esperado e isto provocou que
tivesen que facer un esforzo maior para adaptarse ao ritmo e ao tipo de traballo
que se propón.
Neste senso, destacar a gran axuda ofrecida polo alumnado de 4º de Educación
Primaria. Ao longo de todo o curso tivo que axudar dun xeito guiado e pautado ao
alumnado de 3º co obxectivo de seguir o ritmo normal de traballo no contexto
literario.
En xeral podemos afirmar que o traballo desenvolvido os dous últimos anos no
contexto literario permitiu un achegamento moito máis real e competencial aos
usos da lingua galega e castelá. Cremos que o alumnado ten a oportunidade de
vivir os procesos de creación literaria de primeira man e non só estar pendente da
ortografía e gramática (ás que consideramos igualmente de vital importancia).
O alumnado posúe, a día de hoxe, unha bagaxe literaria e creativa moi potente.
Este feito fai que esteamos contentos do funcionamento e da formación que se
ofrece neste espazo de aprendizaxe.
Do cuestionario que se lle pasou ao alumnado para que valoraran os proxectos
desenvolvidos ao longo do curso manifestaron na súa inmensa maioría que
descoñecían o xeito de avaliar do profesorado e que tampouco recoñecían que
debían realizar para subir nota. Isto lévame a modificar a miña forma de avaliar, é
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
67
necesario que sexa máis explícita cos criterios de avaliación que se van utilizar á
hora de valorar o traballo dos alumnos e alumnas; os alumnos e alumnas deben
coñecer as rúbricas antes de comezar co proxecto.
No traballo grupal ás veces era complicado que cada alumno ou alumna fora
responsable da parte equitativa, da carga de traballo que lle correspondía. Ese
tipo de alumno/a mostrábase máis observador que participante no traballo.
Un dos grupos de maiores tivo en determinados momentos do curso un
comportamento inaceptable, logo de varias intervencións con eles foise
solventando.
O profesorado de nova incorporación manifestou que os progresos nos procesos
de ensino foron aparecendo dun xeito progresivo co tempo e practica.
En xeral, o alumnado que acude ao Contexto Matemático mostrou un rendemento
académico positivo pero tamén é certo que a composición dos grupos inflúe moito
neste rendemento. En ocasións ponse en dúbidas si a elección do grupo debería
seguir sendo libre ou un pouco dirixida. Constátase que certo alumnado deixase
levar dentro do grupo e as súas achegas son moi escasas polo que temos que
mellorar este aspecto.
CASOS PARTICULARES A SINALAR
Cómpre sinalar que hai alumnos que no traballo en grupo teñen que aportar e
implicarse moito máis.
Continuando co mencionado no apartado anterior, destacar a falta de esixencia e
compromiso dalgúns alumnos/as amosando unha pobreza nos seus traballos.
Cremos, de tódolos xeitos, que é esta unha metodoloxía que respecta os ritmos
individuais de aprendizaxe. Neste senso deberemos ser máis pacientes e
acompañar dun xeito máis cercano a este alumnado ao que, por maduración, lle
falta ese compromiso e autoesixencia que se poden ver noutros.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
68
DA COORDINACIÓN DOCENTE
A coordinación docente foi moi enriquecedora e estivo ben planificada e
executada. Todos os martes (de 16:00 a 17:00 horas) o profesorado responsable
dos contextos se reunía para distintas finalidades (planificación, avaliación,
información, organización...da actuación educativa no contextos de aprendizaxe).
O profesorado especialista acudía a estas xuntanzas unha vez cada tres
semanas.
Para mellorar este eido será necesario sistematizar estas xuntanzas xa que ás
veces resultan sempre iguais. Falamos da necesidade de que cada martes de
16:00 a 17:00 horas teñamos un guión que cumprir que nos obrigue a facer un
seguimento real do que se comenta. Sistematizar determinado procesos por
escrito non estaría de máis.
Tamén consideramos necesaria a figura do coordinador/a dos contextos. A
creación dun órgano como a CCP no que poder realizar determinados traballos de
centro esixirá a presenza dos coordinadores. A figura do coordinador/a dos
contextos axudará moito a que a información e o traballo sexa máis fluído e máis
efectivo.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Sen dúbida a metodoloxía coa que traballamos facilitou enormemente a atención á
diversidade do alumnado. Ao longo do curso nos contextos de aprendizaxe non
tivemos a necesidade de adaptar os plans de traballo a ningún alumno pero o que
si constatamos e que este alumnado ten que aportar algo máis e os compañeiros
de grupo esixirlle que o faga.
Neste eido destacar especialmente o grupo de terceiro de primaria que posúe
unha diversidade tan variada que esixirá o inicio de determinados procedementos
coordinados entre todo o profesorado que lle da clase. Un acompañamentos moito
máis próximo no que axudemos a este alumnado a crer nas súas posibilidades e a
facerlle ver que son capaces de abordar calquera tipo de actividade se aportan
vontade será un principio de actuación básico.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
69
Tamén, cómpre sinalar neste sentido a axuda recibida por parte do profesorado de
apoio.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
A metodoloxía no contextos de aprendizaxe foi positiva. Máis adiante coméntanse
algunhas propostas de mellora neste eido pero a nivel xeral a metodoloxía
permitiu un traballo serio, esixente e coherente co desenvolvemento curricular
actual.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Debemos mellorar o procedemento avaliador e facelo algo máis sinxelo.
Se atendemos ao verdadeiramente importante de cada contexto seremos capaces
de crear unha rúbrica trimestral que, unida a unha recollida diaria de datos,
configurará unha avaliación seria, rigorosa e completa.
Foi moi positivo traballar cunha aplicación que nos facilitou a cuantificación das
rúbricas dos contextos de aprendizaxe.
Tamén consideramos moi positivo, inda que hai que melloralo e sistematizalo inda
máis, integrar o último día de traballo nos contextos para a autoavaliación,
coavaliación e avaliación do proxecto por parte do alumnado e profesorado (triple
vertente da avaliación). Cremos que sería importante que ese último día todo o
profesorado tivese unha guía e o alumando contara cunha rúbrica individual na
que puidese avaliarse a si mesmo e ao grupo no que traballou en relación a
determinados indicadores xerais (con presenza en todos os contextos) e
específicos de cada contexto.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
1.- Como responsable do contexto lingüístico e co obxectivo de ofrecer unha
avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:
- O 100% do alumnado valora a miña actuación neste contexto como positiva
ou moi positiva. Ningún alumno destaca a miña actuación como regular ou
negativa.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
70
- A carga emocional de inicios de curso (ao ser director tamén) puido
aféctame negativamente (e por extensión tamén ao alumnado). Pronto me
din conta e puiden volver a mostrar a miña profesionalidade dun xeito máis
tranquilo e seguro.
- Os proxectos deseñados e as actividades planificadas foron valoradas
positivamente.
2.- Como responsables dos contextos científico e humanístico e co obxectivo de
ofrecer unha avaliación do máis obxectiva, reflectimos as seguintes observacións
ao respecto:
- Practicamente a totalidade do alumando, valora a miña actuación neste
contexto como positiva ou moi positiva (segundo a enquisa realizada).
- Neste segundo curso empregando esta metodoloxía, a valoración é
positiva. Aínda así, considero importante seguir formándome no que se
refire ao aprendizaxe baseado en proxectos, na traballo cooperativo, nas
TICs ... , coa intención de seguir aprendendo e mellorando a miña labor
como docente.
3.- Como responsable do Contexto Matemático e co obxectivo de ofrecer unha
avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:
- O alumnado valora a miña actuación neste contexto de xeito diferente,
constato que aquel alumnado que se lle esixiu compromiso destaca a miña
actuación coma regular ou incluso mala, pola contra, o alumnado que tiña
xa establecido unha dinámica de traballo moi similar a actual destaca a
miña actuación coma boa ou moi boa.
- Os proxectos deseñados e as actividades planificadas foron valoradas
coma positivas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
71
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.
Este segundo ano avaliamos o proxecto educativo desenvolvido como moi
positivo. Existen melloras a incorporar en vindeiros anos e, de seguro, que esta
avaliación provocará a integración de melloras nel. O PE constitúe un auténtico
valor de futuro para nós.
Existen moitas dúbidas entre a comunidade educativa sobre a adaptación do noso
alumnado á ESO. A día de hoxe non podemos avaliar esta adaptación xa que non
contamos coa experiencia previa necesaria pero o si comezamos a notar é que as
xeracións que se van marchado do colexio irán para a ESO moito mellor formadas
e, a nivel competencial, moito máis capacitadas.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
De seguro que este ano cometemos erros e agora, unha vez rematado o
curso, notamos que nos faltou algo que permitira ao alumnado aprende máis e
mellor, ao profesorado traballar máis e mellor e ás famlias ou ao centro mellorar
nos seus eidos de actuación.
Deixamos constancia neste apartado eses elementos que tal vez nos faltaron ou
puideron facerse de mellor maneira:
a) Implicar ao alumnado na avaliación.
Consideramos necesario repetir esta mellora que xa integrabamos o ano pasado.
Pero esta vez con outras aportacions (engadidas en cursiva).
O alumnado, a través de rúbricas, debe coñecer de antemán o plantexamento das
actividades, exercicios e tarefas a desenvolver e as competencias e
coñecementos que se van avaliar. Isto axudará ao alumnado a tomar conciencia
da súa propia evolución nos procesos de aprendizaxe que se desenvolvan.
Cada proxecto debera iniciarse dándolle a coñecer ao alumnado a rúbrica que
determinará a avaliación. Esa rúbrica integrará elementos propios de cada
proxecto e items xerais que serán utilizados en todos os proxectos.
Ao finalizar tamén sería aconsellable que o alumnado se autoavaliase e desta
maneira sería consciente do seu progreso na adquisición de novos contidos. Esta
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
72
última parte non a levamos a cabo este curso e cremos que é necesario ter clara e
sistematizala para o vindeiro ano.
As rúbricas serán remitidas (ao inicio do proxecto) á dirección do centro coa
finalidade de facerse cun banco de recursos que determinará a avaliación do
alumnado. Ao remate de cada proxecto (28 días lectivos) o/a responsable de cada
contexto de aprendizaxe remitirá os plans de traballo e a rúbrica a todas as
familias para asegurarse que sexan coñecedoras do que se está traballando na
aula.
Ao remate do curso o profesorado lle pide ao alumnado unha avaliación do
proceso educativo seguido nos diferentes contextos de aprendizaxe.
b) Ter máis coidado coa avaliación nos cursos impares (3º e 5º)
Ao estar mesturados en idades e segundo puidemos comprobar este curso,
cremos que debemos introducir melloras nas rúbricas para os cursos impares nos
que o alumnado é o de menor idade. Tendemos a avaliar ao alumnado destes
cursos en función dos traballos e rúbricas elaboradas para os cursos do alumnado
de 4º e 6º sen ter en consideración que teñen un ano menos que os seus
compañeiros.
c) Realizar un maior e mellor seguimento do traballo en grupo.
Ao deseñar actividades en pequenos grupos, temos que intentar asegurar que non
existan alumnos que non aporten ao grupo. Un porcentaxe de alumnado manifesta
que algunhas ou bastantes veces se atopou con compañeiros/as que non
aportaron nada ou moi pouco nos grupos de traballo. O alumnado debe ser
consciente da necesidade das súas achegas e o outro alumnado de conducir
adecuadamente ao grupo para que todos se vexan importantes á hora completar o
traballo.
d) Falta de material e mellora da autonomía:
A falta de materiais e recursos no contexto científico é o hándicap mais salientable
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
73
do contexto. Tanto electrónico como bibliográfico. Falta dun espazo preparado
para a realización de experimentos e sobre todo de investigación e descubrimento.
Utilizamos unha metodoloxía de descubrimento e no eido científico é si cabe máis
importante proporcionarlle ó alumnado os recursos necesarios para iso.
Ó longo dos proxecto fun comprobando a autonomía do alumnado e do que son
capaces sen ter a necesidade de guialo continuamente. Cando maior é a liberdade
maior é o seu interese.
e) Modificación das explicacións dos plans de traballo.
Algúns plan de traballo deberían ser máis completos nas súas explicacións pero
corremos o risco de guiar en exceso a aprendizaxe do alumnado, e desta maneira,
non convertelos en verdadeiros protagonistas das súas aprendizaxes.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
a) Maior información e formación ás familias co que se está
traballando nos contextos. Empregar máis o INFORMADEIRO para
publicar e difundir os traballos realizados no contexto.
Iniciar unha verdadeira “Escola de familias” onde se poidan organizar sesións que
conecten co traballo que estamos facendo nos contextos de aprendizaxe:
educación emocional, usos das redes sociais, ecoloxía e natureza, sexualidade,
igualdade, conversar máis cos nenos, autoestima e autoconcepto, autonomía,
creatividade, estereotipos educativos, accidentes infantiles...
Dar a coñecer e difundir os traballos colgándoos na web do colexio ou ben os
emitidos a través dos medios de comunicación do centro. Deberiamos
responsabilizarnos de publicar os traballos que se fan nas aulas. Para iso igual
estaría ben configurar doutro xeito o informadeiro e convertelo nun espazo onde
se lle da saída aos traballos que se fan no cole e non só se informa deles.
Preparar os videos, os audios, o xornal escolar coa diferentes seccións... O
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
74
alumnado que vaia ao informadeiro xa ten que ter o contido nas súas mans e alí
(no informadeiro) editalo e publicalo.
b) Integración de proxectos libres.
Despois da experiencia deste curso consideramos imprescindible que en todos os
contextos de aprendizaxe se integren un ou dous proxectos libres onde o
alumnado teña a oportunidade de xestionar o seu proceso de aprendizaxe.
Para facelo realidade será necesario elaborar unha pequena guía que axude ao
alumnado a non perderse e a ter en conta todos os elementos que precisa para
poder levar á práctica a súa idea ou proxecto.
Sería idóneo conseguir máis independentismo en relación ó tempo do proxectos
de cada contextos. Limitando o tempo constantemente xurde a presión en
profesorado e alumnado.
c) Asignar responsabilidades ou roles no traballo cooperativo.
Co obxectivo de asegurar que non existan alumnos que non aporten ao grupo,
podería ser interesante determinar uns roles específicos para o alumnado que
teña que desenvolver un traballo grupal. Unha posibilidade podería ser esta:
d) Integrar dende inicio de curso faladeiros diarios cunha estrutura
determinada e só en lingua galega.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
75
Estamos de acordo no baixo uso que ten a lingua galega no noso centro. Dende o
contexto lingüístico literario propoñemos que de xeito diario se integren nas aulas
faladeiros sistematizados nos que se traten temas como os seguintes: a fin de
semana, o tempo e a axenda (todos os días), novas da sociedade, chistes e
adiviñas, fálame de ti, música, poesía (todos os días)… Como mínimo deberiamos
contar con trinta minutos diarios para esta actividade.
Debemos fomentar no alumando a conversa, o respecto polas diferentes opinións,
o debate (sistematizado moito mellor), a oralidade popular… e prioritariamente en
lingua galega.
e) Modificar o traballo por proxectos finais deseñados polo profesor
cara un traballo por proxectos continuados e relacionados
elaborados polo alumnado.
Co obxectivo de levar o proceso de aprendizaxe para o alumnado dun xeito moito
máis adaptado aos seus ritmos de maduración e aprendizaxe cremos que sería
necesario modificar a actual organización de proxectos que cambian cada vez que
o alumno/a vai a un contexto por un modelo no que se perciba un proxecto anual
continuado no que exista unha clara relación entre os plans de traballo ao longo
de todo o curso.
Nese camiño os proxectos non deben ser deseñados polo profesorado senón que
deben permitir que sexan pensados, planificados e executados polo propio
alumnado.
A idea sería ter a disposición do alumnado plans de traballo nos distintos recantos
con propostas abertas que permitiran ao alumnado achegarse a todos os contidos
curriculares dun xeito moito máis adaptado á individualidade do neno e onde o
tempo non sexa o condicionante máis importante (inda que sí telo moi en conta).
Deste xeito o alumno achégase a unha actividade e cando a remata podería pasar
a outra cando se considere que a realiza dun xeito correcto e aportando un
proceso de mellora individual importante. Pode ser que un neno necesita máis
tempo que outro para facer unha mesma actividade. Nós non o estamo permitindo
iso. O feito de que un neno tarde máis días en facer unha actividade non ten
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
76
porque ser malo. Puidera ser que as seguintes catro actividades as faga máis
rápidas porque se sinta máis capacitado.
Así, cada vez que o alumnado se achegue ao contexto só ten que seguir o seu
propio proceso collendo plans de traballo sucesivos.
Para iso deberiamos pensar en ampliar a oito días cada contexto e que o alumno
bote dous seguidos en cada recanto.
Deste xeito, dende o Contexto Literario, consideramos que se podería acompañar
dun xeito máis próximo á totalidade do alumnado e tendo en conta os seus
procesos madurativos e de aprendizaxe.
f) Outras propostas de mellora:
- Continuar coas sesións de desenvolvemento emocional e de comisións de
mellora pero con unha mellor organización. As sesións de desenvolvemento
emocional deberían ser programadas e planificadas por todo o centro non tendo
que ser impartidas unicamente polo titor/a. Deberiamos ter un calendario no que
integrar temas específicos de traballo co alumnado e que en todas as aulas se
traballara ese mesmo tema a mesma semana. Deste xeito asegurariámonos
que todo o alumnado do centro tratara ao longo de todo un ano os mesmos
temas. Podería ser interesante contar con momentos ou días libres para tratar
temas da propia aula ou temas candentes na sociedade. Un equipo de profes
podería adicarse a achegar información sobre os temas a tratar, as novas
sociais interesantes e outras ideas para levalas á práctica nas aulas.
Tamén se podería extender o traballo que se está facendo nos contextos de
aprendizaxe. Que un mestre se responsabilice dun determinado tema.
- Integrar o xogo nun contexto ao que acudir no mesmo momento que se vai á
biblioteca do centro. Cada titoría ten un momento para ir á biblioteca do centro.
Se a biblioteca tivese tamén xogos podería converterse nun contexto
gammificado tal e como se viu no centro de Valladolid. Outra opción sería
integrar ese momento no PCE das titorías e que os materiais foran pasando
polas aulas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
77
- Creación de bibliotecas de aula con material da biblioteca do centro para cada
contexto.
- Integrar a expresión plástica nos plans de traballo dos contextos e tamén
solicitar á escola de artes de Pontevedra unha colaboración co noso centro para
que nos axuden a definir cómo deberiamos ensinar arte ao alumnado. Unha
proposta didáctica que puideramos integrar no noso centro con naturalidade e
sen romper as estruturas presentes.
g) Repaso dos contidos.
Sería axeitado ó inicio do ano seguinte facer un repaso dos proxectos realizados
neste dous anos e programar de forma real o proxectos (contidos) de cara o
seguintes curso académico.
h) Traballo por proxectos tamén no PCE.
Elaboración de proxectos moi motivantes e de gran contido educativo para realizar
na parte correspondente ao proxecto curricular específico.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Detectamos as seguintes necesidades formativas:
- Atención á diversidade en casos de especial tratamento educativo. Como
conseguir a mellora.
- A creación dun clima de traballo profesional favorable. Traballalo entre nós
a través de reunións onde falemos abertamente deste tema e
consensuemos unha serie de “normas” de obrigado cumprimento.
- O desenvolvemento emocional do alumnado.
- Co - formación entre docentes. Iniciar este ano unha experiencia piloto que
consiste en reunirse para formarnos uns aos outros sobre aspectos que
deberan ter unha clara coordinación curricular vertical. Nestas sesións
debería haber reunións entre o profesorado afectado onde puideran
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
78
ensinarse uns a outros como traballan determinados contidos curriculares
(e tamén os presentes no currículum oculto).
- OAOA método matemático.
- Didáctica da expresión plástica.
- Programas e plans europeos e internacionais onde poder seguir mellorando
a nosa escola e a nosa práctica docente.
- Cada mestre de contexto debería ter unha mínima formación no seu ámbito
para mellora no desenvolvemento do seu traballo. Deste xeito a
organización e preparación do proxecto sería mais sinxela e sobre todo
máis rápida. Ó igual que formación sobre o sistema. Estamos en constante
cambio de mellora e para iso sería necesaria moita mais formación, incluso
de forma interna.
Os responsable dos Contextos de Aprendizaxe
Javier García García
Almudena Bermúdez Montenegro
Mª Manuela Pérez Rodríguez
Sergio Rosales López
6.4.- MEMORIA DO PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL
MEMORIA DO PROXECTO DE SAMSUNG SMART SCHOOL
Nesta memoria queremos recoller brevemente dous aspectos do proxecto
deste ano, por unha parte a formación recibida polo profesorado participante, e por
outra, o traballo elaborado.
A formación deseñada para o curso 2017-18 estivo enfocada en explorar e
avaliar as posibilidades ofrecidas polos distintos modelos de espazos educativos
aprendendo a xestionalos con vistas a mellorar as experiencias de aprendizaxe do
alumnado a través de dispositivos móbiles e recursos dixitais.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
79
Os mestres participantes este ano no proxecto de Samsung Smart School
realizaron unha formación en liña coa realización do MOOC de “Xestión de
espazos educativos” e tres sesións presenciais coa visita ao centro do titor
asignado para a formación.
No referido á formación en liña elaborouse unha bitácora onde todo o
profesorado tivo que analizar, reflexionar e abordar a necesaria transformación de
espazos educativos nos procesos de modificación metodolóxica e de organización
e funcionamento do noso centro.
No seguinte enlace pódese ver o traballo desenvolvido polo profesorado:
http://colexiovinhagrande.blogspot.com/
Con esta formación pretendeuse que cos mestres participantes:
Identifiquen as posibilidades de transformación de distintos espazos
educativos en tres niveles (aula, centro educativo, comunidade).
Valoren a necesidade de atender ás perspectivas das distintas persoas que
conforman a súa comunidade educativa durante todo o proceso de
transformación dos espazos educativos.
Deseñen pequenos plans de transformación dos espazos educativos.
Poñan en marcha as transformacións que planifiquen durante o curso a
condición de que teñan a posibilidade de levar a cabo a súa execución.
Empreguen distintas ferramentas para a avaliación do proceso de
transformación dos espazos educativos.
Outro aspecto a recoller é o traballo realizado que tivo que ser exposto nunha
feira de proxectos en Madrid entre todos os colexios participantes no proxecto. O
traballo consistiu en amosar a transformación de espazos que se realizou no noso
colexio e como estes espazos axudan e melloran o proceso de aprendizaxe do
alumnado.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
80
Traballo realizado para a feira de proxectos. Ao escanear as imaxes coa app Layar accédese ao contido.
PROPOSTAS DE MELLORA
- Valoramos como positiva a participación do centro neste proxecto durante
os últimos tres anos. Supuxo unha verdadeira revolución que favoreceu a
integración real e efectiva das TIC nas aulas e o cambio cara unha
metodoloxía máis creadora e creativa por parte do alumnado. Un alumnado
que se viu obrigado a modificar tamén o seu rol e converterse en
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
81
protagonista ao crear contido propio coa axuda dos dispositivos móbiles
que nos cederon.
- Consideramos esgotado este proxecto xa que durante os tres últimos anos
tivemos que facer un enorme traballo no eido da formación para levar á
práctica unha nova maneira de integrar os dispositivos móbiles e as
tecnoloxías no centro. A día de hoxe temos asentada esta cuestión cunha
visión propia e ben argumentada. Precisamos dedicar o tempo a outras
cuestións de gran importancia e, para facelo, xestionar o tempo e a
participación en proxectos diferentes vai ser clave. Polo tanto, para o
vindeiro ano cremos que o CEIP de Viñagrande Deiro non debe participar
no cuarto ano (período unicamente voluntario) no proxecto Samsung Smart
School.
- O propio centro deberá ir autofinanciado a renovación destes dispositivos
para continuar co traballo cos dispositivos móbiles nas aulas.
O Embaixador do Proxecto
Sergio Rosales López
6.5.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES.
No presente curso académico no C.E.I.P. DE VIÑAGRANDE-DEIRO
leváronse a cabo as seguintes actividades complementarias e extraescolares:
SAMAÍN
A celebración do Samaín tivo lugar os días 30 e 31 de outubro e, coma en anos
anteriores, realizouse unha exposición de cabazas feitas polo alumnado coa
colaboración das familias.
Tamén se elaboraron receitas terroríficamente saudables en grupos de diferentes
idades e coa axuda dun mestre/a. Logo, tivo lugar a degustación.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
82
Por último, houbo unha sesión de cine de terror coa proxección de diferentes
películas.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/samain.html
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/receitas-terrorificamente-
monstruosas.html
MAGOSTO
Con motivo da celebración do Magosto, pedíronse a un particular, 50 xogos
tradicionais.
A celebración do Magosto tivo lugar o día 10 de novembro coas seguintes
actividades:
1º- Merenda de castañas asadas.
2º- Xogos tradicionais para infantil e primaria.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/magosto-18.html
NADAL
O festival de Nadal celebrouse o xoves 21 de decembro na Casa de Cultura.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º durante a sesión semanal de plástica encargouse de
decorar o escenario onde tivo o festival de Nadal.
O alumnado de 6º encargouse do guión para presentar o Festival.
A partir do luns 11 de decembro, cada titor ou especialista baixou á Casa de
Cultura para ensaiar a actuación do Festival, anotándose previamente nun horario
que estará na Sala do Profesorado.
O Mércores 20 de decembro recibimos a Visita do Pandigueiro (organizada pola
ANPA).
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/pandigueiro.html
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
83
DÍA DA PAZ
Celebrouse o luns 30 de xaneiro, no campo de fútbol de Terrón, xunto con 4
colexios de Vilanova (CEIP Xulio Camba, CEIP San Roque de Corón, CEIP San
Bartolomeu de Tremoedo e CEIP Sestelo-Baión).
As actividades que se realizaron foron:
1. Presentación do acto (Sestelo-Baión).
2. Lectura dun manifesto pola Paz (Viñagrande-Deiro, alumnado de 6º).
3. Solta de pombas.
4. Alumnos do CEIP San Bartolomé presentaron a “Amigos de Galicia”
(Agradecemento por parte de “Amigos de Galicia”).
5. Presentación do Baile e carreira por alumnado do Xulio Camba.
6. Coreografía “Madre Tierra” de Chayanne (Todos os coles).
7. Carreira solidaria (organizada polo colexio San Bartolomé de
Tremoedo): coa inscripción cada neno entregou un 1 kg de alimento que
será destinado a “Amigos de Galicia”. Haberá dúas categorías:
• Infantil+1º de Primaria (corren unha volta)
• De 2º a 6º de Primaria (corren durante 5 minutos)
8. Alumnado do CEIP San Roque clausurou o evento con
agradecementos aos colaboradores.
9. Merenda (organizada polo colexio Xulio Camba de Vilanova).
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/maios.html
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
84
ENTROIDO
- Mandas do Momo
Durante a semana do luns 5 ata o venres día 9 de febreiro, celebramos a festa do
entroido. Cada día os nenos e nenas preparáronse para participar e gozar do que
o Momo ordenou. Os alumnos e alumnas remataron totalmente disfrazados o
xoves 8. Ademais, este día tivo lugar a “Batalla da fariña”.
- Festival
O venres 9 de febreiro celebrouse o entroido. Os disfraces tiveron a temática da
saúde. A organización foi a seguinte:
1º- Unha sesión de fotos por curso.
2º- Desfile de disfraces facendo un percorrido pola zona e despois no patio. Logo,
cada grupo cantou unha copla adaptando a letra á ocasión.
3º- Merenda (colaboración das familias e da ANPA ) e tempo de lecer.
OS MAIOS
Entre todos os nenos e nenas do colexio elaboraron un maio e o alumnado cantou
ao redor do maio coplas compostas para a ocasión.
LETRAS GALEGAS
Celebramos as Letras Galegas cun festival de teatro. Durante 3 días, toda a
escola foi á Casa da Cultura as 12, onde se representaron obras de teatro. Unha
de infantil, outra de 1º, de 2º, de 3º, de 4º, de 5º, de 6º e de inglés.
O martes 19 de xuño visitou a nosa escola Magín Blanco. Pensado inicialmente
como actuación para as letras galegas, por motivos de datas fíxose na semana de
fin de curso.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/magin-blanco.html
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
85
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
O mércores 20 de xuño tivemos una saída a praia da Area da Secada, na illa de
Arousa.
Pola mañá realizamos unha ruta de sendeirismo dende o Naval ata a praia,
parando no Faro a descansar. Logo comemos debaixo dos pinos.
Pola tarde tivemos actividades acuáticas na praia organizadas pola empresa
Marexada.
FIN DE CURSO
A celebración do fin de curso tivo lugar o xoves 21 de xuño. Comezou cunha
exposición da PDI da escola, que tratou sobre a saúde. Viñeron mais de 100 pais
que repartimos en catro grupos e foron pasando por todas as aulas vendo o que
os nenos fixeron en relación ao tema durante todo o ano.
Despois tiveron unha merendola, coa colaboración da ANPA do colexio.
A continuación, os alumnos e alumnas puideron participar nunha “Batalla da
auga”.
SAIDAS DO ALUMNADO
Tem
p.
Curso Saída
1º
3º, 4º, 5º e 6º de
primaria
Educación Vial en colaboración do
concello e a DXT.
Educación Infantil
Obra “El pequeño musical” no auditorio de
Vilagarcía de Arousa
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
86
2º
3º, 4º, 5º e 6º de
primaria
Visita do científico do CSIC Alexandre
Alonso
3º
Toda Primaria e Ed.
Infantil
Teatro Caracol “O Oeste”
6º Primaria Visita ao I.E.S. “ A Basella”
De 3º a 6º
Obra de teatro “Pum Pum” en Pontevedra
Infantil
Obra de Teatro “Antón Comodón” en
Pontevedra.
Toda Primaria e
infantil
Rutas de sendeirismo.
6º
Excursión de fin de curso a Manzaneda
3º a 5º Entrega de premios Faro da Escola en
Vigo
3º, 4º, 5º, 6º de
Primaria
Visita do poeta David Fernandez Rivera
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
87
DEPORTE ESCOLAR
Campo a través: Sanxenxo (17/11/17). Participaron 2º, 3º , 4º, 5º, e 6º de
Primaria.
1ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP As Bizocas (O
Grove 24/01/18). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.
2ª xornada deportiva: CEIP Cruceiro – CEIP de Viñagrande – Deiro
(Vilalonga 27/02/18). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.
3ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP As Covas de
Meaño (San Miguel 20/03/18). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.
4ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP San Roque de
Corón (Corón 25/04/18). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.
Carreira Escolar do Salnés (Portonovo 01/06/17). Participou 1º e 2º de
Educación Primaria.
VALORACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA
A valoración é positiva aínda que sempre é posible mellorar determinados
aspectos.
Cabe destacar o éxito das actividades organizadas para o fin de curso, sobre todo
a exposición da PDI, na que as familias puideron ver os traballos feitos ao longo
do ano e que tivo gran aceptación.
Polo demais, sempre sería aconsellable preparar as actividades con maior
antelación, aínda que ás veces o calendario e a falta de tempo condiciona a
programación das mesmas.
O coordinador,
Asdo.: Víctor Chousal Ferreira
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
88
6.6.- MEMORIA DO PLAMBE
INTRODUCIÓN
Este curso foi o segundo no que o CEIP Viñagrande- Deiroparticipou no
Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares, grazas ao cal puidemos continuar coa
modificación da nosa biblioteca, converténdoa no espazo de referencia do noso
centro ao reflectir os principios metodolóxicos nos que se asenta o noso proxecto
educativo: ABP e traballo por proxectos, integración das novas tecnoloxías como
ferramentas de uso cotiá que posibilitan a creación de contidos propios do
alumando, o traballo cooperativo, a atención á diversidade e a compensación de
desigualdades sociais, a colaboración coas familias e outros axentes da
comunidade educativa, a apertura ao exterior da actividade do centro…
Ao longo desta memoria recollemos o traballo realizado durante este curso:
consecución de obxectivos, actividades, avaliación, xestión e organización e
outros aspectos relativos á Biblioteca do centro. Engadimos, ademais, unha
memoria gráfica (carpeta ZIP con fotos na plataforma online) e enlaces á nosa
páxina web para exemplificar algunhas das accións que se mencionan.
GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS NAS
LIÑAS PRIORITARIAS
Este segundo ano de participación no PLAMBE permitiunos continuar
afianzando o modelo de biblioteca escolar do noso centro, acorde coas liñas de
acción prioritarias presentadas para este curso, polo que podemos dicir que os
obxectivos foron acadados en maior ou menor medida. Analizamos a continuación
cada un deles:
En relación á organización e xestión da biblioteca
Durante este curso adquirimos novo mobiliario que nos permitiu mellorar o
acondicionamento do espazo, creando zonas máis versátiles e que permiten unha
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
89
maior mobilidade do alumnado, pero sempre garantindo que teñan un fácil acceso
a todos os recursos da biblioteca.
Por outra banda, continuamos coa actualización e diversificación dos
fondos da biblioteca, adquirindo novos documentos que atenderon ás necesidades
e peticións do alumnado e profesorado, segundo os seus gustos e intereses ou
segundo os proxectos que se levaron a cabo. Tamén continuamos coa labor de
expurgo para desbotar aqueles fondos que estaban deteriorados ou obsoletos.
Por outra banda, en canto a recursos tecnolóxicos, este curso incorporamos
un Mac para Televiñagrande (parte do Informadeiro) con maiores posibilidades
para a edición de vídeo, novas tablets, robots, impresora 3D e gafas virtuais.
En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa
integración no tratamento do currículo e a súa contribución á alfabetización
múltiple e ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.
Un dos obxectivos da biblioteca en canto á dinamización e promoción dos
recursos foi tratar de darlle visibilidade aos mesmos. Para iso, fixemos diferentes
exposicións e presentacións de novidades, elaboramos boletíns informativos e
publicitamos as actividades e recursos da biblioteca, no propio espazo da
biblioteca, nas aulas e noutros espazos do centro.
Desenvolvemos un proxecto documental integrado no que participou todo o
alumnado dende as distintas titorías ou especialidades e que foi organizado dende
a biblioteca. Fíxose a presentación do mesmo a principios de curso, houbo
diferentes propostas coa finalidade de propiciar o interese e a curiosidade do
alumnado, tamén houbo propostas dirixidas ás familias e elaboráronse
documentos que serviron de guía para o desenvolvemento dos diferentes
proxectos de investigación en cada aula. O derradeiro día de curso, as familias
están convidadas ao centro para coñecer os traballos realizados.
En relación coa formación de usuarios e a adquisición da competencia
informacional.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
90
A comezos do curso tivemos unha xuntanza formativa con todo o
profesorado na que realizamos actividades de localización de documentos, de
lectura de etiquetas, de coñecemento da CDU, de uso do MEIGA e de busca de
recursos a través de OpacMeiga. Deste xeito, todo o profesorado tivo a
oportunidade de coñecer como está organizada a biblioteca, os distintos espazos,
os criterios de catalogación, etc. Así, ao longo do curso, co apoio do equipo de
biblioteca, cada mestre traballou co alumnado estes aspectos, tratando de
fomentar o uso autónomo da biblioteca e propiciar o coñecemento dos distintos
recursos que nela podemos atopar.
O traballo de ABP, sendo un dos principios metodolóxicos do noso centro,
lévase a cabo en todas as aulas. Así pois, traballamos a competencia
informacional a diario, abarcando a busca, o tratamento e a comunicación da
información e integrando a cultura impresa e dixital. Neste senso, a biblioteca xoga
un papel destacado como espazo de traballo e ofrecendo os recursos necesarios.
Ademais, dende o “Informadeiro” o alumando achégase aos distintos medios de
comunicación e ás súas linguaxes características, dándolle saída ás propias
creacións.
En relación co fomento da lectura e o desenvolvemento do proxecto lector
de centro
O fomento da lectura é un dos principais obxectivos da biblioteca, de tal
xeito que ao longo do curso organizamos e levamos a cabo múltiples actividades
encamiñadas a este fin, tal e como se recolle nesta memoria: proxectos
específicos en relación ao traballo literario, lecturas en diferentes soportes e
formatos, visita de contacontos ou realización dos mesmos por parte do alumnado
ou profesorado, recomendacións lectoras, presentación de novidades, etc.
Ademais, grazas ao orzamento do PLAMBE puidemos continuar coa actualización
e diversificación dos fondos para a biblioteca, facilitando así o achegamento aos
intereses e preferencias de cada un dos alumnos do centro. Neste senso,
podemos dicir que houbo un importante incremento de préstamos de fondos, tanto
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
91
nas sesións de titorías como durante os recreos, sendo tamén significativo o
aumento de alumando que se achegou á biblioteca durante este momento.
Este curso non nos foi posible abordar a modificación do proxecto lector do
centro, tal e como se recollía nas liñas prioritarias presentadas.
En relación cos avances cara unha biblioteca inclusiva
As modificacións do mobiliario que levamos a cabo permitiron crear
espazos inda máis versátiles, eliminando mesas e cadeiras que dificultaban a
flexibilidade dos agrupamentos ou os cambios de disposición.
A biblioteca estivo aberta polas tardes (ademais de todo o horario lectivo) e
continuou o desenvolvemento do PROA. Tamén se levaron a cabo algunhas
actividades planificadas polo profesorado e dirixidas a familias en horario de tarde,
como faladoiros literarios e xornadas formativas.
Outras actuacións
Este curso puxemos en funcionamento no centro as comisións de mellora,
nas que participa o alumnado de todos os cursos, tanto de Educación Infantil
como Primaria. Unha destas comisións de mellora foi a de biblioteca. Así, ao longo
do curso tivemos varias xuntanzas cos nenos que formaban parte desta comisión
nas que se recolleron as súas propostas de mellora e as súas inquedanzas e nas
que se realizaron diferentes actividades (constitución dun equipo de apoio nos
recreos, construción do buzón dos desexos, colocación e ordenación de fondos,
etiquetaxe e sinalización de andeis...)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/800
Durante os primeiros días de curso fixemos unha xornada de portas abertas
para as familias, para que puideran achegarse á biblioteca e ver “in situ” os
cambios realizados despois das reformas do curso pasado e as múltiples
posibilidades desta nova biblioteca. Contamos coa presenza de numerosas
familias, sendo unha gran oportunidade para intercambiar opinións sobre o
proxecto de biblioteca do centro e as inquedanzas das familias.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/770
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
92
DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
Ao longo deste curso desenvolvemos as actividades recollidas nas liñas
prioritarias e incluídas no Plan Anual de Lectura, referidas tanto á xestión técnica e
organización da biblioteca como á proposta de actividades para realizar a nivel de
centro, nas distintas aulas ou xunto coas familias. Moitas das actividades
programadas foron organizadas e realizadas en colaboración cos demais equipos
docentes e en relación a outros programas ou proxectos que se desenvolveron no
centro.
3.1- EN RELACIÓN Á XESTIÓN TÉCNICA
- Reestruturación do espazo. Este curso centrámonos na adquisición de novo
mobiliario para as zonas de lectura relaxada. Creamos zonas máis acolledoras e
con maior posibilidade de uso relaxado por parte do alumnado, o que nos permitiu
reorganizar outras zonas da biblioteca, retirando algunhas mesas e cadeiras e
deixando maior espazo libre. Isto facilita o movemento do alumnado e
agrupamentos máis flexibles.
O equipamento da biblioteca tamén mellorou notablemente, xa que
engadimos un novo ordenador, máis tablets e unha nova impresora.
- Organización inicial. Inicio do préstamo, horario de biblioteca, criterios para a
adquisición de novos fondos e recollida de demandas do profesorado, propostas
de proxectos, preparación das mochilas viaxeiras, subscrición ao xornal O
Papagaio …
- Exposición de fondos e presentacións periódicas de novidades, fisicamente
(na biblioteca e noutros espazos como a entrada do centro, corredores, aulas...) e
a través da páxina web.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/819
- Boletín de recomendacións lectoras enviado ás familias en Nadal.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/785
- Catalogación MEIGA e expurgo. Todos os fondos adquiridos son catalogados
no MEIGA seguindo os criterios de catalogación acordados. Tamén fixemos
expurgo dun bo número de documentos, dando de baixa fondos que estaban
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
93
deteriorados ou que consideramos desfasados ou non axeitados para o noso
alumnado.
- Revisión, actualización e deseño de carteis e indicativos para sinalizar
andeis, librarías...
3.2- EN RELACIÓN Á FORMACIÓN DE USUARIOS
- Equipo de voluntarios. Dentro da comisión de mellora da biblioteca escolar
creamos un equipo de “Axudantes de Chaveta”, alumnado que colaborou coa
biblioteca durante os recreos de xeito voluntario (axudando no rexistro de
préstamos e devolucións, na localización ou colocación dos fondos nos andeis ou
como guía do alumnado máis pequeno).
- Xuntanzas formativas e informativas para o profesorado. A inicio de curso
realizamos unha primeira xuntanza na que recordamos a organización da
biblioteca e entregamos un boletín coa información máis salientable. Ademais,
fixemos actividades de formación para o profesorado sobre a etiquetaxe dos
fondos, a súa colocación nos distintos espazos da biblioteca, a CDU, o uso do
programa MEIGA e a busca e consulta de documentos a través de OpacMEIGA.
En posteriores xuntanzas informamos das actividades propostas, recollemos
suxestións sobre as mesmas e tamén en relación á modificación do espazo e ás
necesidades prioritarias, á adquisición de novos fondos…
- Divulgación de boletíns para as aulas, recordando a información máis
relevante sobre o uso da biblioteca nos distintos momentos, os membros do
equipo, informando sobre as actividades…
- Móvete pola biblioteca. Nestas sesións cada grupo de alumnos xunto co seu
titor realizou actividades na biblioteca para coñecer o espazo, a localización e
colocación dos distintos fondos,o uso do MEIGA para o préstamo e devolución…
Estas actividades foron apoiadas e guiadas polo equipo de biblioteca.
3.3- EN RELACIÓN AO FOMENTO DA LECTURA
Ademais de actividades habituais que xa vimos realizando nos pasados
cursos (mochilas viaxeiras, hora de ler, apadriñamentos lectores, contacontos…)
leváronse a cabo outras máis específicas que recollemos a continuación:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
94
- III Semana do teatro. Cada curso preparou unha obra de teatro que foi
representada para toda a comunidade educativa na casa da cultura de San Miguel
de Deiro durante os días 14, 15 e 25 de maio. Previamente, elaboráronse carteis
para anunciar as obras de teatro que expuxemos na entrada do centro os días
anteriores co fin de que as familias puideran ter un adianto de todas as obras que
ían ser representadas. Estas foron as seguintes: As laranxas máis laranxas de
todas as laranxas, Sopa verde, Cinderella Bigfoot, O espantallo amigo, Contos en
verso para nenos perversos, Actualidade desgraciada, Todo é un conto e De quen
ves sendo?
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/825
- Sopa verde. Contacontos que culminou coa degustación dunha riquísima sopa
feita cos ingredientes recollidos no horto escolar.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/788
- Día da poesía. Para conmemorar este día fixemos un intercambio de poemas
creados polo propio alumnado, de xeito que cada grupo presentou as súas
creacións ao demais compañeiros. Puidemos ver, escoitar e sentir creacións tan
diversas como “Chegou o momento do movemento” de Educación Infantil, poesías
con pictogramas ou os traballos realizados no Contexto Lingüístico Literario sobre
diferentes tipos de poesías.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/816
- Caderno de lectura realizado en 1º, no que o alumnado fixo unha compilación
das súas lecturas ao longo do curso.
- Buzón dos desexos, elaborado polo alumnado da comisión de mellora da
biblioteca para que calquera alumno do centro poida deixar as súas peticións de
libros e así sexa posible atender aos gustos e preferencias de todos.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/764
- Cantos Rosalianos. Musicalización e gravación de poesías de Rosalía de
Castro empregando a app Musica Maker Jam.
- O Informadeiro é o espazo dos medios de comunicación, configurado por “A
xanela de Vilagrande” (prensa escrita), “Radiodeiro” (radio), “Televiñagrande”
(televisión) e “RedeiraSociasis” (redes sociais). O traballo no Informadeiro permite
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
95
ao alumando coñecer as características principais destes medios e o tipo de textos
e formatos que empregan, ademais de permitir que o alumnado poida darlle saída
ao traballo que realiza. Durante este curso, dous días á semana, alumnado de 3º a
6º foi rotando polos distintos espazos do Informadeiro, facéndose cargo das novas
máis salientables que se ían producindo no colexio.
- Faladoiro Literario arredor da obra O Principiño. Tivo lugar en horario non
lectivo e foi aberto a toda a comunidade educativa. Nel realizouse unha lectura
conxunta de parte desta obra, realizando un posterior intercambio de impresións
sobre o lido.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/765
- Xornadas formativas para as familias, neste caso sobre o método ABN, coa
finalidade de que as familias coñezan o seu potencial para o traballo do cálculo
matemático.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/764
Ao longo do curso tivemos a visita ao centro de diferentes persoas:
- Anxo Fariña: escritor e ilustrador, autor de diferentes obras de literatura infantil
que nos amosou como van xurdindo diferentes personaxes a partires dos seus
trazos e que nos agasallou con varias láminas realizadas durante a actividade.
- Sonia Carbón: fisioterapeuta e osteópata que nos recordou o importante dunha
alimentación saudable para o bo funcionamento do noso organismo, baseada en
produtos naturais da nosa contorna e propios de cada tempada. Ademais, tamén
nos axudou a reflexionar como os nosos hábitos de alimentación poden influír no
medioambiente.
- Magín Blanco: que visitará o centro o día 19 de xuño para agasallarnos co
mellor das súas cancións.
- Alexandre Alonso: investigador membro do CSIC co que fixemos unha
experimentación para comprobar a diferenza de densidade da auga doce e
salgada e tamén nos achegou información moi interesante sobre o estado dos
océanos ou o tipo de seres que os habitan.
- David Fernández Rivera: poeta e educador que nos achegou o seu proxecto
Caligrama 2000, un obradoiro de poesía experimental que nos permitiu
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
96
achegarnos a manifestacións menos tradicionais como a poesía visual ou
obxectual, explorar novas posibilidades de creación e incluso coñecer a obra de
grandes clásicos como Joan Brossa ou Apollinarie.
3.4- EN RELACIÓN Á EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN
INFORMACIÓN
A liña metodolóxica acordada e seguida no noso centro ten como un dos
piares principais a aprendizaxe baseada en problemas e o traballo por proxectos.
Deste xeito, todo o alumnado participa deste tipo de actividade no día a día, sendo
numerosos os proxectos que se desenvolven ao longo do curso. Estes lévanse a
cabo a través de propostas de traballo cooperativo, nas que o alumnado,
mesturado en idades (Infantil, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º) realiza actividades de
investigación documental e de creación (literaria, artística, audiovisual…). As
novas tecnoloxías xogan un papel fundamental no traballo diario do alumando,
facendo unha incorporación efectiva das mesmas nos distintos espazos do centro,
pero tendo en conta que o obxectivo principal é a creación de contido propio a
través de distintos programas ou apps. O espazo do “Informadeiro” na biblioteca
convértese nun lugar esencial para dar saída ás producións do alumnado.
Recollemos a continuación algúns dos proxectos que se levaron a cabo:
- A mellora da calidade de vida das persoas. Este proxecto de centro serviu, ao
longo do curso, de fío condutor de diferentes momentos, actividades e
celebracións como o Entroido ou a semana do teatro. Foi presentado nas aulas
durante o 1º trimestre, deixando unha caixa cunha carta de Chaveta dirixida ao
alumnado na que eran convidados a pensar sobre que temática relacionada co
PDI querían investigar. A caixa tamén contiña un libro que podía ser empregado
como punto de partida para decidir o proxecto de aula.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/781
En cada un dos trimestres enviouse unha carta ás familias nas que se
presentaba o proxecto e nas que se invitaban a participar realizando distintas
actividades: fotos de hábitos saudables cos seus fillos, remedios caseiros e
sabedoría popular relacionada coa saúde. Ademais, o derradeiro día do curso,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
97
todas as familias están convidadas á exposición dos proxectos realizados, a través
dunha visita guiada polo alumando de 6º.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/806
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/809
No Entroido cada unha das aulas elixiu unha emoción para o seu disfrace,
coa pretensión de facer fincapé en que a saúde emocional das persoas é tan
relevante como a saúde física.
No marco deste PDI realizáronse os seguintes proxectos:
- En Educación Infantil fixemos un proxecto inicial sobre o corpo para
coñecer as partes principais do propio corpo e dos demais, coñecer algúns dos
cinco sentidos e identificar as sensacións que perciben. Tamén traballamos
hábitos básicos relacionados coa saúde e hixiene.
Fixemos outro proxecto sobre a actividade física e o deporte partindo da
pirámide da actividade física, na que recollemos tres tipos de actividades: diarias,
vigorosas e sedentarias. Tamén traballamos diferentes tipos de pirámides (de
base cadrada e triangular) e, como resultado final, elaboramos unha pirámide con
bricks que recolle debuxos, fotos, vídeos, etc. dos nenos, que reflexa as diferentes
actividades que fan na súa vida cotiá e que trata de concienciar da importancia de
realizar algunha actividade física para manter un estilo de vida saudable.
Vinculamos este proxecto coas emocións que produce o feito de practicar deporte,
o que nos levou a escoller a emoción do “amor” para o disfrace de Entroido dos
máis cativos do colexio. Por iso, traballamos o conto “De que cor é un bico” e
baseándonos neste os nenos elaboraron o seu disfrace no recanto de plástica con
diferentes materiais, facendo primeiro o deseño do mesmo coa app Snote. Para
esta conmemoración tamén interpretamos a canción “Ven xunto a min”.
Finalmente, levamos a cabo o proxecto Sopa verde (verduras e hortalizas).
Partindo do conto Sopa Verde tratamos as partes da planta e o seu uso como
parte dunha alimentación saudable, ademais de clasificar os animais que
aparecen como protagonistas en función das súas características. Tratamos de
concienciar aos nenos da importancia de consumir este tipo de alimentos e de
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
98
probar diferentes sabores, incidindo na importancia de incluír os vexetais como
parte dunha vida sa, xunto co coidado do corpo e a práctica dalgún deporte.
Tamén realizamos actividades no horto escolar, removemos a terra do noso
bancal, abonamos e plantamos. Logo recollemos os produtos sementados e con
eles elaboramos unha sopa ecolóxica que degustamos no momento da merenda.
- Na aula de 1º investigamos sobre a repercusión que ten o uso e abuso
das novas tecnoloxías na saúde emocional, física… Partindo dunha choiva de
ideas delimitamos o que nos gustaría saber, para logo afondar sobre como nos
afecta, dende o punto de vista emocional o uso diario da televisión, teléfonos,
ordenadores... A partires da análise de imaxes investigamos sobre os posibles
efectos da tecnoloxía na saúde, buscando información sobre enfermidades
relacionadas co seu uso abusivo e localizando a parte do corpo na que se
manifesta a doenza. Tamén vimos as recomendacións existentes para que a
presenza das tecnoloxías nas nosas casas non sexa tan nocivo e, por último,
revisamos que consecuencias ten o uso excesivo da televisión, ordenadores,
móbiles, etc. sobre todo nos nenos.
- Na aula de 2º ofreceremos aos nenos oportunidades para observar,
identificar e interactuar coas plantas e inicialos na responsabilidade do seu
coidado, facendo fincapé na toma de conciencia sobre a preservación das plantas
como parte do noso patrimonio natural, cultural, científico, histórico, artístico e
turístico; tratamos de xerar inquedanzas vinculadas ao espazo social e natural.
Durante o proxecto traballamos algunhas características das plantas e os cambios
que estas experimentaron, ademais de incidir na valoracións das plantas como
seres vivos, desenvolvendo unha actitude afectiva cara elas.
- Na aula de 3º traballamos “O universo das emocións” sobre a xestión
emocional. Neste proxecto abarcamos o coñecemento das emocións primarias
máis importantes a través da creación dun gran mural no que destacaban seis
emocións principais e unha serie de palabras que poderían relacionarse con esas
emocións. Tamén vivenciamos emocións coa creación de cómics no que se podía
ver como os nenos viven esas seis emocións no seu día a día, tratamos de
comprender estas por medio de redaccións nas que desmembraban as
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
99
peculiaridades de cada unha, expresamos emocións a través de distintas
linguaxes artísticas (dramáticas, plásticas e musicais), de xeito que o alumnado
expresaba por medio de xestos, debuxos ou cancións a emoción elixida e,
finalmente, entre todos, tiveron que buscar un método para xestionar esas
emocións dun xeito positivo e así medrar como persoas. Ese método foi facilitado
á comunidade educativa para que todas as persoas puideran coñecelo e practicalo
a diario.
- Na aula de 4º levouse a cabo un proxecto sobre a influencia das froitas na
nosa saúde. Partimos dunha chuvia de ideas e logo centramos a investigación
naqueles aspectos que eran de máis interese para o alumando. Elaboramos unha
enquisa, na que participou todo o colexio, para saber cales eran as froitas que
máis gustaban e cales as que menos e cos datos obtidos fixemos unha gráfica coa
aplicación Number. Investigamos que receitas se poden facer con froitas,
preparando ao final unha marmelada de fresas e cales son as froitas mais
saudables. Nesta busca de información descubrimos froitas ata ese momento
descoñecidas. Situamos nun mapa de España as froitas típicas de cada zona e,
con arxila, fixemos réplicas de dúas froitas velenosas. Para finalizar, elaboramos
un mural explicando o termo de alimentos transxénicos, así como a evolución que
tiveron determinadas froitas debido á manipulación nos laboratorios.
- Na aula de 5º levouse a cabo un proxecto sobre alimentación e hábitos
saudables, no que se traballou a pirámide nutricional, o coidado do corpo, o
consumo de azucre e a etiquetaxe dos produtos alimentarios.
- Na aula de 6º levamos a cabo o proxecto “O que o mar esconde”, que
quere concienciar á comunidade educativa da importancia de coidar o medio
ambiente. En particular, fai referencia a unha problemática que está de
actualidade, a excesiva utilización de plásticos e o impacto destes nos nosos
mares co futuro incerto que isto ocasiona. O alumnado tivo que recoller e clasificar
datos relacionados co uso de plásticos nos fogares e con eles construír táboas,
realizar medias, modas e rangos, interpretar gráficas, analizar información... e dar
a coñecer a información analizada, elaborando unha serie de propostas que
axuden a reducir o uso de plásticos nos fogares.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
100
- En relación á música traballamos o baile como actividade física que
repercute positivamente na nosa saúde, xa que non só é un modo de facer
exercicio coa conseguinte mellora da saúde a nivel físico, senón que tamén
achega importantes beneficios a nivel emocional e mental, ao ser unha actividade
moi pracenteira. Realizamos un “Emocionario musical” facendo fincapé nas
diferentes emocións que nos poden transmitir diferentes tipos de música, sendo
conscientes de que estas dependen de cada persoa, da súa propia sensibilidade e
do estado anímico no que se atope en cada momento. E, por último, fixemos un
proxecto de investigación arredor da contaminación acústica, buscando
información sobre o que é, a diferenza entre son e ruído, como se mide, etc, pero
sobre todo cales son os posibles efectos deste tipo de contaminación na nosa
saúde. Posteriormente, tamén fixemos medicións de ruído en diferentes
momentos e lugares do centro coa aplicación “Sonómetro”, para facer un estudo
sobre o ambiente sonoro do noso centro.
- Na área de inglés levamos a cabo o proxecto “Doctor, doctor”, no que se
traballou sobre vocabulario referido a enfermidades e outros aspectos
relacionados cos centros médicos. Tamén fixemos a gravación dunha canción e
un “role- play” consistente na recreación dunha consulta cun doutor. En 5º e 6º
tamén traballamos en relación ás emocións, facendo carteis que describían as
máis habituais (felicidade, tristeza, noxo, sorpresa, enfado e medo).
- Dende a área de Educación Física traballamos o sendeirismo con
múltiples obxectivos, sendo o máis destacado a mellora do benestar físico,
psíquico e social, a través da práctica de exercicio físico nun entorno natural como
o que nos presta a contorna do noso colexio. Ademais de distintas rutas realizadas
con todos os cursos polas proximidades do centro, propuxemos un gran reto final
para os maiores. Este consistirá en facer un tramo da Ruta Xacobea Portuguesa
coñecida como “Variante espiritual” e que transcorre dende a Armenteira ata
Vilanova de Arousa, pasando pola parroquia onte está situado o noso centro. O
percorrido total é de 22,7 km.
Outros proxectos desenvolvidos no contexto Lingüístico Literario:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
101
- O Informadeiro. Este proxecto inicial levouse a cabo nos catro espazos dos que
consta na biblioteca: TeleViñagrande, RadioDeiro, RedeiraSociais e A Xanela de
Viñagrande. Un dos obxectivos foi ensinar ao alumnado o traballo que se ía facer
ao longo do curso no Informadeiro. Así, en TeleViñagrande elaboráronse
informativos arredor da vida do centro, en RadioDeiro creáronse parrillas
radiofónicas con contidos variados no que os nenos informaban á comunidade
educativa dos traballos que se estaban desenvolvendo no centro, nas
RedeiraSociais o alumnado aprendeu a utilizar as redes sociais para darlle saída
aos traballos que se elaboran nas aulas ou no centro e na Xanela de Viñagrande
escribíronse novas de interese educativo respectando o tipo de texto da nova
xornalística.
- Anímate a ler. O alumnado abordou, entre outras, actividades de lectura
compartida, de elaboración de relatos narrativos a través dunha imaxe dunha
portada dun conto descoñecido, a creación de videocontos de clásicos da
literatura infantil galega e o envío dunha carta ás familias sobre a importancia de
ler en familia e o respecto ás dez normas que Daniel Pennac estipula para a
lectura.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/801
- Aumentando a un Valle virtual, proxecto que parte da idea de que calquera
persoa dende calquera parte do mundo puidera ver e entender como era a vida e
a obra de Valle Inclán entrando na súa casa natal, hoxe convertida nun pequeno
museo. Para facelo, o alumnado realizou descricións dos lugares interiores da
casa museo Valle Inclán, elaborou mapas mentais sobre a vida e obra deste autor,
fixo creacións escritas de relatos esperpénticos a través de fotos modificadas
dixitalmente, solucionou determinados pasatempos arredor da figura deste autor
literario e fixo caricaturas do mesmo. O produto final consistiu na creación dun
escenario e percorrido virtual do museo de Valle Inclán, onde se sitúan os
traballos realizados polo alumnado.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/784
- O teatro como xénero literario dialogado, proxecto que se desenvolveu de 3º
a 6º e no que o alumnado fixo tarefas como a elaboración dun guión teatral, a
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
102
busca de información sobre os elementos máis importantes da expresión
dramática, a representación de miniobras dramáticas ou a participou en xogos de
expresión corporal e xestual como medio para coñecer a importancia da
comunicación non verbal no teatro. Este proxecto complementouse coa asistencia
a dúas obras de teatro nas que puideron comprobar como se manifesta nun
espectáculo real todo o aprendido.
- A poesía, proxecto que se iniciou coa visita de David Fernández e no que o
alumnado realizou traballos xestionados por eles mesmos que foron presentados
o Día da Poesía ao resto dos compañeiros: murais sobre a obra de autores tan
destacados como Joan Brossa, Chema Madoz, David Fernández, Fran Alonso,
Gloria Fuertes..., monográficos sobre a poesía visual, caligramas, obxectual e
textual, exposicións orais onde o alumando explicaba as características destes
tipos de poesía que descoñeciamos, creación de poemas textuais, obxectuais,
visuais e caligramas.
https://www.youtube.com/watch?v=u6lqdjBCPM0
- O cómic e as series de literatura infantil. Neste proxecto ao alumnado creou
cómics, realizou monográficos en diferentes formatos (audio, video, texto...)
arredor dos elementos do cómic, fixo gravacións do texto e dos sons de narracións
de literatura infantil que, pasadas a códigos qr, permitiron crear unha forma de
“que os libros falen”, de xeito que calquera persoa pode seguir a lectura do relato
escaneando eses códigos e escribiu relatos didácticos (coma os dos Bolechas)
nos que recrearon situacións cotiás que posteriormente, empregando a app
Toontastic, converteron en audio e vídeo.
Proxectos desenvolvidos no Contexto Científico.
- Un ser vivo mais na aula, proxecto dedicado aos reinos dos seres vivos, en
especial ao do reino animal. Partindo de dous insectos pau que tivemos na clase
estudáronse as súas características, o coidado, o hábitat …, procuraron
información sobre os insectos e fixeron mapas conceptuais.
- A célula, proxecto dedicado á unidade máis pequena da que partimos calquera
ser vivo, a célula. Dunha forma moi sinxela estudaron a función, partes e tipos de
células.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
103
-Os sentidos e función de relación, proxecto para traballar os sentidos e a
función de relación co aparato locomotor, no que cada recanto da aula estaba
centrado no estudo dun dos sentidos.
- Realidades científicas da nosa contorna. Este foi un proxecto libre sobre
realidades científicas da nosa contorna, que estivo relacionado coa andaina pola
ruta Xacobea da Pedra e da Auga que realizaron os maiores do colexio.
Traballamos sobre a contaminación da auga e do aire, as enerxías e as árbores e
plantas da contorna.
Proxectos desenvolvidos no contexto humanístico:
- Vilanova de Arousa, proxecto no que descubrimos a nosa contorna,
aprendemos a situarnos no concello e coñecemos os lugares máis emblemáticos.
- A prehistoria e A idade moderna, proxectos relacionados con estas dúas
etapas do pasado, nos que analizamos como foi evolucionando a sociedade,
realizamos murais de arte rupestre ou cuncos de cerámica e descubrimos as
achegas de diferentes personaxes como a de Cristóbal Colón ou Velázquez.
- Os medios de transporte, proxecto que tamén aproveitamos para estudar o
paso do tempo en relación aos avances nos transportes acuáticos, terrestres e
mariños.
- A organización política e territorial de España. Neste proxecto afondamos no
coñecemento dos mapas físicos, tanto de América como de España. Partimos
dende a nosa contorna máis próxima, o concello de Vilanova e traballamos as
diferentes provincias e comunidades, ata situar o noso país na Unión Europea.
Politicamente investigamos como está organizada España e coñecemos algúns
aspectos da Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia
- O camiño de Santiago, estudando a súa realidade máis próxima a través da
investigación sobre o patrimonio galego, pratos típicos, bailes tradicionais,
monumentos emblemáticos.
Proxecto de robótica desenvolvido no contexto matemático:
Este proxecto foi unha continuidade do iniciado no último trimestre do curso
pasado e supón unha maneira diferente de abarcar contidos, empregando unha
“nova” linguaxe para o alumnado, a programación, por medio da creación e
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
104
execución de programas simples. No recanto da creación, dentro do contexto
matemático, presentáronse plans de traballo con múltiples retos nos que o robot é
protagonista xunto co alumnado e a través dos cales se desenvolveron contidos
diversos (rectas e circunferencias, ángulos, sistema de coordenadas cartesianas,
formas planas e espaciais, figuras xeométricas, medicións, etc.) Así, o alumnado
tivo que programar para realizar un cadrado, un circuíto, unha medición, unha
estimación, situar puntos nun plano, debuxar ángulos,...
Proxectos realizados no 1º ciclo:
- O sistema solar. Neste proxecto abarcamos o coñecemento dos corpos que
conforman o Sistema Solar, centrándonos logo no planeta no que habitamos, nas
súas características e no seu satélite, a través de vídeos, contos ou consulta de
bibliografía, actividades que se levaron a cabo nos diferentes recantos.
- A localidade, proxecto no que incidimos no coñecemento de Vilanova, onde
reside a maioría do alumando. Realizamos unha maqueta do escudo de Vilanova
e consultaron os elementos que o compoñen.
- Transportes. O alumnado descubriu e investigou as diferentes formas en que
persoas e mercadorías se desprazan dun lugar a outro, así como o lugar por onde
se desprazan. Identificamos diferentes medios de transporte, clasificándoos en
terrestres, aéreos e acuáticos e creamos un dicionario dos transportes coas
características e imaxe de cada un deles.
- Máquinas, proxecto no que o alumnado tivo que aprender a diferenciar entre os
distintos tipos de máquinas que nos rodean, iniciarse no concepto de máquina
simple e composta e investigar sobre cando apareceron as máquinas ligadas á
tecnoloxía que se descubriron ou inventaron ao longo da historia.
- Inventos. Realizamos a nosa particular liña do tempo sobre algún do inventos
que marcaron a historia, para o que foi preciso buscar información sobre o autor,
lugar onde se inventou, data do descubrimento...
No contexto de Inglés leváronse a cabo diversos proxectos para adquirir
novo vocabulario (Animals, Halloween, Clothes, Restaurants, The house, The
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
105
body) e un proxecto final Viñagrande Entertainment Proyect consistente na
creación dunha revista, un episodio de televisión, unha bitácora e unha entrevista,
empregando os espazos do Informadeiro. Cabe dicir que este curso aumentamos
considerablemente os fondos en Inglés da nosa biblioteca.
AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES E DO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA
A avaliación do funcionamento da biblioteca e do desenvolvemento das
liñas prioritarias realizouse tendo en conta os datos recollidos en valoracións do
alumnado, profesorado e familias, ademais de listados e estatísticas obtidos do
MEIGA.
Por outro lado, nas sesións de traballo do equipo de biblioteca comentamos
e valoramos a organización e desenvolvemento das diferentes actividades e as
necesidades que fomos observando.
Estas son as conclusión que obtivemos:
Organización espazo- temporal
Considérase axeitada a disposición actual da biblioteca que permite usos
diversos, valorando positivamente as últimas modificacións de mobiliario e
organización realizadas.
Os recursos bibliográficos considéranse adecuados, inda que segue a
notarse a necesidade de ampliar o fondo documental, especialmente de consulta,
para poder apoiar todos os proxectos que se leven a cabo. Tamén se botan en
falta maior visualización das novidades.
Con respecto ao alumnado
A avaliación que se fai das actividades de fomento da lectura é, en xeral,
moi positiva, xa que se considera que favorecen o hábito lector. Tamén se valoran
moi positivamente as presentación de novidades que axudan ao mellor
coñecemento dos fondos.
O traballo por proxectos favorece enormemente as competencias do
alumnado, quizais de xeito especial as competencias lingüística e
informacional.Poténciase o hábito de consulta e tratamento da información, inda
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
106
que se considera que é necesario incidir máis na consulta de fondos bibliográficos
e a comunicación dos contidos creados mellora a escritura e a oralidade. Dado
que a biblioteca favorece o traballo por proxectos, podemos dicir que axuda a
avanzar no proceso de ensino aprendizaxe.
Con respecto ao profesorado e familias
A implicación das familias nas actividades propostas é boa, se ben
esperamos que sexa moito maior o vindeiro curso no que se refira ás propostas
presentadas en relación ao PDI.
As mochilas viaxeiras cumpren o obxectivo fundamental de compartir
lecturas en familia e implicalas no fomento do hábito lector dos seus fillos, sendo
moi boa a aceptación desta actividade, tanto por parte das familias como do propio
alumnado, que se amosa con moitas ganas de levalas para a casa. En canto ao
contido das mochilas, o profesorado propón que estea máis relacionado co PDI.
Unha porcentaxe alta de familias tamén considera útiles os boletíns de
recomendacións, entendendo que facilitan a busca de lecturas de calidade en
diferentes formatos. Tamén valoraron moi positivamente a xornada de portas
abertas realizada a comezos de curso.
A implicación do profesorado nas actividades foi positiva e a súa valoración,
tanto das propostas realizadas como do espazo creado e dos recursos foi, en
xeral, boa.
Con respecto ás actividades
Tanto alumnado, como profesorado e familias valoran positivamente as
actividades levadas a cabo, as accións da biblioteca en canto ao fomento do
hábito lector e o apoio a proxectos.
O desenvolvemento do PDI este curso considérase máis axeitado, xa que
tivo maior repercusión nas distintas aulas e no centro en xeral, se ben se propón
darlle maior visibilidade en todos os espazos do centro ao longo do curso. A
presentación ás familias dos proxectos realizados tamén é valorada positivamente.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
107
PREVISIÓNS DE FUTURO
De cara ao vindeiro curso esperamos que a biblioteca siga sendo un
referente en canto ao traballo por proxectos e as distintas dinámicas que se levan
a cabo nas aulas. Para iso, propoñemos as seguintes accións que nos permitan
mellorar aspectos nos que é necesarios seguir facendo fincapé.
En relación ao espazo e aos recursos.
Logo das modificacións de espazo e mobiliario que realizamos estes dous
últimos anos, unha das principais carencias neste momento da biblioteca é a falta
de expositores que permitan colocar de xeito visible e perfectamente accesible
para todo o alumnado as novidades ou seleccións de fondos que se fan en
momentos determinados.
En canto a recursos é necesario seguir coa actualización e diversificación
dos fondos bibliográficos, facendo unha boa selección dos mesmos, de xeito que
sexan cada vez máis diversos e que atendan a todas as necesidades do centro.
Ademais, procuraremos facer inda máis partícipe ao alumando das novas
adquisicións. Este curso xa introducimos na biblioteca o “Buzón dos desexos” que
foi un bo comezo neste senso, pero intentaremos que o seu uso se sistematice o
vindeiro ano.
Por outra banda, inda que todos os anos levamos a cabo o expurgo de
fondos pouco apropiados, consideramos que é preciso facer unha acción máis
contundente.Hai fondos que están en bo estado e con temáticas interesantes,
pero debido a que entran fondos novos e máis actuais, faise preciso ir sacando
eses volumes.
En relación ás actividades
Continuaremos incidindo na formación de usuarios, xa que notamos que hai
lagoas neste ámbito. É certo que nos últimos cursos tivemos que realizar
bastantes cambios de disposición e colocación dos recursos da biblioteca debido a
todas as obras e modificacións que se realizaron.
En canto ao “Informadeiro”, no que xa participaron activamente os alumnos
de 3º a 6º este curso, trataremos de involucrar aos demais cursos o vindeiro ano.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
108
Desenvolvemento do PDI
Continuaremos co desenvolvemento dun proxecto documental integrado en
todo o centro que favoreza a coordinación vertical entre todos os niveis.
Procuraremos seguir mellorando na súa organización, darlle máis visibilidade ao
longo de todo o curso e relacionar máis con este proxecto outras actividades que
se leven a cabo (mochilas viaxeiras, contacontos, visitas de diferentes persoas,
saídas...). Seguiremos involucrando ás familias neste proxecto con diferentes
propostas para fomentar a participación dende as casas e invitándoas en distintos
momentos, tanto ao longo do curso como na presentación final.
Fomento do hábito lector
Seguiremos facendo fincapé no hábito de préstamo de fondos da biblioteca,
tratando de guiar ao alumnado na selección dos mesmos, de xeito que se fomente
a lectura en diferentes formatos e soportes. Ademais, trataremos de seguir
aumentando o préstamo de fondos informativos e de consulta, xa que, inda que se
emprestan máis fondos deste tipo, os máis emprestados seguen a ser os de
narrativa.
As bibliotecas de aula seguen a ser unha gran prioridade. Trataremos de
continuar configurándoas cunha importante colección de fondos, tanto de literatura
como de consulta para que teñan un papel destacado nas actividades diarias de
cada aula e no desenvolvemento dos proxectos. Procuraremos que sexan
dinámicas e atractivas, como complemento necesario da biblioteca de centro.
Colaboración coas familias
Neste ámbito tamén seguiremos centrando o noso esforzo, posto que
esperamos abrir novos canles de participación para as familias, que teñan un
maior e mellor coñecemento dos recursos da biblioteca e que sexan máis
partícipes das actividades que se realicen. En moitas ocasións, as familias xa
colaboran achegando información ou materiais que axudan no desenvolvemento
dos proxectos, pero tamén queremos que participen en contacontos, en
obradoiros, en visitas de autores… Ademais, trataremos de levar a cabo algunhas
actividades polas tardes, entre elas xuntanzas formativas sobre diferentes
temáticas dirixidas ás familias, contando coa colaboración de diferentes persoas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
109
A coordinadora do Equipo de Biblioteca
Rocío Bernárdez Cibeira
6.7.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO.
Introdución
Recollemos nesta memoria do Proxecto de fomento e uso do Galego do
CEIP de Viñagrande-Deiro, as diferentes actividades levadas a cabo dende o
ENDL coa colaboración do equipo de Actividades Extraescolares e Biblioteca,
para acadar os obxectivos que nos propuxemos no proxecto.
Continuamos neste curso o traballo iniciado en anos anteriores polo ENDL,
dándolle un enfoque similar a algunhas das actividades propostas e a outras non,
e pretendendo ser máis ambiciosos na nosa loita diaria pola difusión,
conservación, protección,... da nosa lingua que é o galego. Este ano continuamos
como eixo central a difusión do galego nos medios de comunicación e así garantir
co alumnado se exprese tanto oralmente coma na escrita no noso idioma. Estes
medios de comunicación que nos axudarán a exportar tódalas actividades que se
realizan no centro en galego serán a radio, a televisión, a prensa e as diferentes
redes sociais.
Deste xeito damos a coñecer a funcionalidade e significatividade da nosa
lingua como medio de comunicación e expresión dende distintas perspectivas e
como recoñecemento da lingua galega como eixo fundamental da nosa identidade
(conxuntamente coas nosas paisaxes, tradicións, festexos...).
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística actual constituído
para o curso 2017/2018 estivo formado polos seguintes membros:
Profesorado:
María Luisa Barreiro Pérez: Mestra de Educación Primaria.
María Castro Nine: Mestra de Educación Física.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
110
Víctor Chousal Ferreira: Mestre de Inglés.
Sergio Rosales López: Coordinador e mestre de Educación Primaria.
Obxectivos
A realidade do centro como aparece no proxecto sitúase nun contorno
castelán falante, coa conseguinte necesidade de iniciar procesos, actividades e
dinámicas que favorezan unha modificación desta situación. O estudo
sociolingüístico demostrounos que a maioría do alumnado é castelán falante e as
familias (que son maioritariamente galego falantes) soen dirixirse aos máis cativos
en lingua castelá.
Sendo conscientes que a lingua galega no noso centro e na contorna máis
próxima está vivindo unha situación de retroceso, co perigo que iso vai ter para a
vida da nosa lingua, as actividades programadas tiveron como grandes
finalidades:
Lograr a competencia e o uso do galego como primeira lingua.
Consolidar a competencia do castelán sen que o fomento do galego
implique un retroceso nas competencias lingüísticas en castelán.
Poñer en valor a lingua galega implicando a todos os axentes escolares
neste proceso.
Dar a coñecer a toda a comunidade educativa aspectos culturais do entorno
e de Galicia vinculados ao emprego do galego.
Darlle ó noso alumnado a posibilidade de percibir as innumerables
utilidades que ten o noso idioma.
Mellorar a valoración da nosa lingua.
Así, a partires destas finalidades establecemos os seguintes obxectivos:
A longo prazo
Lograr a plena normalización do noso idioma na vida diaria do centro
por parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra
delas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
111
Iniciar un camiño de cooperación e participación do profesorado e
familias ante un proxecto común referido á nosa lingua.
A medio prazo
Lograr unha actitude positiva da comunidade educativa en favor da
normalización.
Dispoñer de material didáctico e multimedia en galego para todas as
áreas.
Aumentar progresivamente os espazos e tempos nos que se
desenvolve o alumnado en lingua galega.
A curto prazo
Comprometer na tarefa normalizadora o maior número posíbel de
membros da comunidade educativa.
Concienciar os sectores máis próximos ou afíns á nosa realidade
para lograr un cambio progresivo da súa actitude lingüística.
Manter en galego toda a documentación administrativa e de xestión
do centro.
Promover o uso do noso idioma en carteis, murais, festivais e todo
tipo de actividades que se realicen dende o centro.
Adquirir por parte do centro material en galego.
Dar os pasos necesarios para a definición da liña lingüística do
centro, planificando o emprego do galego como lingua vehicular do
ensino, partindo do coñecemento detallado e realista da situación.
Deseñar e coordinar un proxecto de sensibilización e actividades a
prol da normalización lingüística dirixidas á comunidade educativa no
seu conxunto.
Concienciar á comunidade educativa de que o galego é unha lingua
que pode servir perfectamente para desenvolverse en todos os
campos (artísticos) e realidades (médico, casa, colexio, con
amizades...).
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
112
Amosar ante o alumnado que a aprendizaxe e utilización da nosa
lingua ten interese e utilidade social.
Acadar que o alumnado tome conciencia de que o futuro da lingua
non vai ser indiferente á nosa actuación social concreta e de que a
nosa participación e uso individual van ser elementos positivos na
recuperación de usos.
Potenciar en toda a comunidade educativa as actitudes positivas
cara ao noso idioma.
Para a consecución destes obxectivos marcados fíxose necesario contar
coa axuda, compromiso e participación de toda a comunidade educativa:
alumnado, profesorado, familias e institucións da contorna máis próxima.
Os obxectivos marcados a curto prazo, continuando co xa traballado o ano
pasado foron acadados nunha porcentaxe bastante alta. Agora falta un traballo se
cadra máis duro, ser quen de continuar acadando os obxectivos que nos
marcabamos a medio e longo prazo.
Seguimento e avaliación
Mediante as reunións dos membros do ENDL realízase unha avaliación
conxunta das actividades levadas a cabo e das opinións do profesorado do centro
implicado na realización destas actividades. Dita avaliación serviu para valorar o
traballo que se está a facer e para introducir os cambios precisos que nos levan
cara unha correcta actuación.
A partir da recollida destas valoracións, lévase a cabo unha toma de
decisións sobre a conveniencia de seguir con algunha actividade, as posibilidades
de mellora, a opción de eliminar aquelas que non deron o resultado esperado, etc.
Todo isto queda reflectido na presente memoria final, a cal servirá para a
elaboración do proxecto do ano académico 2018/19.
Entre os aspectos avaliados nomeamos os seguintes:
- Unha parte dos obxectivos son acadados segundo o previsto. Pola contra, a
realización e temporalización dalgunha actividade tivo que ser modificada ou
cancelada.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
113
- Da valoración do profesorado podemos extraer as seguintes conclusións:
• Aquelas actividades que gozan dun respaldo maioritario volveranse a
realizar ou propoñer para o vindeiro curso: Teatro, Música, Entroido-Fariñento,
Magosto-Xogos,...
• Algunhas das visitas que recibimos deberíanse traballar na aula e en
reunións do profesorado para poder aproveitar moito mellor ditas visitas.
- A avaliación do proxecto dende o ENDL é necesaria e importante e cremos
necesario establecer unha maior coordinación cos outros equipos. O obxectivo
para o vindeiro ano será que os distintos equipos presentes no centro con
competencias para a programación de actividades busquen a maneira de levar a
cabo un proxecto común entre todos, cunha temporalización ben establecida
dende o inicio e co establecemento dos responsables en por en marcha as
actividades planificadas, tanto as que o alumnado desenvolva na aula co seu titor,
as que se realicen dende o centro como aquelas a realizar coa familia. Deste xeito
creemos que se establecerá unha maior implicación coa finalidade de garantir o
éxito na realización das diferentes actividades.
- Como propostas de mellora, dende o ENDL facemos as seguintes:
• Garantir que as actividades que se leven a cabo provoquen consecuencias
positivas no uso do galego na comunidade educativa.
• Organizar as diferentes actividades en relación aos contidos que se estean
traballando nas aulas na medida do posible.
• Establecer canles de comunicación coas familias a través da rede onde se
comenten as actividades desenvolvidas, se fagan propostas,...etc.
• Programar actividades encamiñadas ao fomento da lingua oral en galego.
Propoñemos que o vindeiro ano se traballe o teatro, videoconferencias, creación
dunha radio escolar,... actividades que potencien o uso da linguaxe oral en galego.
• Necesidade de dispor dun tempo no que desenvolver as xuntanzas que
requiran do traballo conxunto non só do equipo de normalización, senón cos
demais equipos co fin de realizar un traballo conxunto.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
114
Actividades realizadas
Neste apartado aparecen todas as actividades que se levaron a cabo ao
longo deste ano, comezando a partir do primeiro trimestre e comentando
brevemente dita actividade:
PRIMEIRO TRIMESTRE
Samaín
Esta celebración serviu para dar a coñecer a través de diferentes
actividades,... e coa recollida de cabazas unha tradición e costume moi
arraigada nesta zona e no colexio.
A participación das familias nesta actividade é maioritaria e as cabazas que
presentan para ser expostas no colexio destacan pola súa orixinalidade.
Esta actividade conta cunha gran participación do alumnado e familias e é
visitada por un número delas.
Como novidade este ano, elaboramos nas aulas as larpeiradas do Samaín.
Nas diferentes aulas o alumnado tivo que crear un prato monstruoso que
posteriormente foi exposto para ser degustado.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/samain.html
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/receitas-terrorificamente-
monstruosas.html
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
115
Magosto-Xogos tradicionais
Este ano a realización do magosto e o tradicional asado de castañas contou
novamente cunha colección de xogos tradicionais que axudaron a vivir esta
data propia da cultura galega.
Estes xogos tiveron moi boa aceptación e neles participaron a totalidade do
alumnado do centro, estes xogos estiveron distribuídos por diferentes
espazos e o alumnado foi pasando polos diferentes espazos habilitados.
As familias asistiron a dita celebración e a incorporación dos xogos axudou
a enriquecer a actividade na que as familias participaban activamente.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/magosto-18.html
Pandigueiro
Un ano máis o Pandigueiro achegouse ao noso cole para goce do
alumnado e deixarnos un agasallo. Estamos moi contentos da presenza do
noso amigo o Pandigueiro que percorre as diferentes aulas contando
diferentes contos das montañas onde vive.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/pandigueiro.html
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
116
SEGUNDO TRIMESTRE
Entroido-Faraleiro
Celebramos o Entroido como parte da cultura tan arraigada a Galicia onde o
alumnado goza ano tras ano desta celebración. Este ano a temática foi a
“Arte” e os distintos ciclos escolleron o seu disfrace.
Continuamos a realizar o Entroido Fareleiro, no cal o alumnado recreou
unha batalla de fariña como se fai en Entroidos da zona de Ourense. Desta
maneira inténtase achegar ao colexio outras maneiras de gozar desta festa
e como novidade invitamos as familias a participar.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/vinagrande-fareleiro.html
TERCEIRO TRIMESTRE
Teatro Caracol
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
117
A obra do teatro da compañía Caracol este ano levou por título “Oeste”,
polo xeral gustou bastante ao alumnado e ao profesorado.
Parécenos importante co alumnado teña a posibilidade de acudir a un teatro
e que este sexa en galego.
O maio
Este ano ao igual que o ano pasado o maio acompañouse de cantigas que
as familias puideron escoitar. O alumnado foi elaborando o maio en dous
días e cada ciclo dedicouse a unha tarefa concreta. Dende as casas
colabórase moito xa que traen dende pampullos, cartuchos, laranxas,
ovos,... en cantidade suficiente para a súa realización.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/maios.html
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
118
Letras Galegas
Esta é a gran semana de celebración das nosas letras e no colexio este
ano volvemos a realizar a semana do teatro coincidindo coas nosas letras,
pero deixamos unha actuación musical que por motivo de datas non
puidemos realizar esa semana para máis adiante.
Contamos coa presenza de Magín Blanco e as súas fantásticas cancións
coas que o alumnado gozou moitísimo.
Magín Blanco
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/magin-blanco.html
Semana do teatro
Volvese a realizar a semana do teatro xunto co equipo de biblioteca e
resulta todo un acerto, pola participación do alumnado e a asistencia das
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
119
familias ás diferentes obras. O alumnado utilizou o galego para expresarse
na realización das diferentes obras.
https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/semana-do-teatro.html
ANUAIS
Informadeiro
Espazo onde conviven diferentes medios de comunicación para dar a
coñecer diferente información relacionada co colexio ou non. Neste espazo
o galego é a lingua que se emprega tanto no xornal, televisión, radio e
redes sociais.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
120
Proxecto “Pegadas...”
Proxecto de innovación educativa realizado xunto co CEE de Vilagarcía de
Arousa e que consistiu na realización dun roteiro virtual pola Casa Museo
de Valle Inclán. Neste roteiro, a linguaxe de signos comparte protagonismo
co galego para dar a coñecer aos visitantes diferentes particularidades da
vida de Valle e deste Pazo Cuadrante.
https://www.thinglink.com/video/1018249040455794690
Blog do ENDL http://chisquinha.blogspot.com.es/
O coordinador
Sergio Rosales López
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
121
6.8.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.
DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
Na etapa de infantil non se empregou a metodoloxía de aprendizaxe
baseado en proxectos na materia de inglés. En lugar de elo empregáronse o xogo
e a canción co obxectivo de que os nenos pasen a primaria cunha boa base de
vocabulario e estruturas que lles permita desenvolverse con soltura nos proxectos
de natureza mais creadora de esta etapa.
Os proxectos levados a cabo na etapa de primaria foron os seguintes:
Animal proyect. (primeiro trimestre, de 1º a 6º curso) Foi o primeiro proxecto.
O seu obxectivo era utilizar un tema sinxelo e próximo aos nenos para
implantar a nova metodoloxía e que se familiarizasen con recantos.
Halloween proyect. (primeiro trimestre, de 1º a 6º), utilizamos esta celebración
típica dos países anglosaxóns para seguir reforzando as diferentes
competencias da lingua inglesa. No recanto de speakland introduciuse a
gravación con tablets polos propios alumnos dos diálogos, que se converte a
partir dese momento en peza básica na forma de traballar o inglés na materia.
Clothes proyect. (primeiro trimestre, de 1º a 6º), con vocabulario sobre a
roupa. Trabállase o presente continuo.
Restaurant proyect. (segundo trimestre, de 1º a 6º). Vocabulario sobre a
comida. Trabállanse os gustos e o presente simple.
The house proyect. (segundo trimestre, de 1º a 4º). Vocabulario sobre as
partes da casa e o mobiliario. Trabállanse as preposicións de lugar e o verbo
ser.
The past proyect. (segundo trimestre, de 5º a 6º). Neste proxecto
introducimos o tempo pasado, tanto dos verbos regulares como dos
irregulares.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
122
Verbs proyect. (terceiro trimestre, de 1º a 2º). Traballouse o vocabulario dos
verbos de movemento e o verbo de habilidade (poder/non poder)
Doctor Doctor proyect. (terceiro trimestre, de 1º a 6º). Traballouse o
vocabulario das enfermidades e relacionado cos médicos e os hospitais.
Tamén vimos o verbo ter e o tempo futuro.
The body proyect. (terceiro trimestre, de 1º a 2º). Vocabulario sobre as partes
do corpo e a descrición física. Repasamos o verbo ser e o verbo ter.
Viñagrande Entertainment Proyect. (Terceiro trimestre, de 3º a 6º). A modo
de repaso final, foi un proxecto que consistiu en crear unha revista, un episodio
dunha serie de televisión, unha bitácora e unha entrevista. Non deu tempo de
rematalo.
A maiores, ao longo do curso gravamos vídeo clips de cancións, fixemos unha
obra de teatro, intercambiámonos desafíos cos alumnos de outra escola, e, de 3º
a 6º, na sesión semanal na que non traballamos por recantos introducimos o resto
do currículo non traballado nos recantos mediante xogos, audicións e explicacións.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Material humano:
Nas clases de infantil tiña o apoio dunha profesora de infantil na clase.
Material tecnolóxico:
Tablets, ordenadores, canons, impresora, gravadora.
Material funxible:
Fotocopias, periódicos, folios, cartolinas, etc…
Material didáctico:
Elaborado polo mestre de Inglés e polos propios alumnos, vídeos musicais, etc…
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
123
METODOLOXÍA EMPREGADA
Infantil
En infantil a metodoloxía baséase en facer moitas actividades curtas e variadas en
cada clase, mesturando o vocabulario e o tipo: cancións, contos, xogos de
movemento, actividades de repetición, etc.
Primaria
O funcionamento, aínda que similar, foi diferente en primeiro e segundo do que foi
nos curso de terceiro a sexto.
Primeiro e segundo
Os alumnos teñen unha sesión semanal de inglés de hora e media, con nenos
mesturados de primeiro e de segundo. Nos primeiros 20 minutos ou media hora da
sesión traballarase en gran grupo para ver, de forma predominantemente oral, os
novos contidos e para explicar como se traballará nos recunchos. Na hora
restante, os nenos van a un recuncho e traballarán nas actividades de cada un.
Todos os alumnos pasarán por todos os recunchos, xa que cada hora ou media
hora os grupos rotarán. Os catro recunchos son os seguintes:
Vocabulary: neste recuncho traballarase vocabulario relativo a un mesmo
campo semántico de forma oral.
Songs: neste recuncho os nenos realizarán actividades en base a unha
canción (para reforzar o vocabulario ou estruturas sintácticas) ou a un baile
(para, por exemplo, ver os verbos de movemento)
Games: o recuncho mais lúdico no que por medio de xogos como o bingo,
sopas de letras, o aforcado, etc. se traballarán os diferentes aspectos da
lingua.
Worksheets: por medio de fichas trabállanse a comprensión e expresión
escritas.
Terceiro, cuarto, quinto e sexto
Nestes cursos danse dous cambios importantes: por unha parte, a maiores da
sesión de hora e media hai outra sesión de corenta e cinco minutos. Polo tanto,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
124
esta pequena sesión dedicarase a impartir os conceptos teóricos de forma mais
tradicional, quedando a hora e media restante (restándolle cinco ou dez minutos
ao principio para traballar as rutinas como a data, o tempo ou as noticias do día)
para o traballo por proxectos. O outro característica e que o traballo en cada
recuncho estará moito mais enfocado en crear algo en lugar de en utilizar algo
creado por outra persoa. Por isto, os recunchos utilizados cambian:
Speakland: neste recuncho traballarase a parte oral. Por exemplo, para
crear un noticiario ou unha canción.
Gameland: neste recuncho os rapaces reforzan e amplían o vocabulario
mediante dicionarios de imaxes, crucigramas, sopas de letras, o uso do
ordenador ou das tablets, etc.
Storyland: neste recuncho desenvolvese a comprensión lectora e oral a
través de historias orais ou escritas, pequenos diálogos, poesías, etc.
Wonderland: Neste recurso traballarase o inglés dunha forma mais
orientada ao mundo real, mesturando a lingua con outros temas da
realidade próxima ao neno, na medida do posible conectándoos cos
proxectos elaborados noutras materias.
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
A adaptación dos nenos ao traballo por recantos foi, en xeral, boa. Ao longo
do curso foi destacable o aumento progresivo de soltura para traballar as
actividades orais. Nun dos grupos houbo certos problemas persoais entre o
alumnado que afectou ao traballo en equipo.
CASOS PARTICULARES A SINALAR
Na etapa de infantil subliñar o caso de dous alumnos que pasan a primaria
con dificultades para seguir o ritmo da clase de inglés.
Na etapa de primaria, mencionar varios casos de nenos que, dende o
comezo do curso mostraron unha diferencia de nivel moi grande cos seus
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
125
compañeiros de clase, dificultando o seu aprendizaxe e xerando neles certa
falta de motivación.
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO
Nesta área de Inglés, o currículo foi desenvolvido na súa práctica
totalidade. Os alumnos, en liñas xerais e en maior ou menor grado,
conseguiron alcanzar os obxectivos marcados.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
A comunicación entre o profesorado foi fluída e cando se atoparon
dificultades foron solucionadas con consenso entre o corpo docente.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Na etapa de primaria houbo un alumno con necesidades de apoio e
medidas de atención a diversidade. O seu progreso ao longo do curso foi
bo e cumpriu os obxectivos da adaptación curricular.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
A metodoloxía, pese a contar neste curso con certos problemas que se
mellorarán para o ano, foi positiva, xa que permite ao alumnado utilizar a
lingua inglesa durante unha porcentaxe de tempo por clase moito mais alta
que na ensinanza “tradicional”. Ademais empregan a lingua de unha forma
moito mais libre e menos guiada, o que, a maiores de ser mais motivador,
aseméllase mais ao modo en que empregan a lingua no día a día.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Para avaliar ao alumnado empregáronse rúbricas nas que por medio da
observación, da gravación de vídeos e arquivos de son e de corrección da
libreta avaliáronse todas as actividades levadas a cabo polos nenos. É
unha forma de avaliar moito mais real que os exames, pero tamén da moito
mais traballo e resta tempo que se podería dedicar a atender as dificultades
dos nenos.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
O meu traballo, tanto á hora de planear as clases como de impartilas, foi
mellorando paulatinamente ao longo do curso, xa que era o meu primeiro
ano con esta metodoloxía e a medida que pasaron os proxectos funme
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
126
sentindo mais cómodo. Aínda que hai certos aspectos nos que intentarei
mellorar para o curso que ben, considero a miña labor e adaptación ao
sistema como boa.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.
Dende o punto de vista da área de Inglés, este novo sistema resulta máis
eficaz á hora de ensinar o idioma, e para os alumnos é máis doado xa que
estudan de forma máis conectada coa realidade que lles rodea. O traballo
por proxectos motiva moito máis ós alumnos, así como a mestura de
idades. É un sistema onde os alumnos comproban que o que aprenden ten
unha conexión máis forte co mundo real. Vólvense máis autónomos e
responsables á hora de traballar. A nivel do docente implica un cambio de
rol, que aínda que máis complicado, tamén é máis gratificante á hora de
traballar.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Faltou máis comunicación entre titores e mestre de inglés á hora de enfocar
os proxectos. Debería facerse un esforzo por coordinar e colaborar máis.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
Un maior apoio ao alumnado con mais dificultades.
Maior coordinación coas familias para axudar ao alumnado con mais
dificultades.
Que as actividades admitan respostas cunha maior variación de nivel, para
facelas mais motivadoras para os alumnos con mais habilidade na lingua
inglesa pero ao mesmo tempo non desmotivar aos alumnos con maiores
dificultades.
Novos roles no traballo en equipo para que todo o alumnado teña sempre
unha tarefa acorde ao seu nivel, xa que este ano dábase o caso de que as
veces os nenos dos cursos mais altos levaban o peso do traballo e os dos
cursos mais baixos limitábanse a copiar o seu traballo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
127
Unha mellor planificación e reparto dos contidos ao longo de todo o curso.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Máis formación cara á diversidade do alumnado.
O especialista de Inglés,
Víctor Chousal Ferreira
6.9- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL
MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE
Ó longo deste curso levouse a cabo unha atención ó alumnado que
presentou diversas dificultades na área da comunicación e da linguaxe.
Este curso académico, como especialista en Audición e Linguaxe, ocupei
unha praza itinerante compartida co C.E.I.P. San Roque, ambos no concello de
Vilanova de Arousa, funcionando 3 días no centro base: luns, martes e xoves de
9:35 a 14:35 horas e dous no C.E.I.P. de Viñagrande: mércores e venres 9.00 a
14.00 horas.
O alumnado tivo unha atención individualizada e ou grupal, en sesións de
30 a 50 minutos.
Realizouse un programa de estimulación da linguaxe cos tres grupos de
Viñananos A, B e C con nenos de 3, 4 e 5 anos en sesións de 50’ nas aulas de
Educación Infantil. A partir do segundo trimestre dita estimulación estivo a cargo
dos titores de cada grupo debido á organización do centro e das poucas horas
para impartir audición e linguaxe a nenos con N.E.A.E.
Sempre que se puido, as intervencións foron dentro da aula ordinaria xunto
cos seus compañeiros e titor/a (especialmente para xeneralizar o aprendido).
As intervencións específicas que levei a cabo como Mestra de Audición e
Linguaxe foron propostas e deseñadas polo Departamento de Orientación. A miña
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
128
labor neste centro desenvolveuse de forma coordinada cos/as titores/as dos
alumnos/as, co profesor de Pedagoxía Terapéutica e Orientadora do centro.
Alumnado atendido de audición e linguaxe
EDUCACIÓN INFANTIL
3 anos (4º) 3 alumnos
4 anos (5º) 1 alumno
5 anos (6º) 3 alumnos/a + 2 dados de alta
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º A 3 alumnos/a + 1 dado de alta
2º A 3 alumnos
3º A 4 alumnos/a + 1 dada de alta
4º A 1 alumna + 2 dados de alta
A casuística atendida foi diversa: dislalias funcionais, retrasos xeneralizados
do desenvolvemento, TEL, alteracións na lecto- escritura, TEA, ...
A acción educativa tivo sempre presente os principios de normalización e
inclusión educativa. A programación contemplou tanto as necesidades educativas
xa identificadas como as novas.
Recursos
Recursos persoais: O traballo en equipo foi imprescindible para o logro dos
obxectivos propostos. Traballarase conxuntamente con todo o profesorado do
centro, persoal Directivo, especialista de Pedagoxía Terapéutica (PT) e
Orientadora do Centro; familias e os propios alumnos.
Recursos Espaciais:
Un aula de Audición e Linguaxe compartida con P.T.e Xefa do departamento
de orientación e tamén contamos co resto das instalacións do Centro.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
129
Recursos materiais:
Todos aqueles dispoñibles na aula de A.L:, Departamento de Orientación e
do Centro en xeral, como por exemplo: ordenador con Internet, tablet,
monicreques, espello de parede, material de sopro, láminas, pictogramas, etc.
Ademais de materiais de elaboración propia.
Coordinación, reunións e actividades dende o Departamento de Orientación
Ao longo do curso, estableceuse unha liña de coordinación cos titores para
intercambiar información en relación ao desenvolvemento dos alumnos.
Cos pais, conversouse a través de reunións en presenza do titor/a co fin de
orientalos e intercambiar información acerca do funcionamento dos alumnos no
contorno escolar e familiar.
Avaliacións e informes finais
Realizouse informes trimestrais e un informe final para os pais de cada
alumno, titor/a e Departamento de Orientación, no que figura a valoración da
comunicación e da linguaxe, a evolución durante o curso, a súa actitude, os datos
familiares relevantes, si é o caso, e a conveniencia ou non de seguir coa
intervención da mestra/e de AL no próximo curso.
Entregouse ao Departamento de Orientación unha lista dos alumnos que
deberán seguir concorrendo o curso que vén e os posibles novos casos para
valorar.
Propostas de mellora para o próximo curso
Suxiro continuar coas sesións de apoios dados durante este curso.
Resultou positivo o realizar un apoio aos nenos/as de infantil con dificultades na
fala, a linguaxe e a comunicación en pequenos grupos, obténdose mellores
resultados que en gran grupo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
130
Sería conveniente, dentro do posible, realizar máis reunións de
coordinación cos titores e cos membros do Departamento de Orientación para
xuntar criterios de actuacións e materiais.
É necesario contar con mais material acorde ás necesidades dos alumnos.
Silvia Alba González Hermida
Audición e Linguaxe
MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
Durante este curso escolar 2017/2018 a mestra especialista en Pedagoxía
Terapéutica (PT) atendeu a un total de 13 alumnos/as. A continuación, reflíctese o
horario de PT que foi modificado en función das necesidades detectadas do
alumnado.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
131
ABC ABP aula PT aula ordinaria
HORARIO DE PT
O horario está formulado de maneira que se poida atender ao maior número
posible de alumnos/as con neae.
Tendo en conta a metodoloxía do noso centro e as necesidades
detectadas, todos os días a 1º hora (menos os xoves) a PT actúa na ABC
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:00/
10:30
ABC
científico
Viñagrandes
B
ABC
matemático
Viñamedios
A
ABC
lingüístico
Viñamedios
B
Aula de PT
(2º)
9:00/9:45
ABC
lingüístico
Viñagrandes
B
PCE
(2º)
9:45/10:30
10:30/
12:00
Aula de PT
(2º)
10:30/11:00
PCE
(4º)
Aula de PT
(6º)
10:30/11:15
Aula de PT
(3º)
10:30/11
PET
(2º) /
Comisións de
mellora /
Desenvolv.
emocional
Aula de PT
(2º)
11:00/11:30
ABP
Viñapeques
A
PCE
(1º)
Aula de PT
(6º)
11:30/12
12:30/
14:00
ABP
Viñapeques
A
ABP
Viñapeques
B
PCE
(3º)
ABP
Viñapeques
B
ABP
Viñapeques
B
Aula de PT
(3º)
13:30/14
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
132
(aprendizaxe baseada en contextos) acompañando ao alumnado que precise unha
atención específica por parte da especialista en PT, previa coordinación co/a
mestre/a que imparte o contexto e co/a titor/a. Deste xeito, a PT está durante os 7
días que dura o proxecto do contexto acompañando ao alumnado con neae para
poder ofrecerlle o apoio e a atención educativa pertinente. Só o alumnado de 3º a
6º acode a ABC.
As últimas horas (menos os mércores) o apoio lévase a cabo na ABP
(aprendizaxe baseada por proxectos) onde se traballa co alumnado de 1º e 2º de
EP que precisa atención por parte da mestra de PT.
O resto do horario está cuberto coas sesións realizadas na aula de PT ou
na aula ordinaria.
Ademais, a PT ten adxudicadas 2 horas de garda (os luns a primeira hora e
os mércores a última). Aínda que no horario figuran estas dúas horas, se non é
preciso cubrir a ninguén a hora dedícase a atención directa co alumnado,
seguindo o horario que figura arriba.
ALUMNADO QUE RECIBIU APOIO DA ESPECIALISTA PT
En base ao horario, pasarase a falar do alumnado que recibiu apoio por
parte da mestra de PT:
Na etapa de educación infantil, unha vez coñecidas as necesidades do
alumnado e tendo en conta que nesta etapa contaban cunha mestra de apoio,
decidiuse non intervir directamente nesta etapa.
Na educación primaria atendéronse un total de 13 alumnos/as distribuídos da
seguinte maneira:
1º EP: 3 alumnos.
Alumno que cumpre criterios de desfase madurativo en base aos criterios
específicos deste trastorno que se inclúen no DSM - 5 e na CIE - 10.
Recibiu apoio en ABP (3 sesións/semanais) e 1 sesión/semanal no PCE
(programa curricular específico) na aula ordinaria. Este alumno non
promociona.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
133
Alumno con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade de
presentación predominante hiperactiva - impulsiva, en base a criterios
específicos deste trastorno que se inclúen no DSM - 5 e na CIE - 10.
Recibe apoio durante 1 sesión/ semanal no PCE (programa curricular
específico) na aula ordinaria.
Alumno con Trastorno hipercinético da conduta (F901) diagnosticado pola
Clínica Pediátrica Amado. Recibiu apoio en ABP (3 sesións/semanais) e 1
sesión/semanal no PCE (programa curricular específico) na aula ordinaria.
2º EP: 5 alumnos.
Alumno que repite 2º EP. Presenta dificultades de aprendizaxe. Recibiu
apoio 2 sesións/semanais en ABP, apoio na aula ordinaria no PCE dunha
hora/semanal e 2 sesións/semanais na aula de PT.
Alumno que repite 2º EP. Presenta dificultades de aprendizaxe. Recibiu
apoio 3 sesións/semanais en ABP e apoio na aula ordinaria no PCE dunha
hora/semanal.
Alumno con retraso madurativo. Recibiu apoio 3 sesións/semanais en ABP,
apoio na aula ordinaria no PCE dunha hora/semanal e 2 sesións/semanais
na aula de PT. Promociona de curso con 3 materias suspensas.
Alumno con síntomas clínicos propios dun Trastorno do
Neurodesenvolvemento. Recibiu apoio durante 1 sesión/semanal no PCE
na aula ordinaria.
Alumno con TEA e unha discapacidade sensorial dun 34%. Recibiu apoio
durante 3 sesións/semanais en ABP e 1 sesión/semanal no PCE na aula
ordinaria.
3º EP: 2 alumnos.
Alumno con Trastorno por déficit de atención e hiperactividade presentación
combinada e dificultades de aprendizaxe. Recibiu apoio no contexto
lingüístico, 1 sesión/semanal no PCE e 2 sesións/semanais na aula de PT.
Alumno con trastorno de aprendizaxe con dislexia. Recibiu apoio no
contexto lingüístico e 1 sesión/semanal no PCE.
4º EP: 2 alumnas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
134
Alumna con capacidade intelectual límite, dificultades de atención e
concentración que se encadran nun Trastorno por déficit de atención e
hiperactividade con predominio inatento e problemas de sono. Recibiu
apoio no contexto matemático e 1 sesión/semanal no PCE (na área
matemática).
Alumna con Trastorno por déficit de atención e hiperactividade con
predominio inatento. Grao de discapacidade do 10%. Recibiu apoio no
contexto matemático e 1 sesión/semanal no PCE (na área matemática).
6º EP: 1 alumno.
Alumno con trastorno de aprendizaxe e grao de discapacidade do 33%.
Cursa 6º con ACS (lingua galega, castelá e estranxeira e matemáticas).
Recibiu apoio no contexto lingüístico e no científico e 2 sesións/semanais
na aula de PT.
O apoio no ABC e no ABP consistiu en apoiar os contidos dos proxectos en
base ás necesidades de cada alumno, proporcionándolle estratexias para a busca
de información, fomentando a súa autonomía no traballo individual, revisión de
escritos, xeneralización dos contidos traballados co alumno na aula de PT (cando
foi preciso), reforzo na compresión lectora, no razoamento lóxico- matemático,
reconducindo as condutas disruptivas e fomento da autoestima.
No PCE reforzáronse os contidos da aula propios do curso, facilitáronse materias
que axudaran ao alumnado a acadar os contidos dados, así como técnicas e
estratexias precisas en función das aprendizaxes.
Na aula de PT, o alumnado seguiu os obxectivos e contidos reflectidos nos seus
programas de intervención.
OBXECTIVOS
En canto aos obxectivos da especialista de PT pódense organizar en 4 bloques:
Obxectivos a nivel centro:
Colaborar na toma de decisións respecto a metodoloxía e organización que
afecte á atención á diversidade.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
135
Colaborar na elaboración dos criterios de atención á diversidade recollidos
nos diferentes documentos do centro.
Obxectivos a nivel de profesorado:
Colaborar e asesorar sobre adaptacións metodolóxicas.
Colaborar e asesorar sobre adaptacións curriculares significativas
Coordinarse cos titores para manter unha liña común en canto á
metodoloxía e contidos e obxectivos a acadar co alumnado con neae.
Asistir ás reunións de ciclos e contextos para manter un seguimento
axeitado do alumnado.
Colaborar na elaboración e adaptación de materiais.
Orientar sobre a avaliación e promoción do alumnado con neae.
Colaborar na planificación e desenvolvemento dos procesos de ensino-
aprendizaxe.
Colaborar e asesorar ao resto de profesorado nas medidas de atención á
diversidade.
Obxectivos a nivel de alumnado:
Intervir directamente co alumnado con neae.
Suplir as súas carencias socio-familiares.
Atender ao alumnado nun ambiente o máis normalizado e inclusivo posible.
Fomentar a súa autonomía.
Favorecer a súa autoestima e un bo autoconcepto.
Reforzar os contidos nos que presentan dificultades.
Desenvolver técnicas de traballo axeitadas.
Obxectivos a nivel de familias:
Informar sobre as dificultades dos/as seus/súas fillo/as.
Manter unha reunión trimestral co fin de establecer pautas comúns.
CONTIDOS
Os contidos que se traballaron ao longo do curso foron, en ABP e en ABC
os mesmos que o resto do alumnado. Na aula ordinaria os contidos tratados foron
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
136
os propostos polos/as mestres/as, sendo a función da PT a de apoiar os
devanditos contidos co fin de que o alumnado os acadase con maior facilidade. Os
contidos relativos ás sesións na aula de PT foron os establecidos nos programas
de intervención deseñados para cada un dos alumnos que acudía a nivel
individual á aula de PT.
METODOLOXÍA
A metodoloxía variou en función do apoio dado pola PT. Este centro conta
cunha metodoloxía moi específica (contextos de aprendizaxe, recantos na aula,
proxectos…).
A nivel de aula de PT a metodoloxía empregada foi o máis variada posible co fin
de que o alumnado acadase os obxectivos propostos con maior facilidade.
Empregouse unha metodoloxía lúdica e cooperativa (cando foi posible).
Procurouse en todo momento que houbese un clima de confianza e proximidade
entre a mestra e o alumnado.
RECURSOS MATERIAIS
Os recursos empregados na aula de PT foron xogos de mesa adaptados,
xogos convencionais, materiais manipulativos, axudas visuais, caixa de area,
letras de fieltro, pulsadores de luz…
AVALIACIÓN
En canto á avaliación, dicir que a mestra de PT colaborou cos/as titores/as
na avaliación dos/as alumnos/as aportando sempre unha visión de inclusión,
valorando e priorizando a mellor medida e resposta educativa posible para cada
alumno/a.
Ao final de cada trimestre a mestra de PT elaborou o informe trimestral dos
alumnos que acudían á aula de PT que entregaba en man ás familias para
explicarlle o desenvolvemento dos/as seus/súas fillo/as e manter así contacto coas
familias, polo menos unha vez ao trimestre.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
137
PROPOSTAS DE MELLORA
1. É imprescindible que haxa reunións do DO para poder establecer unhas
liñas de actuación conxunta co alumnado común entre PT e AL, así como
para poder informar á orientadora e AL de calquera imprevisto/novidade, xa
que ao estar só a PT os 5 días, ás veces pérdese información por falta de
tempo para reunirnos.
2. En canto á organización da ABC é imprescindible facer os grupos en
función do horario do/a PT e non ao revés. Só deste xeito será posible
atender axeitadamente ao alumnado con neae. É dicir, que si 2 grupos
necesitan apoio no contexto matemático e no lingüístico non se poden
solapar. Poñamos un exemplo para entendelo mellor:
Viñamedios A: precisa apoio en matemático e lingüístico.
Viñamedios B: precisa apoio en matemático e lingüístico.
Viñagrandes A: precisa apoio en matemático.
Viñagrandes B: precisa apoio en lingüístico.
1º SEMANA
HUMANÍSTICO CIENTÍFICO
VGA VGB
LINGÜÍSTICO MATEMÁTICO
VMA VMB
2º SEMANA
HUMANÍSTICO CIENTÍFICO
VGB VGA
LINGÜÍSTICO MATEMÁTICO
VMB VMA
3º SEMANA
HUMANÍSTICO CIENTÍFICO
VMB VMA
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
138
LINGÜÍSTICO MATEMÁTICO
VGB VGA
4º SEMANA
HUMANÍSTICO CIENTÍFICO
VMA VMB
LINGÜÍSTICO MATEMÁTICO
VGA VGB
3. Sería interesante que o alumnado que recibe apoio por parte das
especialistas de PT/AL non salgan fóra da aula o mesmo día para recibir
ese apoio, xa que hai nenos que non o toleran. Así, ademais, as mestras de
PT e AL poderían compartir espazo (aula do fondo do corredor do 1º andar)
xa que o centro anda escaso de aulas. Quedando deste xeito o despacho
de orientación libre para a xefa de departamento (para realizar probas,
gardar datos/expedientes confidenciais, atender ás familias…)
4. Un aspecto moi importante a mellorar serían as gardas de PT. Se fose
posible non ter gardas ou reducilas, o horario da mestra sería de atención
ao alumnado na súa totalidade. Se por recursos persoais isto non fose
posible, o máis factible é que as gardas sexan na 1º franxa do horario que é
cando se leva a cabo a ABC. Os proxectos dos contextos teñen unha
duración de 7 días, polo tanto, se hai que facer algunha garda sempre
quedan máis días do proxecto para apoiar ao alumnado.
NECESIDADES DE FORMACIÓN
Calquera formación no marco de atención á diversidade é beneficiosa tanto
para o alumnado como para o/a mestre/a.
A especialista en Pedagoxía Terapéutica
Beatriz Prieto Álvare
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
139
6.10.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE
DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO
LONGO DO CURSO.
Os proxectos desenvolvidos ao longo do curso foron os seguintes:
Primeiro trimestre
- Portrait: os nenos/as realizaron dous retratos. Un seguindo as instruccións
do mestre/a e outro libre. Os retratos incluían as partes da cara, respetando
a simetría entre as partes e as proporcións.
- Robot: realizouse unha figura con aspecto de robot (con decoración libre)
facendo cubos de cartulina baseándose nunha plantilla. Os nenos/as tiñan
que recortar, doblar e facer a montaxe.
- Wonderful chessnut box: utilizando papel de periódico, os nenos/as
elaboraron tubos que logo pegaron ao redor dunha caixa de zapatos. Logo
endurecéronna con alkyl, pintáronna, decoráronna e cubriron o interior con
papel de seda, conseguindo unha caixa que imitaba unha cesta de mimbre.
- Christmas decoration: elaboraron un mural para o festival que incluía
estrelas, corazóns, abetos e outros motivos do Nadal. Os materiais que
utilizaron foron cartulina, limpiapipas, goma eva, cartón, etc.
Segundo trimestre
- Munch’s Scream: os nenos/as escolleron unha emoción e sacaron unha
foto expresándoa. Logo diseñaron o fondo nunha cartulina tamaño A3
baseándose no cadro El Grito de Edward Munch, pintaron con ceras
brandas e pegaron a súa foto sobre el.
- Carnival Masks: os alumnos/as elaboraron antifaces e máscaras
empregando goma eva e outros materiais. Ao remate tiñan que sacarse
unha foto con elas encadradas nun marco feito e decorado por eles/as en
cartón. Ademais utilizamos as máscaras para decorar a entrada do centro.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
140
- Modelling with clay. os nenos/as utilizaron pasta de modelar para realizar
edificacións e esculturas famosas, como a torre Eiffel, o David de Miguel
Ángel, o Pensador, etc. Logo pintáronna con témperas e déronlle Alkyl.
Terceiro trimestre
Despois de observar dificultades para levar a cabo o ritmo e o tipo de
actividades propostas, nos cursos de 3º e 4º decidimos cambiar a
metodoloxía e traballar por recantos.
En 5º e 6º fixeron os seguintes proxectos:
- Mandalas: baseándose nun modelo, os nenos/as debuxaron unha mandala
e decoráronna empregando bolígrafos de gel. A decoración de mandalas se
emprega como unha técnica antiestrés e ademais os colores que se utilizan
reflexan, ás veces, o estado de ánimo do neno/a.
- Stop motion short movie. os nenos/as pensaron un argumento e
empregaron plastilina para facer as personaxes para unha curta de
animación. Uutilizaron a aplicación Clayframes para sacar as fotografías,
montar o vídeo e, nalgúns casos, engadir son.
Os grupos de 3º e 4º traballaron por recantos: modelling corner (curta de
animación), painting corner (pintar con témperas en caballetes), relaxing
corner (mandalas) and famous artists corner (mural sobre un artista ou
construcción famosa no mundo da arte).
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
No desenvolvemento das sesións empregamos material diverso habitual
para as creacións artísticas:
- Útiles de escritura e debuxo: lapis de cores, ceras, rotuladores, pinceis,
témperas, regras…
- Materiais funxibles: folios, cartolinas, papel contínuo, pasta de modelado,
goma eva, celofán, cartón, cola…
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
141
Como recursos tecnolóxicos empregamos ordenador, proxector, cámara de
fotos e tablets.
METODOLOXÍA EMPREGADA
Os proxectos que se propuxeron trataron de conxugar a creación artística,
debuxo, pintura, creacións manuais e produción audiovisual.
Tivo gran relevancia o traballo colaborativo, sendo moitas das actividades
realizadas creacións feitas en grupo.
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
Todos os grupos traballaron de forma positiva, participando activamente
nas actividades propostas e amosando unha boa colaboración nas realizacións de
grupo.
Sen embargo, houbo algunha dificultade porque moitas veces os grupos
non foron estables por diversos motivos (Informadeiro, sesións de avaliación
diagnóstica, saídas,...)
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO
Todo o alumnado conseguiu os obxectivos propostos en maior ou menor
medida. Si é certo que hai algúns alumnos/as non acadaron unha notable
evolución no seu debuxo ou nas creacións de carácter máis manual, facéndose
notable en moitos casos, a necesidade de potenciar este tipo de actividades.
Ademais os grupos de 3º e 4º traballaron con maior interese co cambio de
metodoloxía no 3º trimestre. Sen embargo, os resultado das súas creacións,
nalgúns casos, non cumpriron as expectativas que se esperaban deles.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
As sesións de coordinación entre os responsables das seccións bilingües
resultou moi positiva, permitindo unha estreita colaboración na planificación das
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
142
sesións, na preparación dos materiais necesarios, na valoración do
desenvolvemento dos proxectos…
AVALIAR O FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES
Atopáronse dificultades en algúns alumnos/as no segundo ciclo na
comprensión das actividades en inglés, aínda que percibiuse unha melloría ao
longo do curso. Cando o traballo se realizou por recantos, a implicación do
alumnado coa tarefa aumentou pero baixou o uso da lingua inglesa e a expresión
oral.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Por unha parte, unha maior coordinación co resto do profesorado, poder
facer creacións e actividades que complementen os proxectos ou actividades que
se desenvolven nos diferentes contextos.
Por outra parte, ambos mestres recoñecemos ter carencias en canto a
formación artística e expresión plástica.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
- Valorar a posibilidade de crear un contexto artístico.
- Establecer sesións de coordinación cos demais mestres/as que inciden nos
grupos para complementar ou evitar que se solapen as propostas de
traballo.
- Propoñer actividades que sirvan aos nenos/as como unha forma de
comunicación e expresión de emocións.
Os mestres responsables das seccións bilingües
Víctor Chousal Ferreira
Cristina Louzao García
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
143
6.11.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Esta memoria non foi realizada por estar a mestra titular da praza de
orientación de baixa e non estar esta praza cuberta.
6.12.- MEMORIA DO EQUIPO DE RELACIÓN COAS FAMILIAS
PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS
SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,
PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.
O Equipo de Relación coas familias levou a cabo diversas actuacións
destinadas a promover a participación e relación das familias no noso centro:
Grupos Interactivos:
No primeiro trimestre, do 27 ao 30 novembro, celebrouse a primeira semana
de grupos interactivos dende 4º de Infantil a 6º de Primaria e no terceiro trimestre,
do 21 ao 25 de maio, celebrouse a segunda semana. No segundo trimestre non
chegamos a organizar ninguna sesión, por tratarse de un trimestre curto e coincidir
co entroido, viaxes do e visitas de profesorado,…
Xornadas de Portas Abertas para Familias:
Houbo unha única sesión o 16 de novembro. Moitas familias mostraron o seu
interese por coñecer o funcionamento e as iniciativas que se levan a cabo no
centro. Viñeron 15 persoas que foron acompañadas polo director observando e
pudendo ver como se desenvolven as diferentes actividades na escola. As demais
familias quedaron en lista de espera para a seguinte ocasión. No 2º trimestre non
foi posible organizala por visitas de outros mestres ao noso centro e viceversa e
outras actividades levadas a cabo.
No 3º trimestre organizouse unha visita para o 7 de maio que tivo que ser
posposta pola viaxe que o director e outro nestre tiñan a Madrid no marco do
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
144
proxecto Samsung Smart School. Tampoco chegou a celebrarse por asistir
unicamente dúas familias. Os motivos expostos polas familias para non acudir
foron esquecemento da data ou imprevistos.
Faladoiros e sesións formativas: desenvolveranse os luns, mércores ou xoves
de 16:00 a 18:00, e poderán ser sobre diferentes temas: falodoiros literarios,
científicos, artísticos, método ABN… Estas serán organizadas e levadas a cabo
por profesorado do centro interesado na proposta.
Convocáronse dúas sesión formativas para as familias:
- Método ABN (16 de outubro), co obxectivo de que as familias coñecesen
este método de cáculo matemático. A sesión desenvolveuse na biblioteca e
foi impartida por Sergio. Asistiron aproximadamente 30 persoas e a súa
resposta foi valorada como moi positiva. Puideron coñecer o método ABN e
poñelo en práctica.
- Faladoiro literario “O Principiño” (23 de outubro): co obxectivo de compartir
impresións sobre os dous primeiros capítulos desta obra. Asistiron
aproximadamente 15 persoas.
AVALIACIÓN
- Grupos interactivos: a proposta é valorada como moi positiva por parte de
mestres, familias e alumnado. Sen embargo, a resposta por parte das
familias(voluntarios) non é suficiente para poder organizar esta actividade
de maneira sistemática.
Nos vindeiros cursos haberá que plantexar a posibilidade de facer xornadas
para dous ou tres grupos, de maneira que non se precisen tantos
voluntarios/as na mesma semana e ir aumentando progresivamente se a
resposta é positiva.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
145
Á vez que se propón que sexan os familiares do alumnado en concreto os
que formen parte do grupo intereactivo, o que fará que as familias estén
máis motivadas para participar.
- Xornada de Portas Abertas: a valoración por parte das familias é positiva,
manifestando que lles gusta ver como é o traballo dos seus fill@s e dos
mestres no centro. Na medida en que estas xornadas se vaian
organizando, nos vindeiros cursos igual sería necesario plantexalas
unicamente para o alumnado de nova incorporación ao centro.
- Faladoiros ou sesións formativas: haberá que replantexar estas
actividades de maneira que resulten interesantes para as familias e non
supoñan unha carga de traballo adicional para o profesorado do centro. Tal
vez unha Escola de Familias poida ser unha boa opción. A colaboración
entre o centro e a propia ANPA puideran axudar a financiar determinadas
charlas, visitas, obradoiros...
A coordinadora
Cristina Louzao García
6.13.- MEMORIA DO EQUIPO DE COMISIÓNS DE MELLORA
Neste curso 2017-18 comezouse a levar a cabo as comisións de mellora no centro
cada 15 días, na primeira sesión do venres.
Dende infantil e toda primaria, no primeiro e segundo trimestre, cada titor na súa
aula, formaron os grupos das distintas comisións : Coidado do centro, ecoloxía,
biblioteca, recreo e convivencia.
Os integrantes de cada comisión de mellora estaba formado por 4 ou 5 nenos/as,
de cada curso, tiveron que pensar en eses grupos que funcións como comisión
tiñan e como levalas a cabo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
146
Para darlle saída, executar, as propostas das distintas comisións, no terceiro
trimestre, xuntáronse os grupos dos distintos cursos dende primeiro ata sexto,
excepto infantil que por horario continuaron ca titora no faladoiro.
Responsables 2 mestres en cada comisión.
Rocio, Eva e Vanesa na comisión de mellora da biblioteca.
María e Javier na comisión de mellora do recreo.
Bea e Lucía na comisión de mellora da convivencia.
Manuel e Almudena na comisión de mellora da ecoloxía.
Sergio e Maribel na mellora do coidado do centro.
QUE FALTOU PARA MELLORAR?
Por un lado, a falta de comunicación entre os membros do equipo. Unha dos
membros do equipo comparte centro e cando eran as reunións estaba no outro
centro.
Por outro lado, ao ser un equipo de nova creación e non ideada polas integrantes
do mesmo, ás veces non sabiamos ben o que se pretendía coa proposta do
equipo directivo. Ademais os titores tamén manifestaban non saber como levar a
cabo as comisións.
Os nenos/as mostraron interese nas diferentes comisións e propuxeron iniciativas
e propostas de mellora. Sen embargo, moitas non se levaron a cabo por falta de
organización dende o equipo.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
Maior coordinación entre os membros do equipo.
Concretar medidas de actuación para levar a cabo as propostas dos nenos/as.
A coordinadora
Josefa Castro Castro
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
147
6.14.- MEMORIA DO EQUIPO DE ECOLOXÍA E VOZ NATURA
INTRODUCIÓN
Recollemos nesta memoria do equipo de Ecoloxía do CEIP de Viñagrande
Deiro, as diferentes actividades e actuacións levadas a cabo dende o devandito
equipo coa colaboración de todo o profesorado do centro.
Comezamos neste curso co novo equipo, conscientes da importancia de
crear unha conciencia ecolóxica no alumnado.
O Equipo de Ecoloxía constituído para o curso 2017/2018 estivo formado
polos seguintes membros do profesorado:
Beatriz Prieto Álvarez: mestra de Pedagoxía Terapéutica.
Isabel Blanco Silva: titora de 5º de Educación Infantil.
Maria José Mollinedo García: mestra de Relixión.
Manuel Piñeiro Sánchez: coordinador e titor de 1º Educación Primaria.
OBXECTIVOS
Consideramos como os máis importantes:
Acadar que o alumnado sexa o protagonista do cambio nos comportamentos
en relación coa natureza nos ambientes nos que vive (colexio, casa,
parroquia, concello e outros lugares).
Concienciar de forma lúdica e educativa sobre a importancia da reciclaxe.
Concienciar sobre a importancia da educación ambiental e as súas
consecuencias.
Coñecer formas de alimentación saudables mediante a creación do noso
propio horto escolar.
Coñecer, plantar, cultivar e recoller produtos de tempada.
Elaborar distintas preparacións culinarias cos nosos produtos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
148
O grao de consecución dos obxectivos previstos para este programa
podemos consideralo moi elevado, pois co comezo da campaña conseguimos un
cambio nos hábitos de reciclaxe das nenas e nenos, así como a consecución dun
compromiso por parte das familias para implicarse neste proceso.
Para a consecución destes obxectivos marcados fíxose necesario contar
coa axuda, compromiso e participación de toda a comunidade educativa:
alumnado, profesorado, familias e institucións da contorna máis próxima.
Os obxectivos marcados foron acadados nunha porcentaxe bastante alta. Agora
falta un traballo se cadra máis duro, ser quen de continuar acadando os
obxectivos que nos marcabamos a medio e longo prazo.
ACTIVIDADES REALIZADAS
Neste apartado aparecen todas as actividades que se levaron a cabo ao
longo deste ano:
COLECTORES
Este ano mercáronse uns colectores para facer a reciclaxe no centro. Así
tódolos espazos e dependencias do centro contan a día de hoxe con tres
colectores de distinta cor: azul, amarelo e verde.
POSTA EN MARCHA DA PATRULLA VIÑAVERDE
Creouse a patrulla Viñaverde. Esta patrulla tería entre as súas funcións:
encargarse de recollelo lixo dos distintos colectores e espazos ao comezo do
recreo e nos primeiros minutos do mesmo supervisar que se reciclaxe ben nos
colectores do patio. Elaborouse e reparteuse a cada titoría un calendario coas
quendas de actuación, así cada grupo ou clase se encargou desta función en
quendas dunha semana. O alumnado de Educación Infantil participou nesta
laboura acompañando aos maiores de 5º e 6º na súa quenda.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
149
ACTIVIDADE DE CONCIENCIACIÓN DE SEPARACIÓN DO LIXO
Fíxose unha actividade de concienciación para separar correctamente o lixo
en tódalas aulas.
As nenas e os nenos ían separando os sobrantes e os envoltorios das súas
merendas, que posteriormente pegarían sobre unhas cartolinas coas tres cores
dos colectores. No derradeiro paso desta actividade pegarían na parede, enriba de
cada colector, a cartolina da súa cor.
BATIDAS
Esta actividade tamén de concienciación para non enlixar o patio foi
realizada por todo o alumnado do centro.
Consisteu en facer dúas grandes cadeas humanas e ir camiñando nun mesmo
nivel á vez que se recollía o lixo do chan, envoltorios e envases das súas
merendas, en case a súa totalidade.
HORTO ESCOLARE
Coa axuda do programa voz Natura o ano pasado construíse un horto
escolar. Debido a falla de tempo e prazos alleos ao centro ao final soamente se
puideron plantar unhas poucas leitugas que o alumnado levou para os seus
fogares.
Este ano, sen embargo, planificamos dúas franxas temporais de cultivo, a
primeira delas plantamos distintas especies propias da tempada invernal: brocoli,
coliflor, pac-choi, repolo, acelga, espinaca, puerro, romanesco… e nunha segunda
franxa, xa en primavera, plantamos leitugas, fresas, xudías, chicharos…
Ademais de plantar, realizaronse as tarefas propias ou colaterais que
implica o proceso: fresar, abonar, regar,….
Deste xeito o horto estivo en funcionamento durante todo o curso.
PREPARACIÓNS CULINARIAS
Coas distintas verduras da tempada invernal: brocoli, coliflor, pac-choi,
repolo, acelga, espinaca, puerro, romanesco… os alumnos e alumnas das
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
150
distintas clases prepararon unha crema de verduras que tivemos o gusto de
degustar.
PLANTACIÓN DE CARBALLOS E CASTIÑEIROS
Aínda que non co éxito que se esperaba, tódolos nenos e nenas do cole,
aproximadamente uns 150, plantaron a súa landra ou castaña e só naceron uns
20 exemplares.
RECOLLIDA DE FROITOS
Mercáronse uns froiteiros e o alumnado das distintas aulas baixou en
distintos momentos a recoller froitos no outono. Recolléronse mazás e castañas.
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
Mediante as reunións dos membros do equipo realízase unha avaliación
conxunta das actividades levadas a cabo e das opinións do profesorado do centro
implicado na realización destas actividades.
A partir da recollida destas valoracións, lévase a cabo unha toma de
decisións sobre a conveniencia de seguir con algunha actividade, as posibilidades
de mellora, a opción de eliminar aquelas que non deron o resultado esperado, etc.
Salientar que a maior parte parte dos obxectivos son acadados segundo o
previsto pero a realización e temporalización dalgunha actividade tivo que ser
modificada.
Como propostas de mellora, dende o Equipo de Ecoloxía facemos as
seguintes:
Programar actividades encamiñadas ao fomento da conciencia ecolóxica.
Garantir que as actividades que se leven a cabo provoquen consecuencias
positivas no alumnado.
Baleirado máis eficiente por parte do alumnado dos colectores de reciclaxe
de aula.
Facer un calendario anual de plantación.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
151
Establecer sesións semanais por aula para o traballo no horto escolar.
Equipamento adecuado de traballo no horto escolar (tomas de riego,
regadeiras, rastrillos pequenos, plantador, …)
Planificar ben o funcionamento da comisión de ecoloxía.
Dotar de operatividade ás decisións dos membros da comisión de ecoloxía.
Dotar de tempo de liberación no horario, non existente neste curso, para o
coordinador do equipo ou para algún dos seus membros. Tempo necesario
no desenvolvemento ou preparación de moitas das actividades levadas a
cabo.
O Coordinador do Equipo de Ecoloxía
Manuel Piñeiro Sánchez
6.14.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL
PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS
SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,
PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.
- Proxecto de estimulación temperá. Neste proxecto, desenvolvido en
Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, realizouse un traballo conxunto cos
titores destes cursos e a mestra de Educación Física. Dende música colaborouse
na programación das sesións de psicomotricidade e no desenvolvemento das
mesmas, no que se refire ao traballo do ritmo. As actividades propostas
centráronse na percusión corporal, no movemento rítmico e no ritmo da linguaxe.
- Música e saúde, proxecto relacionado co PDI do centro: “A saúde e a
mellora da calidade de vida das persoas”. Participamos nunha “Escola de baile”,
aprendendo e creando coreografías. Deste xeito, traballamos o baile como
actividade física que repercute positivamente na nosa saúde, debido á mellora que
supón a nivel físico e á achega de importantes beneficios a nivel emocional e
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
152
mental, ao ser unha actividade moi pracenteira. Realizamos un “Emocionario
musical” facendo fincapé nas diferentes emocións que nos poden transmitir
diferentes tipos de música, sendo conscientes de que estas dependen de cada
persoa, da súa propia sensibilidade e do estado anímico no que se atope en cada
momento. E, por último, fixemos un proxecto de investigación arredor da
contaminación acústica e os posibles efectos na nosa saúde. Posteriormente,
tamén fixemos medicións de ruído en diferentes momentos e lugares do centro
coa aplicación “Sonómetro”, para facer un estudo sobre o ambiente sonoro do
noso centro.
- As calidades do son. Neste proxecto, que se levou a cabo en distintos
momentos ao longo do curso, traballamos as calidades do son a nivel auditivo,
corporal e de movemento e tamén gráfico, o que nos permitiu o achegamento á
representación do son.
- Escenas rítmicas, proxecto de creación de coreografías rítmicas con
elementos corporais e obxectos desenvolvido nos grupos de Viñagrandes.
- Cantos Rosalianos, no que realizamos a musicalización de diversas
poesías de Rosalía de Castro, empregando a aplicación Music Maker Jam, tamén
nos grupos de Viñagrandes.
Ademais, desenvolvéronse outras actividades ao longo do curso en relación
aos distintos ámbitos da Expresión Musical: ritmo e movemento, expresión vocal e
instrumental, audición e linguaxe musical.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
No desenvolvemento das sesións empregamos discografía e bibliografía
diversa, os distintos instrumentos que temos na aula (instrumentos de pequena
percusión, de placas e teclado), ademais de diferentes obxectos sonoros. O
alumnado de Viñamedios e Viñagrandes tamén empregou a súa propia frauta
doce.
Como recursos tecnolóxicos empregamos o equipo de música, ordenador e
proxector, cámara de fotos e de vídeo e tablets.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
153
METODOLOXÍA EMPREGADA
Nas contexto musical tratouse de desenvolver todos os contidos a partires
da práctica, primando a vivencia e a experimentación dos mesmos e incorporando
a linguaxe musical progresivamente, de xeito máis relevante a partires do 2º ciclo
de Educación Primaria.
A maioría das actividades desenvolvéronse en gran grupo, onde se fai
relevante a achega de cada alumno para acadar un resultado global. Pero tamén
se realizaron traballos individuais e en grupos pequenos.
Este curso tamén introducimos os recantos na aula, de xeito que, en
determinados momentos, propuxéronse distintas actividades en diferentes zonas,
polas que o alumnado ía rotando en pequenos grupos. Cabe dicir que foi preciso
modificar a proposta de recantos inicial debido a que non é factible levar a cabo
varias actividades simultáneas nas que o protagonista é o son, xa que unhas
interfiren nas outras. Así pois, ao longo do curso esta proposta de recantos foi
variando para adaptarse mellor ás peculiaridades dunha clase de música.
AVALIACIÓN
RESPECTO DOS GRUPOS
En xeral, os grupos traballaron de forma positiva, acadando os obxectivos
establecidos. Con todo, caben sinalar dúas situacións. Por un lado, a motivación,
esforzo e responsabilidade amosada polos grupos de Viñagrandes non foi de todo
a esperada, de xeito especial cara finais de curso. Por outro lado, é preciso sinalar
as dificultades atopadas en Educación Infantil para motivar aos grupos e propiciar
a súa participación activa e positiva nas actividades propostas, sendo
especialmente difícil conseguir un clima de calma inicial para presentar as
actividades ou poder gozar da música escoitándoa e vivenciándoa. Con algún
grupo esta situación foi mellorando ao longo do curso, pero non así con outros.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
154
CASOS PARTICULARES A SINALAR
En Educación Infantil podemos mencionar a situación de catro nenos que
amosaron importantes dificultades na realización das actividades musicais, dous
deles pola dificultade de manter a atención e participación e os outros dous máis
propiciado por cuestións actitudinais.
En Viñapeques caben sinalar dous casos, un por cuestións de
comportamento que foi mellorando notablemente ao longo do curso e o outro por
dificultades de aprendizaxe e de participación no seo do grupo, ao que lle custou
seguir o ritmo da clase en determinadas ocasións.
No 2º ciclo houbo dous nenos que amosaron máis dificultades para
participar en determinadas actividades, especialmente de expresión vocal e de
expresión corporal e movemento. Foi máis significativo un deles que nalgunha
ocasión incluso rexeitou participar nas actividades propostas, sendo ademais moi
complexo establecer unha conversa con el para poder entender o motivo deste
rexeite.
No 3º ciclo non se atoparon dificultades individuais especialmente
relevantes, pero si se produciron pequenos conflitos á hora de traballar en
pequeno grupo, ao igual que no 2º ciclo.
DA COORDINACIÓN DOCENTE
As sesións de coordinación de ciclos semanais, ás que fomos asistindo os
especialistas de forma rotatoria, propiciaron unha mellor coordinación entre os
distintos mestres, facilitando o intercambio de opinións sobre o progreso dos
grupos e as dificultades que se foron atopando con algúns nenos en particular.
Con todo, considero que é preciso establecer unha certa orde do día dos temas a
tratar que sirva de guía destas reunións e evitar deste xeito divagacións ou
xuntanzas pouco produtivas que nalgunhas ocasións se produciron.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A mestura de idades nos grupos favorece a atención á diversidade, xa que
o propio grupo ofrece axuda. As actividades propostas son, na súa maioría
abertas, polo que se adaptan á realización de cada neno e, ademais, prestouse
maior apoio a aqueles nenos que así o precisaron.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
155
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
En canto á metodoloxía empregada esta adaptouse aos grupos e ao
carácter propio da materia, pero creo que é preciso mellorar a planificación e
secuencia temporal dos proxectos a desenvolver, reorganizar os recantos e as
actividades que neles se propoñen e darlle maior cabida á creación propia do
alumnado.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Os criterios de cualificación establecidos na programación e tidos en conta
na avaliación foron explicados ao alumnado ao comezo de curso. Ao longo do
mesmo informouse dos aspectos que se ían avaliar a través de rúbricas,
nalgunhas das cales se incluíu un apartado de autoavaliación, tanto do pequeno
grupo como individual. Con todo, creo que é preciso darlles máis cabida a estas
rúbricas nas sesións para que sexan unha guía para o alumnado sobre a súa
evolución no proceso de aprendizaxe.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
Este foi un ano moi intenso que en determinadas ocasións levei con
bastante tensión, o que repercutiu na miña práctica docente, tanto na planificación
como no desenvolvemento das sesións. Considero que debo mellorar a selección
de materiais e a presentación das actividades ao alumnado para garantir unha
maior motivación cara ás mesmas.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO
Considero que o proxecto educativo do centro é moi positivo, xa que
favorece o traballo autónomo do alumnado, a significatividade das súas
aprendizaxes, a súa implicación cara ás tarefas escolares e a atención á
diversidade. Si é certo, por suposto, que hai aspectos que mellorar pero, sobre
todo, diferentes cuestións que asentar e sobre as que acadar un consenso que
será necesario ir abordando o vindeiro curso.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
Como xa comentei anteriormente, considero que a proposta inicial de
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
156
recantos non foi a máis axeitada, polo que tivo que ser modificada e deberá ser
valorada de novo de cara ao vindeiro curso.
Tamén é necesaria máis continuidade na realización dos proxectos e mellor
planificación temporal destes, para conseguir que se finalicen axeitadamente e se
poida ver e valorar o proceso levado a cabo e o resultado final, xa que neste curso
algúns proxectos estendéronse excesivamente ou non puideron ser rematados.
Por último, creo que é necesario que o alumnado estea máis involucrado na
avaliación, sendo coñecedores de antemán da finalidade de cada proposta de
actividade e de que coñecementos se espera que adquiran. Ademais, tamén
considero preciso introducir a autoavaliación para facelos conscientes da súa
evolución e da súa participación e implicación. Esta foi unha proposta iniciada este
ano e que deberá ser máis sistematizada o vindeiro curso.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
- Continuar coa reorganización dos recantos, para tratar de buscar a
proposta que mellor se adapte ás clases de música. Para iso, estudarei a
posibilidade de empregar outros espazos do centro en determinados momentos.
- Introducir máis momentos e espazos de creación propia do alumnado, de
xeito que teñan máis oportunidades de desenvolver as súas propias propostas en
relación aos distintos ámbitos da Educación Musical.
- Colocar un espello nunha das paredes da aula para permitir que o
alumnado se vexa nas actividades de movemento e expresión corporal, co fin de
potenciar a conciencia corporal.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
As necesidades de formación que considero máis relevantes refírense a:
- xestión de aula, diálogo positivo co grupo e educación emocional.
- detención de posibles dificultades significativas no alumnado e atención das
mesmas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
157
Ademais, considero necesaria a formación noutros aspectos máis
específicos en relación á musica como o método BAPNE de percusión corporal,
técnicas de expresión corporal e movemento ou a música en relación á
psicomotricidade.
A especialista de Educación Musical
Rocío Bernárdez Cibeira
6.15.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE.
PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS
SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,
PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.
PROXECTO DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ: “ESTIMULA O TEU CORPO,
ACTIVA O TEU CEREBRO”
No curso que remata continuamos o proxecto de atención temperá
“Estimula o teu corpo, activa o teu cerebro” (en diante PET). O obxectivo
fundamental foi traballar e afianzar habilidades perceptivas a través do
movemento co fin de favorecer un desenvolvemento neurolóxico adecuado no
alumnado da etapa de infantil, como prevención de futuros trastornos de atención
e aprendizaxe.
O alumnado entre os 3 e os 7 anos realizou unha sesión diaria de
psicomotricidade, impartidas polas mestras titoras, a mestra especialista en Ed.
Física e a mestra especialista e Ed. Musical.
Unha vez rematado o curso, somos máis conscientes da importancia de este tipo
de traballo xa que nos axudou a situarnos máis claramente en que momento
evolutivo se atopa o alumnado e a tomar as decisións necesarias en caso de
alumnos que precisen algún tipo de reforzo neste eido.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
158
PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO) – CENTROS ACTIVOS E
SAUDABLES: “VIÑAGRANDE ACTIVO E SAUDABLE”
Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro quixemos fomentar a
práctica de actividade física en idade escolar sendo conscientes da importancia
que ten o movemento no desenvolvemento integral dos nenos.
Co fin de asentar as bases para unha infancia máis saudable e menos
sedentaria quixemos continuar participando no presente curso 2017-2018 no
programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola práctica físico-
deportiva e sigan, de este xeito, cunha vida activa e saudable no futuro.
A participación en Xogade tamén nos sirve como continuidade do traballo
de psicomotricidade que se fai neste centro nas primeiras idades, buscando un
adecuado desenvolvemento da infancia a través do movemento.
Sendo conscientes da importancia que a actividade física e o deporte teñen
no mantemento da saúde, neste curso a participación en Xogade tivo cabida
dentro do PDI do noso colexio (Proxecto Documental Integrado), xa que versou
sobre a Saúde.
A continuación móstrase o enlace á páxina wed do centro onde se ían
colgando imaxes e videos das diferentes actividades deportivas. Premer no
apartado de Educación Física:
www.edu.xunta.es/centros/ceipdevinhagrande/
UNIDADES DIDÁCTICAS TRABALLADAS AO LONDO DO CURSO:
Benvida e avaliación inicial
Habilidades motrices básicas
As habilidades nos xogos colectivos
Aplicación das habilidades básicas no deporte: atletismo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
159
Coordinación e equilibrio
Xogos predeportivos
Copbol
Xogos tradicionais de goma e corda
Sendeirismo
NOTA: as unidades programadas traballáronse todas.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
No ximnasio utilizamos, ao longo deste curso, tanto pequeno material como
pelotas, ata gran material como pode ser a escaleira de braquiación.
En canto aos recursos humanos, as sesións de EF de 3º a 6º foron impartidas pola
mestra especialista mentres as clases de psicomotricidade foron impartidas pola
especialista e os tirores.
METODOLOXÍA EMPREGADA
PET (PROXECTO DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ):
Utilizouse unha metodoloxía activa e sistemática por descubrimento, onde
se plantexaban as diferentes tarefas deixando ao alumnado que atopase
unha execución motora adecuada buscando sempre unha maior eficacia
motriz. Cando isto non se conseguía sí se lle daban consignas para
logralo.
A organización podía ser en gran grupo, grupos reducidos, parellas ou
individuais.
EF (EDUCACIÓN FÍSICA):
En 3º, 4º, 5º e 6º de EP traballouse por circuitos aspectos relativos a
habilidades motrices simples. E a través de xogos e deportes (de
adversario e de equipo) a aplicación ás situacións complexas das
habilidades antes citadas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
160
AVALIACIÓN
Nos niveis onde se traballa o PET, a avaliación consiste nunha batería de
exercicios motrices, de ritmo e de comprobación de integración de reflexos
primitivos. Esta batería realizouse cos nenos de 6º de Educación Infantil e unha
vez reaizada obsérvase que a evolución motriz é significativa e positiva,
esperando se vexa reflexada noutros aspectos do alumnado. Coa aplicación de
esta batería púidose observar que hai un alto porcentaxe do alumnado que pasa
para Primaria, que aínda non ten afianzada a lateralidade, sendo esto normal a
estas idades.
Nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º as avaliacións das diferentes unidades
didácticas traballadas ao longo do curso, foron mediante rúbricas coa aplicación
adittio. A forma de avaliar foi continua, e consistiu en probas específicas para
comprobar o grao de afianzamento das diferentes habilidades que se
consideraban fundamentais para un adecuado desenvolvemento psicomotriz e
ademais empregouse fundamentalmente a observación directa nas diferentes
sesións. Un porcentaxe alto das rúbricas estaba adicado a aspectos conductuais.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?
O que nos falta é máis formación. O traballo diario é suficiente e o material
que imos necesitando vaise comprando.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
As propostas de mellora para o curso 2017-2018 son:
Traballo na área:
o programar as actividades en función das carencias observadas
na avaliación
o facer tres grupos para o traballo da psicomotricidade en Ed.
Infantil, por limitacións de espacio.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
161
o valorar a posibilidade de realizar algunha sesión no pavillón.
Instalacións e material.
o Pintar as paredes do ximnasio.
o Arranxar o corcho do chan e das paredes.
o Seguir invertindo en material para crear un almancén básico para
o traballo motriz.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Educación emocional.
Neurociencia.
A especialista en Educación Física
María Castro Nine
6.16.- MEMORIA PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO): “CENTROS
ACTIVOS E SAUDABLES”
Título do proxecto:
VIÑAGRANDE ACTIVO E SAUDABLE
Introdución (sinopse do proxecto):
Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro quixemos fomentar a
práctica de actividade física en idade escolar sendo conscientes da importancia
que ten o movemento no desenvolvemento integral dos nenos.
Co fin de asentar as bases para unha infancia máis saudable e menos
sedentaria quixemos continuar participando no presente curso 2017-2018 no
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
162
programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola práctica físico-
deportiva e sigan, de este xeito, cunha vida activa e saudable no futuro.
A participación en Xogade tamén nos sirve como continuidade do traballo
de psicomotricidade que se fai neste centro nas primeiras idades, buscando un
adecuado desenvolvemento da infancia a través do movemento.
Sendo conscientes da importancia que a actividade física e o deporte teñen
no mantemento da saúde, neste curso a participación en Xogade tivo cabida
dentro do PDI do noso colexio (Proxecto Documental Integrado), xa que versou
sobre a Saúde.
A continuación móstrase o enlace á páxina wed do centro onde se ían
colgando imaxes e videos das diferentes actividades deportivas. Premer no
apartado de Educación Física:
www.edu.xunta.es/centros/ceipdevinhagrande/
Grao de consecución dos obxectivos:
Con respecto aos obxectivos plantexados na solicitude de participación:
Neste curso destacar que a consecución dos obxectivos foi moi positiva xa
que os alumnos do colexio practicaron varios deportes na área de Educación
Física evitando deste xeito o sedentarismo, e buscando sempre o traballo das
competencias básicas tendo como eixe fundamental de traballo o mantemento da
saúde e o afianzamento de habilidades motrices perceptivas e básicas como
prevención de trastornos de atención e aprendizaxe.
Todo este traballo súmase ao realizado no centro a través do Programa de
estimulación temperá “Estimula o teu corpo, activa a túa mente”, proxecto posto en
marcha no curso 2015-16.
Os alumnos tiveron a oportunidade de practicar e vivenciar diferentes
deportes de xeito lúdico compartindo xornadas deportivas có alumnado doutros
colexios o que axudou a fomentar
as relacións sociais entre eles.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
163
En tódalas xornadas deportivas todo o alumnado participou
independentemente das súas cualidades físico-deportivas, feito imprescindible si
dende os centros educativos pretendemos favorecer a inclusión.
Organización, desenvolvemento e metodoloxía:
O noso centro pretendía participar en dúas modalidades diferentes, unha
deportiva-competitiva e outra de xogos populares. Pero debemos mencionar que
ao longo deste curso o baúl destes últimos xogos non nos foi concedido.
Polo que a continuación describiremos a modalidade deportiva-competitiva:
1. Actividade deportiva-competitiva. Coordináronse os diferentes centros
participantes en Xogade do Val do Salnés para organizar diferentes xornadas
deportivas intercentros: campo a través, deportes colectivos, deportes
individuais… O Ceip Viñagrande- Deiro participou nas seguintes actividades.
• Campo a través: carreira de campo a través celebrada en Portonovo o venres 17
de novembro de 2016. Participaron os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.
Primaria.
https://youtu.be/XxckMkY3Lv8
• 1ª Xornada de Deporte Escolar: o mércores 24 de xaneiro visitamos o CEIP As
Bizocas de O Grove. Alumnado de ambos centros disfrutaron dunha xornada de
actividade física e saúde xogando a baloncesto, fútbol, balonmán, brilé e xadrez.
https://youtu.be/wLfMppiMjo
• 2º Xornada de Deporte Escolar: O martes 27 de febreiro de 2018 organizamos
no noso cole a II Xornada de Deporte na Escola 2018. Tivemos a oportunidade de
que alumnado do CEIP Cruceiro de Vilalonga viñese a compartir connosco unha
sesión matinal deportiva. Practicamos diversos deportes de equipo e adversario.
https://youtu.be/nM9vcXCymdA
• 3º Xornada de Deporte Escolar: O 20 de marzo estivo no noso centro alumnado
do CEIP As Covas de Meaño, para gozar conosco dunha mañá deportiva e de
convivencia.
https://youtu.be/MpirqQUILUo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
164
• 4ª Xornada de Deporte Escolar: O mércores 25 de abril disfrutamos da nosa
última xornada de deporte escolar deste curso. Visitamos o CEIP San Roque de
Corón. Como en xornadas anteriores practicamos deportes de equipo como fútbol,
baloncesto, balonmán, brilé, bádminton e xadrez.
https://youtu.be/OLrDmNaFNkY
• XXV Carreira escolar do Salnés: alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación
Primaria participou nunha carreira organizada polo Colexio Abrente de Portonovo,
o venres 1 de xuño.
https://youtu.be/R2_HsFTNdAY
Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos)):
Levouse a cabo unha avaliación continua, global e integradora, tendo en
conta o progreso e a consecución dos obxectivos plantexados.
Unha vez rematada a participación en Xogade a valoración é positiva pois
alcanzáronse tódolos obxectivos previstos.
Logo de seis cursos consecutivos participando no Programa Xogade, o
profesorado e o alumnado do centro móstranse satisfeitos e con ganas de seguir o
próximo curso.
Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas:
María Castro Nine
Encargada de coordinar a participación do CEIP Viñagrande- Deiro en
Xogade (Plan proxecta). Organización das xornadas celebradas na "casa" e das
saídas tanto para participar en carreiras como para acudir a outros colexios.
Como mestra de Educación Física traballou os distintos deportes na súa área,
preparando previamente ao alumnado para a súa participación en Xogade.
Para a organización das xornadas multideporte e a arbitraxe dos diferentes
partidos das xornadas organizadas na casa, tamén colaboraron os seguintes
mestres:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
165
- Sergio Rosales López
Observacións complementarias ás actividades realizadas
Ao longo deste último trimestre, e dende a área de Educación Física en
colaboración co traballo nos contextos de Aprendizaxe, traballamos o Sendeirismo
con múltiples obxectivos.
Dentro destes o máis destacado é “mellorar o benestar físico, psíquico e
social” practicando exercicio físico nun entorno natural como o que nos presta a
contorna do colexio. Este obxectivo está enmarcado dentro da PDI (Proxecto
Documental Integrado) do centro que este curso xira entorno á “MELLORA DA
CALIDADE DE VIDA”.
Para todo isto tivemos un gran reto final que foi facer un tramo da Ruta
Xacobea Portuguesa, coñecida como “Variante espiritual” e que transcorre dende
a Armenteira ata Vilanova de Arousa, pasando pola parroquia onde está ubicado o
noso centro. Dita ruta ten un percorrido de 22´7km.
Sen dúbida un gran reto de superación persoal para o que semana a
semana nos estivemos preparando:
• Aprendendo a coidar o noso corpo e mente.
• Aprendendo a traballar cos demais e a ser bos compañeiros de
equipo.
• Aprendendo a soportar fracasos cando non se chega ao
obxectivo.
• Aprendendo que todo require dun esforzo.
• Aprendendo que para lograr un obxectivo hai moitas horas de
traballo previo.
• Que os éxitos non se conseguen da noite para a mañá.
• Que facendo deporte fórxanse profundas amizades.
• Aprendendo que hai alternativas divertidas ás “pantallas”.
• Aprendendo que o deporte e a actividade física é moito máis que
o coidado do corpo: responsabilidade, humildade, entrega, amizade, convivencia,
superación persoal, resiliencia, disciplina,… e un sinfín de valores máis.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
166
A continuación deixamos un enlace que reflexa a nosa experiencia
en imaxes 360º (premer nas frechas para avanzar na ruta):
https://www.thinglink.com/video/1064097551747121155
Bibliografía:
- Glen Doman, Douglas Doman e Bruce Hagy: Bebé en forma, bebé
inteligente. Desde el nacimiento a los seis años. La revolución pacífica.
EDAF, 2012.
- Jorge Ferré Viciana e María del Mar Ferré Rodríguez: Neuro-psico-
pedagogía infantil. Bases neurofuncionales del aprendizaje cognitivo y
emocional. Editorial Lebón, Barcelona, 2013.
- Jorge Ferré, Jorge Catalán, Víctor Casaprima e José V. Mombiela: Técnicas
de tratamiento de los trastornos de la lateralidad. Editorial Lebón, Barcelona
2006.
- Jorge Ferré, Jorge Catalán, Víctor Casaprima e José V. Mombiela: El
desarrollo de la lateralidad infantil. Niño diestro – Niño zurdo. Editorial
Lebón, Barcelona 2014.
- Jorge Ferré Viciana e María del Mar Ferré Rodríguez: Lateralidad infantil.
100 preguntas – 100 respuestas. Editorial Lebón, Barcelona 2015.
- www.disanedu.com
- www.vozymovimiento.com
- Estimulaciónydesarrollo.blogspot.com
- https://escuelaconcerebro.wordpress.com
- Guía Así, así?: web da Consellería de política social.
A coordinador
María Castro Nine
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
167
6.17.- MEMORIA ALIMÉNTATE BEN: FAITE ECO DO LÓXICO
Título do proxecto:
ALIMENTANDO A SAÚDE
Introdución (sinopse do proxecto):
Neste curso 2017-18 no C.E.I.P. Viñagrande-Deiro estivemos inmersos nun
Proxecto Documental Integrado sobre a saúde e a calidade de vida, ademais
tendo en conta que no centro contamos cun horto ecolóxico e o aumento de
enfermidades hipocinéticas co conseguinte aumento da obesidade infantil, no
curso actual o profesorado considerou imprescindible abordar este tipo de
contidos.
Grao de consecución dos obxectivos:
Con respecto aos obxectivos plantexados na solicitude de participación:
Neste curso destacar que a consecución dos obxectivos foi moi positiva xa que os
alumnos do colexio participaron en moitas actividades que os axudaron a entender
a importancia dunha boa alimentación e da orixe dos produtos que degustan cada
día.
Os alumnos tiveron a oportunidade de diferenciar entre alimentos naturais e
procesados e de concienciarse da relación entre unha boa alimentación e una boa
saude.
Ademais, non só o alumnado, senón toda a comunidade educativa
participou na actividade, xa que os pais puideron observar a exposición dos
proxectos e participar na degustación de platos preparados con produtos naturais.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
168
Organización, desenvolvemento e metodoloxía:
O noso centro participou nesta iniciativa por medio de actividades,
proxectos e exposicións levadas a cabo polas diferentes clases:
Para o samaín realizamos unha actividade que lle damos continuidade do
ano anterior e que consistiu na realización de receitas terroríficas empregando
froita, contribuimos a adquisición de hábitos máis saudables no alumnado e o
recoñecemento dun léxico específico como é o das froitas. Pódese apreciar o
traballo no seguinte enlace:
https://youtu.be/kTmCdGZb_XI
Dende infantil fixeron unha sopa de verduras. Foron ao horto escolar a
coller as verduras, laváronas e cortáronas.
Prepararon a olla con auga, aceite e un chisco de sal. Cociñaron todo e toda a
escola comeu. Foi un éxito. O resultado pódese ver no seguinte enlace:
https://youtu.be/LPqwxIokZwE
Os cursos de primeiro e segundo levaron a cabo as seguintes actividades:
Horto escolar. Planificaronse dúas franxas temporais de cultivo, a primeira delas
plantaron distintas especies propias da tempada invernal: brocoli, coliflor, pac-choi,
repolo, acelga, espinaca, puerro, romanesco… e nunha segunda franxa, xa en
primavera, plantaron leitugas, fresas, xudías, chicharos…
Preparacións culinarias coas distintas verduras da tempada invernal:
brocoli, coliflor, pac-choi, repolo, acelga, espinaca, puerro, romanesco… os
alumnos e alumnas das distintas clases prepararon unha crema de verduras que
tivemos o gusto de degustar.
Recollida de froitos. Mercáronse uns froiteiros e o alumnado das distintas
aulas baixou en distintos momentos a recoller froitos no outono. Recolléronse
mazás e castañas.
O alumnado de 4º fixo un traballo sobre as froitas para, a través delas,
fomentar a vida saudable. Investigaron sobre as vitaminas das froitas,
curiosidades como cal é a mais grande e a mais pequena... O produto final deste
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
169
traballo foi a elaboración dunha mermelada caseira, que despois degustaron entre
todos e todas.
Por último, o alumnado de 3º a 6º realizou un proxecto sobre alimentación e
hábitos saudables. Traballaron facendo unha pirámide nutricional e o coidado do
corpo. Estiveron vendo o consumo de azucre investigando eles mesmos as
cantidades nos productos que mais se consumen. Tamen viron a etiquetaxe do
produtos alimentarios moitas veces enganosos. No seguinte enlace pódese ver o
resultado:
https://youtu.be/0iOHZAlx6KE
Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos)):
Levouse a cabo unha avaliación continua, global e integradora, tendo en
conta o progreso e a consecución dos obxectivos
plantexados.
Unha vez rematada a participación en Alimentando a Saúde, a valoración é
positiva pois alcanzáronse tódolos obxectivos
previstos.
Tanto o profesorado como o alumnado do centro móstranse satisfeitos e
con ganas de seguir o próximo curso.
Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas:
María Luísa Barreiro Pérez
Encargouse de coordinar as diferentes actividades levadas a cabo no centro
durante a
primeira metade do curso.
Participou con actividades na súa titoría.
Víctor Chousal Ferreira
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
170
Encargouse de coordinar as diferentes actividades levadas a cabo no centro
durante a
segunda metade do curso, unha vez a coordinadora colleu a baixa.
Participou con actividades dende a especialidade de inglés.
Para a coordinación das actividades tamén participaron os seguintes mestres:
- María Castro Nine
- Sergio Rosales López
Observacións complementarias ás actividades realizadas
Todas as actividades resultaron moi positivas. Agradecer a implicación de todo o
profesorado no proxecto.
Ao final de curso, con todos estos proxectos sobre alimentación e tamén sobre
outros de calidade de vida realizouse una PDI na que as familias puideron ser
parte desta enriquecedora
experiencia. A exposición tivo gran aceptación.
Bibliografía:
• Título: Sopa verde
• Publicado: OQO Pontevedra 2013
• Autores: Ángela Madeira, Till Charlier, Paco Livaín
O coordinador
Víctor Chousal Ferreira
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
171
6.18.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA)
INTRODUCIÓN
Durante este curso escolar 2017/2018 o profesor que impartiu o PROA foi
compartido co CEIP As Covas (Meaño), acudindo ao noso centro os luns e os
mércores de 16 a 18 h para impartir o devandito programa e os martes pola mañá
para levar a cabo a coordinación entre o mestre en cuestión e a coordinadora
(especialista en PT). Dado que a coordinación era dunha hora e o mestre acudía 2
horas ao centro pola mañá a hora restante dedicábaa a apoiar/observar ao
alumnado que acudía ao PROA. No outro centro non podía facer o apoio da hora
restante que tiña de permanencia no centro polas mañás por estar o alumnado en
especialidades, polo tanto decidiuse que o mestre acudira ao noso centro de 9 a
11 h un martes e o seguinte de 12 a 14h ao igual que no centro de Meaño
(alternar as horas de coordinación). Deste xeito tería a oportunidade de observar
ao alumnado dos dous centros mentres traballaban na aula.
Antes de iniciar o PROA tivo lugar unha reunión entre os dous directores do
centro, o mestre que impartiu o PROA e a coordinadora do CEIP Viñagrande (a
coordinadora do CEIP As Covas non puido asistir). Nesta reunión asentáronse a
metodoloxía e a organización do PROA que se buscaba por parte de ambos
centros. Decidiuse que o programa tivese como fío condutor entre os dous centros
os medios de comunicación, xa que en ambos coles se traballan e dispoñen de
medios para facer as actividades pertinentes. Así, a primeira hora da tarde se
dedicaría a traballo individual e a segunda aos medios de comunicación.
COORDINACIÓN
Para determinar cales eran as dificultades de aprendizaxe de cada
alumno/a ou cales eran os aspectos máis importantes a traballar con eles, cada
titor/a cubriu un impreso coas carencias que se percibían a nivel de aula que foi
entregado ao mestre para que fose coñecedor e puidera así traballar co alumnado
en cuestión.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
172
O mestre que impartiu o PROA mantivo sempre unha actitude positiva cara o
programa e tivo moi boa disposición. Implicouse moito co grupo e procurou en
todo momento manter unha relación de respecto e proximidade co alumnado.
ALUMNADO QUE ACUDIU AO PROA
O grupo formárono un total de 12 alumnos: 6 de 3º EP, 4 de 4º de EP e 2 de 5º de
EP. O alumnado foi seleccionado polos/as mestres/as de 3º-6º. Tendo en conta as
necesidades dos/as alumnos/as destes cursos decidiuse que non acudise ao
PROA ningún neno de 6º, posto que non había alumnado con necesidades
importantes ou que, téndoas non lle fose de proveito acudir ao PROA, e así ter
máis vacantes para os/as alumnos/as de 3º que era o curso que máis dificultades
tiña.
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS PERSEGUIDOS
O profesor acompañante traballou na primeira hora de cada sesión as habilidades
instrumentais básicas segundo as necesidades de cada alumno: mecánica e
fluidez lectora, comprensión lectora, expresión oral e escrita, caligrafía e
presentación dos escritos, cálculo, razoamento lóxico-matemático, apoio na
realización das tarefas escolares, técnicas de estudo e aumento da motivación.
O mestre dedicou a segunda hora de cada sesión a traballar os medios de
comunicación. Por falta de tempo só foi posible gravar un programa de radio.
O mestre responsable do PROA analizou semanalmente o grao e calidade das
relacións que se deron entre o alumnado. Ademais proporcionoulle aos titores (a
través da coordinadora) información sobre a evolución das condutas dos alumnos.
Traballouse cunha metodoloxía baseada no traballo cooperativo, a titoría entre
iguais…, A organización do alumnado na aula consistiu na agrupación individual e
grupal de distinto número de alumnos/as, sempre de cara a mellorar as
habilidades sociais dos alumnos así como as relacións e de cara á prevención de
conflitos e a súa resolución de maneira pacífica.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
173
MELLORAS NO RENDEMENTO ESCOLAR DO ALUMNADO
A melloría no rendemento escolar variou dun alumno/a a outro/a sendo a
propia situación ou actitude do alumno/a o que favoreceu que se dera esa
melloría. Pódese dicir que houbo alumnos/as que si melloraron favorablemente e
outros que, por actitude, non tanto.
TEMPORALIZACIÓN DO PROA
O devandito programa levouse a cabo entre os meses de febreiro e xuño.
Consideramos que o inicio do programa foi moi tardío o que afectou aos tempos
para acadar todos os obxectivos que se formularon a nivel individual con cada
alumno/a.
INDICADORES ESPECÍFICOS DO PROA
Pódese dicir que houbo unha asistencia continuada por parte de todo o
alumnado, salvo un neno que tivo moitas faltas de asistencia no último mes e
medio.
DIFICULTADES ATOPADAS
O número de alumnos/as e as distintas idades dificulta a realización de tarefas
nas que intervén todo o grupo, traballar en grupos máis reducidos posibilitaría
unha atención máis individualizada.
PROPOSTAS DE MELLORA
Iniciar o programa con anterioridade.
A coordinadora do Contrato - Programa
Beatriz Prieto Álvarez
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
174
6.19.- MEMORIA DE RELIXIÓN
PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS
SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,
PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.
Na etapa de infantíl, estes foron os proxectos por trimestre:
1º - Proxecto axudar. Partindo da comprensión da lectura do conto “El elefante
Bernardo”, amosaron unha actitude de axuda e colaboración cara a os amigos e
amigas e recoñeceron a alegría que produce axudar aos demais.
- Proxecto O Nadal. Recoñeceron que o máis importante do Nadal e
celebrar o nacemento de Xesús.
2º - Proxecto a paz. Coñeceron ca lectura e despois ca versión dixital, do conto
“Por cuatro esquinitas de nada”, o respecto aos demais e á diversidade; que todos
somos diferentes e, non por iso, uns mellores ca outros.
- Proxecto A Semana Santa. Descubriron a Xesús como un amigo que nos
quere e nos axuda (expresándoo tamén mediante a canción) e, coñeceron a cruz
como símbolo dos amigos de Xesús.
3º - Proxecto de compartir. Mostraron interese por facer e compartir actividades
con outros nenos e nenas; recoñeceron a María como nai de Xesús e dos
cristiáns. Por último, identificaron a igrexa como a casa onde nos reunimos os
amigos de Xesús.
Proxectos de primaria por trimestre:
1º- Proxecto a Creación de Deus (1º e 2º). Recordaron os elementos da creación
(algúns a través da papiroflexia), o seu coidado e a relación do ser humano con
Deus.
- Proxecto os patriarcas (1º e 2º). Saber qué é un patriarca e recoñecer
algún nome ( Abrahám, Moisés,...).
- Proxecto o pecado (3º e 4º). Coñecer a existencia do pecado na
antigüedade e na actualidade. Recoñecer o camiño da felicidade.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
175
- Proxecto as relixións da angüedade (5º e 6º). Coñecer a relixión de
Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.
- Proxecto O Nadal. Recordar o que celebramos no Nadal e aprender
panxoliñas.
2º - Proxecto da paz. Fixeron unha reflexión sobre os libros ¨Por cuatro esquinitas
de nada¨ (1º e 2º de primaria) e “Wonder, todos somos únicos” (3º, 4º, 5º e 6º) e,
analizaron os sentimentos de “cuadradito” e “Wonder”.
- Proxecto a familia (1º e 2º). Aprenderon que Xesús pertencía a unha
familia, igual que eles forman parte da súa.
- Proxecto Xesús e as parábolas (3º e 4º). Coñeceron algunha parábola de
Xesús, quenes eran os seus amigos, ...
- Proxecto O pais de Xesús (5º e 6º). Descubriron a súa localización, como
se chamaba en tempos de Xesús e na actualidade, como vivían naquela
época, que relixión practicaban,...
- Proxecto A Semana Santa. Recordaron o que celebramos na semana
santa.
3º - Proxecto a igrexa (1º e 2º). Recordaron como é unha igrexa por fora e como
recoñecela, e tamén saber, que ten dentro.
- Proxecto o camiño de Santiago (3º, 4º, 5º e 6º). Coñecer a orixe do
camiño, a importancia do apóstolo Santiago, os distintos camiños (ca
variante espiritual) que levan a Santiago, símbolos, o peregrino,...
Traballar por proxectos, sin utilizar libros de texto, obriga a levar as sesións máis
planificadas. Todos os alumnos de primaria traballaron con fichas adaptadas para
a súa idade segundo os obxectivos que se querían conquerir.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Material humano:
No grupo “C” de infantil, a área de relixión, estivo apoiada pola profesora Cristina
Louzao.
Material tecnolóxico:
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
176
Tabletas (para a procura de información,...), ordenadores (para ver videos sobre
temas que se trataron,...), cañóns, impresora.
Material funxible:
Fotocopias, cartolinas, pintura de dedos, goma eva, plastilina, etc.
Material de reciclaxe:
Caixa de cartón, xornais antigos,...
Material didáctico:
1. Elaborado pola mestra de relixión e polos alumnos, películas (Moisés,...),
videos musicais (parábolas,...), cancións (panxoliñas), libros da biblioteca
do centro.
METODOLOXÍA EMPREGADA
Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda
lingua estranxeira, os valores sociais e cívicos, a relixión católica, o teatro… deben
ser aprendidos dende unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o
profesorado especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a
oportunidade de sentir, vivir e emocionarse coas aprendizaxes.
Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán un
traballo manipulativo, directo, eminentemente práctico e moi conectado coas
vivencias do propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos á música, ó
inglés, aos valores sociais e cívicos, á relixión, aos obradoiros científicos,
matemáticos, lingüísticos e artísticos serán tratados dende unha vertente moito
máis real e significativa: bailes, cancións, ritmos e melodías, dramatizacións,
obradoiros en inglés, proxectos didácticos coordinados entre o profesorado… son
exemplos nos que desenvolvemos determinados contidos destes niveis e das
áreas de coñecemento.
En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis específicas e
cun maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e plans de traballo ou
proxectos nos que se desenvolva o currículo das especialidades de: música, EF,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
177
inglés, relixión e outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en
obradoiros: marquetería, traballo con barro, sesións de ganmificación,
aprendizaxes vivenciais en situacións reais ou simuladas (supermercado, rueiros,
mapas)…etc
AVALIACIÓN
RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS
Destacar as dificultades que se atoparon en moitas ocasións no grupo de
Viñananos C para un desenvolvemento normal da clase xa que, resultou moi difícil
conseguir a súa atención para a realización das diferentes actividades. Os grupos
tiveron unha progresión importante ao longo do curso. O aprendizaxe grupal
axuda a que o ritmo da clase sexa un pouco máis homoxéneo á hora de traballar e
rematar as tarefas. Os alumnos implicáronse na maioría das actividades
acadándose os obxectivos establecidos.
CASOS PARTICULARES A SINALAR
- En infantíl, había varios nenos e nenas a os que lles costaba centrar a
atención.
- En primaria, había alumnos a os que lles resultou difícil seguir o ritmo da
clase polo que o traballo grupal favoreceulles. Tamén houbo que resolver
algúns conflictos nas relacións interpersonais entre alumnos que foron
mellorando a medida que avanzaba o curso .
DOS RESULTADOS DO ALUMNADO
Na área de Relixión Católica, o currículo, foi desenvolvido na sua totalidade e
todos os alumnos e alumnas lograron a consecución dos obxectivos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
178
DA COORDINACIÓN DOCENTE
Realizouse unha coordinación mensual por ciclo entre titores e especialistas,
sendo moi positiva para o intercambio de opinións e levar un bo seguimento do
alumnado.
DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Nesta área, non houbo ningún alumno/a coa necesidade de establecer medidas
de atención á diversidade.
DA METODOLOXÍA EMPREGADA
Mellorou con repecto ao curso anterior xa que, os alumnos e alumnas tiveron
unha función mais autónoma con actividades que tamén espertaron a súa
creatividade.
AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Informouse a os alumnos, a o comezo do curso e durante o mesmo, dos
criterios de cualificación que se ían ter en conta para avaliar e, fíxose un
seguimento continuo en cada sesión recollendo datos do alumnado.
AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.
Procurarase corrixir e mellorar algúns aspectos de cara ao vindeiro curso.
AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.
Dende a área de Relixión e seguindo co proxecto educativo de centro,
demostrouse que o alumnado sigue mellorando e espertando unha serie de
“sentimentos” coa aprendizaxe.
QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE
- Facer un esforzo por coordinar as saídas para que a mestra de relixión
poida acompañar a os alumnos cando se trata de ver “in situ” algo
traballado na clase de relixión e coordinado con outras áreas.
- Intentar coordinar as asignaturas de valores e relixión católica en temas
puntuales como por exemplo a paz.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
179
- Visión de actividades da área de Relixión Católica na páxina web do centro.
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
- Procurar unha maior motivación dalgúns alumnos e seguir concienciándoos
na importancia do esforzo para a consecución de obxectivos.
- Necesidade de información para poder colgar na páxina web do cole: fotos,
traballos, videos,…, das actividades feitas na clase de Relixión.
- Visión e presenza das actividades da área de Relixión Católica.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Necesidade de formacion no centro sobre o acoso escolar ou a resolución
de conflictos, temas fundamentais para unha boa convivencia no ámbito escolar e
social.
A especialista de Relixión Católica
Mª Josefa Mollinedo García
6.20.- MEMORIA DO PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA: “PEGADAS...”
Este proxecto que leva por nome “PEGADAS...” e que foi levado a cabo
durante este ano entre o alumnado do CEIP Viñagrande-Deiro e o CEE de
Vilagarcía de Arousa converteu ao alumnado de ambos centros en guías de
camiños virtuais.
Realizamos un roteiro da Casa Museo de Valle Inclán en realidade virtual
coa utilización de fotografías 360º e realidade aumentada. Toda a información que
aparece neste roteiro está en galego, deste xeito, quixemos garantir, que o
alumnado recoñeza o valor da nosa lingua e como esta ten un uso actual,
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
180
moderno e tecnolóxico. Tamén achegamos a información en linguaxe de signos,
dando así un pasiño máis de cara a accesibilidade e a integración e normalización
das persoas con diversidade funcional.
Os diferentes medios que se utilizaron para a realización destes produtos
son do máis actual, e a posibilidade que estes medios foran empregados polo
alumnado tivo un compoñente motivacional a destacar.
Todas as actividades que se propuxeron neste proxecto conseguiron que o
alumnado gozase ao realizalas e outras veces é a saída que teñen ao exterior o
que fai que medre no alumnado o interese e a motivación. Con estas actividades
garantimos unha plena inmersión en galego na realización das actividades, na
planificación para darlle saída e na mesma saída, e todo isto cunha motivación
extra pola utilización de dispositivos móbiles, cámaras 360º,.... A utilización dos
dispositivos móbiles facilitounos a posibilidade de utilizar diferentes apps
relacionadas coa gravación, edición,... Deste xeito, tamén estamos garantindo
unha educación dixital non soamente ao alumnado senón tamén a comunidade
educativa que participa e é coñecedora deste proxecto.
Os obxectivos que se traballaron como resposta ás necesidades detectadas
foron os seguintes:
● Fomentar o uso da lingua galega como lingua oficial do centro tanto oral
como escrita, na realización das tarefas e na saída destas ao exterior.
● Garantir a presenza do galego coas novas tecnoloxías.
● Propiciar a aprendizaxe e goce coa realización de actividades con estes
medios tecnolóxicos empregando como lingua vehicular o idioma galego.
● Facer accesible a nosa cultura e contorna ás persoas con diversidade
funcional.
O alumnado, mesturados en idades distintas, desenvolveu a súa
aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia metodolóxica, a aprendizaxe
baseada en servizos (ABS). Esta aprendizaxe facilitou enormemente a
consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso alumnado: son
motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos, parten dos
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
181
intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos escolares
e unha aprendizaxe integral.
Todo o alumnado contou cun espazo nos centros para realizar este
proxecto, cos recursos necesarios para desenvolvelo, unha tea para gravación en
croma, dispositivos móbiles, micrófonos de ambiente, luces de estudo e un
ordenador cun programa de edición.
Á realización das diferentes actividades temos que engadirlle todas aquelas
que se realizan con anterioridade nas aulas e que son o xerme do produto final.
Este proxecto realizouse durante o curso 2017-18 ca posibilidade de darlle
continuidade no tempo. Realizamos reunións quincenais para compartir
información do proxecto e de todos os cambios, melloras,... que foron xurdindo
entre os dous centros.
Dende o CEIP Viñagrande-Deiro e o CEE de Vilagarcía de Arousa, estamos
convencidos dos beneficios para o alumnado tivo a creación deste espazo de
colaboración entre centros e de darlle continuidade a este proxecto e a futuras
iniciativas en común.
Para finalizar mencionar e agradecer a todo o alumnado que participou
neste proxecto, alumnado de diferentes etapas educativas, infantil, primaria e
alumnado pertencente á etapa de transición á vida adulta a súa implicación e as
gañas por facer un fermoso proxecto que amosamos a continuación.
https://www.thinglink.com/video/1018249040455794690
“PEGADAS...”
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
182
O coordinador
Sergio Rosales López
6.21.- MEMORIA DO PFPP: INTEGRACIÓN CURRICULAR DA ROBÓTICA E A
PROGRAMACIÓN
CARACTERÍSTICAS DO CONTEXTO NO QUE SE DESENVOLVEU O
PROXECTO
O proxecto estivo orientado á etapa de Educación Primaria. No primeiro
ciclo a aprendizaxe baseada en proxectos e no segundo e terceiro ciclo ao
contexto matemático cos diferentes retos que se plantexan. Tamén tivo cabida na
parte específica deste segundo e tercer ciclo na área das matemáticas.
XUSTIFICACIÓN DAS VARIACIÓNS INTRODUCIDAS CON RESPECTO AO
PROXECTO INICIAL
A variación máis destacada é a implementación no primeiro ciclo de
Educación Primaria así como nas diferentes titorías de 3º, 4º, 5º e 6º na área de
matemáticas.
OBXECTIVOS ACADADOS
Planificar, deseñar desenvolver e avaliar accións formativas de aula no
marco da integración curricular da robótica, a programación e a perspectiva
maker.
Planificar, deseñar desenvolver e avaliar accións formativas de aula no
marco de materias de libre configuración de centro en 4º ou 6º de EP.
Integrar accións educativas extraescolares e complementarias STEAM no
proxecto educativo do centro.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
183
PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES
Solución de problemas e pensamento baseado no deseño.
Creatividade e perspectiva maker na Educación Primaria.
METODOLOXÍA
A metodoloxía que se emprega é a aprendizaxe colaborativa dentro de
diferentes retos que se plantexan, estos retos crean situacións de aprendizaxe
diversas nas que non soamente se fai referencia á robótica, senón ten cabida o
deseño 3D, creatividade,...
ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS
Os recursos materiais están localizados no contexto matemático por ser
este un lugar onde se sitúan todos os materiais tecnolóxicos pero estes son de
fácil acceso para o resto do alumnado. Dende este lugar o alumnado accede a
eles así como os diferentes titores.
Si falamos dos recursos humanos, temos que mencionar a gran cantidade
de apoios que se realizan nos diferentes cursos e contextos polo que
continuamente temos mestres e mestras formados e formadas en robótica polos
diferentes espazos polo que a incorporación desta faise dunha maneira moito máis
fácil.
TEMPORALIZACIÓN
A temporalización no contexto matemático é evidente e nos diferentes
proxectos que se desenvolven neste contexto a robótica está presente en algún
dos recantos que se crean.
O alumnado vai pasando por este recanto en grupos de catro e ao longo
dos seis días que dura o proxecto sempre hai alumnado traballando robótica.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
184
Neste último proxecto realizado tres dos catro recantos estaban adicados á
robótica.
No que fai referencia ao primeiro ciclo esta non está presente dunha
maneira tan continuada e si nalgún proxecto que outro.
PROCESOS E CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN DO PROXECTO
O proxecto avalíase coa incidencia do mesmo nas diferentes aulas,
especialmente no contexto matemático.
A día de hoxe podemos constatar que un dos criterios que facía referencia
ao uso da robótica neste contexto vese ampliamente superado polas expectativas
que tiñamos de principio.
Outros dos criterios que facían referencia ao traballo de diferentes contidos
coa robótica ou a motivación do alumnado con esta nova ferramenta tamén
acadan un resultados mellor do esperado.
CONCLUSIÓNS: LOGROS E INCIDENCIA NO CENTRO
Como conclusión máis destacada é a normal convivencia da robótica na
aula como unha ferramenta máis. Ferramenta destacada polo uso que se fai da
mesma e o gran número de posibilidades que nos ofrece.
O coordinador
Sergio Rosales lópez
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
185
6.22.- MEMORIA OBSERVA_ACCIÓN
INTRODUCCIÓN
A necesidade de madurar e enraizar o iniciado, a necesidade de continuar
formándonos, a necesidade de avaliar as estruturas que se están desenvolvendo
no noso centro, a necesidade de observar e vivenciar en primeira persoa outras
maneiras de traballar no ensino infantil e primario levounos a participar desta
interesantes convocatoria.
Coñecedores de que o profesorado do século XXI debe estar nun constante
proceso de formación e transformación continuada, dende o CEIP de Viñagrande
Deiro quixemos formar parte desta convocatoria para continuar co noso proceso
de cambio innovador achegándonos a outras realidades observando (e
analizando) e se é preciso introducir modificacións en determinadas iniciativas no
noso centro que será necesario analizar con profundidade e profesionalidade.
Foi para nós unha oportunidade que non quixemos desaproveitar xa que, ao igual
que nos definimos como “en continuado estado de cambio”, somos conscientes
que só se pode crecer profesionalmente entrando en realidades diferentes,
valorándoas, aprendendo delas e levándoas, con moderación e calma, á nosa
realidade propia.
A liña escollida polo noso centro neste programa de innovación educativa
Observa_Acción é Innova_Acción: Competencias, formación e innovación e
educador e guía, novas propostas didácticas, metodolóxicas e de avaliación.
De todas as liñas ofertadas cremos que é esta a que máis necesitamos.
Sabedores de que os centros educativos deben estar en continua actualización,
debemos dar resposta ás novas demandas sociais e iso só seremos capaces de
facelo se iniciamos procesos de observación, reflexión e acción.
A toma de decisións para o establecemento de cambios metodolóxicos, na
avaliación, na función docente e na organización e funcionamento do centro só
serán posibles despois dun proceso de estudo amplo, serio e responsable.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
186
LOGRO DOS OBXECTIVOS
Obxectivos para a modalidade de equipos directivos
- Observar en directo o papel do alumnado na súa aprendizaxe no interior das
aulas.
- Analizar a acción educativa no interior das aulas
- Contrastar con outros centros a aposta que se está facendo
- Cuantificar a avaliación das propostas
- Modular a acción docente
- Reconfigurar o proxecto
- Apostar por novas propostas
Dalgún xeito podemos dicir que os obxectivos citados anteriormente
relativos á modalidade de equipos directivos cumpríronse, inda que debemos
matizar que en diferentes graos.
Puidemos observar no interior das aulas, dos colexios que visitamos, tanto
o papel do alumnado como o do profesorado. Puntualizando que nun só día, a
observación é moi reducida limitándose a unha experiencia puntual.
Si houbo a posibilidades de reflexionar xunto cos membros do claustro dos
centro observados, sobre o conveniente de apostar por unha reforma profunda da
educación e as liñas fundamentais que deberiamos seguir.
Por outro lado, comentar que non é fácil cuantificar a avaliación das
propostas obtendo datos obxectivos.
A observación directa doutras realidades sempre invita á reflexión e a toma
de decisións, co fin de introducir novas propostas ou polo menos variar as xa
existentes.
Obxectivos para a modalidade docente.
- Perfeccionar a labor docente no marco do proxecto educativo a desenvolver
- Reflexionar sobre o que é digno aprender
- Repensar a capacitación profesional docente
- Valorar o cumprimento do que o proxecto defende.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
187
- Ver outras maneiras de actuar e traballar no interior das aulas.
Na mesma liña que o comentado no apartado anterior a consecución dos
obxectivos é positiva, inda que uns obxectivos foron máis exitosos que outros.
Esperamos que o observado nos outros centros nos axude a perfeccionar a
nosa labor docente. Aspecto que iremos observando fundamentalmente ao longo
do vindeiro curso.
Si é unha realidade actual que o noso claustro está reflexionando
profundamente sobre que é o que realmente debe aprender o noso alumnado e
que capacidades deben desenvolver ao longo da súa escolaridade, co fin de ser
quen de adaptarse ás realidades que se lle presenten.
Ver en directo outro xeito de facer sempre fai que “repenses” a túa propia
labor como docente. Sendo consciente da realidade do teu propio espazo
educativo, das túas propias capacidades e limitacións buscando realizar os
cambios oportunos que te guíen para seguir avanzando como docente.
Sen dúbida un obxectivo que si se conseguiu foi ver outras maneiras de actuar e
traballar no interior das aulas doutros centros.
XERACIÓN DE LAZOS DE CONTINUIDADE ENTRE CENTROS
É evidente que un dos maiores enriquecementos da participación neste
proxecto é a rede que estamos construíndo entre os centros.
A estreita relación existente, e reforzada a partires da participación en
Observa Acción, permitiu afondar moito no desenvolvemento dos Proxecto
Educativos de cada centro. A día de hoxe estamos compartindo moitas das
iniciativas que se están desenvolvendo nos outros centros, compartimos
comunicación directas, experiencias didácticas e pedagóxicas, visitas a
centros…etc.
Foi e seguirá sendo un verdadeiro enriquecemento profesional e persoal
para todos nós.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
188
PROPOSTAS DE MELLORA
En canto á guía de observación en aula comentar que ter unha guía sempre
fai que te orientes en puntos en concreto que observar, pero o certo é que
consideramos que cada quen se centra en observar o que máis lle interesa o máis
salientable. Polo que a guía realmente serve para completar o trámite burocrático.
Por outro lado, cabe resaltar que a guía está orientada á observación das titorías
sen ter en conta as diferentes especialidades.
CONCLUSIÓN
Estamos moi interesados en consolidar e fomentar a formación do
profesorado a través da observación dos nosos iguais, por considerala a
formación máis efectiva e máis próxima á realidade dos procesos de ensino-
aprendizaxe, ben sexa a través dos PFPP ou doutros modos de formación.
Somos conscientes de que o noso centro está nun proceso de cambio profundo
cun PE específico grazas a este tipo de formación e a que outros centros nos
abriron as súas portas cando o solicitamos e o consideramos de interese.
A coordinadora
María Castro Nine
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
189
6.22.- MEMORIA FARO DA ESCOLA
INTRODUCCIÓN
Faro da Escola é o proxecto editorial de Faro de Vigo que pretende achegar a
prensa e os xornais aos centros educativos. A importancia da información e a
maneira de facer xornalismo en diferentes soportes, son os eixos vertebradores
deste proxecto educativo.
Faro de Vigo, como periódico local que é, trata desta forma de fortalecer o
vínculo entre prensa de proximidade e educación, e para iso propón aos centros
educativos a realización dun xornal.
Esta III edición dirixiuse de novo aos alumnos de Educación Primaria dos
colexios das cidades de Vigo e Redondela e por primeira vez de Pontevedra. A
maiores destas habilitáronse 8 prazas para centros do resto da provincia de
Pontevedra que é onde ten cabida a nosa participación deste curso. O
desenvolvemento do mesmo realizouse entre os meses de outubro de 2017 e
maio de 2018.
MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Para participar neste proxecto foi necesario contar cos seguintes materiais:
- Ordenadores
- Tablets
- Cámara de fotos
- Impresora
Ademais deste material tecnolóxico o alumnado tamén tivo que botar man de
material funxible de uso diario: cadernos, lápis, goma, bolígrafo…etc.
Por último, todo o alumnado de 3º a 6º participou activamente na elaboración de
noticias en base a un modelo de plan de traballo específico para a creación do
xornal escolar “A xanela de Viñagrande” que foi a base do xornal entregado para o
proxecto de Faro da Escola.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
190
METODOLOXÍA EMPREGADA
Dous alumnos de 3º, 4º, 5º e
6º desenvolveron os martes e os
xoves o traballo nos medios de
comunicación do centro. Neles está
o espazo dedidado á prensa escolar
onde o alumnado tiña que seguir un
plan de traballo deteminado e que a
continuación se detalla:
Todas as actividades teñen un
paraqué en sí mesmas, unhas veces
é gozar ao realizalas, e outras veces
na saída que teñen cara ao exterior
a través dos medios de
comunicación: radio, prensa, televisión, internet, exposicións, presentacións,
representacións, debates, etc. Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás
actividades, os medios de comunicación fan que medre o interese e a motivación.
O tipo de saída que teñan as actividades
determinará a planificación, a responsabilidade
do alumnado e o uso de recursos. Contamos
cun espazo no centro no que colocamos os
recursos necesarios para desenvolver nel
programas de radio, televisión, elaboración da
prensa escrita e confección e edición dun
caderno de bitácora online. Este espazo ten un
grupo asignado cada dous días e conta cuns
mestres que diariamente pasa a xornada lectiva
nese espazo.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
191
Para a elaboración do xornal que se presentou ao proxecto Faro da Escola
seleccionáronse as novas elaboradas polo alumnado ao longo do curso e
categorizáronse en función das seccións creadas no xornal: infantil, primaria,
artística, móvete máis e mellor, literatura creativa, a nova científica, retos
matemáticos, para saber máis, festexando…etc.
O resultado final foi un xornal a través do cal se puideron ver as actividades
que se desenvolven no centro e as novas redactadas polo propio alumnado.
Para acceder, premer na imaxe anterior.
AVALIACIÓN
O traballo desenvolvido tivo os seus pros e contras:
- Segundo informacións do propio alumnado facíase moi aburrido traballar
sempre o mesmo plan de traballo (a noticia). O alumnado esixe que o
xornal teña diferentes seccións e que cada vez que lle toque ao alumnado
traballar no xornal escolar poidan facer diferentes seccións e non só a
redacción de noticias periodísticas.
- Por outra parte, tamén temos que considerar o bo resultado que tivo esta
proposta para a mellora da competencia lingüística no eido escritor. Sobre
todo ao alumnado máis novo que contou coa axuda de compañeiros/as
maiores que o axudaban a escribir moito mellor.
- Manifestamos como moi positivas as visitas que se achegaron ao cole por
mor da participación neste proxecto e cremos que é o elemento máis
enriquecedor.
- Dende a perspectiva docente cremos que a participación en Faro da Escola
só supuxo un extra de traballo para o profesorado á hora de maquetar ben
o xornal segundo as indicacións que se establecían na convocatoria.
Pensamos que non é necesario participar neste tipo de concursos xa que
actualmente xa contamos no noso centro coa infraestrutura necesaria para
abordar a creación de xornais escolares de calidade.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
192
PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO
Inda que non consideramos necesario a participación neste proxecto para o
vindeiro curso, si que pensamos nunha serie de propostas de mellora no referido
ao xornal escolar do centro A XANELA DE VIÑAGRANDE:
- Deseñar diferentes plans de traballo axustados ás diferentes seccións que
puidera ter o novo xornal escolar: entrevistas, pasatempos, xogos, seccións
específicas de cada nivel, etapa ou especialidade, curiosidades, deportes…
- Que os responsables da redacción do xornal conten con traballo
previamente para que eles o editen e maqueten no xornal escolar definitivo.
- Utilizar un procesador de textos que ofreza máis posibilidades que Canva.
O alumnado debe coñecer as innumerables ferramentas coas que contan
procesadores de texto como Word, Writer, Pages…
- Imprimir un xornal cada mes e repartir copias nas aulas para que o
alumnado poida levar á casa cada día. Así as familias poderían ler o xornal
do mes anterior cando lle toque ao seu fillo levalo para a casa.
- Que todos os niveis participen na elaboración do xornal escolar con páxinas
específicas mensuais que, unha vez maquetadas, serán entregadas aos
responsables para que as coloquen no xornal a imprimir.
- Nomear un mestre/a responsable do xornal escolar que tería as funcións de
realizar o seguimento, corrixir, organizar as quendas, imprimir, conseguir a
participación de todos os niveis, aportar ideas…etc.
- Deseñar páxinas do xornal nas que as familias tamén puideran participar.
NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS
Será necesario formar a todo o profesorado nas novas seccións do xornal e
tamén na maneira que dende as titorías se pode participar na elaboración do
xornal escolar mensual.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
193
Se conseguimos ter isto claro poderiamos conseguir un xornal escolar moito máis
elaborado e no que participe toda a comunidade educativa do centro.
O coordinador do proxecto Faro da Escola
Javier García García
6.23.- MEMORIA CRE.AP.CION 4.0
INTRODUCCIÓN
O que a continuación describimos é o relato do traballo desenvolvido no marco do
proxecto CRE.AP.CIÓN 4.0 no que estivemos traballando dende o CEIP de
Viñagrande Deiro (os responsables dos contextos de aprendizaxe lingüístico,
matemático, científico e humanístico), o CEP Santa Tegra (a través do titor do 3º
nivel de Educación Primaria), as mestras que actualmente desenvolven o seu
traballo na aula hospitalaria do Hospital Álvaro Cunqueiro e na Unidade de
Oncoloxía Pediátrica do citado centro sanitario e os responsable do propio
hospital.
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
FASE INICIAL
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
194
Dende o pasado 8 de xuño, día no que se resolveu o IV Concurso Proyecta
Innovación, o traballo desenvolvido polos responsables do proxecto CRE.AP.CIÓN
4.0 foi moi intenso:
- Unha vez rematado o curso tivemos varias xuntanzas cos responsables da
Unidade de Oncoloxía Pediátrica e o director de Procesos Asistenciais do
Hospital Álvaro Cunqueiro para determinar como podiamos executar o
proxecto que, naqueles momentos, tan só era un soño para todos nós.
Daquelas xuntanzas saíu a petición por parte do Hospital e dos docentes
responsables da execución do proxecto da elaboración dun primeiro
borrador do que podería chegar a ser o Proxecto Educativo do Hospital
Álvaro Cunqueiro.
A idea era determinar nese primeiro documento cales serian as
condicións que debera reunir a atención educativa de todo o alumnado (en
idade de escolarización obrigatoria) hospitalizado, fose cal fose a súa
doenza: oncoloxía, traumatoloxía, hospitalizacións breves...etc.
Así, e en función do tipo de alumnado a atender, considerouse
oportuno inserir naquel documento base unha serie de propostas que
habería de intentar acadar:
a) Conseguir duas mestras: unha para a aula hospitalaria e outra
para a aula onde se traballaría co alumnado da Unidade de
Oncoloxía Pediátrica (xa que non se poden mesturar por
condicións de saúde moi específicas).
b) Conseguir que o alumnado da Unidade de Oncoloxía Pediátrica
tivese a oportunidade de contar cunha aula específica para eles
con espazos ben definidos (matemático, lingüístico, científico, dos
medios de comunicación e humanístico) onde poder realizar,
cando as condicións de saúde o permitiran, os plans de traballo
que compartiriamos con eles dende os dous centros
c) Deseñar propostas de intervención máis activas para este
alumnado onde tivesen a oportunidade de sentir que outros nenos
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
195
doutros centros querían compartir vivencias e experiencias
didácticas e non didácticas con eles.
O documento foi presentado ante os responsables do Hospital que fixeron o
traslado do mesmo á administración educativa para que puideran contar cunha
mestra a tempo completo para a Unidade de Oncoloxía Pediátrica e así garantir,
por primeira vez na historia da sanidade galega, que este alumnado puidera ter
unha mestra que os axudara a realizar proxectos compartidos con outros nenos e
nenas.
Grazas, polo tanto, a este proxecto, o hospital e o alumnado hospitalizado
conta con dúas mestras.
Unha vez acadado este obxectivo principal, foi momento para trasladar á
adminstración educativa a proposta que estabamos deseñando para a mellor
atención educativa ao alumnado hospitalizado. Daquela, a inicios de curso, fomos
chamados para acudir a unha xuntanza cos Conselleiros de Educación e
Sanidade, a inspección educativa e responsables do Hospital Álvaro Cunqueiro
para comentar dun xeito máis pormenorizado as actuacións a desenvolver no
marco do proxecto.
Daquela xuntanza saiu o compromiso das mestras, do hospital e dos
responsables da administración educativa a apoiar e desenvolver o proxecto
CRE.AP.CIÓN 4.0 durante este ano e continuar, en vindeiros cursos se se
estimara positivo, o Proxecto Educativo presentado e que contiña outras
realidades máis amplas: metodoloxía, espazos da aula na Unidade de Oncoloxía
Pediátrica, avaliación, materiais funxibles, didácticos e tecnolóxicos, recursos
humanos..etc.
RECURSOS E MATERIAIS EMPREGADOS
Con respecto aos recursos, o hospital Álvaro Cunqueiro apoiou fortemente
polo uso da tecnoloxía tal e como nós nos propoñiamos e decidiu investir neste
apartado fortemente para contar dende xa con unha loxística tecnolóxica moi
importante (tabletas, robótica, materiais de RV, aplicacións de alto potencial
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
196
educativo para utilizar co alumnado...) que, cremos, non existe en ningún sitio a
nivel de calidade e tratamento metodolóxico.
Nas aulas dos dous centros tamén contamos con numeroso e variado material
didáctico, funxible e tecnolóxico aportado polo propio centro, conseguido grazas a
aportación económica do concurso e cedido polo propio hospital para iniciar o que
puidera ser un proxecto de gran envergadura.
A continuación especifícanse os materiais e recursos empregados no CEIP de
Viñagrande Deiro:
Ao longo deste curso no Contexto Lingüístico, e tamén no marco do
proxecto CRE.AP.CION 4.0, empregamos os seguintes recursos:
e) Humanos: Contamos co apoio da mestra de PT e de varios mestres que se
achegaban a axudar en determinadas actividades que se desenvolven no
contexto.
f) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos
desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, ordenadores,
portátiles, variadas apps e software informáticos para a edición de textos,
audios, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo, a radio escolar, a
impresora...
g) Funxibles: A integración das TIC estivo aparelladas ao uso de recursos
funxibles básicos e usados en toda escola: cadernos, cartolinas,
plastificadores, rotuladores, folios, lápices de cores, bolígrafos, goma,
pegamento, tesoiras...etc.
h) Bibliográficos: Ao seu un contexto no que a literatura e a palabra escrita
está tan presente, tivemos que botar man de numerosos recursos
bibliográficos de diferentes tipos:
- Variados tipos de cómics
- Series de literatura infantil: Bolechas, Gerónimo Stilton, Kika, Os
megatoxos...
- Obras teatrais breves.
- Libros variados de poesía galega e castelá, poesía visual, obxectual...
- Contos clásicos da literatura galega máis contemporánea.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
197
- Obras e biografías de Valle Inclán.
- Revistas de pasatempos lingüísticos.
- Xornais, revistas...
- Páxinas web para o acceso e tratamento da información.
Ao longo deste curso no Contexto Humanístico, e tamén no marco do
proxecto CRE.AP.CION 4.0, empregamos os seguintes recursos:
Ao longo deste curso no Contexto Humanístico empregamos os seguintes
recursos:
e) Humanos: Contamos con mestres de apoio durante algunhas sesións.
f) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos
desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, un ordenador,
diferentes aplicacións e programas informáticos para a edición de textos,
audio, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo...
g) Funxibles: cadernos, folios, lapis de cores, bolígrafos, goma, pegamento,
tesoiras, cartolinas, plastilina, barro, témperas…
h) Bibliográficos: libros temáticos relacionados cos proxectos traballados,
libros de texto empregados como ferramenta de consulta, atlas, mapas,
fichas e plans de traballo...
Ao longo deste curso no Contexto Científico, e tamén no marco do
proxecto CRE.AP.CION 4.0, empregamos os seguintes recursos que
se encontran nos diferentes recantos nos cal a aula está estruturada:
Organización do material didáctico de cada recanto:
Tics: Ordenador de aula e portátil. Catro tabletas Samsung e dúas iPads
Laboratorio: Dous microscopios (un sen luz) e os seus materiais. Obxectos
habituais de un laboratorio: guantes, lupas, pinzas, etc. Líquidos de experimentos.
Pesas. Obxectos específicos para cada proxecto.
Museo: Todo tipo de material funxibles. Goma Eva, cartolinas. E materiais
concretos para cada proxectos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
198
Biblioteca: Libro xerais de ciencia naturais, para recanto libros relacionados co
tema da biblioteca do centro.
Organización dos apoios:
Presencia da PT en vinhagrandes B ó logo de todos os proxectos. E apoio en
vinhamedios B a maioría dos días. Houbo proxectos onde foi precisa a súa axuda
continua con un terminado grupo por necesitades do alumnado e noutros
axudaban todo o proxecto no recanto de biblioteca pola complexidade da
actividade.
As características do Contexto Matemático, e tamén no marco do
proxecto CRE.AP.CION 4.0, fai que sexa necesario contar con diverso
material que foi empregado nos diferentes recantos.
As características do contexto matemático fai que sexa necesario contar con
diverso material que foi empregado nos diferentes recantos.
No momento de programar os diferentes retos tivemos en conta o material que
dispoñemos no centro para garantir o seu desenvolvemento, outro material tivo
que ser comprado pola ausencia do mesmo.
Neste sentido unha posible clasificación sería:
- Material de debuxo: regras, escuadras, cartabóns, compases,
transportadores, escalímetros,...
- Material manipulable: pesas, metros, figuras xeométricas, corpos
xeométricos, fraccións, reloxos, termómetros, calculadoras, reloxo, diñeiro,
regretas, material de base 10, probetas,...
- Material de creación: cartolinas, xeoplanos, bloques lóxicos, policubos,
bloques xeométricos,...
- Material tecnolóxico: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os retos
desenvolvidos, ferramentas tecnolóxicas como tabletas, ordenadores,
portátiles, variadas apps e software informáticos, robots, impresora 3D,
gafas vr, móbiles,...
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
199
- Materiais ou recursos que ofrece o medio escolar e a contorna socio-natural
na que vive o alumnado.
Este material axudou a desenvolver os diferentes retos que se establecían nos
recantos do contexto matemático.
FORMACIÓN ÁS MESTRAS DA AULA HOSPITALARIA.
Para conseguir que o proxecto CRE.AP.CIÓN 4.0 e o enfoque educativo
proposto (e que debería estar máis presente en todos os centros educativos)
puidera comezar con bo pé, decidimos iniciar unha forte aposta formativa.
Participamos en varias sesións de formación e inspiración coas mestras do
alumnado hospitalizado co obxectivo de decidir que tipo de plans de traballo
comezariamos a compartir e como o uso da tecnoloxía ía facilitar que o alumnado
puidese desenvolver proxectos específicos cos que axudar na formación integral
dos seus iguais.
ACTIVIDADES COMPARTIDAS ENTRE O ALUMNADO.
Así, a finais de outubro decidimos iniciamos iniciar o traballo co alumnado.
Algunha das actividades xa compartidas poderedes velas nos seguintes enlaces:
TITORIAIS MATEMÁTICOS:
Enviamos titoriais ao alumnado hospitalizado co obxectivo de que
coñeceran o contido e que nun futuro puideran realizarse titoriais deste tipo
conxuntamente.
https://www.youtube.com/playlist?list=PLsklGKr0W9e-A8_316Ac3OeqWfX3_2gz2
COÑECENDO A VALLE INCLÁN DUN XEITO VIRTUAL:
Este é o resultado final do proxecto "O esperpento virtual de Valle Inclán"
no que mostramos, dun xeito diferente, como era, vivía e escribía este polifácético
e particular escritor da nosa Vilanova de Arousa.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
200
Este producto foi remitido ao hospital para que o alumnado hospitalizado tivera a
oportunidade de percorrer a Casa Museo Valle Inclán a través dunhas gafas de
RV.
Meses despois continuamos compartindo actividades co alumnado
hospitalizado e eles, na medida das súas posibilidades tamén comezaron a
compartir as súas connosco:
Presentacións persoais dos nenos e nenas para coñecernos mellor.
Enviamos estes videos para que o profesorado e alumnado do hospital
Álvaro Cunqueiro puidera coñecernos mellor.
https://www.youtube.com/watch?v=cflQKRkzPEI&list=PLWBKljOhZn4JEfirygt9lOe
Z1S4T7jtjf
Imáxes interactivas e aumentadas.
Dende o Contexto Humanístico enviamos unha serie de imaxes aumentadas para
que o alumando do hospital accedera a determinados contidos relacionados coa
localidade na que vive o noso alumnado.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
201
Tamén dende o Contexto Lingüístico se enviaron unhas adiviñas
tecnolóxicas sobre o mundo das emocións para que o alumnado
hospitalizado puidera xogar e traballar ese mundo tan próximo a todos
como é a xestión emocional.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
202
OBXECTOS 3D E MAQUETAS CIENTÍFICAS (aparatao locomotor, a
célula, azúcar…).
Dende os contextos científico e matemático traballáronse a creación de
obxectos 3D para trasladar posteriormente ao alumnado hosptalizado para que
puidera traballar dun xeito máis manipulativo determinados contidos cucrriculares.
No seguinte enlace e fotografías pódense ver algúns dos traballos que se
presentaron e outros que inda están por enviarlles. Chuza na imaxe inferior para
acceder ao video no que se pode ver como o alumnado do noso centro ensina a
utilizar un programa para traballar coa impresora 3D.
Nas imaxes que seguen pódense ver maquetas realizadas no Contexto
Científico polo alumnado do noso centro. O aparato locomotor, as fontes de
enrxía, a pirámide dos alimentos, a célula e un traballo sobre a cantidade de
azucre que existe en determinados produtos alimenticios foron algunhas das
maquetas realizadas.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
203
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
204
Retos de robótica
No contexto matemático o alumnado do noso centro mantivo
videoconferencias nos que axudaban ao alumnado hospitalizado a realizar retos
cunha linguaxe de programación para que os robots (Mbot e Robobo) realizasen
diferentes retos.
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
205
Actividades de animación á lectura:
Este proxecto xorde no marco do proxecto CRE.AP.CIÓN 4.0 co que
pretendemos compartir determinados recursos educativos co alumnado da
Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Este proxecto pretende achegar ao alumnado hospitalizado unha serie de
propostas que animen a divertirse coa lectura:
Videocontos da literatura infantil galega.
Ler e comentar libros a través da técnica de aprendizaxe cooperativa de
VIC: Lectura Compartida.
Creación de contos a partires de portadas descoñecidas para o alumnado.
Elaboración dunha carta para enviar ás familias onde informarlle dos nosos
dereitos lectores e algunha petición
Para acceder ao traballo compartido, chuzar na imaxe.
O coñecemento do alumnado, dos espazos e da maneira de traballar no CEIP
de Viñagrande Deiro
No IV Encontro Samsung Smart School o Ceip DE Viñagrande
Deiro colleitou un novo premio polo proxecto de modificación dos espacios
educativos no que levamos inmersos nos últimos tres anos: contextos e
minicontextos de aprendizaxe, estética agradable, mellora da biblioteca, medios
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
206
de comunicación, novos corredores, novo proxecto de patio escolar, reforma de
espazos sanitarios...
Enviamos este traballo ao alumnado hospitalizado para que tiveran a
oportunidade de coñecer, visitar o centro e ver como se traballa nel a través
dunhas gafas de RV.
https://www.thinglink.com/video/1042449904032546817
Como percibides, o traballo desenvolvido foi moi intenso. Con altos e baixos
no camiño e coa idea de que pode ser este un proxecto que supoña o inicio dunha
nova maneira de atender, dende o punto de vista educativo, ao todo aquel
alumnado que se atope nunha situación de hospitalización leve e pasaxeira ou
máis grave e longa.
PRESENZA EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN E ESPAZOS DE DIFUSIÓN
EDUCATIVOS EN INTERNET
Durante todo este curso foron un par de veces as que se publicou algún
artigo periodístico sobre o proxecto CRE.AP.CIÓN 4.0
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
207
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/01/14/motivador-nexo-virtual-
coles/1819549.html
http://www.plataformaproyecta.org/es/blog/desarrollo-del-proyecto-cre-ap-cion-4-0
DIFICULTADES DURANTE O PROCESO
Dende a nosa perspectiva foron moitos os esforzos feitos e, a día de hoxe, non
sabemos o que puido fallar para conseguir maior colaboración dentro das aulas
hospitalarias. Algunhas reflexións que facemos son as seguintes:
- Necesidade dun perfil algo máis tecnolóxico no profesorado das aulas
hospitalarias.
- Non se abordou unha comunicación coas familias do alumnado da unidade
de oncoloxía e iso fixo, tal vez, provocou unha menor tensión por parte de
tódolos axentes implicados á hora de levar a cabo o proxecto.
- Necesidade de máis tempo para abordar o traballo que se propoñía na
proposta que fixemos e que incluía a creación dun espazo propio para o
alumnado de oncoloxía.
- Tardanza na adquisición e entrega do material do hospital (manifestamos o
gran esforzo económico que este realizou).
- A mestra que se conseguiu para a aula hospitalaria non exerceu de nexo
entre as aulas do CEIP Viñagrande-Deiro, do CEP Santa Tegra e a aula
hospitalaria do Álvaro Cunqueiro. Esta mestra, dedicouse a colaborar coa
mestra da aula hospitalaria atendendo só a unha parte do alumnado
(principalmente os de ESO e Bacharelato) e deixando de lado o proxecto
CRE.AP.CIÓN 4.0. polo que foi nomeada.
- Falta de maior dedicación dos mestres, por falta de tempo adicado ás
coordinacións entre os executores do proxecto.
Tamén atopamos un erro pola nosa conta. Entendemos que ao non ter
alumnado das nosas titorías hospitalizados, as mestras tiñan que atender as
demandas dos titores dos centros nos que o alumando estaba matriculado e, polo
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
208
tanto, a nosa proposta (no canto de ser prioritaria) converteuse en secundaria no
proceso de aprendizaxe do alumnado e de ensino do profesorado.
Entendemos que este proxecto é moi ambicioso e factible sempre e cando conte
cunha serie de características:
- Titor e mestra da aula hospitalaria teñen que crer nesta maneira de ensinar
e aprender.
- Contar cos medios materiais, temporais e espaciais adecuados.
- Organizar un Proxecto Documental Integrado entre centros e aulas
hospitalarias.
- Dedicación exclusiva do profesorado para este proxecto (como nun
principio contabamos nós).
O responsable do proxecto CRE.AP.CIÓN
Sergio Rosales López
7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á
MEMORIA.
O Consello Escolar foi informado da Memoria do curso escolar 2017 - 2018
o venres día 29 de xuño de 2018.
O Claustro aprobou o contido da Memoria do curso escolar 2017-2018 o
venres día 29 de xuño de 2018.
En San Miguel de Deiro a 29 de xuño de 2018
Asdo. A xefa de Estudos Vº e prace. O director
María Castro Nine Javier García García