Índice - seispés producións creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/catalogo-2019.pdf ·...

27

Upload: others

Post on 19-Apr-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración
Page 2: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

ÍNDICE

ESPECTÁCULOS MUSICAIS• ABANDADALOBA• ABRAHAMCUPEIRO• AIRIÑOSDAFREBA• ANDRÉSPENABAD• CARLAGREEN&THEDEMONS• FALUA• MANOELEDEFELISA• MJPÉREZ• NASTASIAZÜRCHER• ODAIKOEVANESAMUELA• OÎMA• PEPEVAAMONDE

En feminino

En femininoEn feminino

ESPECTÁCULOS TEATRAIS• COUSASDECATRO• INVENCIÓN• MARADIANTE• VAIABANDA!

FORMATOS ADAPTABLES• CONTARESECANTARES• IRMANDIÑAS• LIBERASONS

En feminino

SERVIZOS

En feminino

Músicasdomundo

Blues,Funk&Soul

Tradicional/Folk

Músicadeautor

Page 3: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

ESPECTÁCULOSMUSICAIS

Page 4: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

A banda da LobaXIRA BAILANDO AS RÚASIntegrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de es-critoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxé-neo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu reper-torio un fantástico caleidoscopio musical.

Desde decembro de 2017 están a presentar por toda Galicia o seu primeiro traballo discográfico, “Bailandoasrúas”, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o gran éxito acadado e despois de dar máis de cincuenta concertos nun só ano, afrontan a última parte da xira le-vando a súa música a onde aínda non chegou dentro das nosas fronteiras e tamén fóra delas, dando concertos en Barcelona, Madrid... mentres preparan o seu segundo disco, que sairá en decembro de 2019.

Con menos dun ano de vida como grupo foron ademais gañadoras de importantes premios como o AritmarGalizaePortugalá mellor canción en lingua galega, que compar-tiron con Salvador Sobral como gañador á mellor canción en lingua portuguesa, e finalistas nos Premios Martín Códax da Música na categoría de Canción de autor e nos Premios Opinión na categoría de mellor canción.

Preparadas para un enérxico e reivindicativo directo que non deixa a ninguén indiferente?

Ficha técnicaXénero:Canción de autora / Músicas do Mundo

Elenco:Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Inés Mirás (guitarra), Marcela Porto (percusión) e Xiana Lastra (voz)

Duracióndoespectáculo:75 minutos

En feminino

MÚSICAS DO MUNDO

Page 5: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Abraham CupeiroO home que resucita a música da Prehistoria, construíndo e facendo soar deliciosamente sobre o escenario instrumen-tos de fai máis de 2.000 anos.

ESPECTÁCULOS:

• RESOANDONOPASADO

Unha viaxe no tempo, unha procura das fontes orixinais para comprender a actualidade, creando así un discurso novo e contemporáneo. Un espectáculo didáctico no que a rapa-zada ten a posibilidade de coñecer instrumentos musicais prehistóricos e apreciar a súa orixe i evolución. En resumo, un paseo pola historia e sensibilidade da humanidade.

• PANGEA

Hai uns 200 millóns de anos, no planeta Terra existía un único e xigantesco continente: Pangea. Este comezou a separarse e co paso do tempo deu lugar aos continentes actuais. Pangea é unha viaxe polos distintos continentes que propón a unión destes mediante a música das dife-rentes partes do planeta. Desde a austral Oceania cos ecos das súas caracolas ata as misteriosas montañas chinas, así como a frauta Peule de Senegal, a gaita búlgara e as mile-narias cornas de pastor que coserán o vestido que unirá a Terra.

• SONSESqUECIDOS

O concerto é levado a cabo polo cuarteto dos Sons Es-quecidos. Neste espectáculo, Cupeiro logra transportar ao público a épocas nas que as festividades eran música e alegría, arrincando ao público aplausos interminables.

Ficha técnicaXénero:MúsicasdoMundo

Elenco:AbrahamCupeiro+SonsEsquecidos(AntonioRomeroCienfuegos,CarlosVázquezLópezeGabrielLópezRodríguez)noespectáculocomesmonome

Duracióndoespectáculo:90minutos

MÚSICAS DO MUNDO

Page 6: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Airiños da FrebaAiriños da Freba é unha asociación cultural adicada ao es-tudo, recolleita, investigación e divulgación da música tra-dicional da provincia de Lugo. O conxunto-sexteto Airiños da freba é o froito deste traballo.

A súa proposta: Unha divertida viaxe no tempo pola súa provincia, concretamente aos anos 30, 40 e 50 do século pasado, cando quintetos, diversos conxuntos e orquesti-nas amenizaban as nosas festas. 100% Música tradicional de Lugo para bailar e lembrar con saudade aquelas festas de roupa amidonada, de iluminación con luz “de gas”, ou aquelas ringleiras de bombillas no campo da festa..

Ficha técnicaXénero:Música tradicional

Elenco:Daniel Carballo (Maka) (voz, tambor e percusións), Rebeca Tallón (bom-bo-chis e percusión miúda), Víctor Villamor (gaita), Luís Quintana (saxo soprano), Pablo Pintor (clarinete) e José Manuel Díaz (acordeón)

Duracióndoespectáculo:75 minutos

TRADICIONAL /FOLK

Page 7: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Andrés PenabadTrátase dun dos acordeonistas con máis proxección dentro do panorama folk galego e mesmo estatal. Colaborou con músicos da altura de Carlos Nuñez, Kepa Junquera, Susana Seivane, Luar Na lubre, Xosé Manuel Budiño ou Xabi Aburru-zaga.

O último disco de Andrés Penabad, chamado “Bipolar” está pensado para deleitarse co directo deste músico galego que se atreveu a colocar o acordeón nun lugar solista.

Ficha técnicaXénero:Folk

Elenco:Andrés Penabad, Sergio Sande, Diego Barral

Duracióndoespectáculo:90minutos

TRADICIONAL /FOLK

Page 8: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

CARLA GREEN & THE DEMONSCarla Green & The Demons fórmase en Santiago de Com-postela na primavera do 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun re-pertorio baseado en clásicos de artistas como Etta James, Otis Redding, Wilson Pickett... En definitiva, a época dou-rada de selos como Chess, Stax ou Atlantic Records.

A pesares de ser unha banda de recente formación, está composta por músicos cunha dilatada traxectoria musical dentro de estilos como o blues, o swing ou o jazz. O seu directo pode calificarse sen dúbida ningunha como un dos máis enérxicos e poderosos da escena musical galega, cun-ha “frontwoman” carismática e cunha voz inconfundible.

Ficha técnicaXénero:Soul

Elenco:CarlaGreen(voz),David Tato (guitarra), Fran Sanz (baixo), Xosé Luis Miranda (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería)

Duracióndoespectáculo:75 minutos

En feminino

BLUES, FUNK & SOUL

Page 9: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

FaluaComposto por Sara de Sousa na voz e Gom de Abadim na guitarra acústica, integra no seu repertorio un percorrido polos sons da lusofonía con músicas galegas, portuguesas e mesmo brasileiras.

A formación folk do guitarrista mistúrase coa tradición fa-dista, creando así o estilo que dá unha nova luz a temas que fan parte da historia musical lusófona na voz de veludo de Sousa.

Neste 2019 estrean un novo repertorio que non deixará a ninguén indiferente.

SaradeSousa é unha cantante de formación moderna (es-tudou algún tempo na Escola de Jazz da Coruña) e folk (deu aulas con Mercedes Peón de canto, pandeireta e baile gale-go). É unha apaixonada das músicas tradicionais lusófonas, en especial do fado portugués. Foi cantante de diversas bandas con diferentes estilos: fado (Fado Maior), boleros (Sara de Sousa Trío e Bolero en clave de son) e, actualmen-te, folk (Falua).

GonzaloGoásAmadoé un guitarrista autodidacta. Ten par-ticipado en moitos grupos de raíz tradicional como son A Quenlla, A banda das Crechas, Davide Salvado e Brath. Ac-tualmente é membro de Os d’Abaixo, Tis-che-tein e Falua. Ficha técnica

Xénero:Músicas do Mundo / Músicas da lusofonía

Elenco:Sara de Sousa (voz), Gonzalo Goás (guitarra)

Duracióndoespectáculo:75 minutos

MÚSICAS DO MUNDO

Page 10: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Manoele de FelisaA ESTRADA DA VIDA(20 Aniversario)O cantautor galego Manoele de Felisa celebra con este novo espectáculo 20 anos de traxectoria musical dende o ano 1999 cando adicou o primeiro disco ó seu veciño de Cuntis, o escritor Roberto Blanco Torres. Logo virían outros 6 traballos adicados a poetisas e poetas galegos tales como: Martín Códax, María Mariño, Rosalía Morlán, Xosé Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Castelao, Elisabeth Oliveira entre outros… Sendo este último libro disco “A Estrada da Vida” adicado a Xosé Luna cun estilo pop-folk.

POSTAENESCENA

Un espectáculo orientado a todos os públicos no que interveñen máis de 40 artistas que van dende unha coral polifónica, un grupo tradicional de cantareiras, ou actores que dramatizan diferentes partes do espectáculo, artistas invitados/as como músicos/as ou intérprete de signos e tamén os propios músicos da banda que fan que Manoele de Felisa percorra a historia da música do noso país con temas tradicionáis como (Alalá das Mariñas, Quen puidera namorala, Fisterra …), alternando cos temas máis salientables da súa discografía e do libro-disco “A Estrada da Vida”.

Ficha técnicaXénero:Cancióndeautor/Pop/Folk

Elenco:ManoeledeFelisa,banda+colaboracións

Duracióndoespectáculo:120minutos

CANCIÓN DE AUTOR

Page 11: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Manoele de FelisaHOMENAXE ÓS POETAS(20 Aniversario)O cantautor galego Manoele de Felisa, (premio especial Luar2000, premio Martín Códax 2018 co grupo Limón, premio da cultura de Galcia 2018 con grupo A Roda), celebra con este espectáculo 20 anos de traxectoria discográfica que escomezou no ano 1999 cando adica o primeiro disco ó seu veciño de Cuntis, o escritor Roberto Blanco Torres. Logo virían outros 6 traballos adicados a poetisas e poetas galegos tales como: Martín Códax, María Mariño, Rosalía Morlán, Xosé Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Castelao, Elisabeth Oliveira entre outros… Sendo o último libro disco “A Estrada da Vida” adicado ó escritor Xosé Luna.

POSTAENESCENA

Manoele de Felisa, acompañado da súa guitarra, adéntranos nun paseo cronolóxicamente máxico, na poesía dos trovadores ata os poetas e poetisas contemporáneos, pasando por clásicos coma Rosalía de Castro, Castelao, Paz Andrade, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Curros... Un espectáculo orientado a todos os públicos especialmente recomendado para interiores como salas, teatros, auditorios ou tamén para espacios exteriores recollidos como pequenas prazas ou parques nos que se aconsella a instalación de cadeiras para o público.

Ficha técnicaXénero:Cancióndeautor

Elenco:ManoeledeFelisa(guitarraevoz)

Duracióndoespectáculo:90 minutos

CANCIÓN DE AUTOR

Page 12: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

MJ PérezXIRA CASANDRA(a dúo e con banda)MJ Pérez é unha das novas voces da música galega actual. Defínese como “cantautora”, mais se algo está claro é que non é unha cantautora ao uso, xa que combina no seu repertorio diversos estilos dende o rock-pop ata pezas cun tinte latino. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula máis de 100 concertos por diferentes cidades e vilas galegas e tamén portuguesas. Suma xa tres discos: un auto-editado (Ollos que non ven, síntoma de cegueira) e dous auto-producidos (Guerrilleira e Casandra), e estivo presente tanto en diferentes festivais coma nos principais circuítos musicais de Galicia.

MJ Pérez continúa coa xira do seu último disco (Casandra), un traballo que tivo moi boa acollida alá nos diferentes lugares polos que xa pasou. A artista arzuá presenta un novo repertorio que destaca pola combinación de estilos do máis diversos mais mantendo a esencia característica da cantautora. MJ fai unha simbiose entre todo o novo e algúns dos temas dos seus discos anteriores, mais totalmente renovados.

A música de MJ Pérez bebe da esencia da canción de autor, unha fusión de diversos estilos musicais co predominio do rock-pop. A palabra e a mensaxe dos temas cobra especial protagonismo xunto coa voz de MJ, cargada de personalidade.

En feminino

Ficha técnicaXénero:Canción de autor / Pop / Rock

Elenco:Dúo: MJ Pérez (guitarra e voz) e Ailén Kendelman (percusións e violín) ou Pablo González (teclado e guitarra) - Con banda: MJ Pérez (guitarra e voz), Alberto Rama (batería), Laura Romero (baixo) e Pablo González (teclado e guitarra)

Duracióndoespectáculo:75 minutos

CANCIÓN DE AUTOR

Page 13: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Nastasia Zürcher THE BEAT TOUR (a dúo ou con banda)A cantante e compositora galego-suíza galardoada cun Ga-lician Music Award na categoría de música negra (Premios Martín Códax da Música 2016), segue subindo chanzos e lanza o que xa é o seu segundo álbum de estudo, «BEAT».

Tras 2 anos de xira e lanzamento da súa aclamada ópera prima, o seu álbum debut titulado «My Flight» co que obti-vo moi bo recoñecemento e acollida, presenta o seu novo traballo musical composto unha vez máis integramente por obras propias e para o cal contou coa mirada do produ-tor e músico-compositor galego Adrián Saavedra. Temas de onda moderna e groove descarado que flúe por estilos coma o neo-soul, o R&B contemporáneo e as chamadas músicas do mundo, nunha produción grande e coidada so-bre a que repousa a xa inconfundible voz de Nastasia.

Rodeada de músicos de primeirísima división do panora-ma musical galego e nacional (LAR Legido, Mr. Cool, Adrián Saavedra y Javi GDJazz), e con letras-mensaxes en inglés, galego, francés e castelán que son mantras dunha actitude positiva e reflexiva, dan vida propia ao disco nun directo vivo, elegante e de esencia tropical.

Aséntase con este segundo e dinámico LP unha carreira profesional baseada no bo facer e a liberdade creativa ab-soluta, perfilándolle a esta completa artista unha proxección nacional e internacional coa que seguir compartindo a súa arte e persoal maneira de facer sentir a música.

Ficha técnicaXénero: Neo Soul / Músicas do Mundo / R&B Contemporáneo

Elenco:Dúo: Nastasia Zürcher (voz), Adrián Saavedra (teclados e coros) + Con banda: Mr. Cool (guitarras e coros), LAR Legido (percusión) e Javi GDJazz (ventos)

Duracióndoespectáculo:80 minutos

En feminino

BLUES, FUNK & SOUL

Page 14: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Odaiko e Vanesa MuelaEspectáculo de Odaiko na compaña de Vanesa Muela, artista admirada na escena musical polo seu labor de posta en valor da música tradicional da península ibérica.

Vanesa Muela é cantora, percusionista e estudosa da tradición e, por isto, unha das mellores representantes do folclore ibérico, realizando concertos por Europa e América.

Odaiko é un cuarteto que explora a percusión de forma creativa, ben sexa con instrumentos, con obxectos co-tiás ou co propio corpo, cun rexistro musical de grande harmoniosidade e sensibilidade. A sinerxia musical que acada o ensemble de percusión xunto á artista vallisole-tana nos directos demostra que, na arte, cando o senti-mento é profundo, o resultado é excelente.

Ficha técnicaXénero:MúsicaIbérica/Músicaderaíz/Fusión

Elenco:VanesaMuela(vozepercu-sión),CarlosManí,SergioSande,AntonioOcampo,JuanCollazoePepeVarela(percusión)

Duracióndoespectáculo:60minutos

TRADICIONAL /FOLK

Page 15: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Oîma Oîma pode ouvirse no solpor, cando chegamos á casa e precisamos un fío musical que nos acompañe mentres ti-ramos os zapatos e facemos parte da vida cotiá. Pode es-coitarse, se cadra, antes de chegar á casa, sentados/as en calquera bar de ambiente acolledor, ou incluso nun espazo máis solemne que nos ofreza tranquilidade. Fóra ou dentro de toda casa, de todo bar, de todo espazo, Oîma pode ser simplemente o ritmo que pilota os nosos corpos ao bailar: bailar en círculo, en parellas, xuntos/as o por separado; per-correndo ao compás o país galego e saltando alén del ao son da tradición europea.

Tres instrumentos coas súas diferentes posibilidades e tres instrumentistas coas súas diferentes experiencias conflúen nunha proposta musical concibida tanto para escoitar como para bailar. Combinando acordeón diatónico, violín e clari-nete, ligamos a tradición galega coas doutras latitudes. Así, partindo dos nosos ritmos (muiñeira, xota, maneo, pasodo-bre, rumba) chegamos ata os doutros lugares de Europa e do mundo (tango, bourrée, círculo circasiano, chapeloise, an dro, forró, rachenitsa, mazurca).

Ficha técnicaXénero: Folk

Elenco:Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acor-deón diatónico)

Duracióndoespectáculo:adaptable desde 60 a 100 minutos

MÚSICAS DO MUNDO

Page 16: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Pepe VaamondeA banda de música galega Pepe Vaamonde Grupo leva máis de trece anos de vida e 200 concertos nos escenarios máis representativos do noso panorama musical. O seu espectá-culo é un proxecto artístico baseado nas creacións propias e nunha visión persoal da música do país, que se reflicte nun directo contundente e orixinal.

O prestixioso gaiteiro e frautista xunto coa súa banda arrin-can ao público fortes emocións cheas de novos sabores sonoros.

Ficha técnicaXénero:Folk

Elenco:Pepe Vaamonde, Miryam Gon-zález, Pipo Alvariño

Duracióndoespectáculo:90 minutos

TRADICIONAL /FOLK

Page 17: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

ESPECTÁCULOSTEATRAIS

Page 18: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Cousas de catroInstrumentos do mundo da percusión contemporánea, ele-mentos de nova creación, comicidade nas olladas e xogar co efecto sorpresa son as claves deste espectáculo.

Ficha técnicaXénero:Espectáculo teatral-musical para todos os públicos

Elenco:SergioSande,AntonioOcampo,JuanCollazoePepeVarela

Duracióndoespectáculo:50minutos

Page 19: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

InvenciónNas nosas Invencións, as protagonistas son a novidade, a aprendizaxe por descubrimento, o virtuosismo musical e a conexión co público.

Este espectáculo percorre distintos momentos históricos, facendo un repaso ás grandes invencións da Humanidade. Comeza no S.XVIII e avanza ata chegar á actualidade, men-cionando as afamadas creacións de Johan Sebastian Bach, o compositor que para os musicólogos facía o rock da época, facendo referencia a invencións orixinadas durante procesos como a Industralización, a introdución do plástico na sociedade e outras invencións directamente relaciona-das coa música: a orixe da batería ou doutros instrumentos musicais que naceron fortuitamente grazas á experimenta-ción do día a día.

Na pasada tempada, tivo os seguintes recoñecementos:

* Espectáculo mellor valorado polos espectadores da Pro-gramación Municipal de Artes Escénicas do Concello de Vigo.

* Cheo absoluto do Auditorio de Galicia, dentro da Progra-mación Didáctica de Artes Escénicas que realiza o Concello de Santiago.

* Espectáculo programado durante 3 días seguidos no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do Salón do Libro.

Ficha técnicaXénero:Espectáculo teatral-musical para todos os públicos

Elenco:AntonioOcampo,JuanCollazoePepeVarela

Duracióndoespectáculo:50minutos

Page 20: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Mar adianteOdaiko leva ás táboas a primeira obra publicada por Mª Vic-toria Moreno no 1973, chamada “Mar adiante”.

Trátase da historia dunha mestra que pon escola nun barco, o Arroás. Será neste barco-escola onde nacerán os con-tos, integrando ao público como protagonista da acción. A tripulación-alumnado do barco-escola Arroás é partícipe dos xogos musicais e de animación propostos durante a travesía.

Ficha técnicaXénero:Espectáculo teatral-musical para público infantil-familiar

Elenco:InacioVilariño,BegoñaLorenzoeJuanCollazo

Duracióndoespectáculo:50minutos

Page 21: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Vaia banda!Odaiko recrea un espazo circense, no que os elementos percutivos son ba-quetas que voan, tambores máis grandes do habitual, instrumentos manu-facturados e música do máis virtuosa en directo. Os acróbatas de Odaiko fan deste circo un espectáculo no que o público interacciona espontánea-mente e se achega ao fabuloso mundo cirpercutense.

Trátase dunha volta pola música representativa de cada zona de España, unha viaxe durante a cal os nosos intrépidos embaixadores do ritmo inter-pretan parte da literatura musical característica de cada unha das zonas da península ibérica.

* Existe a posibilidade de realizar este espectáculo xunto cunha banda de música popular.

Ficha técnicaEstilo:Espectáculo teatral-musical para todos os públicos

Elenco:SergioSande,AntonioOcampo,JuanCollazoePepeVarela

Duracióndoespectáculo:50minutos

Page 22: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

FORMATOS ADAPTABLESciclos, festivais, festas...

Page 23: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

Contares e CantaresTrátase dun formato no que se combinan dúas das representacións artísticas máis senlleiras do noso ADN cultural: a música e a narración.

Deste xeito, mesturamos nun mesmo espectáculo estas dúas facetas, a través dun monólogo/teatralización e dunha actuación puramente musical que, combinadas, achégannos ao noso maxín tradicional sumándolle un plus de modernidade e orixinalidade por ofertar propostas actuais e innovadoras.

É un formato aberto e itinerante que contempla varias opcións musicais e narrativas que se poden combinar entre elas en función dos gustos e do presuposto co que se conte e, incluso, ser programadas xuntas ou por separado, nun só día ou en varios en función do que se desexe e ben a modo de ciclo ou como un simple espectáculo a desenvolver nunha única xornada.

Consúltanos e facémosche unha proposta a medida do que precisas.

Ficha técnicaXénero:Espectáculo musical e oral

Elenco:Adaptableásnecesidades

Duracióndoespectáculo:Adaptable ás necesidades

Page 24: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

IrmandiñasMÚSICAS EN PÉ DE FESTABaixo o lema “músicas en pé de festa”, “Irmandiñas” nace co obxectivo de normalizar a presenza de mulleres músi-cas nos carteis das festas e verbenas galegas. Trátase de ofertar unha alternativa de calidade á programación habi-tual neste país para este tipo de eventos e coa posibilida-de de deseñar un cartel variado e sen moito esforzo para as organizacións, xa que se trata dun formato totalmente pechado no que nos encargamos da produción técnica e artística, o deseño gráfico, a comunicación... para que todo saia o mellor posible.

As bandas encargadas de poñer a festa son Habelas Hai-nas, Oîma, Sacha na Horta e The Tetas’ Van, catro for-macións cunha traxectoria máis que probada no noso panorama musical e que ademais ofrecen estilos musicais diversos dirixidos a un amplo perfil de público tanto en gustos como en idades.

As opcións son múltiples e variadas, tanto en horarios (sesión vermú, noite, sesión vermú e noite...) como no nú-mero de grupos a contratar (sendo sempre un mínimo de dous).

Non dubides en consultar e facémosche unha proposta adaptada ás túas necesidades.

Ficha técnicaXénero:Espectáculo musical / Festa/ Verbena / Folk / Bravú / Rock

Elenco:Habelas Hainas, Oîma, Sacha na Horta e The Tetas’ Van

Duracióndoespectáculo:Adaptable

En feminino

Page 25: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

LiberaSonsComo o seu propio nome indica, LiberaSons é un espazo musical de liberdade. Con formato de festival totalmente adaptable en horarios, duración, programación..., acolle a todo tipo de grupos musicais que sexan dalgún xeito rompedores de estereotipos na escena musical galega: grupos maioritariamente femininos, reivindicativos, innovadores... segundo o requiran as circunstancias e o que esteas a buscar.

Comunicación, produción... todo corre da nosa conta. Só tes que falar con nós e informámoste.

Ficha técnicaXénero:Espectáculo musical / festival

Elenco:Adaptableásnecesidades

Duracióndoespectáculo:Adaptable ás necesidades

Page 26: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

SERVIZOS OFERTADOS

Page 27: ÍNDICE - Seispés Producións Creativasseispes.com/wp-content/uploads/2019/02/CATALOGO-2019.pdf · (trombón), Martiño Mato (saxo tenor e barítono) e LAR Legido (batería) Duración

• Equipos de son e luz

• Escenarios

• Programación e produción cultural e de eventos

• Deseño gráfico: cartelaría, trípticos e folletos, maquetación, imaxe coorporativa...

• Vídeo: vídeos de eventos, vídeos coorporativos, vídeos musicais...

• Comunicación: xestión de redes sociais, comunicación coorporativa, organización de eventos e roldas de prensa...

Seispés Producións Creativas SL e Odaiko Krea SL son dúas empresas que deciden aliarse á hora de traballar co fin de complementarse e sumar, aportando cada unha a súa experiencia nos seus ámbitos de traballo e conseguir ofertar un servizo completo, adaptado ás necesidades de quen contrata e de calidade. A continuación, detallamos os diferentes ámbitos de traballo, con servizos dirixidos tanto a clientes particulares como a institucións:

DATOS DE CONTACTO

OdaikoKrea:[email protected] / www.odaiko.es SeispésProduciónsCreativas:[email protected] /www.seispes.com