nutrición animais

35
Profesor: Adán Gonçalves

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 02-Jul-2015

251 views

Category:

Education


3 download

DESCRIPTION

Nutrición animal. O aparello dixestivo. Nivel 1º Bacharelato

TRANSCRIPT

Page 1: Nutrición animais

Profesor: Adán Gonçalves

Page 2: Nutrición animais

1. A NUTRICIÓN HETERÓTROFA

Todos os seres vivos precisan realizar un intercambio de materia e enerxía

para levar a cabo as funcións vitais.

A nutrición son o conxunto de procesos polos cales os organismos toman

substancias do exterior e transfórmanas en materia propia e enerxía.

A alimentación é o proceso de tomar alimentos e está incluido dentro dos

procesos da nutrición.

Os alimentos son as substancias que inxiren os seres vivos para obter

materia e enerxía.

Os alimentos conteñen substancias máis simples chamadas nutrientes que

son incorporadas ás células. Os nutrientes poden ser orgánicos (glícidos,

lípidos e proteínas) ou inorgánicos (auga e sales minerais).

Os animais teñen unha nutrición heterótrofa xa que precisan tomar materia

orgánica elaborada (doutros organismos ou dos seus restos), xa que son

inacapaces de fabricala eles mesmos.

Page 3: Nutrición animais

1.1. Procesos da nutrición

Nos heterótrofos máis sinxelos o intercambio de materia e enerxía ocorre

directamente entre as células e o medio que as rodea, como sucede en todos os

unicelulares, e incluso nos pluricelulares máis simples como poríferos ou cnidarios o

proceso é moi similar.

En animais máis complexos esto non é efectivo, e precísase un sistema de absorción

e transporte eficaz para levar os nutrientes a todas as células. O proceso realízase

en varios pasos:

Dixestión: transformación dos alimentos en nutrientes que pasan do aparello

dixestivo ao sangue que os transportará a todas as células.

Intercambio de gases: captación do O2 que se necesita para o metabolismo

aerobio e eliminación do CO2 producido neste proceso. Faino o aparello respiratorio.

Transporte: Os nutrientes e o O2 son levados cara as células e as substancias de

refugallo e o CO2 son recollidos para ser expulsados fóra do organismo. Realiza este

proceso o aparello circulatorio.

Metabolismo: uso dos nutrientes dentro das células para obter enerxía e materia

propia.

Excreción: eliminacións dos refugallos procedentes na súa maioría do metabolismo

celular. Faino o aparello excretor.

Page 4: Nutrición animais

1.2. Procesos no aparello dixestivo

Os procesos dixestivos que ocorren no aparello dixestivo nos permiten captar

o alimento e transformalo en nutrientes (substancias útiles) para as células e

expulsar os refugallos.

Fases do proceso dixestivo:

1. Inxestión: toma do alimento do exterior.

2. Dixestión: é a descomposición do alimento para obter os nutrientes.

3. Absorción: paso dos nutrientes dende o aparello dixestivo ata o sangue para

levalos a todas as células.

4. Exestión: eliminación dende o dixestivo da parte non dixerida do alimento.

Son transformados en feces e expulsados cara o exterior.

Page 5: Nutrición animais

Inxestión

Hai unha gran variedade de mecanismos de captura do alimento nos animais.

De xeito resumido podemos dicir:

Inxestión pasiva: característico de animais de vida sésil ou con pouca

mobilidade.

Realizan a incorporación mediante procesos de difusión ou posúen mecanismos

de filtración da auga para atrapar o alimento. As esponxas posúen células

especializadas (coanocitos) que posúen flaxelos que lles permiten establecer

correntes de auga e capturar as partículas alimenticias ou os bivalvos que

teñen cilios no bordo das branquias que lles permiten a filtración.

Inxestión activa: característico de animais móbiles e con estruturas

especializadas para a captura e inxesta do alimento como pode ser a rádula

dos moluscos, os cnidoblastos dos cnidarios ou os dentes dos vertebrados.

Page 6: Nutrición animais
Page 7: Nutrición animais

Dixestión

A dixestión é a degradación dos alimentos en moléculas sinxelas que poidan ser

absorbidas e traspasadas ao aparello circulatorio.

Hai dous tipos:

Mecánica: é unha degradación física que consiste na mastigación, trituración

e fragmentación do alimento para facilitar a dixestión química. Para realizala

hai órganos especializados: dentes mamíferos, rádula de moluscos, apéndices

bucais de insectos, lanterna de Aristóteles en equinodermos...

Química: baseada na segregación de enzimas dixestivos que degradan as

moléculas. Hai tres tipos:

1. Intracelular: sucede dentro das células. Propia dos heterótrofos máis

sinxelos: unicelulares e poríferos. O alimento é dixerido grazas aos lisosomas.

2. Extracelular: ocorre fóra das células. Propia de animais con tubo dixestivo.

Os enzimas vértense no interior do tubo. Adoita existir unha trituración previa.

3. Mixta: hai unha dixestión extracelular nunha cavidade gástrica onde se

excretan as enzimas e finaliza no interior das células. P.e: Cnidarios.

Page 8: Nutrición animais
Page 9: Nutrición animais

Absorción

A absorción consiste no paso dos produtos da dixestión cara o medio

interno. Nos animais con tubo dixestivo, estes nutrientes atravesan o tubo

dixestivo e pasan ao circulatorio.

Exestión

É a eliminación dos produtos non asimilados no proceso dixestivo. Se hai tubo

dixestivo realízase a través do ano (defecación).

Page 10: Nutrición animais

2. APARELLO DIXESTIVO EN INVERTEBRADOS

O proceso evolutivo trouxo un aumento da complexidade que tamén se reflicte

no aparello dixestivo dos invertebrados:

Paso dunha dixestión intracelular a unha extracelular.

Aparición de estruturas trituradoras que realicen a dixestión física previa.

Aparición do tubo dixestivo (dúas aberturas: boca e ano).

Rexionalización do dixestivo en órganos especializados con funcións concretas:

inxestión, mastigación, dixestión química e absorción.

Formación de glándulas dixestivas, como o hepatopáncreas, que elaboran os

enzimas dixestivos.

Page 11: Nutrición animais

2.1. Diferentes aparellos dixestivos nos invertebrados

Os aparellos máis sinxelos son os de poríferos e cnidarios, de feito, son só

sistemas de captación do alimento.

Poríferos ou esponxas: son filtradores. Teñen unha epiderme recuberta de

poros inhalantes polos que entra a auga cara unha cavidade central chamada

atrio. No atrio son recollidas as partículas polas células (coanocitos) mediante

fagocitose e auga sae por unha abertura superior denominada ósculo. As

correntes son provocadas polos movementos dos flaxelos dos coanocitos. Teñen

dixestión intracelular.

Cnidarios ou celentereos: os pólipos e medusas capturan as presas

inxectándolles un veleno paralizante que posúen células especializadas

(cnidoblastos) presentes nos seus tentáculos. A presa é introducida dentro do

animal o través dunha única abertura que fai as veces de boca e ano. A dixestión

é mixta e comeza na cavidade gastrovascular e continúase dentro das células.

Page 12: Nutrición animais

2.1. Diferentes aparellos dixestivos nos invertebrados

Platihelmintos: son os vermes planos. Teñen unha boca ventral-central e un tubo dixestivo cego. Teñen dixestión mixta e os refugallos non asimilados expúlsanse pola boca. Hainos parasitos, como a tenia que non posúen dixestivo e absorben os nutrientes a través da pel. Anélidos: Teñen un tubo dixestivo rexionalizado con boca, farinxe musculosa, esófago, papo, moega, intestino e ano. Dixestión extracelular.

Tenia

Anélido

Page 13: Nutrición animais

2.1. Diferentes aparellos dixestivos nos invertebrados

Moluscos: A maioría teñen un tubo dixestivo con boca e ano e con glándulas anexas (salivares, hepatopáncreas...). Algúns grupos posúen unha lingua raspadora (rádula). Nos cefalópodos hai na boca unha estrutura chamada bico de loro para romper as cunchas. Dixestión extracelular. Artrópodos insectos: aparello dixestivo con boca, farinxe, papo, moega ou “muíño gástrico”, estómago con cegos gástricos, intestino e ano. Segundo o seu tipo de alimentación presentan distintos apéndice bucais para succionar, mastigar, perforar, lamer... Dixestión extracelular.

Moluscos Insectos

Bico de loro

Page 14: Nutrición animais

2.1. Diferentes aparellos dixestivos nos invertebrados

Equinodermos: boca ventral, con esófago e estómago, que nas estrelas penetra nos brazos formando cegos pilóricos. O intestino remata nun ano dorsal. Os ourizos posúen un aparello mastigador chamado lanterna de Aristóteles. Dixestión extracelular.

Lanterna de Aristóteles

Page 15: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

É máis complexo que nos invertebrados.

Está formado por un tubo dixestivo que vai da boca ao ano e con glándulas

dixestivas que facilitan a dixestión química.

En determinadas zonas entre rexións do tubo hai aneis musculosos (esfínteres)

que controlan o paso de substancias.

3.1. Órganos do dixestivo

Boca: pode posuír peteiro, dentadura, glándulas salivares e lingua. En moitos

mamíferos está provista duns labios para succionar.

- Peteiro: típico de aves e quelonios. A súa forma e tamaño depende da

alimentación, como xa vimos.

- Dentadura: formada polos dentes que varian segundo o animal. Nos peixes,

anfibios e réptiles serven para agarrar a presa. As aves non os teñen, e nos

mamíferos están adaptados ao tipo de alimentación ( incisivos para cortar,

caninos para esgazar e premolares e molares para esmiuzar).

Page 16: Nutrición animais
Page 17: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

Glándulas salivares: non existen nos peixes.

Lingua: nos mamíferos é onde se sitúan as papilas gustativas e serve para

mover e distribuir a saliva por toda a boca. Nas aves é córnea, e nalgúns réptiles

e anfibios serve para capturar as presas. Nos peixes, existe, pero é inmóbil.

Farinxe: situada na parte posterior da boca e rodeada de músculos para

empurrar a comida. Compartida polo respiratorio e o dixestivo, conecta co

esófago e a larinxe, e cara arriba, a través das coanas coas fosas nasais. Posúe

epiglote que é un repregamento que impide o paso do bolo alimenticio cara o

respiratorio.

Esófago: tubo musculado que conecta a flarinxe co estómago. Cos movementos

peristálticos das súas paredes axuda no avance do alimento. Se comunica co

estómago a través dun esfínter (o cardia). Nas aves dilátase nun boche

(almacena o alimento).

Page 18: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

Estómago: dilatación do tubo dixestivo. Posúe paredes con glándulas gástricas

que segregan zumes gástricos responsables da dixestión química e fortes

músculos que mesturan o alimento con eles formando o quimo. A saída do

estómago é un esfínter denomínado píloro que comunica co intestino delgado.

O estómago pode ser monogástrico (unha cavidade) ou digástrico (máis dunha

cavidade). Nas aves hai un proventriculo (glandular) e unha moega (trituración).

Nos mamíferos rumiantes posúe catro cavidades e no home ten só unha cavidade

con tres rexións: fundus, corpo e rexión pilórica que comunica co delgado.

Intestino delgado: tubo dobrado de ata sete metros que nos mamíferos

divídese en tres rexións: duodeno, xexuno e íleo. No dueodeno continúa a

dixestión química grazas a bile (producida polo fígado e almacenada na vesícula

biliar) e ao zume pancreático (formado no páncreas). A mucosa interna posúe

vilosidades intestinais e microvilosidades que aumentan a superficie de

absorción como xa vimos.

Page 19: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

Intestino groso: de maior diámetro co delgado. No home comeza na válvula

ileocecal que comunica a un cego que posúe un apéndice vermiforme. Tras o cego

segue o colon (ascendente, transverso, descendente e sigmoidal) con paredes con

repregamentos para aumentar a superficie de absorción. O final e o recto que

conecta co ano.

Ano: orificio de saída ou exestión dos produtos non asimilados. Posúe

esfínteres que regulan o paso das feces. En anfibios, réptiles e aves hai unha

cloaca, un órgano que é un ensanchamento do ano onde desembocan o excretor e

o dixestivo.

Page 20: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

Estómago:

- Cardias

- Fundus

- Corpo

- Rexión pilórica

Page 21: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

Os vertebrados ao longo do seu tubo dixestivo poden posuír diversas glándulas

anexas:

Glándulas salivares: na boca. No home hai tres pares: parótides (no maxilar

superior baixo a orella), submaxilar (na mandíbula) e sublinguais (baixo a lingua).

A súa función é fabricar saliva que segregan á boca.

A saliva é fundamentalmente auga, mucina (lubrica e hidrata), amilasa (enzima

que hidroliza o amidón) e lisozima (bactericida).

Glándulas gástricas: atópanse na parede mucosa do estómago. Teñen forma

tubular e están constituídas por dous grupos de células: parietais (producen HCl)

e principais (sintetizan pepsina). Na mucosa gástrica hai tamén células

caliciformes que producen mucina que lubrica e protexe da acidez.

Page 22: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

Glándulas intestinais: na capa mucosa das paredes do intestino. Hai dous tipos:

- Glandulas de Brünner: producen mucina.

- Glándulas de Lieberkühn: producen zume intestinal con enzimas dixestivos:

disacaridasas (degradan disacáridos), peptidasas (degradan péptidos), e

nucleasas (degragan ácidos nucleicos).

Fígado: localízase baixo o diafragma. Constituído por hepatocitos que realizan

distintas funcións:

- Segregan bile que se almacena na vesícula biliar.

- Convirten a glicosa e glucóxeno que almacenan.

- Transforman os aminoácidos en ácidos graxos e urea.

- Almacenan ferro e vitaminas.

- Detoxifican substancias (alcohol, medicamentos, toxinas…)

Páncreas: glándula mixta situada tras o estómago. A parte exócrina está formada

polas glándulas alveolares que producen o zume (proteasas:tripsina e quimiotripsina;

amilasa, lipasas e nucleasas pancreáticas e bicarbonato que reduce a acidez) que

verten ao duodeno e a parte endócrina produce dúas hormonas que regulan o contido

de azucre en sangue (insulina-glicagón).

Page 23: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

Page 24: Nutrición animais

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

Page 25: Nutrición animais

4. DIXESTIÓN EN VERTEBRADOS

4.1. Dixestión na boca

Tras a inxestión:

Dixestión mecánica: mastigación e trituración coa dentadura.

Dixestión química: a amilasa salivar rompe os enlaces glicosídicos do amidón

producindo maltosa (un disacárido).

A mucina hidrata e lubrica formando o bolo alimenticio que empurrado pola

lingua cara a farinxe facilita a súa deglución. Da farinxe pasa ao esófago onde

se move grazas aos movementos peristálticos das súas paredes.

Poñeremos como exemplo a dos mamíferos.

Page 26: Nutrición animais

4. DIXESTIÓN EN MAMÍFEROS

Dixestión no estómago:

O bolo entra polo cardia no estómago e pasa a denominarse quimo. Actúan os

zumes gástricos que son unha mestura de pepsina e HCl.

A pepsina rompe as proteínas e precisa un medio moi ácido (pH= 1,5-2).

O HCl proporciona ese medio ácido e é tamén bactericida.

Os movementos peristálticos do estómago mesturan o alimento cos zumes

gástricos.

Dixestión no intestino:

O quimo pasa polo píloro cara o duodeno onde é atacado polo zume intestinal e

as secreccións do fígado e o páncreas transformándose no quilo.

A presenza de lípidos provoca que a vesícula biliar verta o seu contido no

duodeno. A bile emulsiona as graxas facilitando a acción das lipasas.

Page 27: Nutrición animais

4. DIXESTIÓN EN VERTEBRADOS

Principais enzimas a nivel intestinal:

Amilasa pancreática: degrada o amidón en maltosa.

Disacaridasas: degradan disacáridos (maltosa, sacarosa e lactosa)

Lipasas: degradan os triglicéridos a glicerina e ácidos graxos.

Tripsina e quimiotripsina: rompen polipéptidos a péptidos menores.

Peptidasas: degradan os péptidos menores a aminoácidos.

Nucleasas: rompen os ácidos nucleicos en ácido fosfórico, pentosas e

bases nitroxenadas.

O alimento permanece unhas 8 horas no intestino delgado e pasa ao groso a

través da válvula ileocecal.

Page 28: Nutrición animais

5. ABSORCIÓN E EXESTIÓN EN VERTEBRADOS

Hai distintos mecanismos:

Difusión simple: o paso de substancias sucede a favor de gradiente de

concentración.

Difusión facilitada: prodúcese coa axuda de proteínas de transporte e a

favor de gradiente.

Transporte activo: precisa proteínas de transporte e sucede en contra de

gradiente de concentración polo que precisa enerxía.

A absorción prodúcese ao longo de todo o tubo dixestivo, por exemplo boa

parte do alcohol absórbese a nivel bucal, pero a maior parte das moléculas da

dixestión son absorbidas a nivel do intestino delgado. No groso prodúcese a

reabsorción de auga e sales minerais.

Page 29: Nutrición animais

5.1. Absorción no intestino delgado

Absorbe a maioría dos nutrientes:

Os glícidos sinxelos son absorbidos por difusión facilitada e transporte

activo.

Os aminoácidos e os dipéptidos absórbense por transporte activo.

Os glícidos e os derivados peptídicos pasan aos capilares das vilosidades

intestinais e de aquí a vea porta que os leva ao fígado onde remata o seu

procesamento.

Os ácidos graxos, glicerina,, colesterol e vitaminas liposolubles (A, D, E e K)

entran por difusión pasiva nas células da mucosa, únense a proteínas

(lipoproteínas chamadas quilomicróns) e de aquí pasan ao linfático que os levará

ao torrente sanguíneo.

As vitaminas hidrosolubles (complexo B e vitamina C) absórbense no delgado,

excepto a B12 que absórbese no íleo.

Page 30: Nutrición animais

5.2. Absorción no intestino groso

A absorción da auga e as sales minerais sucede dende o intestino delgado ata o

colon.

O proceso pode levar a recuperación de ata un 70% da auga dos residuos da

dixestión.

Ademais no groso hai bacterias simbióticas que producen aa e vitamina K que

deben ser absorbidas, asi mesmo tamén son responsables da degradación e

putrefacción dos restos ( de ahí o seu cheiro).

As irritacións do colon poden conlevar un tránsito máis rápido que impida a

absorción de auga provocando diarreas e perdas de auga.

5.3. Exestión

Os restos non dixeridos transfórmanse en feces (bacterias) e son expulsados

fóra (exestión ou defecación). É un proceso involuntario, pero o esfínter anal

externo pode manter as feces temporalmente de xeito voluntario.

Page 31: Nutrición animais

6 DIXESTIÓN NOS RUMIANTES

Os rumiantes son herbívoros cun proceso dixestivo moi diferente. Mastigan a

comida brevemente, tragana e regurgitana para mastigala de novo e volver a

tragala. Posúen un estómago dividido en catro cavidades: o bandullo ou rume; o

retículo; o libro ou omaso e a calleira ou abomaso.O proceso podémolo resumir

do seguinte xeito:

A comida mastigada brevemente pasa ao rume.

No rume hai bacterias simbiontes que lle permiten degradar a celulosa.

O alimento pasa ao retículo e regresa cara a boca para sofrer unha nova

mastigación.

A comida, xa triturada e medio dixerida pasa ao libro onde se reabsorbe

gran cantidade de auga.

Pasa a calleira onde se completa a dixestión química mediante enzimas.

Page 32: Nutrición animais

6 DIXESTIÓN NOS RUMIANTES

Page 33: Nutrición animais

6 DIXESTIÓN NOS RUMIANTES

Ademais desta dixestión particular, os rumiantes, igual que outros

herbívoros, posúen unha dentinción especializada baseada nunha diminución

ou incluso desaparición de pezas (incisivos e caninos) fronte a un

desenvolvemento enorme dos molares adaptados a trituración de produtos

vexetais.

Page 34: Nutrición animais

GRAZAS POR ATENDERME

Page 35: Nutrición animais

Bibliografía e webgrafía:

Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela. España.

http://web.altagenetics.com/chile/Article/Print/1941

http://www.asturnatura.com/articulos/equinodermos/erizos.php

www. bachibiology.wordpress.com

http://csbiologicas2.blogspot.com.es/2010_09_01_archive.html

http://docentes.educacion.navarra.es/metayosa/1bach/1nutriani2.html

http://lacienciaesbella.blogspot.com.es/2013/11/hoy-tenemos-examen-de-nutricion-de-los.html

http://mundozoologia.wordpress.com/2013/06/02/clasificacion-de-reptiles/

http://roxanaluque.blogspot.com.es/2013_08_01_archive.html

http://www.slideshare.net/adaneco/nutricion-28774400

http://www.slideshare.net/adaneco/os-invertebrados

http://www.slideshare.net/adaneco/vertebrados-18869396