o conto do apalpador

28

Upload: marichoni

Post on 11-Jul-2015

3.475 views

Category:

Education


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: O conto do apalpador
Page 2: O conto do apalpador

O C o n t o d o Ap a lp a d o r

Autores: Lúa Sende e Alexandre Miguéns

Ilustrador: Leandro LamasContos para Miúdos

Edições da Galiza/ A Fenda EditorialTraducción ao galego normativo: C.E.I.P. Víctor Saénz

Page 3: O conto do apalpador

É unha fría mañá de inverno, e a pequena Inés e o seu cadeliño Rulo pasean polo bosque. Esta todo nevado e o vento e o frío coanse polas roupas. O frío entra nos ósos e fai tremer os dentes.

Xa hai días que acabaron as clases na escola, e Inés e o seu cadeliño Rulo andan á procura de algunha cousa de proveito ou que poidan levar á boca.

- Au, au! -ladra Rulo mentres escarva con forza na neve.

- Ruliño! Que encontraches? –dille a pequena Inés.

E o Ruliño saca orgulloso a cabeza da neve, con unha poliña de árbore entre os dentes.

- Érache boa!!! Con iso non imos facer moito lume!

Page 4: O conto do apalpador

Pero, como isto é mellor que nada, e tampouco quere decepcionar a Ruliño, mete a poliña no peto e acariñao nas costas.

Cando o Ruliño encontra algunha cousa que considera útil, dalle ao rabo e anda todo fachendoso mirando a Inés, e ela, para compensalo, pasalle a man pola cabeza.

Ás veces encontran cousas, como herbas para facer infusións, tubérculos, grosellas, etc.

Despois, como sempre, deixan o que recolleron na despensa, ás escondidas, para que ninguén se decate de que andan a abastecer a despensa co o que poden. Pero, esta vez, Inés anda moi preocupada, porque de alí a unhs días chega o Nadal e hai pouca cousa na casa para comer.

Tentando non pensar moito en iso, Inés pon a roupa vella que lle serve de pixama, métese na cama debaixo dun manto groso de mantas de lá, e adormece.

Page 5: O conto do apalpador
Page 6: O conto do apalpador

O que, nin Inés nin o Ruliño sospeitan nos seus paseos, é que as súas camiñatas polo bosque son observadas por uns seres pequeniños que todo o ven:

as trasnas e os trasnos do bosque.

Estes seres travesos, pillabáns e brincallóns como son, seguen, entre divertidos e curiosos, os paseos dos dous amigos, e ás veces colocan algún regalo para eles; outras veces, engañaos fancendolles crer o que non é.

Pero, aínda que de vez en cando fagan estas brincadeiras ao Ruliño e á pequena Inés, e mesmo que poidan parecer uns malandros despreocupados, os trasnos teñen un traballo moi importante de facer durante todo o ano. Vixían aos rapaces e raparigas para ver cuales se portan ben e cuales non, para contarllo despois a un gran amigo deles, que vive de facer carbón o ano enteiro nas montañas.

Ese amigo chámase Apalpador.

Page 7: O conto do apalpador
Page 8: O conto do apalpador

O Apalpador é un carboeiro grandón, bonachón e distraído que vive nas montañas de Galicia.

Fai carbón, come ovos que apaña dos niños dos paxaros e mel que recolle das colmeas das abellas, e tamén bebe bo viño, convidando sempre aos seus amigos, os trasnos, a doces que lle gusta facer na súa casa dos cumes nevados. Alá pasa o ano todo traballando e cando convida aos seus amigos brincallóns, eles remexen sen malicia nas súas cousas, escondenlle ferramentas ou móvenlle as pantuflas, o pixama ou o chapeu de sítio.

Todos os anos, ao chegar o frio no outono, o Apalpador lémbrase de que ten que ir preparándose para o Nadal e comeza a apañar as castañas que encontra na montaña.

Page 9: O conto do apalpador
Page 10: O conto do apalpador

Pero, este ano o Apalpador distraerase, entretido como andaba a facer carbón.

Aínda que os seus pequenos amigos están preto del para lembrarlle as cousas importantes:

-Apalpador! Que ven o Nadal e non vas conseguir apañar castañas dabondo!

-Ai, miña naiciña, esquecérame! Uf, uf uf! Ai, que non me vai dar tempo!

Entón, agarra o saco e sae a correr cos calcetíns cambiados e coa camisa mal amañada para a montaña, a apañar tantas castañas como pode, aínda que sempre deixe unhas cuantas no chan para que delas poidan medrar castiñeiros novos nos anos vindeiros.

Despois, volta canso para a casa e queda dormido ata o día seguinte. Se non fose pola axuda dos tranos e das trasnas, que tamén colaboran, non sería quen de apañar tantas castañas como necesita.

Page 11: O conto do apalpador
Page 12: O conto do apalpador

Na aldeiña, mentres tanto, xa falta pouco para a noite de Nadal e na casa da pequena Inés todo o mundo anda preocupado: non hai moita comida e a nai e o pai fan de tripas corazón para pór algunha cousa na ola, para poderen cociñar algo e ter así algunha cousa para cear. O día seguinte é Nadal.

Inés axuda no que pode: pon a mesa mentres o Ruliño anda a brincar co avó, dando voltas ao seu redor ou a sentarse aos sus pés para quentarllos.

Despois van cear en silencio, repartindo a comida que a nai e o pai conseguiran xuntar, pero aínda así quedan cun pouquiño de fame e van durmir.

Page 13: O conto do apalpador

Á tardiña, o Apalpador, que traballara todo o día cocendo e empaquetando castañas, e tamén a tallar figuras e xoguetes en madeira, quedara adormecido baixo dunha árbore, e os trasnos teñen que ir lembrarlle:

-Apalpador! Apalpador! Que hoxe é a cena de Nadal e tés que baixar ás vilas e ás aldeas para repartir as castañas que

apañamos.

O Apalpador lembrase de repente:

- Uf, uf!! É verdade, teño que poñer os zapatos deseguida, coller o saco e descender ata os vales; senón,non me vai dar

tempo a chegar a todas as casas!

Page 14: O conto do apalpador
Page 15: O conto do apalpador

E alá vai o Apalpador. Pon os calcetíns do revés, calza dous zapatos diferentes, viste mal o abrigo e, pon ás costas o saco de castañas cociñadas e xoguetes de madeira, sae a correr da casa cando xa é noite pechada.

Os tranos acompañano todos contentos, cantando e alumeándolle o camiño con lanternas, dicíndolle onde se encontran as persoas, as raparigas e os rapaces que se portaron ben durante o ano.

E van cantando polo camiño:

Por aquela cemba,

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aquinaldo.

Page 16: O conto do apalpador
Page 17: O conto do apalpador

Indícanlle as casas e o nome dos meniños e meniñas que viven nelas:

- Aquí vive Lucía, con seu irmán Paulo!

- Aquí Isabel, Brais e Antón.

- E alá Manuel, Minia e Felipe.

- E entre tanto, os trasnos van cantando:

Vaite lougo meu meniño,

marcha agora para a camiña,

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

Page 18: O conto do apalpador
Page 19: O conto do apalpador

E o Apalpador entra nas casas por onde mellor pode, a través das xanelas, da cheminea ou da porta, achegándose aos meniños que están a dormir. Entón, apálpalles a barriga e, se están cheichos, dilles:

- Así, así esteas todo o ano.

Déixalles ao lado unha presadiña de castañas cocidas como regalo e, dándolles un bico na testa, desexalles un bo ano vindeiro.

E os trasnos cantan alegres esta outra cantiga:

Mañá é día de cachela,

que haberá gran nevarada

e virá o Apalpador

cunha mega de castañas.

Page 20: O conto do apalpador
Page 21: O conto do apalpador

Por fin, chegan á casa de Inesiña:

-Apalpador, ahí vive a pequena Inés, que é unha rapariga moi boa e moi traballadora, que axuda moito na casa dos seus pais, estuda moito na escola e coida do avó, que é velliño.

O Apalpador entra caladamente na casa e visita primeiro o cuarto dos pais. Tamén ve ao avó durmir na cama, mentres que busca o cuarto de Inesiña.

Finalmente encóntraa co seu amigo Ruliño, durmindo na camiña de follas. Os dentes de Inesiña tremen de frío e o Apalpador mira para ela preocupado.

Despois de apalparlle a modiño a barriga para ver se comera, mira para o ceo, e mete a man no saco...

Page 22: O conto do apalpador
Page 23: O conto do apalpador

Ao día seguinte...

- Ding-dong, ding-dong!

Xa é o día de Nadal e soan os campanas! A pequena Inés e o Ruliño espertan e.. Sorpresa! Aos pés da cama, Inés bate cun saco enorme de castañas cocidas!

Saen correndo para o cuarto dos pais. Inés vai berrando:

- Papá, mamá, alguén me deixou un saco grandísimo de castañas!

Os pais espertan e tampouco poden crer o que ven: ao lado da súa cama hai un bonito vestido para a nai, e uns zapatos novos para o pai, que tamén falta lle facían.

Contentos, dan bicos á Inesiña e agariman ao Ruliño, e van contar ao avó o que aconteceu, pero ... o avó, tamén ten cousas que contar: está sentado na cama e sorrí cunha fermosa bufanda feita a man para pór ao pescozo e non se constipar!

-Foi o Apalpador quen nos trouxo todos estes presentes- dilles sorrindo o avó.

Page 24: O conto do apalpador
Page 25: O conto do apalpador

Ao final, levántanse e van para a lareira, onde o lume quenta un pote cheiro de caldo quentiño. A despensa está chea de leña, patacas, berzas e garavanzos para pasar o inverno ata que chegue a primavera, cando se poderá volver a plantar as leiras outra vez.

E todos e todas cantan e danzan agradecendo ao Apalpador os presentes recibidos.

Page 26: O conto do apalpador
Page 27: O conto do apalpador

Entre tanto o Apalpador, derreado, durme mentres facendo un gran ruido, vestido con gorra e todo, encima da herba, despois de visitar todas as casas de todos os rapaces e raparigas durante a noite.

E os trasnos e as trasnas, mentres tanto, andan a xogar con el, facendolle cóxegas no naríz con unhas herbiñas...

Page 28: O conto do apalpador