o libro que veu do espazo
DESCRIPTION
formacion de usuariosTRANSCRIPT
O l
ibro
qu
e v
eu
do
e
spa
zo
CEIP Saco e Arce Equipo de Biblioteca
Título orixinal: “El libro que vino del espacio”
Edita: Consejería de Educación Cultura y Deporte
Dirección General de Ordenación e Innovación educativa
Canarias 2003
Autor: Esteban Gabriel Santana Cabrera
Ilustracións: Georgina Quevedo Rodríguez
Adaptación: Equipo de Biblioteca CEIP Saco e Arce - 2012
Érase que se era un pequeno libro chamado Abimelec que vivía nun
planeta moi lonxano.
Era dunha cor vermella tan intensa que chamaba a atención nada máis
velo. A pesar diso ninguén o lía ¡e iso que era un libro de aventuras!.
Estaba cada vez máis triste por non poder pasar polas mans de pequenos e
maiores.
Decidiu marchar a outro planeta para
vivir nunha biblioteca grande e bonita, coma
as que tiña visto cando captaban algunha
onda dos satélites que mandaban dende a Terra e outros planetas .
Estaba disposto a facer calquera cousa con tal de que as súas follas, que xa
empezaban a amarelar, foran lidas .Así que foi ao coheteporto coa súa
familia e alí contactou cun individuo que
lle dixo que cada principio de mes saía unha nave con
destino ao planeta Librium
Abimelec aceptou as condiciones e mercou un billete.
Despois dunha viaxe algo movidiña, na que ata as letras das súas páxinas chegaron a estar todas do revés, avistaron o
planeta Librium e o comandante díxolle que a viaxe chegara a
súa fin .
–Pero, ¡cómo pode ser iso se aínda non chegamos a terra firme!
-exclamou Abimelec,
Mentres a nave estaba suspendida no aire, no medio do
océano, o comandante, moi enfadado , obrigouno a baixar sen
darlle unha explicación. E Abimelec lanzouse ao mar para
intentar chegar a costa. A trancas e barrancas, logrou chegar.
As súas follas estaban molladas e apenas
podía correr porque tremía co frío e co medo.
Empezou a camiñar sen rumbo. Chegou a unha cidade e alí
permaneceu non se sabe cánto tempo, xa que todos os días lle
parecían iguais. A pesar de ser de outro planeta, a xente
parecía non facerlle caso.
Os días pasaban e el non facía máis que vagar e vagar pola
pequena cidade agardando que alguén se achegara e se
puxera a refollalo.
O de durmir levábao bastante mal porque tiña que facelo
entre cartóns para que as súas follas non se terminaran de romper.
Polo parque no que adoitaba pasar as horas sentado, lendo e refollando as páxinas de todo o que se lle poñía por
diante, pasou un señor libro, maior, que tiña un grande bigote branco e follas finísimas e estaba encadernado en coiro
verde. Achegouse a Abimelec e preguntoulle:
–Non pareces de aquí. ¿De qué país vés?
Abimelec mirouno, sorprendido de que alguén falase o seu idioma
e se dirixira a él.
–Veño dun planeta de outra galaxia e , pensaba que a miña vida ía
mellorar ao chegar aquí. Pero xa me din conta de que as cousas
aquí non son como as pintaban no meu planeta.
–E ti, ¿quén es?_ Preguntoulle ao señor libro
–Eu son o Libro de Rexistro deste lugar. ¿Sabes que se chama
Biblium, non?
–Pois non. Ninguén me dixo o nome . E vostede ¿é o que manda
aquí? - preguntou Abimelec.
–Mandar, non moito …, o que ocorre e que por min pasan
todos os libros que chegan a este lugar. Eu teño que encargarme
de anotar os seus nomes, o lugar de onde veñen, o ano en
que naceron, quen os escribiu, etc.
–¡Ah!, moi ben
Despois dun anaco de charla, o Sr. Libro de Rexistro
invitouno a dar un paseo por aquel lugar.
–Mira - dicíalle o Libro de Rexistro- este lugar é coma unha illa
con nove vilas , que aquí se chaman materias. En cada unha de
elas vive unha familia de libros que ten asignado un número
concreto.
–¿E o primeiro número é o 0? –preguntou Abimelec.
–Pois sí, e é a familia das Xeneralidades . Nela están os
dicionarios, as enciclopedias, os libros de informática, as
revistas, os xornais, etc. Estes libros son
de consulta e case nunca saen de Biblium.
Así que, se algún día queres consultar algo ou
facer un traballo, terás que achegarte ata aquí.
Fíxate en que o número lévano nunha
etiqueta que está colocada no lombo do
libro e que se chama tejuelo .
. –Mira, o tejuelo e como a matrícula dos coches pero nos
libros. proporciona tres informacións. A primeira e o
número, que indica a materia ou familia a que
pertence e qué tipo de libro e . Imaxina un libro de
literatura; cun número podes saber si e literatura
española ou americana,ou galega; si e poesía, narrativa
ou teatro. O tejuelo axúdanos a non perdernos por
Biblium.
Ademais do número da materia, da outras dúas
informacións que, están escritas en letras.
A primeira, en maiúsculas, son as tres primeiras letras do
primeiro apelido do autor ou autora. ¡No te esquezas,
sempre en maiúsculas! E as outras tres letras, que leva
debaixo en minúsculas, son as tres primeiras letras do
título.
–¡Xa entendo!
Seguiron o camiño e pasaron a seguinte vila ou materia. Tiña o
número 1. Cando ían chegando, decatáronse de que por alí falaban moito
–Esta e a materia de Filosofía e Psicoloxía .Os habitantes deste lugar
teñen fama de filosofar acerca de calquera cousa e de buscarlle sempre
“os tres pes ao gato” . Iso sí, pensar si que pensan bastante e sempre están
dispostos a escoitar.
Despois de camiñar un anaco, pasaron a materia número 2. Alí
respirábase paz e tranquilidade. Ao lonxe escoitábanse uns cantos que
parecían proceder dunha abadía.
–Non me diga nada, Sr. Libro de R e x i s t r o . Xa sei qué familia vive aquí, son os libros de R e l i x i ó n
–Pois sí, atinaches. Aquí viven os libros de todas as relixións nun ambiente de paz e concordia. Non hai
diferenzas entre musulmáns e católicos, entre budistas e hinduístas. Cada un respecta a relixión dos
outros e intenta aprender das demais. Iso sí, cada unha ten o seu número para diferenciala, aínda que
todas empecen por 2. Nesta vila, e convivindo en total harmonía, tamén están os libros de mitoloxía.
Para non romper o silencio e a paz que alí había marcharon a vila si
ou materia seguinte.
Era a número 3 e chamábase Ciencias Sociais. Alí podían verse libros
demoitas clases porque esta familia era moi grande. Socioloxía, Política,
Economía, Dereito,Educación, Folclore, etc.
Dentro desta familia había algún membro que estaba independizado
debido a súa importancia: eran os libros de Xeografía, Historia e
Arqueoloxía. Estes pasaran a ocupar a materia número 9.
Continuaron o seu camiño e atoparon una vila valeira . Parecía un
pobo fantasma. Era o número 4.
–Sr. Libro de Rexistro, ¿qué ocorreu aquí?
–Non te preocupes, Abimelec, esta materia está valeira por agora . O sistema de Clasificación Decimal
Universal aínda no lle asignou ningún libro.
–¿O Sistema de Clasificación Decimal Universal? ¿Iso qué e ?
–Verás, a CDU, como se lle chama familiarmente no mundo bibliotecario, e un sistema de clasificación
no que cada libro, dependendo da materia ou o tema que trate, pertence a una familia ou outra. E
decimal porque é un sistema numérico que se divide en dez grupos
–¿E por qué o segundo apelido é Universal? -preguntou estrañado o noso amigo
–E Universal porque é un sistema que abarca todos os ámbitos do coñecemento e,
ademais, úsase en todas as bibliotecas do mundo. Se foras a estudar ou a vivir a unha
biblioteca de EE. UU., de Alemania ou de Australia, non te perderías porque todas
usan o mesmo sistema de clasificación.
–¡Qué guay! Así é máis sinxelo! ; non é como os coches, que en Inglaterra van por un
lado e no el resto do mundo van polo outro. Ou sexa, que todas as bibliotecas de todos
os países, se puxeron de acordo na súa organización.
¡Xa podían copiar outros dos libros. !
–Entón , neste número 4, ¿non hai ninguén? –seguiu preguntando o noso amiguiño
Abimelec.
–Mira libriño, esta materia é un pouco misteriosa. É coma unha vila sen nome. Aínda
non se sabe nin cómo nin por qué está abandonada. Aquí non vive ninguén por agora,
aínda que igual dentro duns anos unha familia de libros comeza a vivir aquí.. De vez
en cando aparece algún libro fantasma por aquí.
–Sr. Libro de Rexistro, o mellor será que nos vaiamos a outra materia -dixo Abimelec
un pouco asustado.
Proseguiron o seu camiño e se marcharon a seguinte vila, ¡perdón!, materia, que
estamos en Biblium
E así chegaron ao número 5, que se chamaba Ciencias Puras . A esta familia
pertencían todos os libros de Matemáticas, Astronomía, Física, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Botánica, Zooloxía, etc.
Na vila do lado estaba o hospital e as grandes zonas de cultivos e as industrias.
Era o número 6 chamábase Ciencias
Aplicadas. Alí estaban os libros
de Medicina, enxeñería, Agricultura e os
referidos as Industrias e Oficios diversos.
Por tal motivo aquí estaba o hospital, onde
reparaban a todos os habitantes de Biblium
cando lles daba algún achuchón.
–Claro -dixo Abimelec- aquí debe estar o
hospital porque é onde están os que máis
saben de medicina...
En calquera lugar –e non podía ser menos
en Biblium– a arte é moi importante . Os
artistas vivían todos no mesmo lugar, no
número 7. Esta materia chámase Arte,
Xogos e Deportes.
-É a zona de ocio por excelencia –dixo o Sr.
Libro de Rexistro–. Se queres saber algo de
Deportes, Arquitectura, Escultura ou
Pintura tes que pasar por aquí. Hai libros
boísimos dos que podes aprender moitas
cousas. Amosaranche catedrais preciosas,
pinturas de todas as épocas e esculturas
desde as máis antigas ata as máis
vangardistas.
Tamén aquí é onde os libros veñen facer
deporte e escoitar música. Bueno, mellor
dito, a ler todo o que hai escrito sobre
música, porque para escoitar música e a ver
vídeos ou a usar o ordenador tes que ir a
outra parte de Biblium , a zona de
audiovisuais, para non molestar aos libros
que están na sala de lectura ou nos lugares
de consulta.
E, case sen darse conta, chegaron a materia
número 8, onde se agrupaban os libros de
Lingüística, Filoloxía e Literatura. Cada un vive
cos seus, os de lingua cos de lingua, os de poesía
cos de poesía, os de teatro cos de teatro, e todos:
lingua, idiomas, teatro, poesía, narrativa, etc., se
atopan cada uno no seu lugar, co seu número
correspondente da CDU, aínda que iso sí, cunha
coincidencia, o número 8 diante.
–Mira, Abimelec –dixo o Libro de Rexistro- Aquí
ao final están os de Xeografía e Historia que che
nomeei anteriormente e que tiñan o número 9.
–Xa me acordo, os que se independizaran das
Ciencias Sociais.
–Ben , Abimelec, xa chegamos ao final do
percorrido. Isto é todo. Como vexo que es un bo
rapaz, podo invitarte a que te quedes por aquí.
¿Gustaríache?
–¡ Encantaríame, Sr. Libro de Rexistro! ¿Onde vou estar mellor que aquí? Moitas grazas pola súa
acollida.
–De nada, Abimelec. Para min é un pracer que teñamos un novo veciño en Biblium. Pero antes de que
vaias coa túa familia, que é a do número 8, a de Lingua e Literatura, teño que rexistrarte nunha das
miñas follas e tamén no ordenador, porque estamos conectados en rede con outras bibliotecas para así
poder compartir os fondos.
Ademais, vouche poñer o selo da biblioteca e o número de rexistro na portada.
Aquí tes o teu tejuelo coa súa sinatura. Veña, xa podes ir ao teu lugar .
¡E non te equivoques, para que non te perdas e os visitantes poidan atoparte sen problemas e disfrutar
coa túa lectura! Ben , amigo, un abrazo e que teñas sorte.
–Grazas, Sr. Libro de Rexistro. Foi vostede moi amable comigo. A este lugar sí que é agradable vir. ¡E eu
que pensaba que neste planeta non ía ter ningunha oportunidade!
–Pois xa nos veremos nalgunha das actividades de animación a lectura que faremos ao longo do ano.
Temos previsto traer contacontos, autores e autoras de libros, teatro, charlas, exposicións e todo o que
faga que Biblium sexa o lugar máis visitado dos de aquí.
E colorado colorín a historia deste libro chega ao seu fin.
E non esquezades que quen le un libro vai gardando un pequeno tesouro.