o medio físico de galicia
TRANSCRIPT
O MEDIO FÍSICODE GALICIA
(Fonte texto: Xeografía Bacharelato 2º; Ed. Anaya, ISBN 978-84-678-1078-3, Madrid, 2012.
RELEVO
Organízase mediante unha sucesión de bloques elevados e
afundidos que presentan un aumento xeral das alturas desde a
costa cara ao interior (como se fose unha gradería)
1.- Franxa litoral:
Galicia conta con preto de 1500 km de costa, a máis extensa da Península Ibérica ( = gran diversidadepaisaxística e ambiental)
* RíasDiversidade morfolóxica: * Sectores de acantilado
* Rasa cantábrica
* Rías: trazo máis diferenciador do litoral galego.H. Nonn (1966) diferencia tres tipos de ría:
en funil ou de val fluvial asolagado: na que o río tería a suficiente entidade para ser responsable da amplitude da ría e do seu trazado: serían as rías de Ortigueira, Ferrol, Cedeira, O Barqueiro, Foz, Ribadeo, Ares, Betanzos, Laxe e Camariñas.
rías que deben a súa realización e amplitude á tectónica: Vigo, Pontevedra, Muros-Noia.
rías alveolo, antigas cubetas de alteración asolagadas polo mar: A Coruña e Arousa.
Outra posibilidade de diferenciación é a seguinte:
Rías Altas: dende a fronteira con Asturias ata a Costa da Morte.Incluíría, de leste a oeste e de norte a sur: Ribadeo, Foz, Viveiro, O Barqueiro, Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares, Betanzos, A Coruña, Corme-Laxe, Camariñas e Corcubión.
Diferenciar, dentro destas: - as da Mariña lucense: Ribadeo, Foz, Viveiro.- as do Golfo Ártabro: Ferrol, Ares, Betanzos, A Coruña.- as da Costa da Morte: Corme-Laxe, Camariñas, Corcubión.
Rías Baixas: Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.
Rías Altas Rías Baixas
* sectores de acantilado, de gran crueza: Costa da Morte, Serra da Capelada-Ortegal, ...
Sector de cantís na Garita de Herbeira-Serra da Capelada
Acantilados na costa de Malpica
* rasa cantábrica: sector rectilíneo de costa elevada, que ocupa un pequeno tramo do litoral cara ao límite con Asturias.
Sector de rasa litoral na Mariña lucense
2.- Serras:
a) O tránsito entre a Galicia costeira e a interior ven marcado polas serras setentrionais e centro-occidentais:
serras setentrionais: ao sur do litoral cantábrico, constitúen unha antiga superficie aplanada (cota máxima: Cuadramón, na serra do Xistral)
serras centro-occidentais ou Dorsal Galega: esténdense de norte a sur, aumentando progresivamente en altura desde a serra da Faladoira (700 m) hasta o Faro de Avión (1100 m aprox.)
b) serras orientais e surorientais: no extremo oriental e suroriental de Galicia érguese un paredón rochosocreado por un encadeamento de serras entre as que destacan Os Ancares, O Courel e a Serra do Eixe, indeatopamos as máximas elevacións.
A intrincada configuración deste sector, con picos que superan os 2000 m de altitude (Peña trevinca, 2124 m), dificultando enormemente as comunicacións coa Meseta.
Desde o punto de vista litolóxico, estas serras formadas durante a era Terciaria pola oroxenia alpina sobre materiais paleozoicos, caracterízan-se pola súa gran diversidade: lousas, cuarcitas e pequenas áreas de granitos e calcarias.Esta diversidade, unida á intensa acción erosiva dos ríos Miño-Sil, Eo e Navia, xunto con procesos de modelado glacial, deron lugar a un relevo caracterizado pola sucesión de vales e cumios (coroados, frecuentemente, por crestas de cuarcita)
Serras
Vermello: serras setentrionais
Azul: Dorsal Central Galega
Malva: serras orientais e surorientais
3.- Superficies de aplanamento:
Un dos aspectos máis destacados do relevo galego é a existencia de amplos sectores aplanados (que acentúan o contraste horizontalidade/verticalidade do NO peninsular).Exemplos disto:
- a Terra Chá: no interior da provincia de Lugo, entre a Dorsal Galega e as serras orientais.Constitúe unha gran superficie chá.
- cara ó litoral, de dimensións máis reducidas e intensamente fragmentadas pola rede fluvial:
comarca de Bergantiños comarca do Alto XallasAlto Xallas península do Barbanza Terras do Deza
Superficies de aplanamento
Terra Chá
Alto Xallas
Bergantiños
O Barbanza
Terrasdo
Deza
4.- Depresións interiores:
Desde As Pontes de García Rodríguez, ao norte, ata Verín, ao sur, sucédense unha serie de pequenas depre-sións con dirección dominante Norte-Sur (orixinadas polos movementos oroxénicos alpinos da era Terciaria)
O fondo está cuberto por unha importante capa de materiais sedimentarios de orixe fluvial (que xeran impor-tantes matices con respecto ao entorno)
As Pontes
Sarria-Lemos
Maceda
Xinzo
Verín
CLIMA
- Posúe (por latitude e posición) un clima oceánico de fachada occidental:amplitude térmica reducidainvernos suavesveráns frescosprecipitacións abundantes e regularmente distribuídas ao longo do ano.
- Sen embargo, factores como:
disposición do relevo (moitas veces con orientación transversal aos ventos dominantes, de compoñenteO e SO) orientació das rías (a favor dos ventos oceánicos) distancia ao mar características específicas de depresións e vales fluviais.
Introducen tod unha serie de MATICES CLIMÁTICOS
- Así, de norte a sur e de oeste a leste: progresiva degradación dos trazos típicos do dominio oceánico.
- Distinguimos, cando menos, CINCO ÁMBITOS CLIMÁTICOS:
* Galicia occidental
* Fachada cantábrica
* Áreas de montaña
* Galicia interior
* Vales e depresións do sector meridional
Galicia occidental:
- temperaturas medias en torno ós 12ºC
- precipitacións: poden ser superiores aos 1500 mm
- na área centro-occidental, a orientación das rías favorece a penetración das masas de aire cara ao interior, que, ao se atoparen coas serras centrais, producen abundantes precipitacións.
- Rías Baixas:- rexístranse temperaturas máis elevadas durante gran parte do ano (entre 12-15ºC de media)- o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, acúsase unha maior tendencia á aridez
estival.
Fachada cantábrica:
- Mariña lucense.
- descenso relativo das precipitacións (800-1000 mm/ano) con respecto á fachada atlántica.
- sen aridez estival
- temperaturas con valores semellantes á fachada occidental, con invernos frescos e veráns suaves.
Áreas de montaña:
- Dáse, en xeral, por riba dos 700 m de altitude.
- Pero as características esenciais deste clima (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, maior fre-cuencia das precipitacións en forma de neve) rexístranse, fundamentalmente, nas serras orientais e surorien-tais.
Galicia interior:
- Sectores: Terra Chá, Chantada, Terra de Lemos, Arnoia, A Limia.
- Chuvias inferiores aos sectores anteriores + aumento da amplitude térmica (aprox. 14ºC) + invernos rigorosos + veráns moi cálidos.
- Causas: alonxamento do mar + protección das serras (vertentes de sotavento)
Vales e depresións do sector meridional:
- Sectores: vales do Miño medio e do Sil + pequenas depresións do sur.
- Sectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante o verán.Precipitacións inferiores a 700-800 mm/ano.
- Aumento xeralizado das temperaturas (media anual > 14ºC.
- Zona considerada de transición ao clima mediterráneo.
HIDROGRAFÍA
- Rede fluvial moi densa por:* compartimentación do relevo.
* elevada pluviosidade.
* substrato litolóxico moi impermeable.
- Principais características:
disimetría das vertentes
encaixamento da rede fluvial
caudal abundante e regular
- Disimetría das vertentes:
* presenta diferenzas entre as vertentes cantábrica e atlántica debido á proximidade ao mar das serras setentrionais.
* vertente cantábrica: - dende a desembocadura do Eo ata o cabo Ortegal.- ríos curtos, con percorridos inferiores a 50 km, excepto o Navia e o Eo (que teñen
súas cabeceiras nas serras orientais)
* vertente atlántica: - dende o cabo Ortegal ata a desembocadura do río Miño.- as serras centro-occidentais constitúen unha divisoria en dúas subvertentes:
subvertente dos ríos que teñen a súa cabeceira nas chairas da Gali-cia prelitoral (Mendo, Mero, Anllóns, Grande, Xallas) + na DorsalCentral (Tambre, Ulla, Umia, Lérez, Verdugo-Oitabén, …) + nume-rosos regatos e pequenos ríos.
Ríos de lonxitude modesta e concas, asimesmo, pequenas (só oRíos de lonxitude modesta e concas, asimesmo,
e Tambre superan os 100 km)
subvertente da Galicia interior: drenada, en gran medida pola gran-de arteria fluvial que é o Miño-Sil, a de maior conca de Galicia.
As altas terras do surleste ourensán marcan a divisoria entre aconca do Miño e as dos ríos que verten as súas augas máisao sur (o Limia ou Támega, afluente do Douro)
- Encaixamento da rede fluvial:
* a rede hidrográfica galega presenta abundantes encaixamentos dos cursos fluviais, tanto nos seus tramos altos como nos medios e nos baixos.
* os encaixamentos máis destacados aparecen cortando as superficies de aplanamento, como o Miño a partir de Lugo ata a súa desembocadura ou o Sil a partir da depresión de Valdeorras (ca-nón da Ribeira Sacra)
* por causa dos contrastes litolóxicos e dos erguementos tectónicos, son frecuentes as ferven-zas.
- Caudal abundante e regular:
* os datos de aforo dos ríos galegos son moi elevados en comparación con outros ríos peninsu-lares.Causas:
- as precipitacións abundantes.- estratos de materiais impermeables e fortes pendentes que determinan o predo-
minio da escorrentía sobre a infiltración.
* O Miño é o río máis caudaloso (máximo nos Peares, na confluencia co Sil)
* por caudal relativo:
- os ríos máis caudalosos son os suroccidentais (cabeceira nas serras meridionaisda Dorsal Central (Verdugo, Lérez, Umia)
- posición intermedia: os ríos con maior lonxitude e tamaño de conca (Eume, Tam-bre, Ulla) e os do noroeste ( Mandeo, Xallas, …)
- os menores caudais aparecen nas áreas do interior (continentalización): os ríos daTerra Chá ou os da Limia, p.e.)
* réxime: en xeral pluvial oceánico, con réxime simple dun máximo no inverno (xaneiro ou fe-breiro) e mínimo estival (agosto ou setembro)
VEXETACIÓN
• O noroeste peninsular atópase no límite de dúas importantes rexións bioxeográficas:
Dominio de
- Eurosiberiana: ocupa gran parte de Galicia Quercus robur típico da fachada atlántica(carballo) humidade+solos silíceos
- Mediterránea: surleste provincia de Lugo Quercus pyrenaica tránsito ao mediterráneoe a maior parte de Ourense (cerqueiro) maior adaptación á seca
- Retroceso das especies climácicas (carballo) ou secundarias (castiñeiro) ante a proliferación de plantacións de piñeiro e eucalipto = maior rendibilidade económica.