o meu libro é o sangue dos camiños(1)

3
Ramón Caride Ogando (Cea, 1957) é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como profesor de ensino secundario. Foi columnista en xornais como El Mundo, Faro de Vigo ou El Correo Gallego. Conseguiu o premio Risco de Literatura Fantástica 2003 por O sangue dos camiños, ademais doutros premios como o Blanco Amor, por Soños eléctricos, o Café Dublín por Sarou , etc. O sangue dos camiños conta a historia de Darío Gancedo e outras dúas historias que teñen relación entre si. Todo comeza cando o protagonista é testemuña dun secuestro e ten como única pista unha chave dun gardarroupas dun ximnasio. Tras moito investigar encontra oito “óders”, unhas pedras que poden facer ser outra persoa nos instantes anteriores á súa morte. Consegue e chama ao número de Xana, suposta dona dos “óders”, pero era a vítima do secuestro que viu o primeiro día.

Upload: aproferaquel

Post on 04-Aug-2015

75 views

Category:

Education


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: O meu libro é o sangue dos camiños(1)

Ramón Caride Ogando (Cea, 1957) é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como profesor de ensino secundario. Foi columnista en xornais como El Mundo, Faro de Vigo ou El Correo Gallego. Conseguiu o premio Risco de Literatura Fantástica 2003 por O sangue dos camiños, ademais doutros premios como o Blanco Amor, por Soños eléctricos, o Café Dublín por Sarou , etc.O sangue dos camiños conta a historia de Darío Gancedo e outras dúas historias que teñen relación entre si. Todo comeza cando o protagonista é testemuña dun secuestro e ten como única pista unha chave dun gardarroupas dun ximnasio. Tras moito investigar encontra oito “óders”, unhas pedras que poden facer ser outra persoa nos instantes anteriores á súa morte. Consegue e chama ao número de Xana, suposta dona dos “óders”, pero era a vítima do secuestro que viu o primeiro día.A organización responsable do rapto pídelle a Darío os “óders” a cambio de diñeiro e Xana. Este só ten unha opción: matar os catro secuestradores e fugarse a unha cidade con Xana, ata catro anos despois, cando ela desaparece.

Page 2: O meu libro é o sangue dos camiños(1)

En canto aos personaxes, existen tres principais que son Darío, protagonista e narrador que encontra os “óders”; Xana, traficante destas pedras e posteriormente secuestrada, e Natalie, personaxe que no final do libro se descobre que despois dunha gran viaxe por Francia e España, presencia o suicidio de Xana. Natalie suplántalle a identidade e, polo tanto, a Xana da que fala Darío Gancedo é, en realidade, Natalie. O tema da obra é, obviamente, fantástico, pura ciencia ficción.O sangue dos camiños ten moita variedade de narradores, pasando do narrador omnisciente en terceira persoa ou o narrador testemuña, ata unha segunda persoa, cando se fala do que ocorreu no pasado coa historia de Xana. O máis frecuente é o narrador de primeira persoa, cando Darío conta a súa historia.Ao longo da obra emprégase unha lingua con trazos coloquiais na maior parte do tempo, cun galego en xeral normativo doado de entender.Destaca a disposición dos acontecementos, dunha maneira non lineal. Toda a historia son dúas analepses: unha a historia da verdadeira Xana e outra a que conta Darío e Natalie.Galicia, Nova York, Francia, partes de España e o Camiño de Santiago son os lugares desta historia. Neste último cóntase a historia do xogo da oca, no que Jean lle explica a Natalie que Santiago é a morte, pero non o final, xa que vai ser Xana.Os personaxes divídense en tres grupos: por unha banda están os tres principais (Darío, Xana e Natalie), moi relacionados entre si, e que intentan salvar a súa vida. O caso de Xana é distinto, xa que en realidade é Natalie e entón neste grupo serían só dous, porque Darío nunca coñeceu a verdadeira Xana. Por outra banda, están os antagonistas, os secuestradores, que tentarán poñer fin á vida dos protagonistas e levar os “óders”. E finalmente, os personaxes secundarios, tales como Jean-Paul, Jean o taxista, etc.A obra é claramente non lineal, pero atendendo aos sucesos, estes poderíanse dividir en catro partes. A primeira sería a historia de Natalie ata ser suplantada a súa identidade por Xana, a segunda vai dende que consegue os “óders” ata o día do secuestro. A historia de como encontra Darío as pedras e a Xana sería unha terceira parte e xa, por último, a resolución final.Neste libro narrativo a descrición tamén aparece á hora de caracterizar cidades, panoramas, personaxes, etc., se ben non é excesiva.O sangue dos camiños pareceume un libro recomendable, doado de ler e entretido, con puntos de acción moi interesantes. Aínda así hei de admitir que me sorprendeu a distribución das tres historias, pero, ao final, todo encaixa.

DANIEL BLANCO CALVIÑO, 2º BACH.C