o ritmo e a palabra nuevo - compostela - capital cultural ritmo e a... · steve reich (1936-)...

14
1 O RITMO E A PALABRA Grupo de Percusión da EAEM; Fernando Buide, Compositor ; José Vicente Faus, Real Filharmonía de Galicia. INDICE ° Xustificación ........................................................... páx. 3 ° Competencias clave ................................................ páx. 4 ° Obxectivos .............................................................. páx. 4 ° Contidos ................................................................... páx. 5 ° Criterios da avaliación ........................................... páx. 5 ° Programa do concerto ........................................... páx. 6-11 § Martin Bresnick .................................................. páx. 7 § Talking Drums ................................................... páx. 8

Upload: duongdung

Post on 30-Apr-2018

233 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

1

O RITMO E A PALABRA

Grupo de Percusión da EAEM; Fernando Buide, Compositor ; José Vicente Faus, Real Filharmonía de Galicia.

INDICE

° Xustificación ........................................................... páx. 3

° Competencias clave ................................................ páx. 4

° Obxectivos .............................................................. páx. 4

° Contidos ................................................................... páx. 5

° Criterios da avaliación ........................................... páx. 5

° Programa do concerto ........................................... páx. 6-11

§ Martin Bresnick .................................................. páx. 7

§ Talking Drums ................................................... páx. 8

Page 2: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

2

§ John Bergamo ................................................... páx. 8

§ Códice Calixtino ................................................ páx. 9

§ Fernando Buide ................................................ páx. 9

§ Steve Reich ..................................................... páx. 10

§ John Cage ........................................................ páx. 10

§ Improvisación final ......................................... páx. 11

° Orden de Programa e temporalización................ páx. 12

° Actividades ............................................................. páx. 13-16

§ Ficha 1 .............................................................. páx. 13

§ Ficha 2 .............................................................. páx. 14

§ Ficha 3 .............................................................. páx. 15-16

O ritmo e a palabra XUSTIFICACIÓN O proxecto explora a unión creativa entre o ritmo, a fala e outras ferramentas comunicativas que se converten nun acto expresivo chamado música. As pezas musicais que constitúen o programa abordan esta relación dende diversas perspectivas creativas.

Page 3: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

3

Improvisaránse obras xurdidas da fala e escoitaránse pezas nas cales o son da percusión xera as propias palabras. Ademáis abordarase cómo a música pode ser o vehículo dunha narrativa visual como a que pintou Goya na súa serie de Caprichos. Os alumnos non soamente escoitarán composicions senón que tamén participarán activamente na creación musical. En concreto, a última obra do concerto será unha improvisación que o público creará a partir de frases propostas no momento. Catro percusionistas e un pianista, que tamén actuará como narrador, serán os intérpretes do concerto. Esta proposta didáctica vai destinada a alumnos de secundaria e bacharelato, dende os 12 aos 17 anos aproximadamente. Competencias Clave As competencias clave según o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. -Comunicación lingüística (C1) -Competencia dixital (C2) -Aprender a aprender (C3) -Competencias sociais e cívicas (C4) -Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (C5) -Conciencia e expresións culturais (C6) Obxectivos

Page 4: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

4

O principal obxectivo desde concerto sería desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fonte de formación e enriquecemento cultural. A continuación enuméranse o resto de obxectivos: - Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. - Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, - Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. - Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo. -Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación. Contidos -Interdisciplinariedade entre artes musicais e visuais. -Interdisciplinariedade entre artes musicais e lingua. -Identificación dos distintos instrumentos de percusión tanto tímbrica como visualmente. -Acercamento a tradicións musicais non occidentais de tradición oral. -Aproximación a reinterpretación do repertorio musical medieval. -Actitude atenta ante a escoita musical e a súa práctica. -Participación activa na improvisación desenvolvida no concerto.

Page 5: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

5

Criterios de avaliación -Relacionar unha narrativa visual cun discurso musical. (C6) -Atopar similitudes entre o ritmo da fala e o ritmo da música. (C6) -Recoñecer os distintos timbres dos instrumentos de percusión. (C6) -Distinguir tradicións musicais de diferentes distintas épocas e culturas. (C6) -Mostrar unha actitude adecuada e respectuosa durante o concerto. (C4) -Atender e participar nas actividades propostas durante o concerto. (C3, C5, C6) Programa do concerto O repertorio do concerto xorde do interese por mostrar as relacións musicales entre o ritmo e a palabra. Esta relación móstrase a través de pezas de culturas moi afastadas tanto xeográfica como históricamente. Na prehistoria, lingua e música desenvolvéronse en paralelo; incluso algúns investigadores afirman que para os nosos ancestros ambas actividades estaban unidas, nunha especie de “musilenguaje”. As pezas do concerto queren traer a primer plano elementos comúns entre ambas actividades. Por exemplo, as palabras serán a base de obras como Piru Bole (tomada da tradición india), e a peza improvisada que pechará o

Page 6: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

6

concerto. Talking Drums será unha pequena presentación onde os tambores imitarán a fala dos intérpretes. Ademáis da palabra falada, tamén se explorará a combinación da narrativa visual e falada nunha composición como os Caprichos de Martin Bresnick. Martin Bresnick De Caprichos enfáticos : Farándula simple Farándula de charlatanes Esta é a peza central do programa, do compositor estaodunidense Martin Bresnick (1946-). De feito, escoitaránse varios dos seus movementos (a obra completa duraría preto de media hora) distribuidos ao longo do concerto. A obra está baseada na serie de gravados de Goya titulada Os desastres da guerra. Os Caprichos enfáticos serían a terceira parte

Page 7: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

7

la tercera parte de esta serie, onde se narra o período absolutista do monarca Fernando VII. A peza está escrita para piano e catro percusionistas combinándose a música con proxeccións de imaxes tomadas da serie de Goya. http://www.realacademiabellasartessanfernando.com/es/goya/goya-en-la-calcografia-nacional/caprichos/ O movemento e a coreografía dos músicos é un elemento inseparable na creación desta obra, particularmente no arranque da peza. https://www.youtube.com/watch?v=LkWlR8zfokQ O movemento Extraña devoción! incorpora o recitado do Pater Noster en latín como parte do discurso musical. Talking Drums Esta peza improvisada será a presentación dos membros do grupo: os percusionistas tentarán dialogar imitando cos tambores as intervencións do narrador.

Page 8: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

8

John Bergamo (1940-2013) Piru Bole Piru Bolé é unha obra inspirada na música da tabla india. A tabla é un instrumento tradicional da India. A música interpretada con estes instrumentos non se escribía e transmitíase oralmente a través de xeracións de mestres e discípulos. As sílabas que pronunciarán os percusionistas presentan os ritmos que despois interpretarán nos tambores; esta sería a maneira en que se transmitirían estas complexas tradicións musicais. Existe a liberdade de interpretar esta peza dende un a cinco músicos e con instrumentos de percusión que poden variar. https://www.youtube.com/watch?v=vMKPMl9CR0Y https://www.youtube.com/watch?v=BuMRB8zhoSk

Códice Calixtino (siglo XII) Dum Pater Familias https://www.youtube.com/watch?v=n-5mx5o8YYs Afírmase que preto do noventa e cinco por cento da música no mundo non está escrita en partitura. A partitura musical é unha invención relativamente recente na nosa historia (pouco máis de un milenio). O himno dos peregrinos Dum Pater Familias é un dous primeiros exemplos de notación musical. Dado que a notación non era tan exhaustiva como a actual (prácticamente soamente se escribían as

Page 9: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

9

alturas da melodía) cada vez que se interpreta a obra debemos reimaxinar moitos dos seus elementos. É por esto que podemos atopar tantas versións diferentes da mesma peza (con ou sen acompañamiento rítmico, con ou sen instrumentos...) Fernando Buide (1980-) O pulso da fala O rango dos instrumentos da familia de percusión ampliouse notablemente recentemente. Moitos percusionistas incluso buscaron novas sonoridades en obxectos cotidiáns como macetas, potas, etc. Esta peza quere involucrar tanto instrumentos de persución convecionales como aqueles incorporados dende otros ámbitos non musicales. Tenta imitiar cos instrumentos o pulso e ritmo dunha conversación animada entre varias personas. Steve Reich (1936-) Clapping Music https://www.youtube.com/watch?v=eu-tRXgOrdg Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén chamadaen ocasións Música de Proceso. O dinamismo desta peza provén de un pequeno ostinato ou proceso repetitivo que é interpretado por varios percusionistas: mentres un o repite sen alterar os demáis van desplazando e modificando as entradas. Moitas das fórmulas rítmicas que Reich emprega están tomadas de música de tradición africana.

Page 10: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

10

John Cage (1912-1992) Living Room https://www.youtube.com/watch?v=6IxBPOmdoSY Un claro exemplo de como a propia palabra e seu ritmo pode convertirse nunha experiencia musical. John Cage, foi un músico estaodunidense que levou a experimentación musical e co propio son en multitude de sorprendentes direccións. Estaba tamén moi interesado no aspecto teatral da posta en escena da música. Improvisación final Esta peza será creada no momento entre intérpretes e público. Partindo dunha breve frase proposta por varias personas na audiencia, e tomando seu ritmo como punto de partida, crearase a peza que incluirá improvisacións de todos os membros do grupo. A improvisación é unha práctica moi extendida entre os percusionistas e forma parte de moitos concertos xa que é establece unha cercanía emocional moi intensa co público.

Page 11: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

11

Orden de Programa e temporalización A duración do concerto será de 1 hora. 1) Martin Bresnick: de Caprichos enfáticos

§ Farándula simple § Farándula de charlatanes 4’

2) Talking Drums 4’ 3) John Bergamo: Piru Bole 6’

Page 12: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

12

4) Códice Calixtino: Dum Pater Familias 4’ 5) Martin Bresnick: de Caprichos enfáticos

§ Extraña devoción 6’ 6) Fernando Buide: O pulso da fala 6’ 7) Steve Reich: Clapping Music 4’ 8) John Cage: de Living Room

§ Story 2’ 9) Improvisación final 6’

Actividades Ficha 1 Farándula simple de Martin Bresnick -Escuchando la grabación, indicar el orden de aparición de los instrumentos de percusión:

Instrumento Orden

Vibráfono Xilófono Platos y flexatón Tom-toms

Page 13: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

13

https://www.youtube.com/watch?v=LkWlR8zfokQ

Ficha 2 O desafío rítmico Lendo de esquerda a dereita o esquema, recorre as casillas cunha velocidade constante. Cando unha casilla esté coloreada, da unha palmada, un golpe co pé ou un chasquido cos dedos. Tenta repetir o esquema varias veces sen parar entre varias personas. Cando sexades capaces de repetilo sen problema, unha das persoas pode improvisar ritmos inventados mentres o resto do grupo mantén o esquema.

Pulso 1 2 3 4 Pes Palmas Chasquidos

Ficha 3 A qué continente o país asociarías estes instrumentos de percusión? 1.

------------------ 2.

Page 14: O ritmo e a palabra nuevo - COMPOSTELA - Capital cultural ritmo e a... · Steve Reich (1936-) Clapping Music Steve Reich é un dos membros da chamada música Minimalista ou tamén

14

----------------------- 3.

---------------------

4.

---------------------