obxectos de aprendizaxe - udc
TRANSCRIPT
APRENDIZAXE OBXECTOS DE
LIÑA 2 MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES
DE GRAO DA COMPETENCIA DIXITAL
1. Información e tratamento de datos: 1.1. Navegación, busca e
filtrado de información, datos e contidos dixitais: 3. Buscar
recursos de información
Colección Obxectos de Aprendizaxe, 2019
MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES DE GRAO
DA COMPETENCIA DIXITAL
1. Información e tratamento de datos: 1.1. Navegación, busca e filtrado de información, datos e
contidos dixitais: 3. Buscar recursos de información
REBIUN Liña 2 (3er. P.E.) Grupo de Competencia Dixital
Documento baixo licenza Creative Commons
BUSCAR RECURSOS DE INFORMACIÓN
Información e tratamento de datos. Navegación, busca e filtrado da información, datos e contidos dixitais
OBXECTIVOS
Ao finalizar esta actividade tes que ser capaz de:
Coñecer as diferentes ferramentas de información que ofrece a Biblioteca. Ter criterios para seleccionar a información buscada.
SUMARIO
● A información: que e onde buscamos ● Os catálogos de biblioteca ● Busca recursos web
○ Google académico
● Bases de datos ● Para saber máis...
A INFORMACIÓN: QUE E ONDE BUSCAMOS
A miúdo, cando se necesita información, búscase en Google. Con todo, tes que ter en conta que: Google non inclúe todos os sitios web nin
recursos que existen.
É un erro pensar que se non atopas a información en Google é que non existe.
Na páxina web da Biblioteca da UDC atoparás diferentes recursos. Elixe os que máis se axusten as túas necesidades.
A l’hora de cercar informació, disposes de
diferents recursos d’informació
No momento de buscar
información, dispós de diferentes recursos
DICIONARIOS OU ENCICLOPEDIAS
Para datos concretos ou como punto de partida para coñecer un tema. Para saber que dicionarios e enciclopedias dixitais che ofrece a Biblioteca da UDC podes consultar as Obras de referencia dixital.
REVISTAS CIENTÍFICAS
Para coñecer os últimos estudos. Moitas revistas xa se atopan en dixital, e algunhas en acceso libre (Open Access). Para saber que revistas ten contratadas a Biblioteca da UDC podes ir á ligazón “Revistas electrónicas”. Aquí soamente atoparás as revistas electrónicas, pero ten en conta que se queres saber que revistas temos en papel, terás que consultar o catálogo.
BASES DE DATOS
Recollen información de diferentes fontes (leis, libros, artigos de revistas, estatísticas, etc.) e ofrecen os datos do documento e con frecuencia o acceso ao texto completo. Para saber que bases de datos ten contratadas a Biblioteca da UDC preme na ligazón “Bases de datos”. Tamén podes atopalas clasificadas por materias, segundo o ámbito temático.
A INFORMACIÓN: QUE E ONDE BUSCAMOS
A INFORMACIÓN: QUE E ONDE BUSCAMOS
DIARIOS OFICIAIS
Para acceder ao BOE, DOGA e a outros diarios oficiais. Para acceder aos diarios oficiais podes premer na ligazón “Boletíns oficiais” incluídos na páxina web da Biblioteca.
PRENSA
Para coñecer a información máis actual. Para acceder á prensa de difusión xeral, local e internacional podes premer na ligazón “Prensa” incluída na páxina web da Biblioteca.
CATÁLOGOS DE BIBLIOTECA
O catálogo é unha base de datos onde poderás buscar e atopar os documentos dispoñibles na túa Biblioteca. Actualmente conviven dous tipos de catálogos: os tradicionais e os “googlelizados”. En calquera caso, ofrécenche distintos tipos de busca para que atopes de forma sinxela os documentos do teu interese.
Na web da Biblioteca da UDC atoparás información sobre o funcionamento do catálogo.
CATÁLOGOS TRADICIONAIS
O catálogo permite buscar por:
TÍTULO: Cien años de soledad, ...
AUTOR: Cervantes, Miguel
PALABRA CLAVE: derecho penal,
economía, ...
MATERIA: Alemania historia
Se a túa institución ten un catálogo deste tipo, é probable que teñas que utilizar outras ferramentas de busca para localizar
artigos de revista, por exemplo.
Manual de uso do catálogo Videotitoriais
Ademais de libros, no catálogo podes atopar revistas, teses, películas, etc.
Tamén atoparás información en diferentes soportes (papel, DVDs, CD-
Roms, electrónicos, etc.)
CATÁLOGOS “GOOGLELIZADOS”
● Integran o catálogo físico da biblioteca co contido dixital, ofrecendo aos usuarios un único punto de acceso a todos os recursos da Biblioteca.
● A busca é por palabra clave, moito máis intuitiva para o usuario. ● Ofrecen os resultados facetados, o que permite ao usuario limitar os
resultados de busca. ● O seu entorno de navegación é máis actual, o que facilita o
proceso de busca de información.
Un bo exemplo de catálogo “googlelizado” é o da Universidad Carlos III de Madrid
BUSCA RECURSOS WEB
En Internet hai moita información e pouco organizada. Ademais de Google, blogs e outros buscadores, podes atopar información nas páxinas web de organismos públicos ou de empresas de recoñecido prestixio. Pódenche resultar moi útiles! Para facer os teus traballos necesitarás información académica; é por este motivo que che recomendamos que utilices buscadores e bases de datos especializadas.
GOOGLE ACADÉMICO
Google académico é o buscador especializado de Google co que poderás recuperar os documentos máis relevantes do ámbito académico, por exemplo estudos, teses, libros, artigos, etc.
A busca avanzada axudarache a facer máis
precisos os resultados da túa busca
Podes acceder
á busca avanzada
despregando o menú
esquerdo
Pon a proba Google Académico!
Propoñémosche un pequeno exercicio
Fai unha busca en Google e repítea en Google Académico
versus
Fíxate no número de resultados
Que tipo de información recuperas?
Utiliza as opcións avanzadas de Google
académico
Axusta a busca
utilizando as comiñas para buscar a frase
exacta
Se aparece PDF podes descargar o
artigo
Limita os resultados polas datas
de publicación
Tamén podes ordenar os
resultados por data de
publicación
Estas ligazóns axudaranche a
buscar información relacionada co
artigo seleccionado
“Citado por…” Indica as veces que o artigo citouse en traballos posteriores. A ligazón ofréceche a relación destos traballos. Moi interesante para completar a bibliografía
“Artículos relacionados” Enlaza a traballos de temática similar. Permitirache localizar información de interese que quizais non atoparas
“Citar” Permíteche descargar a cita do artigo en diferentes formatos. Atención! Revisa que sexa correcta
GOOGLE ACADÉMICO
BASES DE DATOS
Para a elaboración dos teus traballos académicos terás que consultar as principais bases de datos do teu ámbito, co obxectivo de atopar información actualizada e pertinente. Antes de elixir unha base de datos terás que coñecer o seu alcance temático, cronolóxico e xeográfico, así como o seu contido.
Accede ás bases de datos subscritas pola Biblioteca dende a páxina web.
COMO ACCEDER ÁS BASES DE
DATOS
Podes acceder ás bases de datos da Biblioteca a través da ligazón“Recursos de información” na páxina inicial da Biblioteca
PARA SABER MÁIS...
Bota unha ollada ao apartado Recursos de Información da web da Biblioteca e ao epígrafe “A busca en bases de datos”
do titorial Como facer un traballo académico ou de investigación