organización del trabajo

17
MÓDULO: Procesamento de datos e de documentación Tema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais 1. ORGANIZACIÓN DO TRABALLO Pensa por un momento nunha oficina calquera, Imaxínastea sen ordenadores? Nos últimos anos o empregos dos ordenadores está totalmente extendido para a realización das tareas administrativas. É por iso, que a tecnoloxía é unha ferramenta moi importante para conseguir uns obxectivos, pero o que de verdade é relevante é a organización do tempo e dos recursos para chegar a ser eficaces e eficientes. Decimos que unha organización é eficaz cando cumpre os obxectivos que se marcou e que é eficiente cando consigue os mellores resultados posibles en relación cos recursos que empregou En calquera organización inténtase lograr tanto a eficiencia económica coma a técnica. Enténdese por eficiencia económica o logro dos obxectivos marcados cos menores costes posibles e por eficiencia técnica o logro dos obxectivos marcados partindo dos recursos dos que dispón. Un destes recursos é o tempo de traballo e algunhas pautas para organizar ese tempo eficazmente son: 1. Fai unha lista de todos os traballos 2. Divide as tarefas complexas en outras mais pequenas, con obxectivos máis fáciles de alcanzar e asigna datas límite para completalas 3. Prioriza as túas actividades. Ordea o que debes facer según a súa importancia 4. Evalúa o teu progreso. 5. Planifica o teu tempo mediante un horario 1

Upload: marta-castro

Post on 16-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Apuntes para descargar

TRANSCRIPT

Page 1: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

1. ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

Pensa por un momento nunha oficina calquera,

Imaxínastea sen ordenadores?

Nos últimos anos o empregos dos ordenadores está totalmente extendido para a realización das tareas administrativas.

É por iso, que a tecnoloxía é unha ferramenta moi importante para conseguir uns obxectivos, pero o que de verdade é relevante é a organización do tempo e dos recursos para chegar a ser eficaces e eficientes.

Decimos que unha organización é eficaz cando cumpre os obxectivos que se marcou e que é eficiente cando consigue os mellores resultados posibles en relación cos recursos que empregou

En calquera organización inténtase lograr tanto a eficiencia económica coma a técnica. Enténdese por eficiencia económica o logro dos obxectivos marcados cos menores costes posibles e por eficiencia técnica o logro dos obxectivos marcados partindo dos recursos dos que dispón.

Un destes recursos é o tempo de traballo e algunhas pautas para organizar ese tempo eficazmente son:

1. Fai unha lista de todos os traballos

2. Divide as tarefas complexas en outras mais pequenas, con obxectivos máis fáciles de alcanzar e asigna datas límite para completalas

3. Prioriza as túas actividades. Ordea o que debes facer según a súa importancia

4. Evalúa o teu progreso.

5. Planifica o teu tempo mediante un horario

1

Page 2: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

2. HARDWARE E SOFTWARE

O ordenador é unha ferramenta de traballo capaz de recibir información de entrada, operar con ela, presentar uns resultados útiles e almacenalos.

Todo isto realizado de forma automática. Así, un ordenador debe ter diferentes elementos que permitan a entrada de datos, o seu proceso e a saída da información elaborada. Estos elementos están diferenciados no que chamamos, cos términos ingleses, HARDWARE e SOFTWARE

Hardware: Conxunto de elementos físicos que, conectados entre sí, integran un ordenador.Exemplos: monitor, teclado, cables, chips…

Software: Conxunto de aplicacións e programas que permiten operar co ordenador, así coma controlar e coordinar os distintos elementos do hardware. Dito de outra forma, o software é o elemento lóxico do ordenadorExemplos: procesadores de textos, follas de cálculos, xogos, …

Lección de conceptos básicos:

2

Page 3: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

Hardware: Lo que golpeas; Software: La causa...3. UNIDADE CENTRAL DE PROCESO E PERIFÉRICOS

A parte física dun ordenador se centra na UNIDADE CENTRAL DE PROCESO (UCP), que permite o procesamento de datos.

Por otra parte, para a entrada e saída dos datos son necesarios os denominados periféricos ou dispositivos de entrada e/o saída, dispositivos que rodean á UCP para asegurar a comunicación entre ela e o mundo exterior.

Unidade central de proceso (UCP). A súa misión consite en coordinar e controlar ou realizar todas as operacións. Componse de elementos cuxa naturaleza é exclusivamente elecctrónica (circuitos). Está formada polo procesador, a memoria interna e os buses.

PROCESADOR: é o cerebro do ordenador. Encárgase de gobernar o seu funcionamento. Recibe a información, a transforma e interpreta enviando as ordes precisas aos elementos que a requiren.

MEMORIA encárgase de almacear os programas necesarios para o funcionamento do ordenador. Existe dous tipos de memoria:

o MEMORIA ROM (de só lectura) ven grabada de fábrica con unha serie de programas e está formada polo ARRANQUE que chequea os componentes da computadora e a BIOS que recoñece e localiza todos os dispositivos necesarios para cargar o sistema operativo.

o MEMORIA RAM (memoria temporal, xa que perde o seu contido cando se apaga o

3

Page 4: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

ordenador). É dende onde o procesador recibe as instruccións e garda os resultados.

BUS. Os buses son os camiños ou canles polos que flúe a información que necesita o sistema informático

Periféricos de entrada

Teclado: A entrada de datos prodúcese de forma manual, cada tecla pulsada envía ao ordenador unha combinación binaria, composta por 0 e 1. O seu funcionamento é igual á da máquina de escribir

Ratón: É un periférico de entrada alternativo ao teclado. A súa función é convertir o movemento da man nunha orde para o ordenador

Lectores CD/DVD: Éstán formados por un motor que fai xirar o disco e por un láser de baixa intensidade que lee as distintas pezas.

Escáner: Permite introducir imaxes impresas no papel no ordenador, ben coma gráfico ou coma texto.

Micrófono: É un dispositivo que permite introducir sons nun ordenador. Necesitarase unha tarxeta de son

Joystick: este dispositivo úsase moito nos xogos de ordenador. É unha palanca que transfire os movementos en tres dimesións.

Periféricos de saída

Monitor: É o dispositivo de saída que permite a visualización dos datos na pantalla. O monitor está conectado ao ordenador por medio dunha tarxeta de vídeo acoplada na placa base

4

Page 5: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

Altavoces: Encárganse de transmitir sons do ordenador ao exterior. Funcionan gracias a tarxeta de son do ordenador

Impresoras: Expresan a información de saída sobre formato escrito. Conéctanse ao ordenador a través dun porto paralelo (LPT1) aínda que cada vez máis o fan a través dun porto USB

Periféricos de entrada e saída

Módem: É a unidade que envía e recibe datos a través da línea telefónica, convertindo a sinal analógica en dixital e ao revés

Grabadoras de CD/DVD: permiten grabar mediante unha luz láser

Unidades magnético ópticas: permite a entrada e saída de información por un láser que incide sobre uns discos dun material magnetizable e reflectante. Exemplos: scáner, cámara de fotos, Webcams, etc.

3.CONEXIÓNS DOS PERIFÉRICOS Á UNIDADE CENTRAL

Porto serie: para conectar módems e impresoras, PDAs e cámaras dixitales. Aínda que cada vez máis sustitúese este porto polo porto USB.

Porto paralelo: para antigas impresoras e scanners

Porto audio: para reproducir audio dende o CD

Porto PS/2: para ratóns e teclados

5

Page 6: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

Porto USB: Universal Serial Bus. Para multitude de dispositivos

Porto Rede: permite acceder a unha rede

EXERCICIOS:1. Como se chama ao cerebro do ordenador?

2. Relaciona aos siguientes periféricos coas seguintes tarefas administrativas:

- Periféricos: a) Impresora; b) Grabadora CD; c) Monitor; d) Módem; e) Altavoces

- Tarefas administrativas:

1. Visualizar datos 2. Obter o informe en papel 3. Grabar todos os datos contables da empresa 4.Oir música ambiental 5. Buscar datos en Internet sobre empresas coas que ten relacións comerciais

3. Imaxina unha oficina bancaria de hai 25 anos. Cita todos os cambios que a ofimática introduciu nas oficinas e en qué aspectos mellorou o traballo administrativo

4. Explica os conceptos de eficacia e de eficiencia

5. Cál é o porto que ten maiores posibilidades de conexión?

6. Cál é o periférico máis axeitado (teclado, ratón, escáner e lector CD) para efectuar as seguintes accións:

a) buscar información en Internet

b) copiar DNI dos clientes

c) escribir unha carta

d) instalar un programa de contabilidade

7. Define hardware e software. Pon catro exemplos de cada un

8. Cómo organizarías o teu tempo de estudo de maneira eficiente?

6

Page 7: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

9. Enumera cinco postos de traballo nos que sexa imprescindible un ordenador e outros cinco nos que non.

4. MANTEMENTO DOS EQUIPOS INFORMÁTICOS

Cómo detectar averías do sistema informático?

Pasos que deben seguirse:

1. Efectuar revisións periódicas do funcionamento

2. Detectar a disfunción ou fallo do sistema

3. Seleccionar a información técnica necesaria

4. Analizar a información e as normas de uso

5. Aplicar as normas de funcionamento

6. Verificar a resolución da disfunción

7. Consultar

Cómo manter o hardware?

Golpes: evitar movementos bruscos ou choques da UCP, tanto cando o equipo esté traballando coma cando esté apagado

Suciedade:

i. Usar só métodos secos para eliminar o po da UCP

ii. Marter limpa a área arredor da impresora para que os cabezais non se ensucien

iii. Os discos gardaranse en envoltorios para protexelos do po

iv. Limpar o teclado regularmente para evitar que as teclas se bloqueen, así coma para impedir outras deficiencias

v. Manter limpa a superficie onde se desplazan os ratóns cos esfera rotativa

Temperatura:

7

Page 8: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

i. É recomendable ubicar o ordenador nun área que permita circulación do aire

ii. Algúns componentes electrónicos presentan un rango de temperatura de operación de 16º C a 30º C, a pesar de que a UCP pode traballar ata un máximo de 55º C

iii. Recoméndase verificar coas mans se o ventilador da parte posterior do equipo expulsa o aire quente do interior

Humidade: os equipos informáticos requiren entre un 45 % e un 50% de humidade relativa para ter unhas condicións óptimas.

Campo magnético: evitar colocar aparatos electrónicos sobre calquera campo magnético coma a fonte de alimentación da UCP, altavoces, cabezais de impresora, nin sequera durante cortos períodos de tempo porque pode provocar unha imaxe borrosa do monitor, poden destruir a información gardada, etc.

Como manter o software?

Perdas de información: Os fallos nos sistemas informáticos ocurren a miúdo por cortes de luz o pola actuación de virus informáticos, que poden facer desaparecer a información que gardábamos no ordenador. Crear regularmente copias de seguridade é unha das formas máis eficaces de protexerse das perdas de datos. Debemos facer unha copia de seguridade ao menos unha vez á semana e gardas estas copias en CD

Lentitude do sistema: O ir escribindo e borrando arquivos continuamente no disco duro, estos tenden a non quedar en áreas contiguas. Así, un arquivo pode quedar partido en moitos pedazos ao longo do disco, dise entón que o arquivo está fragmentado. Estos arquivos aparecen enteiros ao abrilos pero o PC tarda máis tempo en lelos e escribir neles. Conven desfragmentar os arquivos e axilizar o rendemento usando o desfragmentador de disco (Inicio/Programas/Accesorios/Ferramentas do sistema/Desfragmentador do disco)

Falta de espazo no disco duro: Temos que eliminar os arquivos antigos e temporais para liberar a memoria e reducir a posibilidade de conflito do

8

Page 9: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

sistema. Se o facemos, aumentaremos o espazo para o traballo actual. Para aumentar o espazo disponible no disco duro aplicaremos: Inicio/Programas/ Accesorios/Ferramentas do sistema/ Liberador de espazo no disco.

Actualizacións, melloras e renovacións: Dende o punto de vista do rendimento e a seguridade, a actualización do software e do sistema operativo é tan importante como mantelos limpos. A realidade dixital é un mundo en constante evolución e mellora no que ter a última tecnoloxía é unha clara ventaxa. Para actualizar, verificaremos as actualizacións ou melloras de software cada vez que realicemos o mantemento do sistema. Tamén debemos comprobar as suscripcións e as licenzas para asegurarnos que non estén vencidas.

Virus: A efectividade do antivirus dependerá de que estén ao corrente dos virus novos. Polo tanto é recomendable que se instalen programas antivirus a partir de aqueles fabricantes que actualizan os seus produtos periódicamente

5. SAÚDE LABORAL

9

Page 10: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

Sabías que algúns profesionais ejecutan a diario frente ao ordenador entre 12.000 e 33.000 movementos de cabeza e ollos, de 4.000 a 17.000 reaccións das pupilas e unhas 30.000 pulsacións do teclado?

Lendo isto é normal que quenes traballan con ordenadores quéixense de moitas molestias relacionadas coa vista, cervicais, pulsos ou, incluso, estrés e irritabilidade.

Estes problemas non son considerados coma unha enfermidade laboral. E, normalmente, son só transitorios. Sen embargo, son causa dunha grande porcentaxe de baixa laboral e de reducción do rendemento.

Son trastornos derivados de traballar co ordenador, pero non motivados por el. É dicir, o ordenador non é a causa absoluta dos problemas, a orixe dos mesmos encóntrase nun abuso ou un mal uso do aparato

MonitorA imaxe da pantalla ha de ser estable, sen fulgores, reflexos, escintileos ou reverberacións. Un estudo da Universidade de Santiago puxo de manifesto que o nivel de luminancia dos monitores de raios catódicos é inestable durante os primeiros 20 minutos tras o

arranque. Parece aconsellable un prequentamento da pantalla para evitar unha posible fatiga visual producida por estas variacións.

Traballe con monitores que leven un filtro especial. O cristal dos monitores reflicte a luz que lle chga. Estes fulgores son molestos para o ollo, porque reducen a lexibilidade e obrigan a unha constante acomodación da visión.

.Procure que a pantalla estea sempre limpa. As pegadas e demais sucidades tamén provocan reflexos. A radiación que emiten algunhas pantallas é mínima e non supón ningún perigo. Non obstante, os campos electroestáticos atraen o po, o que pode afectar ás vías respiratorias e irritar os ollos. Isto pode evitarse cun grao axeitado de humidade no ambiente, ou cun filtro provisto dun cable de conexión a masa.

Traballe con texto negro sobre fondo branco. Débese procurar non abusar das cores.Sitúe a pantalla a unha distancia entre 50 e 60 centímetros. Nunca a menos de 40 centímetros.

A parte superior da pantalla debe estar a unha altura similar á dos ollos, ou lixeiramente máis baixa.

10

Page 11: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

. Tamén é conveniente usar un atril para os documentos. Colocándoo a unha distancia equivalente á pantalla e á súa mesma altura. Desta forma non baixa e sóbese constantemente a cabeza para mirar e redúcese a fatiga visual.

Situación:

* A pantalla ha de colocarse perpendicular ás ventás. Nunca en fronte ou de costas a elas. No primeiro caso, ao levantar a vista, pódense producir cegamentos. No segundo, os reflexos da luz natural sobre o cristal son inevitables.

Pausas e exercicios:

* Descansos de cinco minutos cada hora. Durante estas breves pausas hai que recrear a vista mirando escenas afastadas.* Exercicios oculares. Simplemente pode pechar os ollos coa axuda das palmas das mans, pero sen premer. Outro moi efectivo é, sentarse correctamente e mirar á fronte. Despois, sen mover a cabeza, desviar a mirada todo o posible cara á esquerda e logo á dereita.

Teclado e rato Co espazo necesario diante para poder apoiar comodamente brazos e

mans, co fin de reducir a fatiga nos brazos e a tensión nas costas.

Estar situado dentro do chamado espazo alcanzable, que comeza a partir do bordo da mesa. Así se evitan posturas forzadas, como traballar cos brazos estirados.

É recomendable situalo xusto debaixo do monitor.

A mesa.

Unha superficie de cor clara e mate.

Estabilidade. Que soporte o peso do equipo e de calquera persoa que se apoie sobre algún dos seus bordos.

11

Page 12: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

Dimensións abondo. Para permitir unha colocación flexible de todo o material de traballo. Recoméndanse unhas medidas mínimas de 120 x 90 centímetros.

Altura regulable. Esta condición non é imprescindible. No seu defecto,la cadeira si debe tela, ou débese usar un reposapies para aqueles que o precisen. Se é regulable, a altura debe poder oscilar entre os 65 e 75 centímetros. Se non o é, 75 centímetros é unha boa medida.

A cadeira.

Estable. Fronte ás catro patas convencionais, son mellores as cadeiras con cinco apoios e de rodas antideslizantes, que eviten desprazamentos involuntarios. Estas permiten maior liberdade de movemento, evitando, á vez, algunhas posturas forzadas.

Graduable en canto a altura. Os pés han de apoiarse no chan. En caso de persoas baixas ou nenos é aconsellable utilizar un reposapes que, ademais, evita a comprensión da circulación nas coxas (muslos)

Respaldo regulable en altura, profundidade e inclinación. Coa forma dunha S suave, cóncavo a nivel torácico e convicto a nivel lumbar, para que se adapte á estrutura das costas.

Os repousabrazos non son imprescindibles. De telos, a súa altura non debe obstaculizar a mobilidade.

A base do asento ha de ser flexible pero firme. Cunha distancia suficiente entre o bordo do asento e a cara posterior do xeonllo, para facilitar a circulación sanguínea.

Os controis de axuste deben ser accesibles dende a posición habitual de traballo, sen que requiran demasiado esforzo para accionalos.

É preferible unha tapizaría rugosa, que contribúa a manter a postura escollida. Mellor se é transpirable.

É mellor facer pausas curtas e frecuentes que poucas e prolongadas. En calquera caso, non convén pasar máis dunha hora sen moverse.

Certos exercicios que melloran a circulación pódense facer mentres se traballa. Cos pés xuntos, levantar primeiro os talóns e logo as puntas, ou mover en círculos os ombros diante e atrás, son algúns deles.

12

Page 13: Organización del trabajo

MÓDULO: Procesamento de datos e de documentaciónTema 1. Bloque 1: Organización e mantemento do posto de traballo e dos terminais

Sistema operativo

O usuario dun equipo de cómputo non ten que preocuparse de como funciona, por exemplo, unha unidade lectora de disco, só necesita pedirlle ao sistema operativo que o lea ou escriba no disco mediante un comando. O máis comunmente usado é o MS-DOS.

Conxunto de programas que serven como interfaz entre o usuario (serve como axente de intercambio de información entre a computadora e o usuario) e a computadora, ademáis de que administran os recursos da mesma (entendéndose como recursos: memoria, disco duro, procesador, monitor, etc.)

Outra defición máis sinxela para sistema operativo sería: Conxunto de programas que se integran co hardware para facilitar ao usuario, o aproveitamento de recursos dispoñibles.

FUNCIÓNS BÁSICAS DUN SISTEMA OPERATIVO:

1. Administración de traballos

2. Administración de recursos

3. Control de operacións de entrada e saída.

4. Administración de memoria

5. Recuperación de erros

6. Programas de proceso.

13